unha fonte de contaminación, senón tamén como unha fonte de recursos a seren explotados. A estratexia subliña a necesidade do fomento da recuperación e da reciclaxe. Non marca obxectivos cuantitativos, mais enuncia diversas vías para o pulo da recuperación e reciclaxe dos residuos biode- gradables.
Como se poder observar estas liñas de pensamento son unha constante na materia. Xa que logo po- demos falar dunha doutrina estábel da Unión Europea.
Outro documento a ter en conta e a comunicación titulada “Libro Verde da Comisión Europea sobre a xestión dos biorresiduos na Unión Europea” (COM(2008) 811final)
Neste documento faise unha diferenciación entre biorresiduos e residuos biodegradábeis. Así mes- mo inclúe, xunto cos RSU e residuos asimilábeis, os restos da poda.
O Libro Verde fai unha análise dos diferentes tipos de xestión existentes (recollida selectiva, tra- tamentos biolóxicos, valorización enerxética, vertido), do uso deste tipos de xestión por parte dos estados da Unión, do seu impacto sobre o medio, a saúde, o emprego e a economía, así como dos instrumentos xurídicos existentes que están a regular a xestión.
Considera que o impacto ambiental dos diferentes sistemas de tratamento depende de factores lo- cais tales como a composición dos residuos, as condicións climáticas ou o potencial de utilización dos produtos reciclados o recuperados.
Conclúe que os beneficios do sistema de xestión elixido dependen nunha gran medida do seguinte: - A cantidade de enerxía que se pode recuperar.
- A fonte orixe da enerxía.
- A cantidade e calidade do compost e o tipo de utilización do compost obtido. - O perfil das emisións das instalacións de tratamento biolóxico.
Neste libro se subliña a multiplicidade das posíbeis solucións para unha axeitada xestión dos residuos. Estoutros documentos da Unión Europea marcan liñas de actuación e axudan a toma das decisións, tantos dos gobernos centrais e autonómicos como dos municipios, de aquí su importancia.
6.2. lexIslaCIón esPañola e GaleGa. Plans de resIduos en esPaña, GalICIa e Con- Cellos GaleGos adHerIdos ao eIxo atlÁntICo.
6.2.1. lexislación española e galega.
Con respecto ás lexislacións vixentes en España e Galicia xa falamos no capítulo 3 con relación ás competencias das diferentes administracións en España. Pasamos a comentar a súa influencia no futuro da xestión de residuos.
No caso da Lei Residuos 10/1998, despois de moitos anos de vixencia practicamente esgotou a súa virtualidade desde o punto de vista da innovación e a mudanza dos costumes. Isto non quere dicir que a súa aplicación fose homoxénea e correcta en todo o territorio español.
134
O mesmo cómpre dicir dos decretos que regulan a xestión de fluxos especiais. Mesmo hai decretos, como por exemplo o que trata da xestión dos aparellos eléctrico e electrónicos, que se puxeron en marcha pero o seu cumprimento non está a ser satisfactorio.
A lei de envases e residuos de envases e o decreto que a desenvolve, tamén esgotaron a súa virtua- lidade, aínda que neste caso cun resultado moito máis satisfactorio desde o punto de vista práctico, se ben quedan cousas por mellorar.
Con respecto a lexislación galega hai que dicir que incorpora importantes novidades en relación á vixente lei de residuos española, estando o seu contido próximo ao contido da directiva de marco de residuos (están aprobadas ambas as dúas en datas veciñas).
Poderíamos facer, a continuación, a análise de como a lei galega enmarca o futuro da xestión dos residuos en Galicia, pero no momento de escribir este libro estase a preparar, polo Ministerio de Me- dio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, unha nova lei de residuos da que o borrador xa foi publicado (Versión do 10 de xuño de 2010), e que incorpora a transposición da directiva marco de residuos. Xa que logo, por mor de economizar, ímo-la analizar xunto coa lei galega, desde a perspectiva das entidades locais aínda que sen esquecermos a perspectiva autonómica cando os cambios sexan de grande importancia con respecto a lexislación vixente.
6.2.1.1. Borrador do anteproxecto de lei de residuos e solos contaminados (Versión do 10 de xuño do 2010, modificación de setembro de 2010 e decembro 2010).
O gran número de cambios conceptuais, en relación á lei do ano 1998, que implican un novo enfoque nas obrigas de xestión dos residuos, da propia xestión e das fontes de financiamento dos residuos xerados nos territorios das entidades municipais, fan deste anteproxecto un importante instrumento dos futuros cambios da devandita xestión, polo que é recomendable que os responsables, autonómi- cos e municipais, fagan unha fonda análise das súas consecuencias.
Aquí repasaremos as novidades de maior calado e o lector interesado poderá encontrar no anexo referente a esta lei unha análise feito polo miúdo.
Así, con relación o seu obxecto, na primeira versión (Xuño) ponse o acento na protección do medio e da saúde así como na eficacia no uso dos recursos (aínda que pensamos que debería engadir o termo eficiencia) fronte a énfase que a vixente lei pon nos instrumentos para previr a produción de residu- os; mais na versión de setembro desaparece “así como a eficacia..” , polo que desaparece a maior diferenza fronte á lexislación vixente.
Esta relevancia tamén é posta de manifesto pola lei de residuos galega no seu artigo 2º Obxectivos, aínda que o obxecto da lei galega é o mesmo que o da vixente lei española.
Entre as definicións que permanecen, cambiando o seu contido, temos a de produtor de residuos; na vixente lei non son considerados produtores de residuos aos suxeitos que produciran residuos xe- rados como resultado do consumo doméstico mentres que agora non fai dita excepción, polo que o produtor dos residuos xerados no seu fogar poderá considerarse “legalmente” produtor de residuos. Outra das definicións que cambia é a definición de reciclaxe onde desaparece como tal “ a compos- taxe e biometanización” e aparece “ a transformación do material orgánico”; este cambio xunto coa nova definición de biorresiduo e a modificación da de compost poden chegar a teren importantes efectos na consecución de obxectivos de reciclaxe así como consecuencias na viabilidade das actuais infraestruturas de biometanización e compostaxe derivadas; tamén poden afectar significativamente