• Nenhum resultado encontrado

Problemas: Como mirar? Módulo 2

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Problemas: Como mirar? Módulo 2"

Copied!
36
0
0

Texto

(1)

Módulo 2

Problemas:

Como mirar?

(2)
(3)

SESIÓN 3

As oportunidAdes están

Ao noso Arredor

(4)

1 ·

Obxectivos

4 ·

Exemplos

5 ·

Dinámicas

6 ·

Resultados

20’ 20’ 15’

2 ·

Materiais

3 ·

Estrutura temporal da sesión

Entender que as oportunidades para emprender se orixinan en problemas e oportunidades que forman parte do noso día a día. Observar a realidade con actitude crítica.

Utiliza as fichas de exemplos de problemas para poñer de manifesto como moitos problemas que foron asumidos sen remedio ou xa resoltos poden ser sempre abordados de novo con imaxinación para encontrar novas ou mellores solucións.

As fichas do profesor mostran tanto o problema formulado coma a nova solución encontrada. As fichas do alumno só mostran o problema para que os alumnos poidan traballar diferentes formulacións de solución e contrastalos coa solución presentada.

Traballo en equipo. Proporcionar a cada un dos equipos a modelo "Escenarios e problemas", na que deben intentar achegar problemas no máximo número de casas posible. Esta modelo dispón dunha columna en branco para que cada equipo poida traballar tamén posibles problemas nun escenario de libre elección.

Proporciónase a cada alumno a modelo "Observación", que poderá ser utilizada como apoio para o traballo de campo a desenvolver neste módulo 2. Os equipos poderán organizarse para asignar a cada un dos seus integrantes distintos

escenarios de observación, de tal maneira que se facilite a identificación no ámbito dun maior número de problemas a solucionar (ou a mellorar a súa solución).

Caso

Marc: avoas recuperadoras de contos A pouca comunicación oral provoca falta de imaxinación e atención

Deixar de fumar

Conducir ás escuras e sobre xeo Zonas de aparcadoiro pouco aproveitadas Facer cola

Roosergarde: pinturas luminosas en función das condicións do ámbito Envision Solare: aparcadoiros como centrais de enerxía solar

Qminder: aplicación de móbil para facer cola virtualmente

Quit Good Nico: aplicación para deixar de fumar como xogo

Concepto clave

- 5 fichas de exemplos para o profesor (S3A)

- 5 fichas de exemplos para os alumnos (S3B)

- 1 modelo "Escenarios e problemas" por equipo (S3C)

- 1 modelo "Observación" por alumno (S3D)

20’ 20’ 15’ Resultados Exemplos Dinámicas

(5)

As oportunidAdes están Ao noso Arredor

Caso

Marc: avoas recuperadoras de contos A pouca comunicación oral provoca falta de imaxinación e atención

Deixar de fumar

Conducir ás escuras e sobre xeo Zonas de aparcadoiro pouco aproveitadas Facer cola

Roosergarde: pinturas luminosas en función das condicións do ámbito

Envision Solare: aparcadoiros como centrais de enerxía solar

Qminder: aplicación de móbil para facer cola virtualmente

Quit Good Nico: aplicación para deixar de fumar como xogo

Concepto clave

Que é

Operativa

20’

Obxectivo

Cinco exemplos de problemas que encontraron unha nova e innovadora solución grazas a unha actitude emprendedora.

Decatarse de que a realidade non é perfecta. O día a día está cheo de ineficiencias esperando a que alguén as solucione. O emprendedor é alguén

Material:

- 5 fichas de exemplos para o profesor (S3A)

- 5 fichas de exemplos para os alumnos (S3B)

Nesta sesión dispós de fichas de exemplos distintas para o profesor e para os alumnos.

No primeiro caso, as fichas de exemplos presentan tanto o problema formulado coma o caso de emprendemento que ofrece unha innovadora solución a este. As fichas de exemplos para os estudantes presentan unicamente a descrición do problema.

O obxectivo é que os alumnos poidan debater sobre os problemas formulados e propoñer posibles solucións antes de coñecer como alguén xa puxo en práctica unha nova solución a ese problema en forma dun proxecto de emprendemento social ou empresarial. Unha vez finalizada esta parte (10), realiza unha posta en común sobre as conclusións de cada equipo.

(6)

A fAltA de comunicAción orAl impide o desenvolvemento

dA imAxinAción e dA cApAcidAde de Atención

A asociación MARC (Mestras Avoas Recuperadoras de Contos) agrupa un conxunto de antigas profesoras xa xubiladas que decidiron non deixar por completo a súa vinculación coa educación.

Elas querían seguir sendo útiles á sociedade e decidiron utilizar o seu tempo libre para colaborar con todo parvulario, escola, instituto, centro cívico ou biblioteca interesada nos seus servizos como avoas contacontos. Todo iso, sen cobrar nin un euro e coa principal motivación da súa militancia coa oralidade e o seu convencemento de que explicar os contos ao modo tradicional segue sendo unha boa ferramenta para que os nenos exerciten a súa atención e desenvolvan a súa imaxinación.

Este grupo de mestras xubiladas coñecéronse a través da asociación de profesores Rosa Sensat, que lles presta o seu apoio e que incorporou a actividade á súa oferta educativa. Dende que MARC iniciou a súa actividade no 2009, o número de mestras avoas voluntarias foi crecendo. Tamén van en aumento as ocasións nas que lles pediron acudir a unha escola ou parvulario a contar un conto da forma na que conseguiu tradicionalmente, sen ningún tipo de apoio visual, a voz e a imaxinación dos nenos como únicas ferramentas.

