• Nenhum resultado encontrado

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Balance 2013: outro ano máis en recesión (e xa levamos seis) Decembro de 2013

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Balance 2013: outro ano máis en recesión (e xa levamos seis) Decembro de 2013"

Copied!
24
0
0

Texto

(1)
(2)

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia

Balance 2013: outro ano máis en recesión (e xa levamos seis)

Decembro de 2013

(3)

ÍNDICE

Unha economía en recesión... 5

Crise económica e crise de emprego ... 6

O fracaso da reforma laboral...12

Aumenta a desigualdade social ...16

(4)
(5)

UNHA ECONOMÍA EN RECESIÓN

Péchase o quinto ano da crise, a máis longa, dura e destrutiva que sufrimos en décadas. Sen dúbida a máis grave desde a recuperación da democracia, con efectos demoledores sobre as condicións de vida e de traballo da maioría social. Neste ano que termina, o PIB de Galicia sufrirá unha nova caída que pode situarse no entorno do -1,5%; estamos polo tanto en recesión, e o que é peor, nunha dobre recesión en apenas catro anos; algo que non sucedera nunca en toda a nosa historia recente.

-3,00% -2,00% -1,00% 0,00% 1,00% 2,00% 3,00% 4,00% 5,00% 20 07 20 08 20 09 20 10 20 11 20 12 20 13

Estamos ante unha crise en forma de W, o peor dos escenarios posibles, con caídas do 3% en 2009 e do -1,3% en 2012 e con crecementos nulos ou mesmo negativos nos anos intermedios. O resultado acumulado no conxunto do período é unha caída próxima ao 6% no nivel de pib.

A economía galega entrou na segunda recesión no cuarto trimestre de 2010 e agora xa levamos doce trimestres en taxas negativas de variación do PIB, unha situación de recesión que se estende, e mesmo se agrava, no que levamos de 2013. O último dato coñecido, o III trimestre, sinala que o pib acumula unha caída do -1,3%. en taxa interanual nos nove primeiros meses do ano, unha cifra que con gran probabilidade marcará a caída do conxunto de 2013.

Esta caída do pib está provocada polo esborralle da demanda interna que sofre unha caída moi forte que non pode ser compensada polo saldo exterior da economía galega. Sen esa achega do comercio exterior estariamos, aquí e no conxunto do estado, nunha recesión aínda máis profunda e superior ao -3%. A caída da demanda interna, que é a variable fundamental para o crecemento da economía, débese a que o gasto dos fogares segue en valores negativos, como consecuencia tanto das elevadas cifras de desemprego como da redución dos

(6)

A este factor recesivo, que xa dura toda a crise, úneselle neste último ano o esborralle do gasto público, que desde a metade de 2011 está sufrindo as consecuencias dos axustes e dos recortes. Pero é aínda peor a evolución do investimento, tanto público como privado, que por terceiro ano consecutivo redúcese nunha contía moi elevada.

Este é o escenario recesivo da economía en Galicia e en España, do primeiro ano de goberno do PP e demostra o grave erro da política económica de Rajoy. Ao aplicar “so dor” aos cidadáns, ao ter como único instrumento os recortes, provoca inevitablemente a recesión. Isto é, o deterioro da actividade, o peche de miles de empresas, a perda de emprego de centos de miles de traballadores e traballadoras e o aumento do paro en máis de 800.000 persoas en España, 41.500 delas en Galicia.

Unha política suicida que agrava aínda máis a xa difícil situación económica, social e laboral e que ademais non serve para resolver os desequilibrios macroeconómicos. Hai que recordar que logo da recesión de 2009 nos dous anos seguintes, 2010 e 2011, a economía española creceu; moi lixeiramente, é certo; case nada pero grazas ao +0,1 de 2011 e ao +0,3 do ano seguinte, saímos da recesión. Foi chegar Rajoy á presidencia, empezar cos recortes e levar á economía a unha situación recesiva que aínda dura a día de hoxe. O balance non pode ser polo tanto peor.

CRISE ECONÓMICA E CRISE DE EMPREGO

Facer o balance do que pasou no mercado laboral de Galicia en 2013 é un exercicio de moito interese, porque neste ano coinciden dous procesos diferentes pero complementarios: foi o segundo ano da lexislatura con Mariano Rajoy como presidente do Goberno central e o primeiro da segunda lexislatura de Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.

Daquela, non hai desculpas. Dous gobernos con maioría absoluta e do mesmo partido, sen coartadas, polo tanto, para xustificar os resultados da súa xestión. A culpa xa non está en Madrid, nin na oposición, nin na falta de apoios parlamentarios para aprobar orzamentos ou aplicar plans ou políticas concretas. Para o Goberno central foi ademais intenso, cunha nova reforma laboral e a completa implantación da súa política económica. Para a Xunta de Galicia, ao ser o primeiro ano da segunda lexislatura, serve para facer o balance da súa xestión, porque logo de case cinco anos con maioría absoluta xa se pode ver cal foi o resultado.

