• Nenhum resultado encontrado

Seguridade viaria nos colexios: aceptable

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Seguridade viaria nos colexios: aceptable"

Copied!
27
0
0

Texto

(1)

a revista do

socio consumidor

O médico a un clic

Por que viven máis

as mulleres?

Merendas saudables

Dietas extremas

Seguridade viaria nos

colexios: aceptable

Sen parabenos

Código PAOS

Ano XXXVIII - Época IV - Nº 180 NOVEMBRO 2013 • www.consumer.es

(2)

sumario

180

12 GUÍA DE COMPRA:

iOGURES

A ampla gama de iogures que se elaboran obriga a coñecer as súas características nutricionais para escoller os que máis nos interesen

34 LONGA ViDA ÁS MULLERES

Diversos estudos sinalan que a xenética e o estilo de vida poderían explicar a lonxevidade das mulleres

42 RECEiTAS. Posta a punto tras unha enfermidade leve

46 EROSKi elimina os parabenos de boa parte dos seus produtos cosméticos

34

12

Seguridade viaria nos

colexios: aceptable

analizáronse as zonas escolares que rodean 100 centros educativos de 10 cidades

BENESTAR E ViDA COTiÁ 4 novastecnoloxías

COMO DesCubrir NOVA MúsiCA eN iNterNet? 6 dereitos

8 quenosinteresou 10 expertosnutricionistas 22 afondo

seGuriDADe ViAriA NOs COLexiOs 28 entrevista dobre

AzuCre: ANxO Ou DeMO? iNfORMES:

20 alimentación / eNtre PAN e PAN: MitOs 32 alimentación / DietAs extreMAs 34 saúde / LONGA ViDA Ás MuLLeres

36 economía doméstica / AFOrrAr NO trAbALLO 38 bebé / bebés De ALtA DeMANDA

40 saúde / O MéDiCO A uN CLiC EROSKi

46 erosKi

COsMétiCOs seN PArAbeNOs 48 EROSKi

ADHesiÓN AO NOVO CÓDiGO PAOs 50 EROSKi

breVes

22

director: Alejandro Martínez Berriochoa

suBdirectora: María Hoyos redactora Xefa: Rosa Cuevas coordinación de redacción e

edición en internet: Miren Rodríguez edición en galego: Secretaría Xeral de Política

Lingüística, Xunta de Galicia

distriBución: Rosa Cuevas investigación “a fondo”:

Equipo de EROSKi CONSUMER Responsable: Rosa Cuevas

Deseño e elaboración: Jaime Parra e Cristina

Leciñana

información de erosKi:

Redacción: Rosa Cuevas e María Huidobro

outros contidos:

Novas tecnoloxías: Jordi Sabaté Entrevista: Azucena García

Alimentación: Maite Zudaire e Laura Caorsi Saúde: Montse Arboix e Marta Chavarrías Economía doméstica: Blanca Álvarez Bebé e mascotas: Eva San Martín Medio natural: Álex Fernández Muerza

deseño, maquetación e PreimPresión:

DUPLO Comunicación Gráfica (www.duplo.com.es)

fotografía: Rubén García e Becky Lawton ilustración: Luis Demano

impresión: MCC Graphics redacción e administración de erosKi consumer:

EROSki Publicaciones. B. San Agustín, s/n 48230 Elorrio (Biscaia)

Telf.: 946 211 627_fax: 946 211 222

Depósito legal: SS-907-2012 • iSSN: 2254-6480

Difusión controlada por:

www.consumer.es EROSKI CONSUMER é a revista do socio consumidor de erOsKi. A cooperativa erOsKi é unha asociación de consumidores que, dende hai máis de vinte e cinco anos, dedica os seus esforzos á formación e á información dos consumidores. EROSKI CONSUMER defende os dereitos recoñecidos aos consumidores de bens e servizos, co fin de que os poidan exercer de xeito responsable e esixir o seu cumprimento.

EROSKI CONSUMER é un medio de comunicación comprometido coa promoción de hábitos de vida saudables, co consumo sustentable e coa conservación do medio. EROSKI CONSUMER publica informacións sobre iniciativas de responsabilidade social de erOsKi e sobre os produtos das marcas de erOsKi e, excepcionalmente, transmitirá informacións que erOsKi considere de grande interese para os seus socios e clientes.

a revista do socio consumidor

(3)

novastecnoloxías

Como se pode desCubrir nova músiCa en internet?

Como se pode descubrir

nova música en internet?

O software relacional permite coñecer novos grupos e artistas a través de servizos como Last.fm, Bandcamp e Hitlantis, entre outros

a música en streaming facilita que se poidan escoitar os temas dos artistas e das bandas favoritas dende calquera lugar, sempre que se dispoña de co-nexión. servizos como spotify, itunes match ou Google music play permiten acceder a un inmenso catálogo musi-cal a un prezo moi competitivo. non obstante, preséntase un problema crecente: na rede, a promoción dos novos artistas pasa máis desapercibida e resulta máis difícil coñecer novos va-lores cos que estimular a curiosidade musical. a seguir, móstranse algunhas plataformas e aplicacións idóneas para descubrir novos músicos grazas ás tec-noloxías de relación e recomendación. Bandcamp naceu en 2008 como un

servizo pioneiro na promoción de novos valores musicais indepen-dentes. nestes momentos, contén un catálogo de máis de cinco millóns de cancións, con máis de 600.000 álbums, procedentes de case 200 países. Fíxose moi famoso porque diversos artistas de sona, como amanda palmer ou Clem sni-de, romperon coas súas discográfi-cas para vender dende bandcamp.

o principal sistema de recomenda-ción que utilizan é o gusto do seu equipo de expertos, que aconse-llan que se sigan novos grupos ou artistas que acaban de descubrir; polo tanto, funciona como unha revista musical dixital. agora ben, para ser descuberto polo conxunto de críticos, o artista debe subir a súa música ao servizo, onde pode crear a súa propia páxina. de cada venda, bandcamp leva un 15 %, pero se os ingresos superan os 5000 dólares queda só co 10 %.

Music Bloodline “liña sanguínea musical” establece relacións de influencia entre os diversos artistas, tanto os que influíron neles coma a quen influíron eles. este servizo está asociado a amazon para comprar as cancións e a spotify para poder escoitalas en streaming.

Ha de utilizarse dun xeito visual e intuitivo: abonda con introducir o nome dun artista na caixa de busca e, no centro, aparece unha fotogra-fía do músico. no lado esquerdo, veranse as súas influencias e, no dereito, os seus seguidores. se se preme sobre algún destes artistas, este pasa ao lugar central e repíte-se a repartición de pantalla entre influencias e influenciados.

One Track Mind é interesante para descubrir grupos de rock inde-pendente. baséase na escoita dunha canción, na súa valoración e na oferta de grupos similares. o servizo proporciona a posibilidade de oír un tema escollido de forma aleatoria, de valoralo e de escoitar despois grupos relacionados. as cancións pódense descargar ao ordenador e, se están, pódense oír tamén en spotify. ademais, pó-dense compartir nas redes sociais. Pola súa banda, a aplicación Song Z

App para dispositivos co sistema operativo ios (ipod touch, iphone e ipad) permite descubrir novos artistas de rock independente. baséase en percorrer unha serie de páxinas e fotos especializadas en novos talentos e en detectar os nomes dos artistas e das ban-das máis comentados. despois, ofréceas na aplicación e permite escoitar un tema.

Aplicacións para

descu-brir música en Spotify

Last.fm que foi a radio intelixente

máis popular no seu momento, hai tempo que deixou de emitir música por problemas de licenzas, pero conserva todo o potencial do software de recomendación que a fixo famosa. agora está ao servizo de spotify como aplicación interna e recomenda artistas similares aos que escoitamos.

