• Nenhum resultado encontrado

MAPA 3: SITUACIÓN DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI EN GALICIA

2.4. CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS

2.4.1. Evolución da poboación

En Galicia só 84 dos 315 concellos experimentaron un incremento demográfico (Fonte: La Voz de Galicia, 9-11-1997, p. 8, referente ao padrón de 1996). Esto é visto xeralmente como unha “realidade obxectiva” e un problema enormemente negativo, cando verdadeiramente esas estatísticas só representan unha imaxe e un filtro de algo complexo que se quere aprehender e facer máis dixerible politicamente e mediaticamente. É por iso que debemos ir ao fondo da sobrexeneralización afirmada polas estatísticas, que só descreben algúns aspectos da realidade. Basta pensar na importancia que en Galicia ten o que podemos denominar como “pendularismo”, entendido como aqueles movementos cara as segundas residencias nas fins de semana, nos periodos de vacacións, etc. Aínda que as estatísticas definan a esas persoas como membros de só un concello (xeralmente dun concello de gran concentración de poboación), desde o punto de vista antropolóxico é preciso salientar que viven e forman parte de dous, e son identificados como membros do corpo identitario dos dous, aínda que só paguen impostos municipais nun deles. As estatísticas priman o criterio de residencia (a través do empadronamento), a definición da identidade prima tamén outros critérios como son os de nacemento e/ou filiación. Estamos por tanto ante unha complexa realidade que é preciso ter en conta para entender, comprender, interpretar as realidades socioculturais, e para logo poder deseñar políticas e modelos de intervención axeitados.

A continuación podemos ver algúns datos da evolución demográfica referidos ao concello e á vila de estudio, intentando colocar estes datos en marcos contextuais comparativos que ilustren mellor os procesos.

Anos Población municipal de feito

1860 8.050 1877 8.253 1887 8.629 1900 9.800 1910 10.609 1920 11.230 1930 11.094 1940 12.189 1950 10.044 1960 8.674 1970 6.496 1980 6.398 1981 6.323 1991 4.812 1992 5.004 (Poboación de dereito) 1993 4.953 (Poboación de dereito) 1994 4.936 (Poboación de dereito) 1995 4.916 (Poboación de dereito) 1996 4.537 (Poboación de dereito)

Os anteriores datos sobre a poboación do municipio(14) foron obtidos dos diferentes censos de poboación. A densidade demográfica no 1991 era de 24,06 habitantes por quilómetro cadrado, sobre un territorio municipal de 200 kilómetros cuadrados (un dos máis grandes de Galicia), o que representa unha escasa ocupación humana do territorio. Pero esta afirmación sobre a escasa ocupación humana do territorio debe ser relativizada e matizada, pois calquera observador da paisaxe pode decatarse do intenso uso antrópico e agrario que se practicaba sobre todo o contorno e que na actualidade tende a diminuír e a ser infrautilizada. Nunha prospección, os fitos do pasado (ex.: valados...) debuxan unha paisaxe intensamente ocupada, aínda que hoxe se nota sobre esta paisaxe o impacto da regresión demográfica: terreos sen cultivar, casas abandonadas, etc. Sen embargo estes elementos da paisaxe combínanse con outros nada despreciables que matizan a escasa ocupación humana do territorio: casas rehabilitadas para as vacacións e o turismo rural, segundas

residencias, pistas asfaltadas en todas as aldeas, hortas cheas de productos traballadas nas fins de semana, etc.

No municipio(15) existen 43 parroquias, e un total de 306 entidades de poboación. A evolución da poboación no concello(16) ten no século XX dúas etapas claramente diferenciadas. Durante a primeira, ata 1940, produciuse un incremento no número de habitantes, consecuencia do elevado crecemento vexetativo, a pesar da emigración cara a Cuba e Arxentina do primeiro tercio do século. A partir do ano 1940 a poboación reduciuse en máis da metade, inciden neste descenso a partida cara a Europa (Suíza, Francia, Alemaña) e cara ás áreas industrializadas do estado español (País Basco e Cataluña) que culmina xa iniciada a década dos setenta. Ademais, desde mediados dos anos corenta, as taxas de natalidade comezaron a descender en todo o interior galego. Se observamos a poboación de feito dos outros municipios da comarca da Ulloa no censo do 1991, o municipio de Antas ten 3.122 habitantes (103 Kms cadrados e 32,2 h./Km. cadrado) e o de Monterroso (114 Kms cadrados e 40,1 h./Km. cadrado) ten 4.746. Son concellos que sofren similares procesos de decadencia, se ben máis intenso en Antas e máis moderado en Monterroso, debido sobre todo ao retorno de emigrantes e á instalación de industrias e servicios na capital municipal.

O descenso demográfico(17) nestes tres concellos da comarca da Ulloa (Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso) estímase nun 25% entre 1985 e 1995, polo tanto o proceso non está detido e moito menos freado. Esta baixa demográfica é sintomática do que acontece en toda a provincia de Lugo, xa que Lugo é a 2ª provincia do Estado español en perda demográfica (-3,36) despois de Teruel (-3,91), (fonte: El País, Domingo, 31-8-1997, p. 12, referente ao Padrón de 1996).

