• Nenhum resultado encontrado

Mari Trillo Centremonos.com IES Basanta Silva-Vilalba 1. ARISTÓTELES E O SEU MUNDO: O TRÁNSITO CARA O HELENISMO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Mari Trillo Centremonos.com IES Basanta Silva-Vilalba 1. ARISTÓTELES E O SEU MUNDO: O TRÁNSITO CARA O HELENISMO"

Copied!
19
0
0

Texto

(1)

ARISTÓTELES

1. ARISTÓTELES E O SEU MUNDO: O TRÁNSITO CARA O HELENISMO 2. CRÍTICA DA DOUTRINA PLATÓNICA.

3. CLASIFICACIÓN DAS CIENCIAS

4. METAFÍSICA: A EXPLICACIÓN DA REALIDADE 4.1. O SER E ASUBSTANCIA

4.2. COMPOSICIÓN DA SUBSTANCIA: A TEORÍA HILEMÓRFICA -Materia -Forma 4.4. TIPOS DE SERES -Seres Naturais -Seres Artificiais -Ser Supremo

5. A FÍSICA: O ESTUDIO DA NATUREZA 5.1. PRINCIPIOS DO CAMBIO

5.2 .DEFINICIÓN DO CAMBIO: ACTO E POTENCIA -Ser en potencia

-Ser en acto 5.3 .TIPOS DE CAMBIOS

-Cambio Substancial

-Cambio Accidental: cualitativos, cuantitativos, locativo 5.4. AS CAUSAS DO CAMBIO:

--Causas Intrínsecas: material e formal -Causas Extrínsecas: eficiente e final 5.5. THEÓS COMO CAUSA FINAL DO CAMBIO 5.6. A COSMOLOXÍA: A ESTRUTURA DO COSMOS:

-Mundo Sublunar -Mundo Supralunar

6. ANTROPOLOXÍA: TEORÍA SOBRE A ALMA -Corpo e alma

-Tipos de alma: vexetativa, sensitiva, racional. 7. TEORÍA DO COÑECEMENTO.

7.1. PROCESO DO COÑECEMENTO: O PROCESO DE ABSTRACCIÓN. -Coñecemento Sensible

-Coñecemento Intetelectual.

7.2. GRAOS DO SABER OU NIVEIS DO COÑECEMENTO. -Experiencia

-Coñecemento Práctico: saber técnico (techné), saber práctico (phrónesis)

-Coñecemento Teórico: ciencia (episteme), intuición (noús), sabedoría teórica (sophía). 8. TEORÍA MORAL

-Felicidade -Virtude

-Tipos de virtude: dianoéticas, éticas. 9. TEORÍA POLÍTICA

-Ser humano como ser social e político por natureza -O Estado

(2)

ARISTÓTELES

1. ARISTÓTELES E O SEU MUNDO:O TRÁNSITO CARA O HELENISMO

No século IV a. C., o reino de Macedonia constituía unha pequena pero ambiciosa potencia. Os seus monarcas guerreiros soñaban con estender o seu territorio e obter un recoñecemento que non posuían. Atenas, civilizada e democrática, consideraba a Macedonia como unha terra de semibárbaros e receaba dela. A vida de Aristóteles transcorreu entre estes dous mundos en constante conflito: era un home moi próximo ao poder macedonio pero, como brillante intelectual, gustáballe o ambiente da culta e refinada Atenas.

1.1.Contexto político e formación especial:

Aristóteles naceu ao redor do 384 a.C. en Estaxira, unha pequena cidade na península Calcídica. A península, na costa norteoriental de Grecia, estaba ocupada por macedonios e tracios; Macedonia e Tracia formaban reinos que os civilizados gregos do sur consideraban primitivos e analfabetos. En Calcídica, lugar de gran importancia estratéxica, encontrábanse tamén pequenas polis fundadas e colonizadas por gregos do sur, que se consideraban a si mesmos máis gregos ca os macedonios. Estas polis (entre elas Estaxira) uníranse nunha federación co obxectivo de se protexer da prepotente e pouca culta Macedonia.

O pai de Aristóteles, Nicómaco, a pesar de ser grego puro, relacionouse co rei Amintas de Macedonia, e converteuse no médico oficial da familia real, ademais de amigo e conselleiro. Por este motivo, Nicómaco trasladouse de Estaxira a Pela, sede da corte macedónica. Nesta corte, Aristóteles coñeceu e trabou amizade con Filipo, fillo de Amintas e futuro rei.

Aristóteles, que tamén por parte de nai procedía dunha familia de médicos, recibiu, ademais da formación xeral que se lles daba aos gregos acomodades, a formación especial dos descendentes de médicos. Esta formación tiña un elevado compoñente práctico e empírico que marcou a actividade filosófica de Aristóteles: o seu interese pola bioloxía ten a súa orixe nesta formación médica.

1.2.Aristóteles na Academia de Platón:

Sabemos que no ano 367 a. C. orfo de pai e nai, e morto o rei Amintas, protector da familia, Aristóteles trasladouse e ingresou na Academia de Platón. A pesar de que cando se incorporou á Academia, Platón acababa de iniciar a súa segunda viaxe a Sicilia, a influencia platónica foi decisiva nos anos seguintes.

Na Academia estivo durante vinte anos, desde os 17 ata os 37; primeiro como alumno e logo como profesor.

Con todo os avatares políticos de Macedonia obrigaron a Aristóteles a abandonar precipitadamente a Academia. Filipo II de Macedonia, amigo de Aristóteles, logo de ser consolidar no trono (358 a.C.),iniciara unha astutas campañas diplomáticas e militares que o levaron a unha posición de hexemonía sobre toda Grecia. Isto provocou profundos odios entre os atenienses contra todo aquel que fora macedónico, polo que Aristóteles tivo que abandonar Atenas. Ademais, aquel mesmo ano, o 347 a.C., morrera Platón e o seu sobriño Espeusipo foi recoñecido como director da Academia.

1.3.Distanciamento de Platón: viaxes e observación

Os acontecementos políticos levaron a Aristóteles a unha dura peregrinación por terras gregas. Primeiro en Aso, onde uníuselle o seu discípulo predilecto, Teofrasto de Ereso que xa nunca o abandonou, e logo en Mitilene, na illa de Lesbos, Aristóteles dedicábase a observar, catalogar e describir animais, plantas e fenómenos metereolóxicos; é dicir, realizou importantes estudos de ciencias naturais ( a súa formación médica foise impoñendo en forma de interese pola vida natural e simultaneamente foise distanciando de moitas das posicións platónicas).

No ano 342 a.C., o rei Filipo pediulle a Aristóteles que se encargase da educación do seu fillo Alexandre, futuro Alexandre Magno. Aristóteles acepta, trasladouse a Macedonia xunto cos seus colaboradores

(3)

e foi o seu educador dende os trece ata os dezaseis anos, cando Alexandre tivo que se facer cargo da rexencia. Decide Aristóteles volver a Estaxira onde viviu uns anos de concentración intelectual nos que sistematizou as súas observacións e as súas reflexións.

