• Nenhum resultado encontrado

Visitas Guiadas Sendeirismo Bicicleta Astronomía MÁIS QUE UNHA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Visitas Guiadas Sendeirismo Bicicleta Astronomía MÁIS QUE UNHA"

Copied!
10
0
0

Texto

(1)

Visitas Guiadas

Sendeirismo

Bicicleta

Astronomía

apúntaste?

MÁIS QUE UNHA

VISITA

(2)

| INTRODUCIÓN |

A Cidade da Cultura de Galicia énchese de vida. Exposicións, concertos, espectáculos de artes escénicas, encontros de artistas, ciclos literarios, seminarios, foros de debate… todo un programa cultural dirixido a estimular a creatividade e o coñecemento. O complexo deseñado por Peter Eisenman no monte Gaiás de Santiago ponse en marcha como un novo espazo para VISITAR, un territorio onde EXPLORAR todas as súas posibilidades culturais e artísticas, unha factoría onde CREAR novos proxectos, un lugar para APRENDER e INTERCAMBIAR experiencias, e unha infraestrutura disposta a SUMAR os seus recursos aos proxectos máis innovadores, un programa cultural que pon toda a beleza arquitectónica e recursos deste proxecto ao servizo da cultura. Invitámosvos a que vos acheguedes a participar neste proxecto de todos que é a Cidade da Cultura de Galicia.

(3)

| MÁIS QUE UNHA VISITA |

A pé, en bicicleta, mentres se observan as estrelas ou paseando polos edificios. A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha durante os meses de verán un programa no que ofrece algo máis que unha visita: descubrir o Gaiás dunha forma amena e orixinal a través de actividades de balde que combinan lecer, deporte e coñecemento.

Seguindo a exitosa estela de 2011, a Cidade da Cultura ofrécelle ao público novas rutas para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Einseman a través de Camiño ao Gaiás, no que gozar, da man dun monitor da Fundación USC Deportiva, a fermosa contorna natural e patrimonial da Cidade da Cultura xunto coa imponente arquitectura do complexo.

Para quen prefira as dúas rodas, o Gaiás estrea neste 2012 as Rodando ao Gaiás coas que subir a través de diferentes rutas adaptadas a todos os públicos. Tamén en colaboración coa Fundación USC Deportiva, este programa prevé dous graos de dificultade, que lle permitirán ás familias dar un agradable paseo dende Compostela ata o cumio do Gaiás e aos afecionados ao BTT adestrar a fondo por un circuíto que combina cidade e montaña.

A Cidade da Cultura á luz das estrelas. Esa é a terceira das posibilidades que ofrece este programa de visitas a través de Astronomía. Un novo

lugar para mirar o ceo. Telescopios, prismáticos e planisferios volverán tomar as noites do Gaiás para que os participantes observen planetas

coma Xúpiter e Mercurio, coñezan fenómenos tan curiosos coma o das estrelas dobres e se deixen abraiar polas Bágoas de San Lourenzo ao tempo que descobren a cara quizais menos coñecida e máis misteriosa da Cidade da Cultura. Este ano, para profundar un pouco máis no mundo das estrelas, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, este programa inclúe tres obradoiros didácticos para todos os públicos sobre os reloxos de sol, os telescopios e os meteoritos.

Como complemento a estas visitas temáticas, a Cidade da Cultura seguirá a ofrecer durante estes meses de verán o programa de Visitas guiadas ao propio complexo co que os que se acheguen ata o Gaiás poidan coñecer, da man dun guía especialmente formado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, os segredos que agocha o complexo deseñado por Peter Eisenman.

(4)

| PROGRAMA |

CAMIÑO AO GAIÁS

Descubre unha nova forma de achegarse e descubrir o Gaiás. Organizada en colaboración coa Fundación USC Deportiva, da Universidade de Santiago, Camiño ao Gaiás pretende ofrecerlles aos visitantes novas rutas para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, e poñer en valor os seus fermosos arredores, tanto dende o punto de vista da natureza coma dende a difusión do patrimonio histórico, o que nos permite descubrir algunhas das xoias arquitectónicas de Compostela.

