• Nenhum resultado encontrado

CALENDARIO DE VACINACIÓN INFANTIL INSTRUCIÓN

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "CALENDARIO DE VACINACIÓN INFANTIL INSTRUCIÓN"

Copied!
16
0
0

Texto

(1)

CALENDARIO

DE VACINACIÓN

INFANTIL

INSTRUCIÓN

(2)

ASUNTO: Instrucións sobre cambio de calendario. 15 de novembro de 2006

ORIXE: DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA DIVISIÓN DE ASISTENCIA SANITARIA

DESTINATARIOS: centros de atención primaria da rede pública / médicos xerais, pediatras, persoal de enfermaría, farmacéuticos de atención primaria / hospitais públicos / centros de especialidades / hospitais e centros médicos privados / centros penitenciarios / centros de menores e colexios-residencias / centros de atención a discapacitados / outro tipo de centros / delegacións provinciais de

Sanidade / xerencias do Sergas

(3)

Introdución

A Dirección Xeral de Saúde Pública acaba de finalizar o proceso de adquisición de vaci-nas destinadas ao Programa Galego de Vacinacións para o período 2006-08.

O presente documento contén información sobre as vacinas adquiridas así como as modificacións no calendario de vacinación infantil:

1. Calendario de vacinación infantil (15 de novembro de 2006)

2. Administración cronolóxica das vacinas do calendario e produtos dispoñibles 3. Procedemento para completar a vacinación dos nenos que iniciaron pauta antes

do 15 de novembro de 2006

(4)

Calendario de vacinación infantil

1.

(15 de Novembro de 2006)

O próximo día 15 de novembro de 2006, entrará en vigor unha actualización do calen-dario de vacinación infantil da Comunidade Autónoma de Galicia, destacándose varios cambios significativos respecto ás vacinas que se van administrar de xeito rutineiro:

Engádese unha 3ª dose de vacina anti-meningocócica C aos 18 meses de idade para todos aqueles nenos que vaian cum-prindo esta idade a partir da data do cambio de calendario (nacidos a partir do 1 de maio de 2005).

Substituirase a vacina pentavalente que se administraba aos 2 e 6 meses de idade pola vacina hexavalente que contén os mesmos antíxenos que a pentavalente, pero ademais inclúe a hepatite B na súa constitución.

Dado que a vacinación universal fronte á hepatite B ao nacemento comezou no ano 1994, acádase, neste ano 2006, a cohorte de vacinados nese momento, polo que practica-mente todos estes nenos deberían estar xa vacinados. Por esta circunstancia, elimínase do calendario a vacinación rutineira fronte á hepatite B aos 12 anos.

De detectarse algún neno que chegada esta idade non estea vacinado fronte á hepatite B, deberá realizarse a súa inmunización con 3 doses de vacina, seguindo a pauta 0-1-6.

Con estes cambios o Programa Galego de Vacinacións comprenderá, como ata o de agora, a prevención mediante inmunoprofilaxe activa das mesmas enfermidades e di-minuirá o número de pinchazos.

(5)

NEONATO

Vacinación fronte á Hepatite B

Nome comercial da vacina: ENGERIX-B 10 µg® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección intramuscular na cara anterolateral externa da coxa.

Esta primeira dose administraráselle ao neonato nas primeiras horas da súa vida no hospital ou maternidade.

DOUS MESES Vacinación fronte á:

Polio (IPV)

Difteria-Tétano-Tose ferina acelular (DTPa) Haemophilus influenzae b (Hib)

Hepatite B (HB)

Nomes comerciais: INFANRIX HEXA® / NEISVAC-C® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección intramuscular dunha dose de vacina INFANRIX Hexa®

na cara anterolateral externa dunha coxa e dunha dose de NEISVAC-C® na outra coxa.

Coa incorporación da vacina hexavalente aos 2 meses só será necesario a aplica-ción de dúas inxecaplica-cións ao neno e non de 3 inxecaplica-cións como ata o de agora.

