• Nenhum resultado encontrado

ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO"

Copied!
64
0
0

Texto

(1)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 1

ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO

(2)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 2 ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN... 4

1.1. A ELECCIÓN DO SISTEMA ESTRATÉXICO-ECONÓMICO. ...4

1.2. ANÁLISE DA FACENDA MUNICIPAL 1998-2004...5

2. A ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN. ... 19

2.1. DETERMINACIÓN DO HORIZONTE DO PLAN. ...19

2.2. CRITERIOS DE PROGRAMACIÓN...20

2.3. ESTRATEXIA XERAL. PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO. ...22

2.4. SISTEMAS XERAIS. ...23

2.4.1. SISTEMA XERAL DE COMUNICACIÓNS. ...23

2.4.1.1. Viario de interese nacional. ...23

2.4.1.2. Viarios principias e interparroquiais...23

2.4.2. SISTEMA XERAL DE INFRAESTRUTURAS BÁSICAS. ...24

2.4.3. SISTEMA DE EQUIPAMENTOS...25

2.4.4. SISTEMA XERAL DE ESPAZOS LIBRES. ...25

2.5. URBANIZACIÓN DE ÁMBITOS DE PLANEAMENTO. ...26

2.5.1. ACCIÓNS PROGRAMADAS...26

2.5.2. OS ÁMBITOS DE PLANEAMENTO. ...26

3. ESTUDO ECONÓMICO FINANCEIRO. ... 28

3.1. CUANTIFICACIÓN DOS CUSTOS DAS ACTUACIÓNS DO PLAN...28

3.2. SISTEMAS XERAIS. ...28

3.2.1. SISTEMA XERAL DE COMUNICACIÓNS. ...28

3.2.2. SISTEMA XERAL DE INFRAESTRUTURAS BÁSICAS. ...28

3.2.3. EQUIPAMENTOS...29

3.2.4. SISTEMA XERAL DE ESPAZOS LIBRES. ...29

3.3. URBANIZACIÓN DOS SISTEMAS LOCAIS DOS ÁMBITOS DE PLANEAMENTO. ...29

4. RESUMO DE CUSTOS POR ACTUACIÓNS E FASES. ... 31

4.1. RESUMO POR ADMINISTRACIÓNS, ANUALIDADES E FASES. ...31

4.2. CADRO- RESUME DE INVESTIMENTOS POR FASES E TIPOS DE FINANCIACIÓN...33

5. INFORME OU MEMORIA DE SUSTENTABILIDADE ECONÓMICA. ... 35

5.1. ENCAIXE DO CONCEPTO DE SUSTENTABILIDADE ECONÓMICA...36

5.2. SUFICIENCIA E ADECUACIÓN DO SOLO DESTINADO A USOS PRODUTIVOS...37

5.2.1. O SOLO EMPRESARIAL E AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS. ...37

(3)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 3

5.2.1.2. As previsións de solo para actividades económicas no plan. ...38

5.3. O FINANCIAMENTO MUNICIPAL DO PLAN XERAL. ...40

5.3.1. A ANÁLISE DA CAPACIDADE INVESTIDORA MUNICIPAL RECENTE. ...40

5.3.1.1. A Conta Financeira 2006-2011...41

5.3.1.2. O investimento no Concello de Pontedeume nos últimos anos...42

5.3.1.3. Análise dos custos de mantemento municipal de dotacións e servizos. ...46

5.3.2. ESTIMACIÓN BASE DA CAPACIDADE DE INVESTIMENTO MUNICIPAL PARA O PXOM.48 5.4. ESTIMACIÓN DOS INGRESOS MUNICIPAIS DERIVADOS DO DESENVOLVEMENTO E MATERIALIZACIÓN DO PXOM, COMO FONTE DE REINVESTIMENTO MUNICIPAL. ...50

5.4.1. VALORACIÓN DO 10% DO APROVEITAMENTO TIPO DO CONCELLO. ...51

5.4.2. CUANTIFICACIÓN GLOBAL DOS RECURSOS ECONÓMICOS DERIVADOS DO DESENVOLVEMENTO DO PLAN. ...52

5.4.3. A VALORACIÓN DOS CUSTOS DE MANTEMENTO MUNICIPAL DE DOTACIONS E SERVIZOS NO DESENVOLVEMENTO DO PXOM. ...55

5.5. BALANCE ECONÓMICO DOS CUSTOS DE MANTEMENTO E OS INGRESOS DERIVADOS DA MATERIALIZACIÓN DO PXOM. ...56

5.6. REFERENTES FUTUROS DO INVESTIMENTO PÚBLICO DO RESTO DAS ADMINISTRACIÓNS...57

5.6.1. ADMINISTRACIÓNS NON MUNICIPAIS. ...58

5.6.2. FONDOS EUROPEOS...59

6. XUSTIFICACIÓN DA VIABILIDADE DA ASIGNACIÓN DOS INVESTIMENTOS... 61

6.1. CAPACIDADE DE INVESTIMENTO DAS DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS NON MUNICIPAIS. 61 6.2. CAPACIDADE DE INVESTIMENTO MUNICIPAL PARA O DESENVOLVEMENTO DO PXOM. .61 6.2.1. IMPACTO DAS ACTUACIÓNS NA FACENDA PÚBLICA MUNICIPAL...62

6.3. INVESTIMENTO PRIVADO. ...63

(4)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 4 1. INTRODUCIÓN.

1.1. A ELECCIÓN DO SISTEMA ESTRATÉXICO-ECONÓMICO.

A Lei 9/2002 de Ordenación urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (en diante LOUG) no seu Art. 60 establece as condicións da estratexia de actuación e o estudo económico. Ambos documentos, ao noso entender, deberán atender a maior ou menor complexidade urbanística do concello de que se trate, para escoller a opción máis acaída en cada situación de planeamento específica.

En virtude do anterior, no artigo 60 da LOUG establécese o seguinte:

A tal efecto, o plan xeral de ordenación municipal conterá unha avaliación do custo de execución dos sistemas xerais e das actuacións previstas, con indicación do carácter público ou privado da iniciativa de financiamento, xustificando as previsións que cumpra realizar con recursos propios do concello.

Os plans xerais de ordenación municipal conterán a estratexia para o desenvolvemento coherente do plan e, en particular, determinarán a execución dos sistemas xerais que deban crearse necesariamente para o desenvolvemento das áreas de solo urbano non consolidado e dos sectores de solo urbanizable delimitado. Así mesmo, determinarán os ámbitos de actuación preferente en solo urbano non consolidado e en solo urbanizable delimitado, para os que deberán fixarse os prazos e as condicións en que teñan que ser executadas as actuacións públicas programadas ou privadas concertadas cos particulares, así como as determinacións da ordenación detallada sen necesidade de remisión ao planeamento de desenvolvemento. Dado que na LOUG non se regula polo miúdo o nivel de detalle co que o Plan deba desenvolver as previsións e valoracións denantes citadas, enténdese que, dentro dos lindeiros do sentido común, corresponde ao Concello que elabora o Plan o decidir encol das dúas opcións estratéxicas e de previsión de actuacións.

A capacidade de xestión do Concello de Pontedeume é relativamente pequena, como non podía ser doutro xeito nun concello de reducida poboación, en directa relación coa súa capacidade económica e financeira. Xa que logo, parece lóxico proceder a elixir para as previsións do planeamento a opción máis sinxela de entre as previstas no corpo legal denantes citado, ou sexa a de incorporar ao Plan Xeral de Ordenación de Pontedeume unha estratexia de actuación para o desenvolvemento dos sistemas xerais, a partires dos que se desenvolverán as novas accións públicas e privadas (concertadas ou non), das que sairán as correspondentes cesións de solo para uso público, as distintas materializacións económicas derivadas dos diversos ámbitos que reverterán ás arcas municipais, para garantir un Patrimonio Municipal do Solo co que incidir na regulación dos prezos da vivenda e tamén (ata o 50% desas plusvalías) para destinar ao pago de sistemas que comporta a execución das determinacións do Plan, isto é, a pagar unha parte de factura do PXOM cuxo abono corresponde ao sector público, e tamén para as obrigas de materialización en vivenda VPA, etc.

(5)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 5 O Plan Xeral de Pontedeume, no que respecta a esta cuestión, tiña e así o fixo, que xustificar razoadamente a posibilidade certa da execución dos sistemas xerais e locais propostos, así como de facer unha relación de todas as delimitacións de ámbitos e sectores co seu xeito de financiamento máis posible (que serva de base e orientación), seguido da súa previsión de prazos de execución no tempo, para poder estimar as necesidades económicas que terá o concello de cara os vindeiros anos. Deste xeito poderanse explicar e xulgamos que entender, cales son as actuacións prioritarias establecidas dende o Plan Xeral, e como e por quén se financian. Xa que logo, a estratexia proposta para o desenvolvemento do Plan Xeral ten un dos seus máis sólidos piares na priorización da construción efectiva da principais vías de comunicación que dean solución ó esquecemento dunha necesidade básica que dea alternativas ós tráficos, tanto aos de paso como ós procedentes das propias parroquias do concello. Velaí que devise en fundamental que se estudasen conxuntamente as novas necesidades nos sistemas xerais de infraestruturas de servizos urbanos e os ámbitos de solo urbano non consolidado e de solo urbanizable delimitado, a partires dunha lóxica natural de crecemento do propio concello, así como da maior facilidade prevista para o seu desenvolvemento, seguindo ademais a posible existencia de acordos ou convenios para algún desenvolvemento concreto.

