• Nenhum resultado encontrado

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO OBRADOIROS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "EDUCACIÓN PARA O CONSUMO OBRADOIROS"

Copied!
31
0
0

Texto

(1)

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO 2016-17

OBRADOIROS

COORDINACIÓN:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor. Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006

Teléfono: 981 18 98 20 Fax: 981 18 98 21

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina Web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias

Tenente de Alcalde Responsable da Área de Emprego e Economía Social: Alberto Lema Suárez

DESCRICIÓN:

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no eido do consumo. Dentro do programa “CORUÑA EDUCA” presentamos un conxunto de obradoiros prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo de educadores/as especializado no eido do consumo responsable e coordinado pola OMIC.

Os diferentes obradoiros están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller os mais axeitados para o desenvolvemento curricular correspondente.

Ademais, os obradoiros compleméntanse con “Seminarios para Mestras e Mestres” e “Charlas para nais e pais de alumnas e alumnos”. Deste xeito toda a comunidade educativa participa no proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.

OBXECTIVOS:

A pretensión principal deste programa socioeducativo é fomentar no alumnado unha actitude consciente, crítica e solidaria ante o consumo.

Para acadar este obxectivo xeral conxugamos os dous seguintes:

 Promover entre o alumnado capacidades e hábitos críticos en relación coas actitudes e condutas de consumo, formando persoas consumidoras críticas, libres e responsables.  Denunciar os mecanismos de manipulación e advertir sobre os riscos da publicidade

enganosa, sensibilizar aos nenos e nenas sobre os seus dereitos como persoas consumidoras e usuarias, a necesidade de defendelos e a importancia de denunciar as irregularidades e, en xeral, mellorar a calidade de vida das persoas consumidoras. DURACIÓN E LOCALIZACIÓN

(2)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

1.

ALIMENTACIÓN E CONSUMO

1.1.

Obradoiro: Alimentación saudable

Obxectivos:

- Analizar as características do a l m o r z o habitual ao longo da semana, as fins de semana e nas vacacións.

- Ser capaces de avaliar as calidades nutritivas de cada tipo de almorzo que normalmente realizan.

- Identificar os diferentes tipos de a l m o r z o e saber cales son o s mais axeitados para cada actividade (esforzo físico grande, traballo intelectual, vida sedentaria, etc.).

Descrición:

Analizamos varios aspectos da alimentación diaria: horarios, alimentos inxeridos, cantidades nutricionais recomendadas, etc. e tentamos descubrir os erros mais habituais que se producen (carencias, malos hábitos, horarios desaxeitados, etc.) e propor unha dieta mais saudable e equilibrada.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Tapete da pirámide alimenticia. o Alimentos frescos.

o Alimentos envasados.

o Maquetas plásticas de alimentos.

o Representacións de alimentos feitos con materiais reciclados. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

(3)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

1.2.

Obradoiro: Natural e artificial

Obxectivos:

- Analizar as vantaxes dos produtos naturais fronte aos artificiais.

- C o n s e g u i r que o alumnado tome contacto cos zumes naturais como alternativa ao consumo de refrescos industriais e como fonte de vitaminas para o organismo.

- Capacitar ao alumnado para que poida elaborar zumes por medios sinxelos.

Descrición:

Este obradoiro componse de diferentes experiencias:

- Proba de zumes e froitas (xogo).

- Elabora o noso “almorzo natural". MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO

o Laranxas. o Espremedores.

o Zume de concentrado de laranxa. o Froitas. o Iogures. o Auga. o Vasos. o Antefaces. o Pratos.

o Un recipiente para lavar a froita. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE 2º CICLO DE E. INFANTIL E 1º CICLO DE E. PRIMARIA.

(4)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

.

1.3.

Obradoiro: As etiquetas dos alimentos

Obxectivos:

- Habituarse a ler as etiquetas.

- Saber distinguir a primeira vista as partes mais importantes dunha etiqueta.

- Coñecer o significado dos termos das etiquetas.

Descrición:

Utilízanse etiquetas de produtos reais para comprobar se aparece toda a información que debería. Investigarán sobre os distintos compoñentes dos produtos alimenticios que veñen envasados. Os participantes deseñarán o seu propio "produto" e deberán etiquetalo correctamente fabricando as etiquetas.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Cartóns.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Cintas.

o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

(5)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

1.4.

