• Nenhum resultado encontrado

antropónimo, concretamente de Cacius.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "antropónimo, concretamente de Cacius."

Copied!
34
0
0

Texto

(1)

Q

Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás (lug. e parroq. de Verín ║ Novás, Xinzo de Limia).-- Derivados, colectivos e plurais, de "queiruga", arbusto da familia das ericáceas, sinónimo de queiroa, carpaza, carrasco, etc.

Queizás (lug. e parroq. de Verín).-- É o mesmo lugar e parroquia que reseña o Dic. Madoz (Tomo XIII, ano 1849) baixo o nome de "Quizanes o

Caizás". Figura tamén na España Sagrada, de E. Flores (Tomo 17, ano 1799), a propósito dun documento de 1231 polo que o rei Fernando III doa ó bispo D. Lourenzo a igrexa de Caizanes ou Quizanes. E nalgún documento de 1451 figura como Queyçaás. Cítao Menéndez Pidal nun artigo no que alude a varios topónimos (como Caicena -Cordoba- ou Quizana -Huesca-) que puideran vir dun antropónimo, concretamente de Cacius.

Quenlle (Feá, Toén).-- Do lat. canícula > canale, canal. (Espazo entre 2 alturas cercanas ou canle que conduce a auga para muíños ou regas.)

Quereño (lug. e parroq. de Rubiá).-- Topónimo formado sobre a raíz kar-, "pedra", que deu, entre outras, a forma "quer", á que hai que engadir o sufixo -eño

(de orixe prerromana -ennu). Ven ser algo así coma "Pedreño".

Quins (lug. e parroq. de Melón).-- Antes Quines. Non está nada claro, pero a falta doutras explicacións poderíase pensar nunha Villa Quenis ou nunha pervivencia ancestral da base *K-N, "rocha, altura".

Quinta (Grixó, Ramirás ║ Quintas (Orga, Celanova) ║ A Quinta (Navea, A Pobra de Trives ║ Coedo, Allariz ║ Abades, Baltar ║ Queixa, Chandrexa de Queixa ║ Sta. Olalla de Esgos, Esgos ║ Monte Redondo, Padrenda ) ║ As Quintas (San Martiño de Berredo, A Bola ║ lug. da parroq. e Conc. de Lobeira ║ Piñor, Barbadás ║ Grou, Lobios ║ Chandrexa, Parada de Sil ║ Sabucedo, Porqueira ║ Salamonde, San Amaro ║ Soutomaior, Taboadela) ║ Quinta do Monte (Rocas, Esgos) ║ As Quintas de San Trocado (San Trocado, Allariz).-- A familia léxica de quinta é moi ampla (Quintas, Quintela, Quintana, Quintairo, Quinteiro, ...), pero con acepcións de diferentes matices ademais de variables no tempo. Quinta, concretamente, designaba inicialmente a quinta parte da produción que un alugueiro (chamado quinteiro) pagaba ao dono dun eido; máis tarde aplicouse ese nome de quinta ao propio eido e acabou significando "eido de recreo" ou, simplemente, ‘casa de campo con terras’.

Quintá (Nigueiroá, Bande ║ Barxés, Muíños) ║ A Quintá (lug. da parroq. e Conc. de Cenlle ║ Navío, San Amaro) ║ Quintás (A Barra, Coles ║ lug. da parroq. e Conc. de Lobios) ║ As Quintás (Rouzós, Amoeiro ║ Xuvencos, Boborás ║ Piñeiro, Maside ║ Rañestres, Maside

(2)

║ lug. da parroq. e Conc. de Punxín ║ Reádegos, Vilamarín) ║ As Quintáns (Galez, Entrimo).-- Quintá correspóndese cos "Quintán" doutras partes de Galicia, o "Quintã" portugués ou o "Quintana" doutros lugares. Deriva do lat. quintana, á súa vez derivado de quinta e, inicialmente, cos mesmos significados ca esta, pero sendo logo, ao ir medrando o casarío, coma un sinónimo do actual aldea. (Algún das dúas últimas formas -con eses artigos en plural- puideran referirse a unhas mulleres deses apelidos.)

As Quintairas (Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo) ║ Quintairos (Cristosende, A Teixeira ║ Amoroce, Celanova ║ Bobadela, Celanova).-- Proceden de quintanariu, palabra que foi evolucionando semanticamente. Podería ser o contorno pechado duna casa co seu terreo, un grupo de casas dentro da aldea ou unha praza pública. Tamén podería referirse ó alugueiro dunha quinta. Similares (anque con evolución distinta) ós Quinteiro/s.

Quinteiro (Anllo, San Amaro) ║ O Quinteiro (Loureiro, O Irixo) ║ Quinteiros (lug. da parroq, e Conc. da Arnoia).-- Palabra común (Lat. quinta + -ariu > -eiro) de varios significados: aldea, praza dunha aldea, curral, casa de campo,.. ou traballador dunha quinta. [O étimo podería ser quintanariu ou quintariu, ambos da mesma familia léxica.]

Quintela (O Ribeiro, Bande ║ Santa Comba, Bande ║ Mazaira, Castro Caldelas ║ A Illa, Lobios ║ Cabanelas, O Carballiño ║ Calvelle, O Pereiro de Aguiar ║ lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía) ║ Quintela de Leirado (lug. parroq. e Conc. da Terra de Celanova) ║ Quintela de Abaixo e Quintela de Arriba (lugares da parroq. de Pedrafita, A Teixeira) ║ Quintela de Canedo (Canedo, Ourense) ║ Quintela de Velle (Velle, Ourense) ║ Quintela de Hedroso (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ Quintela de Umoso (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ Quintela do Pando (lug. e parroq. de Viana do Bolo).-- Topónimo, con Quinta, Quintáns, Quintana, etc., moi estendido por Galicia. Pode aplicarse o dito a propósito de Quinta (e derivalo de quintanella, "quinta pequena") ou vir directamente do lat. quinque-cinque, “quinta parte do botín”, tradición xermánica, co sufixo diminutivo –ela.

Quintián (As Caldas, Ourense).-- Antiga aldea, hoxe integrada na cidade, barrio da Ponte. Parece vir de (*villa) (de) Kintilanem, acusativo do nome xermánico Kintila, -anis (despois escrito Quintiliano).

A Quinza (Ventosela, Ribadavia).-- Dubidoso. Podería ser un hidrónimo prerromano, un antrotopónimo Quintia, (villa) de Quintius ou unha alteración de *Caínza, derivado de canna, "cana, vara", e con distintos significados.

R

A Ra (Boimorto, Vilamarín).-- Probablemente non teña nada que ver coas ras. A forma Arr- é un hidrónimo indoeuropeo e pode que aí estea a orixe do topónimo seguida dun posterior fenómeno de deglutinación [Arrá > A Ra]

(3)

Rabal (lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa ║ lug. e parroq. de Oimbra ║ Escornabois, Trasmiras) ║ Rabal da Eirexa e Rabal de Arriba (lugs. de parroq. de Rabal, Celanova).-- Ven do lat. raphanale, abundancial de ravo, raphanu, ("rábano" en castelán). En documentos antigos o topónimo está escrito Ravanale ou Ravanal, formas primeiras que despois perderon o "n" intervocálico. En ámbito castelán sería Rabanal.

A Rabaza de Arriba e A Rabaza de Abaixo (Tras Hospital, Ourense).-- A rabaza é unha planta umbelífera que se da en sitios encharcados. En castelán, "berraza" ou "berrera. É probable que as houbese nestes lugares, non necesariamente nos dous pois ó ser o predicado un mero distintivo indica que un dos topónimos é copia do outro. Non está moi clara cal podía ser a especie aludida. Quizais a Apium nodiflorum. Sarmiento di que é o mofo verde das augas. En portugués chámanlle rabaça a dúas especies distintas do xénero Sium: "umas plantas herbáceas … espontâneas e frequentes em Portugal, nos poços, charcos, ribeiros, etc." ║ Tamén hai a posibilidade de que sexa un termo de introdución mozárabe, al-rabad ‘o arrabaldo’.

A Rabea (Guntín, Os Blancos) ║ Rabiño (lug. e parroq. de Cortegada).-- Do lat. rapum, "rabo", no sentido figurado de último, o que vai detrás. Aludiría a unha zona de eidos que, no seu momento, quedaban ó final dun recorrido, de últimos.

A Rabeda (Antigo territorio que mantén o nome no 2º elemento da denominación das parroquias de Santa Cruz da Rabeda e Santiago da Rabeda. ║ Santa Cruz da Rabeda (lug. e parroq. de San Cibrao das Viñas) ║ Santiago da Rabeda (parroq. de Taboadela).-- Rabeda, ou raveda, é un colectivo do ravo común, “Raphanus sativus”. En latín raphanu. (V. Rabal).

Rabiño (Ver A Rabea)

Rabo de Galo (O Couto, Ourense).-- En principio fai pensar que a alienación do primeiro casarío tería esta forma, pero o máis seguro é que sexa un fitónimo. Hai unhas malas herbas, a Avena fatua ou a Avena sterilis, coñecidas vulgarmente, segundo os lugares, como balloca, avea tola, herba das donas, nocella, etc. que é unha herba alta e fina con espiguiñas brandas na cima e que aparece nos campos de cereais. Pois ben, esta herba chámase en portugués "rabo-de-galo", nome que dan os dicionarios como provincianismo do Norte e sinónimo do seu común "balanquinho". Tal nome ben puido existir tamén aquí ou vir importado por viciños portugueses.