Filtr xera listas de reprodución a partir dos artistas que indicamos previamente. a diferenza de Last. fm, hai que introducir datos sobre o tipo de artista que nos gusta e sobre o seu estilo. tamén se poden producir listas a partir do que escoitan os nosos contactos en Facebook e, unha vez creada unha lista, pódese engadir aos nosos favoritos ou compartila na rede social.

Sounddrop funciona coma os anti-gos chats, onde se creaban salas temáticas de discusión. neste caso, as salas están referidas a un estilo musical ou a un artista e nelas os usuarios poden ir engadindo temas que cren que están relacio-nados, de xeito que cando entra-mos nunha sala nova atopaentra-mos recomendacións dos usuarios que participaron na súa elaboración. //

(4)

A miña noiva fixo un primeiro pagamento para comprar unha vivenda, pero un mes despois dixéronlle que na súa empresa ían despedir traballadores, entre os que se podía encontrar ela. Por este motivo, chamou a inmobiliaria e expúxolle a súa intención de botarse para atrás. Dixéronlle que non había problema, aínda que perdería o diñeiro pagado. Iso é o que pon o contrato, pero temos entendido que en caso de forza maior deberían devolver polo menos unha parte. Podemos reclamar?

A miña filla estudou inglés nunha academia durante varios anos, pero o último ano chamei na metade do curso para dicir que o deixaba e reclamáronme o pagamento de tres mensualidades por incumprir o contrato. Que podo facer?

Os contratos deben cumprirse por ambas as dúas partes e, se unha delas non cumpre, a ou-tra poderá reclamar o cumprimento ou, no seu defecto, unha indemnización por danos e per-das. Non obstante, convén que lea o contrato e mesmo que consulte cun avogado as conse-cuencias do seu incumprimento de acordo coas condicións do documento. Pode ser que a con-secuencia pactada fose a perda do diñeiro aboa-do e, nese caso, suxerímoslle que negocie unha

devolución parcial. Ou pode ser que a cláusu-la de penalización fose abusiva por non existir un equilibrio entre os dereitos e as obrigas das partes. Neste segundo caso, podería interesar-lle acudir aos tribunais, aínda que hai que ter en conta que de momento non se produciu o des-pedimento nin a denegación do préstamo e, po-lo tanto, debería asegurarse primeiro de cal é e de como será a súa situación laboral e económi-ca no futuro.

Convén que lea o contrato e que comprobe os trámites que se requiren para a baixa, os pra-zos de preaviso e as penalizacións incluídas. Pa-ra iso, pode acudir a unha oficina de información ao consumidor, onde o orientarán sobre as cláu-sulas do contrato. Interesa especialmente coñe-cer o carácter abusivo que poida ter a cláusula de penalización por baixa anticipada, no sentido de que cause un desequilibrio entre os dereitos e as obrigas das partes. É dicir, se existe ou non pena-lización para ambas as dúas partes, tanto para o consumidor que se dá de baixa anticipadamen-te coma para o centro de idiomas se non puidese prestar o servizo contratado, ou só para o consu-midor, en cuxo caso será desequilibrada e

abu-siva. Como exemplo, a Sentenza da Audiencia Provincial de Barcelona do 7 de abril de 2011, nun asunto similar, considerou que non procedía a pe-nalización, dado que a cláusula en cuestión só es-tablecía unha penalización sobre o consumidoro consumidor, o que supoñía un claro desequilibro contractual. E considerou que, unha vez comuni-cada a baixa do alumno, cesaba a obriga de pa-gamento das mensualidades non consumidas ao non se prestar o servizo. Ademais, conforme á Lei do consumidor, son abusivas e nulas as cláusu-las que lle impoñan unha indemnización alta ao consumidor e ao usuario que non cumpra as súas obrigas. Pode interesarlle presentar unha reclama-ción na OMIC e que esta realice unha mediareclama-ción.

VIAXES CONTRATADAS POR INTERNET

Quedan sen vacacións malia que se lles confirmou o voo por correo electrónico

Unha parella contratou nunha axencia de viaxes en internet unha viaxe que incluía o avión e a estancia nun hotel por 344 euros. Reci-biron un correo de confirmación de reserva, no que os informaban de que a compañía aérea confirmaba a compra e no que lles faci-litaron o número de localizador. Pero cando se presentaron ante o mostrador de facturación dixéronlles que a súa reserva fora anula-da por non pagar. O hotel devolveulles unha parte do que custaba, e quedaron con 54 euros como penalización, e a axencia propúxo-lles como acordo o aboamento deses 54 euros e a entrega dun vale de desconto de 50 euros, pero os consumidores acudiron a xuízo e reclamaron unha indemnización por dano moral. E gañaron o xuízo, polo que a Audiencia Provincial de Barcelona condenou a axencia de viaxes a aboar unha indemnización de 1554 euros, dado que a cancelación do voo non se lles podía imputar aos viaxeiros, senón á axencia, de acordo coa Lei xeral para a defensa dos consumidores.

OPERACIÓN FALIDA

Sométese a unha liposucción e o resultado non é o esperado

Unha muller someteuse a unha liposucción nunha clínica estéti-ca para reducir o perímetro das coxas e das estéti-cadeiras, pero a opera-ción non deu o resultado esperado. Acudiu a xuízo, no que alegou, ademais de desatención e trato desconsiderado, incumprimento do contrato. E a clínica foi condenada a devolverlle os 2763 euros pagados, aínda que a Audiencia Provincial de Alacante, na senten-za do 22 de xullo de 2013, non considerou procedente a indemni-zación por dano moral. Para a Audiencia Provincial de Alacante, no contrato non constaba expresamente o pacto dun resultado con-creto, pero tampouco a posibilidade nin as consecuencias do fra-caso e daba a entender que se produciría unha mellora da súa estética. Era crible que se lle afirmase que as súas medidas se redu-cirían dous ou tres talles e que, sen dúbida, nesa esperanza se so-meteu a unha operación cirúrxica innecesaria. Como non se obtivo a mellora, a consecuencia foi a devolución do prezo do servizo.

MORDEDURA DUN CAN ATADO NUN RECINTO COA PORTA ABERTA

Un menor sofre a mordedura dun can atado e o propietario debe indemnizalo con máis de 5000 euros

Os pais dun neno acudiron a xuízo e reclamáronlle unha indem-nización ao propietario dun can polo danos e perdas causados ao seu fillo, menor de idade, a causa da mordedura do animal. No xuízo, probouse que os danos se produciron no recinto no que se atopaba atado o can, cando o neno se lle achegou ao estar a por-ta aberpor-ta. Segundo recolle a Audiencia Provincial de Cáceres, na sentenza do 18 de xullo de 2013, aínda que o animal estivese ata-do e se atopase nun recinto, o relevante era que o menor entra-se neste lugar porque a porta entra-se encontraba aberta. Así, o Código civil atribúelle ao posuidor dun animal a presunción de respon-sabilidade sen máis causa de exoneración que a forza maior ou a culpa da vítima. Como o propietario demandado non probou a culpa exclusiva do menor, a responsabilidade dos danos causados pola mordedura do can atribúenselle ao dono do animal. Por esta razón, condena o demandado a pagar a cantidade de 5628 euros en concepto de gastos e secuelas.

Sen

tenzas

UN CASO SIMILAR PODE MERECER UNhA SENTENzA DISTINTA

Esta sección recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan os consumidores e os usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non hai que esquecer que, ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstancias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar sentenzas distintas.

