• Nenhum resultado encontrado

A noite que Wendy aprendeu a voar Andreu Martín XERAIS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "A noite que Wendy aprendeu a voar Andreu Martín XERAIS"

Copied!
8
0
0

Texto

(1)

A noite que Wendy aprendeu a voar

Andreu Martín

XERAIS

(2)

O

AUTOR

2

Título:

A noite que Wendy aprendeu a voar

Autor:

Andreu Martín

Traduror:

Ignacio Chao

Editorial:

Edicións Xerais de Galicia

Colección:

Fóra de Xogo

Nº páxinas:

160

ISBN:

978-84-9782-809-3

F

ICHA TÉCNICA

ANDREU

MARTÍN

(1949)

É psicólogo, guionista de cómics e un autor moi recoñecido de literatura policial e

xuve-nil.

Gañou, con Jaume Ribera, o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1989

con No pidas sardinas fuera de temporada, a novela que comezou a serie dedicada ao

detec-tive Flanagan, da que se atopan nesta mesma selección Flanagan de luxe, Alfagan é

Flanagan, Flanagan Blues Band, Flanagan 007, Eu tampouco me chamo Flanagan ou

Flanagan, só Flanagan.

Con

A noite que Wendy aprendeu a voar conseguiu o XI Premio Bancaixa de Literatura

(3)

3

• O amor e as súas trampas.

• O destino. As predicións e o medo a que poidan cumprirse.

• As relacións profesionais. Os intereses de cada un. Os honestos e os que non o son tanto.

De cando a infancia non é un camiño de rosas. Os nenos da marxinación e a súa difícil

traxectoria. Esa maneira de facerse grandes antes de tempo.

• A policía.

• Nazismo. Os seus crimes e roubos. O seu final e volta. Os neonazis.

Masonería. A verdade sobre este grupo deostado.

A prioridade dos intereses económicos.

• As bandas de delincuentes ao servizo de calquera interese. Traballadores a soldo.

• A violencia de xénero e o malos tratos a menores.

T

EMAS E VALORES

O

LIBRO

Igual que na serie Flanagan atopámonos cunha novela policial, de ritmo trepidante e

mis-teriosas pescudas. Pero igual que nas anteriores, nesta trama saen á luz a inxustiza dunha

sociedade que vai deixando na marxe aos máis débiles, o debuxo dunha sociedade na que

os valores andan aqueloutrados e semella pensada para que só os peores acaden o poder e

incluso a gloria.

Wendy, a protagonista, loitará ao longo dunha noite contra o destino, a inoperancia e a

estupidez dos compañeiros. Está cumprindo vinte e tres anos e mentres isto sucede

sáen-lle as ás, transfórmase, e será capaz de distinguir entre o que vale a pena e o que non. A

súa é unha odisea na que a valentía acada os máis altos chanzos, pero tamén de

coñece-mento, de descuberta e aprendizaxe. Do mundo de Peter Pan ao mundo real e, neste, cos

ideais que nunca se deberon perder, porque son inherentes ao mellor da especie humana.

Esta novela acada o XI Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil.

(4)

4

ANTES DA LECTURA:

• Cando collemos o libro na man, por primeira vez, podemos poñer en marcha unha serie de accións previas á lectura e que teñen que ver coas predicións sobre o tipo de texto, a historia e o autor, sobre outros títulos coñecidos deste creador ou outros títulos da colección.

• Obrigarémonos a ter en conta a información que achega a imaxe da portada e a que aparece na contra-portada, igual que toda aquela que vai saíndo á luz, procedente dos coñecementos previos dos lectores. • Os mediadores decidirán se comezan presentando o libro dando algunha información que axude a supe-rar as resistencias iniciais ou unicamente fomentan a expresión do alumnado a modo de anticipacións sobre a obra, as informacións que posúen ao respecto e van aflorando coa axuda de suxestións. O adul-to adul-tomará a decisión acerca de como facelo, a través dunha posta en común ou calquera outra maneira. • É fundamental ter clara a finalidade da lectura, saber para que lemos, que estamos buscando… como realizamos esa primeira lectura na que seguimos a historia buscando a continuación do argumento, deténdonos naqueles momentos que requiren máis atención ou nos atraen máis, adiantándonos ou volvendo atrás para repasar determinados fragmentos, achegando o significado das palabras novas polo contexto ou buscándoo no dicionario, extraendo o importante e distinguíndoo do que non o é, resumindo o que levamos lido para continuar coa idea global…

• Identificamos o autor e comentamos o que saibamos acerca del; podemos axudarnos coa lectura do apartado que leva o título «O autor». Buscamos máis información na biblioteca e tamén en internet. Localizamos os seus libros.

