• Nenhum resultado encontrado

RECEPCIÓN DE EMBRIÓNS DOADOS CON FINS REPRODUTIVOS DOCUMENTO INFORMATIVO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "RECEPCIÓN DE EMBRIÓNS DOADOS CON FINS REPRODUTIVOS DOCUMENTO INFORMATIVO"

Copied!
6
0
0

Texto

(1)

RECEPCIÓN DE EMBRIÓNS DOADOS CON FINS

REPRODUTIVOS

DOCUMENTO INFORMATIVO

Modelo 18 SOCIEDADE ESPAÑOLA DE FERTILIDADE

I. En que consiste?

É o procedemento de recepción de embrións previamente criopreservados e procedentes dunha doazón. Estes embrións son transferidos ao útero da muller receptora co fin de lograr a xestación.

A recepción de embrións doados é un acto secreto, anónimo e destinado a que os embrións poidan ser utilizados para tratamentos de reprodución asistida en mulleres nos casos que estean científica e clinicamente indicados.

II. Cales son as indicacións?

As indicacións máis frecuentes son:

• Fallo ovárico precoz, espontáneo ou secundario a cirurxía , quimioterapia e radioterapia.

• Disxenesias gonadais e outras alteracións xenéticas de dotación de gametos.

• Enfermidades xenéticas graves, con alto risco de transmisión e non susceptibles de prevención mediante outros procedementos.

• Fracaso previo de técnicas de reprodución asistida.

• Fallo repetido de implantación embrionaria.

• Outros

III. Procedemento

Os embrións utilizados proceden de ciclos de FIV, atópanse conxelados e foron doados con este fin.

A muller receptora recibe un tratamento hormonal que prepara o útero para a transferencia embrionaria, que consiste no depósito dos embrións na cavidade uterina a través da vaxina. É un procedemento ambulatorio que non precisa anestesia nin ingreso. Os medicamentos empregados inclúen un prospecto que o paciente debe consultar, tendo a posibilidade de lle solicitar ao persoal sanitario do centro calquera aclaración a este respecto.

(2)

O número de embrións transferidos ao útero non pode ser superior a tres nun ciclo. Os pacientes recibirán do equipo biomédico a información necesaria para decidir o número de embrións que se deben transferir, coa intención de obter o embarazo e evitar no posible a xestación múltiple.

IV. Resultados

A recepción de embrións doados é unha técnica de reprodución asistida cunha probabilidade de xestación por ciclo que está ao redor do 20-40%. O rexistro FIV/ICSI da Sociedade Española de Fertilidade do ano 2011 refería unhas taxas de embarazo do 34,9% por ciclo de desconxelación e do 38,8% por transferencia. A posibilidade de embarazo derivado da recepción de embrións doados depende fundamentalmente da calidade dos embrións transferidos.

V. Riscos

Os principais riscos deste procedemento terapéutico son:

1) Embarazo múltiple: Na recepción de embrións doados, o risco de embarazo múltiple está relacionado co número de embrións transferidos ao útero e coa calidade deles. En xente nova e con embrións de boa calidade, a conduta máis recomendable é transferir un ou dous embrións nos primeiros intentos. A xestación de dous ou máis fetos supón un aumento dos riscos médicos para a nai e os nenos, tales como o incremento da patoloxía do embarazo, prematuridade, baixo peso ao nacemento e complicacións neonatais severas. A gravidade desta complicación increméntase de maneira paralela ao número de fetos. A xestación múltiple acompáñase igualmente dun aumento das dificultades sociais, económicas e laborais dos pais.

2) Embarazo ectópico: Consiste na implantación do embrión fóra do útero, habitualmente nas trompas. Excepcionalmente pode coexistir cun embarazo situado no útero. Prodúcese nun 3% dos casos.

3) Aborto: A taxa de abortos é lixeiramente superior á que corresponde á poboación xeral

4) Idade avanzada, o consumo de tabaco e as alteracións importantes do peso corporal incrementan o risco de complicacións durante o tratamento, embarazo e para a descendencia

5) Defectos conxénitos e alteracións cromosómicas: Non existen probas de que conxelación incremente o risco habitual de anomalías conxénitas ou cromosómicas, observadas nos tratamentos de FIV e ICSI.

6) Estados hipertensivos da xestación, preeclampsia e eclampsia.

7) Riscos psicolóxicos: Poden aparecer trastornos psicolóxicos como síntomas de ansiedade e síntomas depresivos tanto no home como na muller. Nalgúns

(3)

casos, poden xurdir dificultades na relación de parella (sexual e emocional) e niveis elevados de ansiedade no período de espera entre a aplicación da técnica e a confirmación da consecución ou non do embarazo, así como ante os fallos repetidos da técnica.

