• Nenhum resultado encontrado

LINGUA E LITERATURA 2º ESO SOLUCIONARIOS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "LINGUA E LITERATURA 2º ESO SOLUCIONARIOS"

Copied!
5
0
0

Texto

(1)

LINGUA E LITERATURA 2º ESO – SOLUCIONARIOS

SOLUCIONARIO POR UNIDADES

U

NIdAdE

2

LECTURA E TRABALLO CO TEXTO

7. Ofrecemos un exemplo dentro das múltiples posibilidades:

Luns Martes Mércores Xoves Venres

1º prato Crema de verduras Lentellas Sopa de pasta Ensalada mixta cocido con Sopa de tropezóns 2º prato Polo con salsa de tomate e patacas cocidas Berenxenas recheas Bacallau ao forno con arroz branco Cocido Filete de abadexo con prebe de champiñóns Sobremesa Iogur de sabores Macedonia de froitas

naturais

Queixo galego fresco con marmelo

Compota de

mazá mandarinaPera e 8. Actividade de resposta aberta. O exercicio tenta conxugar, por unha parte, a capacidade para sis-tematizar e organizar ideas (a través da elaboración dunha listaxe) e, pola outra, a expresión oral, tanto a través da exposición individual como do debate en grupo. 9. Actividade de resposta aberta. Trátase dun exercicio que trata de poñer en práctica a expresión escrita e a comprensión lectora do contido da táboa que aparece no texto de lectura. Para traballar estas dúas destrezas o alumnado vai empregar, fundamentalmente, léxico relacionado co núcleo temático da unidade: a alimentación. 10. Actividade de resposta aberta. O exercicio conxuga a expresión oral e a competencia no tratamen-to da información.

(2)

LINGUA E LITERATURA 2º ESO – SOLUCIONARIOS

TIPOS DE TEXTOS 3. Trátase dunha actividade de resposta aberta na cal se vai poñer en práctica o estudado en relación co xénero xornalístico das reportaxes. O alumnado debe ser capaz de redactar unha breve reportaxe que conteña, claramente diferenciadas, as tres partes fundamentais deste tipo de textos: o titular, a entrada e o corpo. O TECIDO DA LINGUA 3.

Vivir na cidade, para moitas persoas, ten grandes vantaxes. Nas zonas urbanas é onde se pode

visitar museos, acudir ao teatro, ir de compras. A vida nestes

lugares presenta tamén inconve-nientes. As présas diarias, o anonimato, a soidade, son algúns destes problemas.

TÉCNICAS DA ESCRITA

3. Nesta actividade preténdese que o alumnado compare as respostas da actividade 2 co esquema sobre o texto da radioactividade que se ofrece na imaxe.

4. A variedade climática en Europa

- Variedade motivada pola diversidade e contraste das paisaxes europeas: • Clima continental: Europa occidental e central (grandes cambios de temperatura). • Clima temperado-cálido: Europa mediterránea (temperaturas suaves). - En xeral: temperaturas suaves sen grandes contrastes estacionais. • Motivos: ˏProximidade relativa ao mar. ˏInfluencia da corrente cálida do Golfo.

OS NOMES DAS COUSAS

7. - Acedo: limón, pomelo, vinagre. - Balorento: pan, queixo. - Crocante: xeado, pan torrado, pizza, chocolate. - Eslamiado: caldo, arroz, guiso. - Morno: leite, menta, café. - Larpeiro: biscoito, mel, chocolate. - Cru: cenoria, tomate, leituga. - Mol: queixo, xeado, peixe.

(3)

LINGUA E LITERATURA 2º ESO – SOLUCIONARIOS

8. Actividade de resposta aberta. Nesta actividade, orientada á práctica da expresión oral en grupo, conxúgase a capacidade de sistematizar e organizar as ideas (á hora de pensar nas vantaxes e incon- venientes de cada unha das opcións dadas) e a técnica do debate. Trabállase, así mesmo, a argumen-tación. LINGUA E SOCIEDADE 4.

- Recoñecemento legal desa lingua: que sexa oficial ou cooficial no seu territorio.

- Número de falantes: que sexa falada pola maioría da poboación.

- Transmisión familiar: que os pais a empreguen para criar os seus fillos, é dicir, que se transmita de pais a fillos.

- Características socioeconómicas: que a falen todos os sectores sociais ou que se promova entre aqueles que non a teñen como lingua inicial.

- Función identitaria: que sirva e sexa sentida como lingua de cohesión social.

- Prestixio social: que estea presente en todos os ámbitos, especialmente naqueles que gozan de maior prestixio social, tanto públicos como privados.

5. A resposta a esta pregunta é aberta; do que se trata é de que o alumnado reflexione sobre as condutas lingüísticas de maneira crítica, buscando a súa orixe e deducindo as consecuencias que estas poden ter.

Un rapaz galegofalante que vive no rural abandona a lingua cando vai estudar a un instituto da cidade máis próxima.

Motivación: ser aceptado dentro dun grupo castelanfalante, non sentirse raro, diferente, aldeán aos ollos dos demais.

Consecuencia: diminución da súa autoestima, vergoña da súa orixe, abandono da lingua galega.

Unha rapaza castelanfalante dunha cidade comeza a falar galego cos seus amigos e compañeiros da clase.

Motivación: toma de consciencia respecto da situación da lingua galega e actitude positiva cara a esta, distinguirse dos demais falando outra lingua.

Consecuencias: posibilidade de ser rexeitada polos castelanfalantes, burlas ao inicio pola súa mu-danza, converterse en galegofalante habitual.

Unha rapaza galegofalante dunha vila cambia ao castelán no seu posto de traballo.

