• Nenhum resultado encontrado

Bioloxía e Xeoloxía ESO AVANZA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Bioloxía e Xeoloxía ESO AVANZA"

Copied!
19
0
0

Texto

(1)

Bioloxía e Xeoloxía

O libro Bioloxía e Xeoloxía Avanza, para terceiro curso de ESO, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

Francisco Vives Boix Ignacio Meléndez Hevia José Luis Garrido Garrido Miguel Ángel Madrid Rangel

EDICIÓN

Olga Martín (Qurtuba editores S. L.) Belén Álvarez Garrido

Daniel Masciarelli García

Juan San Isidro González-Escalada Julia Manso Prieto

Susana Lobo Fernández

EDICIÓN EXECUTIVA

Begoña Barroso Nombela

DIRECCIÓN DO PROXECTO

Antonio Brandi Fernández

AVANZA

E

(2)

1. A organización do corpo humano

...

7

1. Os niveis de organización

2. A composición química dos seres vivos 3. A unidade básica do ser vivo: a célula 4. Os tecidos do corpo humano

5. Os órganos, os aparellos e os sistemas do corpo humano

2. A alimentación e a saúde

...

21

1. A alimentación e a nutrición 2. Os alimentos

3. O valor enerxético dos alimentos 4. As necesidades enerxéticas das persoas 5. Unha dieta saudable e equilibrada

6. A conservación e a manipulación dos alimentos 7. Trastornos asociados á alimentación

3. Os aparellos dixestivo e respiratorio

...

37

1. Os aparellos implicados na nutrición 2. O aparello dixestivo

3. Os procesos dixestivos

4. Hábitos saudables do aparello dixestivo 5. O aparello respiratorio

6. As funcións respiratorias

7. Hábitos saudables do aparello respiratorio

4. Os aparellos circulatorio e excretor

...

55

1. O medio interno e o aparello circulatorio 2. O sistema circulatorio linfático

3. O sistema circulatorio sanguíneo 4. A dobre circulación

5. Hábitos saudables do aparello circulatorio 6. A excreción

7. Hábitos saudables do aparello excretor

Índice

A organización do corpo humano SABER • Os niveis de organización • A composición química dos seres vivos • A unidade básica do ser vivo:

a célula • Os tecidos do corpo humano • Os órganos, os aparellos

e os sistemas do corpo humano

SABER FACER

• Observar células co microscopio

De que estamos feitas as persoas?

Consideramos o corpo humano como un todo formado a partir de partículas moi pequenas e sinxelas que se combinan e dan lugar a estruturas máis complexas. A materia ten diferentes niveis de organización, pero ata que chegamos ao nivel celular non estamos no primeiro nivel de vida. Todos os seres vivos estamos formados por células. Cada célula ten vida propia e dá lugar a tecidos; a unión destes dá lugar a órganos..., ata chegar ao organismo: ao ser vivo.

1

7

CLAVES PARA COMEZAR

• Cales son as unidades básicas que forman os seres vivos? • Que tipo de células coñeces? En que

se diferencian? • Que diferencia un tecido dun órgano? • Cales son as funcións vitais? Di o nome dun órgano e dun sistema que participen en cada unha delas.

A alimentación e a saúde

SABER

• A alimentación e a nutrición • Os alimentos • O valor enerxético dos alimentos • As necesidades enerxéticas

das persoas • Unha dieta saudable

e equilibrada • A conservación e a manipulación dos alimentos • Trastornos asociados á alimentación SABER FACER

• Detectar amidón nos alimentos

Que comeremos no futuro?

Os expertos prevén que cara ao ano 2050 a cantidade de persoas será case o dobre ca a actual. Un dos grandes problemas a que terá que enfrontarse a humanidade será a alimentación. Entre as alternativas propostas para resolver este problema destacan: • Explotar ao máximo os recursos naturais para

aumentar a produción e deste xeito satisfacer as necesidades alimentarias da poboación. • Potenciar a investigación e a tecnoloxía

para obter alimentos nutritivos e respectuosos co medio ambiente.

2

21

CLAVES PARA COMEZAR

• Pon dous exemplos de cada un destes alimentos: alimentos necesarios para medrar e para reparar o noso corpo e alimentos que nos proporcionan enerxía. • Por que é importante seguir unha dieta variada?

Que outros hábitos saudables coñeces?

Os aparellos dixestivo e respiratorio SABER • Os aparellos implicados na nutrición • O aparello dixestivo • Os procesos dixestivos • Hábitos saudables do aparello

dixestivo • O aparello respiratorio • As funcións respiratorias • Hábitos saudables do aparello

respiratorio

SABER FACER

• Identificar estruturas anatómicas

Como se pode respirar baixo a auga?

No mergullo con escafandra autónoma utilízase unha botella con gases a presión e un regulador que permite ao mergullador respirar con normalidade estes gases. Na maioría de casos a botella contén simplemente aire comprimido, pero pódense usar outras mesturas, como o nitrox, un aire enriquecido en osíxeno. Esta actividade permite ao ser humano coñecer e descubrir o mundo submarino. Para poder gozar deste mundo cheo de vida, hai que tratalo sempre con moito respecto e evitar a súa degradación.

3

37

CLAVES PARA COMEZAR

• Que camiño segue o alimento desde que se introduce na boca ata que se expulsan os restos? • Para que utilizamos o osíxeno que incorporamos

aos nosos pulmóns? • Coñeces algúns hábitos saudables que

nos axuden a manter sans os nosos aparellos dixestivo e respiratorio?

Os aparellos circulatorio e excretor

SABER

• O medio interno e o aparello circulatorio • O sistema circulatorio linfático • O sistema circulatorio sanguíneo • A dobre circulación • Hábitos saudables do aparello

circulatorio • A excreción • Hábitos saudables do aparello

excretor

SABER FACER

• Interpretar unha análise de sangue

4

55 Que é unha proba de esforzo?

As probas de esforzo avalían os efectos do exercicio físico sobre o organismo. Estas probas consisten en camiñar sobre unha cinta ou pedalear nunha bicicleta mentres se rexistran datos sobre a actividade do corazón, se mide a presión sanguínea... Para os deportistas as probas de esforzo son fundamentais, xa que achegan información para optimizar o rendemento deportivo.

CLAVES PARA COMEZAR

• Por que o sangue ten cor vermella? • Cal é a principal función que realiza o sangue

no noso corpo? • Cal é o nome dos tres tipos de vasos sanguíneos

que conducen o sangue? • Que órganos producen a urina como resultado

(3)

5. Os sentidos e o sistema nervioso

...

75

1. A función de relación e coordinación 2. Os receptores sensoriais

3. O sentido da vista 4. O sentido do oído

5. Os sentidos do olfacto, o gusto e o tacto 6. Hábitos saudables para os órganos dos sentidos 7. O sistema nervioso

8. O sistema nervioso central e o periférico 9. O funcionamento do sistema nervioso 10. Hábitos saudables para o sistema nervioso

6. O sistema endócrino e o aparello locomotor

...

97

1. O sistema endócrino

2. Principais glándulas endócrinas e as súas hormonas 3. Hábitos saudables do sistema endócrino

4. O aparello locomotor 5. O esqueleto

6. Os ósos 7. As articulacións

8. Os músculos esqueléticos

9. A acción dos músculos sobre o esqueleto 10. Hábitos saudables do aparello locomotor

7. O aparello reprodutor

...