• Podemos falar da colección, doutros títulos que coñezamos e da opinión que nos mereceron. • Lemos o apartado «Últimos libros da colección» e comentamos aqueles que coñezamos.

• Buscamos información acerca do Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil e vemos que outros libros o recibiron anteriormente…

• Comentamos as expectativas que temos acerca deste libro.

• Imaxinamos unha historia con este título. Falamos da orixe dese nome Wendy e pasamos a comentar o libro Peter Pan de Barrie.

AO LONGO DA LECTURA:

• Lemos a dedicatoria e imaxinamos quen son as persoas citadas e a explicación do texto. • Localizamos a novela no espazo e no tempo.

• Coa finalidade de facilitar a comprensión lectora, unha actividade que pode resultar de interese é poñerlle título a cada un dos capítulos unha vez realizada a lectura dos mesmos.

• Despois da lectura de cada capítulo facemos un resumo mental ou escrito do máis importante e anti-cipamos a continuación da historia.

• Imos tomando nota de cada un dos personaxes e dos trazos que o caracterizan para realizar a súa des-crición. Observamos cales nos resultan máis interesantes e argumentamos esta elección.

• Localicemos o léxico propio dunha obra destas características como briefing, coche Z número 304, un sesenta…

• Anotamos o que imos descubrindo na lectura e nos chama a atención o suficiente como para parar-nos a comentalo.

• Expliquemos e argumentemos as frases:

— «A calor é un irritante das hormonas dos mozos». — «Toma moi pola tremenda iso de ser policía». — «A noite maquillada coas cores de neon». — «Noiva paréceme unha palabra forte de máis».

— «Unha muller afeita a tratar con cadáveres e con asasinos».

(5)

5

— «Mozos noctámbulos que andan de troula e non saber que facer diante dun morto a tiros». — «Homes enmarcados e un tiroteo poden significar crime organizado».

— «…que a policía sempre chega tarde de máis».

— «Os asasinatos que non se resolven nas doce horas seguintes aos feitos son moitos máis difíciles de solucionar».

— «Ninguén fai barullo no metro; só hai soidade e rendición». …e outras nas que teñamos interese.

• Identificamos no texto, aqueles feitos e expresións que denoten determinados prexuízos, de habelos. Por exemplo, «Como sempre dixo Roger, nas mulleres os sentimentos sempre son máis poderosos cá profesionalidade».

• Na conversa entre a policía e a nena afloran aspectos como o maltrato que sofre a nai por parte do Garrao e que se pode sintetizar neste fragmento «Estaba tan ledo que se embebedou e lle arreou unha boa malleira á súa nai (de Mon)». Isto daranos pé para tratar a violencia de xénero na novela e na realidade. Realizamos un debate.

• Observemos o seguinte fragmento: «(…) que se chama Antonia. Tempo atrás, segundo ela adoita explicarlle nos seus momentos de intimidade, chamábase María Antonia, e houbo unha época glo-riosa en que seica lle dicían Toni. Agora só se chama Antonia, que é un nome máis pobre e máis tris-te». Opinemos sobre a emoción que produce en nós.

• Comentemos a seguinte conversa entre Wendy e Roger:

— Bastante adultos para facer o amor pero novos de máis para nos namorar. — Quería dicir para nos comprometer.

— Somos bastante adultos para levar pistola e placa, e para prender delincuentes e levalos diante do xuíz e somos novos de máis para nos comprometer?

• Localizamos algún recurso literario. • Contestemos:

— Que é estar nos biosbardos?

