• Nenhum resultado encontrado

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito"

Copied!
6
0
0

Texto

(1)

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e

Dirección de Empresas e Grao en Dereito

(Aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de Dereito o día 24 de xaneiro de 2014 e pola Comisión Permanente o 3 de febreiro de 2014) (Aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de Ciencias Empresariais e

Turismo de Ourense o día 6 de febreiro de 2014) (Aprobado polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo

o día 12 de febreiro de 2014)

A Universidade do Vigo, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un/ha estudante poida cursar de forma simultánea os estudos de Grao en Dereito e Grao en Administración e Dirección de Empresas no Campus de Ourense, mediante a proposta dun programa conxunto (“simultaneidade”) elaborado polas facultades de Dereito e de Ciencias Empresariais e Turismo sobre os planos de estudos oficiais.

A posta en marcha do programa conxunto, efectúase conforme os seguintes artigos:

Art. 1. Autorización do programa

A Universidade de Vigo autoriza a posta en marcha dun programa conxunto proposto pola Facultade de Dereito e pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo que permita simultanear os estudos de Grao en Dereito e de Grao en Administración e Dirección de Empresas mediante unha ordenación temporal das diferentes disciplinas que se van cursar a partir dos planos de estudos oficiais e tendo en conta o regulado nos artigos seguintes.

Art. 2. Titulación que se obterá

As/os estudantes que superaren o programa de simultaneidade ADE-DEREITO obterán os dous títulos oficiais de Graduado/a en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo e Graduado/a en Dereito pola Universidade de Vigo.

Art. 3. Duración do programa

O programa terá unha duración de dez cuadrimestres. O número de créditos necesario para superar o programa será de 363 ECTS, dos cales 351 se corresponden con créditos de formación básica e materias obrigatorias e 12 con créditos de materias optativas, distribuídos da forma que se indica no seguinte cadro e no ANEXO I.

Créditos básicos: 075 Créditos obrigatorios: 264 Créditos optativos: 012 TFG: 012 TOTAL 363 ECTS

Facultade de Ciencias

Empresariais de Turismo

Facultade de Dereito

(2)

Art. 4. Centros de impartición do ensino

A impartición das materias terá lugar nas aulas das Facultades de Ciencias Empresariais e Turismo e de Dereito.

Art. 5. Coordinación do programa de simultaneidade

As tarefas de coordinación do programa de simultaneidade serán desenvolvidas por un equipo de dous docentes doutores, un por cada centro.

Art. 6. Número de estudantes

1. Para o curso académico 2014–2015 ofértanse 20 prazas. Estas prazas detraeránselle ao 50% das prazas correspondentes á oferta do Grao en ADE e Grao en Dereito. En cada Centro, as prazas ofrecidas e non cubertas na primeira convocatoria de preinscripción poderán cubrirse por estudantes que desexen cursar a titulación correspondente sen simultaneidade e que previamente estiveran preinscritos en tal titulación.

2. No sucesivo, o límite será o que oportunamente aprobe o Consello de Goberno.

Art. 7. Admisión de estudantes

1. A solicitude de admisión para cursar simultaneidade ADE-Dereito realizarase polo mesmo procedemento que para o resto de titulacións ofertadas pola Universidade de Vigo, aínda que só se ofrecerá nos chamamentos da primeira convocatoria de preinscrición.

2. Só poderán optar ao programa simultáneo aquelas/es estudantes que reúnan os requisitos legais de acceso e admisión para ambos graos.

3. Dado que a Simultaneidade ADE-Dereito se vai introducir de xeito gradual e con grupos de docencia homoxéneos, non poderán solicitar a admisión para estes estudos aquelas/es estudantes que estean a cursar, ben o Grao de ADE ou ben o Grao de Dereito. Isto é, para aqueles/as estudantes que xa iniciasen un dos dous graos e desexen cursar de forma simultánea os seus estudos coa outra titulación, rexerán as normas xerais da Universidade de Vigo sobre simultaneidade de estudos, facilitándolles, na medida do posible, a súa adaptación.

