• Nenhum resultado encontrado

2º de BAC. 1. Obxectivos xerais da materia de Lingua e Literatura Galega para o 2º de Bacharelato

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "2º de BAC. 1. Obxectivos xerais da materia de Lingua e Literatura Galega para o 2º de Bacharelato"

Copied!
32
0
0

Texto

(1)

2º de BAC

1. Obxectivos xerais da materia de Lingua e Literatura Galega para o 2º de Bacharelato

• Afirma-la lingua galega como propia de Galicia comprendendo as circunstancias que condicionaron a súa evolución e respecta-las dúas linguas oficiais da nosa Comunidade.

Coñecer e valora-las circunstancias históricas e sociais que condicionaron a –

evolución da lingua galega e confrontalas coa situación actual.

Valora-la lingua galega e utilizala, oralmente e por escrito, en tódalas situacións –

de comunicación.

Analiza-lo proceso de normalización lingüística e reflexionar sobre as –

implicacións do mesmo, no ámbito persoal e social.

Manter actitudes respectuosas cara á riqueza plurilingüe do Estado. –

Aprecia-la diversidade lingüística como unha riqueza cultural. –

• Coñecer e analiza-la realidade lingüística da nosa comunidade e de España, os diferentes usos sociais e os fenómenos de contacto entre as distintas linguas, recoñecendo o posible contido ideolóxico da linguaxe e superando os posibles prexuízos relativos ás linguas e ós seus falantes.

Analiza-las interrelacións existentes entre as diferentes linguas e identifica-los –

fenómenos de contacto e de conflicto lingüístico.

Amosar respecto polas opcións lingüísticas non coincidentes coa propia. –

Superar calquera prexuízo ideolóxico ou social relativo ó uso da lingua. –

• Utilizar e valora-la lingua oral e escrita como instrumento eficaz para a comunicación interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

Utilizar axeitadamente os diversos procedementos de construcción de textos –

para a comunicación interpersoal e para a vida académica.

Realizar exposicións orais planificadas, previa recollida de datos e información. –

Preparar traballos por escrito utilizando as posibilidades que ofrecen as novas –

tecnoloxías da comunicación para o intercambio de información.

• Comprender e analizar discursos orais e escritos procedentes de distintos ámbitos (académico, intercambio social, medios de comunicación, etc.), atendendo ás peculiaridades de cada un deles e analizando en cada caso os elementos e as funcións que interveñen no proceso comunicativo.

Analizar e comprender textos orais e escritos de todo tipo: linguaxe xurídico-–

administrativa, medios de comunicación e ámbitos de coñecemento especializado. Interpreta-las ideas implícitas e explícitas de todo tipo de textos, identificando o –

rexistro utilizado, a organización interna do discurso e a súa intención comunicativa.

Seleccionar e valora-las fontes de información utilizadas para a recollida de –

(2)

• Expresarse oralmente e por escrito mediante discursos adecuados ás situacións de comunicación, respectando as normas lingüísticas e sociocomunicativas que regulan o uso da lingua.

Producir textos orais e escritos de acordo cunha estructura planificada, –

utilizando os criterios de adecuación, cohesión, coherencia e corrección debidas. Producir textos de diversa tipoloxía adecuados á situación comunicativa, sexa –

persoal, familiar, institucional ou académica.

Producir textos orais e escritos, planificados, que se adecuen á finalidade –

comunicativa que se pretende lograr: convencer, expoñer ideas, defender ou rebater argumentos...

• Coñecer e reflexionar sobre os elementos formais e os distintos compoñentes da lingua no seu plano fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual para analizar e corrixir, a partir desta reflexión, as produccións lingüísticas propias.

Distinguir e usar adecuadamente os compoñentes e constituíntes da oración, o –

parágrafo e o texto gardando as concordancias e coherencia necesarias.

Identificar e analizar oracións simples, compostas (coordinadas e subordinadas), –

diferenciando as súas cláusulas e frases, e utilizalas na construcción de textos. Recoñecer e utiliza-los mecanismos de derivación para enriquece-la expresión –

oral e a producción escrita de textos.

Manexar con soltura termos e nomenclaturas lingüísticas na análise e –

comentario dos distintos discursos.

Posuír hábitos de corrección e adecuación na presentación de todo tipo de textos –

segundo as convencións ortográficas e lingüísticas establecidas.

• Interpretar e valora-las obras literarias, como manifestación da sensibilidade artística do ser humano, como expresión da identidade cultural dos pobos e como fonte de pracer persoal.

Producir textos, utilizando artificios literarios, coa intención de crear linguaxe –

literaria.

Relaciona-las condicións sociais, culturais e históricas nas que se produciu unha –

obra literaria, sabendo aprecia-la súa evolución e interese artístico. Valora-las obras literarias como fenómenos de expresión estética. –

Valora-las obras literarias como fonte de pracer persoal. –

Identifica-los elementos estéticos presentes nun texto literario. –

• Coñece-las características identificadoras das principais épocas da Literatura Galega, así como dos autores e obras máis significativas, utilizando de forma crítica as fontes bibliográficas e documentais adecuadas para o seu estudio.

Posuí-lo hábito de lectura e apreciala como fonte de pracer estético e de –

coñecemento dunha época histórica (século XX).

Recoñece-las principais obras e autores da literatura galega do século XX e as –

súas características.

Identificar e localizar cronoloxicamente obras literarias nun período –

determinado (século XX).

Recoñece-las características dunha obra segundo o xénero ou subxénero ó que –

(3)

- Comentar un texto literario, pertencente a un autor representativo (século XX), determinando o seu xénero, localizándoo no seu período, identificando o seu asunto, tema e punto de vista, determinando a súa estructura, analizando a súa linguaxe e realizando unha valoración conclusiva do mesmo.

PROGRAMACIÓN POR UNIDADES

UNIDADE 1

Galicia no primeiro terzo do século XX. Os sons do galego OBXECTIVOS

LITERATURA

• Coñecer os principais cambios sociais, económicos e culturais da Galicia de comezos do século XX para entender e contextualizar a historia da literatura deste período. • Comprender a importancia do proxecto político e cultural das Irmandades da Fala. • Ler, analizar e interpretar unha antoloxía de textos da época das Irmandades da Fala relacionados con temas da lingua e a cultura galegas.

LINGUA

• Analizar e explicar as propiedades textuais dos textos.

• Comprender o funcionamento do aparello fonador para explicar trazos fonéticos. • Describir e clasificar os sons consonánticos e vocálicos.

• Diferenciar acento e entoación.

• Explicar que é a variación lingüística, que é unha lingua funcional e un idiolecto. CONTIDOS

CONCEPTOS

• Galicia no primeiro terzo do século XX. O papel dos movementos agrarios.

• As Irmandades da Fala: proxecto político e cultural e papel na dignificación do galego. • A revista Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

• O Partido Galeguista. Contexto do seu nacemento. • O texto e as súas propiedades.

• Disciplinas lingüísticas: a fonética.

• Os fonos e o aparello fonador. Vogais e consoantes: modo e punto de articulación. • Prosodia: o acento e a entoación.

• Variación lingüística. Variedades diacrónicas e sincrónicas; diatópicas e sintópicas; diastráticas e sinstráticas; diafásicas e sinfásicas; diamésicas e sinmésicas. Lingua funcional.

• Os idiolectos e a variación lingüística individual.

(4)

PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura e análise da intención comunicativa de textos variados da época das Irmandades. • Valoración da situación do galego no primeiro terzo do século XX.

• Explicación de elementos textuais ausentes ou presentes nun texto concreto.

• Descrición fonética de vogais e consoantes explicando puntos de articulación e modos. • Recoñecemento de variacións prosódicas.

• Diferenciación entre lingua funcional e idiolecto.