119

1. A función de reprodución

2. O aparello reprodutor e os gametos masculinos 3. O aparello reprodutor e os gametos femininos 4. A fecundación

5. O embarazo 6. O parto

7. A esterilidade e as técnicas de reprodución asistida 8. Os métodos anticonceptivos

9. As enfermidades de transmisión sexual

8. A saúde e o sistema inmunitario

...

139

1. A saúde e a enfermidade 2. As enfermidades infecciosas

3. A transmisión das enfermidades infecciosas 4. O sistema inmunitario

5. A prevención e o tratamento das enfermidades infecciosas 6. As enfermidades non infecciosas

7. Os accidentes e os primeiros auxilios 8. A doazón e os transplantes Os sentidos e o sistema nervioso SABER • A función de relación e coordinación • Os receptores sensoriais • O sentido da vista • O sentido do oído • Os sentidos do olfacto, do gusto e do tacto • Hábitos saudables para

os órganos dos sentidos • O sistema nervioso • O sistema nervioso central

e o periférico • O funcionamento do sistema

nervioso • Hábitos saudables

para o sistema nervioso

SABER FACER

• Detectar o limiar de percepción dun estímulo

5

75

Como actuamos en situacións de perigo?

O estrés é a tensión e a sobreestimulación psíquica ou somática que prepara o individuo para a acción, a loita ou a fuxida. Cando o noso cerebro percibe algunha situación de perigo, activa unha serie de respostas destinadas a protexernos. Agora ben, o estrés continuado causa varios prexuízos no organismo, como trastornos dixestivos, insomnio, alteracións do humor, afeccións cardíacas, etc.

CLAVES PARA COMEZAR

• Que órganos dos sentidos informan sobre unha situación de perigo? • Poderiamos vivir sen órganos dos sentidos? Por que? • Que é o sistema nervioso e de que se encarga? • Existen movementos voluntarios e reflexos. Explica

en que se diferencian.

O sistema endócrino e o aparello locomotor

SABER

• O sistema endócrino • Principais glándulas endócrinas

e as súas hormonas • Hábitos saudables do sistema endócrino • O aparello locomotor • O esqueleto • Os ósos • As articulacións • Os músculos esqueléticos • A acción dos músculos sobre o esqueleto • Hábitos saudables do aparello locomotor SABER FACER • Estudar a calcificación dos ósos 6 97

CLAVES PARA COMEZAR

• Que é o sistema endócrino e de que se encarga? • Oíches falar da insulina? Coñeces cal

é a súa relación coa glicosa? • Sabes por que os ósos son tan duros?

Lembras algún exemplo dun óso longo? E dun óso plano? • Coñeces que órganos traballan xuntos para producir

os movementos?

Que ocorre cando corremos?

Durante o exercicio físico intenso, como unha carreira, o noso organismo ponse a proba: os músculos necesitan exercer moita forza, os ósos e as articulacións deben soportar fortes tensións, e o sistema endócrino debe coordinar a resposta dos órganos a esta situación de estrés. O noso corpo consegue esta fazaña con naturalidade e recupérase rapidamente dela. O aparello reprodutor SABER • A función de reprodución • O aparello reprodutor e os gametos masculinos • O aparello reprodutor e os gametos femininos • A fecundación • O embarazo • O parto • A esterilidade e as técnicas de reprodución asistida • Os métodos anticonceptivos • As enfermidades de transmisión sexual • A violencia de xénero SABER FACER

• Interpretar imaxes ecográficas do embarazo

A fecundación in vitro

O doctor Robert Edwards foi galardoado en 2010 co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo desenvolvemento da técnica da fecundación in vitro (FIV). Ao longo da súa investigación, Edwards conseguiu desenvolver cultivos que permitiron que os óvulos extraídos do corpo dunha muller fosen fecundados por espermatozoides e que, despois, o embrión se puidese implantar no útero. O nacemento en 1978 de Louise Brown, o primeiro bebé probeta do mundo, grazas á técnica de fecundación in vitro, constituíu un acontecemento histórico.

7

119

CLAVES PARA COMEZAR

• Que cambios físicos se producen durante a puberdade? • Que órganos coñeces dos aparellos reprodutores

feminino e masculino? • Como se produce o proceso da fecundación? • Que pasa durante o proceso do embarazo?

E no parto? • Que son os métodos anticonceptivos? Enumera dous. • Explica o que é a violencia de xénero.

x A saúde e o sistema inmunitario SABER • A saúde e a enfermidade • As enfermidades infecciosas • A transmisión das enfermidades

infecciosas • O sistema inmunitario • A prevención e o tratamento

das enfermidades infecciosas • As enfermidades non infecciosas • Os accidentes e os primeiros

auxilios • A doazón e os transplantes

SABER FACER

• Analizar gráficas epidemiolóxicas

Que é a cirurxía robótica?

Na década de 1980 introduciuse a laparoscopia, unha técnica menos invasiva ca a cirurxía aberta tradicional. Esta técnica permite operar a través de sondas que introducen no corpo do paciente unha luz, unha cámara de vídeo e instrumentos cirúrxicos que o cirurxián manipula desde o exterior. A laparoscopia deu paso ao desenvolvemento da cirurxía laparoscópica asistida por robots, a cirurxía robótica. Esta técnica presenta moitos beneficios para o paciente, ao diminuír os riscos e acelerar a recuperación.

8

139

CLAVES PARA COMEZAR

• Como definirías o concepto de saúde? • Que tratamentos utilizan os médicos para curar

as enfermidades? • Que quere dicir que unha enfermidade é contaxiosa?

Por que algunhas o son e outras non? • É o mesmo unha lesión ca unha enfermidade?

As enfermidades poden provocar lesións? • Que é unha enfermidade social? Que enfermidade social

(4)

9. O relevo e os procesos xeolóxicos externos ...157

1. O relevo terrestre e os axentes xeolóxicos 2. A enerxía que a Terra recibe do Sol 3. A dinámica da atmosfera e a hidrosfera 4. A meteorización

5. Erosión, transporte e sedimentación 6. A formación do solo. Edafización 7. Factores que inflúen no relevo terrestre

8. A representación do relevo. Os mapas topográficos

10. A modelaxe do relevo ...173

1. Os axentes xeolóxicos 2. O vento 3. Os glaciares 4. As augas superficiais 5. As augas subterráneas 6. O mar

7. A acción xeolóxica dos seres vivos 8. A acción xeolóxica do ser humano 9. A creación e a destrución do relevo

11. A dinámica interna da Terra

...

191

1. A estrutura en capas da Terra 2. As placas litosféricas

3. O vulcanismo

4. Tipos de actividade volcánica 5. Terremotos e ondas sísmicas

6. Fenómenos asociados ao movemento das placas 7. Risco volcánico e risco sísmico

12. Os minerais e as rochas

...