Art. 8. Criterios de matrícula

1. As/os estudantes que cursen estes estudos deberanse matricular a tempo completo. Isto é, a/o estudante matricularase da totalidade dos créditos correspondentes ao curso de que se trate ou dun número mínimo de 48 créditos ECTS, agás no caso de que a cantidade de créditos necesaria para rematar o programa de simultaneidade sexa inferior.

2. Para os efectos da posible obtención de bolsas, as/os estudantes deberán sinalar, no momento de formalizaren a súa matrícula, en cal das dúas titulacións desexan ser considerados bolseiras/os.

Art. 9. Realización de exames

As convocatorias de exame das distintas disciplinas realizaranse nas datas que determine o calendario oficial no centro responsable de cada materia, que se axustará ao calendario aprobado polo Consello de Goberno.

Art. 10. Requisitos de permanencia

Considerando as características especiais deste programa establécese que o/a estudante debe superar polo menos 60 créditos nos tres primeiros cursos do programa. No caso de non cumprir este requisito ao disposto no artigo seguinte.

Art. 11. Abandono dunha das dúas titulacións

1. As/os estudantes, de ser o caso, poderán:

• Optar por calquera das dúas titulacións iniciadas sempre que teñan aprobada como mínimo 12 ECTS do primeiro curso da titulación que vaian cursar, tendo

(3)

dereito ao recoñecemento dos créditos básicos superados.

• Optar por solicitar praza para iniciar os estudos noutra titulación distinta, seguindo as normas e os procedementos de carácter xeral.

2. As/os estudantes poderán desistir da súa matrícula de acordo co que dispuxen as normas de matrícula e de xestión académica que se aproben para cada curso académico.

Art. 12. Recoñecementos específicos para as/os estudantes da simultaneidade

1. Ao alumnado que curse o programa de simultaneidade recoñeceráselle os créditos das disciplinas optativas dos dous Graos do xeito previsto no ANEXO II desta normativa coa equivalencia en puntos correspondente á cualificación obtida nesas disciplinas.

2. O recoñecemento realizarase polo decanato do centro correspondente. A solicitude do estudante, logo de ser revisada pola administración do centro, resolverase no momento en que a/o estudante supere o total de créditos correspondentes ao plano de estudos da simultaneidade ADE-Dereito, agás os do Traballo de Fn de Grao (TFG).

Art. 13. Traballo de Fin de Grao (TFG)

Na fase final dos planos de estudos deste programa, realizarase un TFG (12 créditos ECTS) no que serán de aplicación os coñecementos adquiridos en cursos anteriores. Con este o estudante acredita que posúe o dominio do conxunto de competencias xerais e específicas dos dous graos para o desempeño profesional, polo tanto, a cualificación que se obteña será incorporada por igual ao expediente académico de ADE e ao de Dereito. Estes TFGs deberán estar dirixidos por docents que cumpran os requisitos esixidos nun ou outro centro para poder dirixir TFGs.

Art. 14. Expedición dos títulos oficiais de Grao

1. Cada estudante deberá solicitar a expedición de cada un dos títulos oficiais: Graduada/o en Administración e Dirección de Empresas e Graduada/o en Dereito, ante a Administración da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e ante a Administración da Facultade de Dereito respectivamente, e pagarán en concepto de expedición de cada título os prezos públicos establecidos na correspondente tarifa do Decreto da Xunta de Galicia polo que se fixen os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario.

2. Os trámites administrativos que se realizarán en cada un dos Centros mencionados serán os mesmos que están establecidos con carácter xeral no procedemento de expedición de títulos oficiais, sen prexuízo de que, por ser a Facultade de Dereito a responsable da tramitación e custodia dos expedientes académicos dos alumnos, deberá enviar á Facultade de Empresariais e Turismo, unha vez que cada alumna/o finalice os seus estudos, a certificación académica asinada que corresponda para que esta poida expedir, por instancia de parte, o título oficial.

