INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DO DELF SCOLAIRE
CURSO 2017-2018
Expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, os diplomas DELF (Diplôme d’Étude
en Langue Française) son os diplomas oficiais de lingua francesa, recoñecidos internacionalmente
por 174 países. Á súa validez é indefinida.
O DELF Escolar enmárcase nun acordo asinado entre o Servizo de cooperación da Embaixada de Francia (SCAC) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia. Ofrece taxas de exame reducidas. Ten a mesma validez oficial que o DELF para adultos (os diplomas son idénticos) con temas adaptados aos adolescentes.
O candidato pode presentarse directamente ao diploma correspondente ao seu nivel. Ofrecense 3 niveis A2, B1 y B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
No ámbito académico, as certificacións DELF favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa:
O nivel B1 é obrigatorio en España para obter o grao universitario. O DELF B2 permite obter unha bolsa Erasmus.
O DELF B2 constitúe un acceso directo ás universidades francesas (para estudos de grao). Cada diploma avalía as 4 destrezas lingüísticas: comprensión e expresión escritas, comprensión e expresión orais. A superación da media (50 puntos sobre 100) permite obter o diploma. A nota dunha destreza pode compensar unha nota máis baixa noutra destreza. A nota mínima de 5/25 é necesaria en cada destreza.
Que alumnado poderá presentarse ao DELF ESCOLAR?
Todos aqueles alumnos e alumnas que cursen estudos en centros de ensino secundario públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estean matriculados nunha sección bilingüe en francés, que cursen o programa de dobre titulación BachiBac ou que estuden a materia de francés como primeira ou segunda lingua estranxeira.
Onde se realizan as probas do DELF ESCOLAR?
Os "centros de realización das probas do DELF Escolar" son os centros escolares identificados conxuntamente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria de Galicia e o SCAC para o desenvolvemento das probas do DELF Escolar.
Os centros que no participaron na convocatoria do ano 2017 terán que
dirixir a súa solicitude de inscrición ao enderezo seguinte:
[email protected]
para que lles sexa asignado un
Centro de exame oficial.
Para a convocatoria 2018, a organización dos centros que participaron na convocatoria 2017 será a seguinte:
PROVINCIA DE A CORUÑA
Centro de exame oficial ao que están adscritos os seguintes IES:
ALIANZA FRANCESA DE A CORUÑA
Centro de realización das probas IES PLURILINGÜE EUSEBIO DA GUARDA
Centros que desprazarán o seu alumnado ao IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
IES MIRAFLORES IES PUNTA CANDIEIRA
CPI CRUZ DO SAR (BERGONDO) IES CURTIS
IES FERNANDO ESQUÍO (NEDA) IES FRANCISCO AGUIAR (BETANZOS) IES LABORAL (O BURGO)
IES PUGA RAMÓN
IES TERRA DE SONEIRA (VIMIANZO) CPI AS REVOLTAS (CABANA)
IES MANUEL MURGUÍA (ARTEIXO) IES AGRA DE RAÍCES (CEE) IES MARÍA CASARES
IES MONTE NEME (CARBALLO) IES MONELOS
Centro de exame oficial ao que están adscritos os seguintes IES:
ALIANZA FRANCESA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Centro de realización das probas IES ARCEBISPO XELMÍREZ I
Centros que desprazarán o seu alumnado ao IES Arcebispo Xelmírez I
IES ANTON FRAGUAS IES POBRA DO CARAMIÑAL IES PORTO DO SON
CPPI DOS DICES (ROIS) IES Nº1 ORDES
IES Nº1 RIBEIRA IES VIRXE DO MAR IES MILLADOIRO IES ARZÚA
IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA
PROVINCIA DE LUGO
Centro de exame oficial ao que están adscritos os seguintes IES:
ALIANZA FRANCESA DE A CORUÑA
Centro de realización das probas IES A NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES
Centros que desprazarán o seu alumnado ao IES a Nosa Señora dos Ollos Grandes