Máis de cen escolas puideron xa ofrecer unhas sesións nas que non só se fomenta a oralidade e os seus beneficios, senón que ademais se recuperan historias e mitos clásicos e se reforza o vínculo interxeracional entre os nenos e os maiores.

MARC

-

Asociación de Mestras Avoas recuperadoras de Contos

No ámbito da escola e a educación:

-

A transmisión oral como instrumento de comunicación básico está a ser substituída pola imaxe. Segundo algúns expertos, o abandono de sistemas de comunicación tradicionais como o da transmisión oral incide negativamente en habilidades como o desenvolvemento da imaxinación ou a capacidade de atención e de concentración.

-

Unha boa base de transmisión oral dende moi pequenos é clave para ter de adultos unha boa oratoria. Prescindir da linguaxe oral como instrumento de aprendizaxe incide negativamente na adquisición de habilidades profesionais como a capacidade de comunicar ideas ou de falar en público.

-

A oralidade supón tamén a mellor forma de incidir no gusto pola lectura dos máis pequenos. Escoitar historias de viva voz supón gañar vocabulario e ter maior capacidade para estruturar o pensamento.

-

A falta de recursos presupostarios dificulta cada vez máis ás escolas a organización de actos ou actividades especiais.

No ámbito social:

-

Para algunhas persoas xubiladas a falta de actividade profesional pode supoñer motivo de depresión ao non se sentir útiles socialmente.

-

O cambio na estrutura familiar experimentado durante as últimas décadas dificulta a convivencia e comunicación interxeracional.

(7)

A fAltA de comunicAción orAl impide o desenvolvemento

dA imAxinAción e dA cApAcidAde de Atención

PROBLEMAS DETECTADOS

No ámbito da escola e a educación:

- A transmisión oral como instrumento de comunicación básico está a ser substituída pola imaxe. Segundo algúns expertos, o abandono de sistemas de comunicación tradicionais como o da transmisión oral incide negativamente en habilidades como o desenvolvemento da imaxinación ou a capacidade de atención e de concentración.

- Unha boa base de transmisión oral dende moi pequenos é clave para ter de adultos unha boa oratoria. Prescindir da linguaxe oral como instrumento de aprendizaxe incide negativamente na adquisición de habilidades profesionais como a capacidade de comunicar ideas ou de falar en público.

- A oralidade supón tamén a mellor forma de incidir no gusto pola lectura dos máis pequenos. Escoitar historias de viva voz supón gañar vocabulario e ter maior capacidade para estruturar o pensamento.

- A falta de recursos presupostarios dificulta cada vez máis ás escolas a organización de actos ou actividades especiais.

No ámbito social:

- Para algunhas persoas xubiladas a falta de actividade profesional pode supoñer motivo de depresión ao non se sentir útiles socialmente.

(8)

deixAr de fumAr non é tAn sinxelo

Míriam Broceño e Enric Solà son os dous fundadores de Esilex Games, unha empresa

desenvolvedora de xogos para aplicacións móbiles. Provenientes do mundo da creación de contidos educativos, Míriam e Enric decidiron especializarse nunha clase de xogos moi pouco atendidos por outras desenvolvedoras: os xogos que teñen como obxectivo a mellora da saúde dos seus xogadores. As creacións de Esilex Games baséanse no coñecemento e a experiencia de que os xogos son moi eficaces á hora de modificar actitudes, apoiar a toma de decisións ou aprender novos comportamentos.

Quit Good Nico é o nome da aplicación estrela de Esilex Games. Trátase dun videoxogo para móbiles e tablets deseñado co obxectivo de axudar aos seus usuarios a deixar de fumar. O xogo, creado en colaboración coa CAMFIC (Asociación Científica e Profesional de Médicos Especialistas en medicina familiar e comunitaria de Cataluña), baséase no contido terapéutico do proceso para abandonar o hábito de fumar elaborado por esta entidade. Aplicando as súas ideas, os personaxes de Quit Good Nico non son inimigos, senón que simbolizan as dificultades coas que se vai encontrando o protagonista ao deixar de fumar.

O xogo foi deseñado para axudar a canalizar a ansiedade do fumador mediante a superación de diferentes retos e a obtención de varias recompensas. Por exemplo, a medida que o xogador de Quit Good Nico progresa no xogo, pode ir visualizando a acumulación de cigarros non fumados e o aforro de diñeiro que supoñen.

Ademais, a última versión de Quit Good Nico incorpora máis de cen consellos para non fumar máis. Aproveitando a capacidade de personalización das aplicacións interactivas, o xogo permite configurarse segundo unha segmentación por idade e sexo do

fumador, facendo que estas mensaxes sexan específicas para cada tipo de persoa.

Quit Good Nico

-

Aplicación que permite deixar de fumar aproveitando o poder transformador dos xogos

A pesar de que durante os últimos anos descendeu o número de fumadores nalgúns países, actualmente o tabaquismo continúa supoñendo aínda un grave problema de saúde, especialmente en países en vías de desenvolvemento e nalgúns segmentos da poboación como os adolescentes e os mozos.

O tabaquismo está considerado unha enfermidade crónica de drogodependencia física e, sobre todo, psicolóxica. Superar esta adicción supón polo tanto un problema que debe resolverse principalmente dende a motivación interna de cada fumador.

Aínda que existen infinidade de propostas de solución ao tabaquismo, unha gran maioría delas foron pensadas dende unha perspectiva farmacolóxica e co obxectivo de superar a adicción física á nicotina (parches, gomas de mascar, etc.). Este tipo de solucións demostráronse pouco eficaces nunha maioría dos casos, ao non tratar o compoñente psicolóxico dos fumadores.