Der

eit

os

DÚBIDAS

LEGAIS

consultoriolegal@ consumer.es Se tes dúbidas legais, mándanos un correo electrónico. Tras estudar as posibilidades de cada caso, os servizos xurídicos de EROSKI CONSUMER suxiren as actuacións máis adecuadas para cada situación. Trátase só dunha orientación, posto que as cuestións xudiciais son complexas e están cheas de circunstancias que condicionan os casos e inflúen nas sentenzas. Recorda que a única contestación ás consultas que se reciban será a publicada nestas páxinas.

Consultorio

7 6

(5)

o noso Top

Twitter é a outra rede social na que EROSKI CONSUMER (@eroskiconsumer, @ECONSUMERma –con información especí-fica sobre o medio natural– e @caminoasantiago –o twitter da Guía do Camiño de Santiago–) ten unha presenza moi activa. Esta é a relación dos nosos tuits máis retuiteados:

1. A escola: territorio idóneo para previr a obesidade 2. Nenos tímidos

3. Dez xeitos distintos de aprender inglés

A máis froitos secos,

menos mortalidade

Como reciclar ben os

tapóns de plástico

Un colar para coidar

a saúde do can

Instagram: contas para

lamber os peteiros

No ámbito académico, non cabe dis-cusión acerca dos beneficios dos froitos secos. Hai decenas de investi-gacións que xustifican o aconsellable que resulta tomar a miúdo un puña-do deles. O II Congreso da Federación de Sociedades de Nutrición, Alimen-tación e Dietética (Fesnad) recolleu en 2010 un simposio titulado “Froitos secos e saúde cardiovascular”, do que xurdiu unha declaración sobre o pa-pel do consumo destes alimentos na saúde coronaria e circulatoria. A De-claración de Barcelona constata, entre outros aspectos, que “os froitos secos están entre os alimentos que contan con maior evidencia científica en can-to ao seu beneficio para a saúde car-diovascular” e que “a incorporación de froitos secos nunha dieta sauda-ble demostrou de forma consistente que ten un efecto redutor do coleste-rol”. Nesta liña, un estudo máis recen-te publicado en xullo de 2013 agrega máis evidencias: engadir froitos se-cos na dieta dos adultos cun alto risco cardiovascular tradúcese nun menor risco de morrer de forma prematu-ra. Este estudo levouse a cabo na po-boación mediterránea, cuxo consumo habitual de froitos secos é máis eleva-do ca o observaeleva-do noutras rexións. Máis información en

www.consumer.es/alimentacion

O éxito dalgunhas campañas de re-ciclaxe solidaria de tapóns de plás-tico contribuíu a que sexan máis numerosas e diversas. Pero a reci-claxe debe facerse ben, se non o es-forzo non serviría de nada. Por iso convén lembrar como debe levarse a cabo a súa reciclaxe:

- Os tapóns válidos son de polieti-leno ou de polipropipolieti-leno, que le-van o símbolo de reciclaxe 2 ou 5. Se non levan este símbolos, é mellor non os depositar porque é probable que non se poidan reciclar. Se ao apertar rompen en anaquiños, ou se son dun plástico moi brando e fino, tampouco serven, ao igual que as cortizas sinté-ticas, que son doutro material. - O sistema de reciclaxe é esencial para pechar este círculo ecolóxico e solidario.

Os tapóns, unha vez tratados por es-tes xestores, serven para que outras empresas de reciclaxe fabriquen gran-za, unha materia prima para elaborar novos produtos, como caixas, revesti-mentos ou illantes.

Máis información en

www.consumer.es/medio-natural

Nos fogares españois hai arredor de cinco millóns de cans, segundo os da-tos do censo da Asociación Nacional de Fabricantes de Alimentos para Ani-mais de Compañía. O amor por estes cans, así como a preocupación dos seus donos polo seu estado de saúde, explica que cada vez xurdan máis em-presas tecnolóxicas interesadas polo mercado canino. Algúns dos dispositi-vos que se comercializan con este fin son os seguintes:

O colar creado por Whistle (http:// www.whistle.com/). Este dispositivo, cuxo prezo rolda os 75 euros, recolle información sobre as actividades dia-rias do can a tempo real e a través do seu teléfono móbil.

Fitbark (http://www.fitbark.com/). Cun deseño similar a un óso, incor-pórase no colar do animal para re-coller información instantánea das actividades caninas cando non es-tean os seus donos.

SpotLite (http://www.spotlightgps. com/Home.aspx). É un GPS para cans que segue os movementos caninos durante as 24 horas do día.

Dogtek (http://www.dogtek.com/pro-ducts/pet-camera/). Incorpora unha microcámara e conta con versión pa-ra felinos, co fin de coñecer que fan os gatos cando non os vemos.

Máis información en www.consumer.es/mascotas

A imaxe pesa cada vez máis en inter-net, a medida que a rede se conver-te no obxecto da xestión de múltiples canles e plataformas. E un dos cam-pos onde maior partido se lle pode sacar a Instagram é na cociña. Preci-samente, cociñeiros estrela, restau-rantes, gastrónomos e xornalistas do sector aprovéitano para promover o seu saber facer e para deleitar os seus seguidores. Estes son algúns:

- David Lebovitz (http://instagram. com/davidlebovitz#). O cociñeiro e crí-tico de cociña David Lebovitz é un co-ñecido axitador da vida gastronómica de París, onde reside na actualidade. - Jamie Oliver (http://instagram.com/ jamieoliver#). O famoso xefe de coci-ña británico, devoto da cocicoci-ña italiana á que lle achega o seu toque persoal, mostra na súa conta unha combina-ción de pratos de alta cociña con ou-tros sinxelos para levar ao traballo. - Carrie Ann Purcell (http://instagram. com/carrieannpurcell#). É a conta dunha das máis reputadas estilistas gastronómicas dos Estados Unidos. A súa especialidade non é o proceso de preparación nin a combinación de sabores, senón o xeito en que se pre-senta un prato para aumentar a súa apetencia ou para excitar a sensibili-dade artística do comensal.

Máis información en

www.consumer.es/tecnoloxia

Os que máis gustan no noso facebook

Sete tipos de fame

A 101 persoas gústalles isto

Aforrar na compra: a lista perfecta

A 98 persoas gústalles isto

Legumes con verduras

A 128 persoas gústalles isto

Recant

o do

lec

tor

quenosinteresou

Faite o noso amigo e

síguenos

nas redes

Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos directamente as inquie-tudes en EROSKI CONSUMER, RESPONDE.

Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos as inquietudes, suxes-tións e impresións dos lectores sobre os contidos da publicación. A súa opinión é moi valiosa para nós e queremos contar coa súa colaboración para mellorar.

Pode contactar connosco:

Por teléfono: de luns a venres, de 10:00 a 12:00 horas, en 946 211 627 e 946 211 487. Por correo electrónico: info@consumer.es.