Obradoiro: Froitas e verduras

Obxectivos:

- Concienciar da importancia das froitas e verduras na alimentación diaria.

- Que os/as participantes sexan capaces de analizar se a súa dieta é equilibrada respecto ao consumo de froitas e verduras.

- Coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva de estes mediante a realización dunha análise comparativa.

Descrición:

A importancia de incluír froitas e verduras na nosa dieta diaria tratarase en forma de xogo nesta actividade. Fanse varios "experimentos" tanto de descubrir sabores, cheiros e cores nas froitas e verduras como para descubrir se as cantidades que toman os participantes son as cantidades recomendables.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO

o Diferentes froitas de produción convencional. o Verduras varias.

o Alimentos de produción ecolóxica. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE 2º CICLO DE E. INFANTIL E 1º CICLO DE E. PRIMARIA.

(6)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

1.5.

Obradoiro: A pirámide da alimentación

Obxectivos:

- Saber que é a pirámide dos alimentos.

- Coñecer a distribución dos diferentes alimentos na pirámide alimentaria.

- Aprender a facer unha dieta equilibrada utilizando os alimentos idóneos.

Descrición:

Durante toda a actividade alúdese á importancia de levar unha dieta equilibrada. A nalízanse as comidas diarias dos/as participantes e faise unha representación da pirámide dos alimentos cun mural e/ou mediante xogos activos de roles.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Tapete da pirámide alimenticia. o Maquetas plásticas de alimentos. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE 2º CICLO DE E. INFANTIL E 1º, 2º E 3º CICLOS DE E. PRIMARIA.

(7)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

2.

CONSUMO SOSTIBLE

2.1.

Obradoiro: Uso sustentable da auga

Obxectivos:

- Coñecer o ciclo da auga e as alteracións ás que se viu sometido polo home.

- • Valorar e comprender a importancia do consumo responsable de

auga.

- • Comprender a importancia da conservación deste recurso. - • Comprender os impactos derivados dun mal uso da auga. - • Aprender diferentes formas de aforrar auga.

Descrición:

Consiste nun x o go no que os/as participantes poñen en práctica algúns dos seus coñecementos sobre o consumo responsable da auga. Agrúpanse os/as participantes por equipas e, por quendas, deben realizar diferentes probas e contestar preguntas relacionadas co consumo de auga.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Cartóns.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Botellas de plástico. o Area. o Algodón. o Aceite. o Cintas. o Proxector. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE 2º CICLO DE E. INFANTIL E 1º CICLO DE E. PRIMARIA.

(8)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

2.2.

Obradoiro: De compras polo meu barrio

Obxectivos:

- Identificar os establecementos locais.

- Comprender a importancia do comercio local e a súa repercusión na economía das familias.

Descrición:

Descubriremos os establecementos comerciais que temos mais habitualmente nos nosos barrios. Debateremos sobre a conveniencia de mercar neles así como as vantaxes que supón o realizar as nosas compras nos comercios do barrio. Os/as participantes sorprenderanse con algúns datos sobre o prezo final e a procedencia dalgúns produtos.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Cartóns.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Murais e maquetas de establecementos. o Rotuladores de cores.

o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

(9)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

2.3.

Obradoiro: A compra ecolóxica

Obxectivos:

- Aprender a realizar unha compra o mais ecolóxica posible.

- Diferenciar os produtos ecolóxicos daqueles que non o son.

- Fomentar o consumo de produtos e envases que respecten o medio ambiente.

Descrición:

Os/as participantes realizan unha compra simulada de varios produtos para o fogar: alimentos, pilas, lámpadas, produtos de hixiene persoal, etc. Deben fixarse e tentar adquirir aqueles que son menos prexudiciais para o medio. Nesta actividade os/as participantes tamén aprenderán a recoñecer os produtos ecolóxicos pola súa etiqueta.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Simulador de tenda.

o Cartóns.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos dun establecemento. o Rotuladores de cores.

o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

(10)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

2.4.

Obradoiro: Consumo Ecolóxico

Obxectivos:

- Favorecer o sentido crítico de nenos e mozos acerca do que é correcto no concernente a un consumo sustentable.

- Concienciar os participantes de que son pezas clave en toda a engrenaxe. As súas accións individuais teñen repercusión global.

- Crear hábitos de consumo e compra ecolóxicos. Que o respecto polo medio sexa unha prioridade á hora de determinar a súa elección. O medio, con carácter troncal, permitirá que a súa satisfacción

como consumidor estea fundada en valores éticos e solidarios.