A ambición de Filipo de posuír a hexemonía en Grecia pareceu consolidarse na batalla de Queronea (338 a.C.), na que derrotou a alianza de Atenas e Tebas. Pero mentres o rei Filipo preparaba o exército para marchar sobre Persia, no ano 336 a.C., foi asasinado. As polis gregas que estaban baixo a dominación macedonia pensaron que este era o momento de se rebelar. Pero Tebas foi asaltada e brutalmente arrasada; e Atenas aceptou o inevitable: no 335 a.C., as polis gregas deixaban de ser cidades – estado independentes e pasaban a ser gobernadas por xenerais macedonios. Alexandre impúxose como novo monarca e eliminou ós posibles rivais. As exitosas conquistas militares que levou a cabo foron realizadas no nome dos gregos, non soamente no nome de Macedonia.

1.4.O Liceo

Mentres Alexandre se preparaba para as famosas campañas militares contra Persia, Exipto e o Indo, Aristóteles volveu á sometida Atenas. Alí fundou unha nova escola (335 a.C.) nos xardíns do santuario dedicado ao deus Apolo Likeis, establecendo un centro alternativo á Academia, coñecido co nome de Liceo.

Durante trece anos, Aristóteles ensinou no Liceo; foron anos de grande actividade científica e teórica: de observación empírica e de especulación a partir dela.

Mentres Aristóteles ensinaba no Liceo, a situación sociopolítica grega era cada vez máis comprometida. A hexemonía macedonia desfixera o sistema de polis ou cidades – estado característico de Grecia. Ademais, as vitorias e conquistas orientais de Alexandre alimentaban as súas inclinacións máis despóticas e facían crecer as súas pretensións de divindade. Ao final desta época a amizade de Aristóteles con Alexandre rompeu. O mestre criticaba as súas pretensións de divindade e a destrución do modelo grego de polis

Pouco antes da morte de Alexandre, o partido macedonio era odiado polo pobo grego. Aristóteles asociado con Alexandre e co poder macedonio, foi tamén odiado. Cando no 323 a.C. morre Alexandre, Aristóteles é acusado de impío, e para evitar o que el denominou o “o segundo atentado contra a filosofía” foxe a illa de Eubea onde morre un ano despois, no 322a.C., aos 62 anos. O seu discípulo Teofrasto foi o novo director e continuador do Liceo

OBRA:

Temos que destacar que as obras de divulgación perdéronse, quedando soamente fragmentos. Os que quedan son os cursos dados no Liceo, o que explica a súa forma árida de escribir.

Sobre as súas obras, dicir que pasaron por avatares (escondidas, recuperadas..) e a súa ordenación é producto de Andrónico de Rodas, o undécimo director do Liceo, que as foi agrupando por temas, podendo establecer os seguintes bloques:

-Organon: corresponde as obras de Lóxica: Categorías, Tópicos, Analíticos

- Libros que tratan sobre a natureza : Física, Sobre o ceo, Sobre a xeración e a corrupción.

Incluímos libros que tratan sobre a Psicoloxía e a Bioloxía: Sobre a alma, Hª dos animais. -Metafísica: trata sobre ontoloxía e teoloxía

-Tratados de Ética e de Política: Ética a Nicómaco, Ética a Eudemo, A Política -Textos que tratan sobre as ciencias produtivas: A retórica, A Poética

2. CRÍTICA DA DOUTRINA PLATÓNICA.

Con Platón e Aristóteles atopámonos por primeira vez un sistema completo de pensamento, bosquexasen todos os temas que interesaron ao longo da historia da filosofía, sendo o enfoque de Aristóteles máis empírico que o de Platón.

A obra de Aristóteles toca moitos temas, por iso é cualificada de “enciclopédica”, pero non tivo tanto éxito coma a do seu mestre, xa que non foi plenamente coñecida ata a súa traducción completa na Idade Media,

(4)

momento no que foi recoñecido como “o filósofo” por pensadores árabes, xudeus, cristiás; e será a base das súas especulacións metafísicas. A súa cosmoloxía será a oficial ata a constitución da ciencia moderna no s.XVI. Vai coincidir con Platón na necesidade de establecer cal é a verdadeira natureza das cousas, o problema do coñecemento consistirá en saber cal é a maneira de acceder a ela. Coincide tamén en pensar en que o home está feito para a ciencia e que esta versa sobre o xeral e universal e ao igual que Platón trata de fundamentar esta postura; pero diferénciase de Platón na dirección que escolle para fundamentar a ciencia xa que a posición de Platón de colocar a auténtica realidade nun mundo distinto ao noso, establece unha serie de problemas dos que o propio Platón foi consciente nas súas últimas obras. Rexeita así Aristóteles certos temas do platonismo, debido os problemas que establece a existencia do mundo das ideas.

Vexamos a súa crítica á Teoría das Ideas:

1) A metafísica aristotélica elabórase en boa medida como reacción á teoría das Ideas de Platón. Non parece que Aristóteles manifeste ningunha oposición crítica á teoría das Ideas durante a súa permanencia na Academia. Todo indica, pola contra, que as primeiras críticas á teoría das Ideas elabóranse logo do seu abandono da Academia, cando Aristóteles comeza a perfilar a súa propia filosofía. Hai que recordar, con todo, que xa Platón criticara a teoría das Ideas no Parménides, e que probablemente a teoría das Ideas fora obxecto de numerosas controversias na Academia. Non ten sentido, pois, buscar na crítica aristotélica á teoría das Ideas ningún tipo de razón persoal que puidese enfrontar a Aristóteles con Platón, senón, como o mesmo Aristóteles dinos na "Metafísica", a simple procura da verdade.

2) Aristóteles estará de acordo con Platón en que hai un elemento común entre todos os obxectos da mesma clase, o universal, a Idea, que é a causa de que apliquemos a mesma denominación a todos os obxectos do mesmo xénero; admitirá, polo tanto, que ese universal é real, pero non que teña existencia independente das cousas, é dicir, que sexa subsistente. A teoría das Ideas, polo demais, ao dotar de realidade subsistente ao universal, á Idea, duplica sen motivo o mundo das cousas visibles, establecendo un mundo paralelo que necesitaría á súa vez de explicación.

3) Tampouco é capaz de explicar o movemento das cousas, que era un dos motivos da súa formulación; (recordemos que, do mesmo xeito que os pluralistas intentaban coa súa proposta explicar a permanencia e o cambio, a teoría das Ideas proponse coa mesma finalidade); agora ben, esta teoría non ofrece ningún elemento para explicar o movemento, o cambio, xa que sendo as Ideas inmóbiles e inmutables, se as cousas son unha imitación das ideas haberían de ser tamén inmóbiles e inmutables; pero se cambian de onde procede ese cambio?. ("Metafísica", libro 1,7)

4) Aristóteles considera que a teoría das Ideas é imposible, xa que establece unha separación entre o mundo visible e o mundo intelixible, é dicir, entre a sustancia e aquilo polo que unha sustancia é, a súa forma ou esencia. As Ideas, en efecto, representan a esencia das cousas, é dicir, aquilo polo que as cousas son o que son. Como é posible que aquilo polo que algo é o que é non resida no obxecto, senón fóra del? Como é posible que aquilo que fai que o home sexa home, a súa esencia, a Idea de home, non resida no home, senón que exista independentemente del? As formulacións de Platón para tratar de explicar a relación entre as Ideas e as cousas, as teorías da participación e a imitación, polo demais, lonxe de explicar devandita relación non son máis que metáforas. Xa o mesmo Platón criticara devanditas teorías no Parménides; Aristóteles insistirá nas súas carencias

5) Por outra banda, as cousas non poden provir das Ideas; con todo, é esa unha afirmación crucial da teoría das Ideas, ao concibir que as Ideas son causa das cousas; non entanto, é o mesmo Platón no Timeo quen explica que as ideas son só o modelo no que se inspira o Demiúrgo para modelar as cousas, é dicir, as causas exemplares das cousas, pero non as súas causas eficientes. ("Metafísica", libro 1,7).