IES BASANTA SILVA (VILALBA) IES DIONISIO GAMALLO (RIBADEO) IES MONTE CASTELO (BURELA) IES XOAN MONTES (LUGO) IES DO CAMIÑO (PALAS) IES LEIRAS PULPEIRO (LUGO) IES POETA DÍAZ CASTRO (LUGO) IES LUCUS AUGUSTI
PROVINCIA DE OURENSE
Centro de exame oficial ao que están adscritos os seguintes IES:
ALIANZA FRANCESA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Centro de realización das probas IES EDUARDO BLANCO AMOR
Centros que desprazarán o seu alumnado ao IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
IES CIDADE DE ANTIOQUIA IES O COUTO
IES LAGOA DE ANTELA IES AS LAGOAS
IES OTERO PEDRAYO DE OURENSE IES BLANCO AMOR
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Centro de exame oficial ao que están adscritos os seguintes IES:
ALIANZA FRANCESA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Centro de realización das probas IES ARCEBISPO XELMÍREZ I
Centros que desprazarán o seu alumnado ao
IES Arcebispo Xelmírez I
IES MEAÑO
CPI PROGRESO CATOIRA IES CASTRO ALOBRE
IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ IES MANUEL GARCÍA BARROS
IES ARMANDO COTARELLO VALLEDOR
Centro de exame oficial ao que están adscritos os seguintes IES:
ALIANZA FRANCESA DE VIGO
Centro de realización das probas IES DE TEIS
Centros que desprazarán o seu alumnado ao
IES deTeis
I.E.S. OS ROSAIS II IES A GUIA
IES A PARALAIA (MOAÑA) IES CARLOS CASARES IES BEADE
IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO IES ROU
IES JOHAN CARBALLEIRA IES SAN PAIO (TUI) IES MARÍA SOLIÑO
IES TERRA TURONIO - GONDOMAR
Centro de exame oficial ao que están adscritos os seguintes IES:
ALIANZA FRANCESA DE VIGO
Centro de realización das probas IES SÁNCHEZ CANTÓN
Centros que desprazarán o seu alumnado ao
IES Sánchez Cantón
IES A XUNQUEIRA I IES AS BIZOCAS IES VALLE INCLAN IES DE POIO
IES FREI MARTÍN SARMIENTO CPI DE MOSTEIRO- MEIS IES VILLALONGA
IES GONZALO TORRENTE BALLESTER IES A XUNQUEIRA II
Cando ten lugar a convocatoria?
MATRÍCULA: do 1 ao 28 de febreiro de 2018
DELF SCOLAIRE PROBAS ESCRITAS COLECTIVAS PROBAS ORAIS INDIVIDUAIS TARIFAS P ub lic a ci ó n d o s re su lta d o s: v en re s 22 d e x u ño d e 2 01 8
DELF A2 scolaire Xoves 26 de abril de 17.00 a 18.40
Entre o luns 16 de abril e o venres 18 de maio
de 2018
69,00 €
DELF B1 scolaire Mércores 25 de abril
de 17.00 a 18.45 89,00 €
DELF B2 scolaire Xoves 26 de abril de 17.00 a 19.30
105,00 €
Proceso de inscrición do alumnado participante :
O prazo de matrícula é do 1 ao 28 de febreiro de 2018
Os centros interesados en presentar o seu alumnado ás probas do DELF escolar deberán contactar, antes do 31 de xaneiro de 2018, coa sede da Alianza Francesa correspondente co fin de xestionar a súa inscrición no programa.
Así mesmo, deberán enviar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria –a través do correo electrónico
[email protected] o Anexo I debidamente cuberto, selado e asinado antes do 18 de xaneiro de 2018.
Unha vez formalizada a matrícula, os centros da Alianza Francesa correspondentes remitirán á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria un listado cos datos do alumnado e dos centros participantes.
A Consellería de Cultura,Educación e Ordenación universitaria e as Alianzas Francesas de Coruña, Santiago e Vigo convocarán os centros e alumnado interesados no lugar de realización das probas que lles corresponda nas datas previstas.
Lista dos centros de exame oficiais:
Alliance Française de A Coruña
Rúa Real, 26-1º 15003 A Coruña Teléfono: 981 22 23 56
Correo electrónico: [email protected]
Alliance Française de Santiago de Compostela
Praza de Vigo, 2 baixo 15701 Santiago de Compostela Teléfono: 981 56 16 39
Correo electrónico: [email protected]
Alliance Française de Vigo
Rúa República Argentina, 22-1º 36201 Vigo Teléfono: 986 43 61 09
Correo electrónico: [email protected]