A Raíña (Zaparín, Cortegada).-- En Galicia hai 6 lugares chamados así. Non teñen nada que ver coa realeza. É un transparente aparente que esconde o sentido e significado do seu étimo que, máis que probable, está na voz regina. O que ocorre é que esta palabra é un caso claro de homonimia histórica. Tanto pode ser un hidrónimo celta (Regh-i-na, co significado de "a terra do regueiro". A raíz regh- é hidronímica) coma o lat. 'regina' que deu o común 'raíña'. Para complicalo aínda máis, Regina é tamén un nome de muller, aínda usado hoxe, procedente do latín mencionado ou (indo atrás no tempo) do nome da deusa celta Regana, ás veces transcrito como Regina. Tamén houbo o masculino Reginus (hoxe Regino) o que permitiría unha Villa Regina. En calquera caso o nome propio Regina non evolucionou, pero o topónimo si que puido facelo en paralelo co nome común (Regina > Reína > Raíña). Resumindo, A Raíña podería proceder dun antropónimo. Pero tamén podería ser (e quizais isto sexa o máis probable) un derivado do celta reku / reka, "rego, rega, regueiro". (Neste caso este topónimo estaría emparentado co d'O Reino. Ver.)

Rairigo (Veiga, A Bola).-- Antrotopónimo. Dun posesor chamado Rairicus. (Ver seguinte)

(4)

do anterior (Rairicus), coa diferenza de que este está formado sobre o xenitivo, Rairici, e aquel sobre o nominativo. O xentilicio deste é rairizao, -zá.

Rairo (lug. único da parroq. dese nome, Conc. de Ourense) ║ Rairos (Orga, Celanova).-- O nome coincide cunha palabra común do galego que se usa para designar unha levada, un canle de auga desde o río ata un muíño ou ata lugares de rega, pero non sei se corresponde. Segundo E. Bande “indica la raya divisoria, por ello la documentación habla de tres rairos, el de Orense, el de Santa Mariña y el de Seixalbo.” Analizando a palabra vese que podería vir do lat. rana, ae, "ra", co sufixo -ariu > eiro, é dicir 'ranariu', que sería 'sitio de ras'. Segundo o P. Sarmiento viría de regario. ║ Outra posibilidade é que se corresponda co nome persoal gótico Ranarius.

A Ramallosa (Fechas, Celanova).-- Derivado de "rama", pasando por "ramalla". Refírese a un sitio abundante en ramallada.

Ramil (lug. e parroq. de Xunqueira de Espadanedo ║ Loureiro, O Irixo).-- Nome de posesor. Dun chamado Ranamirus, a través do xenitivo Ranamiri.

Ramilo (lug. e parroq. de Viana do Bolo).-- O mesmo nome pero desta feita en acusativo, Ranemiro.

Ramiras (Macendo, Castrelo de Miño) ║ Ramirás (Conc. da Terra de Celanova coa capitalidade no Picouto, da parroq.de Freás de Eiras) ║ lug. da parroq. de Freás de Eiras que lle da nome ó Concello, Ramirás) ║ Pazo de Ramirás (Urbanización privada de Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense).-- Provén do latín *(villa) Ramiranis, e dicir ‘vila de Ramira ou Ranemirus’. ║ O xentilicio aplicado á xente do concello de Ramirás é ramirao, -rá.

Ramuín (lug. da parroq. de Viñoás no Conc. de Nogueira e sobrenome deste Concello).-- Para uns Ramuín é unha palabra co mesmo étimo que ‘remuiño’ só que con una evolución distinta. Neste caso sería Remolino > Remoín > Ramuín. ║ Para J.M. Piel é un nome latino de posesor. Un Romulinus, diminutivo de Rómulus.

Randín (lug. e parroq. de Calvos de Randín).-- O antropónimo Randus tiña un diminutivo, Randinus, e un propietario así chamado, xerou o topónimo a través do xenitivo do seu nome, Randini.

Rante (parroquia de S. Cibrao das Viñas) ║ Rante e A Cruz de Rante (lugs. da dita parroq. de Rante).-- Antrotopónimos. De Rantius, nome persoal romano.

A Raña (Orbán, Vilamarín).-- Monte pobre, sen vexetación ou con ela moi baixa. Sitio pelado ou erosionado. (Tamén se chama así un aparello de pesca, pero isto -cando menos acó- non ten transcendencia toponímica.)

O Rañadoiro (Pardavedra, A Bola ║ Muíños, Muíños).-- Este topónimo -e outros similares, coma o anterior- soen referirse a lugares altos e pobres, raídos pola erosión.

Rañestres (parrroq. de Maside).-- O mesmo caso dos dous anteriores.

A Rañoá (Ordes, Rairiz de Veiga).-- Diminutivo de "Raña" que soe ser, como dixemos, un lugar raído e pedregoso.

As Raposas (Loña do Monte, Nogueira) ║ As Raposeiras (Ordes, Rairiz de Veiga).-- Plural de raposa e derivado plural. Habería alí un cubil de raposas.

(5)

A Rasa (lug. da parroq. e Conc. de Castro Caldelas ║ Vilar de Cerdeda, Nogueira de Ramuín).-- Rasa é derivado de radere, "raer, rozar". Unha terra rasa será unha terra sen cultivar e de vexetación baixa.

A Rasela (lug.e parroq. de Verín ║ Grou, Lobios).-- Diminutivo de "rasa". Alude a unha pequena chaira sen vexetación ou con ela baixa.

As Ratoeiras (As Chas, Montederrramo).-- Poderíase pensar que este nome está a referirse a un lugar no que no seu momento houbese unha abundancia extrema de ratos (de campo), tanta como para ser conceptuado coma un plural de colectivos deses roedores, pero hai que ter en conta que -se sempre foi coma agora- "rotoeira" é, en realidade, a trampa ou aparello para cazalos. ¿Non sería que por haber moitos ratos dispuxeron unha colección deses aparellos? Por outro lado o topónimo non pode ser antigo (anterior ao século XV) pois a etimoloxía de rata/rato non é latina xa que daquela o que se usaba era mur (lat. mus, -uris, "rato"), voz da que aínda nos quedan en galego palabras derivadas como "murar" ou "murador".

Raxoá (Alixo, O Barco de Valdeorras).-- Pola súa forma (Raxoá < Raxola) pode ser un derivado diminutivo de "raxa" podendo ter esta palabra dous significados: "estría, fendedura, abertura" ou "racha, acha, parte dun leño ou outra cousa". -ola é un sufixo de diminutivo. O topónimo Raxó (de Poio, Pontevedra) seguramente ten a mesma orixe dado que nesa zona Raxola daría Raxó. Alí -ola > -ó mentres que aquí -ola > -oá.

Razamonde (lug. e parroq. de Cenlle).-- Ven de *(Villa) *Reccimundi, e dicir, Vila de Reckimundo,

Reádegos (parroq. de Vilamarín).-- A idea que suxire Reádegos, antes Riadigos, Riaticos e Rivaticos, é a de algo próximo ó río. Véxase o topónimo seguinte (case igual foneticamente e seguro que o mesmo semanticamente) coa explicación dun experto. (Tamén queremos constatar que o Dicionario Estraviz trae o vocábulo "reádego" como rebelde e difícil de domar o que, probablemente, non signifique nada neste caso.)

Reádigos (parroq. do Irixo).-- Hai unha palabra parecida, "riádigo", que é un nome alternativo do paxaro ouriolo (Ouriolus ouriolus), tamén chamado papafigo, vichelocrego, etc. Pero Nicandro Ares parece inclinarse por un baixo latín riuaticus, adxectivo referido a rius, "río". [Riuaticus > Riaticus > Riádigos > Reádigos].

O Real (O Porto, Rubiá) ║ O Real da Pousa (lug. da parroq. e Conc. de Castro Caldelas).-- Procede do lat. rigale e este, á súa vez, de riguu, "rego, regueiro". A un suco deste tipo se está a referir.

Rebola (Corvillón, A Merca) ║ Rebolar (lug. da parroq. e Conc. de Esgos) ║ O Reboledo (lug. da parroq. e Conc. de San Xoán de Río).-- Fitotopónimos relacionados con "rebolo" que para uns é unha variedade de carballo, o "carballo cerqueiro" (Quercus pyrenaica) e para outros é un carballo novo, unha carballiza. O étimo é o lat. repullus, "renovo"

Rebolar (lug. da parroq. e Conc. de Esgos).-- Abundancial de rebolos. Ver o anterior.

Rebordechá (San Pedro de Laroá, Xinzo de Limia) ║ Rebordechau (lug. e parroq. de Vilar de Barrio).-- Palabras compostas derivadas, respectivamente, de roboreta plana e roboretu planu, 'Reboreda chan'. Reboreda é un sinónimo de 'carballeira'. Ver Reboreda.

(6)

(reboretu), unha especie do xénero Quercus, o dos carballos.

Rebordondo (lug. e parroq. de Cualedro ║ parroq. de Monterrei).-- Outro composto de 'reboreda'. É concretamente roboretu rotundo (é dicir, 'carballeira redonda').

Reboreda (San Lourenzo de Abeleda, Porqueira) ║ A Reboreda (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Espadanedo) ║ Reboredo (Palmés, Ourense ║ Calvelle, O Pereiro de Aguiar ║ Noalla, San Cibrao das Viñas).-- Fitotopónimos transparentes: lugares poboados de carballos (Quercus robur), pero dándolle a estos o nome latino robore (en vez do prerromano, orixe do "carballo" galego). V. Robledo.

Recarei (lug. da parroq. e Conc. de Bande).-- De *vila Recaredi, ou "de Recaredus", nome xermánico.

A Rectoral (Santiago da Rabeda, Taboadela).-- Transparente: casa do señor abade. (Hoxe a forma normativa do apelativo é "reitoral".)

