• Nenhum resultado encontrado

Fotografía do pazo de Martelo na actualidade.

No documento juan carlos bastos dissertacao (páginas 58-60)

Capelas; a maioría situadas en lugares privilexiados; - a capela de san Pedro e a de santa Lucía en Asados, - a de san Xoán Bautista da Ermida e a medio restaurada do pazo dos Calotes no Araño, - a da nosa señora dos Desamparados en Brión (Leiro), - a de san Xoán Bautista de Vista Real na propiedade privada que hoxe en día é o terreo do antigo pazo dos Caamaño en Taragoña e -a da virxe da Guadalupe, a de san Bartolomeu e a de san Xosé da Floresta na parroquia de Rianxo.

Outras construcións de gran interese repartidas polo concello rianxeiro son: Os abundantes cruceiros que se localizan en case calquera encrucillada de camiños. Os hórreos de gran dimensión como o de Rianxiño, pertencente ó pazo de Viturro, o de Isorna na aldea de Cestelo, ou o máis grande do mundo, o situado xunta a igrexa do Araño, a parte dos outros moitos de menor tamaño. A gran cantidade de fontes que fan florecer os numerosos mananciais que se dispoñen nesta zona. Os antigos pombais construídos integramente en pedra (a practica totalidade en estado ruinoso). Os muíños de auga que acompañan os cursos de auga, sobre todo no río Té, todos en desuso. Os escudos ou brasóns, en Rianxo existen numerosas mostras deste tipo, sobre todo das familias dos Caamaño, Soutomaior, Moscoso, Torrado, Bastón,..., facendo un total de 38 (e 3 desaparecidos) segundo a publicación de Santos e Comoxo (1997, p.104-105) na cal corrixen o número de 31 confirmado anteriormente por Castelao na publicación da revista Nós nº113

Sen saír agora da vila de Rianxo, é preciso mencionar as tres capelas relixiosas, así como a súa igrexa parroquial, a cal, está dedicada a Santa Comba-Santa Columba, e consta dunha ampla nave dividida en catro tramos por arcos decorados. Está datada a mediados del s. XV, o actual campanario é de estilo barroco e foi construído entre 1737 (fonte: Gran enciclopedia Galega) e 1740 (fonte: Oficina de Planeamento) con pedra procedente da fortaleza de Paio Gómez Chariño, coñecida no presente como o Castelo da Lúa, situado na Torre, do cal apenas quedan restos. Esta fortaleza fora derruída nas revoltas irmandiñas a principios do s. XVII Este castelo foi escavado arqueoloxicamente a principios da década do 2000, cando polas súas inmediacións se trazou e realizou un paseo marítimo.

A actual capela de nosa señora de Guadalupe, a cal antes se coñecía por nosa señora da Cruz ata que se reformou para ser ampliada. Esta capela sitúase na antiga entrada da vila, na actual entrada da praza Castelao. A súa fundación débeselle a Alonso Fernández de Bastón e á súa muller, segundo consta nun rótulo do seu interior. A datación é de 1671, aínda que con certeza se construíse sobre outra, xa que no 1561 figura nun foro realizado polo mencionado Alonso, co nome de Nosa Señora da Cruz. Hoxe en día esta capela é moi famosa, porque garda a imaxe da Guadalupe, a cal data de 1773 e foi realizada polo rianxeiro frei Xosé de Santiago, traída do seu antigo empra- zamento, a capela de San Xosé da Floresta, a mediados do s. XIX. A súa festividade celébrase a principios de setembro (o proio día da celebración coincide co primeiro domingo que cadre máis alto do día 8), con gran afluencia de xente tanto no propio día festivo, no que os mariñeiros pasean a imaxe polo mar nas súas embarcacións, como pola festa-verbena celebrada na súa honra.

A capela de San Xosé da Floresta, levantada no lugar de Rianxiño, foi construída por orde de Xacinto Varela Becerra Soutomaior, a través dunha licenza outorgada no 1644. Como xa se comentou, nesta capela venerouse dende 1773 ata o seu traslado a imaxe de nosa señora de Guadalupe. Esta capela, ó contrario do que se observa na actualidade, estaba construída de forma illada, nun lugar ausente de casas, a certa distancia da antiga aldea de Rianxiño.

A capela de San Bartolomeu asentábase nunha illa, a cal foi fusionada ca vila a través da realización do actual porto na primeira metade do século pasado. A súa datación é probablemente no s. XVII, xa que se descoñece quen foron os seus fundadores, aínda que escritos posteriores aluden á súa pertenza ós señores do pazo dos Calotes, no Araño. En 1854 serviu de refuxio de enfermos do cólera. O seu pésimo estado de conservación a finais do s. XX fixo que se restaura pola familia de canteiros rianxeiros Golias no ano 1990, tendo que ser refeita algunha fachada por completo.

Non se pode rematar este punto sen facer referencia ó gran número de rianxeiros que destacaron no campo das ciencias e das letras. Tanto con un grande valor local como dun nivel internacional. Non se podía obviar a personaxes como: Paio Gómez de Soutomaior (O Chariño) (1225-1295), almirante e trobador; Faustino Rey Romero (1921-1987), cura, ensaísta e poeta; Xosé María Brea Segade (1904-1934), mestre, activista e poeta; Rafael Dieste Gonçalves (1889-1981), literario, académico,...; Manuel Antonio (1900-1930), poeta e activista; Alfonso Daniel M. Rodríguez Castelao (1886- 1950), médico, político, debuxante, escritor,...; Xosé Arcos Moldes (1863- 1945), mestre, músico e gran realizador de labores sociais; Roxelio Pérez González (Roxerius) (1897-1963), mestre, reitor e periodista; Xesús Santos (1936- ), mestre, actor, escritor...; Anxel Romero Lojo e Xesús Frieiro Dourado, coautores da Rianxeira, a canción galega máis difundida no mundo sendo o himno non oficial de Galicia; José Pérez González (Pepito Pérez), un dos primeiros fotógrafos da zona; Álvaro de Isorna; Amaro González; Martín Torrado Mariño y Figueira; Frei Luis Iglesias González; Severo Araújo y Silva; Eduardo Dieste Gonçalves; Xosé Romero e Maruxa Miguéns, dos Rosales; Helena Villar Janeiro, escritora; Nuco Losada Romero, escultor;... e un largo etcétera de personaxes, escritores, cantantes, músicos, directores, artistas... que se desenvolveron creativamente en Rianxo.

Imaxe  20:   Fotografía   da   capela   de   San

No documento juan carlos bastos dissertacao (páginas 58-60)