209

1. A materia mineral

2. Propiedades físicas dos minerais 3. Propiedades químicas dos minerais

4. Aplicacións e interese económico dos minerais 5. As rochas e a súa clasificación

6. As rochas sedimentarias 7. As rochas magmáticas ou ígneas 8. As rochas metamórficas

9. O ciclo das rochas 10. As aplicacións das rochas

9. O relevo e os procesos xeolóxicos externos

SABER

• O relevo terrestre e os axentes xeolóxicos • A enerxía que a Terra recibe

do Sol • A dinámica da atmosfera e da hidrosfera • A meteorización • Erosión, transporte e sedimentación • A formación do solo. Edafización • Factores que inflúen

no relevo terrestre • A representación do relevo.

Os mapas topográficos

SABER FACER

• Obter un perfil topográfico

9

157 Por que se derruban as montañas?

A chuvia, o xeo que se forma nas gretas das rochas e outros procesos vanas fendendo. Ocasionalmente, prodúcese a caída de bloques rochosos. Este é o comezo dunha longa viaxe para estes materiais: os regatos, os ríos e incluso os glaciares acaban levándoos ao mar. Desta forma o relevo terrestre é esculpido e as montañas chegan a desaparecer.

CLAVES PARA COMEZAR

• A enerxía que recibimos do Sol, repártese de forma homoxénea pola superficie terrestre? • Por que se forman as correntes oceánicas? • Como se produce a modelaxe do relevo? • Que son e que traballos realizan os axentes

xeolóxicos? A modelaxe do relevo SABER • Os axentes xeolóxicos • O vento • Os glaciares • As augas superficiais • As augas subterráneas • O mar • A acción xeolóxica

dos seres vivos • A acción xeolóxica

do ser humano • A creación e a destrución

do relevo

SABER FACER

• Identificar formas de modelaxe

10

173

CLAVES PARA COMEZAR

• Que é a erosión? • Que son os axentes xeolóxicos? Cantos coñeces? • En que consiste a meteorización das rochas

e cal é o seu resultado?

Como se formou esta paisaxe?

Ao sur de Tailandia, no mar de Andamán, encóntrase a baía de Phang Nga, que agocha unha das paisaxes máis espectaculares do mundo. Nesta baía poden verse impresionantes torreóns de rocha calcaria, con paredes verticais de decenas de metros de altura, que parecen manterse nun precario equilibrio. O levantamento desta zona, nos últimos 100 millóns de anos, elevou as masas de calcaria, fracturounas en bloques e expúxoas á erosión, formando esta modelaxe de «carst en torres». A dinámica interna da Terra 11 191 SABER • A estrutura en capas da Terra • As placas litosféricas • O vulcanismo • Tipos de actividade volcánica • Terremotos e ondas sísmicas • Fenómenos asociados

ao movemento das placas • Risco volcánico e risco sísmico

SABER FACER

• Interpretar un sismograma e elaborar unha predición sísmica

CLAVES PARA COMEZAR

• Cales son as tres capas que forman a Terra? • Que é a litosfera? • Que produtos expulsan os volcáns? • Como se produce un terremoto?

Como se formaron as illas Aleutianas?

As Aleutianas son un rosario de illas volcánicas situadas ao norte do océano Pacífico, entre Rusia e Alasca. Teñen un intenso vulcanismo e con frecuencia vense sacudidas por fortes terremotos. Neste arquipélago, o fondo do océano Pacífico afúndese baixo o continente americano. Este proceso causa o vulcanismo que orixinou a cadea de illas e a sismicidade á que se encontran expostas as poboacións situadas nelas.

Os minerais e as rochas 12 209 SABER • A materia mineral • Propiedades físicas dos minerais • Propiedades químicas dos minerais • Aplicacións e interese económico

dos minerais • As rochas e a súa clasificación • As rochas sedimentarias • As rochas magmáticas ou ígneas • As rochas metamórficas • O ciclo das rochas • As aplicacións das rochas

SABER FACER

• Utilizar unha clave dicotómica para identificar minerais

Como se procesan industrialmente as rochas?

Nas canteiras obtéñense grandes bloques de granito, mármore, calcaria, lousa, etc. Posteriormente, estes bloques procésanse para obter láminas, tiras ou bloques menores, que á súa vez se utilizan como materia prima para fabricar encimeiras, lápidas, placas, mobiliario urbano, bordos das beirarrúas, obxectos decorativos, etc. Algúns destes bloques van parar a obradoiros de escultura e terminarán convertidos en obras de arte. A nosa sociedade ten unha gran demanda destes produtos elaborados con rochas naturais e tamén con minerais, dos que se extraen metais e moitas outras substancias químicas.

CLAVES PARA COMEZAR

• Cal é a diferenza entre materia amorfa e materia cristalina? • É o mesmo un mineral ca unha rocha? Razoa a resposta. • Que é a dureza dun mineral? Cal é o mineral máis duro? • Cantos tipos de rochas coñeces?

(5)

Esquema da unidade

Ao comezar a unidade…

Poderás ler un texto interesante que reflexiona sobre un feito ou unha idea relacionada co tema que vas estudar.

O recadro cos títulos Saber e Saber facer inclúe os contidos, as técnicas e os procedementos máis importantes que vas aprender.

No recadro titulado Claves para comezar, formulámosche unha serie de preguntas que te van axudar a coñecer os contidos da unidade e a descubrir os coñecementos que tes xa sobre o tema.

Nas páxinas de contido e actividades…

Encontrarás os textos explicativos que che van servir para comprender e estudar os contidos de cada unidade.

A continuación, hai unha páxina con actividades sinxelas que che permitirán repasar os contidos traballados.

Saber facer

Vas traballar con procedementos sinxelos que é necesario dominar para asimilar os contidos de cada unidade.

Resumo

Completarás un resumo moi sinxelo e esquemático da unidade.

Aprendizaxe cooperativa

A partir da formulación dunha cuestión ou actividade relacionada co tema traballado, poderás continuar aprendendo e consolidando os contidos

da unidade, ao mesmo tempo que te beneficias das achegas que implica o traballo en grupo.

E para acabar…

Na páxina de Autoavaliación, poderás avaliar a túa aprendizaxe respondendo unha serie de preguntas breves formuladas para que poidas comprobar todo o que lembras dos contidos traballados na unidade.

Os sentidos e o sistema nervioso SABER • A función de relación e coordinación • Os receptores sensoriais • O sentido da vista • O sentido do oído • Os sentidos do olfacto, do gusto e do tacto • Hábitos saudables para

os órganos dos sentidos • O sistema nervioso • O sistema nervioso central

e o periférico • O funcionamento do sistema

nervioso • Hábitos saudables

para o sistema nervioso

SABER FACER

• Detectar o limiar de percepción dun estímulo

5

75

Como actuamos en situacións de perigo?

O estrés é a tensión e a sobreestimulación psíquica ou somática que prepara o individuo para a acción, a loita ou a fuxida. Cando o noso cerebro percibe algunha situación de perigo, activa unha serie de respostas destinadas a protexernos. Agora ben, o estrés continuado causa varios prexuízos no organismo, como trastornos dixestivos, insomnio, alteracións do humor, afeccións cardíacas, etc.

CLAVES PARA COMEZAR

• Que órganos dos sentidos informan sobre unha situación de perigo? • Poderiamos vivir sen órganos dos sentidos? Por que? • Que é o sistema nervioso e de que se encarga? • Existen movementos voluntarios e reflexos. Explica

en que se diferencian.

