• Nenhum resultado encontrado

UNIDADE 8. As Cantigas de Santa María. A lingua galega nos Séculos Escuros Produción literaria nos Séculos Escuros. lírica trobadoresca

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "UNIDADE 8. As Cantigas de Santa María. A lingua galega nos Séculos Escuros Produción literaria nos Séculos Escuros. lírica trobadoresca"

Copied!
7
0
0

Texto

(1)

UNIDADE 8

As Cantigas de Santa

María A prosa medieval lírica trobadorescaA decadencia da Séculos EscurosA lingua galega nos Produción literaria nos Séculos Escuros

AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

A lírica relixiosa galego-portuguesa está representada nas Cantigas de Santa María, cancioneiro formado por 427 cantigas creadas na honra da Virxe.

Atribúense ao rei Afonso X o Sabio, pero en realidade este monarca foi o coordinador dun equipo que el mesmo dirixiu. O equipo integraba informantes, tradutores, poetas e músicos.

Podemos dividir as Cantigas en dous grupos:

– Cantigas narrativas: relatan milagres efectuados por diversas advocacións da Virxe. Esta salva os fieis dalgúns perigos ou perdóalles algúns pecados.

– Cantigas líricas: Son poemas de loanza á Virxe; na práctica supoñen unha translación da cantiga de amor ao divino.

No Cancioneiro atiopamos a seguinte ordenación: cada dez cantigas, as nove primeiras son narrativas e a décima lírica.

Esta é de loor de Santa Maria, com' é fremosa e bõa e á gran poder. Rosa das rosas e Fror das frores,

Dona das donas, Sennor das sennores. Rosa de beldad' e de parecer

e Fror d'alegria e de prazer, Dona en mui piadosa seer, Sennor en toller coitas e doores. Rosa das rosas e Fror das frores... Atal Sennor dev' ome muit' amar, que de todo mal o pode guardar; e pode-ll' os peccados perdõar, que faz no mundo per maos sabores. Rosa das rosas e Fror das frores... Devemo-la muit' amar e servir, ca punna de nos guardar de falir; des i dos erros nos faz repentir, que nos fazemos come pecadores. Rosa das rosas e Fror das frores... Esta dona que tenno por Sennor e de que quero seer trobador, se eu per ren poss' aver seu amor, dou ao demo os outros amores. Rosa das rosas e Fror das frores...

(2)

A PROSA GALEGA MEDIEVAL

Condicionantes da prosa galega medieval: as nosas obras en prosa na época medieval son case todas traducións de obras creadas noutras linguas. Isto débese a que nos primeiros séculos da Idade Media a prosa escribíase en latín. Cando as monarquías manifestaron o seu interese por crear unha prosa na lingua nacional, Galicia estaba xa ligada á coroa de Castela e, daquela, non tiña corte propia.

Tipos de prosa: narrativa, historiográfica, haxiográfica, xurídica e didáctica Ciclos temáticos: título, temática e obras da prosa narrativa

Ciclo Clásico: guerra de Troia Crónica troiana Historia troiana Ciclo artúrico ou Materia de Bretaña:

rei Arturo e cabaleiros da Táboa Redonda Livro de José de ArimateiaDemanda do Santo Graal Livro de Tristán (fragmento) Merlín (fragmentos)

Características e títulos da prosa historiográfica Características:

- Valor propagandístico de relato (case sempre eran encargadas por reis)

- Introdución de elementos fantásticos con valor histórico

Traducións: Cronica Geral Galega; General Estoria

Orixinais: Crónica galega de 1404; Crónica de Santa María de Iria (aborda a temática do traslado dos restos do apóstolo a Compostela e as diferentes obras do arcebispo Xelmírez)

Temática e títulos da prosa haxiográfica e xurídica

A prosa haxiográfica trata temas relixiosos. Neste grupo de textos destacan os Milagres de Santiago. Esta obra foi escrita co claro obxectivo de promover a peregrinación a Compostela.

Na prosa didáctica temos traducións de textos xurídicos latinos, casteláns e franceses. Tamén ordenanzas municipais e gremiais. Curioso é o titulado Tratado de Albeitaría (sobre os cabalos).