Redemuíños (parroq. de Quintela de Leirado).-- Equivale a "Río de muíños". Nun texto de 1101 xa aparece como Rivulo de Molinos. Figura no castelán Madoz, 1849, como Riomolinos.

Redondallo (San Lourenzo de Fustáns, Gomesende) ║ Redondelo (Crespos, A Peroxa).-- Un derivado de rotundus, a, um, "cousa redonda", sería rotundellum, precedente destes topónimos alusivos a algunha redondez do lugar. Tamén poderían ser uns antropónimos prerromanos armados sobre o nome Retonellus.

Redondelle (San Xes da Peroxa, Peroxa).-- Podería vir de *(villa) Rotundelli, dun hipotético *Rotundellus.

Redondelo. V. Redondallo.

O Redondo (lug. da parroq. e Conc. de Celanova).-- Do lat. rotundus, "cousa redonda", alude a algunha redondez primitiva do lugar.

Refoxo (Partovia, O Carballiño) ║ Refoxos (lug. e parroq. de Cortegada).-- Son derivados de *foveum, unha forma vulgar de fovea, "foxo, foio, focha". Estaría motivado por un terreo accidentado, pero tampouco se pode desbotar que garde relación co fogium lupale visto en "Foxo". No primeiro caso o prefixo re- denotaría repetición ou intensidade.

A Rega (Cudeiro, Ourense) ║ As Regas (San Lourenzo de Fustáns, Gomesende ║ Penosiños, Ramirás) ║ A Regada (A Veiga, Celanova ║ Araúxo, Lobios) ║ As Regadas (lug. e pa­ rroq. de Beade ║ A Guía, Gomesende).-- Topónimos relacionados coa rega das plantas e que pode estar motivado polo acto de regar, por un pequeno regato ou, o máis probable, por ser terreos que teñen auga de rega.

A Regateira (San Lourenzo de Trives, A Pobra de Trives).-- Unha regateira é o mesmo ca unha regata, é dicir, un espazo de terra entre dous montes próximos entre si. O que en castelán se chama "cañada". A etimoloxía é a mesma de rego, un prerromano *rek-.

O Regato (Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas).-- Regueiro pequeno.

O Rego (lug. da parroq. e Conc. de Punxín ║ Soutopenedo, San Cibrao das Viñas ║ Sobreira, Vilamarín) ║ Rego de Abaixo e Rego de Cima (Osmo, Cenlle).-- Un rego é un pequeno suco natural polo que corre a auga.

(7)

Regoalde (Beiro, Ourense).-- De *(villam) Recoaldi, ou sexa, ‘vila de Recoaldus’.

Regolevado (Armental, A Peroxa).-- Fai alusión a un canle construído para derivar auga dun río e levala a outro lado. Como "Agua Levada".

Regoufe (Velle, Ourense).-- De (Villam) *Rekaulfi. Xenitivo latino de Rekaulfus, nome xermánico coa raíz wulg, ‘lobo’.

Reguega (Campo, O Irixo) ║ O Reguego (Couso de Salas, Muíños).-- Parecen unhas síncopes, respectivamente, de Reguenga e Reguengo ("de patrimonio rexio"). En Galicia hai 49 Reguenga/Reguengo e soamente estes dous Reguega/Reguego. Ver A Reguenga. A Regueira (Pereda, San Cristovo de Cea) ║ A Regueira Grande (lug. da parroq. e Conc. de

Vilamarín).-- Transparentes. Evocan o leito ou suco por onde corre un rego de auga ou o rego en si.

As Regueiriñas (Tamallancos, Vilamarín).-- Diminutivo plural de "regueira", lugar por onde co­ rre a auga.

Regueiro (Desteriz, Padrenda) ║O Regueiro (parroq. de Boborás ║ Laias, Cenlle ║ Refoxos, Cortegada ║ Marrubio, Montederramo ║ Meda, A Veiga ║ Albarellos, Boborás ║ Sta. Ola­ lla de Esgos, Esgos ║ Vilariño, O Pereiro de Aguiar ║ Pontedeva, Pontedeva ║ Castrelo, San Xoán de Río ║ Chamosiños, Trasmiras) ║ O Regueiro de Abaixo e O Regueiro de Arriba (lugares da parroq. do Regueiro, Boborás) ║ Regueiros (O Río, Vilamarín).-- Transparentes. Curso de auga pouco abundante, pero maior ca o regato.

Reguenga (A Guía, Gomesende) ║ A Reguenga (Ribela, Coles ║ O Lago, Maside ║ Sas do Monte, Montederramo ║ Sagra, O Carballiño ║ Barbantes, Punxín ║ Eiras, San Amaro ║ Navío, San Amaro ║ A Touza, Taboadela) ║ Reguengo (Grou, Lobios ║Alongos, Toén ║ Redemuíños, Quintela de Leirado) ║ O Reguengo (lug. e parroq. de Vilamarín ║ San Paio de Arauxo, Lobios ║ Rouzós, Amoeiro ║ Penosiños, Ramirás).-- Herdade pertencente á Coroa. Do lat. hispano regalengum. Os femininos poden referirse a unha villa e os masculinos a un locus, fundus, vicus, etc. Na Idade Media os territorios de reguengo tiñan como señor xurisdicional ao propio rei. Era o caso oposto aos señoríos. (A palabra castelá equivalente a “reguengo” é “realengo”. En portugués é tamén "reguengo".) Reigada (lug. e parroq. de Manzaneda).-- Segundo o Dicionario Estraviz "raigada" é un

"Conjunto formado polas raízes de uma árvore que descobre a água". Sexa ou non válida esta explicación a palabra do topónimo parece vir do verbo latino radicari, "ter raíces nalgún lugar".

Reigoso (lug. da parroq. e Conc. de Cartelle ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño).-- Abundante en raíces. Do lat. radicosu. (O primeiro dos citados figura no Madoz como Reigoso-da-Carqueixa.)

O Reino (Carballeda, Piñor).-- Hai hidrónimos derivados da base paleoeuropea rego, "regato", emparentada co galaico reve, "río" ou co celta reku, "rego, regueiro" (que latinizado tería

Outrosí vos damos hua leira de chousa que jaz en Regoufe a par dos leiros que foron de Aldonça Pérez, os quaes ela demitio ao moesteiro, que jazen en Regoufe, que pertiiçen ao moesteiro. Foro. 1363. San Pedro de Rocas.

(8)

un xenitivo regi). Calquera deles, especialmente o último, son formas doadas de confundir cos procedentes do lat. regem (de rex, regis, "rei"). Este 'Reino-rego' parece ser unha desas confusións. A uns 150 m. pasa o río Arenteiro.

A Reitoral (Toén, Toén).-- Transparente, aínda que sexa un vulgarismo por rectoral = "Casa do señor abade".

Reixa (Marrubio, Montederramo).-- Responde a unha palabra común, reixa, "conxunto de barrotes de ferro". Pero como esa palabra ven do baixo lat. regia, "porta grande de igrexa ou verxa" o topónimo tanto puido ser motivado por unha porta grande como por algún enreixado.

Remuíño (lug. e parroq. da Arnoia).-- Aínda que sexa homófono do común "remuíño" o máis probable é que se trate dun "Río (do) muíño". (Río > Re.)

Reparade (Prado de Limia, Muíños).-- Antrotopónimo. De *(villa) Reparati, ou "de Reparatus". Reporicelo (Forcaleda e Nogaledo, O Barco de Valdeorras).-- Ten o mesmo nome que o río

que o rega, o Regueiro de Reporicelo, afluente do Cigüeño que, á vez, o é do Sil. Curiosamente hai unha repetición pois Reporicelo xa é un composto: Río Poricelo. Sobre este último nome trata G. Navaza falando duns lugares de Catoira. Explica que semella unha forma publicellus, diminutivo latino medieval de publicus. Estaría facendo referencia a algo cualificable de público. Asemade tamén admite que podería proceder dun nome persoal, Puricellus, rexistrado en documentos da Idade Media.

Requeixiño (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía).-- É de supoñer que se trata dun (topónimo) "requeixo" pequeno. (Ver Requeixo)

Requeixo (lug. e parroq. da Veiga ║ lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa ║ lug. e parroq. de Manzaneda ║Santa Baia de Berredo, A Bola ║ Piñor, Barbadás ║ Pazos de Arenteiro, Boborás ║ Arauxo, Lobios ║ Grou, Lobios ║ Garabás, Maside ║ lugares das parroquias. de Armariz, Faramontaos e Loña do Monte, as 3 de Nogueira de Ramuín ║ S. Miguel de Canedo, Ourense ║ Crespos, Padrenda ║ lug. da parroq. e Conc. de Pontedeva) ║ Requeixo de Queiroás (Queiroás, Allariz) ║ Requeixo de Valverde (lug. e parroq. de Allariz).-- ‘Queixo’ e ‘queixa’ son étimos que designan terreos costentos que rematan en chairas, unha especie de depresións en forma de caixa (do lat. capsa). Son “caixas orográficas”. Da mesma familia léxica que "queixada" (mandíbula) da que se asemella na forma. ║ P. Celdrán di que son sempre lugares pouco accesibles polo abrupto do terreo. Requián (lug. da parroq. e Conc. de Parada de Sil) ║ Requiás (lug. e parroq. de Muíños).--

Son os dous nomes de posesor referidos a un tal Requila. A diferenza entre eles é que o primeiro está formado a partir do acusativo latino (Requilanem) e o segundo, do xenitivo (Requilanis).

O Retiro (lug. da parroq. e Conc. de Melón).-- Parece transparente: lugar retirado e solitario. O que non sabemos é se simplemente se refire a un lugar afastado ou se, ademais, implica unha vontade de descanso, recollemento ou reflexión relixiosa.

