• Nenhum resultado encontrado

Literatura galega medieval

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Literatura galega medieval"

Copied!
14
0
0

Texto

(1)

Literatura galega

medieval

Henrique Monteagudo

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2016/2017

FACULTADE DE FILOLOXÍA

(2)

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA AUTORES: Henrique Monteagudo, Ana Isabel Boullón Agrelo

Edición electrónica. 2016

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

(3)

LITERATURA GALEGA MEDIEVAL

Información

 Créditos ECTS: 6.00  Horas ECTS

 Clase Expositiva: 32.00

 Clase Interactiva Seminario: 16.00  Horas de Titorías: 3.00

 Total: 51.0  Outros Datos

 Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007  Departamentos: Filoloxía Galega

 Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa  Centro: Facultade de Filoloxía

 Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao Obxectivos

1. Estudar a etapa medieval da literatura galega, centrándonos nos diferentes xéneros e nas particularidades métricas, retóricas e temáticas que os caracterizan como tales, así como nos autores máis representativos e textos sobranceiros.

2. Continuar o estudo da literatura galega medieval iniciado na materia de "Introdución á Literatura Galega, 1" na que se establecían as bases analíticas nas que agora se profundizará.

3. Coñecer os movementos e feitos literarios da etapa estudada, as súas orixes e caracterización.

4. Estudar os aspectos compositivos comúns das cantigas medievais.

5. Ler, analizar e establecer a caracterización dos principais xéneros líricos medievais. 6. Estudar os elementos característicos dos xéneros con menor presenza nos

cancioneiros.

7. Coñecer os principais xéneros, obras e autores representativos da lírica epigonal. 8. Ler e analizar a lírica medieval galega de temática relixiosa, e establecer as súas

relacións coa lírica profana.

9. Situar no contexto europeo, ler e caracterizar as manifestacións en prosa literaria desta etapa medieval, e as especiais circunstancias da súa produción.

10. Adquirir os coñecementos técnicos e a terminoloxía correspondente para a realización de comentarios literarios de textos medievais.

(4)

Con todas estas actividades non só se pretende a capacitación do alumno na materia mediante a asimilación de coñecementos pertinentes, senón tamén fomentar hábitos intelectuais, de reflexión, de capacidade crítica, de achegamento á lectura e de comunicación que son os obxectivos xerais e básicos do ensino.

Contidos

1. Introdución

1.1. O marco histórico. Galicia no contexto peninsular nos séculos XII ao XV: a política, a sociedade e a cultura

1.2. A literatura medieval: comunicación/recepción, difusión e transmisión 1.2.1. O texto medieval, entre a oralidade e a literacidade

1.2.2. Manuscritos: produción e reprodución 1.2.3. Autoría e obra na Idade Media

2. A lírica trobadoresca

2.1. A tradición manuscrita: os cancioneiros e a súa transmisión

2.2. A lírica trobadoresca no seu contexto histórico, social e cultural. Trobadores e xograres. O amor cortés

2.3. Xénese, implantación e difusión: periodización, cortes e autores máis relevantes.

2.4. Caracterización e estrutura da cantiga trobadoresca. Texto e música 2.5. A cantiga de amor

2.5.1. A relación coa cansó provenzal: a expresión do amor 2.5.2. Estrutura, formas e estilo

2.6. A cantiga de amigo

2.6.1. Orixinalidade da cantiga de amigo

2.6.2. Retórica e composición: paralelismo e leixa-pren 2.6.3. Temas, motivos, símbolos: a natureza e o mar

2.6.4. Modalidades xenéricas: cantiga de santuario, alba, bailada 2.7. A cantiga de escarnio e de maldicir

2.7.1. Caracterización xeral: ironía, humor e parodia

2.7.2. A sátira: xéneros e temas. O sirventés. Tensións sociais e polémicas literarias

2.8. Os xéneros menores

2.8.1. Outros xéneros de temática amorosa: pastorela, lai 2.8.2. Os xéneros dialogados: a tenzón

2.8.3. Outros xéneros: pranto, cantiga de seguir 2.9. A cantiga: formas e estruturas

2.9.1. Arte de trobar

2.9.2. Cantiga de meestria e cantiga de refran

2.9.3. Métrica: palavra e cobra. Cómputo silábico e isometría 2.9.4. Rima e estrofa: consonancia e asonancia, a palavra perduda

(5)

