• Nenhum resultado encontrado

UN CANTOS NA MARÉ CARGADO DE POESÍA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "UN CANTOS NA MARÉ CARGADO DE POESÍA"

Copied!
17
0
0

Texto

(1)
(2)

UN CANTOS NA MARÉ CARGADO DE POESÍA

Na terra botamos raíces e a través do mar estendémolas a outras terras, poñémolas en común con outras raíces e conseguimos que xermolen xuntas para medrar máis enriquecidas. Isto é o que lle dá sentido a Cantos na Maré, que viaxa polo Atlántico para trazar un mapa común entre os territorios da lusofonía e Galicia, a través da música e da lingua. Nesa idea hai moito de poético. E as nosas letras están ben cargadas de mar. Por iso, e como peche do ano rosaliano, esta edición de Cantos na Maré estará dedicada á poesía.

Artistas galegos, da Península, de Cabo Verde e do Brasil, que teñen musicado aos seus poetas de referencia, xuntaranse nesta nova edición do Festival Internacional da Lusofonía. As composicións da propia Rosalía de Castro, xunto as de outros autores como Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Fernando Pessoa, João da Cunha Vargas ou Vasco Martins tornarán música en versións únicas e irrepetibles. Será o vindeiro 11 de xaneiro de 2014 no Pazo da Cultura de Pontevedra, coma sempre coa dirección artística de Uxía, a dirección musical de Paulo Borges e a produción de Nordesía.

(3)
(4)

OS NOSOS 'CANTARES'

Nesta década de Cantos na Maré tivemos a oportunidade de disfrutar cada ano dun encontro coas músicas e literaturas dos países lusófonos e saborear a súa variedade e riqueza. A mesma lingua, mais de cores variadas, conforme o país, a súa cultura e as súas tradicións, deseñando no horizonte o arco da vella dunha comunidade cultural integrada por estes países que son abrazados pola antiga Gallaecia, o berce ao que agora volven esas voces que un día partiron para regresar agora a porto, a esta cidade das pontes que nos acolle, nos dá de beber e nos mima.

As nosas voces e outras voces cantarémoslle a Rosalía, nunha nova lectura, reinterpretada á luz dos problemas de hoxe. Ela representa a dignidade desta terra (a cultura, a lingua e a paisaxe), a súa épica (a emigración) e a expresión dun afouto pensamento crítico, especialmente social e feminista.

Cantarémoslle tamén a outros poetas de referencia destes territorios e faremos da poesía o centro do Cantos na Maré máis lírico de cantos houbo. E farémolo cunha figura excepcional, Amancio Prada, que vén do noso Bierzo veciño e que nos descubriu o esplendor da nosa poeta a través de cancións que fan parte de nós, que nos seguen a emocionar e nos ensinaron que a música segue a ser un dos mellores vehículos para gozar da mellor poesía. Queremos que nos brinde a súa sabiduría, a súa experiencia como maxistral intérprete na voz e na guitarra, como gran compositor e como engaiolante comunicador.

.

Gaucho, de Río Grande do Sul (Brasil) chega outro mestre: Vítor Ramil, un gran creador que visita por primeira vez a terra dos seus antepasados de Ares e que ten na súa biblioteca un exemplar de Cantares Gallegos, que garda como ouro en pano. Traeranos todo o sabor dunha música que ten milonga e unha tradición que entronca con Arxentina e Uruguai, de harmonías abertas, melodías hipnóticas e letras cheas de poesía impresionista. Unha auténtica 'delicatessen'.

Desde o noso mar, desde a ría de Vigo, desde Moaña: Budiño, un músico extraordinario, gaiteiro, frautista, compositor, buscador incansábel de melodías, de mesturas musicais que van do tradicional ao electrónico. Un home que percorreu medio mundo espallando o noso 'sotaque', os nosos ritmos e a nosa poesía na voz profunda do actor galego Luis Tosar, que nos emociona recitando a Celso Emilio Ferreiro no seu último disco.