Descrición:

A través dunha breve presentación de introdución descubrirán o concepto de pegada ecolóxica e as consecuencias ambientais dun consumo pouco responsable e insustentable. A continuación, os participantes realizarán a busca de información e recursos útiles na rede, coa realización de talleres e prácticas nos que se analiza a procedencia dalgúns produtos ou os nosos hábitos de consumo de auga, electricidade ou enerxía.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Aula con conexión a Internet. o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE ESO, BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E ANPAS.

(11)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

2.5.

Obradoiro: Don R que R: o xogo dos envases

Obxectivos:

- Coñecer os distintos tipos de envases que se utilizan para o envasado de produtos alimentarios e o custo ambiental de cada un deles.

- Achegar aos participantes á problemática dos envases no mercado.

- Asumir actitudes positivas cara á reciclaxe e reutilización dos envases, como medios para paliar, dalgunha forma, as consecuencias que sobre a natureza ten o envasado dos produtos.

Descrición:

A través dun xogo, os participantes divididos en grupos irán adquirindo os criterios para saber calibrar o adecuado ou non dun envoltorio en función da protección do medio ambiente aqueles que posúen un envase mais ecolóxico e facilmente reciclable e descubrirán aqueles hábitos de consumo mais responsable.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Xogo.

o Envases. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

(12)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

2.6.

Obradoiro: Comercio xusto

Obxectivos:

- Comprender que é o comercio xusto e cales son os seus obxectivos fundamentais.

- Identificar os produtos de comercio xusto e a súa localización nas distintas superficies comerciais.

- Descubrir as dificultades que entraña a elección correcta dun determinado produto ante a variada oferta do mercado.

- Saber realizar análises comparativas, tendo en conta distintas variables (prezo, calidade, procedencia, orzamento, etc.).

Descrición:

Neste obradoiro analízanse os puntos chave na elección dun produto no mercado. Propóñense varias compras e as escollas dos produtos deben atender a criterios diferentes: ecolóxicos, económicos, de xustiza social, de fiabilidade,... para lograr que a nosa compra sexa mais xusta e sustentable. Trátase de transmitir aos/ás participantes non só a idea de mercar o mellor produto en relación calidade-prezo senón o de avaliar moitos outros factores que derivarán da nosa decisión de compra como a sostenibilidade, a equidade, o beneficio social, a protección do medio ambiente, etc.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Simulador de tenda.

o Cartóns e etiquetas.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

(13)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

2.7.

Obradoiro:Os Produtos do noso fogar

Obxectivos:

- Ser conscientes da problemática ecolóxica creada polo uso dalgúns dos produtos mais comúns noso fogar.

- Saber detectar situacións de risco dentro do fogar e coñecer como poden evitarse.

- Potenciar hábitos e actitudes de consumo racionais e responsables co medio.

Descrición:

Utilizando fichas e envases de produtos reais, identificamos cales son os produtos perigosos para a saúde e como se etiquetan correctamente. Faremos tamén un xogo de recoñecemento dos símbolos mais característicos: tóxico, irritante, inflamable e perigoso para o medio.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Fichas e simboloxía estándar.

o Envases baleiros (lavados) de produtos do fogar, sobre todo de limpeza e hixiene.

o Cartóns e etiquetas.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE 2º E 3º CICLOS DE E. PRIMARIA.

(14)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

3.

CONSUMO ACTUAL E NOVAS TECNOLOXÍAS

3.1.

Obradoiro:

Redes

sociais

e

servizos

de

mensaxería

instantánea: seguridade e privacidade

Obxectivos:

- - Aprender a facer un uso responsable das redes sociais e dos servizos de mensaxería instantánea.

- - Ser conscientes das vantaxes e riscos destas ferramentas de comunicación.

- - Aprender a facer un uso responsable das novas tecnoloxías, especialmente das nosas redes sociais e servizos de mensaxería instantánea.

- - Concienciarse das vantaxes e desvantaxes dos novos medios de comunicación, especialmente das redes sociais e dos servizos de mensaxería instantánea.

- - Coñecer as ferramentas de privacidade das nosas redes sociais e axustalas de xeito que poidamos usar as redes con maior seguridade.