2.9.5. Arquitectura da cantiga: conexión interestrófica e paralelismo, leixa-pren, dobre e mozdobre, fiinda, cantigas ateudas ata a fiinda

3. A lírica epigonal

3.1. A transmisión textual

3.2. A evolución temática e retórica 3.3. Principais autores e obras 4. As Cantigas de Santa María

4.1. O contexto

4.2. Noticia dos códices 4.3. Fontes

4.4. Estrutura e evolución da obra

4.5. As cantigas narrativas e non narrativas 4.6. A autoría

4.7. Métrica, música e lingua 5. A prosa narrativa

5.1. Consideracións previas 5.2. Os textos de carácter histórico 5.3. Os textos de finalidade didáctica 5.4. Os romances

5.4.1. A materia de Troia 5.4.2. A materia artúrica 5.4.3. A materia carolinxia

Lecturas obrigatorias

Airas Freixedo, Xosé Bieito (2003): Antoloxía da lírica galego-portuguesa. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Mettmann, Walter: Cantigas de Santa Maria de Alfonso X o Sabio (selección). Selección de textos en prosa que se facilitará ao alumnado.

Bibliografía básica

Beltrán, Vicenç (1995): A cantiga de amor. Vigo: Xerais.

Brea, Mercedes (coord.) (2000): Literatura. A Idade Media. A Coruña: Hércules de Ediciones.

Brea, Mercedes e Pilar Lorenzo Gradín (1998): A cantiga de amigo. Vigo: Xerais. Corral Díaz, Esther (coord.) (2010): Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / CRPIH.

Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (coord.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho.

(6)

Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (1995): As cantigas de escarnio. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Lapa, Manuel Rodrigues (1977): Lições de Literatura portuguesa. Época medieval. Coimbra: Coimbra Editora.

López Martínez-Morás, Santiago (2007): “Aparición e florecemento da prosa medieval galega”, en A. I. Boullón Agrelo (ed.), Na nosa lyngoage galega: A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 447-472. Ed. en liña: http://consellodacultura.org/mediateca/extras/lyngoage_galega_2.pdf.

Menéndez Pidal, Ramón (1983): Poesía juglaresca y juglares. Aspectos de la historia literaria y cultural de España. Madrid: Espasa Calpe.

Oliveira, António Resende de (1995): Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo: Xerais.

Pena, Xosé Ramón (2002): Historia da literatura medieval galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Polín, Ricardo (1994): A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela: Universidade.

Tavani, Giuseppe (1986): A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia.

Os textos

Brea, Mercedes (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

Lorenzo, Ramón (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Edición crítica anotada, con introducción, índice onomástico y glosario. 2 vols. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”.

Lorenzo, Ramón (1985): Crónica Troiana. A Coruña: Fundación Barrié de La Maza. Lorenzo, Ramón (2004): Miragres de Santiago = Milagres de Santiago = Milagros de Santiago. [Valencia]: Scriptorium Ediciones Limitadas, 2 v.

Lorenzo Gradín, Pilar / José António Souto Cabo (coord.) (2001): Livro de Tristan e Livro de Merlin: estudio, edición, notas e glosario. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Martínez López, Ramón (1963): General Estoria. Versión gallega del siglo XIV. Ms. 0.I. 1. del Escorial. Edición e vocabulario. Oviedo: Universidad.

Mettmann, Walter: (1959-1972): Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María. [Coimbra]: Universidade, 4 vols. Reed.: Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2 vols., 1981. Reed.: Madrid, Castalia, 3 vols., 1986, 1988, 1989.

Parker, Kelvin M. (1975): Historia Troyana. Santiago: C.S.I.C. - Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos.

Pensado Tomé, José Luis (2004): Tratado de Albeitaria. Introdución, transcrición e glosario de J. L. Pensado Tomé. Revisión para a imprenta e edición en apéndice de

(7)

Gerardo Pérez Barcala. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

Polín, Ricardo (1997): Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia. A Coruña: Publicacións do Seminario de Estudos Galegos.

Souto Cabo, José António (2001): Crónica de Santa María de Iria (atribuída a Rui Vasques). Santiago de Compostela: Cabido da S.A.M.I. Catedral / Sada: Ediciós do Castro.