(5)

A mestizaxe chega 'devagar' desde Portugal da man de Luiz Caracol, que nos trae no seu primeiro disco en solitario a poesía de Mia Couto e Pessoa, o sabor afro-luso con aromas de Brasil e da cidade que o inspira: Lisboa. De raíces angolanas, ten na pel e na voz rasgada a pegada de quen andou moitos camiños coa súa 'mana' Sara Tavares e o fume e a animación dos Templarios, o bar onde o escoitei por primeira vez e onde souben que algunha vez pisaría o escenario do Pazo da Cultura por representar tan ben coma poucos o espírito do noso festival.

Morna, coladeira e funaná tatuados no corazón de Gabriela Mendes, muller de Mindelo (São Vicente) que xa conquistou moitos escenarios na vella Europa, nos Estados Unidos e Canadá e que nos devolve o gusto pola música cadenciosa e sedutora de Cabo Verde. As súas cancións beben dos sentimentos e da vida cotiá do seu pobo. A 'sodade', tristeza e nostalxia da morna, xunto á mestura perfecta de alegría e baile da coladeira. Ela vainos levar de viaxe ás Illas e deixar un pouso que non se borrará nunca da nosa memoria que se deixará embalar pola súa voz suave e doce. Escoitándoa 'um ta sinti um sô arco íris chei de cor sem fim'.

Experimentaremos e descubriremos xunt@s unha vez máis novos talentos colaborando con músicos consagrados. Será, como ben dixo o noso querido Chico César o ano pasado, un encontro de xeografía humana, non só un festival de música. Esa convivencia de días favorecerá que artistas de todos os recunchos do mundo da lusofonía descubran que aquí naceu a súa lingua e recoñezan a Galiza como parte deses territorios e a nosa poeta Rosalía como súa.

(6)

AMANCIO PRADA | Un percorrido antolóxico pola lírica peninsular

O traballo de Amancio Prada tivo sempre unha base literaria que, ao longo da súa discografía, foi conformando un percorrido antolóxico pola lírica peninsular, desde as cantigas dos trobadores galego-portugueses, pasando por San Juan de la Cruz e, sobre todo, Rosalía de Castro, até autores contemporáneos como Federico García Lorca ou Álvaro Cunqueiro. Este leonés do Bierzo soubo desenvolver un estilo no que poesía e música confluíron cunha sensibilidade incomparable. Así mesmo, demostrou a necesidade de manter o vínculo coa música tradicional. Reivindicou e reinventou o folclore, amosando sempre un gran respecto polas nosas raíces e lembrando que un pobo que vive de costas á súa tradición acaba perdendo a súa identidade. Prada é, polo tanto, un músico culto e popular ao mesmo tempo. Un traballador incansable e prolífico. Un home que dotou á canción de autor dunha elegancia extraordinaria, que demostrou que os clásicos seguen sendo actuais e que a música popular segue sendo necesaria para mirar ao futuro.

En 2013 estreou o espectáculo A Rosalía de Federico, que xira en torno aos Seis poemas gallegos e a Salutación elegíaca a Rosalía de Castro de Lorca; e o recital monográfico Canciones, Sonetos y Gacelas de Federico García Lorca. Así mesmo, en outubro saíu o seu novo disco-libro dedicado ao poeta e filósofo zamorano Agustín García Calvo, cuxo título fai referencia a unha das súas cancións máis emblemáticas, Libre te quiero.

(7)

VITOR RAMIL | Estética musical do frío de Río Grande do Sul

A obra do compositor e cantautor brasileiro Vitor Ramil tamén ten unha fonda pegada literaria. El mesmo vén compaxinando a música coa literatura dende mediados dos anos 90. Desta dupla dedicación xurdiu a súa necesidade de reflectir nas súas creacións a súa identidade sureña, convencido de que Río Grande do Sul, onde ten as súas raíces, non estaba á marxe do centro do Brasil, senón no centro dunha historia alternativa.