• Enumeración dos trazos distintivos das diferentes variedades textuais.

• Realización de exercicios de aplicación das formas máis, e mais, a mais; máis; amais. ACTITUDES

• Curiosidade por descubrir nos textos pensamentos, ideas e sentimentos correspondentes ao período histórico estudado.

• Interese por coñecer o sistema fonético do galego e por pronunciar correctamente os seus sons vocálicos e consonánticos.

• Valoración da lingua como elemento configurador da identidade colectiva e persoal

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Coñecer cal era a situación social, cultural, lingüística de Galicia na transición do século XIX ao XX.

• Analizar e comentar criticamente textos do período das Irmandades da Fala que recollen diversos temas.

• Explicar e valorar o labor das Irmandades da Fala a prol da recuperación e dignificación do galego.

• Coñecer o papel do Seminario de Estudos Galegos e da revista Nós.

• Determinar se un texto cumpre os requisitos para ser denominado como tal.

• Definir e describir os sons vocálicos e consonánticos polo modo e polo punto de articulación.

• Explicar as diferenzas articulatorias entre as vogais de grao medio. • Recoñecer a repercusión lingüística do acento e da entoación.

• Saber explicar que en que consiste a variedade lingüística dunha lingua e explicar cales son esas variedades.

(5)

UNIDADE 2

A poesía das Irmandades da Fala. Os fonemas do galego OBXECTIVOS

LITERATURA

• Coñecer os principais representantes da poesía do período das Irmandades da Fala. • Lembrar e explicar datos salientables da vida e da obra poética de Ramón Cabanillas e de Noriega Varela.

• Identificar e comentar trazos temáticos e formais en poemas de Ramón Cabanillas e de Noriega Varela.

LINGUA

• Explicar que é a adecuación textual e cales son os seus parámetros.

• Coñecer o sistema fonético do galego e definir e diferenciar fonemas e alófonos. • Recoñecer e explicar o valor distintivo dos fonemas.

• Identificar e explicar os principais trazos fonolóxicos das variedades dialectais do galego

CONTIDOS CONCEPTOS

• Ramón Cabanillas: Vida e obra. Confluencias estéticas.

• Traxectoria poética de Cabanillas: etapa de formación, etapa galeguista, etapa mitolóxica e etapa de posguerra.

• Liñas poéticas de Cabanillas: poesía lírica (intimista, cívica e costumista) e poesía narrativa. Lingua e métrica.

• Antonio Noriega Varela: Vida e obra. Liñas poéticas.

• Outros poetas da época das Irmandades: Victoriano Taibo, Xerardo Álvarez Limeses, Gonzalo López Abente e Xosé Crecente Vega.

• Os parámetros de adecuación dos textos.

• Fonoloxía. Fonemas e alófonos. O valor distintivo dos fonemas e a distribución complementaria dos alófonos.

• A sílaba. Hiatos e ditongos.

• Fonemas vocálicos e fonemas consonánticos do galego. Encontro de vogais no discurso. Fonemas e letras.

• Dialectoloxía e dialectos. Os trazos dialectais fonolóxicos no ámbito das vogais e das consoantes.

(6)

PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura e análise de diferentes textos poéticos de autores representativos das Irmandades da fala.

• Elaboración de cadros sinópticos sobre as etapas e liñas poéticas. • Comentario literario dun poema de Ramón Cabanillas.

• Análise dos parámetros de adecuación dunhas mensaxes.

• Realización de prácticas de análise fonolóxica para comprobar o valor distintivo dos fonemas e a súa distribución.

• Localización e clasificación de trazos dialectais fonolóxicos.

• Realización de exercicios de aplicación das partículas senón e se non. ACTITUDES

• Aprecio pola lectura e pola interpretación de diferentes elementos dos textos poéticos. • Curiosidade por coñecer o sistema fonolóxico da nosa lingua e interese por pronunciar correctamente os diferentes sons.

• Interese por coñecer as características das variedades dialectais do galego e rexeitamento dos prexuízos cara a elas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Analizar e interpretar diferentes textos poéticos de Ramón Cabanillas, Noriega Varela e outros poetas do período das Irmandades da Fala.

• Identificar trazos temáticos e formais característicos da poesía de Ramón Cabanillas e de Noriega Varela en poemas concretos destes autores.

• Saber explicar se un texto cumpre cos parámetros de adecuación. • Diferenciar entre fonema e alófono.

• Describir os fonemas vocálicos e consonánticos do sistema fonolóxico galego.

• Saber explicar o valor distintivo dos fonemas e a distribución complementaria dos alófonos.

• Enumerar e localizar os trazos dialectais fonolóxicos no galego. • Aplicar con corrección as formas senón e se non.

UNIDADE 3

A poesía galega de vangarda. As unidades sintácticas. A análise sintáctica OBXECTIVOS

LITERATURA

• Identificar e comentar os principais trazos das vangardas galegas en textos representativos.

(7)

europeas.

• Coñecer os principais representantes da poesía de vangarda galega e a súa obra. LINGUA

• Recoñecer os elementos de coherencia nun texto.

• Diferenciar unidades comunicativas de unidades sintácticas. • Comprender o funcionamento das unidades sintácticas. • Identificar e analizar diferentes unidades sintácticas.

• Recoñecer e explicar os principais trazos morfolóxicos e léxicos das variedades dialectais do galego.

CONTIDOS CONCEPTOS

• O concepto de vangarda. As vangardas europeas: os ismos. As vangardas en Galicia. • O hilozoísmo ou imaxinismo: Luís Amado Carballo, mestre do hilozoísmo.

• O neotrobadorismo: Fermín Bouza Brey.

• Álvaro Cunqueiro. Tendencias vangardistas na súa obra poética. • Manuel Antonio: O manifesto «¡Máis alá!» e a súa obra poética.

• Os trazos de coherencia nos textos: vinculación, progresión, coherencia lineal e global. • Unidades comunicativas: o enunciado e o texto.

• Tipos básicos de unidades sintácticas: a palabra, a frase e a oración. • Fases da análise sintáctica.

• Trazos dialectais morfolóxicos: variación na morfoloxía nominal e variación na morfoloxía verbal.

• Trazos dialectais no ámbito do léxico.

• Corrección ortográfica no uso das formas porque, porqué, por que, por qué. PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación dunha antoloxía de textos poéticos representativos das diferentes mostras da vangarda galega.

• Comparación de elementos formais dos poemas neotrobadorescos coa poesía trobadoresca medieval.

• Comentario literario dun poema do libro De catro a catro. • Análise e valoración das condicións de coherencia dun texto. • Identificación de enunciados.

• Recoñecemento e clasificación de palabras. • Identificación dos constituíntes dun enunciado. • Elaboración de exercicios de análise sintáctica.

(8)

• Realización de exercicios de aplicación das partículas porque, porqué, por que e por qué.

ACTITUDES

• Curiosidade por ler e descubrir as achegas innovadoras da poesía de vangarda.

• Interese polo dominio de mecanismos sintácticos da lingua como medio para desenvolver a capacidade comunicativa.

• Respecto polas variedades dialectais do galego e rexeitamento de prexuízos cara a elas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Saber explicar as características xerais e tendencias da poesía galega de vangarda. • Coñecer os principais representantes das tendencias poéticas da vangarda galega. • Analizar e comentar textos característicos da vangarda galega.

• Explicar os elementos de cohesión nun texto.

• Comprender as diferenzas entre unidades comunicativas e unidades sintácticas. • Realizar análises sintácticas.

• Enumerar e localizar os trazos dialectais morfolóxicos e léxicos do galego. • Aplicar con corrección as formas porque, porqué, por que, por qué.

