• Nenhum resultado encontrado

TEMA 7. AS TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS NA ESPAÑA LIBERAL TEMA 7-A. TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "TEMA 7. AS TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS NA ESPAÑA LIBERAL TEMA 7-A. TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS"

Copied!
8
0
0

Texto

(1)

TEMA 7. AS TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS NA ESPAÑA LIBERAL

TEMA 7-A. TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS I.- ATRASO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

En España, o proceso de renovación agrícola, industrial e comercial foi, no século XIX e comezos do XX, débil e moderado; a isto contribuíron unha serie de factores:

- Obstáculos físicos e naturais: a disposición compartimentada do relevo que dificulta as comunicacións (unha alta meseta central rodeada de montañas), ríos pouco navegables, deficiente calidade das terras…

- Escasas transformacións nos sistemas agrarios: falta de renovación técnica e a mentalidade conservadora dos propietarios permitiron o mantemento dunha agricultura tradicional que empreñaba grandes cantidades de man de obra.

- Reducida capacidade de consumo do mercado interior: os baixos ingresos dos campesiños e dos obreiros, que vivían nunhas míseras condicións de vida e de mera subsistencia, limitaban a súa capacidade de compra, e polo tanto, os niveis de produción.

- Falta de competitividade dos produtos españois: os altos custos de produción, provocados tanto polos obstáculos físicos e naturais, como pola falta de renovación e especialización, fixo que os produtos españois non puidesen competir no mercado mundial e obrigou aos empresarios e ás autoridades a desenvolver unha política proteccionista.

- Despreocupación polas innovacións técnicas: as clases dominantes non prestaron atención ao desenvolvemento da educación e da investigación, o que orixinou o mantemento de altas taxas de analfabetismo e unha forte dependencia da tecnoloxía estranxeira.

- Escaseza de capitais e preferencia por investimentos inmobiliarios ou especuladores (Bolsa, débeda pública)

- Mentalidade dos empresarios e políticos: os primeiros procurando asegurar os seus beneficios mediante a protección do Estado para as súas actividades e sobreexplotando aos traballadores, en vez de innovar e ser competitivos; os segundos, garantíndolles o seu apoio legal.

II.- PRINCIPAIS ACTIVIDADES ECONÓMICAS

2.1. A REFORMA AGRARIA LIBERAL E AS DESAMORTIZACIÓNS

Cando se fala de reforma agraria hai que falar de desamortización, e esta consistiu na incautación por parte do Estado da maioría das terras pertencentes á Igrexa e aos concellos, que estaban amortizadas, para seren vendidas en pública poxa (subasta). Así se consolidou a propiedade privada e desapareceron as formas de propiedade compartida da terra. A razón fundamental para desamortizar foi o déficit de Facenda pero moitos dos

(2)

que apoiaron a venda destas propiedades estaban convencidos de que a liberalización da propiedade rural melloraría a eficiencia da agricultura.

A cambio das súas propiedades, a Igrexa recibiu como compensación o feito de que o Estado incluíra nos seus orzamentos unha partida para o mantemento do clero.

Etapas da desamortización

O proceso desamortizador iniciouse en 1798 por Carlos IV: a desamortización de Godoy (obrigado polos gastos de guerra) pero o groso do proceso tivo lugar no século XIX:

Ø O Goberno de Xosé I (1808-1813) para conseguir partidarios recorreu á supresión de conventos e á venda dos seus bens.

Ø En 1813 as Cortes de Cádiz promulgaron un decreto xeral de desamortización polo que o Estado confiscaba os bens dos afrancesados, das ordes militares, dos conventos suprimidos ou destruídos, e a súa venda, xunto con parte do patrimonio da Coroa e dos baldíos e terras dos concellos. Esta medida só estivo vixente durante o Trienio Liberal.

Ø En 1836 tivo lugar a desamortización eclesiástica de Mendizábal, decretándose a expropiación polo Estado dos bens das ordes relixiosas (clero regular) e a súa venda. O seu principal obxectivo foi recadar fondos para financiar a guerra contra os carlistas (1832-1839).

Ø En 1841, durante o goberno de Espartero (rexencia) levouse a cabo a confiscación e venda dos bens do clero secular (segunda etapa da desamortización eclesiástica).

Ø En 1855 retómase o proceso desamortizador que tivo lugar durante o Bienio Progresista. É a coñecida como desamortización xeral de Madoz, pola que se puxeron á venda o resto das propiedades eclesiásticas así como os bens do Estado e dos concellos[1]. Tamén neste caso un dos seus obxectivos principais foi obter ingresos para a Facenda.