Plasmou esta teoría no libro A estética do frío e levouna aos escenarios co disco Ramilonga (1997), un punto de inflexión na súa carreira, por canto reformula o estereotipo gaucho. Adopta unha expresividade sofisticada e suave e substitúe os instrumentos convencionais por outros, como os indianos e africanos. Os seus traballos posteriores, Tambong (2000), Longes (2004) e Satolep Sambatown (2007) continúan desenvolvendo esa experimentación a partir da tradición musical, con harmonías abertas, melodías hipnóticas e letras cheas de poesía.

Nun dos seus últimos discos, Délibáb (2010), compón a partir de poemas-milongas de Jorge Luis Borges e composicións de João da Cunha Vargas. Este ano vén de lanzar Foi no mês que vem, un álbum dobre com 32 cancións das 60 que integran o seu songbook, que saíu simultaneamente. O disco conta coa participación de grandes músicos do Brasil, Arxentina e Uruguai, entre eles, Jorge Drexler, Milton Nascimento, Fito Paez, Ney Matogrosso, Marcos Suzano e Carlos Moscardini. www.vitorramil.com.br

(8)

GABRIELA MENDES | Mornas e coladeiras para noites de tocatina

Como a diva caboverdiana Cesária Évora, Gabriela Mendes naceu na vila portuaria de Mindelo, no sur da illa de San Vicente. Descubriu a música de nena, escoitando cantar a súa nai acompañada do gran violinista Malaquias e estudando na escola salesiana, coñecida por ter acollido aos grandes nomes da música de Cabo Verde, como Tito Paris, Paulinho Vieira ou Bau.

Xa moza descubriu o pracer de cantar mornas, coladeiras e funanás nas noites de “tocatina” e comezou a escribir os seus propios poemas. Un concerto da grande Cesária acabou de espertar o seu desexo de converterse en cantora e comezou a colaborar con músicos como Bau, Bius, Djosinha, Luis Morais ou Tito Paris, intervindo nos principais festivais do seu país.

Axiña deu o salto internacional, nomeadamente a Portugal e Francia, onde gravou o seu primeiro disco, Tradição. Este álbum reagrupa temas dos mellores compositores e poetas caboverdianos, tales como Vasco Martins, Tcheka, Manuel d'Novas e Dany Mariano, e está baseado nos ritmos tradicionais, que reflicten os sentimentos e a vida cotiá dos caboverdianos. A soidade, tristeza e nostalxia da morna, xunto á mestura perfecta de alegría e baile da coladeira. Dende entón Gabriela Mendes non parou de xirar por festivais, salas e teatros desta beira (Alemaña, Holanda, Bélxica, Suíza, Austria ou Luxemburgo) e da outra do Atlántico (Estados Unidos e Canadá).

(9)

LUIZ CARACOL | Mestizaxe ao son do cavaquiño

Luiz Caracol naceu en Elvas, cando seus pais acababan de chegar de Angola, onde vivían antes da independencia deste país. Por iso foi criado dende cativo nun ambiente de mestura cultural, rodeado de xentes que tiñan tamén regresado a Portugal dende Brasil e África despois 25 de Abril. Toda esa mestura de culturas acabou por ter unha forte influencia nel.

A pesar de que a música sempre estivo moi presente dentro da súa casa e da súa familia, non a tomou en serio até que en 1996 entrou na Academia de Música e, pasados dous anos, comezou os cursos de guitarra e canto no Hot Club de Portugal. Ao mesmo tempo comezou a tocar nalgúns bares e clubs de Lisboa, formando parte dalgúns proxectos ligados á música lusófona e ás músicas do mundo. Xa en 2009, por convite da Sara Tavares, integrou a súa banda durante a súa xira internacional, tocando o baixo, a guitarra e o cavaquiño, e tamén cantando.

En 2011 foi convidado a participar no documental MPB (Música Portuguesa Brasileira), onde colaborou con nomes como Jorge Palma, Fernanda Abreu, Susana Félix, Tito París, Sara Tavares e Susana Travassos, entre outros. Ao ano seguinte comezou a traballar no seu primeiro álbum en solitario, titulado Devagar, que inclúe textos de Fernando Pessoa e Mia Couto, colaboracións de Sara Tavares, Jorge Drexler e Pierre Aderne, e que viu a luz en maio de 2013.