Outras solucións si abordan este compoñente psicolóxico. Entre elas poden incluírse acudir ao apoio persoal de psicólogos, a técnicas de coaching ou de terapia de grupo. Pero estas solucións, aínda que máis eficaces, teñen un elevado custo, o que supón unha barreira para unha gran maioría dos que as necesitan.

(9)

PROBLEMAS DETECTADOS

A pesar de que durante os últimos anos descendeu o número de

fumadores nalgúns países, actualmente o tabaquismo continúa supoñendo aínda un grave problema de saúde, especialmente en países en vías de desenvolvemento e nalgúns segmentos da poboación como os adolescentes e os mozos.

O tabaquismo está considerado unha enfermidade crónica de

drogodependencia física e, sobre todo, psicolóxica. Superar esta adicción supón polo tanto un problema que debe resolverse principalmente dende a motivación interna de cada fumador.

Aínda que existen infinidade de propostas de solución ao tabaquismo, unha gran maioría delas foron pensadas dende unha perspectiva farmacolóxica e co obxectivo de superar a adicción física á nicotina (parches, gomas de mascar, etc.). Este tipo de solucións demostráronse pouco eficaces nunha maioría dos casos, ao non tratar o compoñente psicolóxico dos fumadores.

Outras solucións si abordan este compoñente psicolóxico. Entre elas poden incluírse acudir ao apoio persoal de psicólogos, a técnicas de coaching ou de terapia de grupo. Pero estas solucións, aínda que máis eficaces, teñen un elevado custo, o que supón unha barreira para unha gran maioría dos que as necesitan.

(10)

A dificultAde de conducir ás escurAs e sobre xeo

Daan Roosergarde é un artista holandés especializado en espazos interactivos que decidiu utilizar a súa creatividade para facer máis intelixentes as estradas. As súas principais invencións neste campo nacen da idea de utilizar sobre o asfalto determinados produtos químicos que reaccionan ante os cambios no ambiente. Por exemplo, pode utilizarse unha determinada pintura que é invisible en condicións normais pero que se volve de cor branca fosforescente cando a superficie do asfalto é inferior aos cero graos centígrados. Utilizando esta pintura, a superficie dunha estrada pode comunicar o perigo de xeo facendo que cando fai o suficiente frío aparezan debuxados sobre o asfalto grandes folerpas de neve ou calquera outro tipo de aviso. Esta mesma idea pode ser aplicada para facer máis visibles na escuridade os límites das estradas e as liñas de separación e adiantamento entre os carrís. Neste caso, Roosergarde propón utilizar unha pintura que contén un produto químico parecido ao utilizado nalgúns xoguetes que se iluminan na escuridade cunha cor verde fosforescente. Como acontece con estes xoguetes, esa pintura se "carga" coa luz solar diaria, podendo brillar ata dez horas seguidas na escuridade ata que volve saír o sol.

Co uso desta pintura en lugar da tradicional pintura branca ou amarela, obteríase unha mellor visibilidade da estrada durante a condución nocturna sen necesidade de utilizar o reforzo de fontes de luces externas como os farois. O sistema xa está a ser probado nun tramo de estrada na rexión holandesa de Brabante.

Roosergarde fíxose popular hai uns anos con outro dos seus inventos: unha pista de discoteca capaz de producir electricidade a partir do movemento da xente que baila sobre ela. Unha pista deste tipo xa existe e funciona nunha famosa discoteca de Róterdam.

Roosergarde

-

pinturas sensibles ás condicións do ámbito

Cando chove ou neva e as temperaturas baixan por debaixo dos cero graos, fórmanse placas de xeo sobre o asfalto de moitas estradas. Estas placas de xeo son moi perigosas para os condutores e causan moitos accidentes. Pasar a certa velocidade sobre o xeo pode provocar que as rodas dos vehículos perdan o contacto co asfalto, esvarando sobre neste e perdéndose o control do coche.

A única forma de evitar este perigo é que os condutores adapten a velocidade dos seus vehículos ás condicións da estrada, circulando máis lentamente naqueles tramos nos que poden encontrarse con máis placas de xeo. O problema é que en moitas ocasións estas placas de xeo son difíciles de detectar a simple vista, mesmo de día.

Unha solución a este problema é verter grandes cantidades de sal sobre as estradas para facer máis difícil a conxelación da auga. Tamén existen mesmo algúns tramos de estrada nos que co mesmo fin se instalou un sistema de calefacción baixo o asfalto. Pero estas solucións son difíciles de poñer en práctica, moi caras ou pouco ecolóxicas ao necesitar un alto consumo de enerxía ou poder contaminar o ámbito (o sal pode chegar aos ríos ou queda nos terreos lindantes á estrada, converténdoos en non aptos para o cultivo).

A escuridade da noite é outro dos factores que fai tamén perigosa a condución. En moitas ocasións os faros frontais non cobren a suficiente distancia de reacción e as chamadas luces longas poden cegar os condutores que circulan en dirección contraria. A solución tradicional para evitar os problemas derivados da condución nocturna foi iluminar con miles de farois extensos tramos de estrada, solución que ademais de cara produce os problemas derivados da chamada contaminación lumínica.

(11)

PROBLEMAS DETECTADOS

A dificultAde de conducir ás escurAs e sobre xeo

Cando chove ou neva e as temperaturas baixan por debaixo dos cero graos, fórmanse placas de xeo sobre o asfalto de moitas estradas. Estas placas de xeo son moi perigosas para os condutores e causan moitos accidentes. Pasar a certa velocidade sobre o xeo pode provocar que as rodas dos vehículos perdan o contacto co asfalto, esvarando sobre neste e perdéndose o control do coche.

