• Nenhum resultado encontrado

FÍSICA E QUÍMICA 3º E.S.O. 1- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 1. Utilizar correctamente a linguaxe científica relacionada co tema

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "FÍSICA E QUÍMICA 3º E.S.O. 1- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 1. Utilizar correctamente a linguaxe científica relacionada co tema"

Copied!
14
0
0

Texto

(1)

FÍSICA E QUÍMICA 3º E.S.O.

1- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

1. Utilizar correctamente a linguaxe científica relacionada co tema tanto na expresión escrita coma na oral.

2. Describir as características dos estados sólido, líquido e gasoso. Describir en que consisten os cambios de estado, utilizando a teoría cinética, incluíndo a comprensión de gráficos e o concepto de calor latente.

3. Diferenciar entre elementos, compostos e mesturas, e tamén explicar os procedementos químicos básicos para o seu estudo. Describir as disolucións. Efectuar correctamente cálculos numéricos sinxelos sobre a súa composición. Explicar e utilizar as técnicas de separación e purificación.

4. Diferenciar entre átomo e molécula. Indicar as características das partículas compoñentes dos átomos. Diferenciar os elementos. Calcular as partículas compoñentes de átomos, ións e isótopos.

5. Formular e mencionar algunhas substancias importantes. Indicar as súa propiedades. Calcular as súas masas moleculares.

6. Discernir entre cambio físico e químico. Comprobar que a conservación da masa se cumpre en toda reacción química. Escribir e axustar correctamente ecuacións químicas sinxelas. Resolver exercicios numéricos en que interveñan moles.

7. Enumerar os elementos básicos da vida. Explicar cales son os principais problemas ambientais da nosa época e as súa medidas preventivas.

8. Explicar as características básicas de compostos químicos de interese social: petróleo e derivados, e fármacos. Explicar os perigos do uso inadecuado

(2)

dos medicamentos. Explicar en que consiste a enerxía nuclear e os problemas que derivan.

9. Razoar vantaxes e inconvenientes das fontes enerxéticas. Enumerar medidas que contribúen ao aforro colectivo ou individual de enerxía. Explicar por que a enerxía no pode reutilizarse sen límites.

10. Describir os diferentes procesos de carga da materia. Clasificar materiais segundo a súa condutividade. Realizar exercicios utilizando a lei de Coulomb. Indicar as diferentes magnitudes eléctricas e os compoñentes básicos dun circuíto. Resolver exercicios numéricos de circuítos sinxelos. Saber calcular o consumo eléctrico no ámbito doméstico.

11. Deseñar e montar circuítos de corrente continua respectando as normas de seguridade,nos cales se poidan levar a cabo medidas da intensidade de corrente e de diferenza de potencial, indicando as cantidades de acordo coa precisión do aparello utilizado.

12. Utilizar os coñecementos científicos para evitar ou solucionar problemas na vida cotiá: manexar adecuadamente os aparellos eléctricos domésticos, actuar correctamente en caso de incendio ou descarga eléctrica, etc.

13. Aplicar na vida cotiá valores propias da ciencia: obxectividade, precisión, rigor, reflexión lóxica...

14. Recoñecer a evolución das teorías sobre a estrutura atómica e o debate científico ao que deu lugar.

15. Describir as interrelacións existentes na actualidade entre sociedade, ciencia e tecnoloxía.

16. Utilizar as novas tecnoloxías para obter información sobre diferentes temas valorando as achegas de diferentes fontes.

(3)

17. Realizar correctamente experiencias no laboratorio, propostas ao longo do curso.

2- CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

1. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

– Recoñecer e comprender a composición da materia desde un punto de vista tanto macroscópico coma microscópico.

– Entender como se comporta a materia en función da súa composición microscópica.

– Recoñecer e entender os cambios tanto físicos coma químicos da materia.

– Comprender a orixe da electricidade e o comportamento da materia fronte a esta.

– Aprender os conceptos e procedementos esenciais tanto da Química coma da Física.

– Familiarizarse co traballo científico.

– Coñecer a interrelación entre determinados hábitos sociais, actividade científica e tecnolóxica e o medio.

2. Competencia matemática

– Realizar cálculos baseados en magnitudes físicas.

– Determinar a concentración dunha disolución en diferentes unidades de medida.