35

A ALIMENTACIÓN E A NUTRICIÓN

Os nutrientes inorgánicos son . Os nutrientes orgánicos son

.

OS ALIMENTOS

Os alimentos pódense clasificar en tres grandes grupos: . Os primeiros serven para formar células, tecidos e órganos e son ricos en . Os segundos serven como fonte enerxética e son ricos

en .

Os últimos achegan substancias imprescindibles para o organismo e están formados principalmente por

. A roda dos alimentos está constituída por sectores ou grupos. Os grupos I e II teñen función

. Os grupos III e IV teñen función , e os grupos V e VI, función .

O VALOR ENERXÉTICO DOS ALIMENTOS

A enerxía obtida dos alimentos mídese en (cal) ou en (kcal).

AS NECESIDADES ENERXÉTICAS DAS PERSOAS

A é a enerxía que o noso corpo consome cando se encontra en absoluto e a constante.

Depende

.

UNHA DIETA SAUDABLE E EQUILIBRADA

Unha dieta para ser saudable ten que ser .

A CONSERVACIÓN E A MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

As técnicas de preservan o aspecto do alimento, o seu

e as súas propiedades . Algunhas técnicas como conservan o alimento a baixas temperaturas. Outras técnicas como

conservan o alimento aplicando temperaturas elevadas.

OS TRASTORNOS ASOCIADOS Á ALIMENTACIÓN

As son enfermidades que se producen cando se toma un alimento . As son causadas porque o corpo reacciona desfavorablemente a un alimento. Son exemplos a intolerancia . A enfermidade causada por un exceso de nutrientes na dieta coñécese como e a contraria, por un déficit,

. Os dous trastornos alimentarios, de orixe psicolóxica, que provocan unha imaxe distorsionada da realidade son

.

Deseño do envase dun produto novo

Ides deseñar o envase dun produto novo para o almorzo, por exemplo, e que sexa saudable. Para facelo: • Escollede o tipo de produto: cereais, zume, etc. • Pensade un nome para o produto. Buscade un nome

curto e impactante, fácil de lembrar. • Recompilade etiquetas de alimentos que conteñan

os ingredientes do voso produto e usádeas para elaborar a nova etiqueta.

• Indicade a data de envasado, a de caducidade, a forma de conservación e a información nutricional. • Deseñade o envase e debuxádeo

escribindo a información da etiqueta. Completade o anuncio cun slogan ou un texto breve que anime a compralo e a consumilo.

APRENDIZAXE COOPERATIVA

RESUMO 2. A alimentación e a saúde

34

O amidón é un glícido complexo de orixe vexetal. Encóntrase, por exemplo, nas patacas, no trigo e no millo. O amidón é a fonte de enerxía para as plantas que brotan a partir de tubérculos ou para as plántulas cando a semente xermina. Tamén é unha das substancias de consumo humano con maior achega enerxética. O amidón forma parte de moitos alimentos e non comporta nin

gún risco para a saúde; pero, como é de orixe vexetal, non se tería que encontrar nos alimentos de orixe animal.

A continuación, aprenderás a detectar o amidón nos alimentos.

Obxectivos

• Observar co microscopio os orgánulos onde se almacena o amidón. • Detectar a presenza de amidón en alimentos natur

ais e procesados.

Material

– Microscopio. – Portaobxectos e cubreobxectos. – Agulla con mango. – Coitela. – Contagotas.

– Vaso de precipitados. – Cristal de reloxo e espátula. – Solución de lugol ou tintura desinfectante de iodo. – Alimentos: fariña de millo, pataca, mazá, pan,

embutidos, salchichas...

Procedemento 1. Elabora unha mostra de control. Coa espátula,

colle un pouco de fariña de millo, que é case amidón puro, e pon nun cristal de reloxo. Engade unha gota de solución de lugol e observa a cor que adquire. O amidón reacciona co reactivo adquirindo unha coloración azul violeta. Usa esta mostra como positivo para comparar as outras. Para saber se a pataca ten amidón, engade unha gota

de colorante cun contagotas sobre unha roda de pataca e observa a súa cor.

2. Observa co microscopio os gránulos de amidón. Para facer a preparación para o microscopio, corta unha roda de pataca que poidas soster comodamente cos dedos. Freta a roda no portaobxectos mentres a apertas suavemente. Ten que quedar un pouco de sedimento no portaobxectos. Coa axuda da agulla con mango, estende o que obtiveches e déixao secar completamente. Engade unhas gotas de reactivo e déixao actuar dous minutos. Coloca un cubreobxectos sobre a preparación

e obsérvaa co microscopio. Os amiloplastos son os orgánulos onde se almacena o amidón.

3. Detecta amidón en alimentos. A continuación, determina se o resto dos alimentos que tes conteñen amidón ou non: pan, mazá, embutidos, salchicha, etc. Deixa que o reactivo actúe durante uns minutos e, finalmente, compara a cor co da fariña de millo tinguida. Se a tonalidade é parecida, o resultado é positivo en amidón.

ACTIVIDADES 40Debuxa as células observadas co microscopio.

41Completa a táboa cos resultados obtidos. Alimentos É previsible que teña amidón? Ten amidón? Si Non Si Non SABER FACER

Detectar amidón nos alimentos

36

AUTOAVALIACIÓN Rodea cun círculo a resposta correcta.

1. Os nutrientes orgánicos son... a) a auga e as proteínas. b) os glícidos e os lípidos. c) a auga e as substancias minerais. 2. A hemoglobina é...

a) un glícido. b) unha proteína. c) un lípido. 3. O nutriente que achega a maior parte da enerxía

celular é... a) a glicosa. b) a celulosa. c) o colesterol. 4. Os alimentos reguladores son ricos en...

a) glícidos e lípidos. b) proteínas. c) sales minerais e vitaminas. 5. O peixe e a carne son alimentos...

a) reguladores. b) enerxéticos. c) estruturais. 6. A verdura e a froita son alimentos...

a) estruturais. b) reguladores. c) enerxéticos. 7. A enerxía que se obtén dos alimentos

mídese en... a) hertzs. b) newtons. c) calorías. 8. As vitaminas, a auga e os sales minerais...

a) son nutrientes moi enerxéticos. b) son nutrientes pouco enerxéticos. c) non achegan enerxía. 9. Os nutrientes que nos achegan o mesmo contido

calórico son... a) lípidos e proteínas. b) glícidos e proteínas. c) lípidos e glícidos.

10. Unha dieta ten que ser... a) completa, equilibrada e variada. b) moi enerxética e calórica. c) vexetariana. 11. Un dos alimentos máis representativos da dieta

mediterránea é... a) o chocolate. b) a carne. c) o aceite de oliva. 12. A pasteurización é unha técnica de conservación

dos alimentos por... a) frío. b) calor. c) deshidratación. 13. A técnica de conservación onde se aplican

temperaturas superiores aos 100 ºC é a... a) pasteurización. b) ultrapasteurización. c) esterilización. 14. Os dous procesos que hai que realizar para

unha liofilización son... a) conxelación e deshidratación. b) deshidratación e adición de substancias. c) refrixeración e deshidratación. 15. A marmelada é un produto que se obtén por...

a) adición de substancias. b) conxelación. c) deshidratación. 16. Un exemplo de intolerancia alimentaria

é a intolerancia ao... a) café. b) calcio. c) glute.