A única forma de evitar este perigo é que os condutores adapten a velocidade dos seus vehículos ás condicións da estrada, circulando máis lentamente naqueles tramos nos que poden encontrarse con máis placas de xeo. O problema é que en moitas ocasións estas placas de xeo son difíciles de detectar a simple vista, mesmo de día.

Unha solución a este problema é verter grandes cantidades de sal sobre as estradas para facer máis difícil a conxelación da auga. Tamén existen mesmo algúns tramos de estrada nos que co mesmo fin se instalou un sistema de calefacción baixo o asfalto. Pero estas solucións son difíciles de poñer en práctica, moi caras ou pouco ecolóxicas ao necesitar un alto consumo de enerxía ou poder contaminar o ámbito (o sal pode chegar aos ríos ou queda nos terreos lindantes á estrada, converténdoos en non aptos para o cultivo). A escuridade da noite é outro dos factores que fai tamén perigosa a condución. En moitas ocasións os faros frontais non cobren a suficiente distancia de reacción e as chamadas luces longas poden cegar os condutores que circulan en dirección contraria. A solución tradicional para evitar os problemas derivados da condución nocturna foi iluminar con miles de farois extensos tramos de estrada, solución que ademais de cara produce os problemas derivados da chamada contaminación lumínica.

(12)

ZonAs de ApArcAdoiro pouco AproveitAdAs

Empresas como Envision Solar ou Solaire Generation ofrecen a posibilidade de

aproveitar as zonas dos aparcadoiros a ceo aberto para producir enerxía dunha forma limpa e sostible. A idea baséase en cubrir con paneis solares as cubertas ou marquesiñas que se instalan nestes espazos co fin de ofrecer sombra aos vehículos. A enerxía eléctrica xerada con estes paneis solares pode ser utilizada para o propio consumo polos comercios ou empresas propietarias do aparcadoiro, aforrando deste modo o custo da factura enerxética. Mesmo en moitos casos a enerxía producida polos paneis é maior da que necesitan estas empresas, podendo vender a que lles sobra ás compañías distribuidoras de electricidade.

Máis alá da redución nos custos enerxéticos, a instalación de sistemas de captación de enerxía solar como os propostos por Envision Solar ou Solaire Generation actúa como imaxe e símbolo visible de que a empresa que os utiliza se preocupa polo medio ao consumir enerxía de fontes renovables.

Ademais, de forma cada vez máis habitual este tipo de instalacións veñen

acompañadas da posibilidade de ofrecer "surtidores" enerxéticos para recargar as baterías de vehículos eléctricos ou híbridos. A esta tendencia apuntáronse durante os últimos anos galerías comerciais, aeroportos, estadios deportivos, escolas e universidades, edificios de oficinas e mesmo tamén algunha cadea de restaurantes de comida rápida.

Pero este sistema de produción de enerxía solar non só produce vantaxes para as empresas que o instalan, senón que tamén é beneficioso para o conxunto da sociedade. A instalación de placas solares nos propios edificios nos que esta enerxía se consume evita a construción de plantas de xeración de enerxía solar, que adoitan estragar a paisaxe ao precisar de grandes superficies de terreos cubertos de placas. Por outra parte, a proximidade entre a produción de enerxía solar e o seu consumo evita a construción das grandes torres e o cableado típicos das liñas de distribución eléctrica.

Envision Solar

-

Converter as zonas de aparcadoiro en pequenas centrais de enerxía solar

As zonas para aparcar os coches que ofrecen os centros comerciais ou empresas de todo tipo aos seus clientes e empregados supoñen xeralmente uns espazos caros debido ao prezo dos terreos nas zonas urbanas. Trátase ademais duns espazos moi pouco aproveitados, xa que se empregan unha gran cantidade de metros cadrados coa única función de servir de "aloxamento" a vehículos parados.

Ao custo destes espazos hai que sumar o das marquesiñas ou cubertas que se instalan para que os coches poidan ser aparcados á sombra, protexidos dos raios soares que nos días soleados poden facer que aumente moito a temperatura no interior dos vehículos.

O consumo enerxético é un tema que preocupa cada vez máis a empresas de todo tipo, tanto polos seus crecentes custos coma polo impacto ecolóxico que supón. Cada vez son máis as empresas que buscan maneiras de poder aforrar custos no pagamento da enerxía que consumen. Tamén crece o número daquelas que queren poder presentarse ante os seus clientes como organizacións preocupadas polo medio e por iso buscan maneiras de reducir o seu impacto na emisión de CO2 derivado do uso de fontes de enerxía non renovables.

Actualmente, unha das principais barreiras para o uso dos coches eléctricos é a dificultade de contar co suficiente número de lugares nos que poder cargar as súas baterías.

(13)

PROBLEMAS DETECTADOS

ZonAs de ApArcAdoiro pouco AproveitAdAs

As zonas para aparcar os coches que ofrecen os centros comerciais ou empresas de todo tipo aos seus clientes e empregados supoñen xeralmente uns espazos caros debido ao prezo dos terreos nas zonas urbanas. Trátase ademais duns espazos moi pouco aproveitados, xa que se empregan unha gran cantidade de metros cadrados coa única función de servir de "aloxamento" a vehículos parados.

Ao custo destes espazos hai que sumar o das marquesiñas ou cubertas que se instalan para que os coches poidan ser aparcados á sombra, protexidos dos raios soares que nos días soleados poden facer que aumente moito a temperatura no interior dos vehículos.

O consumo enerxético é un tema que preocupa cada vez máis a empresas de todo tipo, tanto polos seus crecentes custos coma polo impacto ecolóxico que supón. Cada vez son máis as empresas que buscan maneiras de poder aforrar custos no pagamento da enerxía que consumen. Tamén crece o número daquelas que queren poder presentarse ante os seus clientes como organizacións preocupadas polo medio e por iso buscan maneiras de reducir o seu impacto na emisión de CO2 derivado do uso de fontes de enerxía non renovables.