– Realizar cálculos con ecuacións químicas. – Calcular interaccións entre cargas eléctricas.

(4)

– Realizar cálculos con circuítos eléctricos.

– Usar a linguaxe matemática para cuantificar fenómenos naturais. – Utilizar axeitadamente ferramentas matemáticas.

– Resolver problemas de formulación e resolución máis ou menos aberta.

3. Tratamento da información e competencia dixital

– Usar táboas de datos para obter información ou para ordenar datos obtidos.

– Deseñar esquemas de separación de mesturas.

– Representar datos en forma de gráficas e utilizar gráficas para obter datos.

– Utilizar esquemas, mapas conceptuais, etc.

– Usar tecnoloxías da información e a comunicación.

4. Competencia social e cidadá

– Comprender que a obtención de materias primas pode prexudicar o medio.

– Entender que a obtención de produtos pode prexudicar o noso contorno. – Recoñecer o efecto da obtención de enerxía sobre o medio.

– Traballar en equipo para resolver actividades complexas. – Aprender a aceptar os puntos de vista distintos ao propio.

– Comprender os riscos que para as persoas ou o medio pode supor o desenvolvemento tecnocientífico.

5. Competencia en comunicación lingüística

– Adquirir a terminoloxía científica correspondente a cada tema para poder entender os conceptos tratados.

(5)

Entender os enunciados das diferentes actividades propostas. Configurar e transmitir ideas e informacións sobre a natureza.

6. Competencia para aprender a aprender

– Recoñecer o método científico como forma de avanzar na investigación científica.

– Esforzarse en resolver as actividades de crecente complexidade.

– Verbalizar ou representar o proceso seguido na realización dun problema.

– Saber reflexionar sobre o que se aprendeu e o que falta por aprender.

7. Autonomía e iniciativa persoal

– Comprender as situacións formuladas en problemas para planificar a estratexia que cómpre seguir para resolvelos.

– Desenvolver a toma de decisións.

– Avaliar o proceso de resolución dun problema.

– Optimizar os recursos para a resolución dos problemas formulados.

3- SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DE CONTIDOS

Os contidos sinalados cun “M” considéranse mínimos. TEMA 0: O TRABALLO CIENTÍFICO

Contidos:

– O método científico. M

(6)

– Leis e teorías científicas.

– Magnitude. Medida de magnitudes. M – Sistema Internacional de Unidades. M – Medida directa. Medida indirecta.

– Arredondamento dos resultados en función do contexto do problema. – Incerteza da medida.

Duración estimada: 3 semanas.

QUÍMICA

TEMA 1: ESTADOS DE AGREGACIÓN DA MATERIA Contidos:

– Materia: masa, volume e densidade. M – Estados da materia. M

– Cambios de estado. M – Teoría cinético-molecular.

– Interpretación dos estados de agregación da materia a partir da teoría cinético-molecular.

– Leis empíricas dos gases. M

– Comprobación experimental da lei xeral dos gases. – Escala absoluta de temperaturas. M

– Gráficas de cambio de estado: características e significado.

– Representación gráfica da variación das propiedades dunha substancia. – Xustificación de posibles estados ou dos seus cambios a partir do

(7)

Duración estimada: 4 semanas.

TEMA 2: SUBSTANCIAS PURAS E MESTURAS Contidos:

– Substancia química, substancia pura e mestura. M – Propiedades das substancias puras.

– Mesturas heteroxéneas e mesturas homoxéneas. Coloides. M – Disolucións. Concentración das disolucións. M

– Preparación de disolucións dunha concentración determinada e realización de conversións entre as distintas formas de expresar a dita concentración. M

– Medidas cuantitativas da solubilidade de sólidos en líquidos.

– Curvas de solubilidade. Construción dunha curva de solubilidade a partir de medidas experimentais.

– Técnicas de separación dos compoñentes dunha mestura. M Duración estimada: 4 semanas.

TEMA 3: TEORÍA ATÓMICA Contidos:

– Teoría atómica de Dalton. Elementos e compostos. M

– Novas técnicas experimentais para o descubrimento de novos elementos químicos.

– Natureza eléctrica da materia. M

– Descubrimento do electrón. Modelo atómico de Thomson. – Modelo atómico de Rutherford. Protóns e neutróns.