Art. 15. Diploma en “Unión Europea e desenvolvemento Sostible”

Sen prexuízo da posibilidade de cursar outras materias optativas do Grao en ADE o do Grao en Dereito, se as/os estudantes rematan o programa de simultaneidade e acreditan ter cursado 12 ECTS (dúas materias) o seguinte bloque de materias na Mención do Grao en Dereito "Unión Europea e Desenvolvemento Sostible”, obterán un diploma acreditativo expedido pola Facultade de Dereito:

Materias

- a) (6 ECTS -1º cuadrimestre) Unión Europea, Constitución e medio ambiente. - b) (6 ECTS - 2º cuadrimestre) Litigación Internacional e Sostenibilidade. - c) (6 ECTS - 1º cuadrimestre) Dereito Mercantil Europeo.

(4)

Disposicións finais

Primeira: a Universidade de Vigo resérvase o dereito de non ofertar, para promocións sucesivas, o programa de simultaneidade ADE-DEREITO se a demanda destes estudos é baixa. Porén, as/os estudantes matriculados terán garantida a posibilidade de finalizar os seus estudos no programa de simultaneidade.

Segunda: corresponderalle á Reitoría, ou Vicerreitoría en que delegue, a interpretación e resolución de cantas cuestións xurdiren en aplicación desta normativa. Terceira: sen prexuízo do establecido nesta normativa, os trámites académico-administrativos relacionados con estes estudos regularanse polas normas de matrícula e de xestión académica correspondentes a cada curso académico e pola demais normativa académica vixente da Universidade de Vigo que resulte de aplicación.

Cuarta: Traslados de estudantes de simultaneidade ADE-Dereito.

1. En casos de traslados de estudantes a este programa de simultaneidade ADE-Dereito provenientes doutros programas ADE-Dereito doutras Universidades, consideraranse por cada centro os recoñecementos que resulten oportunos atendendo ao contido e entidade en ECTS das materias cursadas.

2. En casos de traslados de estudantes a este programa de simultaneidade ADE-Dereito provenientes doutro programa ADE-Dereito da Universidade de Vigo, recoñeceranse de forma automática todas as materias cursadas homónimas, e as demais, en función do seu contido e entidade en ECTS.

3. En calquera dos dous casos anteriores, a/o estudante que veña trasladado poderá solicitar e obter de forma automática o recoñecemento de ata un máximo de 12 ECTS de optatividad en función de materias de formación básica, obrigatorias ou optativas cursadas no seu programa de orixe e sen equivalente neste.

4. En caso de traslado de estudantes deste programa a outro programa desta ou outra Universidade de ADE-Dereito, a administración de cada centro expedirá a certificación correspondente.

Quinta: as presentes normas serán de aplicación no curso académico 2014–2015 e nos sucesivos cursos académicos.

(5)

ANEXO I

Primeiro cuadrimestre

Segundo cuadrimestre

PRIMERO (69 ECTS)

- Teoría do Dereito (FB) – 9 - Dereito Constitucional I (FB) - 9 - Dereito Romano (FB) – 6 - Microeconomía (FB) - 9 - Dereito Constitucional II – (FB) - 6

- Introducción ao Dereito Civil e Dereito da Persoa (FB) - 6

- Estadística (FB) - 6

- Economía Española e Mundial (FB) - 6

- Matemáticas das operacions financeiras (FB) - 6 - Xestión de Empresas (FB) - 6

SEGUNDO (75 ECTS)

Dereito Internacional Público- 9

Dereito Penal I – 9

Dereito Civil I. Obrigas e Contratos – 6 - Dirección de operacións - 9

- Contabilidade Financeira I (FB)– 6

Sistema Xudicial Español e Proceso Civil – 9 Dereito Administrativo I – 9

Dereito Civil II. Dereitos Reais – 6 - Macroeconomía - 6

- Contabilidade financeira II - 6

TERCEIRO (75 ECTS)

Dereito Mercantil I – 9 Dereito Administrativo II – 6 Dereito da Unión Europea – 6

- Econometría - 6

- Dirección de Recursos Humans – 9

Dereito Penal II – 6

Derecho Financeiro e Tributario I. 9 Dereito Procesual Penal - 6.