Por outra banda, o Plan Xeral debe recoller as accións programadas ou concertadas que se citan no artigo 60.2 da LOUG, e na presente estratexia de actuación e estudo económico, determínanse con claridade os prazos e condicións en que teñen que seren executadas esas actuacións públicas ou particulares.

No que atinxe á distribución dos importes das obras necesarias para a execución das determinacións do Plan Xeral que se conteñen no presente estudo económico, as cantidades asignadas ás administracións distintas da municipal, mostran unha estratexia posible de actuación, e sempre teñen carácter indicativo, servindo así como marco e base de posteriores acordos entre administracións. Cos informes favorables ao documento do PXOM por parte das distintas administracións, preceptivos para a súa aprobación, recoñecerase o seu coñecemento e visto e prace ao mesmo.

1.2. ANÁLISE DA FACENDA MUNICIPAL 1998-2004.

O conxunto de actuacións públicas que comprenden as propostas do Plan Xeral correspóndense coa planificación, execución e xestión dos sistemas xerais e infraestruturas básicas que o concello precisa e, no seu caso, tamén coa reserva de espazos axeitados para a actividade empresarial. Nestas accións interveñen, ademais do Concello distintas Administracións públicas, ben directamente ou a través da concesión de subvencións, en función das súas competencias e dos hábitos investidores.

O investimento do Concello non só financia o desenvolvemento urbanístico (sistemas locais e xerais do planeamento) senón tamén o investimento “non urbanístico” (mobiliario urbano, instalacións informáticas, dotacións en edificios de interese cultural, circulación...) e, especialmente, o investimento de “reposición” destinado a manter en uso adecuado os activos do patrimonio municipal. As previsións de investimento farán referencia ao conxunto do investimento xestionado polo orzamento municipal.

(6)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 6 Os apartados de diagnóstico e situación actual parten da dimensión e a evolución das principais magnitudes de ingresos e gastos de funcionamento, o aforro neto e o investimento non financeiro do período recente (1998-2004), así como dos principais indicadores económicos e financeiros, e segue coa referencia dos niveis de investimento acadados no dito período e o seu financiamento, que deben servir de base ás previsións.

Finalmente, arguméntase a viabilidade global para o investimento do Concello, como base para o deseño do Programa de Prioridades.

As previsións baséanse nunha hipótese continuista de crecementos de ingresos e de gastos futuros, considerando acadar un obxectivo de capacidade de investimento medio, polo menos semellante ao investimento medio liquidado no período anterior (0,74 M€, aproximadamente ou 123 Mptas.), que é un indicador da capacidade de xestión municipal.

Un ditame sobre o comportamento da facenda municipal debe abranguer os seguintes aspectos: - Os ingresos e os gastos correntes.

- A fiscalidade local. - A dinámica orzamentaria. - A actividade investidora. - A execución dos orzamentos. - A débeda financeira.

(7)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 7 A relación entre o volume de ingresos e gastos correntes constitúe a base da xeración de recursos para incrementar o capital público municipal por medio do investimento, mentres que a estrutura e composición dos mesmos condiciona as súas tendencias de medra.

Esta primeira fase da análise da facenda municipal centrouse na estrutura e evolución dos ingresos correntes, dos gastos de funcionamento e da carga financeira saldados. Asemade, analiza o comportamento do investimento a partir dos dados dispoñibles.

Comportamento dos ingresos e gastos de funcionamento e da carga financeira (1998-2004). A análise e os resultados finais preséntanse loxicamente en €. A evolución recente dos ingresos e gastos correntes que presentan as liquidacións anuais dos presupostos municipais recóllense no seguinte cadro:

Como aspectos fundamentais da anterior táboa de liquidación dos ornamentos no período de estudo e que serve como base referencial para analizar a evolución dos mesmos son os seguintes:

€ Correntes- Ingresos 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Taxa crecemento global ac. Taxa de crecement o Anual

Impostos (cap. I e II) 1.149.434 € 1.043.306 € 1.046.798 € 1.371.205 € 1.560.191 € 1.529.404 € 1.405.087 € 34,23 8,56

Tasas e outros

ingresos (Cap. III) 649.051 € 675.819 € 696.624 € 920.756 € 910.332 € 1.008.213 € 1.136.509 € 63,15 15,79

Transferencias

correntes (Cap. IV) 1.559.352 € 1.671.397 € 1.608.528 € 1.474.326 € 1.605.744 € 1.820.678 € 1.986.495 € 23,50 5,87

Ingresos

patrimoniais (Cap. V)

17.885 € 23.867 € 27.144 € 12.892 € 11.809 € 11.186 € 28.133 € 3,65 0,91

Transferencias de

capital (Cap. VII) 236.075 € 264.124 € 319.309 € 785.796 € 623.376 € 375.159 € 349.596 € 9,48 2,37

1.- Total ingresos

correntes 3.611.799 € 3.678.514 € 3.379.095 € 3.779.181 € 4.088.078 € 4.369.482 € 4.556.225 € 34,84 8,71

€ Correntes- Gastos 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004

Personal (Cap. I) 1.513.975 € 1.672.680 € 1.665.586 € 1.674.323 € 1.710.724 € 1.983.345 € 2.031.471 € 21,97 5,49

Compra de bens e

servizos (Cap. II) 1.396.642 € 1.417.383 € 1.190.844 € 1.294.976 € 1.302.857 € 1.495.199 € 1.672.186 € 40,42 10,11

Gastos financieiros

(Cap. III) 50.323 € 45.650,11 € 56.220 € 55.865 € 51.795 € 31.847 € 22.614 € -59,78 -14,94

Trasferencias

correntes (Cap. IV) 82.398 € 103.449 € 80.612 € 54.887 € 67.694 € 82.175 € 88.575 € 9,88 2,47

2.- Total gastos correntes 3.043.340 € 3.239.164 € 2.993.263 € 3.080.053 € 3.133.071 € 3.592.568 € 3.814.847 € 27,45 6,86 3.-Total gastos de funcionamento (I II e IV) 2.960.941 € 3.135.714 € 2.937.043 € 3.024.187 € 3.081.276 € 3.560.721 € 3.792.232 € 29,12 7,28 4.- Aforro bruto (1-2) 568.459 € 439.350 € 385.832 € 699.128€ 955.006 € 776.914 € 741.378 € 92,15 23,04 5.- Gastos de capital financieiros (IX) 89.952 € 133.487 € € 268.975 € 287.720 € 277.152 € € 6.- Aforro neto (4-5) 478.507 € 305.862 € 385.832 € 430.152 € 667.286 € 499.761 € 741.378 € 92,15 23,04 7.- Carga financieira (III e IX) 140.275 € 179.138 € 56.220 € 324.841 € 339.515 € 308.999 € 22.614 € -59,78 -14,94

(8)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 8 9 INGRESOS CORRENTES:

En canto ós ingresos correntes, aínda que non se comportan cunha traxectoria regular no tempo, obsérvase un sensible crecemento en termos absolutos, no que refire ao período 1998-2004, (3.611.799 € no ano 1998 e 4.556.255 € no a no 2004), cunha taxa de crecemento global do 34,84 %.

Non obstante, este crecemento non é constante ao longo dos anos. Chama a atención como no ano 2002 se produciu un decrecemento considerable nos ingresos correntes respecto ao ano anterior, que en termos porcentuais podemos cuantificar nun 7,55 %. A partires deste ano o crecemento podemos consideralo como sostible e regular.

Este comportamento depende fundamentalmente do fluxo económico que se xera a través das transferencias correntes que teñen sobre a totalidade dos ingresos correntes unha influencia importante. A continuación facemos unha pequena análise de cada unha das partidas orzamentarias que forman o capítulos de GASTOS CORRENTES:

Correntes- Ingresos 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Taxa crecement o global ac. Taxa de Crecemento Anual Impostos (cap. I e II) 1.149.434 € 1.043.306 € 1.046.798 € 1.371.205 € 1.560.191 € 1.529.404 € 1.405.087 € 34,23 8,56 Taxas e outros ingresos (Cap. III) 649.051 € 675.819 € 696.624 € 920.756 € 910.332 € 1.008.213 € 1.136.509 € 63,15 15,79 Transferenci as correntes (Cap. IV) 1.559.352 € 1.671.397 € 1.608.528 € 1.474.326 € 1.605.744 € 1.820.678 € 1.986.495 € 23,50 5,87 Ingresos patrimoniais (Cap. V) 17.885 € 23.867 € 27.144 € 12.892 € 11.809 € 11.186 € 28.133 € 3,65 0,91 Transferenci as de capital (Cap. VII) 236.075 € 264.124 € 319.309 € 785.796 € 623.376 € 375.159 € 349.596 € 9,48 2,37 1.- Total ingresos correntes 3.611.799 € 3.678.514 3.379.095 3.779.181 4.088.078 4.369.482 4.556.225 € 34,84 8,71

(9)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 9 a) Transferencias Correntes (CAP. IV):

TOTAL CAP (IV)- TRANSFERENCIAS CORRENTES % de influencia respecto a totalidade dos ingresos correntes 1998 1.559.352,39 € 43,17 1999 1.671.397,48 € 45,43 2000 1.608.528,98 € 47,60 2001 1.474.326,88 € 39,01 2002 1.605.744,89 € 39,27 2003 1.820.678,73 € 41,667 2004 1.986.495,21 € 43,59 Media (2000-2004) 42,82

Estas son, xunto cos ingresos de tipo impositivo as que, dentro da estrutura total dos ingresos correntes amosan ó longo dos anos de análise, unha maior preponderancia e que teñen un peso e unha influencia incuestionable na masa total dos distintos capítulos que forman a totalidade dos mesmos. Tal como se observa, cuantitativamente, supoñen as maiores partidas. Porén, en termos porcentuais o peso relativo destes ingresos dentro da masa total dos ingresos correntes, mantívose bastante constante ó longo dos anos coas pequenas flutuacións lóxicas da actividade económica e do tipo de servizos que debe prestar o Concello.

