• Nenhum resultado encontrado

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra."

Copied!
7
0
0

Texto

(1)

Memoria final do departamento de ECONOMÍA

IES A Xunqueira II.

Pontevedra.

Asdo. A xefatura de departamento. Dª/D. Jorge Fernández Seoane

(2)

1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica

feita ao principio de curso e as súas motivacións.

Non se fixeron modificacións na programación.

2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos

anteriores.

Quedan pendentes para setembro sete alumnos de 2º de Bacharelato na materia de Economía da empresa, inda que dous deles probablemente causen baixa ou non se presenten xa que prácticamente abandonaron a materia.

4º ESO

Iniciación á actividade emprendedora e empresarial.

Dado o novo carácter que esta materia asume coa LOMCE, volcandoa cara ó alumnado que desexa cursar estudios de formación profesional, o ano pasado non se matriculara ningún alumno, optando todos eles pola materia de Economía, que é nova e ten un enfoque cara ó bacharelato. Sen embargo, este ano tivemos 10 alumnos matriculados.

Economía.

Esta materia implantouse o ano pasado, con moi boa acollida de alumnos, o mesmo que este ano. 4º ESO Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras / Iniciación á actividade emprendedora e

empresarial 2012-13 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Nº Alumnos 8 27 24 28 0 10 Baixas 0 0 0 0 0 Nº Grupos 1 2 2 2 1 Suspensos 0 2 1 0 0 Suficiente 3 6 1 0 3 Ben 4 6 4 7 3 Notable 1 11 17 15 4 Sobresainte 0 2 1 6 0 4º ESO Economía 2016-17 2017-18 Nº Alumnos 30 22 Baixas 0 0 Nº Grupos 2 1 Suspensos 2 0 Suficiente 7 3 Ben 6 6

(3)

1º Bacharelato

Economía.

A materia impartiuse nun so grupo de alumnos, o que rompe coa tónica dos últimos anos nos que sempre houbo dous grupos, mesmo máis cando os de ciencias poodían escoller a materia. Pensamos que é debido á recolocación da materia nos sobres de matrícula. Este ano só un total de 22 alumnos (todo o grupo de 1ºD de bacharelato) a tiveron.

Os resultados foron bastante bos, como ven sendo habitual. Neste curso compre salientar varios aspectos:

1. A imposibilidade de impartir o temario completo si se adopta unha metodoloxía activa e participativa por parte do alumnado. Si se tratase de clases maxistrais o tempo sería abondo e, incluso, podemos decir que sobraría. Pero si se quere dar un pouco de protagonismo ó alumno, facer tarefas e actividades, o tempo resulta escaso. Non se puido ver o bloque 7 de contidos, un bloque que se foi avanzando de xeito parcial noutros, pero que non se puido completar de forma sistemática como sería necesario, toda vez que é importante. Desta volta o Bloque 6 sí se puido ver, inda que non coa profundidade dos outros bloques.

2. Xa dende o curso pasado se introducíu a realización de experimentos económicos na aula, con moi bos resultados. Neste curso profundizamos nesta técnica e fixemos algúns máis que no pasado. Os resultados foron mois bos. Incluso participamos na Semana da Ciencia do instituto coa relaización dun par de experimentos que tiveron moi boa acollida entre os alumnos dos outros primeiros de bacharelato. O próximo curso seguiremos nesta senda, xa que me parece que se reforzan os contidos teóricos e ós alumnos lles resulta máis doado estudar cando teñen unha referencia práctica do que están aprendendo.

3. Ó longo do curso sempre se produce unha importante perda de clases por diversos motivos. Veño observando que se “perden" da orde de 3/4 semanas por diversos motivos. Non digo que eses motivos non estean completamente xustificados e que, incluso, non sexan máis interesantes para o alumno que as propias clases de economía (charlas de orientación profesional, por exemplo, saídas e excursións, …), pero volvo ó primeiro punto: esto redunda na imposibilidade de completar o programa. Se deberia ter esto en conta e reducir algúns contidos.