UNIDADE 4

A prosa do primeiro terzo do século XX. As palabras e a súa estrutura OBXECTIVOS

LITERATURA

• Ler, comentar e valorar textos en prosa, narrativos e de ensaio, dos principais representantes da prosa galega de principios do século XX.

• Coñecer os principais grupos e representantes da prosa do primeiro terzo do século XX.

• Definir as características do Grupo Nós e coñecer os seus escritores LINGUA

• Recoñecer a progresión e a unidade temáticas como elemento de coherencia nos textos. • Analizar e explicar a estrutura morfolóxica das palabras.

• Definir o concepto de palabra, as súas clases e morfoloxía.

• Identificar e analizar os distintos procedementos de formación de palabras. • Recoñecer e explicar os principais bloques e áreas dialectais do galego. CONTIDOS

CONCEPTOS

• A consolidación da narrativa galega contemporánea: continuadores do séc. XIX, os narradores das Irmandades, o Grupo Nós e os novecentistas.

(9)

• Vicente Risco: biografía e obra narrativa. • Otero Pedrayo: biografía e obra narrativa. • Castelao: biografía e obra narrativa.

• Narradores novecentistas. Rafael Dieste: biografía e narrativa. • O nacemento do ensaio. Os ensaístas do Grupo Nós.

• O impulso do xornalismo: A Nosa Terra, a revista Nós e as revistas de vangarda. • As propiedades do texto: a progresión e a unidade temáticas.

• A palabra e as súas clases. A estrutura das palabras: afixos flexivos e afixos derivativos. Clasificación das palabras a nivel morfolóxico.

• Procedementos de formación de palabras: derivación, composición e parasíntese. Outros procedementos: redución, siglas e acrónimos.

• Dialectoloxía: Bloques, áreas e subáreas dialectais. Bloque occidental, bloque central e bloque oriental.

• Corrección ortográfica no uso das formas conque e con que. PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación dunha antoloxía de textos narrativos e ensaísticos de autores representativos do período correspondente ao primeiro terzo do século XX. • Comentario literario dun texto de Otero Pedrayo.

• Análise e elaboración dun esquema de progresión temática dun texto. • Recoñecemento e clasificación das diferentes clases de palabras. • Realización de diversos exercicios de análise morfolóxica de palabras. • Adscrición de diferentes mensaxes a unha variedade dialectal.

• Realización de exercicios de aplicación de coñecementos de fonética, gramática, semántica e sintaxe, ademais do uso ortográfico das partículas conque e con que.

• Elaboración dunha proba semellante ás de acceso á universidade. ACTITUDES

• Interese pola lectura e pola localización e interpretación de pensamentos e ideas presentes en textos dun período histórico da literatura.

• Interese por coñecer os mecanismos morfolóxicos da lingua e respecto polas normas de corrección gramatical e ortográfica.

• Valoración da lingua galega, respecto polas variedades dialectais e rexeitamento de prexuízos lingüísticos cara a estas realizacións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Explicar as características xerais e tendencias da prosa do primeiro terzo do século XX.

• Coñecer os escritores representativos da prosa, da narrativa e do ensaio do primeiro terzo do século XX.

(10)

XX aplicando coñecementos históricos e de análise textual.

• Explicar en que consisten a progresión e a unidade temáticas como elementos de coherencia nos textos.

• Saber explicar os diferentes procedementos de formación de palabras. • Realizar análises morfolóxicas de palabras.

• Recoñecer e explicar os trazos básicos dos diferentes bloques dialectais do galego. • Aplicar, en exercicios variados, coñecementos fonéticos, gramaticais e semánticos e dominar a ortografía do uso das formas conque e con que.

• Desenvolver con boa presentación e corrección unha proba semellante ás que se realizan na Selectividade.

UNIDADE 5

O teatro no primeiro terzo do século XX. O léxico galego OBXECTIVOS

LITERATURA

• Ler, analizar e comentar fragmentos de textos teatrais representativos deste xénero no primeiro terzo do século XX.

• Delimitar as etapas e características básicas do teatro do primeiro terzo do século XX. • Coñecer os principais autores das correntes teatrais do primeiro terzo do século XX. LINGUA

• Recoñecer e explicar as regras básicas de coherencia textual.

• Diferenciar palabras cultas, patrimoniais e semicultas, arcaísmos e neoloxismos. • Explicar o que é unha familia léxica e a súa formación.

• Recoñecer os préstamos léxicos.

• Comprender o concepto de sociolecto e explicar as variedades sociolectais do galego. CONTIDOS

CONCEPTOS

• Etapas do teatro de preguerra.

• O teatro rexional: os precedentes das Irmandades.

• O teatro das Irmandades. Problemas da dramaturxia da época, correntes e autores. • O teatro das vangardas. O teatro de Rafael Dieste.

• O teatro da época Nós. Vicente Risco e Otero Pedrayo.

• As regras de coherencia textual: repetición, relación, non contradición e progresión. • O léxico do galego. A formación do léxico: palabras patrimoniais, cultismos e semicultismos. Os arcaísmos e os neoloxismos.

• As familias léxicas: regulares e irregulares.

(11)

• A variación sociolectal e os grupos sociais. Os sociolectos galegos: galego popular, elaborado e urbano.

• Corrección ortográfica no uso das formas malia e madía. PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación de textos dramáticos de autores representativos de distintas etapas do teatro de preguerra.

• Análise de textos e identificación de elementos e problemas de coherencia. • Diferenciación entre cultismos, semicultismos e palabras patrimoniais. • Manexo do dicionario para explicar a etimoloxía de diferentes termos.

• Observación de procedementos morfolóxicos aplicados á formación de neoloxismos. • Análise de familias léxicas con base regular e irregular.

• Identificación de estranxeirismos, préstamos e calcos.

• Realización de traballos de investigación e de análise das formas sociais da fala. • Realización de exercicios de aplicación de coñecementos de morfoloxía, sintaxe e léxico, ademais do uso correcto das partículas malia e madía.

• Resolución dunha proba de avaliación dos contidos tratados no trimestre. ACTITUDES

• Curiosidade pola evolución e modernización do teatro galego no período da preguerra. • Interese por ampliar e manexar con corrección o léxico da lingua e actitude crítica ante o uso de estranxeirismos innecesarios.

• Esforzo na creación de textos coherentes e cohesionados.

• Visión crítica e razoada sobre os comportamentos sociolectais e rexeitamento de prexuízos lingüísticos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Saber explicar as etapas e as características xerais do teatro de preguerra.

• Coñecer os principais representantes das diferentes correntes do teatro de preguerra. • Analizar e comentar diferentes textos teatrais e interpretar elementos renovadores. • Ser quen de explicar a presenza ou ausencia de elementos de coherencia nun texto. • Saber explicar cales son as bases do léxico da lingua e recoñecer voces cultas, semicultas, patrimoniais, arcaísmos e préstamos.

• Recoñecer e formar familias léxicas regulares e irregulares. • Diferenciar calcos, palabras adaptadas e estranxeirismos.

• Enumerar e localizar trazos caracterizadores dos sociolectos do galego.

• Aplicar con corrección coñecementos de morfoloxía, de léxico e sintaxe e dominar a ortografía das formas malia e madía.

(12)

UNIDADE 6

Galicia de 1936 a 1975. Situación lingüística. A frase. Tipos e constituíntes

OBXECTIVOS LITERATURA

• Coñecer o contexto histórico (situación mundial, correntes de pensamento e manifestacións culturais) da segunda metade do séc. XX.

• Determinar os efectos do franquismo na situación sociolingüística en Galicia.

• Ler, analizar e comentar unha antoloxía de textos documentais relacionados con diferentes aspectos políticos, sociais e culturais da época.

LINGUA

• Comprender o valor da cantidade e calidade de información na coherencia textual. • Coñecer as características estruturais da frase e as posibilidades funcionais. • Identificar e analizar diferentes tipos de frases.