Deste xeito podemos observar que, aínda que o incremento cuantitativo dende o ano 1998 ata o ano 2004 é considerable (de 1.559.352,39 € a 1.986.495,21 €) a influencia que exercen na masa total de ingresos é practicamente a mesma (do 43,17% no ano 2000 ó 43,59 % no ano 2004).

Estes ingresos aínda que forman parte da estrutura dos ingresos correntes, non nos dan unha amosa da capacidade de dinamismo do concello, xa que dependen das transferencias doutras administracións. Derivado da propia finalidade e natureza do concello como Entidade Pública ó servizo dos cidadáns, estes ingresos están exentos de influencias de carácter conxuntural que reflicte fielmente a realidade socioeconómica do municipio. Pero o que si é significativo é que máis da metade dos ingresos correntes dependan destes recursos.

(10)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 10 b) Ingresos por impostos Indirectos, Directos e Taxas (CAP I II e III):

TOTAL CAP (I+II+III) % de influencia respecto a totalidade dos ingresos correntes 1998 1.798.486 € 53,22 1999 1.719.125 € 50,87 2000 1.743.422 € 51,59 2001 2.291.962 € 60,64 2002 2.470.524 € 60,43 2003 2.537.617 € 58,07 2004 2.541.597 € 55,78 Media (1998-2004) 55,80

Para facer un estudo axeitado e dar unha imaxe máis real da capacidade financeira é primordial analizar a fiscalidade de Pontedeume, é dicir, da súa capacidade de xeración de recursos e de captación de investimentos, sobre de todo de iniciativa privada, que repercutan nas arcas municipais (CAP I, II e III). Dadas as competencias que na actualidade teñen os concellos en materia fiscal, este tipo de recursos son un claro indicativo do seu dinamismo económico ou financeiro, segundo evolucionen en traxectorias positivas, negativas ou planas.

Neste senso, en primeiro lugar observamos que os impostos (directos, indirectos e taxas municipais) teñen unha evolución positiva en termos absolutos do ano 1998 ó 2004, (de 1.798.486 € a 2.541.597 € respectivamente). O seu comportamento é bastante regular cun ascenso sensible (manténdose en anos posteriores) no ano 2001, que a falta de máis datos pormenorizados podemos supor que, debido ás características propias destes ingresos, correspóndese cunha revitalización económica de Pontedeume. Son os que de forma máis acusada inciden no orzamento total. Así o vemos nos índices porcentuais onde, coma porcentaxe media, supoñen o 55,80% dos ingresos totais.

Segundo os dados analizados, podemos concluír que Pontedeume é un concello cun relativo dinamismo económico onde os ingresos dende unha perspectiva global do período 1998-2004 teñen unha tendencia positiva en termos absolutos, polo que se observa unha capacidade de captación de recursos de tipo impositivo aceptable.

O concello de Pontedeume, cunha poboación de 8.694 hab. (segundo datos do 2004), concentra a meirande da súa poboación na propia vila, onde o sector económico principal é o sector terciario ou de servizos, seguido do sector secundario.

Tendo en conta que estamos nun concello de menos de 10.000 habitantes e que o 23% da súa poboación dedícase ó sector secundario (actividades industriais), xustifica que máis da metade dos ingresos do concello percíbense por Impostos Directos, Indirectos, Taxas e outros ingresos (CAP I, II e III).

(11)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 11 Non podemos obviar que os datos obxectivos que se detallan na táboa non están suxeitos ou analizados, tendo en conta criterios macroeconómicos (inflación, tipos impositivos xerais…), polo que máis que en termos absolutos cómpre telos en conta como unha tendencia evolutiva. Neste senso, aínda estimando estes factores macroeconómicos, obsérvase unha tendencia de ascenso, que se prevé que se consolide en anos posteriores reforzada pola aplicación do presente Plan Xeral.

C) Ingresos Patrimoniais: TOTAL CAP (V)- INGRESOS PATRIMONIAIS % de influencia respecto a totalidade dos ingresos correntes 1998 17.885 € 0,49% 1999 23.867 € 0,65% 2000 27.144 € 0,80% 2001 12.892 € 0,34% 2002 11.809 € 0,29% 2003 11.186 € 0,26% 2004 28.133 € 0,62% Media (2000-2004) 0,49%

Este tipo de partidas orzamentarias teñen unha influencia moi reducida na composición final dos orzamentos totais.

Compróbase que apenas inflúen na totalidade dos ingresos (apenas o 0,49% como valor medio), polo que facer unha análise dos mesmos resulta pouco significativo á hora de poder establecer unha previsión na evolución dos mesmos, co obxectivo de marcar unha tendencia o suficientemente importante coa que poder quitar conclusións relevantes que nos axuden na finalidade do presente E.E.F.

(12)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 12 Evolución Ingresos Corrientes

- € 500.000,00 € 1.000.000,00 € 1.500.000,00 € 2.000.000,00 € 2.500.000,00 € 3.000.000,00 € 3.500.000,00 € 4.000.000,00 € 4.500.000,00 € 5.000.000,00 € 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 TOTAL CAP (I+II+III+IV+V+VII) 9 GASTOS CORRENTES:

Os gastos correntes, tal como se observa dos dados do período 1998-2004, amosan un comportamento positivo en termos absolutos, cunha taxa de crecemento global do 27,45%, pasando duns valores monetarios por tódolos conceptos que integran as partidas de gastos correntes de 3.043.340 € no ano 1998 a 3.814.847 € no ano 2004 (o que supón un incremento considerable do 25%).

Agás no ano 2000 que se tiveron valores inferiores ao ano 2001, no resto dos anos amósase un crecemento relativamente constante, cunha taxa de crecemento anual do 27,45%.

€ Correntes- Gastos 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Taxa crecement o global ac. Taxa de Crecemento Anual Persoal (Cap. I) 1.513.975 € 1.672.680 € 1.665.586 € 1.674.323 € 1.710.724 € 1.983.345 € 2.031.471 € 21,97 5,49 Compra de bens e servizos (Cap. II) 1.396.642 € 1.417.383 € 1.190.844 € 1.294.976 € 1.302.857 € 1.495.199 € 1.672.186 € 40,42 10,11 Gastos financeiros (Cap. III) 50.323 € 45.650,11 € 56.220 € 55.865 € 51.795 € 31.847 € 22.614 € -59,78 -14,94 Transferencia s correntes (Cap. IV) 82.398 € 103.449 € 80.612 € 54.887 € 67.694 € 82.175 € 88.575 € 9,88 2,47 2.- Total gastos correntes 3.043.340 € 3.239.164 2.993.263 3.080.053 3.133.071 3.592.568 3.814.847 € 27,45 6,86

(13)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 13 Se ben, no capítulo de ingresos non ten tanta relevancia a poboación, si é importante considerar a súa evolución no capítulo de gastos porque daranos un rateo de gastos por habitante nos distintos anos, para así establecer cal é a evolución real dos mesmos e o seu peso no orzamento total.

ANO HABITANTES GASTOS

CORRENTES RATEO DE GASTOS POR HABITANTE 1998 8.893 3.043.340 342 € 1999 8.857 3.239.164 365 € 2000 8.936 2.993.263 € 334 € 2001 8.912 3.080.053 € 345 € 2002 8.860 3.133.071 € 353 € 2003 8.746 3.592.568 € 410 € 2004 8.694 3.814.847 € 438 € TOTAL 61.898 16.613.804 € 2.591 € MEDIA 8.842 3.322.761 € 370 € - € 50,00 € 100,00 € 150,00 € 200,00 € 250,00 € 300,00 € 350,00 € 400,00 € 450,00 € 2000 2001 2002 2003 2004

€ Correntes

Ratio de Gastos por Hab.

O rateo de investimento medio por habitante é de 370 €. Tal como se comproba tanto na táboa como na gráfica anterior o Gasto/Hab. amosa unha tendencia ascendente que se consolida co paso dos exercicios, así vemos como dun rateo de 342 € no ano 1998 pasamos a un rateo de 438 € no ano 2004.