Retorta (lug. e parroq. de Laza ║ As Chás, Montederramo) ║ A Retorta (Nogueira, Montederramo ║ Paradela de Abeleda, Porqueira).-- Baséase nalgunha gran curva ou revolta dun determinado camiño. (Polo primeiro lugar mencionado -o de Laza- pasaba unha vía romana.)

(9)

um, "retorcido", pero non sabemos a que se estaría referindo. Quizabes ó río Grande (afluente do Deva e este do Miño) que fai unha gran curva para achegarse ó lugar.

A Revolta (Freás, Punxín).-- Posiblemente sexa o mesmo ca Retorta: revolta dun camiño. Pero hai que ter en conta outra posibilidade: a de que se trate dun terreo cultivable dos que na Idade Media se chamaban terreos de revolta (que se labraban seguido) fronte as terras de barbeito (nas que a labranza alternaba co descanso).

Rexosende (Soutochao, Vilardevós).-- Nome de posesor. Probablemente do xermánico Regasindus.

Reza (lug. e parroq. de Ourense ║ Carracedo, A Peroxa) ║ Reza Vella (Caldas, Ourense) ║ A Reza (lug. e parroq. da Arnoia).-- Para algúns é un termo alusivo a unhas pesqueiras do río. Relacionado co lat. retia, "redes". ║ En cambio E. Bascuas considera como probable que se trate dun hidrónimo prerromano e que proceda dunha forma *Recia, formada sobre o tema Re- da raíz indoeuropea Er-, "moverse".

A Ría (Reádegos, Vilamarín).-- "Ría" nos dicionarios só ven na acepción mariña coñecida, pero coloquialmente chámanlle ría a certas variantes nas ribeiras dos ríos. Distintas segundo os sitios. Pode ser unha encanada para regadío, unha entrada de barcas, etc.

Rial (Amoroce, Celanova ║ Lobios, Lobios) ║ O Rial (lug. da parroq, e Conc, da Arnoia ║ Meire, Allariz ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño ║ Asadur, Maceda ║ San Lourenzo de Siabal, Paderne de Allariz ║ Sabucedo, Porqueira ║ Ordes, Rairiz de Veiga ║ Casardeita, Ramirás).-- Probablemente aluda a un rego ou pequena corrente de auga. Do lat. medieval rivalis, "ó pé do río, ribeirán".

Riande (Brués, Boborás).-- N. Ares, a propósito doutro topónimo homófono que hai en Lugo, propón dúas alternativas: xenitivo dun antropónimo, quizais gótico, como Rande ou "Río de Nande", sendo Nande, á súa vez, orixinado por outro nome visigodo, Nandus.

Ribadal (Louredo, Maside).-- Conxunto de ribadas. (V. seguinte). Dun suposto *ripatale, derivado de ripa con dous sufixos, -ata e -ale.

As Ribadas (Seoane de Argas, San Xoán de Río).-- Palabra do vocabulario común. Terreo pendente á beira dun río. Derivado de ripa, "ribeira".

Ribadavia (Vila e Conc. da Com. do Ribeiro).-- "Que está a beira do Avia". Ripam ("ribeira") > Riba. Por outra parte Avia, o nome do río, vén dun prerromano *awer, " auga, río". (Raíz indoeuropea *akwa-) Moita xente da contorna -especialmente os máis vellos- cando se

refiren a Ribadavia din "A Vila". Xentilicio: ribadaviense.

Iten, mando pera o lume de las lanpaas da dita iglesia d ' Ourense e de Santa María Madanela e de Santa María a Madre e do Posyo e

Reç e da Trenydad medio açunbre d ' aceyte á cada iglesia. a

(10)

A Vila de Ribadavia está na ribeira (riba) do Avia.

Ribadela (Toén, Toén).-- Diminutivo de ‘ribada’, ribada pequena.

Ribas (Carracedo, A Peroxa ║ Calvos, Bande ║ Pepín, Castrelo do Val ║ Loureiro, O Irixo) ║ Ribas de Araúxo (lug. da parroq. e Conc. de Lobios) ║ Santo Estevo de Ribas de Sil (lug. e parroq. de Nogueira de Ramuín).-- Do lat. ripa, "ribeira, beira dun río".

Ribeira (parroq. de Baños de Molgas ║ Lebosende, Leiro).-- Transparente, ribeira dun río. Do lat. riparia.

O Ribeiriño (As Caldas, Ourense).-- Este pequeno lugar, á beira do río Miño, responde de seu ó topónimo, pero da a impresión de que é un nome de importación. O Ribeiriño, como se tratase de emular á bisbarra do Ribeiro, sonada pola produción de viños, leva a mesma denominación, anque sexa en diminutivo, non sabemos se posto ironicamente polos foráneos ou, con orgullo, polos propios veciños. Ata hai uns cen anos toda a beira do Miño, na contorna do Ribeiriño, estaba tapizada de viñas que chegaban ata o río.

O Ribeiro (Comarca -Ver seguinte- ║ parroq. de Bande ║ lug. de Orga, Celanova).-- De ripariu, derivado de ripa, é o mesmo que "ribeira", pero debe considerarse que, ademais, "ribeiro" é palabra común do portugués (e pode que o fose do galego xa que aparece en varios dicionarios) co significado de regueiro, río pequeno.

O RIBEIRO.-- Comarca do N.O. da provincia, cunha superficie de 407,1 km² nos que viven 16.817 habitantes (2015). Comprende os concellos de Ribadavia (onde está a capital) e mais os de A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro e Melón. Entre todos eles acollen 63 parroquias. As altitudes xeográficas son variadas e van desde os 1.000 m. do Faro de Avión ou a Serra do Suído ata os 97 de Ribadavia. Está regada polo río Miño e múltiples afluentes dos que destacan o Arnoia e o Avia. Hai, como é ben sabido, unha Denominación de Orixe do viño que leva o seu nome, pero que non se corresponde exactamente coa realidade administrativa da comarca. Para a etimoloxía ver a entrada anterior.

(11)

Ribela (lug. e parroq. de Coles ║ Reádigos, O Irixo ║ San Xoán de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Do lat. ripa, ‘ribeira’ con diminutivo –ela < -ullus, -ulla. (Lat. vulgar ripella)

Ribiñas (O Lago, Maside).-- Pode ser un diminutivo de 'ribas', como se hoxe dixéramos 'beiriñas'. Pero tamén pode que se trate de "Reviñas". Neste caso sería "Río (das) viñas", pola redución de Río en Re, fenómeno moi corrente.

Ribó (Torán, Taboadela).-- É o mesmo que Riobó (río bo). Este ven de rivus bonus e aquel tamén pero con redución do rivus en ri.

Ricosende (Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras).-- Nome de posesor. Probablemente dun Recesindus.

Ricovanca (Xirazga, Beariz).-- Supón J. Caridad (que o escribe con "b") que está relacionado co antropónimo celta Rico-banica que podería estar formado polo nome persoal Bannio precedido do teónimo Rigo. (Recorda que Bannio está presente, por exemplo, nos topónimos Bañolas, Bañobre ou Venta de Baños.)

A Rigueira (Tuxe, O Bolo).- O mesmo que "regueira". É unha disimilación vocálica.

O Río (lug. e parroq. de Vilamarín ║ Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas ║ Santa Mariña de Albán, Coles ║ San Cosmede de Cusanca, O Irixo ║ Oseira, San Cristovo de Cea).-- Transparentes. Ou case. Será así se o nome foi posto en romance, pero se foi posto en latín (rivu), en realidade, estase referindo a un regato ("un arroyo" en castelán). Río en latín era flumen, -inis. ║ Pódese pensar que as primeiras casas que se obran ó pé dun río son sempre coñecidas por este nome, salvo que o sitio xa tivese outro anterior.

Río de Abaixo e Río de Arriba (Senllos lugares da parroq. de Redemuíños, Quintela de Leirado).-- Distinción entre dous lugares próximos a unhas corgas de pouco caudal que verten no río Pequeno, este no río Grande e, finalmente, no Deva.

Río Caldo (parroq. de Lobios).-- Esta parroquia toma o nome do río que a recorre sendo antes (955) "Rivo Calido", de Rivus calidus, "río quente", polas augas termais que verten no lugar chamado, precisamente, Os Baños.

Ríobó (Osmo, Cenlle ║ Prado, Vilar de Barrio).-- Parece transparente (Río Bo, de rivus bonus) aínda que hai que ter en conta a existencia da voz céltica *bod, "auga, charca, fonte" ou do antropónimo, tamén celta, Bonnus/Bonno. Calquera destas circunstancias puidera estar na orixe do nome.

Riocabe (Moura, Nogueira de Ramuín).-- Nome composto no que a primeira parte, "rio" (do lat. rivus, "regato"), está clara sendo a segunda, "-cabe", a reminiscencia dun hidrónimo paleoeuropeo, o mesmo do río Cabe, afluente do Sil na provincia de Lugo. Probablemente signifique o mesmo ca rivus, pero nunha lingua anterior co que estaríamos ante unha tautoloxía (Río Río), fenómeno moi habitual en hidronímia.

Riodebodas (San Xes, Paderne de Allariz).-- É "Rio de bodas", sendo este "bodas" un resultado do lat. buda, nome da planta herbácea "espadana".

Riodolas (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras).-- Hai un rio Riodolas (chamado Casoio máis adiante) que rega esta parroquia e desemboca no Sil. Este é un nome tautolóxico non tanto pola repetición da palabra "río" senón porque "dolas" ou "olas" ten tamén un valor hidronímico. Ese "-olas" debe de ser a mesma raíz do río Ulla.