Acompañados por monitores da Fundación USC Deportiva, os participantes concentraranse no centro histórico de Santiago e subirán a pé ata a Cidade da Cultura. Unha vez alí, serán recibidos por un dos guías da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e completarán o seu percorrido cunha visita guiada ao exterior e interior do complexo.

Información e reservas

Todos os mércores do verán: do 4 de xullo ata o 26 de setembro:

• Xullo: 4, 11, 18 e 25

• Agosto: 1, 8, 15, 22 e 29.

• Setembro: 5, 12, 19 e 26.

Programa

17:30 horas. Saída: Praza de San Roque.

18:30 horas. Visita guiada pola Cidade da Cultura.

19:30 horas. Regreso: Praza de San Roque. (Chegada prevista para as 20:15 horas)

Info práctica

• Prazas: 25

• Actividade de balde con inscrición previa* en www.cidadedacultura.org

*ata as 14:00 horas do día da actividade.

• Percorrido: 6 quilómetros aproximadamente.

• Apto para todos os públicos. Os menores deben ir sempre acompañados dun adulto

(5)

| PROGRAMA |

RODANDO AO GAIÁS

Os amantes da bicicleta xa non teñen escusa para non achegarse ao Gaiás. A Cidade da Cultura, en colaboración coa Fundación USC Deportiva, ofrécelles a todos aqueles que gozan sobre as dúas rodas unha alternativa amena e diferente para subir ao complexo deseñado por Peter Eisenman. Dous percorridos pensados para todos os públicos e que lles descubrirán aos habitantes de Compostela novos recunchos da cidade e aos estranxeiros unha nova forma de coñecela.

Acompañados en todo momento dun monitor, os participantes poderán baixar da bici unha vez chegados ao Gaiás para realizar unha visita polo complexo da man dun guía da Fundación Cidade da Cultura. Unha experiencia única para combinar divertimento e deporte.

Rutas en Bicicleta ofrece dúas posibilidades ou rutas:

Ruta Familiar

(26 de xuño, 31 de xullo, 21 de agosto e 18 de setembro)

• A partir de 11 anos.

• 9,5 quilómetros.

• Duración: 35-40 minutos ata o Gaiás (Esta duración estará en función das características dos participantes).

Ruta Técnica ou Adultos

(10 de xullo, 14 de agosto e 4 de setembro)

• A partir de 13 anos.

• 12 quilómetros (Posibilidade de ampliarse a 15-20 quilómetros).

• Duración: en función das características dos participantes.

Información e reservas

• Xuño: 26. • Xullo: 10 e 31. • Agosto: 14 e 21. • Setembro: 4 e 18.

Programa

Saída: 17.30h do Estadio de San Lázaro.

Visita guiada: 18.30 na Cidade da Cultura de Galicia. Fin da actividade: 19.30 con posterior baixada a San Lázaro.

Info práctica

• Prazas: 20

• Actividade de balde con inscrición previa* en www.cidadedacultura.org *ata as 14:00 horas do día da actividade.

(6)

Descubre a maxia das estrelas e as noites de Compostela na Cidade da Cultura. O complexo do Gaiás acollerá un ano máis as sesións de observacións astronómicas, nas que poderás gozar das estrelas e da arquitectura do complexo a un mesmo tempo.

A través de telescopios, prismáticos e planisferios, e seguindo as explicacións técnicas dos monitores, os participantes observarán planetas coma Xúpiter e Mercurio ou fenómenos tan curiosos coma o das estrelas dobres.

Este ano volverán organizarse sesións especiais como “A noite das Perseidas”, para gozar a noite do 11 ao 12 de agosto da choiva de estrelas “As Bágoas de San Lourenzo”, ao tempo que se celebrarán tres obradoiros didácticos ao redor dos reloxos de sol, os telescopios e os meteoritos.

