• Nenhum resultado encontrado

Representación a través de manchas e frechas de como se prevé que evolucionará a superficie construída de Rianxo dende 2012 ata un futuro pouco distante.

No documento juan carlos bastos dissertacao (páginas 110-113)

A modo de resumo, despois de facer un repaso dunha forma gráfica e descritiva do que foi acontecendo coas superficies construídas durante as distintas fases que se tomaron no caso de estudo, agora pódese avanzar en base á mencionada evolución gráfica como se prevé que continuará avanzando a zona construída do conxunto analizado.

Partindo de que este é un primeiro punto clave, pois Rianxo xa é un conxunto, funcionando de forma unificada, e non como se comezou na primeira fase do ano 1956, cando Fincheira e As Cortes se dispoñían como poboacións totalmente illadas de Rianxo. Onde incluso partes de Rianxo (como os Loureiros, Rinlo ou O Castelo) se podían considerar zonas afastadas do que naquel momento se entendía por Rianxo. Na actualidade, Rianxiño xa case forma parte dese conxunto, aínda que dunha forma moi fráxil, percibindo certa falta de conexión integral.

O espazo que na actualidade existe entre Rianxo e Rianxiño debería acabar de encherse e ocuparse por edificacións que no presente xa poderían ser construídas, pero que as súas execucións van de forma lenta, quedando un espazo que de momento aínda presenta unha baixa densidade. Rianxiño tamén deberá medrar cara ó norte, por tratarse dun espazo que se presente bastante baleiro, ademais de seguir coa evolución que se trae nas distintas fases ata a actualidade. Este crecemento cara ó norte debería realizarse tanto na parte baixa (San Xosé) como na parte superior do poboado, indo en busca da zona do Pazo a través de vías xa existentes, aínda que adaptadas para soportar tal evolución.

Seguindo a evolución observada nas ultimas fases, sobre todo coa aparición da estrada que segue por Rianxiño fronte ó instituto, parece normal que en breve se unan a zona de As Cortes coa zona de Rianxiño, facendo unha especie de circunvalación exterior, non só da rede viaria senón tamén da mancha edificada.

Os dous baleiros que quedan no medio de Rianxo sería lóxico que foran enchéndose de modo edificado para desaparecer, xa que a evolución que vai presentando ata o presente está advertindo dese fin. A zona da beiramar tamén ten trazos de seguir exercendo certa presión sobre o litoral, tanto na zona portuaria como desprazándose cara ás praias, onde os antigos camiños se están convertendo pouco a pouco en rúas edificadas.

Outra zona que ten trazas de fusionarse é a de Tronco e Tanxil, xa que Tronco está medrando bastante para a parte sur, aínda que a día de hoxe sexa a través de fincas alongadas e camiños privados ou semipúblicos. Tronco mostra pequenos avances no sentido de desprazarse a unha unión coa zona sur de Fincheira para dar paso á completa fusión con Rianxo, xa que aínda permanece descontinuo no seu percorrido dende o centro.

Outra zona que debe ser proximamente desenvolvida é a extensión paralela ó trazado dende As Cortes a Brión, pois é a vía natural de escape do centro, tendo xa a fronte da estrada construído, o normal sería que as partes traseiras comecen a edificarse, ademais partindo de que é o escape directo da nova circunvalación que une As Cortes e Rianxiño e a continuación do crecemento do propio tecido rianxeiro.

Para rematar, comentar a evolución das vías, que como se foi vendo nestas imaxes, estaban representadas dunha forma totalmente secundaria, para dar unha claridade e referencia ós planos, representando unicamente as vías máis importantes e representativas de cada período. Pódese observar a clara forma de circunvalación que foron tomando as vías principais, escapando da marcha urbana central e tomando distancia con novas rúas que foron servindo de guía para desprazar con elas as novas manchas construídas. A última foi a xa comentada circunvalación non rematada que pasa polo Instituto de Rianxiño, pero vendo o conxunto evolutivo tamén se deixan dúas propostas, debendo pasar por aí tanto a nivel das rúas como a nivel das partes construídas, podendo resultar as vías suxeridas para dar cabida ó nomeado crecemento previsto.

5.3. Equipamentos.

A continuación realízase unha presentación distribuída por cada fase estudada dos equipamentos existentes, repartidos nos seguintes conxuntos de edificios: relixiosos, de servizos sanitarios, educativos, públicos, culturais, industriais ou edificacións de ocio ou deportivas. Quedando as distintas fases da seguinte forma:

►Equipamentos en 1956.

Rianxo na etapa correspondente ao ano 1956 presenta os seguintes equipamentos representados co número correspondente no plano anterior: 1- Capela de San Bartolomeu

2- Lonxa de pescadores 3- Liceo Marítimo Rianxeiro 4- Confraría de pescadores 5- Colexios Educación Xeral

6- Capela de San Xosé da Floresta 7- Fábrica Conserveira

8- Cemiterio Municipal 9- Cuartel da Garda Civil 10- Xulgado de Paz 11- Consulta Médica

Destacar a distribución de equipamentos ó longo do pobo, aínda que se nota certa falta de servizos na zona do Cabo da Vila, que aínda que sexa unha das zonas máis antigas non presenta unha equivalencia nos servizos prestados polo concello ou comunidade nese emprazamento.

Deixar constancia do desprazamento que xa sufrira o cemiterio cara á parte exterior da vila, deixando a súa antiga posición no adro da igrexa como espazo público.

Destacar a distribución de pequenas escolas por todo o pobo.

O edificio da confraría, acollía bastantes servizos, sendo un dos edificios máis versátiles e publicamente útiles da época. Co edificio do concello sucede algo similar, nesta fase presén- tanse diversas funcións no mesmo edificio. De sinalar a finalidade educativa de ámbolos dous.

Por outro lado chama a atención o tamaño do cuartel, seguramente devido á importancia militar da época, xa que o tamaño presentado era moi superior a calquera outro edificio existente na vila, incluso máis ca o concello ou a confraría, a pesar de aglutinar bastantes funcións e servizos públicos, como se acaba de mencionar. O aproveitamento como sede das OJE no edificio veciño ó concello é outra mostra da importancia militar sufrida na época.

Imaxe  62:  Foto   da   oficina   de

No documento juan carlos bastos dissertacao (páginas 110-113)