(7)

E, certamente, o balance é negativo. Moi negativo en realidade, porque en termos de emprego o 2013 pasará á historia como un dos peores anos en todas as variables relevantes do mercado de traballo.

De feito pódese cualificar xa como o bienio negro do PP o período 2012/2013, porque o peor en termos de emprego da nosa historia.

Imos utilizar como período de referencia o III trimestre, comparado co mesmo período de 2012, porque son as últimas cifras pechadas polo Instituto Nacional de Estatística.

Segundo a epa, no terceiro trimestre de 2013 había en Galicia 1.006.200 persoas traballando, que é o mínimo histórico nunha década, porque para atopar unha cifra similar hai que retrotraerse ata o ano 2000.

EVOLUCIÓN DO EMPREGO

EMPREGO VARIACIÓN % VARIACIÓN

III trimestre 2008 1.214.500 – – III trimestre 2009 1.151.100 –63.400 –5,2 % III trimestre 2010 1.118.700 –32.400 –2,8 % III trimestre 2011 1.087.000 –31.700 –2,8 % III trimestre 2012 1.047.700 –39.300 –3,6 % III trimestre 2013 1.006.200 –41.500 –3,9 %

FONTE:Elaboración propia sobre datos IGE

Para seguir a lóxica dun balance anual, se comparamos esta cifra coa de 2012 revélase que nos últimos doce meses se perderon 41.500 empregos, que equivalen a unha caída do 3,9% anual. E este é un dato moi inquietante.

En primeiro lugar, porque supón unha nova perda de emprego que se acumula sobre as anteriores, de xeito que desde 2008 en Galicia lévanse destruído 208.300 empregos, o 17% dos que habería cando empezou a crise. Ou, dito doutra forma, perdemos case un de cada cinco empregos nestes cinco anos de crise.

E é moi preocupante, en segundo lugar, porque o ritmo de destrución de emprego en 2013 é máis intenso que en 2012, 2011 e en 2010, e achégase ao que sucedía nos peores momentos da crise.

A razón é obvia: en 2012 a economía volveu á recesión. En 2009, o pib caeu o –3%; en 2010 e en 2011 deixou de caer e mesmo parecía estabilizarse pero en 2012 o pib volve caer por volta do –1%. E esa dobre recesión estendese a todo o 2013, ano que se pechara cunha caída do PIB por riba do 1%.

(8)

E a ninguén debe estrañarlle: o Goberno central e a Xunta de Galicia aplicaron unha política de axustes e de recortes que, por forza, deprime a actividade económica. E sen crecemento económico non hai emprego.

O terceiro motivo de preocupación é que no último ano caeu o emprego en todos os sectores, pero especialmente na industria, un sector fundamental na estrutura produtiva do país.

Destruíronse nos últimos doce meses 8.400 empregos industriais, unha cifra que equivale a unha caída do 5%, algo que só se pode cualificar como un desastre. O axuste afecta tamén á construción, que perde outros 14.300 empregos máis, ao sector primario que se reduce en case 5.000 ocupacións e ata nos servizos, con 14.000 persoas menos empregadas.

OCUPACIÓN POR SECTORES

2013 2012 VARIACIÓN % Agricultura 75.100 79.900 –4.800 –6 % Industria 152.900 161.300 –8.400 –5 % Construción 66.800 81.100 –14.300 –18 % Servizos 711.300 725.300 –14.000 –2 % TOTAL 1.006.700 1.047.700 –41.500 –4 %

FONTE:Elaboración propia sobre datos IGE

Pero o retroceso máis duro e importante é o que padece a industria, unha sangría que non cesa e que levou por diante na crise todo o emprego que se xerou en dúas décadas de expansión.

A análise da evolución do emprego segundo a situación profesional das persoas permite avanzar no coñecemento do que pasa e introducir a segunda variable relevante: os efectos da reforma laboral e as políticas de axuste no sector público.

OCUPACIÓN POR SITUACIÓN PROFESIONAL

2013 2012 VARIACIÓN % Empresario/a 62.900 71.600 –8.700 –12 % Autónomo/a 115.600 153.300 +2.300 +2 % Asalariado/a 777.700 809.900 –32.200 –4 % Outras 10.100 12.000 –1.900 –19 % TOTAL 1.006.700 1.047.700 –41.000 –4 %

Fonte: Elaboración propia sobre datos IGE

O dato máis destacado é que a maioría do emprego perdido estaba ocupado por persoal asalariado, isto é, traballadores e traballadoras por conta allea. Nos últimos

(9)

doce meses, o número de empregados/as caeu en 41.000, e os asalariados en 32.200 de forma que soportaron o 80% do axuste do emprego.

Parece evidente que a perda de emprego se concreta nas persoas asalariadas, aínda que é verdade que entre as autónomas e empresarias sen asalariados se produce unha resistencia extrema a pechar a actividade pola falta de alternativas e de protección social.