CATRO MESES Vacinación fronte á:

Polio (IPV)

Difteria-Tétano-Tose ferina acelular (DTPa) Haemophilus influenzae b (Hib)

Nomes comerciais: INFANRIX- IPV + Hib® / NEISVAC-C® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección intramuscular dunha dose de INFANRIX IPV+Hib® na cara

anterolateral externa dunha coxa e unha dose de NEISVAC-C® na outra coxa

Administración cronolóxica das vacinas

2.

do calendario e produtos dispoñibles

HEXAVALENTE

MENINGOCOCO C

PENTAVALENTE

(6)

SEIS MESES Vacinación fronte á:

Polio (IPV)

Difteria-Tétano-Tose ferina (DTPa) Haemophilus influenzae b (Hib) Hepatite B (Hep B)

Nome comercial: INFANRIX HEXA® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección intramuscular dunha dose de vacina INFANRIX Hexa® na

cara anterolateral externa da coxa.

Coa incorporación da vacina hexavalente aos 6 meses só será necesario a aplicación dunha inxección ao neno e non de 2 inxeccións como ata o de agora.

QUINCE MESES Vacinación fronte á:

Sarampelo Rubéola Parotidite

Nome comercial: PRIORIX® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección subcutánea na rexión externa do músculo deltoide.

DEZAOITO MESES Vacinación fronte á:

Polio (IPV)

Difteria-Tétano-Tose ferina (DTPa) Haemophilus influenzae b (Hib)

Nomes comerciais: INFANRIX- IPV + Hib® / NEISVAC-C Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección intramuscular dunha dose de INFANRIX IPV+Hib® na

rexión externa do músculo deltoide dun brazo e unha dose de NEISVAC-C® no deltoide do outro brazo.

[4

HEXAVALENTE

TRIPLE VÍRICA

PENTAVALENTE

(7)

TRES ANOS Vacinación fronte á:

Sarampelo Rubéola Parotidite

Nome comercial: PRIORIX® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección subcutánea na rexión externa do músculo deltoide.

SEIS ANOS

Vacina fronte á Difteria-Tétano-Tose ferina acelular (DTPa)

Nome comercial: INFANRIX® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección intramuscular na rexión externa do músculo deltoide.

DOCE ANOS

Vacina fronte á Varicela

Nome comercial: VARIVAX® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección subcutánea na rexión externa do músculo deltoide.

Administrarase unha dose de VARIVAX®. Se por calquera causa se retardase a vacina-ción ata os 13 ou máis anos deberán administrarse dúas doses de vacina separadas por un intervalo de 6 semanas.

CATORCE ANOS Vacina fronte á:

Tétano Difteria

Nome comercial: DIFTAVAX® Presentación: Ver anexo I

Administración: Inxección intramuscular na rexión externa do músculo deltoide.

TRIPLE VÍRICA

(8)

0

meses

2

meses

4

meses

6

meses

15

meses

18

meses

3

anos

6

anos

12

anos

14

anos

CALENDARIO

DE VACINACIÓN

INFANTIL

HEPATITE B

ENGERIX-B

10 µg

®

VACINA HEXAVALENTE

DTPa, IPV, Hib, HB

INFANRIX HEXA

®

TRIPLE VÍRICA

PRIORIX

®

TÉTANO/

DIFTERIA ADULTO

(Td)

DIFTAVAX

®

NOVEMBRO 2006

MENINGOCOCO C

NEISVAC-C

®

MENINGOCOCO C

NEISVAC-C

®

VACINA PENTAVALENTE

DTPa, IPV, Hib

INFANRIX IPV+Hib

®

VACINA HEXAVALENTE

DTPa, IPV, Hib, HB

INFANRIX HEXA

®

MENINGOCOCO C

NEISVAC-C

®

VACINA PENTAVALENTE

DTPa, IPV, Hib

INFANRIX IPV+Hib

®

TRIPLE VÍRICA

PRIORIX

®

VARICELA

VARIVAX

®

Unha dose de vacina fronte á varicela, vía subcutánea. Só para preadoles-centes sans sempre e cando non sufrisen a enfermidade e non foran previamente vacinados.