• Explicar conceptos básicos de sociolingüística tales como multilingüismo, diglosia e bilingüismo diglósico, conflito lingüístico e substitución, normalización.

CONTIDOS CONCEPTOS

• O mundo despois da 2.ª Guerra Mundial. Correntes de pensamento: existencialismo, marxismo, pacifismo.

• Manifestacións artísticas e culturais significativas: xeración beat, cultura de masas. • Recuperación cultural da década de 1950: a Editorial Galaxia.

• As décadas de 1960 e 1970. A reorganización do nacionalismo. • Aspectos sociolingüísticos da época franquista.

• A coherencia textual: cantidade e calidade de información. • A frase e os seus tipos: nominal, adxectiva e adverbial. • A frase nominal: núcleo, determinantes e modificadores.

• Modificadores especificativos e explicativos. A aposición e o epíteto. • A frase adxectiva. A frase adverbial.

• As funcións sociais da lingua. Multilingüismo. Diglosia. Conflito lingüístico. Normalización.

• Corrección ortográfica no uso da locución preposicional cara a. PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación de textos documentais (cartas, texto radiofónico, ensaio... ) para comprender a situación da cultura e lingua galega na posguerra.

(13)

• Análise da cantidade e calidade de información presentes nun texto. • Comparación dos mecanismos de determinación na frase nominal. • Identificación de frases e análise da súa estrutura.

• Discriminación de modificadores especificativos e explicativos.

• Análise reflexiva sobre diferentes situacións sociais da lingua e os conflitos lingüísticos.

• Realización de exercicios variados de fonética, gramática, léxico e ortografía. • Resolución dunha proba semellante ás de acceso á universidade.

ACTITUDES

• Curiosidade por coñecer a historia da literatura galega e valorala coma un produto cultural.

• Participación activa nas actividades de intercambio comunicativo. • Interese polo dominio dos diversos mecanismos sintácticos da lingua.

• Valoración da lingua galega, toma de conciencia e actitude crítica e razoada sobre a situación lingüística e os seus problemas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Saber explicar o contexto histórico en que se desenvolve a literatura da época da posguerra.

• Comprender e interpretar de forma razoada textos significativos da época. • Explicar os efectos do franquismo na desgaleguización da sociedade.

• Establecer o grao de coherencia dun texto a partir da análise da cantidade e da calidade da información.

• Exemplificar diferentes esquemas sintácticos de frases nominais. • Realizar análises sintácticas de diferentes tipos de frases.

• Explicar e exemplificar conceptos de diglosia, conflito lingüístico, substitución lingüística e normalización.

• Resolver diversos exercicios de fonética, gramática, léxico e ortografía.

• Desenvolver, con boa presentación e con corrección, unha proba semellante ás que se realizan na Selectividade.

UNIDADE 7

A poesía entre 1936 e 1976. A oración. Tipos e constituíntes sintácticos OBXECTIVOS

LITERATURA

• Analizar, comentar e interpretar textos poéticos dos principais representantes da poesía galega entre 1936 e 1976.

• Delimitar as tendencias da poesía do período entre 1936 e 1976.

(14)

Enlace e da Xeración das Festas Minervais. LINGUA

• Identificar os procedementos gramaticais e léxicos que lle dan cohesión a un texto. • Diferenciar e explicar os tipos de oracións: simples, compostas, coordinadas dependentes.

• Recoñecer distintos tipos de oracións dependentes pola forma, o nexo e a función. • Realizar análises sintácticas de oracións desde o nivel máis alto ao nivel de palabra. • Explicar en que consisten os prexuízos e os estereotipos lingüísticos.

CONTIDOS CONCEPTOS

• Tendencias da poesía de 1936-1976: tendencias herdadas da preguerra, paisaxismo renovador, clasicismo e culturalismo, intimismo e Escola da Tebra, socialrealismo. • A figura de Luís Pimentel.

• A xeración de 1936: Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro.

• A promoción de Enlace: Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás.

• A Xeración das Festas Minervais: Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez Ferrín, Manuel María, Bernardino Graña, Xohana Torres, Antón Avilés de Taramancos, Arcadio López Casanova, Salvador García-Bodaño.

• Os procedementos de cohesión gramatical e léxica. • A oración. Oración simple e oración composta.

• Tipos de oración composta por coordinación: copulativa, disxuntiva, distributiva, adversativa.

• Tipos de oracións dependentes: polo verbo, polo nexo, pola función e polo significado. • As construcións verbais. Funcións sintácticas oracionais.

• Estereotipos e prexuízos. Estereotipos e prexuízos sobre partes das linguas e sobre as linguas. Consecuencias dos estereotipos e dos prexuízos.

• Corrección ortográfica no uso das formas si e consigo.

PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación de textos poéticos producidos de 1936 a 1976 e de autores representativos das diferentes tendencias.

• Comentario literario dun poema de A. Iglesia Alvariño.

• Aplicación de procedementos de cohesión gramatical e semántica a un texto dado. • Elaboración dun cadro sinóptico coa clasificación de oracións dependentes.

• Análise de oracións compostas e discriminación das funcións do nexo que. • Identificación de diferentes constituíntes oracionais e das súas funcións.

(15)

• Realización de exercicios variados de aplicación de coñecementos de gramática, semántica e ortografía e dunha proba semellante ás de acceso á universidade.

ACTITUDES

• Sensibilidade pola interpretación de poemas e valoración da literatura como produto artístico.

• Interese polo dominio de mecanismos sintácticos da lingua como medio para desenvolver a competencia lingüística e comunicativa.

• Valoración positiva da lingua galega e actitude crítica cos prexuízos ligados a ela. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Saber explicar as tendencias poéticas e as características xerais da poesía entre 1936 e 1976.

• Coñecer os principais representantes das tendencias poéticas da poesía deste período que vai de 1936 a 1976 e a súa obra máis significativa.

• Analizar e comentar textos de autores representativos da xeración do 36, da Promoción de Enlace e da Xeración das Festas Minervais.

• Explicar cales son os procedementos de cohesión nun texto.

• Identificar distintos tipos de oracións dependentes pola forma, polo nexo e pola función.

• Realizar análises sintácticas completas.

• Explicar en que se basean os prexuízos e os estereotipos lingüísticos e determinar as súas consecuencias.

• Resolver diversos exercicios de gramática, sintaxe e léxico e dominar a aplicación ortográfica das formas si e consigo.

• Realizar unha proba semellante ás da Selectividade.

UNIDADE 8

A prosa entre 1936 e 1976: a narrativa e o ensaio. As oracións adxectivas OBXECTIVOS

LITERATURA

• Analizar, comentar e interpretar unha antoloxía de textos en prosa representativos da prosa galega da posguerra.

• Coñecer e explicar as correntes temáticas da narrativa da posguerra, así como os principais autores e a súa obra narrativa.

LINGUA

• Recoñecer e explicar os principais mecanismos de cohesión textual. • Comprender as relacións de concordancia do adxectivo co substantivo. • Entender e analizar as características e os tipos de oracións adxectivas.

(16)

• Explicar a función identitaria e contextual da lingua e reflexionar sobre os estereotipos negativos que inflúen na diglosia

CONTIDOS CONCEPTOS

• O contexto histórico e social en que se desenvolve a prosa do período da posguerra. • Correntes temáticas da narrativa da posguerra, características e narradores: narrativa continuadora do Grupo Nós, narrativa realista, narrativa fantástica.

• Ánxel Fole: biografía, claves da súa narrativa e obras.

• Álvaro Cunqueiro: características da súa narrativa. Narrativa longa e narrativa breve. • Eduardo Blanco Amor: biografía e obra narrativa.

• Xosé Neira Vilas: biografía e obra narrativa. • O ensaio da posguerra: escritores representativos.