(6)

O obxecto do Consultorio Nutricional é ofrecer unha resposta ás dúbidas que lles poidan xurdir aos consumidores sobre calquera aspecto vinculado coa alimentación, coa nutrición e coa dietética. Os nosos expertos nutricionistas seleccionarán, de entre todas as cuestións que cheguen a través do consultorio en liña, dispoñible en www.consumer.es/alimentacion, dúas consultas, que se responderán nesta sección da revista.

os expertos nutricionistas

DE EROSKI CONSUMER RESPONDEN

OS CONSELLOS DO MES

Menos alimentos procesados

O Comité Científico da Axencia Española de Seguridade Alimen-taria e Nutrición (AESAN) incluíu un informe, coordinado polo profesor Jordi Salas Salvadó, que considerou que os nutrientes que se asocian máis ao aumento do risco de padecer enfermida-des crónicas (consumidos por enriba das recomendacións nutri-cionais establecidas) son os ácidos graxos saturados e trans, os azucres e o sal. No documento especificouse que a principal fon-te desfon-tes nutrienfon-tes son os alimentos transformados, ben polo seu contido real en tales nutrientes, ou ben porque a frecuencia de consumo destes alimentos por parte da poboación é moi alta. Hai datos que sinalan que máis da metade das calorías consumi-das pola poboación española proveñen de alimentos “altamen-te procesados”. Así o mostrou unha enquisa publicada na revista European Journal of Clinical Nutrition, na edición de novembro de 2009. Os hábitos dos españois non melloraron dende 2009 ata a data. É o momento, polo tanto, de recuperar unha dieta baseada no consumo de alimentos frescos e pouco elaborados. As froitas, as hortalizas, os legumes e os froitos secos permiten cumprir esta pauta. Facer que sexan apetitosos é cuestión de imaxinación, pero tamén de hábito. Malia que é certo que nun mesmo fogar existi-rán preferencias e aversións a diferentes alimentos, tamén é certo que a exposición repetida pode facer que sabores que antes pare-cían intolerables se volvan agradables, e mesmo desexables.

Non é o mesmo a fibra dos alimentos

que a das pastillas

Cada vez publícanse máis estudos que demostran que as dietas ricas en fibra dietética protexen dunha longa lista de enfermida-des crónicas. A fibra dietética é unha substancia que forma parte das paredes celulares dos alimentos de orixe vexetal, tales como froitas, hortalizas, cereais integrais, legumes e froitos secos. A xeito de exemplo, un estudo publicado en 2008, que seguiu durante 40 anos a 1373 homes, concluíu que por cada 10 gramos adicionais de fibra dietética inxerida se reducía a mortalidade co-ronaria un 17 % e a mortalidade total un 9 %. Unha investigación máis recente (maio de 2012), publicada na revista American Jour-nal of Clinical Nutrition, e levada a cabo con poboación europea, mesmo observou que a inxestión de fibra dietética podía pro-texer da mortalidade. Pero, isto sucede tamén ao inxerir suple-mentos de fibra? Se así fose, abondaría con tomar pastillas con fibra para previr a mortalidade. Non obstante, a maioría dos es-tudos avaliaron o efecto de aumentar a inxestión de alimentos ri-cos en fibra e non o provocado pola suplementación con fibra. É máis, os estudos que investigaron os

efectos que exercen os suplementos con fibra na saúde reflicten resulta-dos moi modestos se se comparan cos producidos ao inxerir alimen-tos ricos en fibra. Non estraña, po-lo tanto, que todos os organismos sanitarios de referencia, como a Or-ganización Mundial da Saúde, acon-sellen tomar a fibra dietética a partir de alimentos, non de suplementos.

FÁLASE DE...

A neofobia

ali-mentaria

infan-til parece ser

hereditaria

En outubro de 2013, o portal do Consello Europeo de In-formación sobre a Alimenta-ción (EUFIC) fíxose eco dun estudo publicado na revista The American Journal of Cli-nical Nutrition con relación ás influencias xenéticas e ambientais na neofobia ali-mentaria en nenos, o rexeita-mento instintivo que mostran algúns nenos a probar novos alimentos. A investigación, que avaliou a 5390 parellas de xemelgos, conclúe que es-ta condición “é ales-tamente he-reditaria”, xa que preto do 80 % das variacións observadas nos casos de neofobia se de-berían a unha forte influen-cia de causas xenéticas. Estes datos suman argumentos a favor da paciencia coa que deben abordar os pais a ali-mentación dos seus fillos. O profesor David Benton con-sidera que non está ben cla-sificar os nenos que mostran neofobia como “malcomedo-res”. Benton, nunha revisión publicada na revista Interna-tional Journal of Obesity and Related Metabolic Disorders (xullo de 2004), insistiu en que se trata dunha condición que desaparece co tempo. Numerosos estudos mostran que insistirlles aos nenos pa-ra que coman xepa-ra aversións que poden perdurar ao longo de toda a infancia, e é por iso polo que o Comité de Nutri-ción da Academia Americana de Pediatría define o apetito do neno coas palabras “errá-tico” e “impredicible”. A pa-ciencia, polo tanto, debe ser a estratexia de base á hora de enfocar a alimentación dos máis pequenos.

ABC DA NUTRICIÓN

Diabetes tipo 2

A diabetes tipo 2 é unha en-fermidade que ten moito que ver coa alimentación. Cando se desencadea, o or-ganismo non pode apro-veitar ben a glicosa que achegan os alimentos. Co-mo consecuencia, os niveis de glicosa (azucre) do san-gue elévanse por enriba do normal. Estes niveis regú-laos unha glándula chamada páncreas, que segrega un-ha hormona (insulina) que axuda a que a glicosa en-tre ás células corporais pa-ra que poidan obter enerxía. Quen padece esta patoloxía non produce suficiente insu-lina, ou ben non pode usala de forma eficiente. En cal-quera caso, a glicosa perma-nece no sangue. Iso pode causar enfermidades cardía-cas, entre outras doenzas. Unha correcta alimentación pode previr gran parte dos casos de diabetes tipo 2, pe-ro tamén é importante con-trolar o peso corporal (esta patoloxía adoita afectarlles a máis persoas con sobrepeso ou obesidade) e facer exer-cicio físico a diario. Unha vez diagnosticada a diabetes, débense seguir os consellos do médico e do dietista-nu-tricionista para previr posi-bles complicacións.

Teño intolerancia á lactosa. Oín que os queixos semiduros e

duros non conteñen lactosa e que, polo tanto, os podería tolerar.

Os queixos untables, ao ter o fermento ácido, tamén se poden

consumir. É todo correcto?

Os queixos semiduros e duros conteñen lacto-sa en cantidades moi pequenas, razón po-la cal pode tomalos con tranquilidade. En canto aos queixos untables, sucede algo similar. Aínda que o seu contido en lacto-sa é un pouco maior, non suporán maior problema, debido a que a concentración de lactosa segue a ser baixa. Para que se faga á idea, un vaso de leite achega uns 12 g de lactosa, un xeado de vainilla con-tén uns 10 g e unha típica ración de io-gur uns 4 g. Non obstante, unha ración de queixo achega entre 0,1 e 0,8 g de lac-tosa, e unha culleriña de manteiga ache-ga só 0,1 g. É importante ter en conta que unha persoa con intolerancia á lactosa pode tomala, pero debe facelo en peque-nas cantidades, a diferenza de alguén que

padece unha alerxia á proteína láctea, que debe evitar mesmo pequenas canti-dades de lácteos. De todos os xeitos, non debe esquecer que os queixos conteñen moita graxa. Así, por exemplo, un vaso de leite enteiro contén aproximadamen-te un 5 % de graxa. En queixos coma os que vostede describe a cifra pode ser su-perior ao 50 %. Aínda que hai un nutrien-te que tamén é preocupannutrien-te: o sal. De feito, unha avaliación da inxestión dieté-tica da poboación española mostrou que os queixos son unha das principais fontes de sal na nosa dieta (moi por enriba do sal que engadimos de forma voluntaria na cocción ou na mesa). Tomar moito sal é perigoso, xa que incrementa de forma no-table o risco de padecer hipertensión.

Hai algunha idade na que sexa recomendable empezar a tomar

complementos vitamínicos, en especial de calcio e omega 3?

