• Nenhum resultado encontrado

Informe sobre as demencias e a discapacidade

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Informe sobre as demencias e a discapacidade"

Copied!
14
0
0

Texto

(1)

Informe sobre as

demencias e a

(2)

2

ÍNDICE

- Gráfico 1. Porcentaxe de persoas valoradas por discapacidade segundo a súa poboación

2014. ... 3

- Gráfico 2. Persoas valoradas por discapacidade en España segundo sexo 2014. ... 4

- Gráfico 3. Persoas valoradas por discapacidade en Galicia 2014. ... 4

- Gráfico 4. Persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% en España 2014. ... 5

- Gráfico 5. Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% maiores de 64 anos en España 2014. ... 5

- Gráfico 6. Persoas maiores de 64a nos cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ó 33%. Distribución por tipos de primeira deficiencia. ... 6

- Gráfico 7. Persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% en Galicia 2014 por provincias. ... 6

- Gráfico 8. Comparación entre persoas que realizaron unha valoración de discapacidade e persoas que alcanzaron unha discapacidade igual ou superior ó 33% en Galicia e provincias para o ano 2014. ... 7

- Gráfico 9. Persoas con discapacidade no 2015. ... 7

- Gráfico 10. Grao de discapacidade en Galicia 2015. ... 8

- Gráfico 11. Grao de discapacidade en maiores de 64 anos en Galicia 2015. ... 8

- Gráfico 12. Grao de discapacidade nas demencias 2015... 8

- Gráfico 13. Discapacidade por demencias, Galicia 2015. ... 9

- Gráfico 14. Persoas maiores de 64 anos con discapacidade debido a algunha demencia, Galicia 2015. ... 9

- Gráfico 15. Diagnóstico máis común en persoas maiores de 64 anos con discapacidade entre o 33 e o 64% debido a unha demencia 2015. ... 10

- Gráfico 16. Diagnóstico máis común en persoas maiores de 64 anos cun grao de discapacidade entre o 65 e o 74% debido a algunha demencia 2015. ... 10

- Gráfico 18. Diagnóstico máis común en persoas maiores de 64 anos cun grao de discapacidade superior ó 74% debido a unha demencia 2015. ... 11

(3)

3

Demencia e discapacidade

Os datos que a continuación se presentan, pertencen ó Instituto Nacional de Estatística e ó Instituto Galego de Estatística (IGE). Ambos están creados para promover o desenvolvemento do sistema estatístico prestando servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolvendo bases de datos de interese publico, analizando as necesidades e a evolución da demanda de estatística e asegurando a súa difusión.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, a demencia é un síndrome (xeralmente de natureza crónica ou progresiva) caracterizado polo deterioro da función cognitiva (é dicir, a capacidade para procesar o pensamento), máis alá do que podería considerarse unha consecuencia do envellecemento normal. A demencia afecta á memoria, ó pensamento, á orientación, á compresión, ó cálculo, á capacidade de aprendizaxe, á linguaxe e ó xuízo. O deterioro da función cognitiva soe ir acompañado, e en ocasións é precedido, polo deterioro do control emocional, o comportamento social ou a motivación.

A demencia é polo tanto, unha das principais causas de discapacidade entre as persoas en todo o mundo que resultar difícil non só para quen a padece, senón tamén para os seus coidadores e as súas familias.

A nivel mundial, a demencia afecta a uns 47,5 millóns de persoas, das cales mais da metade (un 58%) viven en países de ingresos baixos e medios. Cada ano, rexístranse 7,7 millóns de novos casos. Calcúlase que entre un 5% e un 8% da poboación xeral de 60 anos ou mais sofre demencia nun determinado momento.

Prevese que o número total de persoas con demencia practicamente pase de 75,6 millóns en 2030 a 135 millóns en 2050. Boa parte de ese incremento pode achacarse ó feito de que nos países de ingresos medios e baixos o numero de persoas con demencia tenderá a aumentar cada vez mais.

En España, un total de 3.763.788 persoas realizaron algunha valoración de discapacidade, o que non implica necesariamente que chegaran a alcanzar un grado de discapacidade igual ou superior ó 33%.