Balance global da desamortización:

- Como medida política foi un éxito: o réxime de propiedade da terra transformouse e o réxime liberal consolidouse.

- Desde o punto de vista socio-económico, por un lado as medidas desamortizadoras serviron para incrementar os latifundios agrarios (pero sen investir na súa modernización), o que se considerou unha ocasión perdida para conseguir que unha gran parte dos campesiños pobres e xornaleiros puidesen acceder á propiedade da terra. Tamén se di que eses posibles compradores non tiñan capacidade para mercalas por falta de capitais. Tamén se culpa á desamortización de ter contribuído ao atraso da industrialización pola desviación dos recursos financeiros cara á compra de terras, en lugar de investilos nas actividades industriais.

- As “vítimas” foron a Igrexa, os municipios e os campesiños pobres e xornaleiros, que viron empeorar as súas condicións de vida coa perda dos beneficios da caridade eclesiástica e do aproveitamento das terras e pastos comunais, así como polo endurecemento dos contratos de arrendamento e de traballo. Producíronse tamén cuantiosas perdas no patrimonio artístico e cultural da Igrexa, debido á exclaustración e ao abandono de conventos e mosteiros.

(3)

En Galicia a desamortización tivo unhas especiais características, debido á pervivencia do sistema foral e á peculiar organización dos montes comunais. A case totalidade das terras galegas explotábanse mediante contratos de arrendamento de longa duración: os foros, que recoñecían a existencia, sobre unha mesma parcela de terra, de dereitos diferentes en mans de grupos distintos: os campesiños cultivadores, que pagaban as rendas e non podían ser expulsados da terra (posuían o dominio útil); a nobreza terratenente, os conventos, mosteiros e catedrais, donos e titulares das terras (posuían o dominio eminente) e perceptores dunha parte das rendas. A fidalguía local exercía un papel de intermediaria e cobraba a maior parte das rendas. Ao mesmo tempo, a maioría dos montes comunais non eran propiedade dos concellos, senón dos veciños das parroquias e aldeas.

As características máis destacadas da desamortización galega son:

- O que se saca a poxa pública son, basicamente, as rendas forais que percibían os conventos, mosteiros e catedrais; é dicir: o que vendeu o Estado foi o dereito a percibir unhas rendas e, nunha mínima proporción, a propiedade plena da terra.

- Escasa importancia da desamortización de propios, debido ao escaso patrimonio dos concellos galegos.

- Non se alterou a organización agraria tradicional procedente do Antigo Réxime. Os compradores dos bens desamortizados convertéronse en rendistas sen posibilidade de intervir no proceso de produción agraria e a explotación permaneceu estancada.

- Os campesiños conservaron os seus dereitos sobre a terra. A partir de finais do século XIX, a perda de valor das rendas forais e a presión dos agricultores fixo que estes lograran, mediante a redención dos foros, a propiedade da terra, proceso culminado en 1926 (Lei de redención de foros).

2.2. A INDUSTRIA

Na España do século XIX as transformacións do sector secundario foron importantes pero estiveron moi afastadas das dos países que se industrializaron. Ao final deste período, a economía española seguía a ser principalmente agraria, incapaz de competir no mercado internacional, e a participación da industria na renda nacional non superaba un quinto do total.

Os inicios da industria moderna: o algodón

A expansión da industria moderna na España do século XIX é, en gran medida, a expansión desta actividade en Cataluña. De aí que podamos falar de Cataluña como fábrica de España. No resto do territorio, a actividade industrial non experimentou un proceso de modernización semellante.

Describir a industria moderna en Cataluña no século XIX é referirse á industria téxtil algodoeira. O seu desenvolvemento como manufactura algodoeira tivo lugar a partir do último terzo do século XVIII, e desde o seu nacemento foi un sector dedicado a producir para o mercado e non para o autoconsumo.

(4)

O desartellamento dos mercados durante a Guerra da Independencia detivo a súa expansión pero despois do conflito e malia o inicio case inmediato da emancipación das colonias e da detención do comercio con elas, o ritmo expansivo da produción proseguiu con rapidez, indicio claro de que o seu principal mercado era o interior de España, e tamén hai que destacar o grao de mecanización acadado (foi máis rápida no fiado ca no tecido), a partir de 1832 empregouse a máquina de vapor (as primeiras foron as da fábrica Bonaplata de Barcelona).