A resposta é que non, non hai ningunha idade á que sexa recomendable tomar esa clase de suplementos. A última revisión sobre os suplementos de calcio levouna a ca-bo o organismo americano United States Preventive Services Task Force, un panel independente de expertos en atención primaria e prevención que revisa sistema-ticamente a evidencia da efectividade de diferentes intervencións. Segundo esta entidade, non está xustificado dar suple-mentos de calcio para previr as fracturas. De feito, os suplementos de calcio poden ser mesmo prexudiciais, razón pola cal hai

que reservalos para cando están medica-mente indicados (ex.: pacientes con os-teoporose correctamente diagnosticada). En tal caso, débese seguir a prescrición do médico tanto no que ten que ver coa do-se coma coa duración. Polo que respec-ta aos suplementos de omega-3, a día de hoxe está bastante claro que non serven para previr enfermidades crónicas. Aínda que non parece ter efectos adversos, o seu uso non está xustificado, como se pode comprobar nunha revisión sistemática da literatura científica publicada en setembro de 2012 na prestixiosa revista JAMA.

(7)

Parece mentira que unha sociedade tan seden-taria como é a nosa lle deba un bo número de inventos ao nómades que fomos algún día. E un deles é o iogur. Trátase dunha sobremesa comodín por excelencia en boa parte dos nosos fogares. Primordial cando hai nenos na casa, a presenza dos iogures é case tan incondicional como casual foi o seu descubrimento: a pri-meira fermentación produciuse nalgunha das moitas ocasións nas que os nómades de Asia Central ou de Europa do leste transportaban o leite fresco en sacos elaborados con pel. O lí-quido converteuse nunha masa semisólida que hoxe coñecemos como iogur. A calor e a presen-za de bacterias nestes sacos foron os respon-sables da fermentación. Moito cambiou o xeito de presentación daqueles primeiros iogures. A oferta comercial é nestes momentos amplísima: distintas variedades e ingredientes, distintos sabores, distintas texturas... Todo parece pasar por iogur, pero hai diferenzas entre uns produ-tos e outros. A información é a garantía dunha boa decisión e ese é precisamente o obxectivo desta guía de compra.

Pero, que é un iogur?

O iogur é leite fermentado, coagulado e acidi-ficado pola acción de dúas bacterias:

Lactoba-cillus bulgaricus e Streptococcus thermophilus.

Obtense a partir de leite –enteiro, desnatado ou concentrado– pasteurizado; é dicir, aplíca-selle calor durante un período de tempo para

eliminar posibles patóxenos e alongar así a súa vida útil. De feito, a lexislación vixente é clara e rotunda neste sentido: o uso dunha soa das bacterias ou doutras distintas a elas impide que a denominación correcta do produto sexa a do iogur; nese caso, estariamos ante un leite fermentado e non ante un iogur.

Os microorganismos que producen a fermenta-ción deben estar presentes, vivos e activos no iogur nunha cantidade mínima de 10 millóns de colonias por gramo ou mililitro.

Non convén confundir tampouco iogur e sobre-mesa láctea. Esta última é unha preparación que conta cunha base de leite na súa com-posición, pero que contén outros ingredientes, como nata, ovo, chocolate, fariñas etc. Dentro desta clasificación, entran as mousses, as cre-mas de ovos, os flans, os batidos, os xeados... Nutricionalmente, as diferenzas entre iogur e sobremesas lácteas son abundantes e claras. o seu lugar na dieta

Parece que non se cuestiona que os alimen-tos de orixe vexetal deban ser a base de toda dieta sa. Non obstante, no ámbito académico existen serias discrepancias acerca de cal é o lugar exacto dos lácteos nunha dieta saudable. O imaxinario colectivo tende a pensar que o consumo deste grupo de alimentos garante a prevención de fracturas nos ósos, pero hai vo-ces académicas que alertan da pouca evidencia destas afirmacións.

Iogures: para todos

os gustos e necesidades

A ampla gama de iogures que se elaboran obriga a coñecer as súas

características nutricionais para escoller os que máis nos interesen

guía de c

ompr

a

iogur

(8)

a voltas coas racións

Si existe consenso sobre que pode compoñer unha ración de lácteos: un vaso de leite, dúas unidades de iogur, tres rebandas de queixo e unha ración individual de queixo fresco.

Porén, non hai tanto consenso sobre cantas ra-cións convén consumir a diario. Así, mentres ca estratexia NAOS considera que convén que toda a poboación tome entre 2 e 4 racións diarias de lácteos (o consumo de queixos ha de ser modera-do), as recomendacións da SENC e da semFYC son máis específicas: os nenos deben tomar entre 2 e 3 racións de lácteos ao día, os adolescentes 4, as mulleres adultas 2, as embarazadas entre 3 e 4... En 2010, a Fundación Dieta Mediterránea, coa colaboración de grupos de investigación e uni-versidades internacionais, así como coa partici-pación de expertos en nutrición, recomendou un consumo moderado de lácteos, que concretou en 2 racións ao día en forma de derivados lácteos (iogur e queixo), con preferencia polas versións baixas en graxa.

Sobre isto último hai pouca discusión: os lácteos desnatados, ao achegaren menos enerxía e gra-xas saturadas, poden ser beneficiosos para unha poboación como a nosa, na que a incidencia do exceso de peso e dos problemas cardiovasculares é altísima. Segundo a última Enquisa nacional de inxestión dietética española (ENIDE), menos do 5 % da poboación cumpre os valores recomenda-dos de graxa saturada. Neste sentido, os lácteos supoñen a segunda fonte de graxas saturadas da dieta, despois dos produtos cárnicos. Por último, non se debe esquecer que os queixos, a diferenza do leite e do iogur, conteñen moitas graxas satu-radas, por iso convén escoller os que conteñen un 0 % de graxa. En canto aos iogures desnatados, tamén se debe manter certa cautela, xa que en ocasións son desnatados (teñen menos cantidade de graxa), pero inclúen moito azucre engadido. Malia que é un tema de candente actualidade

pa-ra os académicos da nutrición, ninguén dubida de que o consumo de leite ou de iogur convén que forme parte dun consumo diario, a diferenza dou-tros grupos de alimentos, nos que a frecuencia de consumo recomendada é semanal (peixes, carnes ou queixos) ou ocasional (carnes procesadas, re-frescos e alimentos superfluos en xeral).

Curiosamente, hai diversos estudos que constatan que o consumo de lácteos, en especial de iogures, se acompaña dunha mellor calidade da dieta. Porén, non queda de todo claro que é causa e que é efecto; é dicir, se o iogur é o responsable da boa saúde do individuo ou se as persoas con mellor saúde adoitan tomar máis iogur.

Entre os lácteos, atópanse tamén os queixos. A súa recomendación de consumo difire de forma notable da do iogur ou da leite. Así, a Estratexia NAOS (Estratexia para a nutrición, actividade física e prevención da obesidade), impulsada no ano 2005 polo Ministerio de Sanidade a través da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), considera que “a moderación ha de ser a norma que se debe seguir no consumo de queixos, calquera que sexa a clase á que pertenzan”. Por que? Os queixos conteñen moita máis graxa e moito máis sodio (o sal é cloruro sódico) ca o leite ou o io-gur. De forma aproximada, mentres que 100 gramos de leite ou de iogur achegan uns 3 gramos de graxa, a mesma cantidade de queixo pode conter máis de 50 gramos de graxa. En canto ao sodio, mentres que 100 gramos de leite ou iogur achegan entre 50 e 80 miligramos de sodio, nos queixos podemos atopar de 300 a 750 miligramos de sodio.

O consumo de iogur achega certas vantaxes sobre o consumo de leite. Por exemplo, a lactosa atópase no iogur en concentracións mínimas porque se trans-forma en ácido láctico, un detalle interesante para os intolerantes a este compoñente. Pero isto non é suficiente para poder declarar de forma inequívoca que o iogur é mellor para a saúde ca o leite.

que nos achegan?