17. O desequilibrio por exceso de nutrientes na dieta coñécese como... a) anorexia. b) obesidade. c) desnutrición. 1. c; 2. b; 3. a; 4. c; 5. c; 6. b; 7. c; 8. c; 9. b; 10. a; 11. c; 12. b; 13. c; 17. b 16. c; 15. a; 14. a;

(6)

A organización

do corpo humano

SABER • Os niveis de organización • A composición química dos seres vivos

• A unidade básica do ser vivo: a célula

• Os tecidos do corpo humano • Os órganos, os aparellos

e os sistemas do corpo humano SABER FACER

• Observar células co microscopio

De que estamos feitas as persoas?

Consideramos o corpo humano como un todo

formado a partir de partículas moi pequenas

e sinxelas que se combinan e dan lugar a estruturas

máis complexas.

A materia ten diferentes niveis de organización,

pero ata que chegamos ao nivel celular non estamos

no primeiro nivel de vida. Todos os seres vivos

estamos formados por células. Cada célula ten vida

propia e dá lugar a tecidos; a unión destes dá lugar

a órganos..., ata chegar ao organismo: ao ser vivo.

1

CLAVES PARA COMEZAR

• Cales son as unidades básicas que forman os seres vivos?

• Que tipo de células coñeces? En que se diferencian?

• Que diferencia un tecido dun órgano? • Cales son as funcións vitais? Di o nome

dun órgano e dun sistema que participen en cada unha delas.

(7)

Todos os seres vivos estamos dotados dun conxunto de estruturas

que presentan distintos graos de complexidade que denominamos

ni-veis de organización, en que cada nivel é estrutural e funcionalmente

máis complexo ca o anterior. No ser humano pódense distinguir os

se-guintes niveis de organización:

1

Os niveis de organización

Tecidos. Os tecidos son conxuntos de células especializadas que teñen a mesma orixe e cumpren unha función determinada, como por exemplo o tecido óseo ou o muscular.

Órganos. Os órganos son conxuntos de tecidos distintos que cumpren unha función específica, como por exemplo os músculos, os riles e o corazón.

Sistemas e aparellos. Son conxuntos de órganos

semellantes (sistema) ou distintos (aparello) que cumpren unha función vital, como por exemplo o sistema muscular.

Organismo. Corresponde ao ser vivo independente. Está constituído por aparellos e sistemas, e é capaz de levar a cabo todas as funcións vitais.

Moléculas. Formado polas moléculas que resultan da unión mediante enlace químico de dous ou máis bioelementos. As moléculas que forman parte dos seres vivos chámanse biomoléculas. Estas poden ser inorgánicas, como a auga e os sales minerais, e orgánicas, como os monosacáridos e as proteínas.

Molécula Átomo Célula Tecido Órgano Sistema e aparello Organismo Partículas

Células. As células están formadas por un conxunto de estruturas e orgánulos que lles confiren unha propiedade única: a vida.

Tamén hai outros niveis que están formados pola agrupación de

dife-rentes organismos, como por exemplo as poboacións, as

comunida-des, etc.

Átomos. Nivel constituído polos átomos de todos os elementos químicos que forman parte dos seres vivos ou bioelementos, como por exemplo carbono (C), osíxeno (O), hidróxeno (H), nitróxeno (N), fósforo (P), xofre (S), calcio (Ca), magnesio (Mg) e sodio (Na), entre outros.

(8)

1. A organización do corpo humano

ACTIVIDADES

1 Une cada palabra coa súa definición.

Sistema • • Conxunto de células especializadas.

Órgano • • Conxunto de tecidos distintos

coa mesma función.

Tecido • • Conxunto de órganos semellantes.

2 Indica se as seguintes oracións son verdadeiras (V)

ou falsas (F).

• O ser humano é un organismo unicelular porque está formado por células. • As biomoléculas son as moléculas que

forman parte dos seres vivos.

• Os sistemas son un conxunto de órganos semellantes que cumpren unha función.

3 Elixe a palabra axeitada para completar estas

oracións.

a) Unha molécula está formada pola unión de dúas ou máis partículas / bioelementos. b) As células están formadas por un conxunto

de orgánulos e estruturas / moléculas. c) O nivel atómico é o máis sinxelo / complexo.

4 Le e responde. A vorticela é un ser unicelular

que vive fixo no chan e atrae o alimento mediante correntes que produce cos cilios. a) Cantas células ten unha vorticela?

b) Que niveis de organización pode presentar unha bacteria?

5 Indica o nivel que representa a seguinte imaxe.

Explícao e escribe máis exemplos.

6 Escribe nos recadros os niveis de organización,

do máis sinxelo ao máis complexo.

7 Completa as seguintes oracións.

a) Os átomos que forman parte dos seres vivos

chámanse .

b) O osíxeno e o carbono pertencen ao nivel . c) Os monosacáridos e as proteínas son

. d) O primeiro nivel de organización con vida é

. e) A unión de varios bioelementos dá lugar a

. f) Un tecido é a unión de moitas

. g) Os tecidos únense e forman

. h) A unión de órganos distintos que fan unha mesma

función forma un .

i) O ser vivo independente constituído por aparellos

(9)

Os bioelementos, que encontramos a nivel molecular, combínanse

en-tre si para dar lugar ás biomoléculas ou principios inmediatos, que

poden ser de dous tipos: inorgánicas ou orgánicas.

Biomoléculas inorgánicas

Están presentes tanto nos seres vivos coma na materia inerte.

• Auga. É a substancia máis abundante en todos os seres vivos,

aín-da que a súa distribución varía duns órganos a outros. É tamén o

compoñente principal das células e dos líquidos internos, como o

sangue.

• Sales minerais. Teñen varias funcións nos seres vivos; forman

estru-turas, como por exemplo as cubertas dos crustáceos e os moluscos, ou

o esqueleto dos vertebrados, e participan en funcións como a

trans-misión do impulso nervioso e a contracción muscular.

Biomoléculas orgánicas

Son substancias que só se encontran nos seres vivos, ricas no elemento

químico carbono.

2

A composición química dos seres vivos

Glícidos. Son moléculas formadas por monosacáridos, como a glicosa. A unión de dous monosacáridos forma un disacárido, como a sacarosa ou a maltosa. A unión de varios monosacáridos forma os polisacáridos, como a celulosa.

Lípidos. Son moléculas de natureza química moi variada, entre as cales están as graxas, os fosfolípidos e o colesterol. As graxas pódense descompoñer en ácidos graxos e nun alcohol, o glicerol.

Proteínas. Son macromoléculas constituídas pola unión de moitas moléculas pequenas denominadas aminoácidos. Algunhas proteínas importantes do ser humano son o coláxeno, a hemoglobina ou os anticorpos.

Aminoácido Proteína Monosacárido Ácidos graxos Glicerol Graxa Disacárido Polisacárido

Ácidos nucleicos. Son grandes biomoléculas formadas pola unión doutras máis pequenas denominadas nucleótidos. Hai de dous tipos: o ADN ou ácido desoxirribonucleico e o ARN ou ácido ribonucleico.