- - Coñecer a existencia da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

Descrición:

Os servizos de mensaxería instantánea e as redes sociais son programas de ordenador ou aplicacións para dispositivos móbiles que serven para comunicarse en tempo real e publicar información na rede. Estes servizos son prácticos e doados de usar pero tamén poden chegar a ser moi perigosos se non se utilizan ben.

Neste obradoiro afondarase nas malas prácticas á hora de comunicarnos a través das redes sociais e as súas consecuencias e perigos. Tamén se aprenderá a configurar as opcións de privacidade e seguridade das principais redes sociais que empregan os adolescentes e se darán a coñecer unha serie de consellos prácticos para evitar os riscos derivados dun mal uso das redes sociais.

(15)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

3.2.

Obradoiro: Compras pola Internet

Obxectivos:

- Achegar ao alumnado a unha análise dos produtos que poden mercar vía Internet.

- Analizar os puntos de venda dos produtos. Distinguir os sitios seguros dos que non o son.

- Analizar as técnicas de mercadotecnia que utiliza Internet para a venda de produtos.

- Comparar as distintas formas de pagamento dun produto e analizar as vantaxes e desvantaxes de cada unha delas.

- Realizar unha análise comparativa dos produtos antes de decidir a súa compra: en Internet e nunha tenda.

Descrición:

O alumnado utilizará un simulador de compras por Internet creado pola OMIC. Con esta ferramenta poderán simular a compra de produtos ou servizos en seis tendas virtuais. A medida que manipulan o simulador, comprobarán de primeira man as vantaxes e desvantaxes deste tipo de compras a distancia. O simulador inclúe consellos, advertencias de perigo, erros na páxina, un test con preguntas sobre as compras virtuais etc. As compras realizadas fora dun establecemento mercantil, neste caso a través de Internet, caracterízanse fundamentalmente porque o/a consumidor/a non ten relación directa co produto, senón que a compra realízase sobre referencias visuais ou verbais, non podendo verificar o produto fisicamente. Neste obradoiro realizaremos diferentes supostos prácticos e daremos resposta ás preguntas dos/as participantes, como que métodos de pagamento poderemos utilizar para realizar as nosas compras, cales son os mais recomendados, se é posible anular unha compra e como facelo, se podemos realizar unha reclamación e como facela, etc.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Conexión a Internet.

o Terminais.

o Tarxetas de pagamento. o Proxector.

Destinatarios: ALUMNADO DE ESO, BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E ANPAS.

(16)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

.

3.3.

Obradoiro: Boas prácticas para asegurar a información persoal

e os datos dos nosos dispositivos móbiles

Obxectivos:

- Dar a coñecer as distintas f erramentas que a tecnoloxía nos aporta para f acer un uso seguro das Tecnoloxías da información para protexer o s nosos datos e arquivos e as nosas comunicacións.

- Coñecer as ferramentas e as mellores prácticas para protexer a utilización de Internet.

- Analizaranse os posibles riscos que ten o seu uso sen control e proporanse unha serie de boas prácticas que permitan facer un uso mais seguro das mesmas.

- - Concienciar á mocidade sobre a utilización segura dos seus dispositivos.

- Axudarlles a comprender que datos teñen actualmente nos seus dispositivos e cales comparten con outras persoas.

- Poñer en práctica os coñecementos adquiridos sobre ciberseguridade.

Descrición:

Con este obradoiro pretendemos achegar algunhas boas prácticas á hora de utilizar os nosos dispositivos móbiles co obxectivo de incrementar a nosa seguridade.

Os nosos dispositivos móbiles cada vez almacenan maior cantidade de información privada e sensible que podemos perder no caso de termos algún problema técnico ou por perda do dispositivo ou ben pode caer nas mans de ciberdelincuentes que fagan un mal uso dela. Ante isto, e a través deste obrado iro , aprenderemos de maneira práctica a asegurar os nosos dispositivos para evitar perder a nosa privacidade e os nosos datos e arquivos.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Conexión a Internet.

o Dispositivo móbil. o Tableta dixital.

(17)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

3.4.

Obradoiro: O uso das TIC’s: Móbil e Internet

Obxectivos:

- Aprender a facer un uso responsable das novas tecnoloxías.

- Concienciar das vantaxes e desvantaxes dos novos medios de comunicación, especialmente dos móbiles e da Internet.

- Proporcionar coñecemento legal acerca destes produtos. Condicións de utilización e prevención para unha maior seguridade.