ORIENTACIÓNS PARA O COMENTARIO DE TEXTOS DA LÍRICA MEDIEVAL

1.- Lectura atenta e pormenorizada do texto para asegurar a súa comprensión, en dúas fases:

1.1.- Comprensión literal (lingüística): entender o que o texto di. Resólvanse as dúbidas idiomáticas (léxico, sintaxe) e exprésense no traballo. Redáctese unha paráfrase completa do texto, verténdoo ao galego actual. Instrumentos auxiliares: Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval (http://sli.uvigo.es/ddd/index.html). Glosarios das grandes edicións dos cancioneiros ou das edicións de autor.

1.2.- Comprensión cabal: entender o que o texto quere dicir. Esclarecer o marco de comprensión, o significado peculiar do léxico específico (senhor, amigo, mesura, coita…), os tópicos (a morte de amor…) as referencias a personaxes, situacións. Relacionalo con textos semellantes do seu autor ou doutros (intertextualidade).

Tanto a comprensión literal coma a resolución de dúbidas deben apoiarse nos estudos, edicións, antoloxías e comentarios que se atopen na procura bibliográfica. Pero este apoio non pode suplir lectura e comprensión persoal do texto.

2.- Procura bibliográfica:

2.1.- Consultar os estudos e sobre todo as edicións, tanto as de conxunto coma as de xéneros, as individuais e especialmente as antoloxías, que se ofrecen na bibliografía, dado que poden esclarecer dúbidas e ofrecer claves de interpretación.

2.2.- Débense realizar procuras por temas e autores no buscador da Biblioteca da USC. Este permite localizar en moitos casos edicións, comentarios e estudos específicos de cantigas individuais.

3.- Comentario de aspectos formais: explicar a textura do poema. Métrica, rima e estrofa; procedementos construtivos e retóricos. Axudarse das edicións de conxunto e, se as hai, individuais. Tamén poden ser útiles os estudos específicos sobre os xéneros poéticos.

(8)

4.- Comentario de aspectos estético-literarios: interpretación global do texto, tendo en conta o xénero, o autor, os tópicos, as relacións intertextuais, o marco histórico-literario, os aspectos formais estéticos e ideolóxicos. Axudarse das edicións de conxunto e, se as hai, individuais. Tamén poden ser útiles os estudos específicos sobre os xéneros poéticos.

ORIENTACIÓNS PARA O TRABALLO INDIVIDUAL DA LÍRICA MEDIEVAL 1.- Procura bibliográfica sobre o autor / tema escollido, apoiada polo profesor. Lectura da bibliografía relevante.

1.1.- Consultar os estudos e sobre todo as edicións, tanto as de conxunto coma as de xéneros e as individuais (e, no seu caso, as antoloxías), que se ofrecen na bibliografía. Débese tomar notas das observacións máis relevantes para o autor / tema de estudo.

1.2.- Débense realizar procuras por temas e autores no buscador da Biblioteca da USC. Este permite localizar en moitos casos bibliografía específica sobre o autor e o tema.

2.- Localización das cantigas trobadorescas máis relevantes para o autor /tema escollido, reparando con especial atención nas que están recollidas na antoloxía que ofrece o profesor. Lectura atenta e pormenorizada dos textos para asegurar a súa comprensión, en dúas fases:

2.1.- Comprensión literal (lingüística): entender o que o texto di. Resólvanse as dúbidas idiomáticas (léxico, sintaxe) e exprésense no traballo. Instrumentos auxiliares: Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval (http://sli.uvigo.es/ddd/index.html). Glosarios das grandes edicións dos cancioneiros ou das edicións de autor.

2.2.- Comprensión cabal: entender o que o texto quere dicir. Esclarecer o marco de comprensión, o significado peculiar do léxico específico (senhor, amigo, mesura, coita…), os tópicos (a morte de amor…) as referencias a personaxes, situacións. Relacionalo con textos semellantes do seu autor ou doutros (intertextualidade), sobre todo os que teñan interese para o asunto estudado. Indicar a súa relevancia especial para o autor / tema estudados.

Tanto a comprensión literal coma a resolución de dúbidas deben apoiarse nos estudos, edicións, antoloxías e comentarios que se atopen na procura bibliográfica. Pero este apoio non pode suplir lectura e comprensión persoal do texto.

3.- Realización do esquema xeral e detallado do traballo, indicando as ideas e aspectos máis importantes e a relación que existe entre eles. O traballo debe ter unha introdución, unha parte central e unhas conclusións, seguidas da reprodución das cantigas que se considere oportuno e, obrigatoriamente, dunha bibliografía, referenciada conforme as normas establecidas. A redacción debe ser clara, ordenada e coidadosa, e debe ser revisada. As referencias á bibliografía que se introduzan no texto deben ter o formato

(9)

(autor: ano, páxinas). A bibliografía final debe presentarse alfabeticamente e cada entrada ordenada.