6) Se a ciencia supón un coñecemento doutro mundo distinto deste, cal é o valor da ciencia? (vemos que está sempre presente a influencia e preocupación “naturalistas” que caracterizan a Aristóteles)

7) Nesta crítica aristotélica á teoría das Ideas albíscanse xa os fundamentos da súa propia metafísica: ante a imposibilidade de que Ideas expliquen coherentemente a causa do real proporá a teoría das catro causas do ser; e ante a irrealidade das Ideas, proporá a súa teoría da substancia: vai intentar solucionar este problema trasladando a dualidade do mundo platónica no interior das cousas mesmas, aos seres

(5)

individuais da natureza. Trátase, polo tanto, de investigar acerca dos principios universais do ser (ente)

presentes en todos os seres particulares.. A inconsistencia da explicación platónica do cambio, polo

demais, levaralle a propor a distinción entre ser en acto e ser en potencia. Podemos resumir a postura de Aristóteles respecto de Platón no seguinte:

1º) Ao principio foi seguidor de Platón, de feito as súas primeiras obras foron escritas en forma de diálogo.

2º) Logo é crítico co seu mestre, elaborando o seu propio pensamento: as cousas individuais constitúen a verdadeira realidade e admitirá a validez do coñecemento sensible como punto de partida de todo coñecemento

*(Ver fotocopia adxunta ao final do tema sobre a relación entre Platón e Aristóteles). 3. A CLASIFICACIÓN DAS CIENCIAS:

Aristóteles fronte a Platón entende a universalidade da ciencia como o resultado da conxunción de todos os saberes. O saber está articulado en diversas ciencias particulares e autónomas. O conxunto de todas elas constitúe a ciencia: o coñecemento de todos os aspectos da realidade.

Partindo de que a ciencia abarca a totalidade do que hai, a necesidade de clasificar os diversos obxectos da lugar á aparición de diversas ramas da ciencia, é dicir, aparecen as ciencias particulares. Aristóteles distingue tres clases de ciencias que se correlacionan con tres tipos de actividades humanas, ordenadas xerarquicamente de máis a menos perfectas, quedan así:

A) CIENCIAS TEÓRICAS ou especulativas, que teñen por obxectivo acadar o coñecemento teórico da realidade, a busca da verdade. Comprenden por orde xerárquica: Filosofía Primeira, Matemática, Física. A Filosofía primeira ou Teoloxía ou Metafísica é a ciencia suprema porque estudia as realidades supremas, as realidades inmóbiles e separadas da materia: o ser en canto ser e Deus como ente supremo. A Matemática estudia entidades inmóbiles pero non separadas da materia (fronte Platón). A Física estudia entes móbiles e materiais dentro da natureza.

B) CIENCIAS PRÁCTICAS que se ocupan da acción humana individual ou social en canto diríxese a conseguir algún fin. Son a Política e a Ética. A Política estudia os principios relacionados coa convivencia xusta dentro da polis ou Estado. A Ética que é unha parte da política, trata sobre o ben, a vida boa ou feliz.

C) CIENCIAS PRODUTIVAS (poéticas) relacionadas coa actividade técnica ou produtiva (poiesis). Son as distintas artes como a Retórica e a Poética. A Retórica versa sobre a forma de persuadir a un auditorio

mediante a palabra. A Poética versa sobre a produción estética de obras de arte: comedias, traxedias, poesía,

etc.

Aristóteles rexeita a dialéctica platónica como método de acceso ao saber e é consciente da necesidade dun instrumento para o traballo intelectual, e funda a Lóxica como un instrumento ao servicio de todas as ciencias, é polo tanto un instrumento metodolóxico.

4. METAFÍSICA: A EXPLICACIÓN DA REALIDADE.

Ao que denominamos hoxe en día Metafísica, Aristóteles chamoulle Filosofía Primeira. O concepto de metafísica foi acuñado por Andrónico de Rodas no s.I.a.C. cando procedeu a organizar as obras de Aristóteles atopouse con catorce tratados sobre o ser, que colocou despois da Física: metá tá physiká.

Esta ciencia é a superior de todas as ciencias, por varios motivos:

1º) porque non está vinculada as necesidades materiais nin pretende satisfacer obxectivos prácticos. Busca o saber por si mesmo e a verdade pola verdade. É a ciencia máis libre porque non ten que servir a ningún fin senón que o fin é o saber mesmo.

2º) Seguindo a liña platónica, considera que a ciencia, o verdadeiro coñecemento, soamente pode ter por obxecto o universal e necesario, pois das cousas singulares, cambiantes soamente podemos ter unha opinión mudable non verdadeiro coñecemento. Pois ben, a Filosofía Primeira trata sobre o máis universal que existe: “o ser en canto ser e os atributos esenciais”. As demais ciencias son segundas respecto a ela porque tratan o ser

(6)

dende un certo punto de vista, son ciencias particulares porque acoutan unha parcela do ser e se reducen a ela. Así a Filosofía Primeira é Ontoloxía, xa que estudia os aspectos máis comúns e xerais do ser.

3º) Aristóteles afirma que a ciencia por excelencia debe ter por obxecto o ser por excelencia, e este é Deus. A Filosofía Primeira é a ciencia do obxecto máis excelente e primeiro, e por iso é Teoloxía

4.1. O ser e a substancia

.

A Filosofía Primeira é a ciencia do ser en canto ser, do máis común e universal. Agora ben, que é o ser?

Parménides e os eléatas o entenderon como algo unívoco e único, é dicir, tiña un único significado: referíase a algo existente fronte a nada; non existía máis que o ser. Aristóteles supón a total superación da filosofía eleática ao considerar que o ser é esencialmente diverso e dinámico. Para Aristóteles o ser é un concepto análogo, é dicir, “o ser dise de moitas maneiras”, hai varias maneiras de ser, xa que se pode aplicar con certos matices ás distintas cousas do universo, porque aínda que de modo diferente todas as cousas “son”. Aínda que hai diversas maneiras de ser, todas elas se refiren a un termo único que é a substancia. Todas elas son análogas porque se refiren a substancia.

Exemplo: o ser dise de moitas maneiras: dise de algo que é branco no sentido dunha calidade súa, dise de algo que é no sentido de que existe, dise ser racional para designar a esencia de algo, dise que as marabillas son sete para indicar a súa cantidade.

Xa dixemos que existen varios modos de ser, pois ben, todos estes modos de ser refírense a substancia: ou son substancias ou modificacións (accidentes) da substancia. Noutras palabras: TODO O QUE EXISTE, EXISTE COMO SUBSTANCIA OU COMO ACCIDENTE (modificación) DA SUBSTANCIA.

Para facer esta análise parte do modelo da proposición lingüística: S é P, sendo S o suxeito, e correspondéndose coa substancia e P o predicado, o que se di do suxeito, correspondéndose cos accidentes. A

substancia e os accidentes son os xéneros supremos do ser, aos que Aristóteles chama categorías.