Unha oportunidade única de coñecer a cara quizais menos coñecida e máis misteriosa da Cidade da Cultura.

| PROGRAMA |

VISITAS ASTRONÓMICAS

Un novo lugar para ver o ceo

Info práctica

• Xullo: 6, 13, 20 e 27 (23.00h – 01.00h)

• Agosto: 11, 17 e 24 (22.30h – 00.30h)

• Setembro: 7, 14 e 21 (22.30h – 00.30h)

• Lugar: Aparcamento de autobuses da Cidade da Cultura de Galicia. Recepción: Espazo On, media hora antes do inicio da actividade.

• Duración: 2 horas.

• Todos os públicos.

• Actividade de balde con inscrición previa en www.cidadedacultura.org

*Nota: No caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan

favorables, realizarase unha sesión didáctica no Auditorio de Galicia.

(7)

Obradoiros didácticos astronómicos

A astronomía non consiste só en ollar as estrelas. O movemento dos astros, a formación de meteoritos ou a rotación da Terra son fenómenos tan curiosos como indispensables para entender o funcionamento do universo. Achegarse a estes conceptos, así como coñecer e aprender o funcionamento dos aparellos que axudan a comprendelos, é o obxecivo dos Obradoiros didácticos astronómicos que terán lugar nos meses de xullo, agosto e setembro como complemento ao programa de observacións nocturnas.

> Obradoiro de reloxos de sol

Dende a antigüidade, os reloxos de sol levan usándose para a medida do tempo en función do movemento dos astros, fundamentalmente da Terra.

Debido á rotación do noso planeta, nós vemos como o Sol aparentemente se move durante o día de leste a oeste, cunha velocidade bastante regular. Este fenómeno pode usarse para medir as horas, e de feito lévase facendo dende hai séculos mediante os reloxos de Sol.

Galicia é a comunidade española onde máis reloxos de sol existen. O obxectivo deste obradoiro é mostrar as bases de como funcionan estes interesantes aparellos, describir os diferentes tipos e ensinar a construílos de xeito sinxelo. No obradoiro estarán presentes dous reloxos de Sol, un horizontal e outro vertical, que serán utilizados como apoio didáctico.

> Obradoiro de telescopios

O telescopio é unha ferramenta fundamental en Astronomía. Os seus sistemas ópticos permiten ver obxectos moi afastados coma se estivesen preto de nós, e apreciar detalles que a simple vista non sería posible. Estes aparellos son agora máis accesibles para o público, aínda que para o seu correcto manexo cómpre dominar uns poucos conceptos, así como aprender a montalos correctamente.

Para este fin organízase este obradoiro, de xeito que os asistentes sexan logo quen de sacarlle todo o partido posible aos seus telescopios ou os que pensen mercar. Na actividade estarán presentes diversos tipos de telescopios, tanto de espellos (reflectores) como de lentes (refractores), e describiranse as características de cada un deles. Así mesmo darase información sobre prismáticos.

| PROGRAMA |

VISITAS ASTRONÓMICAS

Un novo lugar para ver o ceo

> Obradoiro de bólidos e meteoritos

Ao longo da noite é frecuente observar no ceo unhas estelas de luz chamadas meteoros. Este fenómeno prodúcese pola entrada na nosa atmosfera de material cósmico de diferente tamaño, dende graos de pó e pequenas pedriñas ata rochas de peso considerable. Debido á gran velocidade que traen e a fricción co aire, producen esas estelas coñecidas como estrelas fugaces, no caso das máis febles, e bólidos ou bolas de lume no caso das máis intensas. As pedras que dan lugar aos bólidos poden non desintegrarse completamente, polo que chegan á superficie do noso planeta uns restos que coñecemos co nome de meteoritos.

Neste obradoiro, ademais de visualizar diversos bólidos gravados en vídeo, describiranse as distintas clases de meteoritos, a importancia científica que teñen, e a forma de recoñecelos. Na actividade estará presente unha colección de meteoritos.