- Gráfico 1. Porcentaxe de persoas valoradas por discapacidade segundo a súa poboación 2014.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INE

14,62 8,05 7,77 5,65 0,00 2,00 4,00 6,00 8,00 10,00 12,00 14,00 16,00

(4)

4 O 14,62% da poboación residente en Melilla realizaron unha valoración da discapacidade, posicionándose como a comunidade española onde mais valoracións de discapacidade se realizaron durante o ano 2014. Este dato é 6 puntos porcentuais maior á media nacional pois esta está representada por un total de 8,05% da poboación. En relación a Galicia, a poboación que realizou unha valoración da discapacidade representa a metade de poboación para Melilla e menos de un punto porcentual en comparación coa media nacional, colocándose como a sexta comunidade coa menor poboación que realizou este trámite con un total de 7,77% da poboación galega.

- Gráfico 2. Persoas valoradas por discapacidade en España segundo sexo 2014.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INE

En relación ás persoas que realizaron algunha valoración de discapacidade no ano 2014 en España (3.763.788), ambos sexos están igualados pois os homes representan o 50,21% con un total de 1.889.864 persoas e as mulleres representan o 49,49% con preto de 16.000 persoas menos (1.873.924).

- Gráfico 3. Persoas valoradas por discapacidade en Galicia 2014.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

No ano 2014 en Galicia, un total de 213.444 persoas foron valoradas por algunha discapacidade, sendo a provincia de A Coruña a que conta cunha maior cifra pois representa o 46% das persoas galegas (98.776). Seguida de A Coruña, está a provincia de Pontevedra con un 38%. Lugo e Ourense son as provincias galegas onde menos persoas realizaron algunha valoración de discapacidade pois representan o 6.99% e o 8.30% respectivamente con un total de 14.918 e 17.714 persoas. Homes Mulleres A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

(5)

5

- Gráfico 4. Persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% en España 2014.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INE

Tras a valoración realizada por 3.763.788 persoas en España, preto dun 75% (2.813.592 persoas) alcanzaron a condición de discapacidade con grao igual ou superior ó 33%, representando un 6,02% da poboación total. Melilla alcanza a primeira posición con preto dun 12% da súa poboación con un grao de discapacidade igual ou superior ó 33%. Galicia colócase como a segunda poboación con menor poboación con discapacidade pois só un 4,56% da súa poboación conta cun grao igual ou superior ó 33%, moi igualada ás Illas Baleares que conta co 4,45% da súa poboación.

- Gráfico 5. Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% maiores de 64 anos en España 2014.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INE

Do total de persoas cunha discapacidade en España para o ano 2014 (2.813.592), o 42,48% corresponde a persoas con idades superiores ós 64 anos, representado estas un total de 1.195.352 persoas. 11,92 6,02 4,56 4,45 0 2 4 6 8 10 12 14 0-64 anos > 64 anos

(6)

6

- Gráfico 6. Persoas maiores de 64a nos cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ó 33%. Distribución por tipos de primeira deficiencia.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

En relación á discapacidade sufrida por persoas maiores de 64 anos, podemos dicir, segundo a base de datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que as enfermidades osteoarticulares son as que producen mais discapacidade pois estas representan o 36,14% (431.945 persoas), seguidas das enfermidades crónicas con un 22,78% (272.316 persoas) e mentais cun 10,37% (123.943 persoas). Neste ultimo grupo de enfermidades é onde se engloban as diferentes demencias.

- Gráfico 7. Persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% en Galicia 2014 por provincias.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

Para o ano 2014 existían en Galicia un total de 125.368 persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% representando a provincia de A Coruña o 45,79% desta poboación cun total de 57.406 persoas. Seguida da provincia coruñesa, atópase Pontevedra cun 38,83%. As provincia de Lugo e Ourense están moi igualadas, ambas cun porcentaxe que rolda o 7%, sendo a provincia de Lugo a que menor poboación con discapacidade conta con 9.401 persoas.

Osteoarticular Neuromuscular Enfermidade crónica Intelectual Mental Visual Auditiva Expresiva Mixta Outras A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

(7)

7

- Gráfico 8. Comparación entre persoas que realizaron unha valoración de discapacidade e persoas que alcanzaron unha discapacidade igual ou superior ó 33% en Galicia e provincias para o ano 2014.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos doIGE

Do total de persoas en Galicia que realizaron unha valoración de discapacidade no ano 2014, máis da metade (58,74%) alcanzaron a condición de discapacidade cun grao igual ou superior ó 33%. En referencia ás provincias de Galicia, aínda que A Coruña representa un maior número de persoas que solicitaron a valoración, non é a que mais persoas alcanzaron a condición de discapacidade pois só o conseguiu un 58,12%, por detrás de Pontevedra con un 59,33% e de Lugo, pois esta conta cun 63,02% de persoas que realizaron a valoración e alcanzaron a condición de discapacidade.