A extensión e duración da crise mais as políticas de recortes para cadrar as contas forzaron un cambio substancial no emprego que depende das administracións. En 2013, o número de asalariados/as do sector público reduciuse en 11.400 persoas en Galicia, un 6% das que había. Pola súa banda, o número de asalariados/as do sector privado cae en 20.900.

ASALARIADOS E ASALARIADAS PÚBLICOS E PRIVADOS

2013 2012 VARIACIÓN %

Asalariados/as públicos 175.900 187.300 –11.400 –6 %

Asalariados/as privados 601.800 622.700 +20.900 –3 %

TOTAL 777.700 809.900 –32.300 –4 %

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

Este dato dános a primeira cualificación dos efectos da reforma laboral coa que se iniciou o ano: non serviu para crear emprego; ao revés, é entre as persoas asalariadas, públicas e privadas, que son as afectadas pola reforma, onde máis emprego se destrúe.

E tampouco lle foi moito mellor no seu outro obxectivo declarado, mellorar a calidade do emprego fomentando a estabilidade. Iso tampouco sucedeu, porque nos últimos doce meses destruíuse tanto emprego fixo coma temporal. Hoxe hai 25.600 asalariados/as con contrato indefinido menos e 6.600 eventuais menos que hai un ano. Non se crea emprego estable nin se transforman contratos precarios en indefinidos. O único que provocou a reforma laboral é que agora sexa case indiferente ser fixo ou temporal á hora de ser rescindido.

ASALARIADOS E ASALARIADAS POR TIPO DE CONTRATO

2013 2012 VARIACIÓN %

Temporais 190.400 197.000 –6.600 –3 %

Fixos/as 587.300 612.900 –25.600 –4 %

TOTAL 777.700 809.900 –32.300 –4 %

(10)

Na fase inicia da crise a destrución do emprego concretouse fundamentalmente entre os homes porque, aínda que entre as mulleres tamén se perde emprego, a concentración sectorial da crise na industria e na construción fai que o que máis sufra sexa o emprego masculino.

Pero iso foi o principio porque a extensión da crise o sector servizos fai que tamén sufra o emprego feminino. No último ano hai 22.100 homes menos traballando e 19.400 mulleres menos.

OCUPACIÓN POR TRAMOS DE IDADE

2013 2012 DIFERENZA %

Homes 532.600 554.700 –22.100 –4 %

Mulleres 473.600 493.000 –19.400 –4 %

TOTAL 1.006.700 1.047.700 –41.500 –4 %

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

E tamén sofre a xente máis nova, porque a destrución de emprego agudízase nos tramos de menor idade. En concreto, só unha de cada tres persoas ocupadas ten menos de 34 anos en Galicia, pero dous de cada tres empregos perdidos no último anos estaban ocupados por persoas desa idade.

OCUPACIÓN POR XÉNERO

2013 2012 DIFERENZA % +55 156.500 167.800 –11.300 –7 % De 45 a 55 260.700 264.800 –4.100 –2 % De 35 a 44 317.700 318.400 +700 – De 25 a 34 230.200 250.100 –19.900 –8 % De 20 a 24 37.900 40.400 –2.500 –6 % De 16 a 19 3.200 5.600 -2.400 –4 % TOTAL 1.006.700 1.047.700 –41.500 –4 %

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

E sempre a destrución de emprego comporta un aumento do paro, aínda que desta volta o desemprego crece menos ca o emprego perdido. Hoxe temos en Galicia 277.000 persoas en paro, que son 13.000 máis que hai un ano, o que equivale a un incremento do 5% nestes doce meses.

EVOLUCIÓN DO DESEMPREGO

2013 2012 DIFERENZA %

Homes 148.400 142.100 +6.300 4,5 %

Mulleres 128.600 121.900 +6.700 5,4 %

TOTAL 277.000 264.000 +13.000 5 %

(11)

O aumento de persoas desempregadas é de case 30.000 menos que o de empregos perdidos, pero isto non é algo positivo senón todo o contrario. O que indica é que a poboación activa, as persoas que teñen traballo ou o buscan activamente, redúcese porque ante unha expectativa moi improbable de atopar un emprego moitas persoas abandonan o mercado de traballo. Iso é o que pasou.

Como é lóxico, máis desemprego e menos poboación activa supón un aumento da taxa de paro, que é o cociente entre ambas as variables. No terceiro trimestre de 2013 sufrimos unha insoportable taxa de paro do 21,6%, que é a terceira a máis alta de toda a nosa historia. Nunca tiveramos tanto desemprego en Galicia como neste ano 2013, porque os tres trimestres do exercicio son os que teñen a taxa de paro máis alta xamais coñecida en Galicia.

Taxas de paro que se distribúen de forma desigual entre os distintos colectivos de traballadores e traballadoras. É destacable que, por primeira vez en moito tempo, a taxa de paro masculino, cun 20,4%, é superior, aínda que por moi pouco, á feminina que é do 19,8% no III trimestre do ano. Máis significativo é que hai un ano a taxa feminina superaba en dous puntos a masculina.