Descrición:

Todas as actividades se encamiñan a que os e as participantes coñezan estes medios de comunicación desde un punto de vista dunha utilización segura e de prevención. Traballarase en gran grupo ou pequeno grupo, co fin de reforzar a aprendizaxe cooperativa, aínda que algunha das fichas (os tests propostos) se poderá facer de forma individual antes de analizar os resultados.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Terminais con conexión a Internet. o Fichas xogo.

o Dispositivo móbil / Tableta dixital. o Proxector.

Destinatarios: ALUMNADO DE 3º CICLO DE E. PRIMARIA, ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS.

(18)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

4.

CONSUMO E PUBLICIDADE

4.1.

Obradoiro: Publicidade na televisión e na radio

Obxectivos:

- Coñecer as técnicas que utilizan os publicistas para vender os seus produtos en medios como a televisión ou a radio.

- Espertar nos rapaces e rapazas un sentido crítico cara aos estereotipos que os publicistas empregan na promoción dos produtos.

- Aprender a elaborar anuncios publicitarios. Saber realizar unha análise básica de anuncios que se emiten na televisión e Internet.

Descrición:

Cremos axeitado e moi necesario formar a xente nova en temas de publicidade, e por iso propoñemos varias actividades adaptadas para achegar os rapaces e rapazas á realidade publicitaria. Despois dunha introdución á publicidade e ós seus elementos mais representativos, os trucos publicitarios, os horarios da publicidade, etc. realízase unha análise de diferentes anuncios publicitarios, tendo en conta todo o aprendido anteriormente. Posteriormente terán que elaborar un anuncio publicitario usando as características e técnicas da publicidade na televisión.

Axudaranlles a coñecer as partes dun anuncio. MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO

o Conexión a Internet.

o Dispositivo de gravación de imaxe e son. o Cartóns.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

(19)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

4.2.

Obradoiro: Publicidade na Internet

Obxectivos:

- Analizar a evolución da publicidade na internet.

- Coñecer e facer análise do desenvolvemento uso e abuso da publicidade interactiva.

- Potenciar unha actitude positiva c a r a a análise crítica de calquera da publicidade na Internet.

- Coñecer o funcionamento dunha homepage e saber realizar unha análise básica da publicidade que nela aparece.

Descrición:

Despois dunha introdución á publicidade na rede, realízase a visita a unha diferentes páxinas web para poder observar a publicidade e logo facer unha análise dos formatos publicitarios, tendo en conta todo o aprendido anteriormente.

Tamén mediante un traballo de investigación baseado en la evolución de Internet, a aparición da publicidade interactiva e las circunstancias que propiciaron a aparición deste tipo de publicidade.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Conexión a Internet.

o Cartóns.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE 3º CICLO DE E. PRIMARIA, ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS.

(20)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

4.3.

Obradoiro: Os nosos sentidos e o consumo

Obxectivos:

- Coñecer os nosos sentidos mediante xogos interactivos.

- Coñecer, mediante xogos, as diferentes técnicas de merchandising que empregan a estimulación dos nosos sentidos para inducirnos a consumir.

Descrición:

Trala explicación didáctica e divertida dos sentidos, os participantes aprenden, dunha forma moi sinxela a d, a diferenciar olores, texturas, sabores... usados en las técnicas de merchandising más utilizadas en el mercado.

Realizaremos as seguintes actividades: -O conto de los sons

-Probando sabores: adiviña de que se trata -Que estás a tocar?

-A que cheira?.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Líquidos de diferentes sabores. o Vasos.

o Maquetas de produtos con materiais de diversas texturas. o Conto dos sons.

o A caixa dos cheiros.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

(21)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

4.4.

Obradoiro: A lista da compra

Obxectivos:

- Saber elaborar correctamente unha lista da compra.

- Poder efectuar unha compra seguindo a lista elaborada.

- Ser capaz de comprobar o tícket da caixa.

- Iniciarse na práctica da reclamación.

Descrición:

Explícase a importancia de realizar unha lista da compra antes de acudir ao establecemento. Elaboramos unha lista da compra tendo en conta unhas necesidades (representadas nun caso concreto). A continuación f aremos esa compra e simularemos os diferentes casos que se poden presentar dende que se elabora a lista ata que se paga o produto.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO

o Catálogos de produtos de diferentes comercios. o Ferramentas de escritura / pintura.

o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE 2º E 3º CICLO DE E. PRIMARIA E E.SECUNDARIA.

(22)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

5.