SUBSTANCIA: é sempre suxeito (hypokéimenon), o soporte dos accidentes.

ACCIDENTES: aquelo que soamente pode existir noutro, como un predicado da substancia. A necesidade que teñen os accidentes de “darse” nunha substancia impide que poidan existir separados. Son as modificacións e alteracións da substancia e refírense sempre a ela. Aínda que aportan determinados aspectos á substancia, a súa desaparición non modifica esencialmente a cousa individual.

Exemplo: “Ese home é músico”. Neste caso “músico” non expresa a esencia do home, senón só o que poda suceder que sexa ese home.

Os accidentes son:

Cantidade (2 metros) Lugar (casa, parque)

Cualidade (branco, malo) Tempo (agora, hoxe)

Relación (dobre, pai, fillo) Posición (sentado, deitado) Estado ou condición (armado, cabreado)

Acción (lendo, cantando, gritando) Paixón (querido, cociñado, odiado)

Exemplo: Este é un home, de 1.80 de altura, de pel branca, fillo de Pedro que está na praza, agora, sentado e armado, insultando e sendo insultado.

Comprobamos entón que a pregunta polo ser redúcese a outra ¿que é a substancia? E a substancia é o

ser propiamente dito. A substancia para Aristóteles son os individuos concretos, fronte a Platón que eran as

ideas, e ademais fronte a Parménides quen mantiña que o ser era uno, Aristóteles vai manter que hai moitas substancias.

Este mundo recupera a súa plena realidade: é o individuo ao que temos que chamar ser e non a idea. A substancia é algo perfectamente concreto e determinado, é o principio constitutivo do ser na súa totalidade. Polo tanto, identificamos substancia con individuos concretos

Polo tanto, identificamos substancia con individuos concretos, pero Aristóteles estende o seu significado:

(7)

Substancia segunda: (o universal) a especie (animal) e o xénero (home).

Parece que Aristóteles recae no platonismo, pero non é así: 1º) recoñece que en sentido estricto a substancia é o individuo.

2º) recoñece que xénero e especie son algo real porque sobre elas versa a ciencia, xa que esta estudia o xeral e o universal (seguindo a Platón). Pero mantén que non existen separadas da substancia primeira senón unicamente nelas porque é unha distinción puramente mental. A substancia primeira é o suxeito último no que teñen a súa existencia a especie e o xénero.

4.2. Composición da substancia: a teoría hilemórfica

.

Todas as cousas son un composto (synolon) de materia (hylé) e forma. (morphé) MATERIA e FORMA non son propiamente entidades separadas senón aspectos que a nosa mente é capaz de distinguir nas cousas. Non son dous principios opostos que se exclúen e se podan escindir, non se poden separar fisicamente senón mediante a abstracción, posto que constitúen unha realidade única: a substancia concreta.

MATERIA: aquelo do que están feitos os seres (ósos, carne, madeira, bronce, prata, etc.). É pasiva, informe, é o principio dos caracteres individuais dos seres, o que individualiza.

FORMA: aquelo que fai que algo sexa o que é, o que fai que unha substancia sexa un determinado ser e non outro.

 Equivale a ESENCIA (eidos) ou NATUREZA (physis) de algo.

 É o principio de intelixibilidade, de universalidade, de dinamismo. En realidade é a idea platónica, que non se atopa no mundo ideal senón no interior de cada substancia individual.

 Fai referencia á especie (o universal, o inmutable), que da a posibilidade da ciencia.

 Non se debe confundir a forma co simple aspecto externo (mesa cadrada ou redonda). A forma é o principio que identifica a unha pluralidade de individuos dentro da mesma especie ou clase, é polo tanto, o común a toda a especie; preexiste e subsiste ao individuo.

Aristóteles concede prioridade a forma sobre a materia, xa que ela é a esencia do individuo, soamente ela é definible e cognoscible. O dualismo ontolóxico platónico é substituído polo hilemorfismo aristotélico.

Tanto a materia coma a forma só existen no composto de ambas, isto é, no individuo concreto. Este individuo é o que se procrea e está sometido o devir. A forma intelixible está sempre unida a materia sensible agás no caso de Deus, que é forma pura sen materia.

4.3. Tipos de seres:

Aristóteles distingue entre seres naturais, seres artificiais e o ser supremo.

a) Seres naturais. Teñen espontaneidade e finalidade. A espontaneidade significa que teñen en se mesmos o fundamento do seu cambio o movemento (ou o do seu repouso). Exemplo: a pedra móvese cara abaixo por natureza e o fume cara arriba. Nos seres vivos esta natureza é a alma (psyché), principio vital que explica as súas actividades. A finalidade refírese a que tales seres obran por fins e non por azar, é dicir, móvense para acadar a súa perfección. A ciencia que os estudia é a Física.

b) Seres Artificiais: teñen finalidade pero non espontaneidade. Son artefactos producidos pola técnica humana. A finalidade é introducida neles por un axente exterior. Como son producto da técnica humana son estudiados polas distintas Artes.

c) Ser supremo: é o único ser inmutable e independente da mente humana, denomínase theós. A ciencia que se ocupa do seu estudio é a Teoloxía.

5. A FÍSICA: O ESTUDIO DA NATUREZA.

A Física estudia, ao igual que a Metafísica, a substancia, pero fixándose en distintos aspectos. Non estudia a substancia en tanto que é, senón tendo en conta o seu aspecto dinámico. A Física estudia, polo tanto, a

(8)

substancia en tanto principio ou fundamento do cambio, e en tanto é caracterizada así denomínase natureza. Natureza é a substancia en canto que ten en se mesma e por se mesma capacidade de cambio e de movemento; neste sentido como acabamos de ver na pregunta anterior Aristóteles contrapón os seres naturais aos seres artificiais.

Temos que clarificar aquí o significado do termo movemento. Para nós, actualmente, o movemento interpretámolo como movemento no espacio, pero para os gregos este concepto tiña un significado máis amplo, entendíano como calquera modificación que podería sufrir unha cousa. O termo actual que máis se lle aproxima a este significado máis amplo é o de cambio.

Con respecto ao problema do movemento ou cambio, Aristóteles vai criticar as distintas solucións propostas polos filósofos anteriores:

-non está de acordo con Heráclito en que todo cambia -nin con Parménides en que todo permanece

-e a duplicación de mundos que fai Platón é unha solución inútil que o único que fai é complicar o problema.

Aristóteles nega a existencia dos universais separados dos individuos. O real para Aristóteles é o ser individual e a súa característica esencial é o cambio, o movemento.

O problema que intentou resolver Aristóteles é cómo se produce o cambio, Que é o que ocorre nun ser cando se ve sometido ao cambio.?

5.1. Principios do cambio:

Para entender o movemento, o cambio, son necesarios tres principios: un substrato, unha forma e unha privación. En todo cambio hai algo que permanece e algo que cambia: o que permanece é o SUBSTRATO en el é onde se produce o cambio. Todo cambio supón que o substrato ADQUIRE UNHA FORMA da que antes do cambio encontrábase privado. O que é o mesmo, temos:

Punto de partida: privación da forma Punto de chegada: a forma

O que asegura a continuidade do cambio: substrato Imos relacionar esta idea coa Teoría Hilemórfica:

Materia: sería o substrato indeterminado onde se produce o cambio Forma:- en canto privación é o punto de partida

-en canto se vai realizando é o punto de chegada.