A DECADENCIA DA ESCOLA TROBADORESCA Causas da decadencia da poesía trobadoresca

Coa morte de D. Dinís e do seu fillo, o Conde de Barcelos a mediados do século XIV, comeza a decadencia da poesía trobadoresca ata a súa completa desaparición. As causas debemos buscalas no progresivo aumento do prestixio político e cultural de Castela dentro da Península e a consolidación da cidade de Toledo como capital do lirismo hispánico.

Isto contribuíu á desaparición da lírica galego-portuguesa, pero non da literatura galega escrita. A partir deste momento xorden dúas escolas de nova poesía: a galego-castelá e a castelá-portuguesa.

(3)

A Escola galego-castelá representa os textos elaborados nas cortes dos reis de Castela e aparecen recollidos no Cancioneiro de Baena (mediados do século XV). Os autores máis destacados son Afonso Álvarez de Villasandino, Arcediago de Toro e Macías o Namorado.

A escola castelá portuguesa constitúena textos compostos nas cortes reais portuguesas (século XV) e aparecen recollidos no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende.

Cativo da miña tristura, ya todos prenden espanto e preguntan, que ventura fay que me tormenta tanto; mays non sey no mundo, amigo, que mays de meu quebranto diga de esto que vos digo

Macías o Namorado. Cancionero de Baena 306 A LINGUA GALEGA NOS SÉCULOS ESCUROS Situación lingüística de Galicia nos Séculos Escuros

Os Séculos Escuros abranguen dende fins do século XV ata o século XIX.

A condición de lingua normalizada de que gozara o galego ata fins do XV perdeuse co proceso centralizador iniciado polos Reis Católicos. Galicia foi colonizada por unha oligarquía foránea e o castelán converteuse na lingua de uso das clases dominantes.

O galego foi substituído polo castelán tanto en documentos privados coma públicos. A igrexa tivo o castelán como lingua habitual de culto e de ensino (ata o século XVIII o ensino dependeu desta institución). Na universidade usábase o latín en actos solemnes e o castelán no resto. O galego quedou relegado a uns certames literarios: as Festas Minervais.

A literatura escrita en galego practicamente desapareceu.

O galego segue sendo a lingua das clases populares (que eran a maioría da sociedade) pero o seu uso quedou relegado ao nivel oral, perdeu prestixio entre os falantes e apareceron os prexuízos lingüísticos. Contra esta infravaloración reaccionarán no século XVIII os Ilustrados (Feixoo, Sarmiento …).

Produción literaria nos Séculos Escuros

As escasas mostras de literatura galega nos séculos XVI e XVII podemos clasificalas nos seguintes grupos:

- Poesía popular e tradicional - Poesía culta e erudita

- Vilancico

- Narrativa

- Teatro

a. Poesía popular e tradicional

Debemos diferenciar unha poesía anónima tradicional e unha poesía anónima de circunstancias. Estas últimos son composicións en forma de romance ou coplas populares e destacamos dous poemas “O Pranto da Frouseira” (relativa á morte de Pardo de Cela) e “Saqueo de Cangas polos turcos”.

(4)

b. Poesía culta e erudita

Debemos diferenciar poesía renacentista e poesía barroca.

Na poesía renacentista destaca un soneto escrito pola Condesa de Altamira. Da poesía barroca conservamos:

Exequias da raíña Margarida: neste volume temos dous poemas en galego. Décimas ao apóstolo Santiago, de Martín Torrado. No século XVII había a pretensión de declarar a Santa Tereixa copatroa de España xunto con Santiago. O autor oponse a esta idea.

Composicións das Festas Minervais. A universidade de Santiago organizou estes certames para honrar o seu fundador, o arcebispo Fonseca. Nun volume de fins do XVII hai nove romances en galego.

c. Vilancicos

Os vilancicos, pezas relixiosas que tratan o tema do Nadal, tiveron gran desenvolvemento na época. Cabe preguntarse cal foi a causa de que esta manifestación si tivese cultivo, tendo en conta as circusntancias. Probablemente se debeu a que a Galicia (atrasada, pobre e rural) era similar á zona que a literatura eclesiástica presenta como a terra de nacemento de Xesús. Tamén a que Santiago, como Belén, era un importante centro de peregrinación; e, finalmente, cómpre ter en conta a semellanza fonética entre os vocábulos Galicia e Galilea.