CONSUMO E PERSOAS CONSUMIDORAS, PROTECCIÓN DE

DEREITOS

5.1.

Obradoiro: Reclamando na OMIC

Obxectivos:

- Coñecer a estrutura e funcionamento das diferentes institucións de consumo en concreto a OMIC de A Coruña

- Coñecer as diferentes maneiras de reclamar e como facelo correctamente.

- Saber as diferenzas existentes entre as consultas, as reclamacións, as denuncias e a petición de arbitraxe.

- Saber encher unha folla de reclamacións.

Descrición:

a) Explicación dos diferentes organismos que velan polos dereitos das persoas consumidoras e usuarias e xogo de roles no que se representarán as distintas institucións. Proporanse as diferentes situacións nas que un consumidor terá que escoller a institución axeitada a cada caso, recompilando a información necesaria para solucionar o problema.

b) Enchendo unha folla de reclamacións: neste caso cada participante encherá unha folla de reclamacións e aprenderá a saber actuar en caso de que un comercio non dispoña de follas de reclamación ou a solicitar o proceso de arbitraxe. MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO

o Modelos de follas.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

(23)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

5.2.

Obradoiro: Os dereitos das persoas consumidoras

Obxectivos:

- Coñecer os dereitos e obrigas das persoas consumidoras e usuarios.

- Adoptar elementos de todo tipo que lles permitan situarse ante a sociedade como persoas consumidoras conscientes, críticos, responsables e solidarios.

- Adoptar decisións de compra responsable.

- Coñecer o significado de tres dos dereitos principais: protección da saúde e a seguridade, dereito á información, formación e educación e protección dos lexítimos intereses económicos.

Descrición:

Mediante un audiovisual interactivo, os participantes coñecerán os dereitos e deberes básicos das persoas consumidoras e como facer uso deles.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E ANPAS.

(24)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

5.3.

Obradoiro: Arbitraxe de consumo:

Obxectivos:

- Coñecer o que é o Sistema Arbitral de Consumo, as súas funcións e características.

- Coñecer o procedemento seguido nunha Audiencia de Arbitraxe de consumo, a través dun xogo de simulación.

- Promover unha actitude positiva ante esta vía de reclamación.

Descrición:

Despois dunha pequena presentación do Sistema d e Arbitraxe e as súas características, os/as participantes realizarán un xogo no que representarán as distintas partes que interveñen no Sistema de Arbitraxe (Presidencia do Colexio, árbitros, consumidor e empresario).

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

Destinatarios: ALUMNADO DE BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E ANPAS.

(25)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

6.

OS MENORES E O CONSUMO

6.1.

Obradoiro: De onde veñen as cousas?

Obxectivos:

- Ser capaces de identificar as materias primas necesarias para elaborar un determinado produto e a súa procedencia.

- Coñecer os diferentes lugares de onde proceden os alimentos cotiáns.

- Analizar e comparar o gasto enerxético implicado na ruta de dous alimentos diferentes.

Descrición:

Axudándonos de mapas do mundo, realizaremos cos participantes "as viaxes" dos produtos. Compararemos, por exemplo, a procedencia dos produtos que compoñen un almorzo tradicional con dous produtos dun almorzo de carácter industrial.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Froitas, verduras, patacas... o Cereais.

o Xoguete de plástico. o Ingredientes para limoada. o Mapa mundial.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Maquetas de produtos. o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

(26)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

6.2.

Obradoiro: O material escolar:

Obxectivos:

- Coñecer as normas de seguridade e etiquetaxe que debe cumprir o material escolar que utilizan.

- Saber elixir o material escolar adecuado.

- Ser capaces de analizar as características do material escolar.

- Aprender a comprar o material necesario e que realmente se vai a utilizar.

Descrición:

Os/as participantes realizan un inventario ou lista co material escolar que utilizan normalmente en clase e na súa casa, sinalando aquel que usan con mais frecuencia. A continuación, por grupos analizarán diferentes aspectos de varios lotes de material escolar. Deberán comprobar que estes posúen unha etiqueta adecuada, comparar prezos, calidades e seguridade destes produtos. Todos estes datos anotaranos nunha ficha para finalmente sacar conclusións.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Normas de seguridade.

o Etiquetas.

o Ferramentas de escritura / pintura.

o Material escolar: pegamento, tesouras, cadernos, gomas, etc. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

o Carpetas.

(27)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

Elite

6.3.