As razóns do éxito da industrialización en Cataluña débense buscar na ambición empresarial, na substitución de importacións por produtos elaborados no interior, substitución que estivo fortemente apoiada pola política arancelaria, e na ampliación da demanda a base do téxtil tradicional (a mediados de século, o algodón dominaba o téxtil español representando algo máis do 60% do total do sector).

O carbón e os inicios da siderurxia

Ata os anos trinta do século XIX a hexemonía correspondeu a Andalucía pero os intentos de crear unha siderurxia propia (Málaga, Marbella, Sevilla) para non ter que depender da importación estranxeira fracasaron pola falta de carbón de calidade. A pesar do seu temperán inicio (en 1831 a fábrica La Constancia de Málaga contaba xa cun alto forno) e de que, cara á metade do século, este núcleo andaluz producía o 85% do ferro coado en España, a competencia das instalacións do Norte e dos produtos estranxeiros acabou por arruinar o foco do Sur.

Desde os anos corenta toma o relevo Asturias (zona rica en carbón mineral) e foi o centro siderúrxico de España entre 1864 e 1879; pero a partir de 1876, a chegada de coque galés barato á ría do Nervión, como contrapartida da exportación de mineral de ferro, conduciu á consolidación da siderurxia en Biscaia e á perda de competitividade das empresas asturianas con custos moi superiores polo uso do coque autóctono de escasa calidade.

Así, en Biscaia consolidouse unha industria siderúrxica moderna debido á acumulación de capital procedente da exportación de mineral de ferro, debido tamén á repatriación de capital físico (cartos) e humano procedente de Cuba, trala súa independencia. Debido a estes tres factores o País Vasco acadou a súa supremacía fronte a Asturias e o sur malagueño. Tamén se consolidou o eixe comercial entre Bilbao e Cardiff, baseado na exportación de mineral de ferro a Inglaterra e na importación de carbón galés (que era de maior calidade có asturiano) para os Altos Fornos vascos. Isto foi fundamental porque ademais, permitiu reducir o custo dos fletes dado que os barcos voltaban con carga.- A influencia deste eixe comercial tamén se apreciou en Cantabria, onde se constituiu en 1899 unha siderurxia (País Vasco, Asturias, Cantabria). Á beira da siderurxia vasca consolidáronse en Biscaia as principais empresas de construcións mecánicas e de construción naval, industrias químicas, compañías eléctricas, etc. que conformarán unha sólida base industrial e financeira.

A difusión industrial

(5)

conxunto da industria dentro da economía cara o ano 1875 nin, tampouco, o feito de que na maior parte do territorio español predominasen as actividades tradicionais. Doutra banda, dentro desta reducida actividade manufactureira, os sectores preponderantes eran os vencellados á alimentación e ao vestido, as necesidades máis inmediatas da poboación. Isto é síntoma evidente da debilidade da base industrial española cando é comparada coa de Gran Bretaña, Francia ou Alemaña.

Xunto aos núcleos industriais básicos, Cataluña e País Vasco, a industria difundiuse por zonas máis amplas do territorio; por exemplo, Madrid participou tamén neste proceso de expansión ata converterse na terceira rexión industrial. Evidentemente, a importancia dos seus progresos está vencellada, en boa medida, ao feito de ser a capital de España e sede da Administración Central (tiña moita poboación e aumentaba a demanda de bens de consumo, p.ex. creáronse empresas dedicadas á fabricación de automóbiles). Destaca tamén a industria conserveira galega (a partir de fins do século XIX), Aragón, a Comunidade Valenciana, no sector das fariñas e do cemento.

Os obstáculos á industrialización

A escasa capacidade de compra da inmensa maioría dos consumidores españois foi unha das causas do reducido tamaño acadado polo sector industrial durante o século XIX. A escasa demanda supón custos por unidade máis elevados porque estes adoitan diminuír segundo aumenta a cantidade producida.

A súa posición xeográfica, no extremo sudoccidental de Europa, constituíu un factor adverso para a expansión industrial. Tendo en conta que o mercado interno era modesto pola reducida renda dos seus habitantes, a distancia en relación co núcleo central da industrialización do continente supoñía unha desvantaxe tanto para a adquisición de materias primas como para a colocación do producido.

Tamén hai que ter en conta o feito de que o Estado absorbese recursos para facer fronte ós seus gastos debido á insuficiencia dos impostos. Deste xeito, encareceu o financiamento das empresas e deixou de incentivarse o investimento produtivo.