(12)

Ríomao (lug. e parroq. da Veiga).-- Toma o nome dun dos varios Río Mao que existen na provincia. O problema é que o nome destes ríos tanto poden derivar dun rivulo Malo, "río malo", como de rivulo Humano, vindo este Humano ou *Umanum dunha raíz prerromana *ombh significadora de auga e río. Incluso cabe a posibilidade de que ese "mao" esté ocultando un antigo antropónimo. Por exemplo, o celta Malo ou Mallus.

Riós (lug., parroq. e Conc. da Com. de Verín).-- A denominación actual de Riós identifícase con outras varias usadas ó longo da Historia tales como Urriola, Urriolos, Urriós e Orriós. Esta última -presente, desde o menos, o século XVIII- debería ser hoxe a correcta. Malas prácticas oficiais trocaron Orriós por O Riós para deixalo logo en Riós. En canto á etimoloxía hai diverxencias. Uns autores, como Moralejo Laso, propoñen un lat. *riviolos (dim. de rivu, "regatos"), "regatos pequenos". Outros retrotráeno á base prerromana orr-, "altura, cume" e Vicente Feijoo concrétao na voz orriolus, "val entre montañas" ou "val con moitas concas fluviais". O xentilicio, en consonancia coa tradición histórica, é orriolense. Rioseco (lug. e parroq. de Calvos de Randín ║ Figueiroá, Paderne de Allariz, capitalidade do

Concello).-- Composto expresivo derivado de rivus (regato) e siccus (seco, árido). Pódese tratar dun arroio, unha corrente de auga non permanente.

Robledo (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras) ║ O Robledo (Cernego, Vilamartín de Valdeorras) ║ O Robledo de Lastra (lug. e parroq. de Rubiá) ║ Roblido (lug. e parroq. da Rúa).-- Fitotopónimos transparentes: lugares poboados de carballos (Quercus robur), pero dándolle a estos o nome latino robore (en vez do prerromano orixe do "carballo" galego). Robore deu 'roble' en castelán. Algún deses topónimos podería ser sitio de rebolos (reboretu). (V. Rebordechá e seguintes.)

A Roda de Arriba (Castromao, Celanova) ║ A Roda de Abaixo (Vilanova dos Infantes, Celanova) ║ Rodas (Xuvencos, Boborás).-- Sendo palabra sobradamente coñecida para designar a sabida peza xiratoria ou, metaforicamente, un espazo ou un obxecto circular parece, sen embargo, que como referente toponímico é moi probable que se estea a referir a un artificio determinado, un obradoiro ou unha industria de uso popular, como podería ser unha roda de oleiro ou unha roda de facer cordas.

Rodeiro (Abelenda.Avión).-- Camiño de carros. Do lat. rotariu.

Roimelo (lug. da parroq. e Conc. de Allariz).-- Suponse que do antropónimo xermánico Rodemirus.

Roiriz (Folgoso, Allariz ║ Bidueiros, Dozón).-- Antrotopónimo. De Roderici, xenitivo do nome xermánico Rodericus.

Roma (Piñor, Barbadás).-- E. Bascuas identifícao con "burato" e diversos dicionarios aplican a palabra "roma" ao circulo que se fai na terra para xogar ó ché ou espeta. Pero E. Rivas falando da onomástica persoal recoñece o nome Romanus como étnico de Roma, que sería o actual Román, e que primeiro foi un cognomen formado desde romanus, a, um, "propio de Roma". (Tamén deu o apelido Romai.)

Romariz (lug. da parroq. e Conc. de Riós).-- O nome Romaricus debeu de ser habitual na Galicia do medievo pois hai, polo menos, 18 entidades de poboación chamadas Romariz ou Romarís (o mesmo con seseo). Do xenitivo latino deste nome, Romarici, veñen estes topónimos.

(13)

lista de topónimos que son derivados do verbo "rozar", pero que por mor do seseo pasan a "rosar". ║ Para outros autores é un nome relacionado con ‘rosario’ (a práctica relixiosa dedicada á Virxe), o cal, á súa vez, pertence ó ámbito de rosa e roseira.

O Rosal (lug. da parroq. e Conc. de Oimbra).-- Transparente. De rosale, derivado de rosa. Rosén (Guillamil, Rairiz de Veiga).-- Menéndez Pidal inclúeo nunha lista de topónimos (de

sufixo -en) derivados de antropónimos e di que acaso veña de Rosius.

Rosendo (Sobreganade, Porqueira).-- Derivación dun nome de posesor, quizais un Ranosindus.

Roucos (A Pena, Cenlle).-- O étimo parece o adx. lat. raucus, a, um, "rouco, fatigado, cansado". Podería ser o alcume dun posesor, Raucus, "O Rouco".

O Roupeiro (San Martiño de Moreiras, Pereiro).-- De vila de Raupario (Rauparius). Raupario > Raupairo, e logo Roupeiro quizais por derivación popular (buscando un nome coñecido e poñéndolle –en consecuencia- un artigo que non tiña).

Roxomilo (Velle, Ourense).-- Outro topónimo derivado dun nome xermánico latinizado, neste caso Ragemirus (que significaba ‘Sonado Conselleiro’.) O sintagma orixinario (nun latín tardío) sería *(villa) de Ragemiro.

Rozadas (Viña, Vilamarín) ║ Rozas (San Martiño de Berredo, A Bola ║ Rubiás, Ramirás).-- Terras ruptiatas, roturadas ou rozadas, preparadas para cultivar.

Rozavales (San Martiño de Manzaneda, Manzaneda).-- Relacionado con labores agrícolas, quizais en concreto coa "roza" que se fai nun monte. Do lat. ruptiare, "roturar, romper, rozar, cortar" e valles ou vallis, "val, valgada". Antes escrito Roçavales.

Rozas.-- Ver Rozadas.

A Rúa (Grou, Lobios ║ Loureiro, O Irixo) ║ A Rúa de Valdeorras (lug. parroq. e Conc. da Com. de Valdeorras) ║ A Rúa Vella (barrio da mesma parroq. e Conc. do anterior).-- Transparente. É palabra común, pero ven do lat. ruga, "arruga da cara ou da roupa", que co tempo adquiríu o sentido actual. Polo tanto a motivación do topónimo tanto pode ser unha metafórica "arruga" do terreo como a do actual valor viario, sendo esta a máis probable. (E. Rivas opina que a palabra non a tomou o galego directamente do latín senón a través do francés rue.) Na Rúa de Valdeorras, no lugar coñecido como A Cigarrosa, había en tempos romanos unha "mansión" da Via XVIII (a de Braga a Astorga), chamada "Forum gigurrorum". Xentilicio: rués, ruesa.

(14)

Unha rúa da Rúa de Valdeorras.

Rubiá (lug., parroq. e Conc. de Valdeorras).-- Segundo Piel pode ter unha orixe antroponímica, "(villa) Rubiana", referida a un tal Rubius. Xentilicio: rubiao, rubiá.

Rubiais (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ Rubial (lug. da parroq. e Conc. de Leiro) ║ Rubiás (lug. e parroq. de Ramirás ║ Pardavedra, A Bola ║ Os Espìñeiros, Allariz ║ Cadós, Bande ║ Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín ║ Ourantes, Punxín) ║ Rubiás dos Mixtos (parroq. de Calvos de Randín).-- Topónimos todos eles relacionados dalgún xeito ca cor rubia ben por ser terras que tiran a esa tonalidade ben por ter unha vexetación que así colorea. Dito iso tampouco se pode descartar algunha derivación -cando menos nalgún caso- do lat. rupes, is, "rocha, penedo".

A Rubiña (parroq. e Conc. de Padrenda).-- Diminutivo de "rubia", referido a cor da terra. Ver anterior.

(15)

S

Sa (Albarellos, Boborás ║ Valongo, Cortegada ║ Serantes, Leiro ║ Araúxo, Lobios ║ Armariz, Nogueira de Ramuín ║ Condado, Padrenda ║Domés, Verea)║ Saa (San Cibrao de Armental, A Peroxa ║ lug. da parroq. e Conc. de Carballeda ║Sadurnín, Cenlle ║ Seoane de Arcos, O Carballiño ║San Salvador de Mourisco, Paderne de Allariz).-- Sa e Saa son derivacións do xermánico sala que para uns ten o significado de "edificio dunha soa habitación de recepción" (que sería o precedente da palabra actual do vocabulario común) e para outros significa "casal, vila, quinta". ║ Piel indica que os topónimos Sala / Saa / Sá responden a "residencias particulares de godos livres". Neste senso serían equivalentes a vila ou pazo.

Saavedra (Dadín, O Irixo).-- Composto de "saa" e "vedra" que hoxe serían "sala" e "vetusta". Ver Sa.

Sabadelle (lug. e parroq. de Pereiro de Aguiar).-- De (villa) Sabbatelli, (finca de) Sabbatellus. [Escrito Sabatelli en 1153.]

Sabariz (lug. e parroq. de Rairiz de Veiga ║ Cornoces, Amoeiro ║ San Xes de Vilariño, Lobeira ║ Eiras, San Amaro).-- De *(Villa) Sabarici, ‘Vila de Sabaricus’, nome xermánico.

Sabín (Paredes, Montederramo).-- De *(villa) Sabinii, "Vila de Sabinus".

Saborida (Cabanelas, O Carballiño) ║ Sobredo (Albarellos, Boborás ║ Quereño, Rubiá).-- Derivados colectivos de sobreira. Como sobral, sobreiral, etc.