— Como imaxinas unha casa do século XVIII? E do XIX? — Que é unha rambla?

— Como serán as «pupilas impertérritas»? — Cantos anos ten Mon?

— Por que asegura Matilde que a morte lle deu a razón ao seu home? — Cales serán os delitos contra o patrimonio?

— É real a orde secreta dos Illuminati? — Que é un tatami?

— Sabías que nalgún caso a Torre de Hércules foi denominada o ollo de Deus?

— Que che lembra e con que podes relacionar «Eles queren só a liberdade para se faceren tan ricos como sexa posible e tomar as decisións que afecten o mundo no seu propio proveito. Os obxecti-vos son os cartos e o poder. Vale todo»?

— Que sabes do Santo Grial e da Arca da Alianza?

• A Matilde aprendéronlle que é de mal gusto amosar os sentimentos, que opinas?

• Reflexionemos acerca desta frase e de todo o que supón: «Todo o mundo é inocente ata que se demos-tra o condemos-trario».

• A voz automática e insensible, a voz átona e que semella anónima case mecánica da central comuni-cando cos policías… Ten que ser así? Por que? Como cres que se consegue esa maneira de falar? • Debuxamos, do xeito na que imaxinamos, aos «rapaces estirados, con roupa de marca».

• Observemos: «Trémenlle as mans. Non sabe qué debe dicir e qué debe calar, e iso significa que ten cou-sas que agochar». Pensemos noutras situacións, xestos, posturas das que podemos deducir información. • Comentemos este texto: «A Roger pareceulle que Wendy choraba. Pensa que toleou. Que toleou de amor por el, e iso provócalle un pouco de mágoa, máis tamén o enche de orgullo. Ningún dos seus amigos pode presumir de facer tolear de amor ningunha moza». Poñémolo en relación con aquel outro no que Roger opina sobre as mulleres e a súa profesionalidade.

• Buscamos algunha fotografía ou debuxo dunha butaca do século XV como aquela na que senta Matilde Pi-Strauss.

(6)

6

• Analicemos o rol da nai e do padrasto de Mon. Da inspectora da científica e do policía patrulleiro. • Pistolas debaixo de chaquetas de Armani, que pode significar esta imaxe?

• «Matas e Dotras. Hai quen di que son cu e merda». Unha boa frase, ocórrenseche outras?

• Cando se relata o interrogatorio que Andrea lle fai a Matilde recóllense unha serie de xestos e postu-ras de ambas mulleres que son analizados desde o punto de vista da investigación. Repasémolos e vexamos se teñen relación coa realidade.

• Estaría ben ilustrar a escena na que Matas está xogando ao póker «nun soto sinistro, de paredes des-cascadas, sen decoración ningunha, unha lámpada cegadora que nada máis que permite ver os catro xogadores e os naipes de enriba da mesa. Fume de cigarros e tufo de alcohol».

• Hai obxectos moi significativos que se relacionan con grupos sociais e épocas, tal como os que apare-cen no tesouro da biblioteca: un candelabro de sete brazos fai pensar nos xudeus, unha bandeira cunha cruz gammada nos nazis… Pensa noutros e ponos en relación.

• A Roger, cando atopa a cámara secreta detrás dunha dos andeis da biblioteca, esquécese totalmente que foi Wendy quen lle proporcionou os datos. Isto acostuma suceder moitas veces… Pensade nal-gunha que lembredes, comentade a inxustiza do feito e vede as maneiras de evitalo.

• Pero a Roger tócalle comer do mesmo prato. Cando Andrea fala con Lourenzo (de Patrimonio) tam-pouco lembra dicir quen realizou o achado. Tamén isto che soa?

• As fotos de fronte e de perfil tamén son imaxes representativas. Cando as vemos nunha película ou no xornal sabemos inmediatamente o que significan. Pensemos noutras así de simbólicas.

