• Nenhum resultado encontrado

LITOSFERA: Segundo o modelo dinámico da estrutura terrestre, a litosfera é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "LITOSFERA: Segundo o modelo dinámico da estrutura terrestre, a litosfera é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que"

Copied!
44
0
0

Texto

(1)

LITOSFERA: Segundo o modelo dinámico da estrutura terrestre, a

litosfera é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola cortiza e unha parte do manto superior terrestre.

(2)

PLACA TECTÓNICA: Fragmento de litosfera que se despraza como un

bloque ríxido sobre a astenosfera da Terra. Este movemento prodúcese por correntes de convección no interior da Terra que liberan o calor orixinal

(3)

MAGMA: Masa natural de material mineral fundido e formado pola fusión

parcial ou total dunha fonte parental (principalmente, a parte superior do manto e a base da corteza terrestre). Polo seu contido mineral, o magma pode clasificarse en dous grandes grupos: máficos e félsicos.

Basicamente, os magmas máficos conteñen silicatos ricos en Mg y Ca, mentres que os félsicos conteñen silicatos ricos en Na e K.

(4)

LITOLOXÍA: Parte da xeoloxía que trata das rochas, especialmente o

tamaño do seu gran e as súas características físico-químicas. Unha rocha é unha masa de materia mineral coerente, consolidada e

compacta. Pódese clasificar pola súa idade, a súa dureza ou a súa

xénese (ígneas, sedimentarias e metamórficas). Os tipos de relevo máis comúns, segundo as rochas predominantes, son os kársticos, volcánicos e graníticos.

(5)

ROCHA ÍGNEA: Rocha que procede da

consolidación do magma, rocha de orixe interna que carece de fósiles. Pode ser intrusiva, se está totalmente cristalizada ó enfriarse lentamente o magma, ou efusiva, ó sair

bruscamente o magma ó exterior e enfriarse rápidamente, polo que non está cristalizada.

(6)

ROCHAS ÍGNEAS

• Intrusivas:

• Granito

• Diorita

• Peridotita

• Gabro

• Extrusivas:

• Riolita

• Andesita

• Basalto

(7)

ROCHA SEDIMENTARIA: Rocha formada na

superficie terrestre pola acumulación de sedimentos, que son materiais procedentes da destrucción de rocas preexistentes ou de certos organismos. Os sedimentos forman estratos.

(8)

ROCHA METAMÓRFICA: Rocha transformada

por altas presións e altas temperaturas que reorganizan a súa estructura e transforman o seu aspecto.

(9)

ESTRATO SEDIMENTARIO: Paquete de

(10)

ROCHA SILÍCEA: Rocha con altos contidos

de dióxido de sílice. Polo xeral dá lugar a terreos ácedos.

(11)

ROCHA ARXILOSA: Provén da descomposición das rocas nais

cristalizadas como o granito. As diferentes arxilas están

compostas por silicato de alúmina hidratado no que se mesturan elementos minerais que producen diferentes coloracións.

(12)

ROCHA CALCARIA: Rocha na que é

abundante o carbonato cálcico, que pode disolverse orixinando relevos de tipo kárstico.

(13)

FALLA: Fractura do terreo, con desnivelación

tectónica, que se dá preferentemente en rochas ríxidas (eruptivas e metamórficas), nos zócolos.

(14)

FRACTURA: Unha fractura tectónica, tamén chamada litoclasa, é unha

greta do terreo producida por forzas tectónicas. Moitas fracturas débense a que o terreo carecía da necesaria flexibilidade para pregarse ó ser sometido a empuxes laterais. Nas fracturas simples ou diaclasas, os dous bordes

conservan, un fronte ó outro, as súas posicións respectivas. Pola contra, nas fallas ou paraclasas, un dos beizos afúndese ou elévase verticalmente respecto ó outro. Nas dislocacións ou fallas horizontais, ambas partes

quedan ó mesmo nivel, pero desprázanse unha respecto á outra, horizontalmente.

(15)

FOSA TECTÓNICA: Depresión que coincide cun

bloque afundido da corteza terrestre, delimitado entre dúas fallas.

(16)

PREGAMENTO: Proceso polo que uns estratos

sedimentarios depositados nun xeosinclinal se curvan como resultado de esforzos compresivos de orixe tectónica. Estas accións teñen lugar en áreas sedimentarias, e dan lugar a anticlinales e sinclinales.

(17)

PREGA: Deformación tectónica do terreo, que se

produce pola acción de forzas en sentido contrario e que se traduce nunha ondulación dos estratos. É propio das rochas sedimentarias plásticas.

(18)

SINCLINAL: Estructura elemental de pregamento

onde os estratos buzan cara á charnela ou eixo da prega, e é típica das rochas sedimentarias plásticas.