Sabucedo (parroq. de Porqueira ║ Sabucedo de Montes, Cartelle ║ Ourille, Verea) ║ Sabucedo de Montes (parroq. de Cartelle) ║ Sabucedo dos Peros (Abades, Baltar).-- Derivado colectivo da árbore chamada sabugo ou sabugueiro. (V. o seguinte)

Sabugueiro de Abaixo e Sabugueiro de Arriba (Castrelo, San Xoán de Río ║ O Sabugueiro (Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas).-- O sabugueiro, tamén chamado sabugo e bieiteiro, é o arbusto Sambucus nigra, coñecido como saúco en castelán.

Sabuguido (lug. e parroq. de Vilariño de Conso).-- Lugar cheo de sabugueiros (V. Sabugueiro).

Sabuz (Anfeoz, Cartelle).-- Antrotopónimo formado sobre o nome latino Sabucius.

Sacardebois (parroq. de Parada de Sil).-- Coinciden varios autores en que este nome é un antrotopónimo; o que pasa é que está tan modificado e disfigurado que é pouco menos que imposible poñerse de acordo para reconstruir o nome orixinal. Para Joaquín Caridad Arias é un composto de dous nomes personais no que o primeiro pode ser o celta Saccarius ou o posible iberico Sagar ou Sacar. O segundo sería un derivado do celta Bodo. Por certo, en latín e segundo o dicionario, "saccarius" é tamén un oficio: cargador ou fabricante de sacos. ║ O Padre Sarmiento entendía que era unha deriva de Riboira Sacrata. (Riboira Sacrata > Sacra Riboira > Sacar Deboira > Sacar de Boira > Sacar de Boi > Sacar de Bois)

(16)

Saceda (San Miguel do Campo, Nogueira de Ramuín ║ Palmés, Ourense) ║ A Saceda (Lucenza, Cualedro).-- Moralejo supón que é unha derivación do latín herba salax, a planta saramago. (‘Saramago’ -en castelán ‘jaramago’- deriva, probablemente, do árabe sarmaq). En cambio Piel asimílao a Salceda (lat. salix, salicis, ‘salgueiro’ + -eta), é dicir, colectivo de salgueiros.

Sadurnín (lug. e parroq. de Cenlle).-- Dun *(villa) Saturnini, e dicir, *vila de Saturninus, nome latino relacionado co deus Saturnus.

Sagra (lug. e parroq. do Carballiño).-- Este topónimo cítao E. Rivas como exemplo de certos fenómenos de cambio morfolóxico. O nome orixinal sería As Agras, transparente, para designar campos ou leiras grandes. A partir de aí pasaría polos seguintes estados: As Agras > As Sagras > A Sagra > Sagra. (A súa relación con sagro/sagra é inexistente, salvo a influencia fonética que puidera ter tido nos cambios mencionados.)

O Saído (lug. da parroq. e Conc. de Pontedeva).-- Enigmático. Un saído é o mesmo que un saínte, algo que sobresae. Pero nesta acepción non encaixa con nada. Tamén lle chaman "saídos" ou "salidos" ás hortas á saída da casa ou da aldea. Pero como topónimo dun lugar habitado non tería sentido. Máis ben podería referirse a un corredor dunha casa antiga dado que nalgúns lugares chámanlles así.

Saínza: A Saínza de Abaixo e A Saínza de Arriba (lugares da parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga).-- Topónimo un tanto escuro que ten defensores de dúas opinións distintas. Destas opinións, a que máis encaixa coa realidade do terreo e a dunha procedencia do lat. planitia, -ae, "planicie, chaira". A evolución, seguindo a E. Rivas, podería ser: planitia > Chaíza > *Saíza > Saínza. A outra opinión, iniciada por Piel, estaría relacionada con salicea, "lugar de salgueiros".

Salamonde (parroq. de San Amaro. Ata 1857 chamábase así todo o concello).-- Antroponímico. De *villam Sallamundi, e dicir, (Vila de) Salamundus.

Salas.-- Río ourensán, afluente do Limia, cuxo nome se emprega como determinante de dous lugares e parroquias do Concello de Muíños: Couso de Salas e Maus de Salas. Tal río figura en escritos medievais con distintos nomes: Sallarem, Salar, Psallare, etc., procedentes da primitiva raíz indoeuropea *sal-, "oleaxe, auga que flue, corrente", ou da forma *sal-na, derivada da anterior. (Igual que Salón -Ver máis abaixo-.)

Salceda (Mirallos, A Peroxa ║ Cameixa, Boborás).-- É o mesmo ca "salgueira" ou salgueiral, ou sexa, un grupo de salgueiros. De saliceta, derivado de salix, salicis, ("salgueiro") + -eta. Salgados (lug. da parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga).-- 'Salgado' (aparte de participio do verbo

'salgar') é tamén unha forma dialectal de 'salgueiral', "sitio de salgueiros". Sen embargo o feito de estar en plural e tendo en conta que 'Salgado' é un apelido galego moi antigo fai pensar se o topónimo non estará motivado pola presenza dunha familia así chamada. Ese uso do plural dos apelidos é corrente en Galicia. En Lugo, no Concello de Riotorto, hai un lugar chamado "Os Salgados", o cal non ten dúbida nese sentido e permite pensar que pode ser o mesmo caso neste que estamos a tratar.

A Salgueira (Vilaza, Monterrei).-- Salgueiro (de salicario), masculino, é a coñecida árbore e salgueira (de salicaria), feminino, é o seu colectivo. Como salgueiral.

Salgueiro (Desteriz, Padrenda) ║ Salgueiros (Armariz, Xunqueira de Ambía) ║ O Salgueiro (Prado de Limia, Muíños ║ Vilamaior do Val, Verín).-- Fitotopónimos transparentes.

(17)

Correspóndense coa coñecida árbore salgueiro (Salix alba), nome que en galego vén de salicario. En castelán, o equivalente sauce, vén dunha forma máis primitiva, salicem (acusativo de salix, -icis).

Salgueirós (Vilarrubín, Peroxa).-- Fálanos de salgueiros pequenos. Vén de salicariolo, dim. de salgueiro. ‘Salgueirolos’ con perda do último "l".

Salón (Albarellos, Boborás).-- Esta aldea está situada na confluencia do río Viñao co Avia e o seu nome é un hidrónimo equivalente ó do río Jalón, afluente do Ebro, ou ó do río Xalón (castelanizado tamén como Jalón) do País Valenciano. É unha forma paleoeuropea derivada da raíz *sal-, "oleaxe, corrente, auga que flúe".

Salpurido (Zarracós, A Merca).-- O salpuro, ó dicir do P. Sobreira, é un nome alternativo da planta herbácea máis coñecida por poexo (Mentha pulegium), poejo tamén en portugués e poleo en castelán. Salpurido é un derivado seu co sufixo -etu.

Salto do Can (Aforas do Couto, Ourense).-- Sospéitase que o nome orixinario sería Santo do Can, supoñendo alí unha capela de San Roque, o "santo do can".

Samances (A Veiga, Celanova).-- Topónimo de antigüidade prerromana de escuro sentido. É un dos citados por Moralejo Laso no seu estudo das formas Samanos, Samoanos, Samos, etc. e puidera estar motivado por un grupo étnico de nome Samanicus ou similar. E. Rivas propón un San Mancius.

Sambades (Ansemil, Celanova).-- De *(villa) Sambati, ou "(vila) de Sambatus". Este antropónimo quizais fose celta e estivese formado sobre Batto, nome dunha divindade galaica.

Sampil (Amoroce, Celanova).-- De *(villa) Sampiri, ou "(vila) de Sampirus". Hai quen ve unha posible relación deste nome persoal co de San Pedro como resultado dun composto Sanctus Petrus.

San … / Santa … / Santo … : Haxiotopónimos. Son topónimos "civís" (xeográficos e históricos) que moitas parroquias e lugares teñen de seu á marxe da xurisdición eclesiástica.

(Todos os nomes que se relacionan a continuación son auténticos topónimos de lugares, parroquias e 4 concellos. Non se inclúen -por pertencer a outro eido temático- as advocacións dos santos titulares das parroquias, que poden coincidir co topónimo ou non.)

San Amaro (Concello da Com. do Carballiño ║ lug. da parroq. e Conc. da Arnoia ║ lug. da parroq. e Conc. de Barbadás ║ Crespos, Padrenda).-- Poden proceden de Sanctus Maurus. Sen embargo non está claro a que personaxes históricos se poden referir os haxiotopónimos xa que houbo, polo menos, un San Mauro e dous San Amaro. (Xentilicio do concello da comarca do Carballiño: amarés, -esa.)

San Andrés (Armariz, Xunqueira de Ambía).-- É o nome greco-latino do apóstolo Andreas (que significaba 'virilidade'). (V. Santo André)

San Baínto (Piñeiro, Maside).-- Alteración de "San Benito" (San Bieito). (Iso é comprensible, pero hai quen se pregunta se non será unha influenza primitiva do nome de Batus (ou Badus), unha divindade precristiá.)

(18)

San Bartolomeu (Cameixa, Boborás).-- Nome xudeo-grego, Bartolomé, dun dos apóstolos.

San Benito da Veiga (Sabadelle, O Pereiro de Aguiar).-- "Benito" é o nome castelá, moi estendido, do galego Bieito, Benedictus en lat., iniciador da vida monástica en occidente.

San Cibrao (Acevedo do Río, Celanova ║ Oimbra, Oimbra ║ lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ ...

San Cibrao das Viñas (lug., parroq. e Conc.) ║ ...

San Cibrao de Armental (lug. e parroq. da Peroxa).-- Sanctus Cyprianus, bispo de Cartago martirizado no 253. O nome estaba formado sobre o grego-latino Cyprius, "chipiotra". O xentilicio do concello de San Cibrao das Viñas é sancibrao, á.