Unha taxa de paro que contén grandes diferenzas segundo o tramo de idade e polo que xa se dixo: cébase especialmente nos máis novos, que sofren un desemprego do 47%, mentres que no extremo contrario os maiores de 55 anos teñen unha taxa do 13%.

TAXA DE PARO POR IDADES

2013 2012 De 16 a 19 60 % 53 % De 20 a 24 47 % 46 % De 25 a 54 21 % 19 % Máis de 55 16 % 13 % TOTAL 21,6 % 20,1 %

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

Agrava as consecuencias deste desemprego masivo o peso crecente do denominado paro de longa duración, é dicir, as persoas que levan en desemprego máis dun ano. O seu número non deixa de aumentar e en 2012 sumou 26.000 persoas máis ata alcanzar unha cifra total de 134.000 nesta situación tan preocupante.

(12)

PERSOAS PARADAS POR TEMPO DE BUSCA 2013 2012 DIFERENZA % Menos de 3 meses 41.200 41.300 –100 – De 3 a 6 meses 23.100 24.800 –1.700 –7 % De 6 meses a 1 ano 41.400 49.700 –8.300 –17 % De 1 a 2 anos 60.100 60.000 +100 – Máis de 2 anos 97.400 72.400 25.000 35 %

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

A cronificación do desemprego e a ameaza da exclusión social queda reflectida nun dato: o colectivo de parados/as de moi longa duración —máis de dous anos— é o que máis aumentou; con 97.200 persoas xa é o grupo máis numeroso entre as persoas desempregadas. Un colectivo que, obviamente, esgota as súas prestacións contributivas e no mellor dos casos cobra un subsidio tan baixo que o coloca por baixo do limiar da pobreza.

O FRACASO DA REFORMA LABORAL

Estamos nunha situación laboral dramática que se intensifica aínda máis pola política do Goberno, en especial pola reforma laboral imposta en febreiro de 2012 e que xa estamos en condicións de afirmar, sen ningún xénero de dúbidas, que resultou un estrepitoso fracaso. Non se cumpriu nin un só obxectivo dos que formalmente defendía o Goberno para tentar xustificala e, pola contra, empeoraron moito as condicións laborais da clase traballadora, tal e como agoiramos os sindicatos.

No punto anterior comprobamos que, obviamente, a reforma laboral de Rajoy non serviu para crear emprego, senón todo o contrario. No ano que agora dá cabo destruíronse 41.000 empregos en Galicia, o que supón unha impugnación total da reforma en termos de emprego. Pero hai algo peor que demostra o fracaso da reforma no que o Goberno dicía que era o seu obxectivo central, e é que a maioría do emprego destruído se concentra nas persoas asalariadas que son, por definición, as afectadas de forma directa pola reforma. No III trimestre de 2013 hai 32.200 traballadores/as por conta allea menos que un ano antes, o que demostra que a reforma foi especialmente perniciosa para os asalariados e asalariadas. A reforma de Rajoy tamén fracasou de forma escandalosa no que era o seu segundo obxectivo teórico: facer que o despedimento fose a última opción dos empresarios, porque a reforma dotaba de flexibilidade interna as empresas e, polo tanto, reduciríanse os despedimentos. No debate sobre a reforma, os sindicatos fartámonos de repetir que este argumento era radicalmente falso. Que ao facilitar o

(13)

procedemento e abaratar o prezo, as empresas despedirían máis. E iso foi exactamente o que sucedeu.

O ocultismo do goberno, a negación de información que permita valorar os efectos da reforma sobre os despedimentos obríganos a facelo análise cos datos de 2012.

DESPEDIMENTOS XANEIRO/OUTUBRO

2011 2012 DIFERENZA %

Con sentenza xudicial 640 564 –76 –12 %

Causas obxectivas (20 días) 6.780 12.925 +6.145 +91 %

Despedimento expres 16.690 16.896 +206 +1 %

Despedimento colectivo 3.830 5.565 +1.735 +45 %

Resto 900 1.168 +268 +30 %

TOTAL 28.840 37.118 8.278 29 %

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

Entre xaneiro e outubro de 2012, despedíronse en Galicia a máis de 37.000 traballadores e traballadoras polas diferentes fórmulas de despedimento. Isto é, non falamos de finalizacións ou non renovación de contratos temporais, falamos exclusivamente de despedimentos formalizados nos diferentes procedementos que marca a norma laboral.

Pero o dato máis clarificador dos efectos da reforma é que en 2012 o número de persoas despedidas se incrementou o 29% en relación co ano anterior. É un dato esaxerado que demostra as mentiras do Goberno, as que dicía cando aprobou a reforma e as que di agora cando se atreve a dicir que está tendo bos resultados. Ao abaratar e facilitar o despedimento provocou o seu enorme aumento.

Máis despedimentos e, sobre todo, máis baratos, porque a análise desagregada das vías utilizadas polas empresas demostra que cada vez utilizan máis as que teñen as menores indemnizacións. O despedimento individual por causa obxectiva, o de 20 días por ano co tope dunha anualidade de indemnización, disparouse cun incremento do 91% desde que a reforma está en vigor. Pola súa banda, o despedimento colectivo, os ere de extinción, que tamén teñen esa indemnización de 20 días por ano, incrementáronse o 45% coa reforma laboral.