(4)

2º Bacharelato

Economía da Empresa.

Dous grupos de alumnos, ambos con alumnos misturados de diversa procedencia (ciencias-ciencias sociais e humanidades). Un de 13 alumnos e outro de 22.

Selectividade.

Dos 16 alumnos que fixeron o exame de selectividade compre salientar que só houbo un suspenso (unha puntuación de 2,50) e que o resto obtivo unhas notas bastante acordes co que levaron durante o curso. A media neste exame para todos os alumnos que o fixeron foi dun 6,89 , medio punto por bixo do acadado o ano pasado en que foi dun 7,4. O resultado, con todo, é satisfactorio.

Fundamentos de Administración de Empresas.

Esta é unha materia nova que arrancou o ano pasado. Tivemos dous grupos de alumnos, un de 15 alumnos e outro de 26, bastante numeroso este último para o enfoque que se lle da á materia, eminentemente práctico. Igual que no curso pasado, das tres sesións semanais duas se celebraban na

1ºBach. 2012-13 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Nº Alumnos 50 27 38 33 43 22 Baixas 4 1 2 1 0 2 Nº Grupos 2 2 2 2 2 1 Suspensos 6 2 5 2 4 0 Suficiente 9 6 7 6 4 5 Ben 6 8 9 9 13 3 Notable 17 8 12 11 14 8 Sobresainte 8 2 2 4 8 4

2ºBach ECONOMIA DA EMPRESA

2012-13 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Nº Alumnos 27 39 22 28 27 36 Baixas 1 0 2 1 0 1 Nº Grupos 2 2 1 1 2 2 Suspensos 3 5 0 1 4 7 Suficiente 7 10 2 8 8 7 Ben 7 9 6 10 6 4 Notable 5 5 8 6 5 8 Sobresainte 5 10 2 2 4 7

Alumnos que fan

selectividade 17 17 15 12 16

Suspensos 0 6 2 1 1

Aprobados 17 11 13 11 15

(5)

parte da dirección, foron dous profesores os que impartiron clase neste nivel: o titular de economía e un profesor do departamento de matemáticas.

3. Propostas para a revisión de:

a. A programación didáctica para o curso seguinte.

En 4º da ESO se introduciu a materia de Economía coa nova programación e, en principio, non está prevista cambiar nada. Igual que para a programación do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, por si se impartise cara ó vindeiro ano.

En 1º de Bacharelato, inda que se vai introducir a realización de experimentos económicos, eso non vai ter repercusións prácticas, xa que o seu tratamento será o dos traballos e tarefas, valorándose a súa realización como estes.

2º de bacharelato ten as duas programacións novas en funcionamento e, en principio, non

se prevén cambios nas mesmas.

Finalmente, sobre a tan traida e levada proba de ABAU sinalar que foi exactamente igual ás probas de selectividade que se viñan facendo, tanto na estructura da proba, como nos contidos, salvo o pequeno detalle de que se sustitue a pregunta de desenrolo longo por duas preguntas de resposta moi breve, ademásis de cambiar lixeiramente a puntuación das preguntas teóricas.

b. A concreción curricular.

Remítome ó comentado no apartado anterior

4. Funcionamento do departamento.

2ºBach Fundamentos de Administración de Empresas 2016-17 2017-18 Nº Alumnos 33 41 Baixas 1 0 Nº Grupos 1 2 Suspensos 0 0 Suficiente 3 0 Ben 6 2 Notable 11 26 Sobresainte 12 10 (*) Dous alumnos convalidan e unha está

calificada do curso anterior

(6)

O departamento non ten ningún problema de funcionamento. Este ano, pola imposibilidade de impartir todas as horas do mesmo e polo mencionado problema nos horarios de comezo de curso a economía de 4º da ESO e a iniciativa emprendedora de 4º da ESO as impartíu un profesor de matemáticas (Francisco Bonanad), mentres que un grupo de alumnos con fundamentos de administracion de 2º de bacharelato os impartui (Felipe Suárez) outro profesor de matemáticas. A relación e comunicacióncon ambos foi moi boa e os resultados dos alumnos moi bos tamén.