Todo individuo ao cambiar o que fai é realizar cada vez máis a forma que lle é propia. Vemos aquí a CONCEPCIÓN TELEOLÓXICA que Aristóteles ten da natureza: os seres tenden a súa perfección.

5.2 Definición do cambio: acto e potencia.

Para Parménides o cambio era algo irracional, pois supoñía un paso do ser á nada e da nada ao ser. Para refutar a imposibilidade lóxica do cambio, Aristóteles introduce os conceptos de POTENCIA e ACTO, diferenciando entre “ser en potencia” e “ser en acto”, intentando dar con eles unha explicación última do devir da substancia.

SER EN POTENCIA:(dynamis) significa posibilidade ou capacidade de poder ser (aquelo que algo é por natureza). Exemplo: o mármore é en potencia unha estatua; a madeira é en potencia unha mesa.

SER EN ACTO: realización, fin ou cumprimento dun proceso. Tamén se denomina entelechia que denota o fin dun proceso (telos=fin, echein= ter). Exemplo: cando o escultor saca do mármore a estatua, está xa finalizada, é un ser en acto.

Ambos conceptos son correlativos. Cada ser nun momento posúe unhas características que constitúen o seu acto e tamén nese momento posúe unhas posibilidades que pode desenvolver e que constitúe a súa potencia.

Exemplo: o ladrillo é materia respecto a unha casa, e forma respecto a arxila.

Pero non todo pode ser calquera cousa, unha cousa está en potencia respecto do que pode chegar a ser Exemplo: unha eiruga nunca poderá chegar a ser un médico pero si unha fermosa bolboreta.

(9)

Pois ben, a realización das potencialidades é o movemento, o paso da potencia ao acto; actualización ou realización das posibilidades dun ser.

O cambio dáse cando se produce en realidade o que estaba en cada ser como posibilidade. Todo cambio ten un sentido finalístico, teleolóxico, en función da finalidade específica de cada ser. O cambio non é, fronte a Parménides, un paso da nada ao ser nin do ser a nada, pois entre a pura nada e o puro ser, está o ser en

potencia. Todos os seres da natureza, por seren móbiles ou cambiantes, están compostos de acto e de potencia,

salvo Deus, o ser máis perfecto, acto puro sen potencia.

Se relacionamos os conceptos de acto e de potencia cos de materia e forma vemos que: a materia posúe en potencia unha forma, que realizada no cambio é o acto da súa potencia.

5.3. Tipos de cambios:

Aristóteles distingue dous tipos de cambio: substancial e accidental.

CAMBIO SUBSTANCIAL: cando cambia a substancia mesma, as propiedades esenciais dun ser. Poden ser de dous tipos: xeración: cando aparece unha nova substancia ou ser; e o de corrupción cando desaparece unha substancia para converterse noutra (exemplo: cando o papel arde este se converte en cinza). A xeración e a corrupción son inseparables, a xeración dun ser implica a corrupción doutro.

CAMBIO ACCIDENTAL: cando cambia un accidente ou unha propiedade secundaria dun ser. Son de tres tipos:

-Cualitativos: alteración de calquera das súas propiedades. Por exemplo, cambiar de cor de pelo, de aroma, de coñecementos.

-Cuantitativos: alteración da cantidade. Por exemplo, crecemento, engordar, diminución. -Locativos: translación dun lugar a outro. Por exemplo, ir de Vilalba a Coruña ou a Lugo.

5.4. As causas do cambio.

Aristóteles non se contenta con explicar como se produce o cambio senón que tamén trata de explicar por que se produce, busca as causas do mesmo porque o coñecemento científico é coñecemento das causas. Vai ser o primeiro filósofo que sistematiza a teoría das causas, intenta mediante elas explicar todos os procesos e cambios da natureza.

A noción de causa en Aristóteles é moito mais ampla que a que manexamos na actualidade. Así para Aristóteles hai catro causas: dúas intrínsecas (internas) aos seres que cambian, e dúas extrínsecas(externas)

CAUSAS INTRÍSECAS:

 Causa material: é a materia da que está feita a cousa, o substrato sobre o que se produce o cambio.

 Causa formal: é a esencia. É o que fai que a materia indeterminada pase a ser unha substancia concreta.

CAUSAS EXTRÍNSECAS:

 Causa eficiente: a que orixina o proceso ou movemento (axente, productor da cousa).  Causa Final: aquelo para o que se produce o cambio, a meta ou propósito.

Exemplo: nunha estatua de bronce as causas serían: a causa material= bronce, a causa formal= o contido que representa, o deseño na mente do artista, a causa eficiente= o escultor, a causa final=para adornar nunha praza ou vender.

Nos procesos artificiais é fácil distinguir as catro causas, como no exemplo anterior. Pero nos procesos naturais, en especial nos seres vivos é moi complicado, pois identifícanse a causa eficiente, formal e final. A forma (alma nos seres vivos) sirve de motor e fin ao mesmo tempo.

A causa final é a máis importante de todas e atribúese a Aristóteles a súa paternidade. A causa eficiente aparecera xa en Empédocles e Anaxágoras, a material nos xonios e a formal nos pitagóricos e Platón (nº e

(10)

ideas). Da prioridade que lle dá Aristóteles á causa final, deriva a interpretación teleolóxica ou finalista que fai do universo, fronte o mecanicismo de Demócrito. Segundo Aristóteles os seres naturais actúan por fins e non por puro azar, tenden a acadar a propia perfección de maneira inconsciente. Con esta idea Aristóteles fixo inmanente a figura do Demiúrgo platónico: a natureza executa un plan inmanente, non introducido desde fóra por unha divindade. Esta visión teleolóxica do mundo hérdaa de Platón, pero tamén obedece a súa experiencia de zoólogo e naturista.

5.5 .Theós como causa final do movemento.

Aristóteles pensa que para que un corpo se mova (paso da potencia ó acto) é necesario un motor que poña en marcha dito proceso: “Todo o que se move é movido por outro”é un dos principios fundamentais da súa Física, que se manterá vixente ata Galileo.

Nos seres naturais ese motor é a forma que actúa a súa vez como causa eficiente e final. Pero, quen move a forma para que esta mova a materia?. Se o motor de cada ser necesita doutro motor para mover e este doutro, a este doutro, e como non se pode proceder así ata o infinito (quedaría sen explicación o movemento), entón é necesario admitir a existencia dun primeiro motor inmóbil (obxecto de estudio da Teoloxía ou Filosofía Primeira), capaz de mover sen que necesite ser movido e explicación última de todos os cambios, xa que move o mundo dende a eternidade (o tempo e o movemento son eternos).

Este motor inmóbil (theós) é acto puro, é inmutable. É a causa final de todos os movementos como foco de atracción dos seres inferiores, os cales veno como obxecto de desexo ou amor. Todos os seres ansían a perfección divina que é repouso eterno. É a máis perfecta das substancias e polo tanto ten que levar a vida máis excelente de todas: a vida contemplativa, a vida do pensamento. Pero, en que pensa Deus? Ten que pensar na cousa máis excelente, e esta non é senón el. Deus, pénsase a se mesmo e nada máis que a se mesmo, nese sentido é pensamento do pensamento, que é a máxima felicidade. Non é un deus creador, no pensamento grego a idea de creación é estraña e o mundo é tan eterno coma Deus, quen ignora o mundo.