Estas dúas fórmulas de despedimento son as que teñen unha menor indemnización; son, polo tanto, as máis baratas para as empresas e, non por casualidade, son as que se disparan coa reforma. Demóstrao un dato: estas dúas fórmulas concentran o 95% do aumento dos despedimentos en Galicia como consecuencia da reforma laboral.

(14)

O terceiro obxectivo teórico da reforma, segundo o Goberno, era reducir a dualidade do mercado de traballo en España potenciando a estabilidade no emprego. O Goberno argumentaba que a súa reforma aumentaría a contratación indefinida e caería a eventual. Pois ben, tamén neste terreo a reforma é un absoluto fracaso, porque mantense unha contratación temporal abusiva mentres que non avanza a contratación indefinida.

CONTRATACIÓN LABORAL

2013 2012

Indefinidos 26.712 24.671

Temporais 552.505 522.960

Total contratos iniciais 579.317 547.661

% contrato indefinido 4,6 % 4,5 %

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

Seguimos tendo unha cifra irracional de contratos, como o demostra que nos dez primeiros meses do ano se formalizaran case 600.000 contratos nas oficinas do servizo público de emprego en Galicia, unha cifra que chegara ata os 730.000 o final do ano.

Nun ano en que se destrúe emprego, nun ano en que o número de traballadores e traballadoras con contrato temporal mingua en case 7.000, formalizáronse centos de miles de contratos de traballo. De feito, se comparamos ambas as cifras, obtemos como resultado un índice de rotación laboral de tres, o que significa que, de media, cada asalariado temporal asinou tres contratos no ano.

Iso si, case todos son contratos temporais, contratos precarios, porque a reforma de Rajoy nada fixo por impulsar a contratación indefinida: en 2013 os contratos estables apenas son o 4% do total, a mesma cifra irrisoria que xa tiña en 2011 antes da reforma laboral.

Non se produce, xa que logo, ningún avance, ningunha mellora na contratación. Seguimos sendo o paraíso, ou mellor dito o inferno, mundial da precariedade, e confírmao o dato de que nos últimos dez anos se formalizaran en Galicia 7.209.010 contratos de traballo, unha cifra que para o conxunto de España chega ao absurdo, ao estratosférico, de 158.925.453 contratos.

Neste remuíño contractual chama aínda máis a atención o fracaso estrepitoso do contrato estrela da reforma Rajoy, o denominado «contrato de emprendedores».

(15)

CONTRATOS DE EMPRENDEDORES CONTRATO EMPRENDEDORES TOTAL CONTRATOS % Xaneiro 357 51.875 0,6 Febreiro 303 39.063 0,7 Marzo 337 41.476 0,8 Abril 392 50.757 0,7 Maio 350 54.510 0,6 Xuño 342 57.960 0,5 Xullo 403 82.113 0,4 Agosto 328 63.177 0,5 Setembro 411 67.156 0,6 Outubro 434 71.230 0,6 TOTAL 3.657 579.317 0,6

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

Ese contrato inclúese na categoría dos indefinidos, malia contar cun período de probas dun ano no que, obviamente, o despedimento é libre e gratuíto. Segundo o Goberno, cando presentou a reforma, este contrato provocaría un cambio no modelo de contratación, impulsando a estable en detrimento da eventual.

Pasados case dous anos da aplicación da reforma, xa se pode dicir con total seguridade que este contrato foi un fracaso absoluto, do que xa non se vai recuperar nunca. O contrato de emprendedores foi absolutamente irrelevante porque apenas se asinaron 3.657 contratos deste tipo nun total de 579.317 no ano 2013.

É dicir, non chega nin ao 1% da contratación, e o que aínda resulta máis revelador do fracaso é que cada vez se fan menos. Non é descoñecemento por parte dos empresarios, senón irrelevancia, porque a medida que as empresas o coñecen deixan de usalo.

Vai alá case un ano e agora xa sabemos quen tiña razón. A reforma só serviu para intensificar a destrución de emprego derivada da recesión, porque ao abaratar e facilitar o proceso de despedimento fai que se despida máis ca nunca; non mellorou a dualidade, senón que seguimos instalados na precariedade absoluta, e o novo contrato inventado polo Goberno resultou un fracaso total. Ante este panorama de fracaso desolador, Rajoy e a ministra de Emprego aínda se atreven a dicir que a reforma vai ben.

(16)

AUMENTA A DESIGUALDADE SOCIAL

O ano 2012 foi negativo na economía e o emprego e tamén na distribución da renda. En concreto este ano que termina viu como se produciu unha redistribución da renda en contra dos asalariados e a favor das rendas empresariais.