A continuación analizamos máis polo miúdo cada unha das partidas que forman o capítulo de GASTOS CORRENTES:

(14)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 14 a) Gastos de Funcionamento:

Dentro da estrutura dos gastos correntes os CAP I, II e IV forman un subgrupo denominado Gastos de Funcionamento, que poderíamos definir como aqueles gastos formados polas partidas orzamentarias necesarias (Gastos de Persoal, Compra de Bens e Servizos e Transferencias Correntes) indispensables para o correcto funcionamento dunha administración pública como o Concello de Pontedeume, cuxa finalidade fundamental é a prestación de servizos ós administrados municipais.

ANO TOTAL CAP (I+II+IV)

% de influencia respecto aso restos

dos gastos correntes 1998 2.993.016 € 98% 1999 3.193.514 € 98% 2000 2.937.043 € 98% 2001 3.024.187 € 98% 2002 3.081.276,45 € 98% 2003 3.560.721 € 99% 2004 3.792.232 € 99% MEDIA 3.225.999 98

Como se pode comprobar os gastos de funcionamento absorben case a totalidade dos recursos orzamentarios previstos nas partidas dos gastos correntes (o 98 % como porcentaxe medio).

- Gastos de persoal (CAP I):

0 500000 1000000 1500000 2000000 2500000 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004

Son os que, xunto cos gastos en compras e servizos, maiores recursos necesitan dentro dos gastos correntes. A súa traxectoria é ascendente dende o ano 1998, cunha tendencia evolutiva regular e

Correntes- Gastos 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Taxa crecemen to global ac. Taxa de Crecemento Anual Persoal (Cap. I) 1.513.975 € 1.672.680 € 1.665.586 € 1.674.323 € 1.710.724 € 1.983.345 € 2.031.471 € 21,97 5,49

(15)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 15 constante ó longo dos anos. Así o amosa a Taxa de Crecemento que se sitúa nos 21,97 puntos, (de 1.13.975 € no ano 1998 a 2.031.471 € no 2004).

- Gastos de bens e servizos (CAP II):

0 500000 1000000 1500000 2000000 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004

Dentro da totalidade dos gastos correntes son os que despois dos gastos de persoal supoñen as contías monetarias máis elevadas, tendo unha taxa de crecemento global do 40,42%.

Debido á propia natureza destes gastos, non podemos analizar dunha maneira moi sintética o comportamento destes gastos, senón que temos que establecer criterios de evolución máis globais centrándonos na evolución xeral dentro do período do que dispomos dados. Neste senso vese que a tendencia é claramente ascendente, pasando de 1.396.642 € no ano 1998 a 1.672.186 no ano 2004.

- Transferencias correntes (CAP IV):

Non se pode nin se debe establecer unha previsión clara da súa evolución, atendendo ós datos dos que se dispón, debido fundamentalmente a que son os gastos que ingresan as partidas dos orzamentos municipais

Ano/Taxas 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Taxa crecemen to global ac. Taxa de Crecemento Anual Compra de bens e servizos (Cap. II) 1.396.642 € 1.417.383 € 1.190.844 € 1.294.976 € 1.302.857 € 1.495.199 € 1.672.186 € 40,42 10,11 € Correntes- Gastos 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Taxa crecement o global ac. Taxa de Crecemento Anual Transferencia s correntes (Cap. IV) 82.398 € 103.449 € 80.612 € 54.887 € 67.694 € 82.175 € 88.575 € 9,88 2,47

(16)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 16 que menos atenden a criterios económicos ou financeiros, senón que atenden máis a fins sociais, polo que son os gastos sobre os que se ten máis capacidade de control e distribución.

Porén é dificultoso analizar de forma eficaz as cifras que engrosan estes gastos, incluso se atendemos ós datos de que dispomos, vemos como o seu comportamento é moi irregular, incluso pola variabilidade da orixe e do obxectivo en que se xustifican estes gastos, é difícil establecer unha previsión clara para o futuro.

0 20000 40000 60000 80000 100000 120000 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004

b) Gastos financeiros (CAP III):

Estes gastos completan a estrutura contable dos gastos correntes. Segundo os datos analizados, amosan un comportamento irregular, aínda que se observa unha clara tendencia a diminuír, reflectíndose na taxa de crecemento global neste período (1998-2004) de -59,78%. Segundo os datos facilitados polo concello estes gastos financeiros corresponden case que no 100% a gastos financeiros de préstamos, en todo caso, non só estamos ante contías monetarias indicadoras dun exceso de endebedamento financeiro para un concello como Pontedeume, cun orzamento medio de ingresos por tódolos conceptos nos últimos 5 anos de 3.923.196 €, é dicir, que apenas, estes gastos, supoñen como media dun 1,15%.

A seguinte gráfica amosa o escaso nivel de endebedamento soportado polo concello de Pontedeume nos últimos anos en relación coa súa capacidade real de xeración e captación de recursos.

€ Correntes- Gastos 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Taxa crecement o global ac. Taxa de Crecemento Anual Gastos financeiros (Cap. III) 50.323 € 45.650,11 € 56.220 € 55.865 € 51.795 € 31.847 € 22.614 € -59,78 -14,94

(17)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 17 - € 500.000,00 € 1.000.000,00 € 1.500.000,00 € 2.000.000,00 € 2.500.000,00 € 3.000.000,00 € 3.500.000,00 € 4.000.000,00 € 4.500.000,00 € 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Gastos Financieiros Gastos Financieiros 9 AFORRO BRUTO:

O Aforro Bruto é a consecuencia de restar a totalidade dos ingresos correntes a totalidade dos gastos correntes. A Media do Aforro Bruto no período 1998-2004 é de 652.295 €, no entanto tendo en conta os ascensos e descensos propios da actividade do concello de Pontedeume que repercuten nas ornamentos municipais, esta evolución amosa unha tendencia ascendente en canto ós valores do aforro bruto, así pasamos de 568.459 € de Aforro Bruto no 1998 a 741.378 € no 2004).

9 AFORRO NETO:

O Aforro Neto é a consecuencia de descontar ó Aforro Bruto os Gastos de Capital Financeiros. Tal como se aprecia na táboa anterior, como consecuencia fundamentalmente do Aforro Bruto, o Aforro

ANO/TAXAS 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 INGRESOS CORRENTES 3.611.799 € 3.678.514 € 3.379.095 € 3.779.181 € 4.088.078 € 4.369.482 € 4.556.225 € GASTOS CORRENTES 3.043.340 € 3.239.164 € 2.993.263 € 3.080.053 € 3.133.071 € 3.592.568 € 3.814.847 € AFORRO BRUTO 568.459 € 439.350 € 385.832 € 699.128€ 955.006 € 776.914 € 741.378 € ANO/TAXAS 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Aforro bruto 568.459 € 439.350 € 385.832 € 699.128€ 955.006 € 776.914 € 741.378 € Gastos de capital financeiros 89.952 € 133.487 € € 268.975 € 287.720 € 277.152 € € Aforro neto 478.507 € 305.862 € 385.832 € 430.152 € 667.286 € 499.761 € 741.378 €

(18)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 18 Neto tamén amosa un comportamento bastante irregular, difícil de predicir para o futuro. Namentres que os gastos de capital financeiro no intervalo 2001-2003 non amosan variacións importantes ó longo dos anos, tal e como definimos anteriormente o aforro bruto sofre moitas flutuacións, polo que o aforro neto ten un comportamento moi semellante.

Hai que ter en conta que o Aforro Neto, dentro da contabilidade dun concello como Pontedeume ten moita relevancia, posto que parte destes recursos poden ser destinados a novos investimentos. Así se ve na seguinte gráfica:

- € 500.000,00 € 1.000.000,00 € 1.500.000,00 € 2.000.000,00 € 2.500.000,00 € 3.000.000,00 € 3.500.000,00 € 4.000.000,00 € 4.500.000,00 € 5.000.000,00 € 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Ingresos correntes Gastos correntes 3.- Aforro bruto Aforro neto

(19)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 19 2. A ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN.

Os ámbitos de planeamento e os sistemas xerais son as principais fontes de actuación que requiren dunha planificación obrigada e dunha priorización, e no caso de Pontedeume a estratexia basearase nas prioridades dende o PXOM nestes eidos, mais as accións programadas ou concertadas con acordos ou convenios para o desenvolvemento concreto de ámbitos. A estratexia e estudo económico terá que centrarse tamén por outra banda nas actuacións previstas ou necesarias en elementos do Sistema Xeral do P.X.O.M., ou nos sistemas locais nos que se atoparon deficiencias dotacionais ou infraestruturais importantes ou significativas, que se desagregarán por orde de prioridade nos apartados seguintes, cunha explicación pormenorizada por grupos da estratexia que se pretende e das prioridades para o desenvolvemento das diferentes actuacións previstas.

Por outra banda, o P.X.O.M. vai recoller, no momento en que se chegue a acordos, as accións programadas ou concertadas que se citan no artigo 60.2 da LOUG, e na presente estratexia de actuación e estudo económico recollerase (no seu caso) a sinalización de prazos e condicións en que teñen que seren executadas esas actuacións públicas ou particulares (nestes intres hai varias accións en proceso de programación de iniciativa diversa, que non se poden concretar aínda nesta fase).