- Gráfico 9. Persoas con discapacidade no 2015.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

Para o ano 2015 viven en Galicia un total de 2.732.347 persoas, das cales un 6,91% están rexistradas no censo de persoas con unha discapacidade (188.728 persoas), preto de 63.500 persoas mais que no ano 2014.

0 50.000 100.000 150.000 200.000 250.000

Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Valoradas Discapacidade 125.368 188.728 0 50000 100000 150000 200000 Galicia 2014 2015

(8)

8 - Gráfico 10. Grao de discapacidade en Galicia 2015.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

Do total de persoas con discapacidade en Galicia, un 55,39% (104.527 persoas) contan cun grado de discapacidade comprendido entre o 33 e o 64%. As persoas cunha discapacidade de entre o 65 e o 74% representan un 26.81% da poboación con discapacidade (50.593 persoas). Só un 17.81% da poboación con discapacidade conta cun grado maior ó 74% (33.608).

Galicia conta cun total de 657.481 persoas maiores de 64 anos, é dicir, un 23.6% da poboación ten 65 anos ou máis, destas 95.577 presenta algún tipo de discapacidade.

- Gráfico 11. Grao de discapacidade en maiores de 64 anos en Galicia 2015.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

Máis da metade das persoas cunha discapacidade maiores de 64 anos (48.443 persoas), presentan un grado de discapacidade de entre 33 e 64%. As persoas con grados de entre o 65 e o 74% e os maiores do 74% están moi igualados presentando un 25,48% e un 23,83% respectivamente.

- Gráfico 12. Grao de discapacidade nas demencias 2015

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

Do total de persoas con discapacidade por demencias (14.123), máis da metade presentan un grao de discapacidade maior ó 74%. Seguido de este, un 27,81% da poboación con discapacidade por algunha demencia presenta un grao de entre o 33 e o 64%. Solo un 19.52% da poboación con discapacidade presenta un grao entre o 65 e o 74%.

33-64% 65-74% máis do 74% 33-64% 65-74% máis do 74% 33-64% 65-74% Máis do 74%

(9)

9

- Gráfico 13. Discapacidade por demencias, Galicia 2015.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

Do total de persoas galegas con discapacidade causada por algunha demencia (14.123), case tres cuartas partes (9.953 persoas) corresponden a persoas maiores de 64 anos.

- Gráfico 14. Persoas maiores de 64 anos con discapacidade debido a algunha demencia, Galicia 2015.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

Do total de persoas maiores de 64 anos con discapacidade debido a algunha demencia, case tres cuartas partes(70,48%) corresponden a persoas cun grao de discapacidade superior ó 74%. Solo un 12,86% das persoas maiores con discapacidade debido a unha demencia contan cun grao de discapacidade de entre 33 e o 64%.

33-64% 64-74% máis do 74% Poboación menor de 64 anos Poboación de máis de 64 anos

(10)

10 841 236 111 57 26 7 2 0 200 400 600 800 1000 TRASTORNO ADAPTATIVO DEMENCIA (OUTRAS) ALZHEIMER SENIL SIMPLE ARTERIOESCLERÓTICA SIMPLE SENIL CON CARACTERÍSTICAS DELIRANTES OU

DEPRESIVAS CREUTZFELD-JACOB 610 450 343 185 40 13 12 3 2 DEMENCIA (OUTRAS) TRASTORNO ADAPTATIVO ALZHEIMER SENIL SIMPLE ARTERIOESCLERÓTICA SIMPLE ARTERIOESCLERÓTICA CON CARACTERÍSTICAS… SENIL CON CARACTERÍSTICAS DELIRANTES OU DEPRESIVAS

ENFERMIDADE DE PICK CREUTZFELD-JACOB

- Gráfico 15. Diagnostico máis común en persoas maiores de 64 anos con discapacidade entre o 33 e o 64% debido a unha demencia 2015.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

Para o total de poboación maior de 64 anos que sofre unha discapacidade cun grao de entre o 33 e o 64% debido a unha demencia, a gran maioría ten diagnosticado trastornos adaptativos, seguido de outras demencias, da enfermidade de Alzhéimer e demencia senil.