• O autor utiliza unha serie de referencias actuais «viste un Lacoste azul», Volkswagen Passat, Seat Toledo, Louis Roederer Cristal, Glemmorangie, Viladrau, marcas todas elas de diferentes produtos que teñen un ar de actualidade e que sitúan nun determinado ámbito de clase. Comentémolo. • Atendamos ás explicacións do inspector especialista en delitos contra o patrimonio na páxina 85. Que

coñecementos tiñamos ao respecto?

• Neste museo clandestino mestúranse pezas nazis, xudeus e masóns. Comentemos o que sabemos deses grupos humanos.

• Pantallas de pergameo, carteiras e portafolios de pel … humana, arrancadas ás vítimas dos campos de exterminio. Pensemos ata onde pode chegar a crueldade dos humanos. Realicemos un debate en torno ás grandezas e vilezas ás que podemos chegar como especie.

• Lembrar que o réxime de Franco era moi tolerante e benévolo cos fascistas que perderon a guerra en Alemaña. Busquemos as razóns desta axuda ou colaboración.

• Os xudeus fuxindo polas rutas dos contrabandistas, pagándolle os seus servizos como guías. Algúns acolléndoos para enganalos, asasinalos e quedarse co botín. Igual que piratas. Comentemos este feito e tamén outros que poden recordárnolos.

• A familia do morto semella ter perpetrados crimes ao longo de moito tempo: en 1940 cando os xudeus fuxían de París, en 1945 cando os aliados gañaron a guerra e os que fuxían eran os nazis… Isto fainos pensar que por riba das ideoloxías estarían os intereses económicos. Opinemos ao respecto.

• «Bágoas no fondo do mar», bágoas baixo a chuvia… imaxes moi especiais sobre as que debemos falar, ilustrar e buscar outras que nos resulten así de connotativas.

• «¡Porque estou viva e vivir é loitar!» contéstalle Wendy a esa voz que tenta convencela da inutilidade de toda resistencia. A voz da conciencia, a voz que ás veces nos fai mal… Escoitástela algunha vez? Pensemos se a temos escoitado e en que ocasións.

• A cámara secreta ten algo da cova de Alí Babá (como pensa Roger). Falemos de como imaxinamos un tesouro.

• Fálase de «diñeiro negro», «branquear cartos»… Comentemos as razóns polas que existe toda esta gama de cor en branco e negro para o diñeiro.

• Buscar algo de humor.

• «(…) decateime de que a vida é mellor cando non te vexo que cando te teño diante» dille Wendy a Roger. Unha boa maneira de rematar unha relación. Busquemos outras frases así de lapidarias. • Ilustremos a descrición do lugar, ao que sae Wendy despois de vencer a morte, na páxina 102. • Museos secretos, tesouros agachados. Misterios que talvez queiramos descifrar. Citemos novelas que

traten estes temas.

(7)

7

• Realizamos unha liña argumental na que imos introducindo todo o que vai sucedendo e como se vai contando.

• Localizamos e expliquemos as frases feitas: «a fume de carozo», «o peso da lei», «queda cos fociños dunha cuarta»…

• «You can fly!» pensa Wendy. E a música di «You can leave your hat on». Que outras intervencións farí-as en inglés?

• Buscamos as referencias culturais que aparecen no texto: Piratas do Caribe, a Marcha fúnebre, O libro

da Selva, Robinson Crusoe, Full Monty, O código da Vinci, Churchill, Mozart, Rudyard Kipling,

Benjamín Franklin, Isaac Newton, Jonathan Swift, George Washington, Hitler, Dalai Lama… Localizamos información acerca delas, igual que doutras referencias actuais coma o Cirque du Soleil.

• Localicemos recursos literarios.

• Reflexionamos en torno a todo isto. Realizamos debates, postas en común para intercambiar as expe-riencias ou opinións de cadaquén a respecto da relación entre homes e mulleres, entre a xente que traballo na mesma empresa ou institución, a delincuencia de todo tipo…

• Eses temas e outros que se vos ocorran poden dar pé á organización de debates ou barómetros de valo-res. Así reflexionaremos en torno a eles.