Actualmente, unha das principais barreiras para o uso dos coches eléctricos é a dificultade de contar co suficiente número de lugares nos que poder cargar as súas baterías.

(14)

un problemA que segue trAendo colA

As colas foron consideradas durante moitos anos como un problema de imposible

resolución. Por iso, a xente esperou con paciencia a chegada da súa quenda pensando que non existía outra alternativa que facelo fisicamente nunha cola xunto co resto dos que esperan. Ata que os creadores de Qminder pensaron que en pleno século XXI xa existía a tecnoloxía que fai innecesaria esta molestia.

Qminder é un sistema que ten como obxectivo a eliminación das colas e que está baseado no uso dunha aplicación para móbiles. A idea é moi sinxela: o usuario descarga esta aplicación no seu teléfono intelixente ou tablet. Este sistema debe ser utilizado tamén pola tenda, oficina, consulta médica, etc., en que os clientes ou usuarios deben esperar unha quenda para ser atendidos. Qminder permite buscar na aplicación ese establecemento e "pedir quenda" de forma remota. Se o usuario xa se encontra no lugar, a aplicación pódeo detectar automaticamente grazas ao GPS do móbil. O sistema outorga entón a cada usuario un número de orde.

Qminder pode calcular o tempo de espera estimado para cada usuario e avisar cunha mensaxe cando queda un determinado tempo para que sexa a súa quenda. O usuario pode tamén consultar no seu móbil cantas persoas quedan aínda por atender diante del e que número está a ser chamado en cada momento.

Desta forma, o usuario non necesita ter que esperar na cola e pode mentres tanto ir facendo outras cousas, ou simplemente quedar na casa ata o último minuto. Cando chegue o momento, tan só deberá mostrar a súa quenda co móbil ou dar o nome co que se apuntou a esa cola virtual.

Qminder

-

Aplicación móbil para a xestión dos tempos de espera

O tempo perdido esperando nunha cola é considerado como un dos elementos peor valorados por parte dos usuarios de servizos como as consultas de médicos ou dentistas, os parques de atraccións, os centros de atención ao cliente ou as oficinas das administracións públicas ás que os cidadáns deben acudir para realizar algún tipo de xestión.

Os psicólogos describiron o sentimento altamente negativo que se experimenta ao ter que esperar nunha cola: unha mestura de estrés, aburrimento e a sensación de intranquilidade que produce pensar que poderiamos estar a usar ese tempo perdido noutras mil cousas máis útiles ou divertidas.

Un estudo realizado en Estados Unidos entre case novecentos mil doutores concluíu que o tempo de espera medio nas súas consultas non se reducira en absoluto durante os últimos anos a pesar da posta en marcha de sistemas como a cita previa a unha hora determinada concertada polos propios pacientes a través de internet.

As colas son consideradas como unha fonte de ineficiencia e de baixada da produtividade para as empresas e os países. Outro estudo realizado tamén en Estados Unidos

calculou que o conxunto dos norteamericanos pasan entre todos eles un total de aproximadamente trinta e sete mil millóns de horas ao ano facendo colas.

(15)

PROBLEMAS DETECTADOS

un problemA que segue trAendo colA

O tempo perdido esperando nunha cola é considerado como un dos elementos peor valorados por parte dos usuarios de servizos como as consultas de médicos ou dentistas, os parques de atraccións, os centros de atención ao cliente ou as oficinas das administracións públicas ás que os cidadáns deben acudir para realizar algún tipo de xestión.

Os psicólogos describiron o sentimento altamente negativo que se experimenta ao ter que esperar nunha cola: unha mestura de estrés, aburrimento e a sensación de intranquilidade que produce pensar que poderiamos estar a usar ese tempo perdido noutras mil cousas máis útiles ou divertidas.

Un estudo realizado en Estados Unidos entre case novecentos mil doutores concluíu que o tempo de espera medio nas súas consultas non se reducira en absoluto durante os últimos anos a pesar da posta en marcha de sistemas como a cita previa a unha hora determinada concertada polos propios pacientes a través de internet.

As colas son consideradas como unha fonte de ineficiencia e de baixada da produtividade para as empresas e os países. Outro estudo realizado tamén en Estados Unidos calculou que o conxunto dos norteamericanos pasan entre todos eles un total de aproximadamente trinta e sete mil millóns de horas ao ano facendo colas.

(16)

As oportunidAdes están Ao noso Arredor

Que é

Operativa

20’

Obxectivos

Actividade realizada en equipo e na que os alumnos teñen que ser capaces de identificar problemas a resolver en diferentes escenarios.

Iniciar as dinámicas de traballo en equipo.

Entender que os problemas son parte consubstancial a moitas actividades que realizamos de forma rutineira.

Visualizar un problema en clave de oportunidade. O importante non é tanto o problema senón o valor que podemos achegar ás persoas mediante a súa solución.

Material:

- 1 modelo "Escenarios e problemas" por equipo (S3C)

Cada equipo recibe un esquema de traballo no que se formulan diferentes escenarios e problemas. Estes escenarios foron escollidos de forma expresa por tratarse de espazos de uso común e cotián para os alumnos, aínda que se engadiu tamén unha columna en branco co obxectivo de que cada equipo poida incorporar por consenso dos seus membros un novo espazo de exploración no que buscar problemas a solucionar. A columna "Problema" desta táboa permite clasificar estes inconvenientes a resolver segundo o tipo de problemática que presentan (prezo, dificultade, sostibilidade, etc.). O seu obxectivo é iniciar o (difícil) proceso de identificación de problemas.