O nutriente clave do iogur é o calcio, que se disol-ve no ácido láctico e, polo tanto, é máis doado de absorber polo noso sistema dixestivo.

O 10,1 % do calcio consumido polos españois pro-vén do iogur ou doutros leites fermentados. De entre outros alimentos que achegan calcio á dieta dos españois, hai que salientar o leite e os queixos maduros. Non obstante, a alta achega de sodio podería prexudicar o metabolismo óseo e debe-ría moderarse a inxestión de queixos. Ademais, débese recordar que con relación ao calcio non sempre máis é mellor: un exceso de inxestión de calcio non só non achega beneficios, senón que podería supoñer certos riscos. De feito, un estudo realizado pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, nunha mostra represen-tativa da poboación española adulta, conclúe que en xeral as inxestións observadas de calcio su-peran as recomendadas (800 mg ao día) para a poboación española. Non obstante, segundo este mesmo estudo, non todos os grupos de idade mos-tran inxestións axeitadas de calcio: unha porcen-taxe destacable de rapazas de entre 9 e 18 anos e de mulleres de entre 50 e 70 anos presenta un consumo insuficiente de calcio.

O fósforo e a riboflavina (ou vitamina B2) do io-gur son tamén destacables. O primeiro participa no mantemento dos ósos e dos dentes e é pou-co deficitario entre os pou-consumidores. Si existen certas carencias de riboflavina na poboación que xustifican reparar nesta vitamina, necesaria para o mantemento do sistema nervioso, da pel, dos glóbulos vermellos e da visión.

Existen diferenzas nutricionais entre o leite e o iogur, pero non son abismais, trátase máis ben de pequenos matices, tal e como se pode observar na táboa que segue.

Bacterias virtuosas?

A fermentación que converte o leite en iogur é responsable de dúas bacterias: Lactobacillus

bulgaricus e Streptococcus thermophilus. Estas

bacterias considéranse probióticas. Que

signi-guía de c

ompr

a

iogur

es

Consellos para aforrar

>

Non caducan.

O primeiro consello para aforrar pasa por saber que, unha vez chegada a data que se indica no envase, non é preciso tirar os iogures. Isto dános una pequena pró-rroga coa que espazar as compras ou inclu-so facer certas provisións se se dan ofertas puntuais.

>

Aproveita.

Tirar comida é tirar diñeiro. Se a data xa pasou e o sabor do iogur se volveu algo máis ácido, en lugar de tiralo é posible emprega-lo para elaborar biscoitos e outras sobremesas. Consulta o receitario de EROSKI CONSUMER ou a app de receitas para buscar ideas.

>

Probar e combinar.

Outra forma de aforrar

é permanecer atento ás ofertas de distintas marcas. Agora ben, estas son fórmulas de afo-rro que non se basean no poder de decisión do consumidor: son prácticas puntuais que depen-den máis do desexo do fabricante ou da marca en cuestión. Algo que si está na súa man é comparar o que unhas ofrecen fronte a outras: elixir marcas brancas ou combinalas con outras de fabricante permite notables aforros. Por exemplo, unha familia de tres membros na que cada un come diariamente dous iogu-res naturais necesita, ao cabo da semana, 10 paquetes de catro, aproximadamente. Se opta polos de marca branca, o desembolso semanal é de apenas 5,3 euros (cada paquete custa 0,53 euros) mentres que, se son iogures de fabrican-te (1 euro por paquefabrican-te), o gasto é superior, 10 euros. O aforro semanal é de 4,7 euros. Ao ano, apostar polo iogur de marca branca pode xerar un aforro de 244 euros.

PESO MEDIDA CASEIRA

LEITE 200-250 ml Unha cunca de leite

IOGUR 200-250 g 2 unidades de iogur

QUEIXO cURadO 40-60 g 2-3 rebandas de queixo

QUEIXO fREscO 80-125 g 1 ración individual

unha ración de lácteo equivale a...

15 14

(9)

guía de c

ompr

a

iogur

es

que teñan necesidade por saúde de reducir a súa colesterolemia. Os que toman medicamentos só deben consumilos baixo supervisión médica, e o mesmo sucede durante o embarazo e a lactación e nos nenos pequenos.

Mil e un iogures (ou case)

Diversificada e cada vez máis personalizada, así é a produción de iogures nestes momentos. Estes son os principais tipos:

natural: é o iogur estándar, sen máis ingredientes

ca os descritos no proceso de elaboración deste alimento: leite e fermentos.

azucrado: é o iogur tradicional ao que se lle

en-gade azucre para mellorar o seu sabor e a acep-tación entre o público. O seu contido calorífico aumenta con respecto ao non azucrado.

desnatado: hai algúns coa indicación “0 %

mate-ria graxa”. Isto é así porque a lexislación permite que o iogur desnatado teña ata un 0,5 % de materia graxa. A diferenza, en todo caso, non é relevante. En ocasións, estes iogures conteñen azucres engadidos, algo que debe ter en conta o consumidor, xa que as súas calorías poden ser comparables ás dun iogur natural.

edulcorado: contén edulcorantes que dan sabor

doce, pero que achegan poucas (ou ningunha) calorías, aínda que cómpre aclarar que moitos non son desnatados.

con anacos de froita: co fin de garantir un

conti-do mínimo de iogur, os iogures con froitas deben conter un 70 % de iogur no produto rematado. Porén, hai que ter en conta que un iogur con anacos de froita non substitúe unha ración dia-ria de froita. A cantidade de froita que conteñen os iogures con anacos de froita é mínima –oscila entre o 2 % e o 11 %–, o que se traduce na maio-ría dos casos en 14 gramos de froita por iogur. Unha mazá pequena pode pesar 100 gramos, un amorodo uns 20 gramos e un gran de uva 6 gramos. A cantidade de froita consumida deste xeito resulta ridícula e desprezable no cómputo do menú de todo o día.

aromatizado ou con aroma a froita: ten o gusto e

o aroma da froita. Neste caso, o contido mínimo de iogur no produto rematado será do 80 %.

Pasteurizado despois da fermentación: ata hai

unha década, non era oficialmente un iogur, tra-tábase dunha sobremesa láctea máis. Dende 2003, a norma recoñéceo como iogur. Os pas-teurizados obtéñense a partir do iogur que su-friu un tratamento térmico (de pasteurización) posterior á fermentación. Iso significa que non ten bacterias probióticas e, polo tanto, a súa vida útil é superior. Nutricionalmente, non hai diferenzas co iogur natural.

- A mensaxe de que os leites fermentados con

Lactobacillus casei reforzan as defensas calou

fondo na sociedade actual. Segundo a evidencia científica actual, no que atinxe aos beneficios sobre a saúde e á protección das enfermidades, este tipo de produto é un leite fermentado máis, equiparable a calquera leite fermentado ou io-gur que exista no mercado. Na literatura cien-tífica hai estudos que asocian o consumo diario deste tipo de leite fermentado cun menor risco de infeccións comúns, como as respiratorias, en-tre distintos colectivos, malia que parte destes estudos non son independentes. Polo momen-to, a EFSA non aprobou ningunha alegación de propiedades saudables dos leites fermentados e dos iogures sobre o sistema inmune. Como información aclaratoria, convén matizar que son varios os estudos científicos que conclúen que tanto os leites fermentados con bacterias es-pecíficas coma os iogures convencionais poden aumentar as defensas ao incrementar a produ-ción de citoquinas, uns compoñentes que forman parte da resposta inmune.