8) Imposibilidade de transferencia por:

- Non supervivencia embrionaria tras a desconxelación

- Imposibilidade física da transferencia por alteracións anatómicas do útero.

- Desenvolvemento endometrial insuficiente ou inadecuado

VI. Riscos personalizados:

As características médicas, sociais ou laborais de cada paciente poden supoñer unha modificación dos riscos xerais ou a aparición de riscos específicos. Neste caso serían:

VII. Información económica (se procede)

Os prezos que rexen neste centro detállanse en orzamento adxunto, e cómpre destacar a imposibilidade de concretar previamente de forma exacta o custo total, debido a que os tratamentos varían en cada paciente.

O custo económico do mantemento do material criopreservado (oocitos, espermatozoides ou embrións) deberá ser asumido polos pacientes, sexa cal for a decisión sobre o destino dos mesmos e durante o tempo que estes estean depositados no centro.

VIII. Aspectos legais relacionados coa utilización de embrións procedentes de doadores

1.- De carácter xeral.

O marco xurídico regulador da reprodución humana asistida está constituído basicamente pola Lei 14/2006 sobre técnicas de reprodución humana asistida.

2. Información para o caso de utilización de gametos ou embrións procedentes de doadores

(4)

A doazón de gametos e embrións é un contrato gratuíto, formal e confidencial concertado entre o doador e o centro autorizado. Tanto o banco de gametos, como os rexistros de doadores e de actividade dos centros, teñen a obriga de garantir a confidencialidade dos datos de identidade dos doadores.

Sen prexuízo diso, as receptoras e os fillos nados teñen dereito a obter información xeral dos doadores que non inclúa a súa identidade. Así mesmo, en circunstancias extraordinarias que comporten perigo certo para a vida ou a saúde do nado, ou cando cumpra de acordo coas leis procesuais penais, poderase revelar a identidade dos doadores con carácter restrinxido e sen que iso modifique nunca a filiación establecida previamente.

A elección dos doadores só a pode realizar o equipo médico que aplica a técnica, e en ningún caso por pedimento da receptora nin da parella. Non obstante o anterior, en todo caso o equipo médico deberá procurar a maior similitude fenotípica e inmunolóxica posible coa muller receptora.

Os doadores dos que procede o material xenético han de ter máis de 18 anos, bo estado de saúde psicofísica e plena capacidade de obrar. O seu estado psicofísico debe cumprir as esixencias dun protocolo obrigatorio de estudo dos doadores, que inclúa as súas características fenotípicas e psicolóxicas, así como as condicións clínicas e determinacións analíticas necesarias para demostrar que non padecen enfermidades xenéticas, hereditarias ou infecciosas transmisibles á descendencia.

Nin a muller proxenitora nin o marido, cando prestasen o seu consentimento formal, previo e expreso a determinada fecundación con contribución de doador ou doadores, poderán impugnar a filiación matrimonial do fillo nado como consecuencia de tal fecundación, polo que legalmente son considerados como propios para todos os efectos. Do mesmo xeito ocorrerá nestes casos co home non casado que asinara o consentimento informado con anterioridade á utilización das técnicas.

3.- Sobre o destino dos embrións sobrantes criopreservados

Os embrións viables sobrantes dun ciclo de fecundación in vitro criopreservaranse en nitróxeno líquido, pois non todos os embrións non transferidos son aptos para a conxelación. O destino posterior dos embrións conxelados pode ser:

a) A utilización pola propia muller ou, de ser o caso, a súa cónxuxe. b) A doazón con fins reprodutivos.

c) A doazón con fins de investigación.

(5)

a) A utilización pola propia muller ou a súa cónxuxe poderase efectuar en calquera momento mentres a muller reúna os requisitos clinicamente adecuados para a realización da técnica de reprodución asistida (o que constitúe o prazo máximo de conservación). En caso de parella separada, se a muller desexase utilizalos para a súa reprodución persoal habería de contar co consentimento do ex-marido para a nova transferencia que houbese que realizar, xa que os fillos serían de ambos os dous. b) A doazón con fins reprodutivos pódese levar a cabo se a muller non superaba os 35 anos cando se realizou a conxelación e os embrións poden ser doados a mulleres ou parellas estériles que os necesiten. A doazón é voluntaria, gratuíta, anónima e altruísta e precisa dun consentimento escrito específico previo e actualización das seroloxías. As receptoras e os fillos nados teñen dereito a obter información xeral dos doadores que non inclúa a súa identidade. En circunstancias extraordinarias que comporten perigo certo para a vida ou a saúde do nado, ou cando cumpra de acordo coas leis procesuais penais, poderase revelar a identidade dos doadores, con carácter restrinxido e sen que iso modifique nunca a filiación establecida previamente.