San Clodio (lug. e parroq. de Leiro).-- Santo con nome latino, Claudus (que significaba "coxo"), coñecido en castelán coma Claudio.

San Cosme de Montederramo (parroq. de Montederramo) ║ ... San Cosmede (A Encomenda, A Pobra de Trives) ║ ...

San Cosmede de Cusanca (parroq. do Irixo) .-- San Cosme ou Cosmede foi médico e mártir, igual ca o seu irmán Damián. Derredor do ano 300.

San Cristovo (Cameixa, Boborás ║ lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa ║ lug. e parroq. de Monterrei ║ San Salvador de Mourisco, Paderne de Allariz ║ Paizás, Ramirás ║ San Cristovo de Regodeigón, Ribadavia ║ A Trepa, Riós ║ lug. e parroq. de Vilariño de Conso) ║ ...

San Cristovo de Cea (Conc. da Com. do Carballiño) (Xentilicio: ceés, ceesa) ║ ...

San Cristovo de Regodeigón (parroq. do Conc. de Ribadavia).-- O nome grego Khristóphoros ("portador de Cristo") deu Cristovo en galego, Cristóvão en portugués e Cristóbal en castelán. Aluden a un mártir turco.

San Fagundo (lug. e parroq. de San Cristovo de Cea).-- San Facundo, mártir do século IV sacrificado nesta zona, á beira do río Cea, xunto co seu irmán San Primitivo. (V. Sanfagundo)

Sanfitoiro.- Ver máis abaixo, no listado xeral.

San Fiz (lug. e parroq. da Veiga ║ lug. do Ribeiro, Bande ║ lug. de Cadeliña, Chandrexa de Queixa ║ lug.de Armeses, Maside ║ lug. de Soutomaior, Taboadela ║ lug. de Puga, Toén ) ║ ...

San Fiz Vello (San Fiz, A Veiga).-- Proceden de Sanctus Felix, -icis. Aluden a un mártir xerundense. (Obsérvese que San Fiz Vello é un lugar concreto da parroquia de San Fiz.)

San Lourenzo (lug. e parroq. da Veiga ║ San Miguel de Melias, Coles ║ A Pena, Cenlle) ║ ...

(19)

San Lourenzo de Barxacova (lug. e parroq. de Parada de Sil) ║ ... San Lourenzo de Fustáns (parroq. de Gomesende) ║ ...

San Lourenzo de Pentes (lug. e parroq. da Gudiña) ║ ...

San Lourenzo de Siabal (lug. e parroq. de Paderne de Allariz) ║ ...

San Lourenzo de Trives (lug. e parroq. da Pobra de Trives) .-- De Sanctus Laurentius, diácono romano mártir.

San Mamede (lug. e parroq.de Viana do Bolo ║San Martiño de Berredo, A Bola ║ Velle, Ourense ) ║ ...

San Mamede da Canda (A Canda, Piñor) ║ ...

San Mamede de Hedrada (lug. e parroq. de Vilariño de Conso) ║ ... San Mamede de Sobreganade (Sobreganade, Porqueira) ║ ...

San Mamede de Trives (lug. e parroq. da Pobra de Trives).-- Ver Trives.║ ...

San Mamede de Urrós (lug. e parroq. de Allariz).-- Mártir da Capadocia (Asia Menor) do século III. I seu culto estendeuse por Europa a raíz da traída sas súas reliquias a Potiers no século VI. Hai quen pensa (sen aportar ningún fundamento) que foi galego e posterior, co nome relacionado co árabe Mohamed. Para outros o seu culto é a pervivenza dun rito precristián ante unha divindade das alturas das montañas. San Martiño (lug. e parroq. do Bolo ║ lug. e parroq. de Viana do Bolo ║ Carracedo, A

Peroxa ║ Betán, Baños de Molgas ║ lug. da parroq. e Conc. de Cartelle ║ Camba, Castro Caldelas ║ Milmanda, Celanova ║ Montes, Cualedro ║ Alixo, O Barco de Valdeorras ║ Oseira, San Cristovo de Cea ║ Domés, Verea ║ O Río, Vilamarín) ║ ... San Martiño de Berredo (lug. e parroq. da Bola) ║ ...

San Martiño de Grou (parroq. de Lobeira e de Lobios) ║ ... San Martiño de Lamas (Lamas, San Cristovo de Cea) ║ ... San Martiño de Manzaneda ( lug. e parroq. de Manzaneda) ║ ... San Martiño de Moreiras (lug. e parroq. do Pereiro de Aguiar) ║ ... San Martiño de Pazó (lug. e parroq. de Allariz) ║ ...

San Martiño de Porqueira (parroq. de Porqueira) ║ ... San Martiño dos Peros (Abades, Baltar) ║ ...

O San Martiño (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía.-- Teoricamente poden referirse ó de Tours (sec. IV) ou ó de Braga (sec. VI), pero o máis probable é que refiran ó primeiro cuxa devoción foi introducida nestas terras polo segundo. É o patrón da Diocese de Ourense e a súa festa celébrase o once de novembro. O nome procede do romano Martinus, derivado do do deus Marte. Hoxe en Galicia hai 85 lugares habitados que se chaman San Martiño máis outros sete en Lugo co nome de San Martín.

(20)

San Miguel (Torneiros, Allariz ║ San Paio de Abeleda, Castro Caldelas ║ Armeses, Maside ║ Cados, Muíños ║ Calvelle, O Pereiro de Aguiar ║ Congostro, Rairiz de Veiga ║ lug. e parroq. de San Xoán de Río ║ Padreda, Vilar de Barrio ║ Ramil, Xunqueira de Espadanedo) ║ ...

San Miguel do Campo (parroq. de Nogueira de Ramuín) ║ ... San Miguel de Bidueira (lug. e parroq. de Manzaneda) ║ ...

San Miguel de Outeiro (lug. e parroq. de Vilamartín de Valdeorrras).-- De Sanctus Michael, nome hebreo que significa "¡Quén coma El!". É un arcanxo da Biblia.

San Millao (lug. e parroq. de Cualedro).-- A parroquia só ten un lugar habitado, co que comparte nome, igual que un castro (tamén chamado Cidá do Castro). O nome probablemente se corresponda co santo castelán coñecido como San Millán, eremita do século V-VI. É un nome latino equivalente ó de Emiliano. Pero tamén pode tratarse dun falso haxiónimo e que ese nome estea encubrindo algunha palabra da lingua dos antigos poboadores do castro, logo modificada por etimoloxía popular. A parroquia ten unha duplicidade no santoral xa que se titula "Santa María de San Millao". Isto pode deberse a que houbese un cambio na advocación e que quedase conservando as dúas nominando ó 'San Millao' coma un topónimo asentado, non como un nome de santo. Outra explicación é a que dixemos dun posible falso haxiónimo.

San Nicolao (Mirallos, A Peroxa).-- Foi un bispo de Anatolia do século IV cuxa devoción tivo unha certa extensión en Galicia. A súa figura inspirou, nalgúns países, ó lendario personaxe de Santa Klaus do Nadal. O nome, Nicolao ou Nicolás, é de orixe grega. San Paio (Carracedo, A Peroxa ║ Bóveda de Amoeiro, Amoeiro ║ Abades, Baltar ║

Servoi, Castrelo de Val ║ Rabal, Celanova ║ A Guía, Gomesende ║ Cesuris, Manzaneda ║ Piñeiro, Maside ║ Mones, Petín ║ Ventosela, Ribadavia ║ Castrelo de Cima, Riós) ║ ...

San Paio da Veiga (A Veiga, Celanova) ║ ...

San Paio de Abeleda (parroq. de Castro Caldelas) ║ ... San Paio de Arauxo (lug. e parroq. de Lobios) ║ ...

San Paio do Carballal (Marrubio, Montederramo) .-- Do nome greco-latino Pelagius. Paio en galego e Pelayo en Castelán. Estes topónimos aluden a un neno de Tui martirizado en Cordoba no ano 925.

San Pedro (Berredo, A Bola ║ lug. da parroq. e Conc. de Cartelle ║ Macendo, Castrelo de Miño ║ O Burgo, Castro Caldelas ║ Barxa, Celanova ║ Cesuris, Manzaneda ║ Sabariz, Rairiz de Veiga ║ Reádegos, Vilamarín ║ As Maus, Vilar de Barrio ║ lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Espadanedo ║ barrio rural do extrarradio de Ourense, antes Canedo) ║ ...

San Pedro da Mezquita (parroq. da Merca) ║ ...

San Pedro de Laroá (lug. e parroq. de Xinzo de Limia) ║ ... San Pedro de Rocas (Rocas, Esgos) ║ ...

(21)

San Pedro da Torre (parroq. de Padrenda) ║ ... San Pedro de Trasverea (Trasestrada, Riós) ║ ...

San Pedro dos Nabos (Teixido, O Bolo).-- Apóstolo de Cristo de nome Shimón Bar Ioná. Tamén coñecido como Cefas, que en arameo significaba "roca". Acabou predominando ese significado, pero en grego coa palabra Petro/Petra. De aí o latino Petrus e o galego Pedro. Aparte destes haxiotopónimos a advocación de San Pedro como patrón parroquial é a segunda máis estendida, despois de Santa María.

San Román (Sobradelo, Xunqueira de Ambía).-- En memoria de San Román de Antioquía, un diácono e mártir cristián de Siria que sufriu martirio no ano 303.

San Roque (lug. da parroq. e Conc. de Punxín ║ Salamonde, San Amaro) ║ ...