• Os mecanismos de cohesión textual: referencia, deíxe e conexión. • As relacións de concordancia co substantivo.

• Tipos de oracións adxectivas.

• Oracións de relativo adxectivas: oracións adxectivas con que, oracións adxectivas con outros relativos; oracións relativas con infinitivo.

• Funcións sociais do galego: función identitaria e contextual. Conflito e diglosia. • Corrección ortográfica no uso de entrambos, entrambas; entre ambos, entre ambas. PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación dunha antoloxía de textos narrativos de autores representativos da prosa da posguerra.

• Comentario literario dun fragmento de Xente ao lonxe.

• Localización de mecanismos de cohesión utilizados nun texto dado.

• Análise de diferentes enunciados para identificar os valores e os usos dos relativos. • Recoñecemento de oracións de participio e a súa función.

• Corrección de usos incorrectos de oracións de relativo.

• Comentario reflexivo sobre diversas situacións de conflito lingüístico.

• Realización de exercicios de aplicación de coñecementos de fonética, gramática, semántica e ortografía, e dunha proba semellante ás de acceso á universidade.

ACTITUDES

• Interese pola historia da literatura galega e valoración crítica de textos fundamentais dos períodos tratados.

• Valoración do dominio dos mecanismos sintácticos da lingua como medio para desenvolver a capacidade comunicativa.

(17)

persoal e social e revisión crítica dos estereotipos negativos sobre a lingua. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Explicar as características xerais e tendencias da prosa narrativa da posguerra.

• Comprender e analizar diferentes aspectos narrativos de textos representativos da prosa do período da posguerra.

• Coñecer os principais narradores da prosa literaria entre 1936 e 1976, as súas obras e características narrativas.

• Explicar os mecanismos de cohesión textual nun texto.

• Discriminar diferentes tipos de modificadores e analizar o tipo de unidade que desempeña esa función.

• Analizar sintacticamente modelos variados de construción adxectivas. • Recoñecer, explicar e corrixir erros de construción de oracións adxectivas.

• Resolver diversos exercicios de fonética, gramática, semántica e dominar a aplicación ortográfica das formas entrambos, entrambas; entre ambos e entre ambas.

• Aumentar o dominio na realización de probas semellantes ás da Selectividade.

UNIDADE 9

A Nova Narrativa Galega. O suxeito. Voz activa, pasiva e media OBXECTIVOS

LITERATURA

• Ler e analizar textos de autores representativos da Nova Narrativa Galega.

• Explicar o concepto de Nova Narrativa Galega, as influencias e os trazos recorrentes. • Coñecer os autores máis significativos da Nova Narrativa Galega e a súa obra.

LINGUA

• Identificar conectores ou marcadores textuais de carácter lóxico.

• Recoñecer o suxeito e explicar as características formais e normas de concordancia coas formas modotemporais e coas amodotemporais.

• Distinguir a voz activa, a voz pasiva e a voz media.

• Diferenciar oracións sen suxeito de oracións con suxeito indeterminado.

• Explicar que é a lingua estándar e coñecer os intentos de estandarización do galego.

CONTIDOS CONCEPTOS

• Orixe da Nova Narrativa Galega e contexto sociocultural.

• Novas técnicas narrativas: o monólogo interior, a descrición de estados de ánimo, o clima de irrealidade, a ruptura temporal, o obxectalismo, etc.

(18)

• Delimitación da Nova Narrativa Galega. Etapas: formación, auxe, liquidación. • Trazos recorrentes nos autores da Nova Narrativa Galega.

• Autores da Nova Narrativa Galega; obra narrativa e características: Gonzalo Rodríguez Mourullo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Camilo Gonsar, M.ª Xosé Queizán, Xohana Torres, Carlos Casares.

• Función dos conectores textuais. Os conectores lóxicos: contraargumentativos, consecutivos e causais, aditivos.

• A función do suxeito e as normas de concordancia coas distintas formas verbais. • Voz activa e voz pasiva: pasiva perifrástica e pasiva reflexa. A voz media. • Oracións sen suxeito. Construcións impersoais.

• Oracións con suxeito indeterminado. Usos de se.

• A variade estándar. Inicios da construción do estándar do galego: problemas da ortografía, de gramática e léxicos. Intentos de estandarización.

• Corrección ortográfica no uso das formas cando, onde; canda, onda.

PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación dunha antoloxía de textos representativos da Nova Narrativa Galega prestando especial atención ao uso das técnicas narrativas.

• Escritura dun texto aplicando diferentes conectores textuais.

• Identificación e análise de diferentes tipos de suxeitos de diversas oracións. • Discriminación e análise de diferentes construcións activas e pasivas. • Análise reflexiva sobre os criterios de estandarización do galego.

• Realización de exercicios de aplicación de coñecementos de fonética, gramática, léxico, sintaxe e ortografía e dunha proba semellante ás de acceso á universidade.

ACTITUDES

• Sensibilidade pola interpretación de textos narrativos e curiosidade por captar e interpretar elementos de renovación literaria nos textos da Nova Narrativa.

• Interese polo dominio de mecanismos sintácticos da lingua como medio para desenvolver a capacidade comunicativa.

• Toma de conciencia da necesidade e da importancia da estandarización da lingua. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Definir o concepto de Nova Narrativa Galega e explicar as tendencias e as características xerais.

• Recoñecer, en textos significativos da Nova Narrativa Galega, algunhas das técnicas narrativas máis innovadoras e recorrentes.

• Enumerar e explicar a obra dos escritores máis representativos da Nova Narrativa. • Empregar con corrección diferentes conectores textuais de carácter lóxico.

(19)

• Saber aplicar a concordancia do suxeito en casos especiais e nos de infinitivo flexionado.

• Diferenciar e explicar as diferenzas entre a voz activa, a pasiva e a media. • Comparar e discriminar distintos tipos de construcións con se.

• Explicar en que consiste a estandarización da lingua e enumerar as propostas históricas.

• Resolver exercicios de fonética, gramática, léxico e sintaxe e dominar a aplicación ortográfica das formas cando, onde; canda, onda.

• Aumentar o dominio na realización de probas semellante ás da Selectividade. UNIDADE 10

O teatro entre 1936 e 1976. A literatura galega no exilio. Complementos oracionais (I)

OBXECTIVOS LITERATURA

• Saber cales son as liñas que segue o teatro dos anos cincuenta e sesenta e os autores máis representativos.

• Ler, analizar e interpretar textos representativos de autores que realizaron a súa obra poética, prosística e dramática no exilio.

• Coñecer a obra poética, en prosa e dramática dos principais escritores do exilio. LINGUA

• Recoñecer e empregar conectores textuais estruturais.

• Definir e identificar o obxecto directo e o tipo de unidade que o configura. • Distinguir os complexos verbais das perífrases verbais.

• Realizar análises sintácticas completas e explicar diferentes complementos oracionais. • Comprender a diferenza entre o correcto e o adecuado na lingua estándar.

CONTIDOS CONCEPTOS

• Panorámica do teatro de posguerra. A lenta recuperación dos anos cincuenta e a actividade cultural dos anos sesenta. O Grupo de Enlace.

• A poesía galega no exilio: Luís Seoane, Lorenzo Varela, Emilio Pita. A narrativa no exilio: Antón Alonso Ríos, Silvio Santiago, Ramón de Valenzuela… O teatro do exilio: Castelao, Blanco Amor, Manuel Varela Buxán, Luís Seoane... O ensaio no exilio. • Os conectores estruturais.

• O obxecto directo: recoñecemento. Uso da preposición a no obxecto directo. • A construción reflexiva. A construción recíproca.

(20)

• Os complexos verbais.