c) Na doazón con fins de investigación os embrións cédense de forma altruísta para proxectos de investigación biomédica en centros especialmente autorizados e con proxectos concretos tamén autorizados. O exercicio efectivo desta opción levará consigo a subscrición dun consentimento adicional e específico no que se expliquen os fins que se persigan coa investigación e as súas implicacións e que fará referencia expresa tamén á utilización da técnica ou técnicas concretas que se vaian aplicar (Lei 14/2007 de investigación biomédica).

d) O cesamento da súa conservación sen outra utilización, que no caso dos oocitos crioconservados só será aplicable despois de finalizar o prazo máximo de conservación establecido na lei sen que se optara por algún dos destinos mencionados nos apartados anteriores. A crioconservación dos oocitos, do tecido ovárico e dos embrións sobrantes poderase prolongar ata o momento en que consideren os responsables médicos, co ditame favorable de especialistas independentes e alleos ao centro correspondente, que a receptora non reúne os requisitos clinicamente adecuados para a práctica da técnica de reprodución asistida.

4.- Obriga de renovación do consentimento respecto dos embrións criopreservados

Cada dous anos como mínimo solicitarase da muller ou da parella proxenitora a renovación ou modificación do consentimento. Se a muller ou parella proxenitora deixase de asinar a renovación periódica do seu consentimento, tras dúas solicitudes consecutivas do centro realizadas de xeito fidedigno (burofax con aviso de recibimento, carta certificada con aviso de recibimento, telegrama con aviso de recibimento, carta notarial, etc.), os embrións quedarán á disposición deste centro,

(6)

que poderá destinalos a calquera dos fins citados no apartado 3, mantendo as esixencias de confidencialidade e anonimato establecidas, así como a gratuidade e ausencia de ánimo de lucro.

5. En relación coa posibilidade de ter un fillo póstumo

En caso de falecemento do home, só poderá determinarse legalmente a filiación se o material reprodutor deste estivese no útero da muller na data da morte, agás se o marido ou o home non unido por matrimonio prestaran o seu consentimento no documento de consentimento informado das técnicas, en escritura pública, testamento ou documento de instrucións previas, para que o seu material reprodutor poida ser utilizado nos doce meses seguintes ao seu falecemento para fecundar a súa muller. Este consentimento poderá ser revogado en calquera momento con anterioridade á realización das técnicas.

Así mesmo, prevén a lei de reprodución que se entenderá outorgado o consentimento do home falecido á fecundación post mortem da súa muller (tanto se é parella casada coma se non), cando esta estivese sometida a un proceso de reprodución asistida xa iniciado para a transferencia de embrións constituídos con anterioridade á data de falecemento do marido.

IX. Alternativas ante o fracaso da técnica

• Volver iniciar o tratamento.

• Profundar en estudos complementarios. • Aplicar modificacións á técnica utilizada.

• Desistir dos tratamentos de reprodución asistida.

O contido deste documento reflicte o estado actual do coñecemento e, polo tanto, é susceptible de modificación en caso de que así o aconsellen novos achados ou adiantos científicos.

_______________________, ___ de _________________ de ___________

Asdo.: O/A médico/a (Col. Nº ________)

Sinatura paciente DNI: ____________

Sinatura parella DNI: ____________

Referências

Documentos relacionados

(1) Recolhimento até o 10 o dia do mês subsequente ao do fato gerador do imposto. Vale ressaltar que os prazos só vencem no dia de expediente normal no órgão em que ocorra o

Raichelis 1997 apresenta cinco categorias que na sua concepção devem orientar a análise de uma esfera pública tal como são os conselhos: a visibilidade social, na qual, as ações e

quando os riscos de distorção relevante são baixos (zona com baixo risco de controle e baixo risco inerente), os riscos de detecção podem ser au­ mentados, ou seja, o

a) O regime de compensação horária poderá ser estabelecido em um período máximo de trinta dias;.. b) O número máximo de horas extras a serem compensadas dentro do respectivo

A componente prática será explorada através da interpretação de atividades em ciências dirigidas para a educação pré-escolar, comunicadas através de documentos escritos

Um fio de Kirschner foi introduzido no processo estilóide do rádio para determinar: a dis- tância entre o fio e o nervo sensitivo radial, entre o fio e o ramo do nervo dorsal

Os vários modelos analisados mostram consistência entre as diferenças de precipitação do experimento do século vinte e os experimentos com cenários futuros, no período de

Até que se conheçam os resultados de alguns ensaios randomizados em andamento, comparando estas duas estratégias, a conduta mais adequada parece ser: (1) restaurar o ritmo sinusal,