(17)

escenArios e problemAs

Identificade para cada un destes escenarios e problemas oportunidades para emprender.

Deixámosvos unha columna para que escollades libremente un escenario.

PROBLEMA

non é doAdo

non é CÓModo

non é rápido

non é BArAto

non é

eCoLÓXiCo

CASA

RÚA

ESCENARIOS

ESCOLA

CANCHA DE

BALONCESTO

Ao meu avó cústalle chamar por teléfono ou utilizar o mando a distancia da tele

O espertador esperta a todo o mundo que dorme no mesmo cuarto Internet se nos conectamos todos As lámpadas de baixo consumo O matamoscas

Un lugar onde facer

skate ou longboard

Non hai bastantes bancos no parque Ir ao cole a pé e nunca saber se chegas demasiado pronto ou demasiado tarde

A roupa de marcas coñecidas Os malos olores dalgúns colectores Organizar os traballos e os deberes Levar e traer os libros da escola á casa e viceversa todos os días As colas no comedor

Aprender inglés en verán

Os libros usados que tiramos todos os anos

Gardar as pelotas

Xogar de noite Saber se estará a cesta libre ou non para poder xogar

Imprime en DIN-A4, ou se é posible en DIN-A3, tantas copias do modelo que atoparás a continuación (S3C) coma equipos teñas en clase

ExEmplo DA ACtIvIDADE

(18)

escenArios e problemAs

Identificade para cada un destes escenarios e problemas oportunidades para emprender.

Deixámosvos unha columna para que escollades libremente un escenario.

PROBLEMA

non é doAdo

non é CÓModo

non é rápido

non é BArAto

non é

eCoLÓXiCo

CASA

RÚA

ESCENARIOS

ESCOLA

(19)

As oportunidAdes están Ao noso Arredor

Que é

Operativa

15’

Obxectivos

Organización do primeiro traballo de campo que levarán a cabo como equipo. O obxectivo deste consistirá en identificar individualmente problemas, aínda que garantindo como equipo que serán cubertos todos os ámbitos de exploración interesantes.

Iniciar o traballo en equipo de forma estruturada.

Preparar o proceso de exploración de problemas no cal se baseará o traballo de campo que desenvolverá cada equipo.

Material:

- 1 modelo "Observación" por alumno (S3D)

Cada estudante utilizará para realizar o traballo de campo un modelo no que se proporcionan algúns consellos sobre como observar o ámbito en busca de problemas a solucionar. Este traballo de campo ten que ser unha extensión do traballo xa realizado na aula. Por iso, o primeiro obxectivo que os alumnos deben formularse é intentar cumprir todos os espazos en branco da táboa utilizada na dinámica anterior.

Durante o traballo na aula os membros dos diferentes grupos deberán consensuar a estratexia de exploración a seguir como equipo, é dicir, que problemas se intentarán observar e en que escenarios. Na próxima sesión todo este traballo será posto en común para que cada equipo poida seleccionar o problema que será o eixe do seu proxecto. É importante que cada equipo se faga responsable de

(20)

observAción

Consellos xerais:

Identificade problemas e oportunidades para emprender en cada un destes escenarios.

Deixámosvos columnas e filas libres para que escollades libremente outros escenarios e problemas.

Preguntas guía:

Observa con atención calquera comportamento distinto ao habitual. Non deas nada por suposto, non quedes coa dúbida: observa, pregunta e anota.

Compórtate como un espectador, pero non dubides en experimentalo tamén por ti mesmo.

As preguntas máis habituais teñen que ser: por que...? e por que non...? Que che resulta estraño/anormal? Poderías cambialo?

Que tarefas non se desenvolven de forma doada ou resultan de todo imposibles? Que falta para mellorar toda a experiencia?

Que che sorprendeu positivamente e negativamente? Por que?

PROBLEMA

non é doAdo

non é CÓModo

non é rápido

non é BArAto

non é eCoLÓXiCo

CASA

RÚA

ESCENARIOS

ESCOLA

BIBLIOTECA

CINE

EXCURSIÓN

NON É LIMPO

NON É POSIBLE

NON É SILENCIOSO

Sentarse nun sofá Saber se un libro

te engancha Ver a película cando queiras Chegar ata a montaña Se non che

gusta a película

Non devolver un libro

Imprime en DIN-A4, ou se é posible en DIN-A3, tantas copias do modelo que

atoparás a continuación (S3D) coma alumnos

ExEmplo DA ACtIvIDADE

(21)

observAción

Consellos xerais:

Identificade problemas e oportunidades para emprender en cada un destes escenarios.

Deixámosvos columnas e filas libres para que escollades libremente outros escenarios e problemas.

Preguntas guía:

Observa con atención calquera comportamento distinto ao habitual. Non deas nada por suposto, non quedes coa dúbida: observa, pregunta e anota.

Compórtate como un espectador, pero non dubides en experimentalo tamén por ti mesmo.

As preguntas máis habituais teñen que ser: por que...? e por que non...? Que che resulta estraño/anormal? Poderías cambialo?

Que tarefas non se desenvolven de forma doada ou resultan de todo imposibles? Que falta para mellorar toda a experiencia?

Que che sorprendeu positivamente e negativamente? Por que?

PROBLEMA

non é doAdo

non é CÓModo

non é rápido

non é BArAto

non é eCoLÓXiCo

CASA

RÚA

ESCENARIOS

ESCOLA

(22)

SESIÓN 4

eLiXir A MeLLor

oportunidAde

Poderás atopar todos os materiais do Módulo 2 en:

(23)

elixir A mellor oportunidAde

1 ·

Obxectivos

4 ·

Exemplos

5 ·

Dinámicas

6 ·

Resultados

15’

2 ·

Materiais

Ser capaces de incorporar os diferentes traballos individuais á visión global de equipo.