BIBLIOGRAFÍA

OS TEXTOS

1. Edicións completas dos textos

Base de datos da Lírica profana galego-portuguesa: http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2

Brea, Mercedes (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro. [Sigla: LPGP]

Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/ 2. Cantigas de amor

Michaëlis de Vasconcellos, Carolina (1904): Cancioneiro da Ajuda, 2 vols. Halle: Max Niemeyer. [310 + 157 = 467; Sigla: CAjuda] (O volume I contén a edición dos textos e, na reedición de Lisboa, 1900, tamén o Glosario; o volume II contén o estudo sobre o cancioneiro).

Nunes, José Joaquim (1972): Cantigas d’Amor dos trovadores galego-portugueses. Lisboa: Centro do Livro Brasileiro. [266 cantigas; Sigla: Amor] (Contén as cantigas de amor non editadas por C. M. de Vasconcellos; reproduce a edición da Universidade de Coimbra, 1932; inclúe un glosario ao final).

3. Cantigas de amigo

Nunes, José Joaquim (1973): Cantigas d’Amigo dos trovadores galego-portugueses. 3 vols. Lisboa: Centro do Livro Brasileiro. [512 cantigas; Sigla: Amigo] (Contén as cantigas amigo: o vol. I estudo, o vol. II os textos, o vol. III notas e glosario; reproduce a edición da Universidade de Coimbra, 1926-28).

Cohen, Rip (2003): 500 Cantigas de amigo. Porto: Campo das Letras. 4. Cantigas satíricas

Lapa, Manuel Rodrigues (1970): Cantigas d’escarnho e de maldizer dos cancioneiros medievais

galego-portugueses. Vigo: Galaxia. [431 cantigas; Sigla: CEM]. (É segunda edición, revista e

acrecentada, da 1ª, de 1967, e inclúe un glosario).

Lopes, Graça Videira (2002): Cantigas de Escárnio e Maldizer dos Trpvadores e Jograis

Galego-Portugueses. Lisboa: Estampa. [474 cantigas].

5. Antoloxías

Alvar, Carlos / Beltrán, Vicente (1985). Antología de la poesía gallego-portuguesa. Madrid: Alhambra. Arias Freixedo, Bieito (2003): Antoloxía da lírica galego-portuguesa. Vigo: Xerais.

Fidalgo Francisco, Elvira (2009): De amor y de burlas. Antología de la poesía medieval

gallego-portuguesa. Vigo: NigraTea.

Gonçalves, Elsa / Ramos, Maria Ana (1983): A lírica galego-portuguesa. Lisboa: Comunicação.

Massini-Cagliari, Gladis (2007): Cancioneiros medievais galego-portugueses. Fontes, edições e

estrutura. São Paulo: Martins Fontes.

Mongelli, Lenia Márcia (2009): Fremosos cantares. Antologia da lírica medieval galego-portuguesa. São Paulo: Martins Fontes.

Peixoto da Fonseca, Fernando V. (19712). Cantigas de escárnio e maldizer dos trovadores

galego-portugueses. Lisboa: Livraria Clássica.

Reckert, Stephen / Macedo, Helder (s.d.). Do cancioneiro de amigo. Lisboa: Assírio e Alvim. 6. Cancioneiro galego-castelán

(10)

Polín, Ricardo (1997): Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia. A Coruña: Publicacións do Seminario de Estudos Galegos.

ESTUDOS

1. Estudos xerais e ferramentas de consulta

Brea, Mercedes (coord.) (2000): Literatura. A Idade Media. A Coruña: Hércules de Ediciones.

Corral Díaz, Esther (coord.) (2010): Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / CRPIH.

Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (coord.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e

portuguesa. Lisboa: Caminho.

Lapa, Manuel Rodrigues (1977): Lições de Literatura portuguesa. Época medieval. Coimbra: Coimbra Editora.

Monteagudo, Henrique (2013): “Nas orixes da lírica trobadoresca galego-portuguesa”, en López Alsina, Fernando / Monteagudo, Henrique / Villares, Ramón / Yzquierdo Perrín, Ramón, O século de

Xelmírez. Santiago: Consello da Cultura Galega, 387-438.