• Construcións particulares co OD e outras funcións das subordinadas substantivas. • Variedade estándar e variedades dialectais. Dialectalismos e vulgarismos. As interferencias e as transferencias do castelán. Cambios de código. Desviación da norma. • Corrección ortográfica no uso das formas como e coma.

PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación de textos poéticos, narrativos e dramáticos que corresponden a escritores do exilio.

• Análise de textos dramáticos do período dos anos cincuenta e sesenta. • Recollida de información sobre a obra de escritores do exilio.

• Escritura dun texto aplicando os conectores estruturais.

• Identificación e análise de unidades sintácticas coa función de OD.

• Clasificación de construcións interrogativas indirectas e pseudointerrogativas. • Transformación de obxectos directos polos clíticos correspondentes.

• Realización de exercicios diversos e de aplicación ortográfica das partículas como e coma.

• Realización dunha proba de avaliación dos contidos tratados no trimestre. ACTITUDES

• Interese por coñecer as circunstancias en que se desenvolve a literatura do exilio e valoración do labor realizado polos seus representantes.

• Respecto no cumprimento das normas sintácticas da lingua e interese por usalas correctamente.

• Toma de conciencia sobre os aspectos axeitados e correctos no uso da lingua e actitude crítica fronte á presenza de interferencias e ultracorreccións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Coñecer autores que realizaron o seu labor no exilio e a súa obra.

• Explicar as liñas temáticas do teatro galego de posguerra e os seus representantes. • Analizar e interpretar textos poéticos, narrativos e dramáticos de autores que desenvolveron o seu labor no exilio.

• Recoñecer e empregar conectores estruturais.

• Identificar o obxecto directo e analizar os tipos de unidades que o forman.

• Distinguir construcións reflexivas de construcións recíprocas, e construcións interrogativas indirectas de pseudointerrogativas e de completivas normais.

• Discriminar complexos verbais de perífrases verbais.

• Explicar o que son as interferencias e as transferencias lingüísticas.

• Aplicar coñecementos gramaticais, léxicos e sintácticos, e dominar a ortografía de como e coma.

(21)

• Resolver exercicios de avaliación aplicando os coñecementos adquiridos no trimestre.

UNIDADE 11

Galicia a fins do séc. XX e comezos do séc. XXI. Complementos oracionais (II). A comparación OBXECTIVOS

LITERATURA

• Coñecer o contexto sociocultural en que se desenvolve a literatura de finais do século XX e comezos do século XXI.

• Ler, analizar e interpretar unha antoloxía de textos documentais, expositivos e argumentativos, sobre aspectos relacionados coa lingua e a literatura deste período. • Explicar e valorar a situación do galego noutros ámbitos sociais ademais do literario. LINGUA

• Explicar as características principais dos distintos xéneros xornalísticos. • Recoñecer o atributo, a súa pronominalización e as oracións atributivas. • Coñecer a forma dos sintagmas comparativos.

• Identificar e clasificar oracións subordinadas adverbiais. • Coñecer as principais propostas estandarizadoras.

• Recoñecer interferencias fonolóxicas, morfolóxicas, sintácticas e léxicas.

CONTIDOS CONCEPTOS

• Panorámica histórica xeral a finais do século XX e comezos do século XXI. • Galicia a finais do século XX e comezos do século XXI.

• O galego e as leis: Constitución Española, Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística...

• Ámbitos de uso do galego: na administración, na política, na xustiza, no ensino, na cultura, na empresa, na Igrexa, nos medios de comunicación.

• Presente e futuro do uso do galego no ámbito individual. • Os textos xornalísticos. Xéneros. Estrutura formal da noticia.

• O atributo e as oracións atributivas. A pronominalización do atributo. • O complemento predicativo.

• Os sintagmas comparativos. Nexos e formas dos sintagmas comparativos. • Oracións subordinadas adverbiais.

• A elaboración do estándar do galego. As propostas e as diferenzas salientables. • As interferencias lingüísticas.

(22)

PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación dunha serie de textos expositivos e argumentativos que tratan diversos temas relacionados cos ámbitos de uso do galego.

• Comentario dun poema de Xosé Luís Méndez Ferrín. • Análise da situación do galego en diferentes ámbitos. • Elaboración dunha noticia a partir duns datos concretos. • Identificación do atributivo e do complemento predicativo. • Práctica da substitución clítica de atributos e predicativos. • Análise de sintagmas comparativos.

• Identificación e clasificación de oracións subordinadas adverbiais.

• Realización de exercicios variados de gramática, sintaxe, léxico e ortografía. ACTITUDES

• Valoración da importancia e da necesidade de desenvolver a normalización da lingua nos distintos ámbitos sociais.

• Interese polo dominio de mecanismos sintácticos da lingua como medio para desenvolver a capacidade comunicativa.

• Conciencia da necesidade de evitar as interferencias e lograr un desenvolvemento máis correcto da lingua.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Saber explicar a situación sociocultural en que se desenvolve a literatura galega de finais do século XX e comezos do século XXI.

• Analizar e obter información da antoloxía de textos expositivos sobre a situación do galego e da cultura galega en distintos ámbitos sociais.

• Explicar as características dos distintos xéneros xornalísticos. • Recoñecer e diferenciar oracións atributivas e predicativas.

• Aplicar correctamente as substitucións clíticas de atributos e predicativos. • Identificar e clasificar diferentes tipos de oracións con subordinación adverbial. • Comprender e analizar a estrutura das oracións comparativas.

• Recoñecer interferencias lingüísticas e propoñer as correccións axeitadas. • Aplicar con corrección as formas vinte e un; douscentos / dous centos.

• Resolver con corrección exercicios de gramática, sintaxe, léxico e ortografía, así como unha proba semellante ás da Selectividade.

(23)

UNIDADE 12

A poesía de fins do séc. XX e comezos do séc. XXI. A modalidade. Afirmación e negación

OBXECTIVOS LITERATURA

• Ler, analizar e interpretar unha antoloxía de textos poéticos representativos da poesía de fins do século XX e comezos do século XXI.

• Coñecer e explicar as principais liñas temáticas e representantes da poesía de fins do século XX e comezos do século XXI.

LINGUA

• Explicar as características básicas dos textos publicitarios e os tipos de publicidade. • Recoñecer modalidades oracionais e saber transformar a modalidade das oracións. • Identificar e aplicar recursos da negación e da afirmación.

• Diferenciar lingua minoritaria e lingua minorizada e analizar a situación do galego.

CONTIDOS CONCEPTOS

• O panorama literario de fins do século XX e comezos do século XXI.

• Precedentes: os Novísimos. O maxisterio dos máis vellos, decadencia da poesía socialrealista.

• O cambio de rumbo de 1976; os colectivos: Colectivo Rompente, Cravo Fondo, Alén, De amor e desamor. As revistas.

• Liñas temáticas da poesía dos oitenta: culturalismo, formalismo, apertura temática. • Autores do culturalismo: Manuel Forcadela, Eusebio Lorenzo Baleirón, Ramiro Fonte, Miguel Anxo Fernán-Vello, X. M.ª Álvarez Cáccamo, Xabier Rodríguez Baixeras. • A poesía do cotián: Manuel Rivas. A experimentación: Manuel Vilanova, Vicente Araguas. A poesía da muller: Pilar Pallarés, Ana Romaní, Xela Arias...

• Camiños senlleiros: Claudio Rodríguez Fer, Cesáreo Sánchez Iglesias...

• A poesía dos noventa. Tratamento da lingua. Predecesores e niveladores cos oitenta. Liñas temáticas: o discurso natural, o libertario (colectivo Ronseltz) e o hermético. • Poetas e tendencias actuais máis relevantes.

• Publicidade institucional e comercial. Funcións da publicidade e métodos de persuasión.