- Dirección Comercial I - 6

- Decisións de Inversión - 6 - Políticas Económicas - 6

CUARTO (72 ECTS)

Dereito Civil III. Familia e sucesións – 6 Dereito Mercantil II – 6

Dereito Financeiro e Tributario II – 6 - Teoría da Organización - 6

- Dirección Estratéxica – 6 - Réximen Fiscal - 6

Dereito Internacional Privado – 9

Procesos Especiais e Métodos Alternativos de Solución de Conflictos– 6

- Dirección Estratéxica Internacional - 6

- Valoración de activos - 6

- Análise Contable - 9

QUINTO (72 ECTS)

Dereito do Traballo e da Seguridade Social - 9 - Dirección Comercial II - 6

- Decisións de Financiación - 6 - Investigación Comercial - 6 - Planificación Financeira - 6 OPTATIVA1º Cuadrimestre – 6

Xurisdiccions Contencioso-administrativa e Social – 6 - Contabilidade de Custos - 9

OPTATIVA 2º cuadrimestre -6 TFG – 12

(6)

ANEXO II

A) Os créditos das disciplinas optativas do Grao en ADE recoñeceranse pola superación dos créditos das disciplinas optativas do Grao en Dereito e dos créditos das seguintes disciplinas obrigatorias do Grao en Dereito:

Materias obligatorias - Grado en Dereito Reconocimientos Grado en ADE

Dereito Civil I. Obrigas e contratos. 6 ECTS de optatividad Dereito Civil II. Dereitos reais 6 ECTS de optatividad Dereito Civil III. Familia e Sucesions 6 ECTS de optatividad Dereito Administrativo II. 6 ECTS de optatividad

B) Os créditos das disciplinas optativas do Grao en Dereito recoñeceranse pola superación dos créditos das disciplinas optativas do Grao en ADE e dos crédtios das seguintes disciplinas obrigatorias do Grao en ADE:

Materias obligatorias - Grado en ADE Reconocimientos - Grado en Dereito

Macroeconomía 6 ECTS de optatividad

Políticas Económicas 6 ECTS de optatividad Contabilidade Financeira I 6 ECTS de optatividad Dirección Comercial I 6 ECTS de optatividad

C) A materia obrigatoria “Dereito Mercantil” do Grao en ADE recoñécese pola superación da materia obrigatoria “Dereito Mercantil I” do Grao en Dereito.

Referências

Documentos relacionados

Esta dissertação foi julgada adequada à obtenção do grau de Mestre em Artes Visuais e aprovada em sua forma final pelo Curso de Mestrado em Artes Visuais da

– Um cliente DHCP, inicialmente, envia uma mensagem de broadcast DISCOVER para encontrar um servidor DHCP.. • Se o servidor não está conectado diretamente ao cliente, a mensagem

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

O objetivo do curso foi oportunizar aos participantes, um contato direto com as plantas nativas do Cerrado para identificação de espécies com potencial

esta espécie foi encontrada em borda de mata ciliar, savana graminosa, savana parque e área de transição mata ciliar e savana.. Observações: Esta espécie ocorre

3.3 o Município tem caminhão da coleta seletiva, sendo orientado a providenciar a contratação direta da associação para o recolhimento dos resíduos recicláveis,

O valor da reputação dos pseudônimos é igual a 0,8 devido aos fal- sos positivos do mecanismo auxiliar, que acabam por fazer com que a reputação mesmo dos usuários que enviam