É a lóxica da devaluación interna: reducir os salarios, as pensións, as rendas das persoas para seguir unha senda falsa de competitividade vía baixada de prezos. Unha estratexia falsa, porque baixan os salarios pero non os prezos. En 2012 a inflación sitúase no entorno do 3%, por encima do ano anterior e outra vez cun diferencial negativo en comparación coa media da ue.

Así pois de nada servirían os esforzos soportados polos asalariados ou os pensionistas. Os incrementos de fiscalidade indirecta, as subidas nos prezos do petróleo, un oligopolio insaciable, e o aumento nas marxes dalgúns sectores empresariais mantennos nunha senda alcista do ipc malia a situación de recesión.

EVOLUCIÓN PODER ADQUISITIVO

ANO IPC MEDIO SMI EMPREGADOS

PÚBLICOS PENSIONISTAS CONVENIOS COLECTIVOS 2012 2,4 0 % –7 % 1 % 1,8 % 2013(1) 1,7 0 % 0 % 1 % 0,7 % Total 4,1 0 % –7 % 2 % 2,5 % Perda – –4 % –11,1 % –2,1 % –1,6 % (1) ata outubro

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

As decisións dos gobernos neste tempo, Zapatero ata o 2011 e Rajoy o 2012, provocaron unha perda de poder adquisitivo da maioría social. Tanto pensionistas como empregados públicos ou perceptores do Salario Mínimo Interprofesional sufriron a decisión do goberno de incrementar a súa renda por baixo do IPC o que

provoca unha redución real do seu salario ou pensión, que se acumula ao perdido en períodos anteriores.

Os que máis perden son, sen dúbida, os empregados públicos, colectivo elixido polo goberno para marcar a senda de evolución dos salarios. Utilizando o boe contra os traballadores do sector público, envía sinais directos ás empresas privadas.

En 2012 os empregados públicos sufriron un auténtico roubo no seu nivel salarial, porque a redución do 7% no seu retribución pola eliminación da paga extra, a conxelación inicial e un ipc do 2,9%, provoca que nun só ano perden o 10% do seu salario real. Se lle sumamos que xa sufriron nos dous anos anteriores, a perda de

(17)

poder adquisitivo elévase a un brutal 20% de perda de nivel de renda en tres anos, un auténtico descalabro que o goberno quere continuar en 2013 ata acumular esa perda do 25% que é a referencia cuantitativa da estratexia da depreciación interior.

Pagan tamén a crise os que menos teñen, os asalariados que cobran o salario mínimo interprofesional (SMI) e os que están condicionados pola contía do mínimo.

En 2012 por primeira vez na historia da democracia o SMI conxelouse, o que provoca unha perda do -2,9% nese ano. Si acumulámolo aos sufridos en 2010 e 2011, porque a súa contía subiu moito menos que o ipc, vemos que no período de crise os dous gobernos son responsables dun deterioro do 5,5% no Salario Mínimo, que xa é un dos máis baixos da UE, e que é de 641,4 € mes.

Un ataque aos máis débiles que o goberno do pp ameaza con darlle continuidade en 2013 ao propoñer un incremento de tan só o 0,6%, moi por baixo do que subirá o IPC e que provocará un maior deterioro dun salario mínimo que xa é

excesivamente baixo.

Sofren os recortes os pensionistas, que en 2012 perden case dous puntos de poder adquisitivo porque o goberno, saltándose a lei, non lles actualizou as súas pensións coa variación real do IPC. Como o aumento inicial das pensións foi do 1% e a

inflación a novembro é do 2,9% perden ese diferencial, tanto en forma de paga compensatoria como de aumento na pensión que, polo tanto, perderán ese aumento cara ao futuro.

Como no ano 2011 as pensións se conxelaron e o IPC pechou no 2,4%, os

pensionistas perderon nos dous últimos anos o 4,3% de poder adquisitivo.

Esta estratexia de redución de rendas ás persoas que dependen de forma directa do boe está chegando tamén ás que fixan os seus salarios a través da negociación colectiva. Cos datos pechados a outubro do Consello Galego de Relacións Laborais, xa sabemos que fronte a un IPC a outubro do 1,7% en media anula, os incrementos salariais pactados nos convenios colectivos negociados en Galicia foron de media 0,7%. Hai polo tanto unha perda dun punto en 2013 que demostra que a estratexia devaluadora esténdese ao conxunto da sociedade.

Pero en termos de negociación colectiva é aínda mais preocupante a falta de vontade negociadora por parte dos empresarios, que aproveitándose da reforma laboral dinamitaron a negociación. Se no ano 2009 asináronse en Galicia 234 convenios colectivos con 352.936 traballadores afectados en 2013 foron tan só 50.354 traballadores os que foron capaces de chegase a cordo coas súas empresas. Unha caída brutal porque supón dividir por sete o numero de persoas con

(18)

negociación para aproveitarse da derogación da ultra actividade dos convenios colectivos que lles regalou o pp coa reforma laboral.