- Gráfico 16. Diagnóstico máis común en persoas maiores de 64 anos cun grao de discapacidade entre o 65 e o 74% debido a algunha demencia 2015.

(11)

11 3291 2129 795 280 269 127 115 6 3 DEMENCIA (OUTRAS) ALZHEIMER SENIL SIMPLE TRASTORNO ADAPTATIVO ARTERIOESCLERÓTICA SIMPLE ARTERIOESCLERÓTICA CON CARACTERÍSTICAS DELIRANTES

OU DEPRESIVAS

SENIL CON CARACTERÍSTICAS DELIRANTES OU DEPRESIVAS ENFERMIDADE DE PICK CREUTZFELD-JACOB

O diagnostico mais común para este sector de poboación que presenta unha discapacidade cun grao entre 65 e 74% debido a unha demencia é o trastorno adaptativo con preto de 500 persoas, seguido da enfermidade de Alzhéimer (343 persoas) e da demencia senil simple (185 persoas).

A discapacidade debido á demencia causada pola enfermidade de Creutzfeld-Jacob e de Pick son as menos comúns entre o sector de poboación maior de 64 anos.

- Gráfico 18. Diagnóstico máis común en persoas maiores de 64 anos cun grao de discapacidade superior ó 74% debido a unha demencia 2015.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE

O diagnóstico mais común para as persoas maiores de 64 anos cun grao de discapacidade superior ó 74% é a demencia na enfermidade de Alzhéimer. Un dato a resaltar nesta enfermidade é a existencia de 1.786 e de 2.018 casos máis que para as persoas cun grao de discapacidade de entre o 65-74% e o 33-64% respectivamente.

Ó igual que noutros graos de discapacidade, seguido da enfermidade de Alzheimer, o diagnostico mais común é a demencia senil con preto de 800 persoas.

A enfermidade de Creautzfeld-Jacob e de Pick seguen sendo o diagnóstico menos común para as persoas con 65 anos e máis.

O número de persoas que sofren trastornos adaptativos diminuíu considerablemente en relación a outros graos de discapacidade, 560 casos menos para os graos de discapacidade de entre 33 e 64% e 170 casos menos para os graos de discapacidade comprendidos entre o 65 e o 74%.

(12)

12

GLOSARIO DE TERMOS.

- Enfermidades neurodexenerativas

Son enfermidades caracterizadas polo deterioro neurolóxico progresivo que se acompaña dunha diminución da funcionalidade e independencia persoal, e que en fases avanzadas comportará unha reestructuración familiar porque aparece a necesidade dun coidador principal. Estes pacientes precisan unha atención integral e continuada, o que xustifica a necesidade de que sexan tratados en unidades específicas cun abordaxe multidisciplinar (Abril, Ticó e Garreta, 2004).

Entre esas enfermidade neurodexenerativas atópanse o Alzheimer e outras demencias, o Parkinson, enfermidades neuromusculares...

- Demencia

Segundo a OMS, a demencia é un síndrome (xeralmente de natureza crónica ou progresiva) caracterizado polo deterioro da función cognitiva (é dicir, a capacidade para procesar o pensamento) máis alá do que podería considerarse unha consecuencia do envellecemento normal. A demencia afecta á memoria, ó pensamento, á orientación, á comprensión, ó cálculo, á capacidade de aprendizaxe, á linguaxe e ó xuízo. O deterioro da función cognitiva soe ir acompañado, e en ocasións é precedido, polo deterioro do control emocional, o comportamento social ou a motivación.

A demencia é unha das principais causas de discapacidade e dependencia entre as persoas maiores en todo o mundo. Pode resultar angustioso non só para quen a padece, senón tamén para os seus coidadores e familiares. A miúdo hai unha falta de concienciación e comprensión da demencia, o que pode causar estigmatización e supoñer un obstáculo para que as persoas acudan ós servizos oportunos de diagnóstico e atención. O impacto da demencia nos coidadores, a familia e a sociedade pode ser de carácter físico, psicolóxico, social e/ou económico.