DTPa

(9)

Procedemento para completar a vacinación

3.

dos nenos que iniciaron pauta antes do

15 de novembro de 2006

Todos aqueles nenos que iniciaron a vacinación coa vacina pentavalente PENTAVAC® do laboratorio Sanofi Pasteur MSD, deberán continuar coa mesma vacina PENTAVAC® ata completar a serie primaria de vacinación (4 / 6 meses). Non se debe esquecer que estes nenos aos 6 meses deben recibir tamén a 3ª dose de hepatite B (ENGERIX B 10 µg®). A dose de recordo dos dezaoito meses destes nenos pode-rase realizar xa coa vacina pentavalente INFANRIX-IPV + Hib® do laboratorio GSK.

(10)

Subministración das doses vacinais no

4.

momento do cambio do calendario

A principios do mes de novembro distribuiranse as doses de vacina hexavalente do seguinte xeito:

Os puntos de DISTRIBUCIÓN DIRECTA (puntos que habitualmente reciben as vaci-nas desde o laboratorio fabricante), recibirán una carga inicial de doses de vacina hexavalente desde o laboratorio sen necesidade de realizar unha solicitude previa. Os puntos cuxo abastecemento se realiza mediante as RUTAS TRIMESTRAIS desde a delegación provincial de Sanidade correspondente, recibirán as doses de vacina hexavalente nunha ruta extraordinaria, sen ter que facer solicitude previa. OS HOSPITAIS DA REDE PÚBLICA E RESTANTES

PUNTOS DE VACINACIÓN solicitarán as doses de vacina hexavalente seguindo o

procedemento habitual para o resto das vacinas.

(11)

Para o cálculo de necesidades das doses que se precisan haberá que ter en conta que cada neno para a súa vacinación vai necesitar:

2 doses de vacina combinada hexavalente -INFANRIX HEXA®(DTPa-IPV-Hib-HB) aos 2 e 6 meses

2 doses de vacina combinada pentavalente -INFANRIX IPV+HIB®(DTPa-IPV-Hib) aos 4 e 18 meses

3 doses de antimeningocócica C -NEISVAC-C®aos 2, 4 e 18 meses

doses de hepatite B monovalente ENGERIX-B 10 µg®para a vacinación dos neo-natos nos hospitais ou maternidades e para administrar aos 6 meses a nenos que iniciasen pauta antes do 15 de novembro do 2006.

doses de pentavalente PENTAVAC®para completar a primovacinación (4 / 6 meses) para os nenos que iniciasen pauta antes do 15 de novembro do 2006. As previsións de vacina triple vírica, DTP acelular dos 6 anos, varicela e vacina Td de adulto non variarán.

Este documento pode ser consultado

na páxina web da dirección xeral de

Saúde Pública:

(12)
(13)

Presentación dos preparados vacinais

ENGERIX-B 10 µg®

(Vacina Hepatite B infantil)

Xiringa precargada con agulla intercambiable

INFANRIX HEXA®

(Vacina hexavalente: DTPa, IPV, Hib, HB)

Caixa que contén 10 xiringas precargadas cunha suspensión líquida (antíxenos DTPa, HB e IPV), 10 viais cunha pastilla de po liofilizado (antíxeno Hib), 10 agullas de 25 mm (cono azul) e 10 agullas de 16 mm (cono laranxa). A vacina débese reconstituír introducindo o contido da xiringa precargada no vial, axitando ata conseguir unha suspensión homoxénea e volvendo a cargar o contido do vial na xiringa.

Utilizarase unha das agullas para a reconstitución da vacina e a outra para administrala (escoller para isto a que se consi-dere máis adecuada a idade e corpulencia do neno de xeito que se asegure que a agulla penetre na masa muscular).