5. Composición do mesmo.

Un profesor a tempo completo (15 horas lectivas en bacharelato) e seis horas (economía e iniciativa emprendedora de 4º da ESO) máis 3 horas de fundamentos de administracion e dirección de empresas de 2º de bacharelato, todas elas compartidas co departamento de matemáticas, como xa se dixo anteriormente. Tamén participamos nas actividades da Biblioteca con catro horas “oficiais” de adicación, inda que moitas máis na realidade, maís unha hora extra de reunión (este xefe de departamento pecha, un ano mais, o seu horario a 24 horas, as 23 regulamentarias e a hora extra de reunión de biblioteca). Non é unha queixa pola carga horaria, senon mais ben a necesidade de recoñecer a adicación que todos os profesores de biblioteca fan ó longo do curso, organizando moitas actividades a costa do seu tempo.

6. Temas máis importantes tratados nas reunións

Non houbo temas a destacar.

7. Informe de actividades complementarias e extraescolares.

Participamos, como xa se comentou, nas diferentes actividades da biblioteca, o que resulta moi enriquecedor, pero tamén supón moita adicación, sobre todo en tempo. Tamén na Semana da Ciencia.

8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica

docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave.

Duas de catro horas lectivas en 1º de Bacharelato se imparten de xeito sistemático na aula de informática, unha das catro horas de economñia da empresa de 2º tamén, e duas das tres de fundamentos. Eso de por si non quere dicer nada, pero os alumnos traballaron cos ordenadores, con tablet (desgraciadamente só UN do departamento) e cos móviles facendo toda clase de productos:

(7)

presentacións, videos, follas de cálculo, textos, correo electrónico, arquivos na nube, … Tratamos de normalizar o uso das ferramentas que a tecnoloxía pon nas nosas mans.

9. Libros de texto.

Non hai libro de texto como tal en ningunha materia. O profesor prepara un material escrito equivalente que lle entrega ós alumnos para que lles sirva de guía e recordatorio dos temas tratados en clase. Ademáis os de 1º de Bacharelato teñen á súa disposición as presentacións da matería que constitúen a materia prima das explicacións teóricas das clases. En 4º da ESO se utilizou como referencia o libro de Economía do correspondente nivel da editorial Anaya, inda que non foi obrigatorio o seu uso.

Referências

Documentos relacionados

Nesse contexto, o presente trabalho tem como objetivo realizar testes de tração mecânica e de trilhamento elétrico nos dois polímeros mais utilizados na impressão

Os principais objectivos definidos foram a observação e realização dos procedimentos nas diferentes vertentes de atividade do cirurgião, aplicação correta da terminologia cirúrgica,

O relatório encontra-se dividido em 4 secções: a introdução, onde são explicitados os objetivos gerais; o corpo de trabalho, que consiste numa descrição sumária das

psicológicos, sociais e ambientais. Assim podemos observar que é de extrema importância a QV e a PS andarem juntas, pois não adianta ter uma meta de promoção de saúde se

Os principais resultados obtidos pelo modelo numérico foram que a implementação da metodologia baseada no risco (Cenário C) resultou numa descida média por disjuntor, de 38% no

libras ou pedagogia com especialização e proficiência em libras 40h 3 Imediato 0821FLET03 FLET Curso de Letras - Língua e Literatura Portuguesa. Estudos literários

Para Souza (2004, p 65), os micros e pequenos empresários negligenciam as atividades de planejamento e controle dos seus negócios, considerando-as como uma

continua patente a ausência de uma estratégia de desenvolvimento sustentável, o que poderá ser consequência ser tão insignificante que tal preocupação ainda não se