Todos estes recortes, a perda de valor real das pensións e dos salarios, está provocando unha redistribución inxusta de rendas entre o traballo e o capital. E isto non é unha sensación, nin sequera unha opinión aproximada. É o que reflicte a estatística oficial do Instituto Galego de Estatística na que distribúe a renda en Galicia entre a remuneración dos asalariados, o excedente bruto de explotación e os impostos netos sobre a produción.

DISTRIBUCIÓN DA RENDA ANO REMUNERACIÓN ASALARIADOS EXCEDENTE BRUTO 2010 46,6 % 44,3 % 2011 45,0 % 46,1 % 2012 43,5 % 47,9 % 2013 42,8 % 47,5 % Diferenza –3,8 +3,2

FONTE:ELABORACIÓN PROPIA SOBRE DATOS IGE

Deixando ao carón os impostos e centrándonos nos salarios e os beneficios empresariais, no período da crise produciuse unha auténtica regresión social: a remuneración dos asalariados perdeu mais de tres puntos na súa participación na renda mentres que os beneficios empresariais gañaron mais de tres puntos e medio.

Hai polo tanto unha transferencia de rendas entre traballo e capital porque se reduce o peso dos salarios e aumenta o dos beneficios. Os empresarios quédanse cunha parte cada vez maior da tarta da riqueza producida sacándolla aos asalariados.

E en 2012 consolidouse un cambio radical nesta distribución da renda: desde o 2011 a parte da renda destinada a beneficios é xa máis grande que a destinada a salarios, algo que non ocorrera en toda a nosa historia recente.

CONCLUSIÓNS

No ano 2013 xa non hai desculpas. Hai goberno do Partido Popular con maioría absoluta en Galicia e España. Toda a responsabilidade é polo tanto súa, nada limita ou impide a súa acción de goberno. E de feito gobernaron contra a maioría social impulsando un programa distinto ao que presentaron nas eleccións.

(19)

Un goberno con políticas duras, con recortes e reformas extremas que agora poden valorarse tamén polos seus resultados. E realmente son moi malos, facendo do bienio 2012/2013 o peor en moito tempo. Estas son as notas fundamentais:

1. Unha economía en recesión.

Despois do estancamento de 2010 e 2011, o pib de Galicia volveu a caer en 2012 e continúa en negativo en 2013, sufrindo así unha dobre recesión en 5 anos, algo que non sufriramos xamais na nosa historia recente. Ás dificultades da crise únese a política restritiva e de axustes do goberno central e da Xunta que só serviron para agravar a recesión

2. Unha brutal destrución do emprego

A crise económica, a perversa reforma laboral imposta por Rajoy e a xestión de Feijoo na Xunta provocaron unha destrución brutal do emprego: perdemos máis de 41.000 empregos en Galicia, un 3,9% dos que había, unha cifra que nos retrotrae aos momentos máis duros da crise. Non imos na dirección de saída, senón fundíndonos máis no pozo da recesión, porque esta porcentaxe de perda de postos de traballo e o peor dende o 2009.

3. Seguimos perdendo moito emprego industrial

Non é só a construción que en 2013 é o sector que máis emprego perdeu. E tamén a industria con 8.400 postos de traballo menos, unha caída do 5%. Isto é gravísimo porque a industria é un sector clave na estrutura produtiva dun país desenvolvido, e xa perdemos case 30.000 postos de traballo industriais no bienio negro do PP que eleva ata os 70.000 os destruídos na crise.

4. Os que máis pagan a crise son as persoas asalariadas

En 2013 o 80% do emprego perdido estaba ocupado por persoas asalariadas, o que demostra que non é só a crise a que destrúe emprego, tamén a reforma laboral de Rajoy.

5. Cae o número de asalariados e asalariadas tanto públicos como privados O axuste no emprego asalariado xa é xeneralizado, afecta a todos os sectores e tamén aos empregados públicos. En 2013 destrúense 11.400 empregos públicos e 20.900 no sector privado; as políticas de axuste e de recorte provocan a redución nos cadros de persoal, que á súa vez deterioran os servizos públicos como o ensino, a sanidade ou os servizos sociais.

(20)

contrato indefinido. En 2012 perdeuse o 3% do emprego ocupado por eventuais, uns 6.600 en cifras absolutas. Pero a reforma de Rajoy fai que tamén os indefinidos carguen co peso da recesión, como de demostra que en 2013 destruíronse case 26.000 empregos ocupados por indefinidos. Para iso serviu a reforma, agora é case indiferente ser fixo ou temporal á hora de ser rescindido.

7. A perda de emprego cébase cos máis novos

Unha gran parte do emprego destruído en 2013 concéntrase entre as persoas que teñen menos de 35 anos, que é o colectivo que desde o inicio da crise máis está sufrindo.

Un proceso de gravísimas consecuencias, porque ademais do sufrimento persoal do presente, pon en perigo o futuro do país, cunha xeración de mozos e mozas que buscará na emigración a oportunidade que o seu país lle nega.