Aplicar como equipo criterios obxectivos para a toma de decisións.

Utilizar as mesmas fichas de exemplos de problemas que na sesión anterior. Preguntar se identificaron novos escenarios/problemas como resultado da súa observación. O traballo de campo realizado polos propios alumnos pode constituír a mellor listaxe posible de exemplos.

Traballo en equipo. Proporciónaselle a cada equipo a modelo "Escenarios e problemas". Os alumnos deben incorporar nela aqueles problemas que consideren máis interesantes, tanto os xa identificados na sesión anterior coma os que cada un dos membros do equipo detectase durante o traballo de campo.

Utilizar a modelo "Selección do problema" para que cada equipo valore aqueles problemas que se consideren máis interesantes. Finalmente, deberán seleccionar un problema que se converterá no eixe principal do seu proxecto.

Como en toda finalización de módulo, os responsables de comunicación teñen que elaborar a modelo "Resultado do módulo".

- 5 fichas de exemplos para o profesor (S3A)

- 1 modelo "Escenarios e problemas" por equipo (S4A)

- 1 modelo "Selección do problema" por equipo (S4B)

- 1 modelo "Guía: o problema" por equipo (S4C)

- 1 modelo "Resultado do módulo: o problema" por equipo (S4D)

3 ·

Estrutura temporal da sesión

Resultados Exemplos 20’ 20’ 15’ 20’ 20’

(24)

elixir A mellor oportunidAde

Que é

Operativa

15’

Obxectivo

Utilizar os exemplos da sesión anterior e o propio traballo de campo levado a cabo polos alumnos para analizar o conxunto de problemas e potenciais solucións a partir das cales é posible desenvolver un proxecto de emprendemento.

Resaltar a dificultade de identificar problemas resaltando ao mesmo tempo o paradoxo que significa a gran cantidade deles que forman parte integral do noso día a día.

Material:

- 5 fichas de exemplos para o profesor (S3A)

Podes utilizar as fichas de exemplos para o profesor correspondentes á sesión anterior focalizando o interese dos alumnos nas diferentes tipoloxías dos problemas. Por outra parte, tamén pode resultar interesante poñer en común cales foron os escenarios e os problemas que foron traballados polos diferentes equipos.

(25)

elixir A mellor oportunidAde

Que é

Operativa

20’

Obxectivo

Actividade de equipo na que debe confluír o traballo previo, realizado na sesión anterior, co traballo de campo efectuado por cada membro do equipo co obxectivo de identificar problemas que poidan converterse en oportunidades de emprendemento.

Identificar unha serie de problemas o suficientemente interesantes como para ser susceptibles de converterse no eixe da proposta de emprendemento de cada equipo.

Material:

- 1 modelo "Escenarios e problemas" por equipo (S4A)

Sen esquecer os problemas xa identificados na sesión anterior, cada equipo deberá poñer en común o traballo de campo realizado por cada un dos seus membros. O obxectivo é realizar unha selección dos cinco problemas considerados como máis interesantes e que serán valorados de forma obxectiva na seguinte etapa desta mesma sesión. O criterio para realizar esta primeira selección ten que ser o seu potencial como oportunidade de emprendemento.

Non importa se dous dos problemas seleccionados se refiren ao mesmo escenario ou a unha mesma dificultade.

(26)

escenArios e problemAs

PROBLEMA

non é doAdo

non é CÓModo

non é rápido

non é BArAto

non é eCoLÓXiCo

CASA

RÚA

ESCENARIOS

ESCOLA

BIBLIOTECA

CINE

EXCURSIÓN

NON É LIMPO

NON É POSIBLE

NON PODE

FACERSE RUÍDO

Sentarse nun sofá - Gardar o móbil se vas á praia - Ler o móbil ao aire libre Saber se un libro

te engancha Ver a película cando queiras Chegar ata a montaña Se non che gusta

a película

Durmirse Tirar o lixo

Comer Non

devolver

un libro Imprime en DIN-A4, ou se é posible en DIN-A3, tantas copias do modelo que

atoparás a continuación (S4A) coma equipos teñas en clase.

ExEmplo DA ACtIvIDADE

pArA o profESor

Colocade nesta grella os problemas máis interesantes entre os identificados na pasada

sesión e os descubertos durante o traballo de campo.

Ao meu avó cústalle chamar por teléfono ou utilizar o mando a distancia O espertador esperta a todos os que dormen no mesmo cuarto Internet se nos conectamos todos As lámpadas de baixo consumo O matamoscas - Facer skate - Facer ximnasia - Pintar grafitis Non hai bastantes bancos no parque Ir ao cole a pé e non saber se chegas cedo ou tarde A roupa de marcas coñecidas Os malos olores dalgúns colectores Regar as plantas e mollar os veciños de abaixo

Facer festas cos amigos Organizar os traballos e os deberes Levar e traer os libros da escola á casa cada día

As colas no comedor Aprender inglés en verán Os libros usados que tiramos todos os anos Libros en papel que non se len nunca

(27)

PROBLEMA

non é doAdo

non é CÓModo

non é rápido

non é BArAto

non é eCoLÓXiCo

CASA

RÚA

ESCENARIOS

ESCOLA

Colocade nesta grella os problemas máis interesantes entre os identificados

na pasada sesión e os descubertos durante o traballo de campo.

(28)

elixir A mellor oportunidAde

Que é

Operativa

20’

Obxectivos

Mecanismo obxectivo para seleccionar o problema que ofrece maior potencial como proxecto de emprendemento.

Aprender a valorar os problemas e as oportunidades de forma obxectiva. Aprender a tomar decisións de xeito metodolóxico como equipo.