Motivación: conservar o traballo, ser obrigada ou sentir que é mellor facelo así para conservar o traballo, ser aceptada, pensar que é máis axeitado falar na lingua na que falan os seus compañeiros.

Consecuencias: reducir o uso do galego ao ámbito familiar e, co tempo, posible abandono da súa lingua de orixe.

Unha familia galegofalante dunha cidade cambia ao castelán para dirixirse aos seus fillos, aínda que entre eles (pai e nai) seguen a empregar o galego.

Motivación: crenza de que o castelán é a lingua do progreso e do ascenso social, crenza de que así a súa familia terá máis posibilidades económicas e culturais.

Consecuencias: fillas e fillos castelanfalantes (que os fillos falen unha lingua diferente á dos seus pais), autoodio, merma da autoestima, complexo nos seus fillos e nas súas fillas.

(4)

LINGUA E LITERATURA 2º ESO – SOLUCIONARIOS

A LINGUA POR DENTRO

3.

ENFERMO

Enfermidade (substantivo), enfermiño/iña (adxectivo), enfermeiro/eira (substantivo), enfermaría

(substantivo), enfermizo/iza (adxectivo) Enfermidade: alteración orgánica ou funcional que afecta á saúde. Enfermiño/iña: que está enfermo (valor afectivo). Enfermeiro/eira: persoa que ten por oficio asistir e atender os enfermos baixo a dirección do médico. Enfermaría: departamento destinado a atender enfermos ou feridos. Enfermizo/iza: que ten predisposición a contraer enfermidades. LIBRO Libriño (substantivo), libreiro/eira (substantivo), libraría (substantivo), librazo (substantivo) Libriño: libro moi pequeno ou de escasa calidade. Libreiro/eira: persoa que vende libros ou rexenta unha libraría. Libraría: establecemento onde se venden libros. Librazo: libro moi grande ou de moita calidade. ANDAR andante (adxectivo), andadeiro/eira (adxectivo), andable (adxectivo), andador/dora (adxectivo), an-dador (substantivo) Andante: que anda, que vai dun sitio para outro. Andadeiro/eira: que é doado de andar. Que anda moito ou que lle gusta andar. Andable: propio para andar ou percorrer. Andador/dora (adx.): que anda moito ou que lle gusta andar. Andador (subs.): aparello móbil para que os meniños aprendan a andar. Aparello usado como apoio para axudar os adultos con dificultades locomotoras. LETRAS E SIGNOS 2. Emprego, pracer, soprete, aplicar, pregar, complexo, completo, pleno, plácido, plástico, platino, preamar. 3. Actividade de resposta aberta. Cómpre que o alumnado saiba que o fundamental non é a verosi-militude da historia que se conte, senón o emprego correcto dos termos que se ofrecen. Un posible exemplo sería o seguinte: «A apocalíptica historia ocorreu hai moitos anos en Exipto. Foi no trans-curso da voda entre un mozo exipcio e unha princesa xordana, a quen raptara un chuvioso mes de setembro. O día do casamento, o rapaz levou unha gran decepción pois, no mesmo instante en que a noiva debería pronunciar o «si, quero», a cerimonia sufriu unha apocalíptica interrupción:

(5)

LINGUA E LITERATURA 2º ESO – SOLUCIONARIOS

á princesa comezou a incharlle a cara e saíulle unha forte erupción cutátea, despois sufriu unha especie de ataque epiléptico e acabou por converterse nun réptil pequeno e viscoso que botou a correr e fuxiu entre os convidados.» PROBA DE AVALIACIÓN 5. - larpeirada: sufixo derivativo - bolsota: sufixo apreciativo aumentativo - alimentación: sufixo derivativo - torrado: sufixo derivativo - desesperante: prefixo / sufixo derivativo - tristeiro: sufixo derivativo - saborosos: sufixo derivativo 6. - Larpeiradas e lambetadas. - Pan torrado, galletas, arroz e leite. - Para que o protagonista tivese unha alimentación máis saudable. - Botou varios ovos cascados por riba das lambetadas que botara ao lixo. 7. A reportaxe debe informar ofrecendo unha visión moi extensa e documentada sobre un asunto determinado. Combina a información previa sobre o tema con datos obtidos na investigación le-vada a cabo (mediante entrevistas, análise de documentación etc.). Asemade, toda esta información cómpre que estea acompañada de apoio gráfico.

Referências

Documentos relacionados

A prova do ENADE/2011, aplicada aos estudantes da Área de Tecnologia em Redes de Computadores, com duração total de 4 horas, apresentou questões discursivas e de múltipla

O objetivo deste experimento foi avaliar o efeito de doses de extrato hidroalcoólico de mudas de tomate cultivar Perinha, Lycopersicon esculentum M., sobre

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política

O enfermeiro, como integrante da equipe multidisciplinar em saúde, possui respaldo ético legal e técnico cientifico para atuar junto ao paciente portador de feridas, da avaliação

*-XXXX-(sobrenome) *-XXXX-MARTINEZ Sobrenome feito por qualquer sucursal a que se tenha acesso.. Uma reserva cancelada ainda possuirá os dados do cliente, porém, não terá

O Museu Digital dos Ex-votos, projeto acadêmico que objetiva apresentar os ex- votos do Brasil, não terá, evidentemente, a mesma dinâmica da sala de milagres, mas em

nhece a pretensão de Aristóteles de que haja uma ligação direta entre o dictum de omni et nullo e a validade dos silogismos perfeitos, mas a julga improcedente. Um dos

Equipamentos de emergência imediatamente acessíveis, com instruções de utilização. Assegurar-se que os lava- olhos e os chuveiros de segurança estejam próximos ao local de