8. O desemprego se dispara

En 2013 alcanzouse o récord histórico negativo de desemprego. Os 288.000 parados do II trimestre é a cifra máis alta da nosa historia. Nun ano o desemprego disparouse o 5% ata incorporar a 13.000 persoas máis á xa longuísima cola do paro. En media anual o 2013 é o peor ano de toda a nosa historia en termos de desemprego, nunca houbo tantas persoas desempregadas en Galicia.

Sufrimos unha taxa de paro do 21,6%, que se dispara ata o 60% nos menores de 19 anos e do 47% nos que teñan entre 20 e 29 anos. Son taxas insufribles, de emerxencia social, de catástrofe.

9. Cada vez hai máis parados de longa duración

A duración eterna da crise e as políticas da Xunta están provocando a cronificación do desemprego: cada día aumenta o número de parados que levan máis dun ano nesa situación. Hai máis de 157.000 persoas que levan máis dun ano en paro e deles máis de 97.000 xa suman máis de dous anos. Unha situación terrible porque se esgotan as prestacións, pérdense posibilidades de volver a traballar e se asoman ao abismo da exclusión social. En 2013 é este o colectivo que aumenta: o 35% nun só ano o que equivale a 25.000 persoas máis ao levar máis de dous anos sen traballo.

10. Unha reforma laboral que só serviu para facilitar o despedimento

Fronte á demagoxia do goberno os datos son contundentes: en 2012 o número de despedimentos disparouse cun aumento do 29% sobre o ano anterior. De xaneiro a outubro de 2012 despedíronse en Galicia a 37.118 persoas, 8.278 máis que no ano 2011.

(21)

11. Despedimentos cada vez máis baratos

Ese é o segundo efecto da reforma: faise máis doado e barato despedir e por iso se despide máis.

En 2012 disparáronse as fórmulas de despedimento barato, a de 20 días por ano, individual ou colectivo que se converte, grazas a Rajoy, porta barata e fácil pola que saen os traballadores despedidos.

12. Unha reforma que fracasou de forma absoluta no obxectivo de estabilidade

Galicia e España, seguen sendo o paraíso ou o inferno da precariedade laboral, e a reforma non fixo nada para evitalo. En 2012 a pesar da grande destrución de emprego, formalizáronse ata novembro 597.505 contratos de traballo; iso si, o 96% de carácter temporal.

Seguimos instalados na flexibilidade extrema: nos últimos dez anos rexistráronse en Galicia 7 millóns de contratos laborais, unha cifra disparatada que chega ao absurdo de 159 millóns de contratos en España.

13. Aumenta a desigualdade social

A política de dereitas do PP, en Madrid e en Galicia, provocou un aumento da desigualdade, da pobreza e da marxinación. Un ipc do 3% con salarios, pensións, e prestacións conxeladas ou reducidas provocou un deterioro xeneralizado do nivel de vida da maioría social.

Os perceptores do smi perderon nos últimos tres anos o 5,5% do seu poder adquisitivo, os empregados públicos o 20%, os pensionistas o 4,7% e os salarios pactados en convenio o 1,3%

14. Prodúcese unha redistribución inxusta da renda

A crise está sendo utilizada como coartada para provocar unha transferencia de rendas do traballo a favor do capital, porque baixan os salarios pero non os prezos e as marxes de moitos sectores empresariais.

En apenas catro anos produciuse un cambio radical na distribución da renda xerada: a remuneración dos asalariados caeu en case catro puntos en beneficio do excedente bruto de explotación.

A partir de 2011 xa é maior a participación dos beneficios empresariais na renda que os salarios, algo descoñecido na nosa historia recente. No que levamos de 2013

(22)

a participación dos asalariados na renda xa está por baixo do 43% mentres que os beneficios empresariais achéganse o 48%.

(23)
(24)

Referências

Documentos relacionados

O presente estudo verificou níveis elevados de concor- dância entre as respostas dadas pelos pais e responsáveis e por seus filhos (crianças menores e adolescentes) ao QE

AutoTrack II - a última e premiada versão de software de controlo de movimentos da Bosch, estabilização de imagens integrada, detecção de movimentos e um sofisticado motor

I - Apresenta pequenos erros de escala e azimutes relativamente retos, para poucas centenas de milhas. II - Os paralelos são circunferências concêntricas. III - Os

 Norte PT no contexto da cooperação transfronteiriça 2007-2013: organização e planeamento estratégico9.  Eurorregião

Letra A: errada. 907), “os meios de prova podem ser lícitos – que são admitidos pelo ordenamento jurídico – ou ilícitos – contrários ao ordenamento. Somente os

Desta forma, ao longo de 2020 a ABGP realizou uma série de Webinares e cursos on-line e, através de uma bem sucedida parceria com a Energy Hub, realizou o II Seminário de

Não figuram nos estatutos calagurritanos: uma exposição dos pontos básicos da fé católica (1); a condenação das idéias de Amaury de Chartres e as de Joaquim de

Visita de admissão até 72 horas; avaliação e diagnóstico nutricional a cada 7 dias; IMC, CB, CP, PCT e AMB, avaliação por bioimpedância; verificação da prescrição.