5.6. A cosmoloxía: estrutura do cosmos.

Aristóteles concibe o cosmos como un conxunto de esferas concéntricas (55 en número), que van desde a esfera da Terra (en repouso no centro do sistema) á esfera das estrelas fixas na periferia. No seu tratado Sobre o ceo, distingue dúas rexións no cosmos:

MUNDO SUBLUNAR OU TERRESTRE: abarca todo canto hai baixo a Lúa. Mundo imperfecto sometido a xeración e a corrupción. Os corpos desta rexión están compostos dos catros elementos: terra, auga, aire e lume; e están sometidos a movementos rectilíneos ascendentes e descendentes.

MUNDO SUPRALUNAR OU CELESTE: vai dende a esfera da Lúa ata a esfera das estrelas fixas. É o mundo dos astros, formados por un quinto elemento ou éter. Non hai xeración nin corrupción e os corpos celestes teñen o movemento perfecto, o movemento circular. Os astros están suxeitos a esferas (55) que son movidas por intelixencias motoras. O mecanismo das esferas é movido polo primeiro motor inmóbil.

Esta imaxe do cosmos como finito, xeocéntrico perdurará ata o Renacemento conciliada coa idea de creación, e que será obxecto de rexeitamento cando Galileo estableza que a física celeste e terrestre son idénticas.

6. ANTROPOLOXÍA: TEORÍA SOBRE A ALMA.

Ao principio do seu pensamento mantiña unha visión dualista do ser humano semellante á platónica, pero na súa madurez afastarase definitivamente desta concepción ao aplicar a teoría hilemórfica ao ser humano.

Para Aristóteles o ser humano está formado por: ALMA, que é a forma, acto do corpo, principio de vida; e polo CORPO, que é a materia, potencia. Non son dúas substancias contrarias senón elementos dunha única substancia que é o home.

(11)

O corpo só ten vida en potencia, sendo a alma o principio que pon a vida en acto. O corpo sen alma deixaría de ser un organismo e unha alma sen un corpo non sería nada; polo tanto non son separables, non é unha unión accidental senón esencial, natural.

No seu tratado Sobre a alma Aristóteles define a alma como “a entelequia primeira dun corpo natural que ten a vida en potencia, é dicir, dun corpo organizado”. Ao definir a alma en termos de vida ou tamén de automovemento, resulta que todos os seres vivos teñen alma, teñen principio vital. Aristóteles distingue tres tipos de alma, cada unha delas cunhas funcións determinadas, posuíndo a facultade superior a función inferior, ademais das súas propias, tendo así unha visión xerárquica dos seres vivos e das almas correspondentes, estando no cumio o ser humano. Distingue entre:

Alma Vexetativa: funcións de nutrición, crecemento e reproducción. Alma propia das plantas. Alma Sensitiva: funcións de sensación movemento no espacio. Alma propia dos animais. Alma Racional: alma propia do ser humano, pola que fala, pensa e razoa.

Polo tanto, as plantas terían alma vexetativa, os animais terían as funcións propias da alma vexetativa máis as da sensitiva, e os seres humanos terían as tres.

Aristóteles considera que a alma vexetativa e a sensitiva están necesariamente unidas ao corpo mentres que a alma racional é separable do mesmo, e en canto a inmortalidade da mesma non o deixou de todo claro.

Hai que destacar tamén a consideración que fai Aristóteles da muller. No pensamento aristotélico atópase unha concepción androcéntrica e sexista cando afirma que a muller é un “varón incompleto” que non acadou o seu desenvolvemento biolóxico. Define así ao xénero feminino a partir dunha carencia biolóxica: o home é forma e principio de movemento, e a muller é corpo e materia.

7. TEORÍA DO COÑECEMENTO:

7.1. O proceso do coñecemento: o proceso de abstracción.

Aristóteles distingue como Platón dous tipos de coñecemento:

Coñecemento Sensible: propio dos sentidos, o cal ten valor para Aristóteles ao contrario que para

Platón

Coñecemento Intelectual: propio do entendemento.

Hai un íntima relación entre ambos tipos de coñecemento, unha continuidade, posto que o intelixible non pode separarse do sensible. A orixe e principio de todo coñecemento é o coñecemento sensible, o coñecemento do particular, do individual que captamos a través da sensación (vexo a mesa material). Aristóteles ten unha concepción empirista do coñecemento, para el o coñecemento empeza polos sentidos.Neste aspecto, os sentidos revalorízanse pero, ao mesmo tempo, hai que afirmar que o coñecemento sensible non é suficiente. Cos sentidos capto o obxecto concreto, por exemplo, vexo un templo dedicado a Zeus; pero non é suficiente. Hai que explicar de que maneira a partir destas imaxes concretas chego á forma, á idea, ao concepto universal de templo, que é o único que pode proporcionar coñecemento obxectivo e universal.

O coñecemento intelectual recae sobre o universal ou esencia intelixible ou inmaterial (coñecer a mesa abstracta e universal significa coñecer a esencia de todas as mesas). O paso dos sentidos (que captan o particular) ao entendemento (que capta o universal) dáse por medio dunha facultade intermedia chamada

fantasía ou imaxinación (que ten por obxecto as imaxes das cousas antes percibidas). Polo tanto, o

coñecemento é un proceso que parte da sensación, pasa pola imaxinación e remata no entendemento.

O universal obtense a partir do particular, mediante unha operación que se chama abstracción, e que consiste no seguinte: cando o home capta a través dos sentidos algún obxecto, fórmase na súa fantasía unha imaxe do obxecto. Nesa imaxe recóllese de maneira directa a materia do obxecto (a súa individualidade), e o universal encóntrase soamente en potencia. Entón, sobre esa imaxe actúa o entendemento axente, e consegue desmateriarizala, descubrindo así a forma (universalidade). Unha vez realizada esta operación, o entendemento axente pasa a forma (abstraída da imaxe) ao entendemento paciente e este coñece o universal.

(12)

-Entendemento Paciente: di que é como unha táboa na que non hai nada escrito ata que o entendemento

axente “escribe” os conceptos universais das cousas.

-Entendemento Axente: é difícil de entender a súa natureza. Nalgúns textos fala de el como algo

“supraindividual”, incluso inmortal, o que deu lugar a que houbera diferentes interpretacións por diversos autores. Aristóteles non deixou nada claro esta cuestión.

Resumindo un pouco todo o proceso do coñecemento quedaría así: o coñecemento intelectual baséase no coñecemento sensible quen proporciona os materiais que van servir para elaboralo e este se alcanza despois dunha complexa operación chamada abstracción (o entendemento actúa sobre as imaxes separando todo o que hai nelas de particular e concreto para formar o concepto universal). O universal así coñecido, é proxectado despois sobre o singular, que a súa luz é coñecido dun modo máis perfecto. *(Ver fotocopia adxunta ao final do tema)

7.2. Graos do saber ou niveis do coñecemento:

En sentido ascendente, desde o máis imperfecto ata o máis perfecto, establece Aristóteles os seguintes graos: experiencia ou saber empírico, a técnica ou saber técnico, a prudencia ou sabedoría práctica, a ciencia, a intuición intelectual e a sabedoría teórica. Imos velos un por un:

EXPERIENCIA: é un saber nacido do hábito, que aplica regras pero sen dar razóns delas. A través da sensibilidade obtemos a experiencia ou coñecemento empírico, que se refire a cousas particulares e concretas.