- No mercado hai leites fermentados que inclúen fitoesterois e fitoestanois, compostos de orixe vexetal aos que en principio se lles atribúe a propiedade de reducir os niveis de colesterol. A EFSA recoñece que unha inxestión diaria de 1,5 a 3,4 g de esterois ou estanois vexetais a partir de alimentos funcionais enriquecidos con eles (como as bebidas lácteas que de media conteñen 2 g destes compostos) adoita xerar unha diminución do colesterol de entre o 7 e o 11,3 %, tras 2 ou 3 semanas. Agora ben, convén lembrar que o con-sumo deste tipo de produtos enriquecidos se ha de facer sempre na súa xusta medida, durante un tempo limitado e con asesoramento dietético e/ ou médico. Tomar máis cantidade non logra unha maior redución e podería mesmo ter consecuen-cias negativas para a saúde. De feito, estes pro-dutos están destinados en exclusiva ás persoas fica isto? Os probióticos son organismos vivos

que, cando se administran nas cantidades axei-tadas, teñen efectos saudables no hóspede; é dicir, en quen os toma. Probióticas son tamén os leites fermentados que atopamos no mercado xunto aos iogures. Pero, segundo a lexislación vixente, non son iogures. A diferenza é que entre os seus fermentos aparecen outras bacterias á parte das típicas do iogur: os leites fermentados por bifidobacterias (bífidus), como

Bifidobacte-rium bifidum ou BifidobacteBifidobacte-rium longum, e os

leites fermentados probióticos, cando o proceso se realiza con Lactobacillus casei ou con

Lac-tobacillus acidophilus. En realidade, todos os

iogures son probióticosa por conteren microor-ganismos vivos no produto. Non obstante, no ám-bito comercial, resérvase este termo aos leites fermentados que conteñen os lactobacilos que se mencionaron.

Sobre estes produtos, incluídos os iogures, re-caen multitude de efectos beneficiosos e sau-dables: aumentan as defensas, melloran a flora intestinal, reducen o colesterol... Pero, cales están recoñecidos pola EFSA (Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria), o organismo encargado de aprobar as alegacións de propiedades sauda-bles dos produtos?

- Está claro que a microflora intestinal parece que se beneficia da inxestión de probióticos, pero as investigacións sobre o tema están aín-da en desenvolvemento. A idea de desprazar as bacterias intestinais prexudiciais e de substi-tuílas mediante a administración de bacterias beneficiosas como as do iogur leva vixente máis de 100 anos. A última guía dietética para os americanos sinalou que non existen estudos suficientes como para emitir recomendacións dietéticas sobre probióticos.

- A EFSA aprobou unha declaración de saúde que establece que o iogur mellora a dixestión da lacto-sa en persoas con intolerancia a este compoñente.

enriquecidos (calcio ou vitamina d): para que

un iogur, ou calquera produto enriquecido con estes compoñentes, poida definirse como enri-quecido debe conter un 30 % da cantidade de referencia de minerais ou vitaminas por ración de consumo. A achega de calcio nos iogures nor-mais oscila entre os 150 e os 170 mg por unidade (125 g), mentres un iogur enriquecido en calcio pode ter o dobre; é dicir, 400 mg por unidade (125 g). As doses recomendables de calcio nas persoas adultas é de 900 mg/día e de entre 1000 e 1200 mg para os nenos de 10 a 19 anos, para as mulleres embarazadas e en período de lactación e para os maiores de 50 anos.

sen lactosa: arredor do 15 % da poboación

eu-ropea é intolerante á lactosa, o que supón un problema intestinal que imposibilita dixerir a lactosa, un azucre naturalmente presente no leite. Ata hai pouco, a recomendación para os intolerantes á lactosa era a redución ou a eli-minación dos produtos lácteos da súa dieta. Os produtos sen lactosa trátanse cun encima deno-minado lactase que produce o desdobramento da lactosa en azucres máis simples e dixeribles para as persoas intolerantes a este compoñente. En esencia, só ten utilidade nas persoas cun co-rrecto diagnóstico de intolerancia a este azucre.

grego: non hai unha definición legal para este

produto no eido nacional nin internacional, pero asóciase a un produto de maior cremosidade e consistencia ca o resto. Ten entre un 9 e un 10 % de materia graxa láctea (as variedades tí-picas de iogur non superan o 3,5 % de materia graxa láctea).

ENERXÍA

(kcal) AZUCRES (g) GRAXA (g)

GRAXA SATURADA

(g) SAL (g) FIBRA (g)

Iogur enteiro natural 71,0 5,6 3,4 2,1 0,3 0,0

Iogur enteiro natural azucrado 107,0 17,1 2,5 1,5 0,3 0,0

Iogur enteiro aromatizado 117,7 17,6 3,1 2,0 0,3 0,0

Iogur enteiro con froitas 112,1 18,6 2,3 1,4 0,3 0,0

Iogur desnatado natural 49,2 6,1 0,4 0,2 0,2 0,0

Iogur desnatado con froitas 49,6 7,1 0,2 0,1 0,2 0,0

Iogur desnatado aromatizado 53,1 7,5 0,1 0,0 0,1 0,0

Iogur desnatado, natural, edulcorado 47,6 6,0 0,1 0,0 0,2 0,0

(10)

Preocupados polo calcio

Os iogures enriquecidos con es-te mineral (por exemplo, a gama Densia de Danone) poden ser recomendables para as persoas que non toman suficientes lácteos como fonte de calcio e que non suplen esta deficiencia co consu-mo de alimentos ricos en calcio (verduras de folla verde, sardiñas enlatadas, froitos secos, figos secos e froitas desecadas e legumes). Non obstante, conviría revisar a dieta porque, tras observar a tendencia dos hábitos alimentarios actuais, pódese concluír que a deficiencia de calcio non sempre se debe a unha achega insuficiente, senón a un consumo desproporcionado de proteína e sal que descalcifican o organismo e que limitan a absorción deste mineral. Polo tanto, pouco se consegue se se toman iogu-res co dobre de calcio e se segue o mesmo tipo de alimentación.

Prezo por paquete (4 x 125 g):

1,59 euros

Prezo por vasiño (125 g): 0,39 euros

guía de c

ompr

a

iogur

es

no peso

Moitos son os que non fan sobre-mesa para aforrar unhas cantas calorías. Este é un hábito pouco recomendable. A reflexión pasa por escoller aquilo que nos axu-de a manter o equilibrio da nosa dieta. De novo, os iogures desna-tados (como as gamas de Vitalinea ou Sveltesse, con varias opcións: aromatizadas, con froita, natu-rais) e os sen azucres engadidos son as propostas de referencia. Pero non vale todo: as versións lixeiras dos iogures gregos ache-gan un número considerable de graxa (menos ca os enteiros, pero máis ca calquera natural enteiro) e os desnatados azucrados pro-porcionan tamén máis calorías.

Prezo por paquete (4 x 125 g):

entre 1,79 e 1,93 euros

Prezo por vasiño (125 g):

entre 0,44 e 0,48 euros suxestións de coMPra

nenos

Comecemos polos máis cativos. O consumo de iogures é adecuado para eles, xa que con eles incorpo-ran calcio á súa dieta (para os seus ósos e os seus dentes). A achega deste mineral é moi similar tanto se escollemos versións de iogur enteiro coma de iogur desnatado (arredor de 170 mg nun vasiño de 125 g). De feito, diversas entidades de referen-cia recomendan que os maiores de 2 anos escollan de forma preferente lácteos desnatados, dadas as cifras de sobrepeso e obesidade infantil no noso país, onde tres de cada dez nenos xa padecen exceso de peso. O sabor desnatado pódese facer máis apetecible, e igual de saudable, se lle engadimos anacos de froita natural por exemplo a calquera iogur desnatado de Eroski Basic. Por suposto, esta formula-ción tamén admite a toma ocasional de iogures ideados para o público infantil que engaden en plan dúo perlas de chocolate ou de cereais crocantes, coma os de Nestlé.