Información e reservas

Reloxos de sol: venres 6 de xullo. Hora: 17.30h Telescopios: sábado 11 de agosto. Hora: 21.00h Meteoritos: venres 7 de setembro. Hora: 21.00h

• Actividade de balde con inscrición previaen www.cidadedacultura.org

• Recepción de inscritos: Mostrador da Biblioteca de Galicia

• Prazas: 100

• Duración: 1 hora

(8)

| PROGRAMA |

12:30H

18:30H

MAR

DOM

Descubre o Museo, Arquivo e Biblioteca de Galicia e os espazos exteriores do Gaiás a través do Programa de Visitas Guiadas, no que o público coñecerá, da man dun guía especialmente formado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, unha das infraestruturas arquitectónicas máis ambiciosas de Europa.

As visitas guiadas teñen lugar todos os días, excepto os luns, en dúas quendas: 12:30 e 18:30 horas, e parten dende o Punto de Información, situado no Espazo ON, fronte á Biblioteca de Galicia.

Participar nesta actividade é de balde e non é preciso reservar praza: abonda con presentarse uns minutos antes da hora programada. Os guías explicaranlles aos participantes a historia do proxecto, e visitarán a exposición “Peter Eisenman. A Cidade”, onde a través de instalacións audiovisuais de gran formato, maquetas e outros recursos daranse a coñecer as ideas que inspiraron a Peter Eisenman, a lóxica seguida polo arquitecto e os protagonistas do equipo que o están a levar a cabo.

A visita inclúe tamén un percorrido explicativo polo interior do Museo, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, ademais dos exteriores da Cidade da Cultura, onde os participantes poderán descubrir a orixe das Torres Hejduk ou pasear pola praza central.

VISITAS GUIADAS

Información e Reservas

• Todos os días (excepto os luns)

• Dúas quendas: 12:30 | 18:30

• Saídas: Espazo On (Punto de Información).

(9)

As seguintes empresas, institucións e persoas decidiron participar e apoiar activamente a Cidade da Cultura de Galicia, e demostrar o seu firme compromiso con Galicia e coa cultura.

Todas as empresas, institucións e persoas que conforman o Padroado da Fundación Gaiás comparten cos responsables e os xestores da Cidade da Cultura de Galicia a idea de apostaren decididamente pola cultura en Galicia, tanto polo seu valor como eixe de cohesión social, coma pola súa capacidade para fomentar o progreso sostible da sociedade galega.

(10)

Gabinete de Comunicación da Consellería de

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

981 545 400 / 545 443

Referências

Documentos relacionados

Conhecer os fatores de risco, as causas e as possíveis consequências, que envolvem os idosos que sofreram quedas, se traduz em informações significativas para a promoção

, Quando “Controlo para HDMI” estiver em “Ligado” (página 23), o idioma no visor do ecrã comuta automaticamente de acordo com a definição de idioma da TV ligada (se

I. permite ao autor antecipar-se com relação às possíveis justificativas dadas pelos motociclistas que não fazem uso do capacete. remete àquela presente no gênero entrevista e

No relatório emitido pelo DCTA, sob nº 01AMR-E/2011, de 03FEV2011, o parecer final concluiu que a deformação na haste de acionamento do cilindro atuador e a fratura no

Para a avaliação de imóveis compreendendo terreno e construção, os Engenheiros Alberto Alves da Motta Neto e Raphael de Camargo Simões reforçaram o conceito do “Fator

Baixo Orientação para a inovação Alto Figura 1 – Arquétipos estratégicos de orientação para o mercado e para a inovação Fonte: Berthon et al, 1999. 44), com isso a

As atividades do ITAL estão dirigidas, principalmente, à Pesquisa e Desenvolvimento de Tecnologia para o Setor Alimentar, compreendendo os métodos e técnicas de

Alguns desses trabalhos acima citados foram avaliados por Conselhos Editorais e publicados como livros, quais sejam: Cativos do Sertão: vida cotidiana e escravidão em Cuiabá