No que atinxe á distribución dos importes das obras necesarias para a execución das determinacións do Plan que se conteñen no presente estudo económico, as cantidades asignadas a administracións distintas da municipal, teñen carácter indicativo.

Non se van a incluír no presente documento algunhas actuacións ou nova construción dalgúns elementos que integran ou forman parte do sistema xeral correspondente ou que son prioritarios para o desenvolvemento do PXOM, por estar xa en execución, e que presumiblemente se rematarán antes da entrada en vigor do presente PXOM (calculando o ano 2014 para a súa entrada en vigor).

2.1. DETERMINACIÓN DO HORIZONTE DO PLAN.

A capacidade que debe ofrecer o PXOM para os diferentes usos estará en función do horizonte que se teña establecido na estratexia de desenvolvemento e no seu prazo de vixencia estimado, debendo ter en conta que a posta en servizo dos terreos para os usos previstos lévase adiante en períodos variables de tempo, a través dos procesos de xestión e urbanización do solo, contando cos longos períodos que adoitan transcorrer entre a cualificación do novo solo a desenvolver, a planificación mediante os instrumentos de desenvolvemento, a súa efectiva urbanización e a construción final das edificacións que albergarán finalmente os usos previstos (intervidos estes procesos polos prazos previstos no Plan Xeral e os acordos establecidos para a materialización das actuacións programadas de transformación do solo e construción da edificación, así como pola evolución do mercado do solo e de vivenda no contorno comarcal ou territorial inmediato). Pola complexidade destes procesos, o desenvolvemento urbanístico ten unha certa rixidez que cómpre ter en conta para non quedarse nin curtos nin excesivamente longos nas previsións do Plan.

(20)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 20 A respecto dos prazos temporais estimados para establecer a capacidade das distintas actividades e usos (pero principalmente o residencial) do PXOM, deberase ter en conta que este é un concello cun pasado urbanístico concentrado na xestión do planeamento principal previsto, a protección do ámbito do barrio histórico e algúns ámbitos de desenvolvemento industrial, basicamente mediante Plans Parciais, e tamén algúns Estudos de Detalle ou figuras menores, no que a propia elaboración do PXOM como primeiro instrumento urbanístico integral moderno vai ser un gran esforzo, que presumiblemente se vai a dilatar case ao longo de máis de dous lustros por diversas corporacións, polo tanto, concibir aquí a redacción dun novo plan, antes duns 20 anos (o plan actual leva xa máis de 27 anos de vixencia), parece unha quimera, polo que será necesario estudar unha capacidade para as distintas actividades que poida cubrir as necesidades, polo menos durante 20-25 anos (para poder cubrir tamén a eventual tramitación dun novo Plan) e cunha marxe de elasticidade para poder responder a eventuais necesidades non previstas ou subdimensionadas, sen caer, por outra banda, no esgotamento prematuro do plan.

A Estratexia de Actuación do PXOM debe concibirse pois para un período que está formado polos tres cuadrienios (12 anos) da estratexia básica en que se basea o estudo económico do PXOM, e un tempo restante ata o horizonte máximo do plan (8 anos máis, segundo a programación realizada ata o esgotamento do Plan en 2033 nun escenario optimista, ou en máis anos nun escenario menos optimista), que é o tempo xusto e necesario para decidir e iniciar a redacción e aprobación dun novo Plan Xeral, abranguendo polo tanto un período de 20 anos (contando con que o presente plan se poida aprobar definitivamente en 2014, por tanto, cunha vixencia de horizonte total 2014-2033), que encaixan perfectamente coas prognoses realizadas, e co que se sinala neste plan como horizonte razoable de vixencia para o presente PXOM, contando coa folgura necesaria para a redacción e aprobación dun novo Plan Xeral.

Estes prazos temporais correspóndense co horizonte teórico previsto para o desenvolvemento do presente PXOM, denominando numericamente os tres cuadrienios da estratexia principal (2014-2025) e como “Resto PXOM” ao tempo restante ata o horizonte máximo do plan (2033 no escenario optimista).

2.2. CRITERIOS DE PROGRAMACIÓN.

Para acadar unha estratexia adecuada para o desenvolvemento factible dun plan xeral, débense establecer uns criterios básicos que sirvan de base a unha boa materialización das intencións propostas nel. Así, en primeiro lugar, no presente PXOM se incorporan os plans e actuacións que actualmente están en marcha no concello, ben sexa sobre a base do planeamento vixente ou sobre diferentes actuacións de carácter supramunicipal, acordadas dende administracións de rango superior (planeamento sectorial que se incorpora). De seguido detállanse tamén actuacións preferentes previstas no plan xeral, tanto as que teñan un carácter de intervención entre o sector privado e a administración local como as actuacións totalmente públicas de primeira necesidade, isto é, actuacións na rede de infraestruturas básicas de servizos, que sirvan tanto para completar as redes existentes como para dotar de novas redes onde as necesidades consideradas así o determinen.

(21)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 21 Establécese tamén unha programación que faga viable a execución do plan, indicando os prazos previsibles de execución das novas actuacións e a distribución dos investimentos necesarios ao longo dos tempos establecidos. Estrutúrase así unha división da execución do plan xeral en 3 cuadrienios máis uns anos de solapamento ou remate das actuacións programadas no último dos cuadrienios (e para a total construción das distintas actividades, que como temos visto no apartado anterior conforman un solapamento total de 8 anos), período no que se ten que encetar, se non se tiver producido antes unha revisión do Programa, a futura revisión do PXOM, facéndoo de xeito que se sexa perfectamente comprensible o itinerario, onde debe ficar nidio como se inician os procesos de xestión dos diferentes solos de planeamento remitido e aparezan perfectamente delimitados os tempos de execución das urbanizacións correspondentes e os tempos necesarios para a disposición no mercado do produto inmobiliario resultante (a edificación) Todo isto acompañado, igualmente, polo establecemento dos prazos de xestión e execución das diferentes redes de infraestruturas que sirvan de base aos mesmos.

Polo tanto establécese unha estratexia co seguinte esquema de programación:

- 1º CUADRIENIO, para continuar cos procesos en marcha, encetar as actuacións prioritarias e resto das actuacións preferentes, públicas e conveniadas, principalmente cuns prazos de planeamento e xestión duns catro anos, máis dous de edificación.

- 2º CUADRIENIO, de desenvolvemento de ditas actuacións, na súa parte de urbanización e finalización co proceso de construción-venda, e solapamento co inicio doutro segundo grupo de actuacións propostas no plan, coherentemente ao exposto na Memoria Xustificativa da Ordenación, tratando de que o proceso de desenvolvemento urbanístico e da construción dos sistemas xerais urbanos sexa o máis lóxico e racional posible.

- 3º CUADRIENIO, de finalización do desenvolvemento das actuacións previstas para o segundo cuadrienio, nas diferentes etapas, así como o solapamento do proceso de desenvolvemento urbanístico e da construción dos sistemas xerais urbanos.

- FÓRA DE PROGRAMA, período de finalización do desenvolvemento das actuacións previstas para o 3º cuadrienio, nas diferentes etapas, e o solapamento cun período posterior para a posterior revisión deste plan xeral.

Neste enfoque considéranse uns tempos medios de:

- 1 ou 2 anos, para o desenvolvemento da figura de planeamento correspondente.

- 1 ou 2 anos, segundo a complexidade de cada ámbito ou sector, para o proceso de xestión. - 1 ano, para levar adiante a execución da urbanización.

- 2+3 anos, para a construción da edificación e posta no mercado da mesma. Dada a actual situación do mercado inmobiliario, suponse a venda de vivendas dende o inicio da construción e engádese un ano máis para a venda total das mesmas.

(22)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 22 Cómpre salientar que estes “tempos” non sempre se prevén do mesmo xeito, xa que é a realidade mesma de cada ámbito e a particularidade de cada un a que vai axustando os prazos previstos (superficie delimitada, subdivisión da propiedade, complexidade do desenvolvemento para obter acordos, dificultade de materializar a urbanización de xeito independente ou ben simultaneamente coa edificación...) e vai a dar visións certas do devir dos planeamentos propostos.

2.3. ESTRATEXIA XERAL. PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO.

O solo que o presente Plan ordena é aquel mínimo preciso para poder garantir e facer efectiva (e a medida que se van precisando ou demandando) tanto a dispoñibilidade dos terreos e/ou (no seu caso) a execución de todos os sistemas (sobre todo os xerais, que son os que garanten que o plan poida acadar a funcionalidade prevista na súa dimensión en cada momento e co nivel de servizo demandado polos estándares) e as propostas estratéxicas que están vinculadas ao desenvolvemento dos ámbitos (Polígonos ou Áreas de Reparto en SUNC e Sectores en solo urbanizable) como a construción das vivendas que demandará Pontedeume nos próximos 12 anos nos que se programan as actuacións do PXOM, mais os 8 anos contemplados para o remate das previsións nun escenario dinámico, ou máis nun escenario máis estático. Como é preceptivo na lexislación urbanística vixente, os solos cuxos desenvolvementos se programan por un plan xeral, teñen que ter fixada na propia normativa do mesmo os prazos para desenvolver cada unha das fases básicas de todo desenvolvemento urbanístico, que convén recordar:

a) Elaboración e aprobación do planeamento de desenvolvemento: plans especiais de reforma interior, plans parciais, ou outras figuras complementarias destes.

b) Elaboración e aprobación dos instrumentos de equidistribución das cargas e beneficios do planeamento, así como o(s) proxecto(s) de urbanización correspondentes.

c) Desenvolvemento efectivo das obras da completa urbanización interna e conexión cos sistemas xerais correspondentes (de comunicación, de servizos de abastecemento de auga, de saneamento, de telecomunicacións, no seu caso, de transporte público, etc.).

d) A construción da edificación a inzar conforme ás determinacións dos correspondentes plans de desenvolvemento.