(10)

BUDIÑO | Vitalidade con sotaque propio

Budiño é un artista atípico. Compositor incansable, enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos. Fórmouse na escola de gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Máis tarde descubriu o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Comezou así a explorar outras canles tocando acotío con xente do jazz, da música clásica, do pop ou do flamenco e compartindo escenario con músicos coma Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie ou A Orquesta Sinfónica de Lorient.

Acaba de presentar Sotaque, un traballo cheo de sutileza e vitalidade, coa impronta da música tradicional, en especial da percusión, xunto coa utilización da electrónica co acento propio de Budiño. Para este álbum, que contén un poema de Celso Emilio Ferreiro, contou coa colaboración de António Zambujo, Luis Tosar, os Cantareiros do Fiadeiro e Michael McGoldrick. Con anterioridade publicou outros cinco discos (Paralaia, Arredor, Zume de terra, Home e Volta), todos eles recoñecidos mundialmente e con premios de renome, e cos que encheu teatros en cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá ou México D.F.

(11)

UXÍA | A voz do Atlántico

(Directora artística)

A súa prolífica carreira converte a Uxía nunha das voces máis valoradas da nosa lingua. A voz do Atlántico, que soubo como ninguén conectar a música galega coa doutros pobos. Dende o seu debut en solitario con Foliada de marzo, o seu traballo recolle esa paixón pola mestizaxe, xunto á presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento innovador e persoal. Así o amosan os seus discos Estou vivindo no ceo, Danza das areas, Eterno navegar e Meu Canto.

Sempre tivo a convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz. Por esa razón, promoveu a creación de grupos como Malvela ou Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas da talla de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César. A súa ansia por xuntar voces, letras e instrumentos levouna a desenvolver unha morea de proxectos nos dous últimos anos, todos eles recollidos en produtos editoriais moi coidados. Andando a terra é un traballo musical sobre os poemas de Manuel María, que inclúe o poemario inédito Os lonxes do solpor e a fita De amor e cantería. En María Fumaça reúne nun libro-disco unha ducia de artistas cantando a alegría de vivir. CoraSons, dirixido por ela, xira en torno á creación conxunta de destacados intérpretes galaico-lusófonos. E en Rosalía pequeniña presenta a face máis aventureira e pirata da poeta, con ilustracións de Marina Seoane.

(12)

PAULO BORGES | Gran coñecedor das músicas lusófonas

(Director musical)

Paulo Borges é director musical de Cantos na Maré desde a segunda edición do certame. Este feito e a súa experiencia como músico e produtor en traballos discográficos de diferentes artistas de Galicia e Portugal, fan de Borges un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran as músicas lusófonas.

Natural das illas Azores, é autor de bandas sonoras para teatro e televisión. Forma parte da banda Coro dos Tribunais e participou en discos de Zeca Medeiros, Xosé Manuel Budiño, a Señora Carmen e Uxía.

(13)

ACTIVIDADES PARALELAS

As primeiras edicións de Cantos na Maré celebráronse ao aire libre no centro histórico da cidade de Pontevedra. O seu éxito foi determinante para a continuidade do proxecto, que finalmente adoptou o Pazo da Cultura como a súa sede. Con todo, o festival non quere perder a conexión coa viveza da cidade, que lle permite chamar a atención dun público máis heteroxéneo.

Ao longo da semana na que se desenvolverá o festival, Cantos na Maré estenderá os seus tentáculos a outros espazos de Pontevedra, coa proposta de varias actividades paralelas ao festival organizadas xunto con institucións cun importante peso no espazo urbano, como a Universidade de Vigo. Todas eslas son de acceso libre e gratuito ata completar aforo.

Amancio Prada conta a Rosalía e Federico

Charla musicada con Amancio Prada en torno á figura de Rosalía de Castro e Federico García Lorca. Os asistentes a este encontro terán a oportunidade de gozar dun momento íntimo con este artista ao que tanto lle inspiraron os textos destes dous grandes poetas. Son moitos os discos que lles dedicou: Rosalía de Castro en 1975, Sonetos del amor oscuro en 1986, Rosas a Rosalía en 1987, Sonetos y canciones de Federico García Lorca en 2004 ou Rosalía siempre en 2005.