Obradoiro: Construción de xoguetes

Obxectivos:

- Tomar conciencia de que para xogar non hai que ter necesariamente un xoguete novo.

- Ter unha actitude positiva cara a creación de xogos e xoguetes.

- Aprender a construír xogos e xoguetes a base de materiais de refugallo.

- Descubrir que fabricar xoguetes pode ser un xogo entretido, divertido e útil.

- Estimular a imaxinación e creatividade dos nenos e nenas.

- • Poñer en práctica técnicas de reutilización e reciclaxe de materiais entre os

estudantes

Descrición:

Durante este obradoiro os/as participantes constrúen os seus propios xoguetes con material de refugallo. Algúns dos xoguetes que poderemos elaborar son:

o Dominó do consumo responsable con cartón, revistas e catálogos de produtos.

o Come-bólas cun bote de iogur, fío e un tapón de botella ou plastilina.

o Caretas de animais para o Entroido.

Tamén aprenden novos x o gos con materiais de refugallo como por exemplo x o gos coas chapas dos refrescos.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Cartóns.

o Prensa ou revistas e catálogos. o Envases.

o Fíos. o Plastilina.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

(28)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

6.4.

Obradoiro: Xogos sen xoguetes

:

Obxectivos:

- Tomar conciencia de que poden xogar sen xoguetes.

- Aprender xogos sinxelos para o desenvolvemento dos sentidos.

- Ser conscientes de que para divertirse non son necesarios os xoguetes.

- Transmitirlles aos e ás menores xogos pedagóxicos que favorecen o seu desenvolvemento físico e psíquico.

- Capacitar os nenos e nenas para que inventen os seus propios xogos es.

Descrición:

Realízanse varios xogos nos que non se empregan xoguetes para que sexan conscientes de que son igualmente divertidos. Algúns dos xogos que poderemos realizar son:

o Xogo de elefantes e palmeiras. o Xogo das cadeiras.

o Xogo da laranxa e o limón. o Xogo da compra imaxinaria. o Xogo de pasar a palmada. o Xogo do teléfono estragado. o Xogo das ovellas e o lobo. o Xogo do enredo.

MATERIAIS A EMPREGAR NO OBRADOIRO o Cadeiras.

o Alfombra multixogos.

o Ferramentas de escritura / pintura. o Proxector.

o Rotuladores de cores. o Papel branco e de cores. o Lapis de cores.

(29)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO 2015-16

ANEXO

I

Clasificación de obradoiros por ciclos educativos.

E. INFANTIL (2º CICLO)

1. Natural e artificial Saúde e nutrición. Páx. 1

2. Froitas e verduras Saúde e nutrición. Páx.11

3. A pirámide da alimentación Alimentación saudable e actividade física. Páx. 52

4. Uso sustentable da auga Consumo e medio ambiente. Páx. 271

5. Construción de xoguetes Os produtos dos mais pequenos. Páx.198 6. Xogos sen xoguetes Os produtos dos mais pequenos. Páx. 191 7. Os nosos sentidos e o consumo O consumo e a publicidade. Páx. 1

E. PRIMARIA (1º CICLO)

1. Natural e artificial Saúde e nutrición. Páx.1

2. Froitas e verduras Saúde e nutrición. Páx.11

3. A pirámide da alimentación Alimentación saudable e actividade física. Páx. 52

4. Uso sustentable da auga Consumo e medio ambiente. Páx. 271

5. Construción de xoguetes Os produtos dos mais pequenos. Páx.198

6. Xogos sen xoguetes Os produtos dos mais pequenos. Páx. 191 7. Os nosos sentidos e o consumo O consumo e a publicidade. Páx. 1