Oliveira, António Resende de (1994): Depois do espectáculo trobadoresco. A estrutura dos cancioneiros

peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV. Lisboa: Colibri.

Oliveira, António Resende de (1995): Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo: Xerais.

Pena, Xosé Ramón (2002): Historia da literatura medieval galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Souto Cabo, José A. (2012): Os cavaleiros que fizeram as cantigas. Aproximação às origens socioculturais da lírica galego-portuguesa. Niterói: Editora da Universidade Federal Fluminense. Tavani, Giuseppe (1967): Repertorio metrico della lirica galego-portoghese. Roma: Edizioni

dell’Ateneo.

Tavani, Giuseppe (1986): A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia.

Tavani, Giuseppe (1988): Ensaios portugueses. Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda. 2. Estudos por xéneros e temas

Asensio, Eugenio (1970): “Poética y realidad en las cantigas de amigo”, en Poética y realidad en el

cancionero peninsular de la Edad Media. Madrid. Gredos, 7-133.

Beltrán Pepió, Vicente (1984): «O cervo do monte a augua volvia». Del simbolismo naturalista en la

cantiga de amigo. Ferrol: Sociedad de cultura Valle-Inclán.

Beltrán, Vicenç (1995): A cantiga de amor. Vigo: Xerais.

Brea, Mercedes e Pilar Lorenzo Gradín (1998): A cantiga de amigo. Vigo: Xerais.

Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (1995): As cantigas de escarnio. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Reckert, Stephen / Macedo, Helder (s.d.). Do cancioneiro de amigo. Lisboa: Assírio e Alvim.

Scholberg, Kenneth (1971): “La sátira gallego-portuguesa en los siglos XIII y XIV”, en Sátira e

invectiva en la España medieval. Madrid: Gredos, 50-137.

Videira Lopes, Graça (1998): A sátira nos cancioneiros medievais galego-portugueses. Lisboa: Estampa. Vieira, Yara Frateschi / M. Isabel Morán Cabanas / Souto Cabo, José A. (2011): O amor que eu levei de

Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa. Noia: Toxosoutos.

(11)

Monteagudo, Henrique (2013): “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paezz. Poesía galega

postrobadoresca (1380-1430ca.). Santiago: Xunta de Galicia.

Polín, Ricardo (1994): A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela: Universidade.

PRINCIPAIS EDICIÓNS E ESTUDOS INDIVIDUAIS

AFONSO SANCHEZ.- Arbor Aldea, Mariña (2001): O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Santiago de Compostela: Universidade.

AFONSO X, O SABIO.- Paredes, Juan (2010): El cancionero profano de Alfonso X el Sabio. Santiago: Universidade.

AYRAS NUNEZ.- Tavani, Giuseppe (1992): A poesía de Airas Nunez. Galaxia: Vigo.

BERNAL DE BONAVAL.- Indini, Maria Luisa (1978): Bernal de Bonaval. Poesie. Bari: Adriatica Editrice.- Camargo, Calcida de Oliveira / Iannonne, Carlos Alberto / Gobbi, Márcia Valéria Zamboni (1992): Textos medievais portugueses, cantigas de Bernal de Bonaval. Araquara: Faculdade de Ciências e Letras.

DENIS, DON.- Lang, Henry (2010): Cancioneiro d’El Rei Dom Denis e estudos dispersos. Niterói / RJ: EdUFF – Xunta de Galicia.

FERNANDO ESQUIO.- Toriello, Fernanda (1976): Fernand’Esquyo. Le poesie. Bari: Adriatica Editrice. FERNAN PAEZ DE TAMALLANCOS.- Martínez Pereiro, Carlos P. (1992): As cantigas de Fernan

Paez de Tamalancos. Santiago: Laiovento.

FERNAN VELHO.- Lanciani, Giulia (1977): Il canzoniere di Fernan Velho. L’Aquila: Japadre Editore. GONÇALO EANES DO VINHAL.- Viñez Sanchez, Antonia (2004): El trovador Gonçal’Eanes

Dovinhal. Estudio histórico y edición. Santiago: Universidade.

JOHAN AYRAS DE SANTIAGO.- Rodríguez, José L. (1980): El cancionero de Joan Airas de Santiago. Santiago: Universidade.

JOHAN GARCIA DE GUILHADE.- Nobiling, Oskar (2007): As cantigas de Joan Garcia de Guilhade e

estudos dispersos. Niterói / RJ: EdUFF – Xunta de Galicia.