Recentemente, presentou o espectáculo A Rosalía de Federico, un recital no que se estrean as súas novas composicións sobre os Seis Poemas Gallegos de Lorca, e a Salutación elegíaca a Rosalía de Castro. En xuño deste ano estreou no Instituto Cervantes de Nova York o recital monográfico Canciones, Sonetos y Gacelas de Federico García Lorca.

Día: venres 10 de xaneiro Hora: 20:00 horas

(14)

Creando Rosalías

Rosalía de Castro tamén estará presente nesta charla que quere afondar na relación entre música, poesía e artes plásticas a través de dúas obras: o libro-disco Rosalía pequeniña de Uxía

Senlle, con ilustracións de Marina Seoane, e o libro-disco Na lingua que eu falo de Najla Shami,

con fotografías de Ainoa Calvo.

Os participantes terán a oportunidade de desentrañar con estas catro artistas o proceso creativo destas obras, tratando todas as fases do seu traballo: o achegamento á obra literaria de Rosalía, a elección das letras, as adaptacións e creacións propias, a musicalización dos textos, as técnicas e ferramentas empregadas, os bosquexos ou as ambientacións.

Día: xoves 9 de xaneiro Hora: 20:00 horas Lugar: Casa das Campás

Tecnolab

Durante os ensaios do concerto desta edición, que terán lugar no Pazo da Cultura, desenvolverase unha sesión práctica de son, iluminación, produción técnica e estruturas, impartida por profesionais experimentados nestas materias.

Esta actividade está dirixida a estudantes das escolas de imaxe e son de Galicia, e pretende ser una ferramenta para a súa capacitación profesional. Ofrecémoslle unha experiencia real nun evento musical único, que lles servirá para afianzar conceptos fóra da aula e os axudará na súa futura inserción laboral.

Día: xoves 9 de xaneiro Hora: 10:00 horas Lugar: Pazo da Cultura

Vibracións na Maré

Os estudantes de primaria e secundaria terán a oportunidade de asistir a unha demostración didáctica cun dos músicos invitados a Cantos Na Maré 2014: Xosé Manuel Budiño. Unha experiencia vibrante onde poderán coñecer algúns instrumentos, as diferentes sonoridades que poden conseguirse con eles, as emocións que poden expresarse a través da música, a linguaxe máis universal, onde poderán sentir o ritmo e expresalo a través do movemento corporal.

Día: xoves 9 de xaneiro Hora: 12:00 horas Lugar: Pazo da Cultura

(15)

UN POUCO DE HISTORIA

Cantos na Maré naceu en 2003 coa intención de render unha homenaxe ao mar como lugar de encontro de artistas unidos polos sentimentos e valores culturais do universo galego-portugués. Hoxe é xa unha cita consolidada como o principal evento cultural a nivel internacional centrado na Lusofonía. O seu anovador formato, baseado no traballo previo da construción colectiva, permite que artistas consolidados e novos talentos de diversas orixes convivan e preparen durante unha semana un repertorio exclusivo. Os carteis das edicións anteriores son unha evidencia desa boa conexión:

2003: Chico César (Brasil), Filipa Pais (Portugal), Manecas Costa (Guiné-Bissau), Astra Harris (Mozambique), Xabier Díaz (Galicia), Jon Luz (Cabo Verde) e Batuko Tabanka (Cavo Verde).

2004: Joâo Afonso (Portugal), Ana Firmino (Cabo Verde), Alberto Mvundi (Angola), María Joâo & Mario Laginha (Portugal), Kimi Diabate (Guiné-Bissau), Guadi Galego (Galicia), Zeca Medeiros (Açores-Portugal) eZezo Ribeiro & Vanessa Borhagian (Brasil).

2005: Tcheka (Cabo Verde), Renata Rosa (Brasil) e Fran Pérez (Galicia).

2006: Dulce Pontes (Portugal), Ugía Pedreira (Galicia), Luanda Cozetti (Brasil), Eneida Marta (Guiné-Bissau) e Amelia Muge (Mozambique).