• A modalidade oracional: tipos básicos. Marcadores lingüísticos da modalidade: a prosodia, os modos verbais, os marcadores léxicos e gramaticais e a orde das palabras. • Modalización da aseveración. Afirmación e negación. Recursos da negación e da afirmación.

(24)

• Corrección ortográfica no uso da pasiva ser + part. e da pasiva con se. PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación dunha antoloxía de textos poéticos de autores e autoras representativos da poesía das últimas décadas.

• Análise dos compoñentes dun anuncio publicitario.

• Identificación da modalidade oracional dunha serie de oracións. • Transformación de modalidades oracionais.

• Localización e interpretación de recursos de negación en oracións concretas. • Análise reflexiva sobre situacións de minorización do galego.

• Realización de diversos exercicios de aplicación de coñecementos de gramática, sintaxe, léxico e ortografía; e dunha proba semellante ás de acceso á universidade. ACTITUDES

• Curiosidade e sensibilidade por descubrir as achegas innovadoras da poesía da historia máis recente da literatura galega e desenvolvemento do espírito crítico á hora de interpretar e valorar os textos.

• Interese polo dominio de mecanismos sintácticos da lingua como medio para desenvolver a capacidade comunicativa.

• Valoración da lingua como elemento configurador da identidade persoal e colectiva e rexeitamento de valoracións pexorativas cara ao uso da lingua.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Saber explicar as características xerais e as tendencias da poesía das últimas décadas. • Ler, analizar e interpretar textos poéticos variados de autores representativos da poesía galega recente.

• Analizar e explicar os distintos compoñentes dos textos publicitarios.

• Explicar as modalidades oracionais e transformar a modalidade das oracións.

• Coñecer e aplicar con corrección os diferentes recursos da afirmación e da negación. • Explicar os conceptos de lingua minorizada e lingua minoritaria e analizar a situación do galego.

• Resolver con corrección exercicios de gramática, sintaxe, léxico e ortografía, así como unha proba semellante ás da Selectividade.

UNIDADE 13

A prosa de fins do séc. XX e comezos do séc. XXI. Semántica (I) OBXECTIVOS

LITERATURA

• Coñecer o panorama da narrativa das últimas décadas atendendo especialmente á diversidade de tendencias existentes.

• Ler, analizar e interpretar unha serie de textos narrativos representativos da narrativa galega das últimas décadas.

(25)

LINGUA

• Recoñecer a argumentación como unha característica básica nos textos científicos. • Definir Semántica, significado e referente.

• Comprender a diferenza entre significado gramatical e significado léxico. • Identificar e formar campos léxicos.

• Reflexionar sobre as medidas de normalización do galego. CONTIDOS

CONCEPTOS

• A narrativa posfranquista (1975-1979): Xosé Fernández Ferreiro, Paco Martín, Xoán Ignacio Taibo, Anxo Adolfo Rei Ballesteros, Lois Diéguez.

• A narrativa dos oitenta; a Promoción dos premios: Víctor Fernández Freixanes, Xavier Alcalá, Úrsula Heinze, Alfredo Conde, Xosé Manuel Martínez Oca.

• A novela histórica: Xesús Rábade Paredes.

• Narrativa de xénero. A novela negra: Carlos G. Reigosa. A narrativa feminina: María Xosé Queizán, Margarita Ledo Andión. A narrativa experimental: Suso de Toro.

• A narrativa dos noventa. A novela negra, a ficción futurista, a narrativa de terror. A nova novela histórica. A narrativa histórica contemporánea: Manuel Rivas. A narrativa fantástica marabillosa: Darío Xoán Cabana. A narrativa experimental: Xurxo Borrazás. • A narrativa infantil e xuvenil: Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey...

• O ensaio: filosófico, relixioso, feminista, etnográfico e antropolóxico, político, económico e histórico; sociolingüístico, literario.

• Características dos textos científicos.

• A Semántica. Significado e referente. Significado léxico e significado gramatical. Connotación e denotación. Significado e contexto.

• Organización do léxico: campos asociativos, campos semánticos.

• Minorización da lingua. Política lingüística. Normalización lingüística. Problemas para a normalización: marco legal, social e cultural.

• Corrección ortográfica no uso da forma haber (de) + inf. PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación dunha antoloxía de textos representativos das diferentes tendencias da narrativa galega das últimas décadas.

• Comentario dun texto argumentativo.

• Definición de significados de palabras atendendo ao contexto. • Análise de campos semánticos.

• Comentario reflexivo sobre algunhas das medidas de política lingüística. • Realización de diversos exercicios de gramática, sintaxe, léxico e ortografía. ACTITUDES

(26)

persoal.

• Interese polo uso correcto e polo dominio do léxico da lingua.

• Conciencia da situación lingüística da lingua e respecto polas normas e leis de normalización.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Saber explicar as características xerais e as tendencias da narrativa galega das últimas décadas.

• Coñecer os principais escritores e obras representativas da narrativa galega das últimas décadas.

• Coñecer os principais autores e obras do ensaio en galego de fins do século XX e comezos do século XXI.

• Ler, analizar e interpretar textos narrativos representativos de distintos xéneros da narrativa galega actual.

• Explicar os trazos expositivos e argumentativos en textos científicos. • Coñecer o campo de estudo da Semántica.

• Explicar os significados das palabras.

• Reflexionar sobre a necesidade das medidas de política lingüística.

• Resolver con corrección exercicios de gramática, sintaxe, léxico e ortografía, así como unha proba semellante ás da Selectividade.

UNIDADE 14

O teatro de fins do séc. XX e comezos do séc. XXI. Semántica (II) OBXECTIVOS

LITERATURA

• Comprender a evolución da dramaturxia galega nas últimas décadas e explicar cales son os factores que influíron neste desenvolvemento.

• Coñecer os principais grupos de teatro, as liñas temáticas e os autores significativos. • Ler e analizar textos dramáticos atendendo a aspectos formais e temáticos.

LINGUA

• Explicar características formais e tipos de textos administrativos.

• Comprender e explicar diferentes tipos de relacións semánticas: polisemia, sinonimia, homonimia, antonimia, hiperonimia, hiponimia.

• Explicar os procesos de cambio semántico.

• Reflexionar sobre a situación de minorización do galego e o proceso de normalización.

CONTIDOS CONCEPTOS

(27)

independente. As Mostras de Ribadavia. O teatro profesional. O teatro institucional. • Liñas temáticas do teatro de fins do século XX e comezos do século XXI: a crítica social, o culturalismo, o neorruralismo, a intertextualidade, o teatro histórico.

• Autores teatrais de fins do século XX e comezos do século XXI. O grupo Abrente. Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Roberto Vidal Bolaño,

• A promoción dos 80: Xesús Pisón. A promoción dos 90: Cándido Pazó, Raúl Dans. • Os textos administrativos; características e tipos: instancia, informe, textos legais, acta. • As relacións semánticas. Polisemia. Homonimia. Sinonimia: Oposicións de significado. Hiperonimia, hiponimia e cohiponimia.

• Ampliación e cambio de significado: causas históricas, lingüísticas e sociais. Procesos do cambio semántico: metonimia e metáfora.

• A minorización do galego e as medidas para o proceso de normalización.

• Corrección no uso da perífrase ter + participio fronte a ter + participio non perifrástico.

PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES

• Lectura, análise e interpretación dunha antoloxía de textos representativos de diferentes mostras do teatro galego das últimas décadas.

• Elaboración dunha instancia e análise dos trazos lingüísticos de textos legais. • Aplicación de palabras polisémicas, sinónimas e antónimas.

• Identificación e análise de palabras homónimas.

• Análise de relacións metafóricas e metonímicas nas acepcións dalgunhas palabras. • Exposición reflexiva e argumentativa sobre a situación de minorización do galego. • Realización de exercicios de aplicación de coñecementos de gramática, sintaxe e léxico, e do uso da perífrase ter + participio fronte á estrutura ter + participio non perifrástico. • Resolución dunha proba de avaliación dos contidos traballados.