JOHAN ZORRO.- Véxase PAY GOMEZ CHARIÑO.

J O OLSE O.- Reali, Erilde (1964): Le ‘cantigas’ de Juyão Bolseyro. Napoli: Istituto Universitario Orientale.

LOURENÇO.- Tavani, Giuseppe (1964): Lourenço. Poesie e tenzoni. Modena: Società Tipográfica Editrice Modenese.

MARTIN CODAX.- TAVANI, Giuseppe (2011): “Para unha lectura das cantigas de Martin COdax”, Grial 189, 112-17. Véxase PAY GOMEZ CHARIÑO.

MARTIN MOXA.- Stegagno Picchio, Luciana (1968): Martin Moya. Le Poesie. Roma: Edizioni dell’Ateneo.

MARTIN SOAREZ.- Bertolucci Pizzorusso, Valeria (1963): As poesías de Martin Soares. Vigo: Galaxia. PAY GOMEZ CHARIÑO.- Cunha, Celso (1999): Cancioneiros dos Trovadores do Mar. Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda. [Inclúe edicións e estudos de CHARIÑO (1945), JOHAN ZORRO (1949) E MARTIN CODAX (1956)].

PAY SOAREZ DE TAVEIRÓS.- Vallín, Gema (1996): Las cantigas de Pay Soarez de Taveirós. Alcalá de Henares: Universidad.

PEDRO (DON____), CONDE DE BARCELOS.- Simões, Pedro (1991): Il canzoniere di D. Pedro, Conte

(12)

PEDRO AMIGO DE SEVILLA.- Marroni, Giovanna (1968): “Le poesie di Pedr’Amigo de Sevilha”,

Annali dell’ Istituto Universitario Orientale. Sezione Romanza, 10, 189-339.

PEDRO GARCIA BURGALES.- Blasco, Pierre (1984): Les chansons de Pero Garcia Burgalês. Paris: Fondation Calouste Gulbenkian.

PERO MEOGO.- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1966): O Cancioneiro de Pero Meogo. Vigo: Galaxia. Véxase tamén Azevedo Filho, Leodegário A. (1995): As Cantigas de Pero Meogo. Santiago: Laiovento. PERO PONTE.- Panunzio, Saverio (1992): Pero da Ponte. Poesías. Vigo: Editorial Galaxia.

ROY QUEYMADO.- Lorenzo Gradín. Pilar / Marcenaro, Simone (2010): Il canzoniere del trovatore Roi

Queimado. Alessandri: Edizioni dell’Orso.

RECURSOS EN REDE

Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/

Base de datos da Lírica profana galego-portuguesa: http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2

Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval: http://sli.uvigo.es/ddd/index.html  Tesouro Medieval Informatizado da lingua galega (TMILG): http://ilg.usc.es/tmilg/

(13)

Competencias

Coas competencias pretendemos a capacitación en aspectos do perfil dos estudos, pero tamén o dominio dalgunha capacidade xenérica susceptible de aplicarse a unha actividade intelectual que constituirá o futuro ámbito de traballo do alumno.

Por iso, á par do dominio da temática específica, traballaremos a comunicación verbal mediante a participación nas clases interactivas onde se desenvolverán comentarios de textos e de obras, lecturas dirixidas e intervencións relacionadas cos traballos escritos que deberán entregar os alumnos. Esta competencia tamén se practicará nas titorías específicas, co comentario persoal do traballo proposto pola profesora e o seguimento dos temas das clases expositivas.

Esta actividade debe fomentar, así mesmo, o desenvolvemento da comunicación interpersoal e debe servir de estimulación intelectual coa que se practicará a capacidade crítica e de argumentación e defensa de opinións, e servirá tamén de automotivación para o estudo. Cremos que é importante na formación dun profesional dunha actividade eminentemente social.

Favorecemento da expresión escrita mediante a realización do traballo citado que servirá tamén para a potenciación das competencias referidas na actividade anterior. Metodoloxía da ensinanza

A materia desenvolverase en clases expositivas, de contido teórico, nas que os profesores presentarán os temas do programa. Haberá tamén semanalmente sesións interactivas de carácter práctico nas que se levarán a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas. Estas prácticas revestirán diversas modalidades pero incidirán, sobre todo, no comentario de textos do que se aprenderá sistematización, conceptos e vocabulario. Tamén se farán lecturas guiadas de textos.