Pola contra o veciño concello de Melide presentaba no censo de 1991 unha poboación de feito de 8.210 habitantes, Melide, na provincia da Coruña, pero limítrofe co municipio lucense de Palas de Rei, representa nestes intres a imaxe da modernidade e o progreso de toda esta área do centro de Galicia e, polo tanto, exerce como polo de grande atracción. En Palas de Rei adoita dicirse que "en Melide sempre foron máis espabilados" en relación co seu espírito comercial e emprendedor, Melide une a esas razóns culturais de peso unha excelente accesibilidade como cruce de vías de comunicación principais,

unha orografía en planicie que facilita a planificación urbana e o crecemento, atraendo consigo moitos emigrantes retornados da súa comarca (Terra de Melide) e doutras do arredor (A Ulloa).

Pola súa banda a capital municipal de Palas de Rei experimentou a seguinte evolución poboacional(18):

Anos Nº de habitantes 1845 169 1900 296 1910 469 1920 523 1930 654 1940 652 1950 769 1960 843 1970 793 1981 921 1991 869 1996 845

Como podemos apreciar este núcleo reflicte un progresivo e lento ascenso do número de residentes nesta centuria, só detido pola incidencia da Guerra Civil Española e as consecuencias da emigración dos anos sesenta a Europa, ao País Basco e Cataluña. Nos anos 80 e 90 o descenso é motivado pola emigración ás cidades galegas fundamentalmente. A súa funcionalidade, que veremos en profundidade máis adiante, hai que poñela en relación coa instalación de servicios públicos e privados, que a converten nun lugar central de venda e intercambio, outro factor importante é o retorno de emigrantes.

No censo do 1991 as familias censadas na capital municipal, eran 332. En relación comparativa con outras capitais municipais observemos os seguintes datos:

-Melide (1991): 4.430 h., multiplicando por cinco a poboación de primeiros de século.

-Arzúa (1991): 2.527 h., multiplicando por tres a poboación do 1900. -Monterroso (1991): 1774 h. (poboación de dereito).

-Antas de Ulla (1991): 509 h.

-Palas de Rei (1991): 867 h. (poboación de feito).

De tódolos xeitos hai que matizar estes datos estatísticos e considerar a poboación estacional censada noutros concellos de Galicia, orixinaria destas vilas, que regresa as fins de semana a elas; no caso da vila de Palas a estimación de conxunto eleva a poboación da vila a 1.300 habitantes(19).

2.4.2. A natalidade

Décadas Taxa en tanto por mil (Palas de Rei) 1901-1910 32,9 1911-1920 27,5 1921-1930 26,5 1931-1940 22,3 1941-1950 22 1951-1960 19,4 1961-1970 17,4 1971-1980 10

Estos datos obtidos por Severino Fernández Abel(20) poñen de manifesto un descenso da natalidade no século XX, de xeito semellante aos outros concellos da comarca da Ulloa. Nos últimos anos, e segundo o censo do 1991 temos os seguintes datos: 1981-1985 1991 Media de nacementos no quinquenio Taxa de natalidade media Número de nacementos Taxa de nacementos Palas de Rei 47 7,4 24 4,8 Antas de Ulla 30 7,0 21 6,3 Monterroso 45 9,4 34 7,4

Melide 88 10,6 61 7,3

2.4.3. A mortalidade

Inicia o descenso no ano 1900(21), aínda que a gripe de 1918 fai que nesa data a variable se elevara bruscamente. Tamén o empeoramento das condicións de vida durante a Guerra Civil provoca un lixeiro aumento. Vexamos as taxas de mortalidade por décadas:

Décadas Palas de Rei 1901-1910 20,5 por mil 1911-1920 18,7 1921-1930 15 1931-1940 13,9 1941-1950 13,3 1951-1960 11,3 1961-1970 13,7 1971-1980 12,7

Palas ata 1940 presenta unha poboación moi nova, e a mortalidade é relativamente baixa. Pero a partir dos anos 1940 a forte emigración dos mozos coincide cunha etapa de avellentamento e o aumento da taxa de mortalidade. O estancamento da mortalidade(22) coincide co descenso da mortalidade infantil(132,6 por mil no 1930 a 7,5 por mil no 1981 na comarca da Ulloa) e o aumento da esperanza media de vida ao nacer, no 1930, 38 anos nos varóns, e 40 nas mulleres. No 1981, 69 nos homes e 74,2 nas mulleres(na comarca da Ulloa).

Este percurso pon de manifesto algo que é común noutros contextos ibéricos, e que na actualidade aínda acontece na provincia de Lugo: unha poboación envellecida cunha taxa de mortalidade moi alta (11,8 por mil en 1996; fonte: El País, 31-8-1997, p. 12, referente ao Padrón de 1996).

Documentos relacionados