 Taxas de demencia segundo a Organización Mundial da Saúde:

A demencia afecta a nivel mundial a uns 47,5 millóns de persoas, das cales un pouco máis da metade (o 58%) viven en países de ingresos baixos e medios. Cada ano, rexístranse 7,7 millóns de novos casos.

Calcúlase que entre o 5 e o 8% da poboación xeral de 60 anos ou máis, sofre demencia nun determinado momento.

Prevese que o número total de persoas con demencia practicamente pase de 75,6 millóns en 2.030 a 135,5 millóns en 2.050. Boa parte dese incremento pode acharse ó feito de que nos países de ingresos baixos e medios o número de persoas con demencia tenderá a aumentar cada vez máis.

 Tipos de demencia. 1. Demencia Senil

Segundo a maioría das fontes (KnowAlzheimer, Alzheimer Association...) o termo demencia senil, aínda que se segue utilizando hoxe en día, non existe como tal. A vellez, non causa demencia, nin todas as persoas que alcancen unha idade avanzada teñen por qué desenvolver unha demencia de forme ineludible, que é o que indicaría o termo demencia senil. O envellecemento ocasiona modificacións cognitivas que non teñen por qué interferir na capacidade dun individuo para levar unha vida autónoma e independente. Outra cuestión é que a idade sexa o principal factor de risco para desenvolver unha demencia, pero as causas serán as propias da neurodexeneración e non da idade por si mesma.

(13)

13 2. Alzhéimer

Segundo a Clasificación Internacional das Enfermidades (CIE-10) publicada por la OMS, definiuse a enfermidade de Alzhéimer da seguinte maneira:

A enfermidade de Alzhéimer é unha enfermidade dexenerativa cerebral primaria, de etioloxía descoñecida, que presenta rasgos neuropatolóxicos e neuroquímicos característicos.

O trastorno iníciase, polo xeral, de maneira insidiosa e lenta e evoluciona progresivamente durante un período de anos. O período evolutivo pode ser corto, 2 ou 3 anos, pero en ocasións é bastante longo. Pode comezar na idade madura (antes dos 65 anos, inicio precoz) pero a incidencia é maior cara o final da vida. En casos con inicio antes dos 65 anos, é posible ter antecedentes familiares dunha demencia similar; neste caso, o curso é máis rápido e predominan síntomas de lesións en lóbulos temporais y parietais, entre eles, disfasias (falta de coordinación das palabras) ou dispraxias (falta de coordinación dos movementos). No caso de inicio máis tardío, o curso tende a ser máis lento e a caracterizarse por un deterioro máis global das funcións corticais superiores (atención, concentración, razoamentos...)

A enfermidade de Alzhéimer é a forma máis común de demencia. Calcúlase que representa entre un 60% e un 70% dos casos de demencia.

3. Creutzfeld – Jacob

A enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (ECJ) é causada por unha proteína chamada prión. Un prión provoca que as proteínas normais se encarten de maneira anormal. Isto afecta á capacidade de outras proteínas para funcionar. La enfermidade de Creutzfeldt-Jakob é moi pouco común. Preséntase aproximadamente un caso por cada millón de persoas.

Hai varios tipos da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob. Os tipos clásicos son: ECJ de tipo esporádico ECJ de tipo familiar ECJ Adquirida Comprende a maioría

dos casos. Ocorre sen razón coñecida. A idade promedio de inicio son os 65 años.

Ocorre cando unha persoa herda o prión anormal dun dos pais (este tipo de enfermidade é pouco común).

Inclúe a variante ECJ, a forma relacionada coa enfermidade das vacas tolas. A ECJ yatrógena tamén é unha forma adquirida da enfermidade. A ECJ yatrógena en ocasións transmítese a través dunha transfusión de hemoderivados, un transplante ou instrumentos cirúrxicos contaminados. Os síntomas de la ECJ pueden incluir cualquiera de los siguientes:

a) Demencia que empeora rapidamente en poucas semanas ou meses. b) Visión borrosa (algunhas veces).

c) Cambios na marcha (forma de camiñar). d) Confusión ou desorientación.

e) Alucinacións (ver cousas que non existen).

f) Falta de coordinación (por exemplo, tropezóns e caídas). g) Rixidez muscular.

h) Fasciculaciones musculares.

i) Sensacións de estar nervioso ou sobresaltado. j) Cambios de personalidade.

k) Somnolencia.

l) Convulsións ou movementos espasmódicos repentinos. m) Dificultade para falar.