Nucleótido

(10)

ACTIVIDADES

8 Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras

(V) ou falsas (F).

• As biomoléculas inorgánicas só están presentes na materia inerte.

• As biomoléculas inorgánicas son a auga e os ácidos nucleicos.

• A auga é o principal compoñente das células.

• O sangue está formado, sobre todo, por sales minerais.

9 Responde as seguintes preguntas.

a) Onde están presentes as biomoléculas orgánicas?

b) Cal é o compoñente principal das biomoléculas orgánicas?

10 Completa as oracións seguintes coa palabra

correcta.

pequenas – monosacáridos – grandes nucleótidos – aminoácidos a) Os ácidos nucleicos son

biomoléculas formadas pola unión doutras máis

pequenas chamadas .

b) Os glícidos son moléculas formadas por

. c) As proteínas son macromoléculas constituídas

pola unión de moitas moléculas

chamadas .

11 Clasifica cada elemento no lugar correspondente

da táboa.

Graxas – Hemoglobina – Sacarosa ARN – Celulosa – ADN – Coláxeno – Colesterol

Glícidos Lípidos Proteínas Ácidos nucleicos

12 Busca información e explica cal é a función

principal destas biomoléculas. a) Glícidos:

b) Lípidos:

c) Proteínas:

d) Ácidos nucleicos:

13 Escribe cada termo no lugar correspondente

da representación dos glícidos.

Disacárido – Polisacárido – Monosacárido

14 EXPRESIÓN ESCRITA. Define os seguintes termos.

a) Monosacárido:

b) Polisacárido:

15 Redacta un texto coas seguintes palabras.

glícidos – bioelementos – ácidos nucleicos auga – biomoléculas orgánicas – proteínas

lípidos – biomoléculas inorgánicas sales minerais

(11)

A célula é a unidade con vida máis sinxela capaz de realizar

as funcións de nutrición, relación e reprodución. É, pois, a

unidade fundamental de todos os seres vivos.

As células humanas son eucariotas, é dicir, teñen un

nú-cleo dentro do que queda protexido o material xenético. Estas

células presentan tres estruturas comúns:

• Membrana plasmática. É unha capa delgada que

deli-mita a célula e permite o intercambio de substancias co

exterior.

• Citoplasma. É o espazo da célula comprendido entre a

membrana e o núcleo. Contén numerosas substancias

di-soltas e fibras de proteínas, que constitúen o

citoesquele-to. No interior do citoplasma están os orgánulos

celula-res.

• Núcleo. É unha estrutura esférica e no seu interior está o

material xenético que controla o funcionamento celular.

Está composto pola envoltura nuclear, o nucleoplasma,

a cromatina e o nucléolo.

3

A unidade básica do ser vivo: a célula

Envoltura nuclear Nucleoplasma Cromatina Nucléolo Mitocondrias. Orgánulos ovalados de dobre

membrana que se encargan da respiración celular.

Cilios e flaxelos. Prolongacións citoplasmáticas que interveñen no movemento celular.

Aparello de Golgi. Conxunto de sacos membranosos onde se almacenan e procesan substancias

transferidas desde o retículo endoplasmático e desde onde se segregan produtos ao exterior.

Lisosomas. Vesículas membranosas redondeadas que participan na dixestión intracelular de substancias.

Centrosoma. Estrutura sen membrana formada por dous centríolos que participa na organización da división celular.

Retículo endoplasmático (R. E.). Conxunto de sáculos responsable do almacenamento e o transporte de proteínas

e lípidos. Hai dúas clases: R. E. rugoso e R. E. liso. Ribosomas. Partículas

formadas por ARN e proteínas que realizan

(12)

ACTIVIDADES

16 Pensa e responde.

a) Que é a célula?

b) Que tipo de células temos os seres humanos? Cal é a súa característica principal?

17 Une cada termo coa definición correspondente.

Membrana

plasmática •

Núcleo •

Citoplasma •

• Espazo da célula comprendido

entre a membrana e o núcleo. •

Capa delgada que rodea a célula e permite o intercambio de substancias.

• Estrutura esférica que contén o material xenético.

18 Responde as seguintes preguntas.

a) Que orgánulos celulares están implicados no movemento celular?

b) En que orgánulo se produce a respiración celular?

c) Que se produce nos ribosomas?

19 Escribe o nome dos seguintes orgánulos.

20 Completa as seguintes oracións.

a) No aparello almacénanse

e procésanse substancias transferidas

desde o retículo .

b) O retículo endoplasmático pode ser de dous tipos: . c) As prolongacións citoplasmáticas que interveñen

no movemento celular son

.

21 Relaciona cada orgánulo coa súa función.

Mitocondrias • Aparello de Golgi • Ribosomas • Centrosoma • • Obter enerxía. • Participar na organización da división celular. • Fabricar proteínas.

• Segregar produtos ao exterior.

22 Indica se as seguintes oracións son verdadeiras (V)

ou falsas (F).

• Os lisosomas son unhas vesículas membranosas.

• Nos ribosomas fabrícanse os lípidos. • No retículo endoplasmático almacénanse

proteínas e lípidos.

• O citoesqueleto está no núcleo.

• O nucléolo está formado por ARN e proteínas.

23 Busca dous exemplos de organismos unicelulares

con cilios e dous con flaxelos, e fai un debuxo esquemático dun dos exemplos.

(13)

4

Os tecidos do corpo humano

Un tecido é un conxunto de células do mesmo tipo que teñen unha

estrutura moi parecida e realizan as mesmas funcións. Os tecidos

clasi-fícanse en epitelial, conectivo, muscular e nervioso.

Tecido epitelial

As súas células adoitan ser poliédricas e dispóñense moi xuntas, formando capas. Distínguense dous grupos:

• Epitelios de revestimento. Son tecidos que recobren e protexen superficies externas ou cavidades internas do noso organismo. Poden estar formados por unha soa capa de células ou por varias. Destacan:

– Os endotelios, que recobren as superficies internas dos vasos sanguíneos e do corazón.

– A epiderme, que constitúe a capa externa da pel.

• Epitelios glandulares. Son os tecidos que forman as glándulas. Teñen a función de segregar substancias. Poden ser:

– Glándulas exócrinas. Verten os seus produtos ao exterior do corpo ou a unha cavidade corporal a través dun conduto, como as glándulas sudoríparas fan coa suor.

– Glándulas endócrinas. Producen unhas substancias chamadas hormonas que verten ao sangue, como a tiroide fai coa tiroxina.

– Glándulas mixtas. Segregan substancias ao exterior e, ademais, verten hormonas ao sangue, como por exemplo o páncreas.

Epitelio do útero

Glándula sudorípara

Tecido conectivo

Chámanse deste xeito porque conectan tecidos entre si. Hai varios tipos: • Tecido óseo. As súas células son os osteocitos. Forma os ósos.

• Tecido adiposo. As súas células son os adipocitos. Constitúe unha reserva de lípidos e protexe certos órganos.

• Tecido cartilaxinoso. As súas células son os condrocitos. Forma as cartilaxes, como as das articulacións.