2007: Paulo Flores (Angola), Mercedes Peón (Galicia), Ceumar (Brasil), Nancy Vieira (Cabo Verde) e JP Simoes (Portugal).

2008: Waldemar Bastos (Angola), Xabier Díaz (Galicia), Sérgio Godinho (Portugal), Paulinho Moska (Brasil) e Sara Tavares (Cabo Verde).

2009: Tito París (Cabo Verde), Fred Martins (Brasil) e Raquel Tavares (Portugal).

2010: Lenine (Brasil), Guadi Galego (Galicia), António Zambujo (Port) e Aline Frazâo (Angola).

2012: Carlos do Carmo (Portugal), Mayra Andrade (Cabo Verde), Xoán Curiel (Galicia) e Socorro Lira (Brasil).

2013: Rui Veloso (Portugal), Chico César (Brasil), Cheny Wa Gune (Mozambique) e Sés (Galicia).

(16)

Cantos na Maré é un proxecto producido e impulsado por Nordesía Produccións, unha empresa pioneira no sector cultural galego. Naceu en 1996 e dende aquela traballa nos ámbitos da distribución musical e a creación, xestión e produción dalgúns dos proxectos culturais e artísticos máis notables das últimas décadas en Galicia.

Profesionalización, especialización, eficiencia, innovación e internacionalización son as claves que guían o traballo de Nordesía. En 17 anos de traxectoria participou na creación, conceptualización, deseño ou produción de máis de 3.000 eventos, programacións e proxectos, como Cantos na Maré, o festival de jazz Imaxinasons, o ciclo Sons da Diversidade, a Festa dos Mundos, o ciclo Con Voz Propia, Ao Pé da Letra, o programa As Nosas Músicas, Compostela Festival, o ciclo universitario Tribos Ibéricas, o espectáculo MundoLois, The Galician Connection Festival...

Nordesía apostou sempre por conectarse co mundo, asistindo ás principais feiras, encontros e foros internacionais de música, establecendo alianzas con empresas, profesionais e institucións de diferentes países e territorios, e levando a música galega polo mundo, facendo posible as xiras internacionais por máis de 22 países dos principais artistas galegos.

(17)

VENDA DE ENTRADAS

Prezo da entrada: 28 €

Xa á venda en:

www.servinova.com

E no teléfono 902 504 500.

Cantos na Maré

Festival Internacional da Lusofonía

Prensa | Comunicación Esmeralda L. Castro | 696185187 comunicacion.cnm@nordesia.com www.nordesia.com www.facebook.com/cantosnamare

Referências

Documentos relacionados

9) Após salvar, a tela de “Produção planejada” irá exibir cada ano da produção planejada adicionado. Continue adicionando os planejamentos para os demais anos, ou clique sobre o

I. permite ao autor antecipar-se com relação às possíveis justificativas dadas pelos motociclistas que não fazem uso do capacete. remete àquela presente no gênero entrevista e

Estas ações reforçam a capacidade de criação e utilização de um discurso individual mais coerente e coeso tanto no campo do enunciar (escrito e oral) quanto do interpretar. Dessa

Colégio Santa Cruz - Ensino Médio - Profª Beth Albert Einstein (1879 - 1955).. - Maior físico teórico de todos

A282 Projeto cadastro de fontes de abastecimento por água subterrânea, estado do Piauí: diagnóstico do município de Piracuruca / Organização do texto [por] Robério Bôto de

PROJETO CADASTRO DE FONTES DE ABASTECIMENTO POR ÁGUA SUBTERRÂNEA - BANDEIRA – MINAS GERAIS 9 O quadro 2 mostra que, considerando-se 4 poços tubulares em uso no cristalino

As plantas férteis F1 de cada um desses cruz a mentos são auto-fecundadas e as sementes F2 são usadas para um no v o retrocruzamento, ou são utilizadas para com- por a mistura

Conhecer os fatores de risco, as causas e as possíveis consequências, que envolvem os idosos que sofreram quedas, se traduz em informações significativas para a promoção