Os equipos traballarán coa modelo "Selección do problema" co obxectivo de valorar de xeito obxectivo un máximo de cinco problemas, seleccionando finalmente aquel que obteña maior puntuación. É posible que ao coñecer os parámetros de valoración decidan cambiar a selección inicial de cinco problemas.

Unha vez seleccionado o problema, os responsables de comunicación teñen que elaborar a modelo de resultados de módulo. Para iso disponse da modelo "Guía: o problema". O resultado debe transcribirse na ficha "Resultado do módulo".

Material:

- 1 modelo "Selección do problema" por equipo (S4B)

- 1 modelo "Guía: o problema" por equipo (S4C)

- 1 modelo "Resultado do módulo: o problema" por equipo (S4D)

(29)

selección do problemA

PROBLEMA

RELEvANCIA

EfICIENCIA

vIABILIDADE

TOTAL

CLASIfICACIÓN

valora cada problema cunha puntuación do 1 ao 5 (1 = nada / 5 = moito)

utilizando cada unha destas tres categorías:

- relevancia: o problema afecta a moita xente (5) ou a pouca (1).

- Eficiencia: a solución do problema será un cambio radical para o usuario (5) ou será simplemente unha mellora (1).

- viabilidade: o problema podémolo resolver nós mesmos (5) ou a solución queda fóra das nosas posibilidades (1).

Aprender inglés

en verán

5

3

2

10

3

5

4

4

13

1

5

5

2

12

2

1

2

3

2

2

4

8

4

Regar as plantas sen

mollar os veciños

Dificultade das persoas

maiores para utilizar

os teléfonos móbiles

O espertador esperta

a todo o mundo

Tirar o lixo no monte

Imprime en DIN-A4 tantas copias do

ExEmplo DA ACtIvIDADE

(30)

selección do problemA

PROBLEMA

RELEvANCIA

EfICIENCIA

vIABILIDADE

TOTAL

valora cada problema cunha puntuación do 1 ao 5 (1 = nada / 5 = moito)

utilizando cada unha destas tres categorías:

O problema seleccionado é:

- relevancia: o problema afecta a moita xente (5) ou a pouca (1).

- Eficiencia: a solución do problema será un cambio radical para o usuario (5) ou será simplemente unha mellora (1).

- viabilidade: o problema podémolo resolver nós mesmos (5) ou a solución queda fóra das nosas posibilidades (1).

(31)

guíA: o problemA

O PROBLEMA

Seguindo o esquema de preguntas que vos facilitamos, describide de xeito sintético cal é o

problema que vos propoñedes solucionar e os motivos que vos levaron a seleccionalo.

- Cal é o problema? Por que acontece? - A quen afecta? Cantos son?

- É un problema grave para eles?

- Que vos fai pensar que o poderedes solucionar? - Hai algún motivo especial polo que o seleccionastes?

Case todos os maiores teñen problemas para utilizar teléfonos móbiles porque son

aparatos demasiado complicados para eles. Iso impídelles comunicarse con facilidade.

Cremos que pode haber algún produto novo que sen utilizar para nada a tecnoloxía

solucione este problema que sofren moitos dos nosos avós.

Imprime en DIN-A4 tantas copias do

ExEmplo DA ACtIvIDADE

(32)

guíA: o problemA

O PROBLEMA

Seguindo o esquema de preguntas que vos facilitamos, describide de xeito sintético cal é o problema

que vos propoñedes solucionar e os motivos que vos levaron a seleccionalo.

- Cal é o problema? Por que acontece? - A quen afecta? Cantos son?

- É un problema grave para eles?

- Que vos fai pensar que o poderedes solucionar? - Hai algún motivo especial polo que o seleccionástedes?

(33)

o problemA

O PROBLEMA

Case todos os maiores teñen problemas para utilizar teléfonos móbiles porque son

aparatos demasiado complicados para eles. Iso impídelles comunicarse con facilidade.

Cremos que pode haber algún produto novo que sen utilizar para nada a tecnoloxía

solucione este problema que sofren moitos dos nosos avós.

fINAL DO MÓDULO 2

Imprime en DIN-A4 tantas copias do

ExEmplo DA ACtIvIDADE

(34)

o problemA

O PROBLEMA

(35)
(36)

Referências

Documentos relacionados

A assistência da equipe de enfermagem para a pessoa portadora de Diabetes Mellitus deve ser desenvolvida para um processo de educação em saúde que contribua para que a

A vacina não deve ser administrada a imunodeprimidos, grávidas, menores de 1 ano de idade e hipersensibilidade a algum dos componentes da vacina e terapêutica concomitante

Com relação à análise de sequenciamento de genomas e ao GRC (Genome Reference Consortium), que é responsável por manter e melhorar a montagem do genoma de referência humano e do

De seguida, vamos adaptar a nossa demonstrac¸ ˜ao da f ´ormula de M ¨untz, partindo de outras transformadas aritm ´eticas diferentes da transformada de M ¨obius, para dedu-

Os testes de desequilíbrio de resistência DC dentro de um par e de desequilíbrio de resistência DC entre pares se tornarão uma preocupação ainda maior à medida que mais

A cor “verde” reflecte a luz ultravioleta, porém como as minhocas castanhas são mais parecidas com as minhocas verdadeiras, não se confundem com a vegetação, sendo

As pontas de contato retas e retificadas em paralelo ajustam o micrômetro mais rápida e precisamente do que as pontas de contato esféricas encontradas em micrômetros disponíveis

Com o objetivo de compreender como se efetivou a participação das educadoras - Maria Zuíla e Silva Moraes; Minerva Diaz de Sá Barreto - na criação dos diversos