Como é doado comprender, todo este proceso non se pode completar antes de transcorridos entre uns seis e uns dez anos, como hipóteses abondo optimistas.

Por conseguinte, a disposición e programación de solo para unha concreta necesidade de vivenda tirada das correspondentes prognoses da demanda para un tempo dado, necesita facerse coa folgura precisa de xeito que non se atore, atranque ou estrangule a oferta.

No cadro resumo no que se reflicten as fases do Programa (que se reproduce ao final do presente apartado), pode comprobarse como se ten en conta a necesidade de dimensionar de forma acaída evitando ese perigo. Nel pódese comprobar que o que analizamos vaise cumprindo ao longo dos anos de

(23)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 23 desenvolvemento do Plan, en cada un dos tres cuadrienios do Programa. Na primeira das columnas reflíctense os datos do total de vivendas que poden fornecer as distintas clases de solo ordenadas polo PXOM, comezando nas filas polos novos desenvolvementos urbanísticos, e logo o solo urbano consolidado e os Núcleos Rurais e descontando as vivendas de reposición (pero dado que no presente estudo económico o que máis importa é o desenvolvemento nos ámbitos de planeamento, serán estes os datos que comentemos en detalle).

E todo isto é consecuencia dos prazos de cada actuación concreta fixados, como obriga aos propietarios, nas fichas de planeamento dos solos de desenvolvemento para cada unha das accións que ese desenvolvemento supón (reflectidas cada unha delas con unha cor distinta para facilitar a comprensión do lector).

A partir das prioridades do plan para a execución das súas determinacións principais (sistemas xerais e locais viarios, dotacionais e de espazos libres) establécese unha programación do desenvolvemento dos ámbitos e actuacións previstas, que se recolle con detalle e desagregación nos seguintes apartados.

2.4. SISTEMAS XERAIS.

2.4.1. SISTEMA XERAL DE COMUNICACIÓNS.

2.4.1.1. Viario de interese nacional.

Recolleremos neste apartado as actuacións previstas nalgúns dos elementos do sistema xeral de comunicacións (nalgúns casos a punto de iniciarse, pero noutros casos sen ter constancia exacta do momento da súa execución), segundo as previsións das administracións titulares dos mesmos ou as necesidades detectadas dende a administración municipal ou dende o propio equipo redactor do PXOM e cos importes e distribución de investimentos que podemos dispor nestes intres.

Debemos recoller neste apartado a necesidade estratéxica dun novo acceso á autoestrada A-9 á altura do polígono de Vidreiro que axudaría tanto a desconxestión da N-651 como unha dinamización das zonas industriais, o acondicionamento e reforzo mediante alternativas viarias da propia nacional 651. Estas actuacións se deberían desenvolver durante os primeiros 8 anos de vixencia do presente PXOM, polo tanto, no 1º e 2º cuadrienio, que se concretarán segundo as negociacións necesarias co Ministerio de Fomento, en coordinación co Concello de Miño, que tamén se beneficiaría do novo enlace da A-9.

2.4.1.2. Viarios principias e interparroquiais.

Actualmente só se ten constancia dunha actuación prevista por parte da deputación provincial para a mellora da seguridade viaria na Estrada entre Pontedeume e Perbes. No resto dos sistemas xerais de comunicacións existentes que se recoñecen como tais no presente PXOM, non se teñen constancia de máis

(24)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 24 actuacións, aínda que si se teñen algunhas referencias ó respecto, e dado que o seu estado xeral e nivel de seguridade das vías existentes é aceptable en termos xerais, referirémonos ás actuacións de novo trazado para a mellora na fluidez e acceso ás parroquias. Tamén mencionaremos melloras necesarias no viario de menor entidade, pero que resulta de gran importancia para o artellamento viario do concello ou para acadar os niveis desexables de seguridade no mesmo, e que terán que desenvolverse necesariamente nos dous cuadrienios previstos.

De entre as primeiras destacaremos as actuacións de alternativa e complementariedade da N-651 para a diversificación dos fluxos de tráfico rodado, xunto co novo trazado da variante Sur ó Núcleo Urbano de Pontedeume de acceso a Perbes dende Campolongo.

Segundo estes criterios son prioritarias, ao noso xuízo dentro do sistema xeral ou local de comunicacións, a realización das seguintes actuacións na rede viaria interparroquial ou local:

1.1. En relación co viario de interese nacional.

1) Reurbanización N-651 ó seu paso por Campolongo, Vilar, Pontedeume. 1.2. En relación co viario principal ou interparroquial.

1) Construción de variante ó acceso desde a N-651 ó Parque das Fragas do Eume. Chapizos-Esteiro.

2) Mellora da seguridade viaria e construción de beirarrúas nos núcleos de Boebre e Centroña.

3) Mellora do trazado, sección e firme do viaria de acceso ó Parque das Fragas do Eume dende Esteiro.

2.4.2. SISTEMA XERAL DE INFRAESTRUTURAS BÁSICAS.

Os principais obxectivos básicos no eido das infraestruturas de servizos son:

- Completar o saneamento dos núcleos de poboación e a depuración de augas residuais, sendo esta a grande tarefa pendente neste concello, pois séguense vertendo residuos dalgúns núcleos rurais aos regatos e mesmo ó mar sen tratamento algún ou con tratamentos moi primarios,

- Mellorar o servizo de captación e depuración do abastecemento de auga. 1) Nova Depuradora en Ver

2) Actuacións Integrais Rede de Abastecemento e Depuración 3) Actuacións Integrais Rede de Saneamento e Depuración

(25)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 25 2.4.3. SISTEMA DE EQUIPAMENTOS.

Existe en Pontedeume a contradición entre a baixa poboación e as altas cotas de demanda puntual para certas necesidades que non acaban de materializarse. Entre elas destacaremos a demanda urxente de espazos para o aparcadoiro de vehículos, e a necesidade dun auditorio público de aforo medio para acoller eventos de diversa índole e unha área deportiva de gran tamaño.

Complementarias a estas demandas urxentes sitúase a posibilidade de acometer un porto deportivo, equipamento este máis ben asociado a actividades económicas de diversa índole, máis que á súa demanda polos habitantes do concello, e pequenas reformas e ampliacións na rede de equipamentos existentes.

Neste eido consideramos que sería prioritario abordar a realización das previsións de servizos de nova creación ou mellora dos existentes que en materia de equipamento se indican a continuación:

1) Novo porto deportivo

2) Ampliación cemiterio Nogueirosa

3) Aparcadoiro público na rúa Ricardo Sánchez 4) Nova Escola Infantil en Esteiro

5) Equipamento sociocultural no Esteiro 6) Auditorio municipal en Caldagueiro 7) Instalacións deportivas en Esteiro 8) Obtención terreos Piscina Municipal

2.4.4. SISTEMA XERAL DE ESPAZOS LIBRES.

No mesmo senso que o indicado no apartado anterior cómpre pular a consolidación dos espazos libres, parques de importancia a nivel municipal que se sitúan preto das maiores concentracións da poboación, en liña de continuidade coas actuacións que se levaron adiante nos últimos anos co obxectivo final de ofertar unha gran variedade de actividades e facilitar acceso axeitado de toda a poboación a estes servizos como complemento das actuacións equipamentais, así como a recuperación de espazos degradados nas zonas fluviais ou de monte para recuperalos como zonas de lecer e paseo en clara orientación á sustentabilidade e mellora de posibilidades de ocio e calidade de vida.

No que atinxe ó sistema de espazos libres e parques as prioridades ó noso xuízo deben ser os seguintes:

(26)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 26 1) Ampliación da área recreativa do Castelo de Andrade

2) Acondicionamento da fronte marítima de Ver. 3) Obtención da área inmediata á illa Carboeira 4) Acondicionamento rúa Estación

5) Parque da zona equipamental Esteiro

6) Ampliación da área recreativa no monte Breamo

7) Reordenación fronte marítima Pontedeume-Campo Fútbol Esteiro

2.5. URBANIZACIÓN DE ÁMBITOS DE PLANEAMENTO.

2.5.1. ACCIÓNS PROGRAMADAS.

Existen acordos entre o Concello de Pontedeume e os propietarios de ámbitos ou áreas de reparto para proceder ao seu desenvolvemento, acadando acordos que permitan regularizar situacións e/ou a obtención de distintos espazos públicos coas finalidades descritas en cada unha das fichas descritivas de cada un dos solos.