(19)

ANTICLINAL: Estructura elemental de pregamento

en forma de lombo, na que os flancos se inclinan en sentidos opostos, e é típica das rochas sedimentarias plásticas.

(20)

OROXENIA HERCINIANA: Oroxenia do Paleozoico que formou as

montañas durante o Carbonífero e o Pérmico. Caracterízase principalmente por unha litoloxía esencialmente de granitos e rochas metamórficas, e esta sedimentación dase sobre todo no Oeste da Península ibérica.

(21)

OROXENIA ALPINA: Ultimo dos grandes movementos

tectónicos que deu orixe a importantes aliñacións

montañosas e reordenou boa parte de estructuras antigas, na era Terciaria, e que en España deseñou os rasgos

(22)

XEOSINCLINAL: Sinclinal longo e profundo en forma de

fosa submariña, que se enche de sedimentos; estes, ó achegarse mutuamente os bordes da cubeta, son

expulsados da mesma, elévanse por presións oroxénicas e forman unha cordilleira.

(23)

TRANSGRESIÓN MARIÑA: Ascenso xeral do

nivel mariño como consecuencia da fusión dos xeos

glaciares en períodos máis cálidos, e que se manifesta no avance do mar sobre as terras emerxidas.

(24)

REGRESIÓN MARIÑA: Retroceso do mar, coa aparición de zonas antes

cubertas polas augas. Prodúcese por descenso do nivel do mar ou por elevación do continente. É característico das glaciacións, pola retención de auga continental nos glaciares, e das oroxenias, ó levantarse grandes áreas.

(25)

CURVA DE NIVEL: Isoliña que une todos os puntos que

nun mapa topográfico están á mesma altitude sobre o nivel do mar. Son equidistantes entre sí. Nos mapas

topográficos 1:50.000, a equidistancia é de 20 m. Nos de escala 1:25.000, a equidistancia é de 10 m.

(26)

PERFIL TOPOGRÁFICO: Un perfil ou corte topográfico sirve para

facerse unha idea de como é o relevo que está debuxado nun mapa. Para levantalo debemos partir da información que nos proporciona o mapa, é dicir, as curvas de nivel, a distancia horizontal entre dous puntos e a escala.

(27)

ZÓCOLO: Os escudos ou zócolos son vellos macizos montañosos

formados durante a era primaria hai máis de 500 millóns de anos e arrasados pola erosión durante a era secundaria, que constitúen os núcleos dos actuais continentes. Están formados por rochas

magmáticas e metamórficas moi antiguas, aínda que nalgúns

lugares poden estar recubertas por coberteiras sedimentarias máis modernas. Desde épocas moi remotas os escudos permaneceron estables, sen sofrer nengún pregamento, aínda que foron afectados por dislocacións, abombamentos e fracturas.

(28)

MACIZO: Conxunto montañoso de materiais

antigos ríxidos, que durante a oroxenia alpina non se plegan e se fracturan en bloques. Exemplos: Macizo Galaico,

(29)

MESETA: Superficie chá ou lixeiramente inclinada

nunha determinada dirección, cortada por

(30)

CORDILLEIRA: Unha cordilleira é unha sucesión de serras montañosas enlazadas

entre sí. Constitúen zonas pregadas ou en fase de pregamento. Nos xeosinclinais, ou zonas alongadas situadas nos bordes dos continentes acumúlase un grande espesor de sedimentos; cando estes materiais sofren unha importante compresión debido a empuxes laterais, préganse e elévanse, dando lugar á formación de

cadeas montañosas. A este tipo pertence a maeirande parte das grandes

cordilleiras continentais: Alpes, Himalaia, Andes, entroutras. Ademáis das forzas internas do planeta, interveñen no modelado do relevo axentes externos, como o vento ou a auga, e procesos ligados ó clima, á vexetación e ó solo.

(31)
(32)

PÁRAMO: Superficie estructural máis ou menos elevada e horizontal,

onde hai unha sucesión de materiais: calizos na parte superior, máis resistentes, cubrindo arxilas ou margas, fácilmente erosionables.

(33)

CERRO TESTEMUÑA: Resto da plataforma nun relevo tabular (conxunto

de capas duras e brandas dispostas horizontalmente no que a erosión esculpíu paisaxes horizontais). Ó aumentar a erosión producida polos ríos nas capas brandas vanse formando colinas, e se a altiplanice é atacada pola erosión aparecen os "cerros testemuña con cumios planos. Son bastante comúns nas cuncas sedimentarias das dúas submesetas e na depresión do Ebro.