A través do entendemento coñecemos o universal que hai nas cousas particulares, o que nos dá un

coñecemento estricto, o cal pode ser práctico ou teórico.

O Coñecemento Práctico pode ser de dous tipos:

(a)SABER TÉCNICO (téchne), “saber facer” (regras, destrezas), son medios orientados á fabricación de artefactos útiles (mesa, cadeira) ou a produción de obxectos belos (estatua, poema).

(b)SABER PRÁCTICO (phrónesis= prudencia), “saber actuar”, é un saber orientado a obrar ben nas situacións relacionadas coa vida “boa”, é dicir coa moral e a política.

O Coñecemento Teórico ten tres tipos sucesivos de saber:

(a)A CIENCIA (episteme): é coñecemento do universal e necesario baseado na demostración e na indagación das cousas.

(b)COÑECEMENTO INTUITIVO OU INTUICIÓN (nous) é un coñecemento sobre os principios xerais que dirixen as ciencias, que non son demostrables (principio de non contradicción, principio de tercio excluso, etc.)

(c)SABEDORÍA TEÓRICA (sophía) inclúe os dous graos anteriores, é o máis alto grao de saber e culmina na contemplación das entidades supremas que estudia a Metafísica.

Cando se converten en hábitos de conducta os cinco últimos graos de saber dan lugar as virtudes

chamadas dianoéticas ou intelectuais, que Aristóteles estudia na Ética. * (Ver fotocopia adxunta ao final do tema)

8. TEORÍA MORAL:

En coherencia coa teleoloxía que domina a natureza en xeral, Aristóteles fai unha interpretación teleolóxica da natureza humana. O ser humano, como ser natural que é, obra por fins. E o seu fin consiste na autorrealización, polo que pode ser definido como ben ou perfección. ¿Cal é o ben supremo do home, o fin último dos seus actos?. Conseguir a felicidade, a cal considera Aristóteles como autosuficiente, non é un medio para outro fin. Esta teoría é coñecida como EUDEMONISMO (eudaimonía = felicidade). A ética aristotélica é polo tanto unha ética eudemonista.

Para Aristóteles o problema con respecto ao concepto de felicidade é que non se está de acordo en que consiste, cada persoa considéraa dun xeito determinado. Para Aristóteles a felicidade consiste no exercicio perfecto da actividade propia do home, a actividade do pensamento e da razón. A felicidade consiste, polo tanto, na vida teorética, na actividade intelectual.

A dedicación a vida teorética, propia do sabio ou do filósofo require certas condicións materiais, pois a vida anímica non se pode dar separada do corpo e das súas necesidades; teñen que darse polo tanto, saúde

(13)

corporal, algunha riqueza ou bens externos, ocio e sobre todo liberdade. Vemos así, que a concepción aristotélica da felicidade é unha concepción elitista, xa que quedan excluídos os escravos, as mulleres e os embrutecidos polo traballo, ligados a necesidade de sobrevivir. A vida dedicada ao ocio e a liberdade está reservada a unha minoría. Despreza Aristóteles o traballo material e as actividades técnicas.

Pero Aristóteles tamén mantén que para conseguir a felicidade é necesario a práctica das virtudes; pero a felicidade non se identifica coa vida virtuosa, fronte Sócrates. A virtude é un medio, non un fin en si, é un medio para acadar a felicidade. A virtude non é unha capacidade innata senón un hábito adquirido a través do exercicio da práctica (a ética é para Aristóteles unha ciencia práctica, pois establece normas que orientan o comportamento humano)

Aristóteles define a virtude como hábito de obrar ben, dirixido pola razón, pero adquirido polo esforzo da vontade. As virtudes son modos de ser que imos creando mediante o uso da razón. Aristóteles oponse a tese intelectualista socrática de que ninguén elixe o mal se sabe o que é o ben, pois as paixóns inflúen na elección e na práctica do ben. As tendencias, impulsos, paixóns tenden o exceso ou o defecto, por iso a razón debe indicarnos cal é a xusta medida. Aristóteles preséntanos así a virtude como o termo medio entre dous extremos igualmente viciosos; vemos, pois, que a virtude ten algo de equilibrio estético, típico da arte clásica grega. Pero este punto medio non se pode tomar como algo absoluto, senón en relación a nós, debe establecerse de acordo coas circunstancias de cada un, é dicir, é un exercicio de prudencia. Exemplo: a valentía sería o termo medio entre a covardía e a temeridade; a xenerosidade seríao respecto da avaricia e do malgasto.

Tipos de Virtudes

:

Como o ser humano é ao mesmo tempo racional e irracional, Aristóteles distingue dous tipos de virtudes: dianoéticas (teóricas) e éticas (prácticas)

 Virtudes Dianoéticas ou intelectuais: relaciónanse coa vida teorética e son: técnica (téchne), a prudencia (phrónesis), a ciencia (episteme), a intuición (nous) e a sabedoría teórica (sophía). Estas virtudes son as máis importantes e pertencen a vida contemplativa, propia do sabio quen acada a verdadeira felicidade.

 Virtudes Éticas: ou de carácter práctico. Son por exemplo a fortaleza, a temperanza, a amizade, etc. Proporcionan unha felicidade secundaria. Destaca pola súa importancia a xustiza que é unha virtude social e política. Pero xustiza como equilibrio ten varios significados: hai unha xustiza xenérica, que corresponde á legal que consiste na observancia as leis. Pero hai tres tipos específicos de xustiza:

(a) Xustiza Distributiva: consiste no reparto proporcional dos bens de acordo cos méritos (b) Xustiza Conmutativa: consiste na igualdade nos intercambios comerciais.

(c) Xustiza Retributiva: é a que practica un xuíz tratando de reparar danos e delictos.

Finalmente, dicir que a Ética en Aristóteles ao igual que en Platón, está intimamente relacionada coa Política. Os individuos soamente poden lograr a felicidade dentro da comunidade política ou Estado; é ,polo tanto, unha Ética Social: os individuos son só partes que están subordinadas ao todo social. O estado é como un organismo no que o todo ten prioridade sobre as partes, pero ao mesmo tempo ten un fin ético: promover a xustiza e facer felices os cidadáns.

9. TEORÍA POLÍTICA:

A filosofía política de Aristóteles céntrase de forma realista na análise empírica. Aristóteles non fai unha deducción a priori dun Estado Ideal, fronte a Platón, senón que analiza de forma inductiva e realista as diversas constitucións do seu tempo e anteriores.

Adoptando unha vez máis un punto de vista teleolóxico afirma que “o ser humano é por natureza un

animal político”, o que implica que só dentro da polis ou Estado pode realizar a súa esencia. É certo que hai

animais gregarios que viven en colectividades pero limítanse a vivir uns xunto as outros, soamente o home vive nunha sociedade politicamente organizada. A sociabilidade humana non é algo convencional, como mantiñan os sofistas, senón que é algo natural, como ter ollos. Esta natureza social concorda coa natureza racional,

(14)

expresada a través da linguaxe. Ser un animal racional significa que ten razón e que ten palabra, sen a cal non hai comunidade política.