• Tecido conxuntivo. Está formado por diferentes tipos de células, como os fibrocitos. Localízase entre os tecidos e os órganos para mantelos unidos, como por exemplo

os tendóns e os ligamentos. Tecido adiposo

Tecido muscular

Está formado por células alongadas, chamadas fibras musculares. Pode ser de tres tipos: • Tecido muscular liso. As fibras musculares teñen un só núcleo. A súa contracción

é involuntaria e forma os músculos viscerais.

• Tecido muscular estriado. As fibras musculares son polinucleadas. A súa contracción é voluntaria e forma os músculos esqueléticos, como por exemplo o bíceps.

• Tecido muscular cardíaco. As fibras musculares están unidas en forma de rede. A súa contracción é involuntaria e forma o músculo do corazón.

Tecido muscular estriado

Tecido nervioso

As células deste tecido detectan variacións do medio externo e do medio interno, e transmiten ordes polo organismo. Poden ser de dous tipos:

• Neuronas. Teñen forma estrelada con ramificacións e transmiten os impulsos nerviosos.

• Células da glía. Acompañan as neuronas e proporciónanlles alimento e protección.

Neurona Conduto

(14)

ACTIVIDADES

24 Responde as seguintes preguntas.

a) Que son os tecidos humanos?

b) Cales son os diferentes tipos de tecidos?

25 Relaciona os elementos das dúas columnas.

Tecido epitelial • Tecido conectivo • Tecido muscular • Tecido nervioso • • Epiderme • Neuronas • Glándulas endócrinas • Tecido conxuntivo • Tecido muscular cardíaco

26 Completa as oracións con estas palabras.

epiderme – glandulares – superficies externas segregar – revestimento

a) Os epitelios de recobren

ou cavidades internas do organismo.

b) A constitúe a capa externa

da pel.

c) Os epitelios son os tecidos

que forman as glándulas. Teñen a función

de substancias.

27 Escribe con estas palabras oracións que teñan

sentido e que sexan verdadeiras.

a) tecido muscular liso – contracción – músculos viscerais

b) glándulas mixtas – segregan – páncreas

c) tecido conxuntivo – función – tendóns

28 Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras

(V) ou falsas (F).

• O tecido óseo forma os ósos. • A función do tecido adiposo é unir

órganos e tecidos.

• A contracción do tecido muscular estriado é voluntaria.

• Os endotelios revisten as superficies

internas dos vasos sanguíneos.

• A contracción do tecido muscular cardíaco é involuntaria.

29 Completa as seguintes oracións.

a) Pódense distinguir dous tipos de tecido epitelial: . b) As glándulas endócrinas segregan

directamente

á .

c) O tecido adiposo protexe certos

e constitúe unha reserva de .

d) O tecido cartilaxinoso forma as ,

como as das .

30 Coloca debaixo de cada imaxe o tipo de tecido

que representa.

Nervioso – Epitelial – Muscular – Conectivo

(15)

5

Os órganos, os aparellos e os sistemas

do corpo humano

O corpo humano está formado por órganos, que forman parte dos

apare-llos e dos sistemas. Un órgano é un conxunto de tecidos que funcionan

de xeito coordinado para realizar unha función concreta. Un aparello

está formado por órganos de estrutura distinta que realizan

coordinada-mente unha ou varias funcións. Un sistema é un conxunto de órganos de

estrutura parecida que poden realizar funcións diferentes.

Podemos agrupar os aparellos e sistemas en relación coa función en que

participan: nutrición, relación e reprodución.

Aparellos implicados na nutrición

Encargados de obter nutrientes, transportalos por todo o corpo e eliminar as substancias nocivas que se producen no organismo.

• Aparello dixestivo. A súa función é obter os nutrientes que necesitamos a partir dos alimentos que consumimos. • Aparello circulatorio. Encárgase de distribuír o sangue

por todo o organismo, para repartir os nutrientes e o osíxeno a todas as células e recoller delas as substancias nocivas, como o dióxido de carbono.

• Aparello respiratorio. Nel prodúcese o intercambio de gases co sangue, que proporciona osíxeno ao organismo e elimina o dióxido de carbono que producen as células.

• Aparello excretor. A súa función é eliminar as substancias de refugo procedentes das reaccións químicas que se xeran no metabolismo celular.

Aparellos e sistemas implicados

na relación

Encargados de comunicar e relacionar o noso corpo co ambiente que o rodea.

• Sistema nervioso. Capta a información do medio, conduce os impulsos nerviosos e elabora ordes para dar respostas. • Sistema endócrino. Produce as hormonas, substancias químicas que circulan polo sangue e actúan de maneira específica sobre determinadas células.

• Aparello locomotor. Está formado por:

– Sistema muscular. Parte activa do aparello locomotor. Realiza a locomoción, a mímica e o mantemento da postura.

– Sistema esquelético. Parte pasiva do aparello locomotor. Intervén na locomoción e protexe órganos e estruturas.

Aparellos implicados

na reprodución

Encargados de producir os gametos, que tras a fecundación orixinarán un novo individuo.

• Aparello reprodutor feminino. Fabrica os óvulos, as hormonas sexuais femininas e despois da fecundación acolle o desenvolvemento do feto ata o parto.

• Aparello reprodutor masculino. Fabrica os espermatozoides e as hormonas sexuais masculinas.

Aparello dixestivo Aparello respiratorio Sistema nervioso Aparello reprodutor feminino Aparello reprodutor masculino Sistema endócrino Aparello locomotor, sistema muscular e sistema esquelético Aparello circulatorio Aparello excretor

(16)

ACTIVIDADES

31 Responde as seguintes preguntas.

a) Que aparellos están implicados na función de nutrición?

b) Que aparello está implicado na función de relación?

c) Que sistemas están implicados na función de relación?

d) Que aparellos están implicados na función de reprodución?

32 Pensa e responde. En que se diferencian

os aparellos dos sistemas?

33 Clasifica as palabras do recadro en aparellos

ou sistemas, segundo corresponda.

Locomotor – Nervioso – Dixestivo – Muscular Endócrino – Reprodutor feminino

Aparellos Sistemas

34 Relaciona cada aparello ou sistema coa función

correspondente. Aparello respiratorio • Aparello reprodutor masculino • Sistema esquelético • Aparello excretor • Sistema endócrino • Aparello dixestivo • Aparello locomotor • • Función de nutrición • Función de relación • Función de reprodución

35 Completa as seguintes oracións.

a) Os e os

implicados na función de relación encárganse

de comunicar e o noso corpo

co ambiente que nos .

b) Os aparellos implicados na función

de encárganse de obter

nutrientes, por todo o corpo

e eliminar as que se producen.

c) Os aparellos implicados na función

de encárganse de producir

, que despois da fecundación orixinan un novo individuo.

36 Escribe o aparello que efectúa cada unha

das seguintes funcións. a) Transporte de nutrientes: b) Locomoción:

c) Eliminación de substancias nocivas: d) Intercambio de gases:

e) Obtención de nutrientes:

37 Pensa e responde.

a) Que aparellos actúan cando comes unha mazá?

b) Que aparello actúa cando sentas?