(8)

– Definición dos conceptos número atómico e número másico. M

– Isótopos e simboloxía para a súa representación. Abundancia isotópica natural. M

– Unidade de masa atómica. Masa dun elemento.

– Radioactividade e tipos de radiación. Estudo e aplicacións dos radioisótopos.

– Procesos de fisión nuclear e reacción en cadea. Centrais nucleares. – Fusión nuclear. Vantaxes e inconvenientes

Duración estimada: 3 semanas.

TEMA 4: ESTRUTURA DA MATERIA Contidos:

– Os elementos e a súa abundancia relativa na natureza. A táboa periódica dos elementos. Propiedades: metais e non metais. M

– Os metais alcalinos, os halóxenos e os gases nobres.

– Variación dalgunhas propiedades: o tamaño dos átomos e o carácter metálico.

– Principios de formulación e nomenclatura químicas. M

– Propiedades físicas dos sólidos. Clasificación dos sólidos: iónicos, metálicos, covalentes atómicos e moleculares. Teoría do enlace químico. M

– Propiedades dos sólidos moleculares. As moléculas. Substancias moleculares. Elementos diatómicos e poliatómicos. M

– Propiedades dos sólidos covalentes atómicos. Modelo de estrutura xigante (cristais covalentes atómicos).

(9)

– Propiedades dos metais. Modelo do enlace metálico. Cristais metálicos. M

– Propiedades dos sólidos iónicos. Modelo do enlace iónico. Cristais iónicos. M

Duración estimada: 4 semanas.

TEMA 5: REACCIÓNS QUÍMICAS Contidos:

– Cambios físicos e cambios químicos. Cambio químico e reordenación atómica. M

– Reaccións endotérmicas e exotérmicas. M – Velocidade das reaccións.

– Conservación da masa nas reaccións químicas. M

– Estudo dalgúns cambios de interese na vida diaria: oxidación, combustión, respiración, síntese e descomposición.

– Ecuacións químicas. M

– Cantidade de substancia: o mol. O número de Avogadro. Masa molar. M – Interpretación dunha reacción química. M

– Cálculos estequiométricos.

– Cálculos con volumes: substancias líquidas, gasosas e en disolución Duración estimada: 4 semanas.

TEMA 6: QUÍMICA, TECNOLOXÍA E SOCIEDADE Contidos.

(10)

– O petróleo: formación, extracción e transporte.

– Produtos derivados do petróleo. Refino do petróleo. A industria petroquímica.

– O consumo de petróleo.

– A saúde e os medicamentos. M

– A contaminación atmosférica. O efecto invernadoiro. M

– A contaminación da auga e do solo. Principais substancias contaminantes do medio. M

Residuos e reciclaxe

Duración estimada: 2 semanas.

FÍSICA

TEMA 7: CARGA ELÉCTRICA Contidos:

– A carga eléctrica: positiva e negativa. M

– A natureza eléctrica da materia: fenómenos de electrización. – A lei de conservación da carga.

– Condutores e illantes. Tipos de electrización dos condutores. M

– Lei de Coulomb. Unidade de carga eléctrica. Os seus múltiplos e submúltiplos. M

(11)

– Observación e experimentación de diferentes fenómenos de electrización por fricción .

– Análise de situacións que demostren a natureza eléctrica da materia. – Clasificación de diferentes materiais en condutores ou illantes. – Métodos de electrización dun condutor.

Duración estimada: 4 semanas.

TEMA 8: CORRENTE ELÉCTRICA Contidos:

– A corrente eléctrica. Intensidade e xeradores de corrente. – As reaccións químicas e a corrente eléctrica: a pila de Volta. – Circuíto eléctrico: circuíto aberto e cerrado. M

– Medidas nun circuíto eléctrico: o amperímetro e o voltímetro. M – Lei de Ohm e resistencia eléctrica. M

– Resistencia equivalente. Resistencias en serie e en paralelo. – Enerxía eléctrica e potencia eléctrica. Efecto Joule.

– Consumo eléctrico. Recibo da electricidade. Seguridade eléctrica.

– Representación gráfica de circuítos eléctricos cos símbolos correspondentes.

Duración estimada: 4 semanas.

TEMA 9: ELECTROMAGNETISMO Contidos:

(12)

– Campos magnéticos debidos á corrente eléctrica: bobinas e electroimáns.