(34)

CAMPIÑA: Superficies moi planas e de grande extensión e escasa

pendente, constituídas por materiais litolóxicos moi brandos, como arxilas, margas, limos e areas; poden aparecer nelas algunhas lomas dispersas, polo afloramento en ocasións dalgún material de maior dureza. É unha forma do relevo característica da submeseta norte.

(35)

COSTA: é a parte dun continente ou dunha illa que linda co mar. Tamén

se denomina litoral á costa de grandes ríos. Ten unha paisaxe inestable, onde nos sectores de praia o seu perfil bidimensional pode medrar debido ao depósito de sedimentos e noutros casos pode diminuír polos procesos de erosión mariña. Pero as costas tamén son modificadas por outros

factores, como o clima, o vento, a ondada, actividade biolóxica e as actividades humanas.

(36)

EROSIÓN: Desgaste da superficie terrestre por mor dos axentes externos.

A erosión é a principal forma de transformación do relevo terrestre. Pode ser eólica, hídrica, fluvial, glaciar, mariña e antrópica, se se debe á acción dos seres humanos. A erosión actúa mediante procesos físicos, como a forza de arrastre da auga, e a través de procesos químicos, principalmente a disolución das rochas.

(37)

SEDIMENTACIÓN: Proceso polo que se depositan e acumulan materiais

rochosos, restos biolóxicos e sustancias químicas nun lugar, xeralmente o fondo do mar ou dunha conca, como resultado da erosión e o arrastre

(38)

GLACIAR: Masa de xeo orixinada nas parte máis altas das montañas por encima

do límite das neves perpetuas, que descende lentamente ata niveis inferiores formando unha lingua. Os glaciares ocupan aproximadamente o 10 % da

superficie terrestre. Os de tipo alpino están formados polo circo glaciar, que é unha depresión rodeada de montañas onde a neve acumúlase e transfórmase en xeo; o val glaciar, ou canle polo que descende a masa de xeo cara a lugares

máis baixos das montañas, e a lingua glaciar, ou masa de xeo que se desliza polo val. Outros tipos de glaciar son o pirenaico ou de circo, nos que a língua fúndese con rapidez, e o continental ou de casquete, propio das zonas polares, que é unha gran acumulación de xeo con moitas linguas que terminan no mar e forman icebergs.

(39)

MOREA: Depósito de materiais xeolóxicos diversos, como rochas, cantos,

grava miúda, arxila, etc., erosionados, transportados e depositados por un glaciar. Segundo a súa situación respecto da língua do glaciar, a morea pode ser de fondo, lateral, final, mediana, terminal, etc.

(40)

EÓLICO: Referente á acción do vento. Este axente produce accións de

erosión, transporte e sedimentación. O vento transporta partículas

diminutas que chocan contra algunha rocha e divídense en máis partículas que van chocando con outras cousas. Adóitanse atopar nos desertos en formas de dunas e montañas rectangulares ou tamén en zonas

(41)

ALUVIÓN: Depósito de materiais soltos, gravas e areas, deixados por un

(42)

DUNA: Formación asociada á sedimentación eólica, constituída por unha

gran acumulación de area que se deposita cando a corrente de aire perde forza ou atopa un obstáculo no camiño. Son propias dos ambientes onde a acción do vento é importante como axente modelador do relevo, como

(43)

PENICHAIRA: Superficie de erosión, cunha

topografía plana e de escasos desniveis a certa altitude sobre o nivel do mar.

(44)

ALBUFEIRA: Lagoa litoral separada do mar

por un cordón litoral ou restinga, no que existen unha ou máis bocas que comunican co mar.

Referências

Documentos relacionados

Visando a este cenário, o Ministério da Saúde criou o Programa de Educação pelo Trabalho para a Saúde (PET-Saúde), regulamentado pela Portaria Interministerial

´e aquele pelo qual a filosofia alem˜a traduziu, depois de Kant, o latim existentia, mas Heidegger deu-lhe um sentido muito particu- lar, j´a que designa na sua filosofia

1º Fica renovado o reconhecimento dos cursos superiores de graduação constantes da tabela do Anexo desta Portaria, ministrados pelas Instituições de Educação Superior citadas,

A persuasão comportamental foi exercida através do ensaísmo e do tratadismo de seus adeptos; temas como a relação entre ciências naturais e sociais, o papel da Tradição

Entre os bairros avaliados o Santa Rita apresentou as condições mais precárias de saneamento básico no ano de 2007 em função da ausência de fornecimento de

BD│23 agosto 2015 │Primeira Igreja Presbiteriana do Recife. Notícias de primeira

Engenharia de Cardápio. Segundo Rapp, o topo ou o canto superior direito da página 

Evidentemente, a língua portuguesa representa o Brasil. A valorização da mesma significa, por transferência de significado, uma valorização da nação brasileira. A comparação do