Pídese dos alumnos a lectura de varias obras que exemplifican a creación literaria do período estudado, e de obras de carácter científico. Estas lecturas darán lugar á elaboración de comentarios e traballos persoais que serán presentados por escrito e poderán ser utilizados para o debate nas clases.

Utilizarase o campus virtual para proporcionar informacións e contidos relevantes para a progresión do curso.

Avaliación

A. Avaliación continua

Os estudantes que opten por este sistema deberán elaborar cinco comentarios ao longo do curso, e preparar un comentario para expor na aula, que deberá ser tamén entregado. A puntuación será deste xeito:

1. Asistencia e participación nas aulas: 10%.

2. Elaboración de cinco comentarios e exposición oral na aula dun deles: 45%. 3. Traballo de curso obrigatorio: 45%.

Os estudantes que non superen a materia por avaliación continua deberán facer o exame en segunda convocatoria.

(14)

B. Avaliación por exame

Os estudantes que opten por este sistema deberán preparar un comentario para expor na aula, que deberá ser tamén entregado. A puntuación será deste xeito:

1. Asistencia e participación nas aulas: 10%. 2. Elaboración e exposición dun comentario: 15%. 3. Traballo de curso obrigatorio: 45%.

4. Exame: 30%.

No caso de avaliación por exame, será preciso obter neste unha puntuación mínima de 6 sobre dez para poder aprobar a materia.

C. Avaliación para estudantes con dispensa de asistencia ás aulas

Os estudantes que opten por este sistema deberán preparar un comentario para expor na aula, que deberá ser tamén entregado. A puntuación será deste xeito:

1. Traballo de curso obrigatorio: 50%. 2. Exame final: 50%.

No caso de dispensa de asistencia, os estudantes deberán obter unha nota mínima de 7 sobre dez para superar a materia.

D. Avaliación na convocatoria de xullo

1. Os estudantes que optasen pola modalidade de avaliación continua (A)

conservarán a nota do traballo (45% da nota final) e realizarán un exame que contará por un 55% da nota; esta proba deberá ser superada cunha puntuación mínima de 5 sobre dez.

2. Os estudantes que optasen pola modalidade de avaliación por exame (B), conservarán a nota do traballo (45% da nota final) no caso de que este fose avaliado positivamente, e realizarán un exame que contará por un 55% da nota; esta proba deberá ser superada cunha puntuación mínima de 6 sobre dez.

3. Os estudantes con dispensa de asistencia (C) seguirán o mesmo procedemento que para a convocatoria de maio.

E. Avaliación de estudantes ERASMUS e estranxeiros

Os estudantes do programa ERASMUS e estranxeiros en situación especial, poderán ser avaliados segundo un sistema específico, que o profesor indicará, e que en todo caso implicará a elaboración do traballo obrigatorio de curso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais expositivas: 32 Horas presenciais interactivas: 16 Titorías personalizadas: 3 Sesións de avaliación: 3 Horas de traballo dirixido: 21 Horas de traballo autónomo: 75

Referências

Documentos relacionados

fundamentos, inicia-se um processo de mudança conceitual, de um modelo para outro, e procurar meios para solucionar a falha no ensino da Matemática, buscando uma metodologia

The Day Care Project Group - Grupo Pro- jeto Creche (GPC) started in the academic year of 2008/2009, in the Education and Social Science School (ESECS) - Polytech- nic Institute

• - Encontro de Avaliação do Programa de Pós-Graduação do MPPGAV, com o objetivo de iniciar o processo de reflexão acerca da avaliação/CAPES a fim de reconhecer

Este trabalho foi realizado com o objetivo de avaliar a quantidade de lodo de esgoto produzido pela ETE Belém, estação que produz lodo aeróbio e utiliza a caleação como método

De acordo com estes resultados, e dada a reduzida explicitação, e exploração, das relações que se estabelecem entre a ciência, a tecnologia, a sociedade e o ambiente, conclui-se

pesquisas, publicações, ensino e extensão cultural na interface entre comunicação e educação do Departamento de Comunica- ções e Artes da Escola de Comunicações e Artes

Com o início do projeto Agrisus na safra 2015/2016, foi dada continuidade à condução de um campo de demonstração de sistemas de produção de grãos em plantio direto, com

Sua atuação universitária no Departamento de Produção e Sistemas da Universidade do Minho, em Portugal, é pautada pela ideia de que as instituições de ensino superior não só