– Efecto do magnetismo sobre a corrente eléctrica: motor eléctrico. – Electricidade a partir do movemento dun imán nun circuíto: alternador. – Centrais eléctricas:térmicas, nucleares e hidroeléctricas.

– Produción e transporte de electricidade ata os puntos de consumo. – Inconvenientes da electricidade. Fontes de enerxía renovables e non

renovables.

– Propiedades dos imáns.

– Aplicacións do magnetismo. Xeración de movemento en motores eléctricos e indución de corrente eléctrica.

Duración estimada: 4 semanas.

4- CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Ver se distinguen as etapas comúns que forman parte dunha investigación científica.

2. Verificar que coñecen as magnitudes e unidades básicas do Sistema Internacional de Unidades .

3. Comprobar que saben converter entre unidades de medida aplicando factores de conversión.

4. Verificar que saben arredondar os resultados obtidos.

5. Comprobar que realizan cálculos nos que interveñen a densidade, a masa e o volume dun material.

6. Observar se coñecen os estados da materia e os cambios dun a outro dos estados.

(13)

7. Verificar que saben aplicar as leis de Charles e Gay-Lussac, e que coñecen a escala Kelvin de temperaturas.

8. Comprobar que describen as características dunha substancia química e dunha substancia pura.

9. Analizar se saben describir procedementos que permitan separar os compoñentes de mesturas sinxelas.

10. Valorar se realizan os cálculos necesarios para a preparación dunha disolución de concentración dada.

11. Comprobar que saben determinar o número de protóns e neutróns dun isótopo a partir da súa notación isotópica.

12. Calcular a masa atómica dun elemento a partir da abundancia natural dos isótopos que o forman.

13. Coñecer de que dependen as propiedades dos elementos químicos e a variación dalgunhas delas na táboa periódica.

14. Formular e nomear correctamente os compostos inorgánicos binarios. 15. Comprobar que saben calcular a masa molecular de diversas substancias

a partir das masas atómicas relativas dos elementos que as forman. 16. Coñecer algunhas das propiedades das substancias covalentes atómicas. 17. Verificar que saben como se establece un enlace iónico e se saben

indicar os ións que forman algunhas substancias.

18. Comprobar que saben indicar algunhas das propiedades das substancias metálicas.

19. Diferenciar os cambios químicos dos físicos e recoñecer as transformacións físicas e químicas na vida cotiá.

(14)

21. Coñecer os conceptos relacionados co mol, o número de Avogadro e resolver problemas nos que se deben realizar cálculos baseados no número de Avogadro.

22. Axustar ecuacións químicas.

23. Asimilar que as partículas positivas e negativas do átomo determinan a natureza eléctrica da materia.

24. Clasificar os materiais en condutores ou illantes e coñecen os métodos de electrización dos materiais condutores.

25. Entender e saber aplicar a lei de Coulomb.

26. Observar se coñecen o concepto de corrente eléctrica e como se xera. 27. Entender os conceptos de diferenza de potencial, intensidade de

corrente e resistencia eléctrica, e utilizan correctamente as súas unidades.

28. Saber interpretar unha factura da electricidade.

29. Saber describir a natureza dun imán e analizar os conceptos de campo magnético e liñas de campo.

Referências

Documentos relacionados

nesta nossa modesta obra O sonho e os sonhos analisa- mos o sono e sua importância para o corpo e sobretudo para a alma que, nas horas de repouso da matéria, liberta-se parcialmente

As IMagens e o texto da Comunicação (com as legendas incluídas) devem ser enviadas por correio eletrônico. Comitê

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

A motivação para o desenvolvimento deste trabalho, referente à exposição ocupacional do frentista ao benzeno, decorreu da percepção de que os postos de

São por demais conhecidas as dificuldades de se incorporar a Amazônia à dinâmica de desenvolvimento nacional, ora por culpa do modelo estabelecido, ora pela falta de tecnologia ou

By interpreting equations of Table 1, it is possible to see that the EM radiation process involves a periodic chain reaction where originally a time variant conduction

O desenvolvimento desta pesquisa está alicerçado ao método Dialético Crítico fundamentado no Materialismo Histórico, que segundo Triviños (1987)permite que se aproxime de