E. PRIMARIA (2º CICLO)

1. A pirámide da alimentación Alimentación saudable e actividade física. Páx. 52

2. De compras polo meu barrio Consumo sostible. Páx. 1

3. Don R que R: o xogo dos envases Consumo sostible. Páx.12

(30)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

E. PRIMARIA (3º CICLO)

1. As etiquetas dos alimentos Alimentación saudable e actividade física. Páx. 72

2. A pirámide da alimentación Alimentación saudable e actividade física. Páx. 52

3. De compras polo meu barrio Consumo sostible. Páx.1

4. A compra ecolóxica Consumo e medio ambiente. Páx. 228

5. Don R que R: o xogo dos envases Consumo sostible. Páx.12

6. Comercio xusto Consumo sostible. Páx.12

7. Os produtos do noso fogar O consumo na casa e no colexio. Páx. 115

8. O uso das TIC’s: Móbil e Internet. O consumo na casa e no colexio. Páx. 143

9. Publicidade na TV e na Radio Consumo e publicidade. Páx. 291

10. Publicidade na Internet. Comunicación, publicidade e consumo consciente. Páx. 1

11. O material escolar Os produtos dos mais pequenos. Páx.206

12. A lista da compra Aprender a comprar. Páx. 8

13. Redes sociais e servizos de mensaxería instantánea: seguridade e privacidade Novas tecnoloxías. Páx. 1

14. . Boas prácticas para asegurar la información persoal e os datos dos nosos dispositivos móbiles

Novas tecnoloxías. Páx. 10

E. SECUNDARIA (ESO)

1. Alimentación saudable Alimentación saudable e actividade física. Páx. 59

2. Consumo ecolóxico Consumo e medioambiente. Páx. 238

3. Compras pola Internet Aprender a comprar. Páx. 24

4. O uso das TIC’s: Móbil e Internet O consumo na casa e no colexio. Páx. 143

5. Publicidade na TV e na Radio Consumo e publicidade. Páx. 291

6. Publicidade na Internet Comunicación, publicidade e consumo consciente. Páx. 1

7. As leis da publicidade Consumo e publicidade. Páx. 308

8. A lista da compra Aprender a comprar. Páx. 8

(31)

E D U C A C I Ó N P A R A O C O N S U M O 2016 - 2017

BACHARELATO

CICLOS FORMATIVO

1. Alimentación saudable Alimentación saudable e actividade física. Páx. 59

2. Consumo ecolóxico Consumo e medioambiente. Páx. 238

3. Compras pola Internet Aprender a comprar. Páx. 24

4. O uso das TIC’s: Móbil e Internet O consumo na casa e no colexio. Páx. 143

5. Publicidade na TV e na Radio Consumo e publicidade. Páx. 291

6. Publicidade na Internet Comunicación, publicidade e consumo consciente. Páx. 1

7. As leis da publicidade Consumo e publicidade. Páx. 308

8. Reclamando na OMIC Dereitos e deberes das persoas consumidoras. Páxs. 344-362.

9. Os dereitos das persoas consumidoras Dereitos e deberes das persoas consumidoras. Páxs. 329

10. Redes sociais e servizos de mensaxería instantánea: seguridade e privacidade Novas tecnoloxías. Páx. 1

11. . Boas prácticas para asegurar la información persoal e os datos dos nosos dispositivos móbiles

Novas tecnoloxías. Páx. 10

12. Arbitraxe de consumo Dereitos e deberes das persoas consumidoras.

ANPAS

1. Consumo ecolóxico Consumo e medioambiente. Páx. 238

2. Compras pola Internet Aprender a comprar. Páx. 24

3. Reclamando na OMIC Dereitos e deberes das persoas consumidoras. Páxs. 344-362

4. Os dereitos das persoas consumidoras Dereitos e deberes das persoas consumidoras. Páxs. 329

Referências

Documentos relacionados

Foi apresentada, pelo Ademar, a documentação encaminhada pelo APL ao INMETRO, o qual argumentar sobre a PORTARIA Nº 398, DE 31 DE JULHO DE 2012 E SEU REGULAMENTO TÉCNICO

Neste trabalho avaliamos as respostas de duas espécies de aranhas errantes do gênero Ctenus às pistas químicas de presas e predadores e ao tipo de solo (arenoso ou

Não existem dados clínicos disponíveis para pacientes com alteração hepática grave (Child Pugh C) (ver itens “Contra-indicações” e “Características Farmacológicas”). -

Para recuperar o nióbio contido no rejeito de concentração de apatita da Anglo American Fosfato Brasil, foi construída, pela Anglo American Nióbio Brasil, uma

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política

Então se esse requisito obrigatório não for legível, abre um leque de probabilidades para uma interpretação errada do profissional, podendo acarretar graves danos à saúde

Os casos não previstos neste regulamento serão resolvidos em primeira instância pela coorde- nação do Prêmio Morena de Criação Publicitária e, em segunda instância, pelo

Para tal, constou de pesquisa de natureza aplicada à 4 sujeitos, os quais foram selecionados devido às suas condições de paraplegia Os dados coletados foram analisados de