ACTITUDES

• Interese por coñecer, dominar e usar o léxico da lingua con precisión e corrección. • Curiosidade pola análise e polo estudo de textos teatrais.

• Valoración dos esforzos realizados a diferentes niveis (institucional, colectivo, persoal...) na busca dunha normalización do uso do galego.

• Interese por presentar os exames e os exercicios con limpeza, orde e claridade.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Saber explicar a evolución do teatro de finais de século XX e dos últimos anos indicando factores que influíron no seu desenvolvemento, os autores e as liñas temáticas.

• Coñecer os trazos básicos dos textos administrativos e explicar a función e as características formais dos máis usuais.

(28)

• Analizar e identificar palabras polisémicas, sinónimas e antónimas. • Explicar as relacións semánticas de homonimia, hiperonimia e hiponimia. • Comprender e explicar as diferentes causas e procesos dos cambios semánticos.

• Saber explicar os conceptos de lingua minoritaria e lingua minorizada e explicar os pasos dados no galego para a súa normalización.

• Aplicar coñecementos gramaticais, sintácticos e léxicos, e dominar o uso da construción de perífrase ter + participio fronte á construción ter + participio non perifrástico.

• Realizar unha proba de avaliación de contidos traballados no trimestre.

2. SECUENCIACIÓN DOS BLOQUES DE CONTIDOS PARA O 2º CURSO 1ª AVALIACIÓN

OBXECTIVOS

 Analizar os diferentes usos sociais da lingua, valorar as súas variedades e superar estereotipos lingüísticos

 Diferenciar as variedades internas da lingua e identificar as interferencias lingüísticas e desviacións da norma

 Coñecer as características da literatura galega do primeiro terzo do século XX.

 Recoñecer o tema e elaborar axeitadamente un resumo dun texto.

 Interpretar criticamente os distintos discursos. Producir escritos mantendo a coherencia, a corrección gramatical, a adecuada presentación e a utilización dos principais elementos cohesivos.

 Acentuar correctamente e recoñecer os fonemas da lingua galega

 Definir palabras ou expresións engadindo sinónimos e antónimos

 Elaborar familias léxicas e campos semánticos CONTIDOS

 As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

 Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.

 A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.

 A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.

 A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).

 O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.

 Acentuación

 Fonética e fonoloxía

 Léxico-semántica.

 Propiedades do texto: a coherencia e a cohesión.

 Resumo e tema do texto

(29)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Analiza os diferentes usos sociais da lingua, valora as súas variedades e supera estereotipos lingüísticos

 Diferencia as variedades internas da lingua e identifica as interferencias lingüísticas e desviacións da norma

 Coñece as características da literatura galega do primeiro terzo do século XX.

 Recoñece o tema e elabora axeitadamente un resumo dun texto.

 Interpreta criticamente os distintos discursos. Produci escritos mantendo a coherencia, a corrección gramatical, a adecuada presentación e a utilización dos principais elementos cohesivos.

 Acentúa correctamente e recoñece os fonemas da lingua galega

 Define palabras ou expresións engadindo sinónimos e antónimos

 Elabora familias léxicas e campos semánticos MÍNIMOS ESIXIBLES

 Coñecer as causas que determinan a implantación social da lingua.

 Coñecer a historia da Normativización da lingua galega

 Coñecer a aportación das Irmandades e do Grupo Nós á Cultura Galega nos distintos xéneros

 Coñecer a poesía de vangarda e o contexto cultural no que se produce

 Aprender a definir e identificar fonemas vocálicos e consonánticos

 Producir familias léxicas de 8 palabras.

 Acentuar correctamente e utilizar con rigor o til diacrítico.

 Definir con corrección e ofrecer sinónimos e antónimos.

 Recoñecer o tema dun texto

 Transformar as ideas básicas nun resumo axeitado

 Reflexionar criticamente sobre as ideas básicas do texto. 2ª AVALIACIÓN

OBXECTIVOS

 Diferenciar linguas minorizadas e minoritarias e coñecer a situación histórica e sociolingüística do galego no primeiro terzo do século XX

 Coñecer e comprender a literatura como un produto cultural situado no contexto sociohistórico do franquismo

 Coñecer as causas que propician a recuperación da nosa literatura e a relación coas correntes europeas a partir dos anos 50

 Coñecer os distintos Bloques e Áreas dialectais así como as súas características

 Recoñecer e analizar as distintas categorías lingüísticas

 Identificar os diversos tipos de textos, reflexionar sobre a súa estrutura e a organización da información

CONTIDOS

 Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.

 O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

(30)

 A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.

 A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

 A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas.

 O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

 As variedades dialectais

 Morfoloxía

 Estrutura. Ideas principais e secundarias

 Análise crítica de textos

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Diferencia linguas minorizadas e minoritarias e coñece a situación histórica e sociolingüística do galego no primeiro terzo do século XX

 Coñece e comprende a literatura como un produto cultural situado no contexto sociohistórico do franquismo

 Coñece as causas que propician a recuperación da nosa literatura e a relación coas correntes europeas a partir dos anos 50

 Coñece os distintos Bloques e Áreas dialectais así como as súas características

 Recoñece e analiza as distintas categorías lingüísticas

 Identifica os diversos tipos de textos, reflexiona sobre a súa estrutura e a organización da información

MÍNIMOS ESIXIBLES

 Diferenciar linguas minorizadas e minoritarias e comprender a situación do galego

 Coñecer o contexto histórico e sociolingüístico do galego no primeiro terzo do século XX

 Coñecer os efectos da represión franquista sobre a literatura galega

 Analizar as causas que propician a recuperación da literatura galega a partir dos anos 50

 Coñecer as variedades dialectais da lingua galega

 Coñecer os diferentes constituíntes das categorías gramaticais

 Estruturar textos de opinión xerarquizando as ideas principais e secundarias

 Producir reflexións críticas a partir das ideas básicas dun texto 3ª AVALIACIÓN

OBXECTIVOS

 Coñecer, analizar e reflexionar sobre a situación social do galego. Factores e procesos que desde 1936 o levaron á situación actual

 Coñecer a literatura galega do exilio así como a que se produciu desde fins do século XX ata a actualidade

 Coñecer a formación de palabras e as normas gramaticais así como o uso dun rexistro adecuado ás distintas situacións comunicativas

Referências

Documentos relacionados

Trabalhos iniciais mostraram que os fungos que apresentaram maior crescimento em meio contendo tanino como única fonte de carbono são promissores na produção da

O trabalho teve como objetivo avaliar se riqueza e di- versidade da fauna associada ao guano de morcegos hematófagos eram afetadas pela área e forma das manchas dos depósitos, pelo pH

Como cada algoritmo classificador possui sua característica própria, sendo seu desempenho dependente das características extraídas dos textos, e dos dados utilizados para

Pela ausência desses dados gerenciais, anterior à análise de eficiência, foi necessário produzir os dados por escola, destacando aqui os dados relativos ao custo das

Muita gente já tinha escrito (verbo escrever, no Pretérito Mais-Que-Perfeito Composto do Indicativo) ao menino para lhe dizer que gostaria (verbo gostar, no Condicional) de

A mãe do Roberto, antes de sair – tem sempre alguma coisa para fazer, o seu curso de Italiano, a inauguração de uma exposição, um encontro no clube de ténis –, faz- -lhe

Assim, Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (2015) foi redigida em língua galega e publicada pela Editora Xerais, uma das mais importantes editoras

Concederanse 2 puntos cando a redacción exprese con claridade as opinións, presente teses e argumentos de xeito ordenado, haxa boa organización e secuenciamento