O Estado é algo natural, anterior por natureza a familia (unidade social básica, e na que o home ten autoridade real sobre os fillos e os escravos, e autoridade democrática sobre a muller), e a aldea (conxunto de familias), e tamén de cada home individual. O Estado, o todo, é anterior ás partes. Isto é consecuencia do ambiente histórico no que vivía Aristóteles: os gregos concibían aos individuos en función da cidade e non a cidade en función dos individuos. A prioridade do Estado fronte o individuo baséase no feito de que soamente el pode bastarse a se mesmo; é autosuficiente, mentres que o individuo e a familia necesitan dos demais.

O Estado ten como fin a felicidade e a perfección moral dos cidadáns. Ten unha finalidade ética: debe crear as condicións para que a vida do cidadán sexa unha vida boa, virtuosa e alcance a felicidade. Como vemos a Ética e a Política son inseparables. O Estado non só posibilita a vida moral senón tamén posibilita a vida intelectual, que é a máis acorde coa esencia humana. Por iso todos os traballadores manuais quedan excluídos da vida política e da cidadanía porque o traballo manual é degradante e impropio dos homes libres. Así os cidadáns quedan moi limitados en número, non son cidadáns os estranxeiros, traballadores, escravos e mulleres. Hai que resaltar aquí que para os gregos a escravitude tiña un fundamento natural, non social, uns son por natureza libres e outros escravos.

Formas de Goberno:

En canto as formas de goberno Aristóteles recolle a clasificación clásica grega. O Estado pode asumir diversas formas, é dicir, diferentes constitucións. A constitución é “a estrutura que ordena a cidade, establecendo o funcionamento de todos os cargos, e sobre todo a autoridade soberana”. O goberno pode ser exercido por un só home, por uns poucos ou pola maioría. Así mesmo, quen goberne pode facelo de acordo co ben común ou en interese propio. De aí que as formas de goberno (xustas) sexan: Monarquía, Aristocracia,

Democracia, coas súas correspondentes dexeneracións (inxustas) Tiranía, Oligarquía, Demagoxia. Nas tres

primeiras gobernan os mellores e os que actúan a favor do interese común. Nas tres últimas actúan aqueles que actúan en proveito propio. Aristóteles non considera máis convinte unha forma de goberno que outra senón que as diversas condicións xeográficas, económicas, políticas dos pobos son as que conducen a unha elección. Un bo goberno é o que permite que haxa xustiza, paz e estabilidade social, condicións que permiten unha vida tranquila aos seus cidadáns e ter os bens necesarios para vivir

(15)

DIFERENCIAS

PLATÓN ARISTÓTELES O idealismo platónico mira con nostalxia ao outro mundo. A filosofía aristotélica está centrada neste mundo.

A natureza, o mundo sensible é degradación, decadencia do mundo perfecto das

ideas. A natureza é o desenvolvemento ascendente dos seres buscando a súa perfección.

Contempla o mundo con ollos matemáticos, e na súa antropoloxía destacan elementos místicos - relixiosos, vivir neste mundo é un mal para a alma; idea de herdanza pitagórica.

Mira o mundo con ollos de biólogo, co cal valora as ciencias empíricas (bioloxía, física, astronomía) máis cas matemáticas e renuncia os elementos místicos do platonismo.

Ten unha concepción pesimista da materia e do cambio, despreza o mundo sensible e separa a forma intelixible da materia sensible. Mantén un dualismo ontolóxico no que o universal ten primacía sobre os individuos. Os entes particulares son copias das ideas.

Nega a existencia separada das ideas platónicas. As ideas non son trascendentes, senón inmanentes, o mundo intelixible reside dentro do mundo sensible, as formas están unidas á materia e o universal ao individual. O dualismo platónico transfórmase no hilemorfismo que se aplica a cada cousa ou substancia sensible. Pretende recuperar o valor da materia e do cambio (tendencia a perfección non a degradación) e tamén o valor ontolóxico do individuo fronte ao dominio do universal.

Os universais non son substancias, entidades subsistentes, senón meros predicados da substancia concreta. O ser individual é o ser por excelencia, o verdadeiro suxeito. Esta defensa do valor do individuo choca coa valoración epistemolóxica do universal, herdada de Platón, pois só hai ciencia do universal e non do individual.

ELEMENTOS PLATÓNICOS EN ARISTÓTELES

Na súa evolución intelectual, Aristóteles vaise distanciando progresivamente de Platón, pero na súa obra perduran elementos da teoría platónica. O universal como obxectivo da ciencia.

Transcendencia e inmortalidade do entendemento axente.

Primacía da forma sobre a materia e da substancia inmaterial (Deus) sobre a material. Superioridade da vida contemplativa.

Superioridade da metafísica sobre a física. Vínculo da ética coa política.

(16)
(17)

Coñecemento ( Concepción empirista )

empeza Externos Sensación Vista, oído, etc

coñécese mellor

SENTIDOS O PARTICULAR MATERIA

de forma directa cáptase materia

Internos Imaxe en potencia está a forma Ppo.individuación

Cto.Sensible Fantasía

Representación das cousas Ten valor / Platón facultade intermedia que manteñen trazos individuais entre sentidos e entendemento

SER continuidade: o intelixible OBXETO

HUMANO non pode separarse do sensible

Axente Ilumina o universal da imaxe (forma)

e o despoxa dos trazos individuais Difícil de entender, algo

“supraindividual”, nada claro

proxectada sobre ENTENDEMENTO

Paciente Concepto universal FORMA

Cto.Intelectual realismo esaxerado o común, a especie

Táboa rasa: nada escrito Polémica Idade Media realismo moderado

nominalismo

Cto. Verdadeiro

(18)
(19)

GRAOS DE COÑECEMENTO

EXPERIENCIA COÑECEMENTO ESTRICTO

Características

Particular e

concreto . Universal e abstracto

Tipos COÑECEMENTO PRÁCTICO COÑECEMENTO TEÓRICO

Nome TÉCHNE Técnica ou Arte PHRÓNESIS Prudencia EPISTÉME Ciencia NOUS Intuición SOPHÍA Sabedoría

Obxecto de estudio

Produccións

Artificiais Accións Esencias Principios Totalidade do ser

Finalidade Satisfacción das

Referências

Documentos relacionados

a) Doenças pré-existentes ao período de viagem (vigência do seguro) e quaisquer de suas conseqüências, incluindo convalescenças e afecções em tratamentos ainda

13 de Fevereiro; (ii) ou a entidades residentes em território português sujeitas a um regime especial de tributação. Não são igualmente dedutíveis para efeitos de

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de

Jayme Leão, 63 anos, nasceu em Recife, mudou-se para o Rio de Janeiro ainda criança e, passados vinte e cinco anos, chegou a São Paulo, onde permanece até hoje.. Não

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

O valor da reputação dos pseudônimos é igual a 0,8 devido aos fal- sos positivos do mecanismo auxiliar, que acabam por fazer com que a reputação mesmo dos usuários que enviam

O enfermeiro, como integrante da equipe multidisciplinar em saúde, possui respaldo ético legal e técnico cientifico para atuar junto ao paciente portador de feridas, da avaliação

Apothéloz (2003) também aponta concepção semelhante ao afirmar que a anáfora associativa é constituída, em geral, por sintagmas nominais definidos dotados de certa