NEISVAC-C®

(Vacina Meningococo C) Xiringa precargada sen agulla

INFANRIX - IPV + Hib®

(Vacina pentavalente: DTPa, IPV, Hib)

Caixa que contén 10 xiringas precargadas cunha suspensión líquida (antíxenos DTPa e IPV), 10 viais cunha pastilla de poliofilizado (antíxeno Hib), 10 agullas de 25 mm (cono azul) e 10 agullas de 16 mm (cono laranxa).

A vacina débese reconstituír introducindo o contido da xiringa precargada no vial, axitando ata conseguir unha suspensión homoxénea e volvendo a cargar o contido do vial na xiringa.

Utilizarase unha das agullas para a reconstitución da vacina e a outra para administrala (escoller para isto a que se consi-dere máis adecuada a idade e corpulencia do neno de xeito que se asegure que a agulla penetre na masa muscular).

HEPATITE B

ENGERIX-B 10 µg®

VACINA HEXAVALENTE

DTPa, IPV, Hib, HB

INFANRIX HEXA®

MENINGOCOCO C

NEISVAC-C®

VACINA PENTAVALENTE

DTPa, IPV, Hib

(14)

[12

PRIORIX®

(Vacina triple vírica)

Caixa que contén 10 xiringas precargadas con disolvente, 10 viais con po para solución inxectable e 20 agullas de 16 mm (cono laranxa).

A vacina débese reconstituír introducindo o contido da xiringa precargada no vial, axitando ata conseguir unha suspensión homoxénea e volvendo a cargar o contido do vial na xiringa.

Utilizarase unha das agullas para a reconstitución da vacina e a outra para administrala.

INFANRIX®

(Vacina DTPa)

Xiringa precargada con agulla intercambiable

VARIVAX®

(Vacina Varicela) Xiringa precargada con agulla

DIFTAVAX®

(Vacina Td tipo adulto) Xiringa precargada con agulla

NOTA

Para contar con información máis ampla sobre as novas vacinas que se van introducir no calendario, deberánse consultar as fichas técnicas dos propios produtos. TRIPLE VÍRICA PRIORIX® DTPa INFANRIX® TÉTANO/ DIFTERIA ADULTO (Td) DIFTAVAX® VARICELA VARIVAX®

Unha dose de vacina fronte á varicela, vía subcutánea. Só para preadoles-centes sans sempre e cando non sufrisen a enfermidade e non foran previamente vacinados.

(15)
(16)

uqui IIIII cebra

Referências

Documentos relacionados

04. Com relação à carga insuficiente das baterias, analise as afirmativas a seguir. Com auxilio de uma vela ou isqueiro, verificar o nível de eletrólito; remover a

Assim a literatura infantil como conhecemos hoje, é permeada de traços populares, mitos e tradições, No entanto ainda privilegiam-se o uso de literatura pautada nos modelos

a) “Muitos outros acidentes aconteceram no nosso país mas não foram noticiados.”. b) “Muitos outros acidentes aconteceram no nosso país porque não foram noticiados.”. c)

Assim, este estudo foi realizado para avaliar os efeitos do uso de antibiótico, de probiótico e de homeopatia sobre o desempenho produtivo e desenvolvimento de órgãos de frangos

Pelo menos aqui no Rio, são raros esses engraxates, só existem nos aeroportos e em poucos lugares avulsos.. Sentei-me naquela espécie de cadeira canônica, de coro de abadia pobre,

A revisão realizada por ERDMAN (1988a) mostrou que, nos dezessete experimentos em que a silagem de milho foi a única fonte de volumoso oferecida a vacas leiteiras no início

Esta pesquisa discorre de uma situação pontual recorrente de um processo produtivo, onde se verifica as técnicas padronizadas e estudo dos indicadores em uma observação sistêmica

Outra forma de dialogar com as escolas e o fazer docente foi propiciada pelo registro e divulgação em ambiente virtual e/ou outro meio das atividades realizadas no âmbito do Pibid.