Delimítanse dous ámbitos deste tipo, en dúas espazos distintos:

A. EINSA-ANDRADE. A área onde se atopa a sede de Edicións Informatizadas S.A., e que aloxa ás oficinas e rotativas desta empresa, é obxecto dunha delimitación con ordenación detallada (URDI-1) en base a un convenio firmado entre o Concello e esta empresa para a regularización da situación urbanística existente.

B. LEITERÍA CELTA. O solo xa delimitado polas NN.SS. vixentes e as sucesivas modificacións de planeamento como solo apto para urbanizar de uso industrial, en Vidrieiro-Campolongo vinculado ós terreos da leitería Celta, estase tramitando nestes intres como Plan de Sectorización (por transformación dunha Ordenación Detallada anterior), que se redacta en sintonía co PXOM, e que presumiblemente se aprobará definitivamente denantes deste, o que aconsella o seu mantemento para a completa urbanización do ámbito nos terreos da leitería Celta (URDI-2).

2.5.2. OS ÁMBITOS DE PLANEAMENTO.

No cadro seguinte recóllense os datos básicos de todos os ámbitos, incluídos os dos dous citados con acordos, que se sinalan en negriña no cadro:

(27)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 27 Cuadrienio

Inicio Ámbitos SUPERFICIE Índice Edificabilidade Edificabilidade

2 UNC-1 16.637 0,900 14.973 1 UNC-2 4.870 0,750 3.653 3 UNC-6 5.395 0,850 4.585 2 UNC-8 13.087 0,200 2.617 3 UNC-10 19.752 0,200 3.950 FP UNC-11 18.193 0,200 3.639 2 UNC-12 28.882 0,200 5.776 2 UNC-13 8.274 0,850 7.033 2 UNC-14 33.242 0,600 19.945 1 UNC-15 5.523 0,850 4.694 1 URDI-1 124.284 0,30 37.281 1 URDI-2 102.767 0,41 41.800 FP URNDR-1 142.014 0,300 42.007,54 3 URNDI-1 275.325 0,400 110.129,90

(28)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 28 3. ESTUDO ECONÓMICO FINANCEIRO.

3.1. CUANTIFICACIÓN DOS CUSTOS DAS ACTUACIÓNS DO PLAN.

As actuacións do plan son as que se teñen detallado nos listados que se axuntan no apartado de Estratexia de Actuación, por tanto pasamos directamente a valorar o conxunto de decisións económicas do plan, agrupadas por grupos temáticos e asignando os custos as distintas fontes de investimento que deberán custealas.

3.2. SISTEMAS XERAIS.

3.2.1. SISTEMA XERAL DE COMUNICACIÓNS.

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS MUNICIPAL OUTRAS

INVESTIMEN. PRIVADO

ACTUACIÓN IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE

1. SIST. XERAL COMUNICACIÓNS

1.1. En relación co viario de

interese nacional.

Reurbanización N-651 ó seu paso por

Campolongo, Vilar, Pontedeume 1.429.723 0% 0 100% 1.429.723 0% 0 1.2. En relación co viario

principal ou interparroquial.

Variante N-651 Fragas do Eume 650.000 20% 130.000 80% 520.000 0% 0 Mellora da seguridade viaria e

construción de beirarrúas

Esteiro-Fragas do Eume 1.656.250 0% 0 100% 1.656.250 0% 0

Mellora seguridade viaria e beirarrúas

Boebre-Centroña 850.000 0% 0 100% 850.000 0% 0

3.2.2. SISTEMA XERAL DE INFRAESTRUTURAS BÁSICAS.

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS MUNICIPAL OUTRAS

INVESTIMENT. PRIVADO

ACTUACIÓN IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE

2. SIST. XERAL

INFRAESTRUTURAS BÁSICAS

Nova EDAR de Ver 200.000 100 200.000

Rede integral de abastecemento de

auga 8.312.706 0% 0 75% 6.234.530 25% 2.078.177

Rede integral de saneamento e

(29)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 29 3.2.3. EQUIPAMENTOS. ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS MUNICIPAL OUTRAS INVESTIMENTO PRIVADO

ACTUACIÓN IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE

3. EQUIPAMENTOS

Novo porto deportivo 900.000 0% 0 100% 900.000 0% 0

Ampliación Cemiterio Nogueirosa 150.000 0% 0 0% 0 100% 150.000

Aparcadoiro público en Ricardo

Sánchez 2.000.000 0% 0 0% 0 100% 2.000.000

Escola Infantil Esteiro 750.000 0% 0 100% 750.000 0% 0

Equipamento sociocultural Esteiro 450.000 50% 225.000 50% 225.000 0% 0 Auditorio Municipal Caldagueiro 2.500.000 20% 500.000 80% 2.000.000 0% 0 Instalacións deportivas Esteiro 900.000 20% 180.000 80% 720.000 0% 0 Obtención Terreos Piscina

Municipal 950.000 100% 950.000 0% 0 0% 0

3.2.4. SISTEMA XERAL DE ESPAZOS LIBRES.

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS MUNICIPAL OUTRAS

INVESTIMEN. PRIVADO

ACTUACIÓN IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE

4. ESPAZOS LIBRES

Ampliación da área recreativa do

Castelo de Andrade 250.000 50% 125.000 50% 125.000 0% 0

Acondicionamento da fronte marítima

do núcleo urbano de Ver 750.000 35% 262.500 65% 487.500 0% 0

Obtención e acondicionamento Punta

Carboeira 1.350.000 20% 270.000 80% 1.080.000 0% 0

Acondicionamento rúa Estación 150.000 20% 30.000 80% 120.000 0% 0 Parque Área equipamental Esteiro 210.000 50% 105.000 50% 105.000 0% 0 Ampliación da Área Recreativa do

Monte Breamo 180.000 30% 54.000 70% 126.000 0% 0

Reordenación fronte marítima

Pontedeume-Campo Fútbol Esteiro 831.771 10% 83.177 90% 748.594 0% 0

3.3. URBANIZACIÓN DOS SISTEMAS LOCAIS DOS ÁMBITOS DE PLANEAMENTO.

Establécense orientativamente orzamentos de urbanización aos efectos de incluír no presente documento o investimento previsto, dado que aínda que existen diversos acordos citados no apartado anterior, no resto dos ámbitos non se teñen acadado ou asinado convenios concretos.

No cadro seguinte recóllense eses orzamentos orientativos de todos os ámbitos, incluídos os dos dous citados con acordos (nestes casos concretos con datos extraídos dos documentos respectivos, máis detallados, que se sinalan en negriña no cadro):

(30)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 30

CUSTOS URBANIZACIÓN SISTEMAS LOCAIS EN ÁMBITOS

SL_viario TOTEuros SL_EL-ZV TOTEuros TOTEuros

Q Ámbitos 15%s/S.bruta 110 m2s 25 2 UNC-1 2.495 299.459 2.000 60.000 359.459 1 UNC-2 731 87.661 690 20.700 108.361 3 UNC-6 809 97.103 1.200 36.000 133.103 2 UNC-8 1.963 235.562 1.310 39.300 274.862 3 UNC-10 2.963 355.535 1.975 59.250 414.785 FP UNC-11 2.729 327.470 1.820 54.600 382.070 2 UNC-12 4.332 519.881 2.890 86.700 606.581 2 UNC-13 1.241 148.940 1.900 57.000 205.940 2 UNC-14 4.986 598.359 4.000 120.000 718.359 1 UNC-15 828 99.410 1.100 33.000 132.410 1 URDI-1 18.643 1.832.149 12.428 372.851 2.205.000 1 URDI-2 15.415 1.430.699 10.277 308.301 1.739.000 FP URNDR-1 21.004 2.520.453 14.003 420.075 2.940.528 3 URNDI-1 41.299 4.955.846 27.532 825.974 5.781.820 UNC 23.078 2.769.380 18.885 566.550 3.335.930 URNDR 21.004 2.520.453 14.003 420.075 2.940.528 URDI 34.058 3.262.848 22.705 681.152 3.944.000 URNDI 41.299 4.955.846 27.532 825.974 5.781.820 TOTAL 119.438 13.508.526 83.125 2.493.751 16.002.277

SL_viario TOT Euros SL_EL-ZV TOT Euros TOT Euros

Q1 35.617 3.449.919 24.495 734.852 4.184.771

Q2 15.018 1.802.201 12.100 363.000 2.165.201

Q3 45.071 5.408.484 30.707 921.224 6.329.708

FP 23.733 2.847.922 15.823 474.675 3.322.598

(31)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 31 4. RESUMO DE CUSTOS POR ACTUACIÓNS E FASES.

Dado que a desagregación detallada das actuacións do plan se recollen no cadro resumo final, tanto no que respecta a dotacións públicas (espazos libres e equipamentos) de carácter principalmente xeral, como no referido a sistemas infraestruturais, ou ao desenvolvemento dos ámbitos de Solo Urbano Non Consolidado e os Sectores de Solo Urbanizable, imos a recoller no presente apartado os resumos de cada tipo de actuación definido e do seu reparto por fases temporais.