Os vilancicos galegos difundíronse por toda a Penínsual dado que moitos músicos de capela eran galegos. O autor máis destacado foi Carlos Patiño.

d. Narrativa

As narracións orais son creacións colectivas de orixe moi antiga que se transmitiron de xeración en xeración. Cómpre diferenciar dous subxéneros: o conto e a lenda.

As lendas son relatos de aparencia histórica no que participan seres con poderes sobrenaturais e ten unha localización espacial e temporal determinada.

Os contos teñen como motivación maioritaria divertir ou entreter.

e. Teatro

Nestes séculos o teatro galego decaeu na mesma medida cós outros xéneros. Só conservamos dúas mostras;:

Entremés da “Comedia de la sortija”: breve entremés anónimo en galego inserido nunha

comedia en castelán.

Entremés famosos sobre da pesca no río Miño, de Gabriel Feixoo de Araúxo (século XVII).

Presenta o enfrontamento entre galegos e portugueses pola pesca no río Miño. Tanto o portugués como o galego da obra ten moitos dialectalismos.

Que novidades presenta o século XVIII con respecto ós dous séculos anteriores?

Este século é o da Ilustración, que ten como características máis salientables a exaltación da razón, o cultivo das ciencias e a preocupación polas linguas modernas e pola educación.

Galicia, malia o centralismo borbónico, vai espertar o interese dos ilustrados que se preocuparán basicamente da súa historia, a súa cultura e a súa lingua. Deste xeito irán sentando as bases do Rexurdimento literario do século XIX.

Os principais autores do século XVIII que se preocuparon pola cultura galega son: Padre Martín Sarmiento :

(5)

Padre Bieito Xerónimo Feixoo: destacou no estudo da lingua e realidade galegas e no proceso de dignificación do galego ao afirmar que era unha lingua románica coma o castelán ou o francés e non un dialecto.

Diego Antonio Cernadas de Castro, o Cura de Fruíme : foi un agudo defensor de Galicia. Os seus escritos foron recollidos, despois da súa morte, co título Obras en prosa e verso do cura de Fruíme.

María Francisca Isla e Losada : é autora, en galego, dun poema de tipo humorístico: Romance ao señor abade de Fruíme.

Contribución do Padre Sarmiento á cultura galega

O labor de Sarmiento podemos organizalo nos ámbitos seguintes:

a) Estudoso de Galicia: escribiu sobre diversas disciplinas: etimoloxía, botánica, etc b) Creador: compuxo a obra Coplas galegas ou Coloquio de 24 rústicos

c) Lingüista: labor de recollida e documentación do léxico galego. Unha das obras neste ámbito é: Catálogo de voces y frases de la lengua gallega.

d) Defensa da normalización do galego, que se canalizou en:

- Dereito a usar o galego en pé de igualdade coas outras linguas peninsulares - Necesidade de ensinar os nenos en galego e non en castelán

- Predicación e confesión na lingua propia de Galicia. TEXTOS

A min chaman Todomira, señora do gran tesouro; por estrela clarecida xago neste Valedouro.

Mais traidor foi que un mour o vilán que me vendeu que de Lugo a Ribadeu todos me tiñan tremour. De min, a triste Frouxeira que por traición foi vendida derrubada na ribeira, que xamais se veu vencida. Por traición tamén vendido Xesús noso Redentor, e por aquestes traidores Pero Pardo, meu señor.

Vintedous foron chamados os que vendido lo han, non por fame de sustento, de carne, viño nin pan. Nin por outro menester que falsean de bondade senón por súa vilancia e mais por mala intención. Eles quedan por traidores e o seu amo por leal, pois os reis á súa filla as súas terras mandan dar. A Deus darán contadelo, que lles queira perdoar, co que acabou a Frouxeira e a vida do Mariscal...