San Roque de Crespos (capitalidade do Conc. de Padrenda - Crespos, Padrenda).-- Peregrino francés do século XIII que recorreu Italia dedicándose a curar a todos os infectados da peste. A partir do século XV a súa devoción estendeuse rapidamente por toda Europa chegando tamén a Galicia onde hoxe, aparte de máis de 30 haxiotopónimos, hai moitas ermidas co seu culto.

San Salvador (Prexigueiró e Vilariño, parroq. ambas do Pereiro de Aguiar) ║ ... O San Salvador (lug. da parroq. e Conc. de Allariz) ║ ...

San Salvador de Mourisco (lug. e parroq. de Paderne de Allariz) .-- Advocación cristiá por antonomasia nos tempos antigos. Lat. Salvator.

San Sebastián (Anllo, San Amaro).-- Soldado do exército romano martirizado no ano 288. San Silvestre de Argas (lug. e parroq. de San Xoán de Río).-- San Silvestre foi papa da

Igrexa Católica entre o 314 e o 335.

San Simón (Sorga, A Bola).-- Un dos doce apóstolos, coñecido como "Simón o Cananeo" ou "O Zelote".

Santoalla.-- Ver máis abaixo, no listado xeral.

San Tomé (lug. e parroq. de Cartelle ║ (Piñeiro, A Pobra de Trives ║ Tras do Hospital, Ourense ║ Ourantes, Punxín ║ Freás de Eiras, Ramirás) ║ ...

San Tomé de Serantes (Serantes, Leiro).-- Apóstolo de Cristo. A palabra aramea "Tau'ma", significa "xemelo".

San Trocado (parroq. de Allariz).-- De Sanctus Torquatus. (Este nome quería dicir torque ornatus, "adornado con torques".) [No Madoz -1846- esta parroq. figura como Alfoz de Allariz]

San Vicente (A Carballeira, Nogueira de Ramuín ║ Ourille, Verea ) ║ ... San Vicente de Leira (lug. e parroq. de Vilamartín de Valdeorras) ║ ...

San Vicenzo (lug. da parroq. e Concello de Avión ║ San Miguel de Bidueira, Manzaneda).-- De Sanctus Vincentius ("o vitorioso"). Vicente e Vicenzo son dúas formas distintas para referirse ó mesmo santo.

(22)

San Vitoiro (Ganade, Xinzo de Limia) ║ ...

San Vitorio da Mezquita (parroq. con 7 lugares en Allariz e 1 na Merca).-- Sanctus Victurius. Con este nome houbo un bispo de Le Mans do século V e un mártir militar leonés do século IV.

San Xes (lug. e parroq. de Paderne de Allariz) ║ ... San Xes de Peroxa (lug. e parroq. da Peroxa) ║ ...

San Xes de Vilariño (parroq. de Lobeira).-- Do nome do notario e mártir (Sanctus) Genesius derivan en galego Xes e Xenxo e en castelán Ginés e Ginesio.

San Xiao (Fontefría, Amoeiro ║ Castromao, Celanova) ║ ...

San Xillao (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía).-- San Xiao/Xián ou Xillao son traducións de Sanctus Iulianus, Julián en castelán. É nome derivado do xentilicio Iulius. Foi un mártir do século IV.

San Xoán de Moreiras (lug. e parroq. do Pereiro de Aguiar) ║ ...

San Xoán de Río (parroq. e Conc. da Comarca de Trives).-- En Galicia hai arredor de 30 lugares co nome deste santo como topónimo. Procede de Sanctus Iohannes, nome hebreo do coñecido como Xoán o Bautista (con festividade o 24 de xuño) aínda que nalgún caso podería tratarse de Xoán Evanxelista (festividade 27 de decembro). Xentilicio deste concello: riés, riesa.

San Xorxe (Alais, Castro Caldelas).-- Variante de San Xurxo (V.)

San Xulián (lug. e parroq. da Rúa ║ Camba, Castro Caldelas ║ Cerdeira, San Xoán de Río).-- Probable castelanismo. Nome latino Iulianus. (V. San Xiao)

San Xurxo (parroq. de San Xoán de Río) ║ ...

San Xurxo da Touza (lug. e parroq. de Taboadela).-- Do nome greco-latino Sanctus Georgius, soldado romano, mártir, do século III ao que cunha posteridade de séculos se lle atribuíu unha lenda de loita cun dragón.

San Xusto (lug. e parroq. de Avión, capitalidade do Concello ║ lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras).-- Os santos Xusto e Pastor foron dous irmáns, de 9 e 7 anos, martirizados no ano 304. Nas dúas parroquias citadas réndese culto ós dous conxuntamente, pero o topónimo civil refírese só a un deles.

Santa Ana (A Encomenda, A Pobra de Trives ║ lug. da parroq. e Conc. de Sandiás ║ barrio rural do extrarradio de Ourense).-- Hebraico Hannah, despois latín Anna. Quería dicir "graciosa, chea de graza". Hai varios personaxes bíblicos con este nome, pero a conceptuada como "Santa" é a nai de María.

Santa Baia (Celaguantes, A Peroxa ║ Cornoces, Amoeiro ║ lug. da parroq. e Conc. de Lobeira ║ San Martiño de Moreiras, O Pereiro de Aguiar ║ lug. da parroq. e Conc. de Padrenda ║ lug. da parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga ║ Progo, Riós) ║ ...

Santa Baia da Bola (Santa Baia de Berredo, A Bola) ║ ... Santa Baia de Anfeoz (Anfeoz, Cartelle) ║ ...

(23)

Santa Baia de Berredo (parroq. da Bola) ║ ...

Santa Baia de Chamosiños (Chamosiños, Trasmiras) ║ ... Santa Baia de Montes (Montes, Cualedro) ║ ...

Santa Baia de Urrós (lug. e parroq. de Allariz).-- Baia é unha forma popular do nome grego feminino Eulalia. (V. Santa Olaia)

Santa Cateliña (O Mundil, Cartelle).-- Probablemente se refira a Santa Cateliña de Alexandría, mártir cristiá do século IV cuxa festa se celebra o 25 de novembro. Catelinha en portugués e Catalina en castelán.

Santa Comba (lug. e parroq. de Bande) ║ ...

Santa Comba de Baroncelle (Moialde, Vilardevós).-- Para o predicado ver Baroncelle ║ ...

Santa Comba de Gargantós (lug. e parroq. de San Cibrao das Viñas) ║ ...

Santa Comba do Trevoedo (lug. e parroq. de Maside).-- De Sancta Columba, virxe galo-romana. Este nome ten variantes, como Santa Coloma (en áreas castelá e catalá) ou Santa Colomba (en áreas astur-leonesas).

Santa Cristina (lug. e parroq. da Veiga ║ Ventosela, Ribadavia).-- De Sancta Christina, mártir que levaba nome feminino e hipocorístico de Christus ("o unxido", en grego). Santa Cruz (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras ║ lug. e parroq. do Bolo ║

Queixa, Chandrexa de Queixa ║ Arrabaldo, Ourense) ║ ...

Santa Cruz da Rabeda (lug. e parroq. de San Cibrao das Viñas) (V. Rabeda) ║ ... Santa Cruz de Rubiacós (lug. e parroq. de Nogueira de Ramuín) ║ ...

A Santa Cruz de Grou (lug. e parroq. de Lobeira).-- Estes topónimos, se fosen sómente "Cruz", estaríanse a referir a cruces, cruzamentos ou interseccións, pero ó levar o atributo de Santa son claros haxiotopónimos alusivos á cruz de Cristo.

Santa Eufemia (Ambía, Baños de Molgas ║ Milmanda, Celanova ║ Salamonde, San Amaro).-- Santa ourensá, mártir, nacida por terras de Lobios. Na diocese de Ourense o seu culto tivo unha certa preponderancia chegando a ser copatroa da diocese. Hai autores que argumentan que esta personalidade é unha "apropiación" da figura de Santa Eufemia de Calcedonia.

Santa Isabel (Brués, Boborás).-- De Sancta Elisabeth, nome hebreo.

Santa Locaia (O Mesón de Calvos, Taboadela).-- Mártir toledana do século III coñecida como Leocadia.

Santa María (lug. da parroq. de Sta. María de Mones, Petín ║ lug. da parroq. de Sta.María de Traseirexa, Vilardevós ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño ║ Vilanova dos Infantes, Celanova) ║ ...

Santa María de Cexo (parroq. de Verea) ║ ... Santa María de Mones (parroq. de Petín) ║ ...

Referências

Documentos relacionados

Aprova as (IR 60 – 10) Instruções Reguladoras para a Organização e o Funcionamento do Programa de Atualização dos Diplomados pela Escola de Comando e Estado-Maior do

[r]

[r]

As questões motivadoras do presente estudo são: As memórias do Núcleo de Promoção da Paternidade “Nome Legal” apontam o Projeto como uma ação em Direitos Humanos,

A média da eficiência do capital humano é superior nas empresas de alta intensidade tecnológica enquanto a média da eficiência do capital utilizado, que é um

1 - Origem Geográfica das Escolas Lisboa Beja Faro Bragança Santarém Castelo Branco Coimbra Évora Leiria Portalegre Setúbal Viseu Estrangeiro... 55 e 56 – Memórias Terrenas de um

b) original de um dos seguintes documentos de identificação: Cédula de Identidade (RG), Carteira de Órgão ou Conselho de Classe, Carteira de Trabalho e Previdência Social

Este Plano Pré-Pago Alternativo de Serviço é aplicável pela autorizatária TELEFONICA BRASIL S/A, doravante denominada &#34;VIVO&#34; ou &#34;PRESTADORA&#34;, por meio da ASSICOM