• Hai historias dentro da historia principal, por exemplo, a do desvergonzado que leva a moza a un lugar solitario para facer o que ela non quería e se atopa con Wendy… Imaxinémoslle un final. Observemos esa e outras historias relacionadas con este tema. Opinemos sobre elas, sobre a igualda-de ou non entre os sexos…

• A historia da masonería pode ter interese para continuar buscando máis información que a que apun-ta Lourenzo na páxina 107 e posteriores.

• A frase final pronunciada por Wendy é toda unha declaración de vida: «Hai que bicar moitos sapos ata dar co príncipe azul». Vexamos a que fai referencia, que contos nos fai lembrar e que realidades sobre as que falar.

DESPOIS DA LECTURA:

• Unha vez rematada a lectura, será o momento de facer unha revisión sobre o lido, reflexionando en base ao texto. Falamos de cantas historias se nos contaron e cal delas era a principal, dos personaxes que sustentan o relato e do papel do narrador, de explicitar as sensacións e emocións que nos provo-cou, con que personaxe nos identificamos máis… de resumir o texto ou realizar unha liña argumen-tal, de situar a historia no tempo (de cando a cando) e no espazo, de ver aquilo que nos achegou, do que aprendemos que non sabiamos, de crear en base a el continuándoo, de comentar o que opina-mos acerca do libro e dos valores que propón…

• Poñemos este libro en relación con outros libros coñecidos, poden ser do mesmo autor ou doutros, libros que tratan temas semellantes, con personaxes que nos lembran a estes…

• Rematada a lectura explicamos a imaxe da portada.

• Certamente, ademais dos aspectos que son comúns a calquera texto, han de terse en conta aqueles outros que atinxen especificamente a este pola maneira na que está escrito, pola temática que presen-ta, polos personaxes que nela aparecen, polos valores que se defenden, polos recursos que utiliza… • Se a alguén lle apetece pode pasar, individualmente ou en equipo, a historia a cómic.

• Temos en conta a voz do narrador e opinamos sobre a maneira na que cambiaría o texto se modifi-cásemos ese punto de vista.

• Intercambiamos opinións sobre a novela, comentamos o que máis nos gusta e o que menos, aquilo que nos chamou a atención, aquilo que nos gustou e poderiamos recoller como citas, aquilo que ano-tamos para ler en voz alta…

• Unha vez rematada a lectura podemos revisar a dedicatoria e pensar a quen lla regalariamos e con que palabras.

• Lemos outros libros deste autor.

• Escribimos a opinión que nos mereceu o libro, enviámoslla ao autor, publicámola na revista do cen-tro ou da biblioteca, comentámola en Meiga…

(8)

Pedidos a:

C o m e rc i a l G r u p o A n aya P o l í g o n o P o c o m a c o Avenida 3 Edificio Diana Nave 4 Baixo • 15009 • A Coruña

Telf.: 981 171 641 / Fax: 981 171 647

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA XERAIS

Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo Apartado Postal 1446. 36200 Vigo Teléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80 T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6 Correo electrónico: [email protected] h t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro e Maruxa Caamaño, 2008 © Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2008 Depósito legal: VG 1571-2008

Referências

Documentos relacionados

4 Este processo foi discutido de maneira mais detalhada no subtópico 4.2.2... o desvio estequiométrico de lítio provoca mudanças na intensidade, assim como, um pequeno deslocamento

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de

Nas últimas décadas, os estudos sobre a fortificação alimentar com ferro no país têm sido conduzidos na tentativa de encontrar uma maneira viável para controle da anemia

A prova do ENADE/2011, aplicada aos estudantes da Área de Tecnologia em Redes de Computadores, com duração total de 4 horas, apresentou questões discursivas e de múltipla

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política

O enfermeiro, como integrante da equipe multidisciplinar em saúde, possui respaldo ético legal e técnico cientifico para atuar junto ao paciente portador de feridas, da avaliação

Apothéloz (2003) também aponta concepção semelhante ao afirmar que a anáfora associativa é constituída, em geral, por sintagmas nominais definidos dotados de certa

Como já destacado anteriormente, o campus Viamão (campus da última fase de expansão da instituição), possui o mesmo número de grupos de pesquisa que alguns dos campi