38 Escribe dúas oracións coas palabras seguintes.

a) aparello locomotor – sistema esquelético sistema muscular

b) aparello reprodutor feminino – óvulos – fetos

(17)

Para observar células, os científicos realizan preparacións microscópicas. Para isto, seguen unha serie de pasos que se establecen en función do tipo de célula ou de tecido que se quere analizar.

Coas células do epitelio bucal é sinxelo facer unha preparación microscópica. Só hai que seguir estes pasos:

1. Obter unha mostra de células. Cun pauciño limpo ráspase a cara interna da meixela. 2. Fixar as células. Esténdese a mostra

sobre un portaobxectos, engádese unha gota de auga e quéntase uns cantos segundos á chama (pasa o portaobxectos varias veces pola chama sen paralo) para que as células queden adheridas.

3. Tinguir a mostra. Engádense unhas gotas de azul de metileno e déixase repousar tres minutos. Despois lávase para eliminar o exceso de colorante. Cando a auga se vexa clara, observaranse uns puntos azuis no portaobxectos. Son grupos de células tinguidas.

4. Protexer a preparación. Colócase

un cubreobxectos sobre a preparación para que non se formen burbullas de aire.

ACTIVIDADES

39 Debuxa as células que se observan co microscopio.

40 Describe a forma que teñen as células que observas.

41 Explica o tecido que forman as células da preparación.

42 Pensa e responde. Que parte da célula se tingue

intensamente co azul de metileno?

43 Explica o que cres que pasaría se quentásemos

demasiado a mostra.

44 EXPRESIÓN ESCRITA. Escribe brevemente

o que aprendiches nesta práctica.

SABER FACER

(18)

OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN

Os niveis de organización, do máis sinxelo ao máis complexo, son:

. A COMPOSICIÓN QUÍMICA DOS SERES VIVOS

Os bioelementos combínanse entre si para dar lugar ás , que poden ser: inorgánicas e orgánicas.

As biomoléculas inorgánicas son o

e as .

As biomoléculas orgánicas son os

. A UNIDADE BÁSICA DO SER VIVO: A CÉLULA

A célula é a con vida máis sinxela

capaz de realizar as funcións de nutrición,

e .

As células están formadas por tres

estruturas básicas: plasmática,

e .

OS TECIDOS DO CORPO HUMANO

Un tecido é un conxunto de do

mesmo tipo, que teñen unha moi

parecida e que fan as mesmas .

• O tecido epitelial está formado por células que adoitan

ser , e se dispoñen formando

.

• O tecido conectivo chámase deste xeito porque conecta entre si.

• O tecido muscular está formado por células ,

chamadas .

• As células do tecido nervioso detectan

do

e do

e transmiten polo organismo.

OS ÓRGANOS, OS APARELLOS E OS SISTEMAS DO CORPO HUMANO

Os aparellos implicados na función de nutrición son:

.

Na función de intervén o sistema

nervioso, o sistema , o aparello

, o sistema

e o sistema .

Na función de reprodución interveñen o aparello

e o aparello .

Un cartel sobre estruturas celulares

Os carteis son elementos de comunicación visual que teñen o propósito de transmitir algunha información a un gran número de persoas. Os carteis deben

presentar un deseño atractivo e a información que se inclúe ten que ser clara e breve, con ilustracións e fotografías de gran tamaño.

• Formade grupos de cinco persoas e pensade como sería o cartel onde se mostrarían as fotografías do laboratorio para unha exposición a un congreso. • Repartide o traballo.

• Seleccionade as imaxes, elaborade os textos das fichas, facede os debuxos, etc.

APRENDIZAXE COOPERATIVA

(19)

AUTOAVALIACIÓN

Rodea cun círculo a resposta correcta.

1. O nivel de organización con máis complexidade é o nivel...

a) celular. b) de organismo.

c) de sistemas e aparellos.

2. O conxunto dos tecidos que cumpren unha función específica constitúen...

a) orgánulos. b) órganos. c) aparellos. 3. As biomoléculas inorgánicas son...

a) a auga e os lípidos.

b) as proteínas e os ácidos nucleicos. c) a auga e os sales minerais.

4. A unidade con vida máis sinxela capaz de realizar as funcións de nutrición, relación e reprodución é... a) a célula. b) os órganos. c) os tecidos. 5. Os cilios e os flaxelos son...

a) envolturas ríxidas.

b) partículas que realizan a síntese de proteínas. c) prolongacións citoplasmáticas.

6. A célula eucariota caracterízase por... a) non ter núcleo.

b) ter un núcleo. c) ter parede celular.

7. Unha das partes do núcleo é... a) o nucléolo.

b) o centrosoma. c) os ribosomas.

8. A seguinte imaxe corresponde...

a) ao retículo endoplasmático. b) ao núcleo. c) ao aparello de Golgi. 9. Na mitocondria realízase... a) a mitose. b) a respiración celular. c) a síntese de proteínas.

10. A síntese de proteínas prodúcese... a) nos ribosomas. b) no citoesqueleto. c) no núcleo. 11. Na imaxe represéntase... a) tecido glandular. b) unha neurona. c) tecido muscular.

12. O tecido que realiza a función de conectar tecidos entre si é o tecido...

a) epitelial. b) conectivo. c) nervioso. 13. A epiderme é un tecido...

a) epitelial. b) conectivo. c) muscular. 14. O conxunto de diversos órganos de estrutura

parecida que poden realizar funcións diferentes é un...

a) aparello. b) tecido muscular. c) sistema. 15. O aparello implicado na función de relación é o...

a) circulatorio. b) reprodutor. c) locomotor.

16. O sistema esquelético é a parte pasiva do aparello... a) dixestivo. b) locomotor. c) excretor. 17. Os aparellos reprodutores encárganse de producir...

a) os impulsos nerviosos. b) os gametos. c) as hormonas. 1. b; 2. b; 3. c; 4. a; 5. c; 6. b; 7. a; 8. c; 9. b; 10. a; 11. b; 12. b; 13. a; 14. c; 15. c; 16. b; 17. b

Referências

Documentos relacionados

Com o objetivo de compreender como se efetivou a participação das educadoras - Maria Zuíla e Silva Moraes; Minerva Diaz de Sá Barreto - na criação dos diversos

sobre as variáveis , então deve-se realizar um estudo de caso;. ◦ Se o objeto de análise evolui enquanto os dados estão sendo coletados, então deve-se realizar uma

Nininha, a joaninha orgulhosa / José Roberto Sales; revisado por Maria de Lourdes Figueredo Saullo ; ilustrado por Rafael Grimaldi Requião Silva.- - Varginha : Gráfica Editora

O texto acima se encontra em qual legislação? a) Lei 8.080/90. De acordo com o enunciado acima, assinale a alternativa correta. a) Todos os itens estão corretos. b) Todos os

 Para os agentes físicos: ruído, calor, radiações ionizantes, condições hiperbáricas, não ionizantes, vibração, frio, e umidade, sendo os mesmos avaliados

A prova do ENADE/2011, aplicada aos estudantes da Área de Tecnologia em Redes de Computadores, com duração total de 4 horas, apresentou questões discursivas e de múltipla

No acórdão Oosthoek’s Uitgeversmaatschappij ( 70 ), que o Governo austríaco refere nas suas observações, o Tribunal de Justiça concluiu, relativamente à compatibilidade de

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política