(6)

Respice Finem

Morte cruel, esa tredora maña de roubar de non cato a humana vida ¿con qué ollos a podeche ver cumprida na Santa Reina que hoxe perde España?. Se aquel rancor que te carcome e laña che tiña a mao para matar erguida, ¿non deras noutra parte esa ferida donde non fora a lástima tamaña?. ¿Non se torcera fatal costume i a lei que iguala do morrer na sorte os altos Reis cos baixos labradores?. Terrible en fin, é teu poder, ¡ouh Morte!, pois diante de ti, Reis e señores

son néboa, sombra, pó, son vento e fume. Pedro Vázquez de Neira

Y es bárbara crueldad y necedad excusada que unos forasteros enseñen a los niños gallegos mediante la lengua castellana que no saben, la lengua anticuada que no deben saber, y castigándoles si se les escapa alguna voz o frase gallega de las que han mamado.Todo maestro de Gramática que no fuera gallego y erudito en su lengua patria, se debe excluír de ser maestro de niños gallegos, aunque sea un Cicerón o un Quintiliano.

PADRE MARTÍN SARMIENTO

No pocas veces he pensado en cuál ha sido la causa de que en Galicia se haya introducido el uso o abuso de y escribir en castellano lo que antes se escribía o en latín o en gallego. No habiendo pues precedido ni concilio, ni cortes, no consentimiento uniforme de los gallego para actuar, otorgar, comerciar en lengua castellana, ¿Quién lo introdujo?”

PADRE MARTÍN SARMIENTO

Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo asombroso: o rapaz esquecera a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. De volta na casa non facía senón preguntar:

-Mi padre: como se llama esto ?

O pai, molesto ante ese fillo desleigado e farto de tanta pregunta parva, cando o mozo preguntou de novo ao atopar no chan da eira tan "exótica" ferramenta, "Mi padre: y esto como se llama ?", respondeulle:

(7)

O mozo pisou enriba dos dentes e o mango do pau ergueuse e bateu nos fociños do rapaz que recuperou coa mesma a memoria:

-Raio do angazo!

PADRE MARTÍN SARMIENTO

O verbo “trebellar” en galego, de tripudiare, sempre significa “in malam partem" e dista cen leguas do honesto verbo “traballar” o “trabajar”. Confesor castelán ten habido que ata despois de moitos anos estivo no erro de que o mesmo era o verbo “trebellar” galego que o “trabajar” castelán. E aos

penitentes, que confesaran que trebellaran tantas veces dicíalles que en días festivos só podía “trebellar” unha hora, pero que nos días soltos podían trebellar ad laudes et per horas. Si o tal confesor escoitara a copla galega común: “O crego e maila criada xogaban aos trebelliños, etc…” entendería o significa.

Referências

Documentos relacionados

Concederanse 2 puntos cando a redacción exprese con claridade as opinións, presente teses e argumentos de xeito ordenado, haxa boa organización e secuenciamento

O noso proxecto ofrece os contidos en soportes papel e dixital; cun libro dixital de cada materia para usar na aula e unha web para o profesorado, o alumnado e a

A lingua vehicular no ensino-aprendizaxe de Diversificación Curricular será a lingua galega, sen que isto sexa un impedimento para acadar os obxectivos marcados no PCC,

Tarefa 2: Lemos e escoitamos o texto da lectura («Ámote, Leo A.») e realizamos as actividades do comentario, tendo en conta a información que achega o apartado «Análise de

Literatura galega medieval: coñecer o contexto no que naceu a literatura galega medieval e identificar en textos dados os trazos básicos da lírica trobadoresca

Os exemplares fósseis coletados pelos autores na bacia de Camamu foram referidos para o gênero Holosalenia Smith & Wright, por apresentarem as seguintes características que

O Trabalho do psicopedagogo é importante na escola, pois ele contempla toda a instituição e tem caráter preventivo. É principalmente por meio da

A pele artificial permite maior assertividade nos testes ao ser elaborada por um pool de células de vários indivíduos tEcIDo DE orIgEM a pele artificial é reconstituída a