ACTUACIÓN IMPORTE Q1 Q2 Q3 FP

A. SISTEMAS XERAIS

1. SIST XERAL COMUNICACIÓNS 4.585.973 650.000 2.279.723 1.656.250 0 2. SIST XERAL INFRAESTRUTURAS BÁSICAS 14.612.706 1.641.271 2.882.541 2.882.541 7.206.353 3. EQUIPAMENTOS 8.600.000 3.850.000 1.350.000 900.000 2.500.000

4. ESPAZOS LIBRES 3.721.771 981.771 1.390.000 0 1.350.000

31.520.450 7.123.042 7.902.264 5.438.791 11.056.353 B. ACCIÓNS CONCERTADAS

5. ACCIÓNS CONCERTADAS OU PROGRAMADAS 16.002.277 4.184.771 2.165.201 6.329.708 3.322.598

TOTAL 47.522.727 11.307.812 10.067.465 11.768.499 14.378.951

4.1. RESUMO POR ADMINISTRACIÓNS, ANUALIDADES E FASES.

O investimento total previsto no PXOM ascende a 47,5 mill €, para o período próximo de 20 anos, porque hai que ter en conta os oito anos de solapamento dos que se falou máis atrás, segundo o cadro que se reflicte:

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

IMPORTE MUNICIPAL OUTRAS

INVESTIMENTO PRIVADO Q1 11.307.812 1.193.177 3.419.547 6.695.088 Q2 10.067.465 771.500 6.410.129 2.885.836 Q3 11.768.499 180.000 4.538.156 7.050.343 FP 14.378.951 770.000 8.484.765 5.124.186 TOTAL 47.522.727 2.914.677 22.852.596 21.755.454 % 6,13% 48,09% 45,78% INVESTIMENTO MEDIO ANUAL (20 ANOS) 2.376.136 145.734 1.142.630 1.087.773

O meirande peso do investimento vai dirixido ó resto de administracións non municipais cuns 22,8 millóns euros o 48% do PXOM, e de seguido cara o mercado, como é lóxico posto que é este o axente que debe devolver parte das plusvalías cara á cidadanía no espazo no que intervén, tendo así unha carga duns 21,8 millóns € supondo o 45 % do total do PXOM. De seguido é cara o Concello a quen se dirixe un investimento duns 2,9 millóns €, supondo o 6% do total do plan xeral.

(32)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 32

INVESTIMENTOS TOTAIS POR FONTE INVERSORA

2.914.677 22.852.596 21.755.454 0 5.000.000 10.000.000 15.000.000 20.000.000 25.000.000

CONCELLO OUTRAS ADMINISTRACIÓNS INVERSIÓN PRIVADA

INVESTIMENTOS ANUAIS POR FONTE INVERSORA

145.734 1.087.773 1.142.630 0 200.000 400.000 600.000 800.000 1.000.000 1.200.000

(33)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 33 Achégase un cadro resumo no que se contemplan os investimentos desagregados por grupos e departamentos financeiros asignados, así como os parciais e totais correspondentes a cada administración e o seu reparto por fases temporais.

4.2. CADRO- RESUMO DE INVESTIMENTOS POR FASES E TIPOS DE FINANCIACIÓN. ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS MUNICIPAL OUTRAS

INVESTIMENTO PRIVADO

QDR ACTUACIÓN IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE

1. SIST. XERAL COMUNICACIÓNS 4.585.973

1.1. En relación co viario de interese nacional. 2

Reurbanización N-651 ó seu paso por Campolongo,

Vilar, Pontedeume 1.429.723 0% 0 100% 1.429.723 0% 0

1.2. En relación co viario principal ou

interparroquial.

1 Variante N-651 Fragas do Eume 650.000 20% 130.000 80% 520.000 0% 0 2 Mellora seguridade viario e beirarrúas Boebre-Centroña 850.000 0% 0 100% 850.000 0% 0 3 Mellora da seguridade viaria e construción de beirarrúas Esteiro-Fragas do Eume 1.656.250 0% 0 100% 1.656.250 0% 0

2. SIST. XERAL INFRAESTRUTURAS BÁSICAS 14.612.706

1 Nova EDAR de Ver 200.000 0% 0 100% 200.000 0% 0

1 Rede integral de abastecemento de auga (1ª Fase) 831.271 0% 0 75% 623.453 25% 207.818 2 Rede integral de abastecemento de auga (2ª Fase) 1.662.541 0% 0 75% 1.246.906 25% 415.635 3 Rede integral de abastecemento de auga (3ª Fase) 1.662.541 0% 0 75% 1.246.906 25% 415.635 FP Rede integral de abastecemento de auga (4ª Fase) 4.156.353 0% 0 75% 3.117.265 25% 1.039.088 1 Rede integral de saneamento e depuración (1ª Fase) 610.000 0% 0 75% 457.500 25% 152.500 2 Rede integral de saneamento e depuración (2ª Fase) 1.220.000 0% 0 75% 915.000 25% 305.000 3 Rede integral de saneamento e depuración (3ª Fase) 1.220.000 0% 0 75% 915.000 25% 305.000 FP Rede integral de saneamento e depuración (4ª Fase) 3.050.000 0% 0 75% 2.287.500 25% 762.500

3. EQUIPAMENTOS 8.600.000

2 Novo porto deportivo 900.000 0% 0 100% 900.000 0% 0

1 Ampliación Cemiterio Nogueirosa 150.000 0% 0 0% 0 100% 150.000 1 Aparcadoiro público en Ricardo Sánchez 2.000.000 0% 0 0% 0 100% 2.000.000

1 Escola Infantil Esteiro 750.000 0% 0 100% 750.000 0% 0

2 Equipamento sociocultural Esteiro 450.000 50% 225.000 50% 225.000 0% 0 FP Auditorio Municipal Caldagueiro 2.500.000 20% 500.000 80% 2.000.000 0% 0 3 Instalacións deportivas Esteiro 900.000 20% 180.000 80% 720.000 0% 0 1 Obtención Terreos Piscina Municipal 950.000 100% 950.000 0% 0 0% 0

4. ESPAZOS LIBRES 3.721.771

2 Ampliación da área recreativa do Castelo de Andrade 250.000 50% 125.000 50% 125.000 0% 0 2

Acondicionamento da fronte marítima do núcleo

urbano de Ver 750.000 35% 262.500 65% 487.500 0% 0

FP Obtención e acondicionamento Punta Carboeira 1.350.000 20% 270.000 80% 1.080.000 0% 0 1 Acondicionamento Rúa Estación 150.000 20% 30.000 80% 120.000 0% 0 2 Parque Área equipamental Esteiro 210.000 50% 105.000 50% 105.000 0% 0 2 Ampliación da Área Recreativa do Monte Breamo 180.000 30% 54.000 70% 126.000 0% 0 1 Reordenación fronte marítima Pontedeume-Campo Fútbol Esteiro 831.771 10% 83.177 90% 748.594 0% 0

(34)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 34 ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

MUNICIPAL OUTRAS

INVESTIMENTO PRIVADO

QDR ACTUACIÓN IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE % IMPORTE

PLANEAMENTO

1 Accións concertadas 3.944.000 0% 0 0% 0 100% 3.944.000

1 Resto de ámbitos do 1º Cuadrienio 240.771 0% 0 0% 0 100% 240.771 2 Ámbitos do 2º Cuadrienio 2.165.201 0% 0 0% 0 100% 2.165.201 3 Ámbitos do 3º Cuadrienio 6.329.708 0% 0 0% 0 100% 6.329.708 FP Ámbitos fóra de Programa 3.322.598 0% 0 0% 0 100% 3.322.598 TOTAL 47.522.727 6,13% 2.914.677 48,09% 22.852.596 45,78% 21.755.454 INVESTIMENTO MEDIO ANUAL (20 ANOS) 2.376.136 6,13% 145.734 48,09% 1.142.630 45,78% 1.087.773

(35)

consultora galega s.l. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO 35 5. INFORME OU MEMORIA DE SUSTENTABILIDADE ECONÓMICA.

Referências

Documentos relacionados

•   O  material  a  seguir  consiste  de  adaptações  e  extensões  dos  originais  gentilmente  cedidos  pelo 

Com base no trabalho desenvolvido, o Laboratório Antidoping do Jockey Club Brasileiro (LAD/JCB) passou a ter acesso a um método validado para detecção da substância cafeína, à

PARÁGRAFO QUARTO - Quando da efetivação do pagamento, será consultado os documentos comprobatórios de situação regular em relação à Seguridade Social, Fundo de

A placa EXPRECIUM-II possui duas entradas de linhas telefônicas, uma entrada para uma bateria externa de 12 Volt DC e uma saída paralela para uma impressora escrava da placa, para

Dos docentes respondentes, 62,5% conhe- cem e se sentem atendidos pelo plano de carreira docente e pelo programa de capacitação docente da instituição (que oferece bolsas de

Os principais objectivos definidos foram a observação e realização dos procedimentos nas diferentes vertentes de atividade do cirurgião, aplicação correta da terminologia cirúrgica,

O relatório encontra-se dividido em 4 secções: a introdução, onde são explicitados os objetivos gerais; o corpo de trabalho, que consiste numa descrição sumária das

Os principais resultados obtidos pelo modelo numérico foram que a implementação da metodologia baseada no risco (Cenário C) resultou numa descida média por disjuntor, de 38% no