(14)

14 4. Enfermidade de Pick

As persoas que padecen a enfermidade de Pick teñen substancias anormais (chamadas corpos de Pick e células de Pick) dentro das neuronas nas áreas danadas do cerebro. Estes corpos e células de Pick conteñen unha forma anormal dunha proteína chamada tau, que se encontra en todas as neuronas. Sen embargo, algunhas persoas coa enfermidade de Pick teñen unha cantidade ou tipo anormal desta proteína.

A enfermidade de Pick é pouco común. Pódese presentar en persoas hasta de 20 anos, pero xeralmente comeza entre as idades de 40 e 60 anos, cunha idade de inicia promedio de 54 anos.

Os síntomas xerais son:

Cambios no comportamento Cambios emocionais Cambios na linguaxe Problemas neurolóxicos - Comportamentos compulsivos - Comportamento inapropiado - Incapacidade para desempeñar ou interactuar en situacións sociais ou persoais.

- Problemas coa hixiene persoal. - Cambios abruptos no estado anímico - Diminución do interese pola actividades da vida cotiá - Non manifestar simpatía, preocupación, empatía.. - Indiferenza fronte os acontecementos - Incapacidade para falar - Diminución da capacidade para ler ou escribir

- Redución do vocabulario

- Sons da fala débiles e sen coordinación - Aumento do ton muscular (rixidez) - Empeoramento da perda da memoria - Dificultades coa coordinación e movemento (apraxia) - Debilidade 5. Arterioesclerótica

Na actualidade “Demencia vascular” ou “Demencia multinfarto), é causada por unha serie de pequenos accidentes cerebrovasculares (ataques cerebrais) ó longo dun período de tempo prolongado (MedlinePlus, 2016). É a segunda causa máis frecuente de demencia, despois da demencia tipo Alzheimer. Xeralmente afecta a persoas entre os 55 e 75 anos e máis homes que mulleres se ven afectados por este tipo de demencia.

Os seus síntomas poden manifestarse gradualmente ou poden progresar despois de cada pequeno accidente cerebrovascular. A medida que a demencia empeora, os síntomas son máis obvios e a capacidade para coidarse diminúe. Debido a súa causa, pode presentarse calquera dos problemas neurolóxicos que ocorren con un accidente cerebrovascular.

- Discapacidade

O “Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeneral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social” considera no seu artigo 4 que "son persoas con discapacidade aquelas que presentan deficiencias físicas, mentais, intelectuais ou sensoriais, previsiblemente permanentes que, o interactuar con diversas barreiras, podan impedir a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade de condiciones con los demais.

Segundo a OMS, calcúlase que máis de mil millón de persoas (é dicir, un 15% da poboación mundial) están afectadas pola discapacidade nalgunha da súa forma. Teñen dificultades importantes para funcionar entre 110 millóns (2,2%) e 190 millóns (3,8%) de persoas maiores de 15 anos. Iso non é todo, pois as taxas de discapacidade están aumentando debido en parte, ó envellecemento da poboación e ó aumento da prevalencia de enfermidades crónicas.

Referências

Documentos relacionados

A tem á tica dos jornais mudou com o progresso social e é cada vez maior a variação de assuntos con- sumidos pelo homem, o que conduz também à especialização dos jor- nais,

2 - OBJETIVOS O objetivo geral deste trabalho é avaliar o tratamento biológico anaeróbio de substrato sintético contendo feno!, sob condições mesofilicas, em um Reator

A motivação para o desenvolvimento deste trabalho, referente à exposição ocupacional do frentista ao benzeno, decorreu da percepção de que os postos de

Para preparar a pimenta branca, as espigas são colhidas quando os frutos apresentam a coloração amarelada ou vermelha. As espigas são colocadas em sacos de plástico trançado sem

5 “A Teoria Pura do Direito é uma teoria do Direito positivo – do Direito positivo em geral, não de uma ordem jurídica especial” (KELSEN, Teoria pura do direito, p..

Neste tipo de situações, os valores da propriedade cuisine da classe Restaurant deixam de ser apenas “valores” sem semântica a apresentar (possivelmente) numa caixa

nesta nossa modesta obra O sonho e os sonhos analisa- mos o sono e sua importância para o corpo e sobretudo para a alma que, nas horas de repouso da matéria, liberta-se parcialmente

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de