E por último, deben subliñarse as consecuencias negativas da ausencia de carbón de calidade e de auga, materias primas fundamentais da industrialización europea. A desfavorable dotación destes dous recursos naturais limitou o crecemento da produción.

En Galicia, o panorama industrializador é máis ben pobre. Os sectores artesanais tradicionais, especialmente o téxtil, os curtidos e a ferrería, arruináronse pola competencia doutras zonas. O liño galego non resistiu a competencia do algodón, polo que foi desaparecendo. En cambio, a salgadura da pesca, actividade tradicional nas rías galegas, deu lugar a unha importante industria conserveira de peixe, de rápido crecemento a partir das décadas finais do século XIX, que arrastrou tras de si a outros sectores. Na década dos oitenta instálanse as principais fábricas nas Rías Baixas (Barreras, Alonso, Curbera, Massó, Cerqueira, Alfageme). As conserveiras xiraban arredor da sardiña, que se convertía así na clave de todo o proceso. Fóra do sector conserveiro, cómpre destacar a construción naval (estaleiros de Ferrol e de Vigo) e o desenvolvemento, a partir de 1900, da produción hidroeléctrica, aproveitando a abundancia de cursos de auga. As

(6)

necesidades bélicas da I Guerra Mundial permitiron unha explotación extraordinaria, pero pasaxeira, do wolframio.

2.3. O FERROCARRIL

A introdución en España do ferrocarril, considerado por todos como símbolo do progreso económico e modernización, foi relativamente tardía. O primeiro ferrocarril inglés dedicado ao transporte de viaxeiros funcionou en 1830, pero en España non o fixo ata 1848, nun pequeno tramo entre Barcelona e Mataró.

A Lei de Ferrocarrís de 1855 regulamentaba tanto o carácter da rede como o sistema de concesión e os apoios estatais; entre outras medidas establecía:

- Un deseño de trazado radial para as liñas ferroviarias de primeira orde, con centro en Madrid co obxectivo de unir o centro coa periferia.

- A construción das liñas podía ser realizada polo Goberno ou por compañías privadas.

- A explotación das liñas podía realizala o Goberno ou ser concedida a particulares por un prazo máximo de 99 anos.

O capital maioritario foi francés; e as características do terreo aconsellaron dar maior ancho ás vías españolas, ocasionando problemas á hora de unilas cos trazados europeos. As velocidades alcanzadas polas primeiras locomotoras resultan hoxe irrisorias, pero no momento resultaban incribles (de Madrid a Barcelona tardábase 24 horas e de Madrid a Alacante, 15).

III.- MODERNIZACIÓN DEMOGRÁFICA E EMIGRACIÓN 3.1. O MODELO DEMOGRÁFICO

O réxime demográfico na España liberal presenta trazos característicos do modelo demográfico antigo xunto con importantes elementos de cambio. Os trazos do modelo demográfico antigo (crecemento moi lento da poboación debido á alta mortalidade, a pesar das elevadas taxas de natalidade) mantivéronse ata finais do século XIX (a esperanza de vida estaba en 34 anos para os homes e 36 para as mulleres). Entre os factores que determinaban as elevadas taxas de mortalidade estaban:

- Crises cíclicas de subsistencias, especialmente graves foron as de 1847, 1857 e 1867, debido ás malas colleitas por alteracións climáticas.

- Epidemias periódicas, como as de cólera (1834, 1854, 1865, 1885) ou a gripe (1918).

- Enfermidades de carácter endémico como a tuberculose e tifos - As guerras (Independencia, carlistas, colonais).

(7)

A partir de 1885 iníciase en España un cambio no comportamento demográfico da poboación, cun crecemento importante: a natalidade foise reducindo por razóns de índole individual e social (crecente industrialización e urbanización), e a mortalidade comezou a descender a partir da década de 1890 debido, principalmente, a unha mellor alimentación, á desaparición das mortíferas crises de subsistencias, á redución das enfermidades infecciosas e á mellora das condicións médico-sanitarias.

Este crecemento presentou importantes diferencias rexionais e reforzouse a tendencia dos séculos anteriores: estancamento das rexións do interior (coa excepción de Madrid pola capitalidade) e aumento da poboación nas zonas periféricas, sobre todo na costa mediterránea e atlántica (desenvolvemento agrícola e maior industrialización).

3.2. O PROCESO DE URBANIZACIÓN

Había un predominio absoluto do mundo agrario pero, co transcurso do século, as cidades desempeñaron un papel cada vez máis relevante. O incremento da poboación urbana foi unha das consecuencias máis visibles da consolidación da nova sociedade (no ano 1836, menos do 10% da poboación residía nas capitais de provincia. No ano 1900, a cifra era do 16,6%: un aumento superior ó 50%, malia que era aínda unha proporción moi baixa do total da poboación.

Hai que ter en conta que se tratou dun proceso de urbanización limitado debido á modesta transformación industrial (menos intensa que na maior parte dos países industrializados). O crecemento máis importante deuse, a partir do ano 1850, en Madrid e Barcelona (centros político e industrial respectivamente) e cara a onde se dirixiron os fluxos máis importantes de poboación desde outras provincias e especialmente, desde zonas rurais.

O aumento de tamaño dalgunhas cidades obrigou a derrubar as murallas de orixe medieval e a programar a súa ampliación con plans de reforma urbana (os ensanches): ensanches de Madrid (Carlos María Castro) e de Barcelona (Ildefonso Cerdá), os dous en 1860.

En definitiva, novas cidades para unha nova sociedade: amplas rúas e avenidas, estacións de ff.cc, iluminación pública de gas, construción da rede de sumidoiros, novas formas de lecer (apareceron os cafés, as salas de baile e os espectáculos ao aire libre, etc.). Nas cidades, a concentración de industrias e de traballadores asalariados produciu os primeiros conflitos de clase. A riqueza e máis o luxo dos poderosos contrastaba co amoreamento e a miseria dos máis pobres; isto xeraba unha conciencia social da necesidade de organizarse para mellorar as formas de vida e de traballo.

3.3. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS

(8)

un desequilibrio que obrigou á saída do excedente en busca de novas posibilidades de subsistencia. Unha reacción habitual é a emigración, a saída do lugar de orixe na procura de mellores condicións de vida.

Desde a segunda metade do século XIX aumentou considerablemente a emigración española a América. Calcúlase que un millón marcharon na década final do XIX, cifras que seguen en aumento ata a Primeira Guerra Mundial.

As boas condicións económicas das repúblicas hispanoamericanas, as afinidades lingüísticas e a mellora nos medios de comunicación facilitaron a marcha dos emigrantes, que soñaban con mellorar a súa situación (“facer as Américas”).

A pesar de ser un fenómeno de tipo xeral, non todas as zonas de España estiveron afectadas por igual. Galicia foi unha das zonas de maior emigración. O número de emigrantes foi moi elevado. Entre 1860 (poboación total, 1.800.000) e 1970 (poboación total, 2.600.000) saíron de Galicia máis de 1.200.000 galegos. Os portos da Coruña e Vigo, nas décadas finais do século XIX e iniciais do XX, foron os principais focos de saída (chegaban a embarcar ata 200 por día na Coruña en 1884); as autoridades advertiron que de seguir así, “quedaría sen brazos a rexión”.

[1] Propios: bens pertencentes aos concellos e dos que estes obtiñan beneficios para cubrir os seus gastos. Comúns: propiedades colectivas dos veciños que as aproveitaban de modo directo, persoal e gratuito, ben conxuntamente ou por quenda.

Referências

Documentos relacionados

A contribuição original reside no objeto de estudo, o conjunto dos projetos não construídos em São Paulo, no método de análise com maquetes físicas e no objetivo de

Tem como objetivos pensar a disciplina de oncologia no currículo de graduação em enfermagem, pontuando aspectos relevantes de sua inserção, considerando a capacitação e

IANSÃ Toque: São Bento Grande / SAMBA Toque: CONGO de OURO / BARRA VENTO. Toque: São Bento Grande

a) Determinada a área do acidente grave ou catástrofe, o número inicial de feridos e de mortos, e ativado o PME, o COM deve coordenar o TO, segundo o organograma da

Projeto Cadastro de Fontes de Abastecimento por Água Subterrânea Diagnóstico do Municí pio de Araçoiaba Estado de Pernambuco.

Projeto Cadastro de Fontes de Abastecimento por Água Subterrânea Diagnóstico do Municí pio de Carnaubeira da Penha Estado de Pernambuco 7 Paralisados 40% Em Operação 60% Em

Projeto Cadastro de Fontes de Abastecimento por Água Subterrânea Diagnóstico do Municí pio de Major Sales Estado do Rio Grande do Norte.

e) As esquerdas. a) Os membros das oligarquias destronadas a partir de 1930: os perrepistas mineiros, liderados por Arthur Bernardes. como Mário Brant e Dario de