Prezo por paquete (6 x 125 g/2 x 115 g):

entre 0,75 e 1,50 euros

Prezo por vasiño (125 g/115 g):

entre 0,12 e 0,74 euros

Preguntas

e respostas

> Unha ración de lácteos sem-pre equivale a dous vasiños de iogur de 125 g ou a 250 g de

iogur? Efectivamente, unha ración

do grupo dos lácteos (dos que se aconsella tomar unhas 2-3 racións ao día, distribuídas por exemplo do seguinte xeito: un vaso de leite, dous iogures e unha ración de queixo fresco) equivale a dúas uni-dades estándar ou a dous vasiños de iogur de 125 g. Non obstante, cando ao longo da reportaxe se mencionan as propiedades ou os valores nutricionais do iogur (algo que tamén se fai no ámbito cien-tífico), tomouse como referencia a ración doméstica dun único iogur.

> Se como os iogures con anacos de froita é como se comese

unha peza enteira? Non, en

absoluto. Unha ración de froita equivale a uns 145 gramos. No iogur máis xeneroso en anacos de froita non atoparemos máis de 20 gramos de froita; polo tanto, debe-riamos tomar uns 8 iogures para cubrir teoricamente o que equiva-lería a unha peza de froita.

> Comemos menos froita

por-que comemos máis iogures? É

posible que o consumo de lácteos desprace, en parte, o consumo de froita, xa que moitos nenos non toman como sobremesa froita fresca, pero si un lácteo. O certo é que moitos outros alimentos menos recomendables ca o iogur desprazan o consumo de froita: bolería, galletas, aperitivos, doce, lambetadas, refrescos etc.

> Os iogures caducan?

Recente-mente, as autoridades españolas modificaron o real decreto do iogur e eliminaron a obriga de que se indique a data de caducidade dos iogures. Permítese expresar a vida útil do produto na data de consumo preferente. Unha vez que chega esa data pódese tomar o iogur pasados uns días, sen risco para a saúde, xa que o leite co que se fabricou é pasteurizado. Ao pasar os días, as bacterias conso-men maior cantidade de azucres presentes no iogur, o que incre-menta a acidez do medio e tamén impide a proliferación de microor-ganismos. Non obstante, o sabor si que se altera: resulta máis ácido.

Pouco “iogurteiros”

Recoñezámolo, hai a quen non o acaba de convencer o iogur. Se mer-cas iogures, se os deixas caducar e se poucas veces botas man deles para merendar ou como punto final dunha cea, es un deles. De ser así, unha opción interesante poden ser os iogures pasteurizados, coma os de PMI. A súa textura é máis simi-lar ao dunha crema de ovo e como non precisan frío (non se colocan nas cámaras de refrixeración das tendas), xa que non teñen microor-ganismos vivos, a súa vida útil é moito maior. Se ademais comes fóra da casa e a oficina non está equi-pada con neveira, son ideais como sobremesa. Dende un punto de vista nutricional, os iogures tradicionais e os pasteurizados son moi similares.

Prezo por paquete (4 x 125 g): 1,30 euros

Prezo por vasiño (125 g):

0,32 euros

Bon gourmands

Canto máis denso e cremoso é un iogur, máis agradable é ao padal. O iogur grego ten un alto contido en graxa láctea, o que fai que sexa máis gratificante ao padal e tamén que melloren o seu sabor e o seu aroma. No mercado, abundan as propostas de iogures gregos con ingredientes tan atractivos coma os froitos vermellos, as amoras (Grego con amoras de Danone), as noces ou a stracciatella (de Eros-ki). Calquera destas combinacións resulta explosiva gastronómica e nutricionalmente falando. Por iso, a recomendación é reservar esta “ho-menaxe” para situacións ocasionais.

Prezo por paquete (2 x 115 g/4 x 125 g):

entre 1,00 e 1,40 euros

Prezo por ración (115 g/125 g): entre 0,50 e 0,35 euros

www.consumer.es

19 18

(11)

alimentación

Entre pan e pan:mitos

Non tomar a merenda ou incluír nela alimentos con moita graxa ou azucre

son os dous erros máis habituais que é necesario solucionar

un deles é a errónea crenza de que os nenos deben comer “o que sexa” á hora da merenda. Non é certo. Aín-da que non é recomenAín-dable omitir a merenda, menos recomendable aínda é sumar calorías baleiras. E máis se temos en conta que aproximadamen-te tres de cada dez nenos españois pesan máis do que deberían. España é o terceiro país da OCDE con maior sobrepeso infantil.

A

índa que pareza incrible, os

mi-tos da alimentación non quedan soamente na dieta da piña ou na da alcachofa. As falsas crenzas estén-dense mesmo sobre algo tan cotián como son as merendas. Quizais teña que ver co feito de que empezamos a preocuparnos cada vez máis polo que comemos. Paga a pena, en calquera caso, poñer un pouco de sentido co-mún neste tema, antes de que tantas opinións infundadas acaben por des-orientar os pais e mais os nenos.

Nenos e merenda, que

coman “o que sexa”?

Abonda unha ollada ao que adoitan levar os nenos nas súas mans á saída da escola para saber que a merenda dos nenos españois pode mellorar. Paquetes e envoltorios de cores, con debuxos e personaxes da tele... As bebidas que os acompañan non son mellores: cartóns de zumes, lácteos con chocolate e mesmo bebidas azu-cradas que aparentan seren sauda-bles porque lles engadiron vitaminas.

Unha investigación realizada en ne-nos españois, o estudo enKid, ava-liou a alimentación dunha mostra representativa da poboación infantil e xuvenil española e observou que o 96,4 % da poboación infantil e xuvenil española consome de xeito habitual produtos de bolería e galletas. En canto aos aperitivos, tómanos tamén de forma habitual o 88,2 % dos nosos menores. Máis grave é o consumo de doces e de lambetadas (tómaos habi-tualmente o 99,4 % do colectivo estu-dado) e de refrescos (92,6 %).

Un consumo ocasional desta clase de produtos non ten ningunha reper-cusión sobre a saúde, pero cando se toman de forma habitual aumenta o risco de padecer numerosas enfermi-dades crónicas. Por que este consumo é continuo? Hai varios motivos, pero

Adultos: non facer

a merenda non é o mellor

No caso dos adultos, o máis fre-cuente é non merendar nada. En moitos casos é por falta de tempo, pero noutros débese á falsa crenza de que merendar “engorda”. Mesmo hai quen ten pensamentos curiosos tales como que entre a comida e a cea non se pode comer nada porque o estómago “ten que descansar”. Isto último ten tan pouco sentido como pretender que descanse o sistema circulatorio.

Tanto en adultos coma en nenos ob-sérvase que quen come a miúdo ten menos risco de padecer obesidade, hipertensión e hipercolesterolemia. E quen pica alimentos insáns entre horas? Fai mal, pero non por picar entre horas, senón por tomar alimen-tos insáns. Unha revisión da litera-tura científica publicada en marzo de 2011 concluía que aumentar a frecuencia das comidas parece que ten un efecto positivo sobre diversos marcadores sanguíneos da saúde, en especial sobre o colesterol LDL, o colesterol total e a insulina, pero tamén pode axudar a reducir a

fa-me e a fa-mellorar o control do apetito. Unha merenda saudable achegará numerosos beneficios para a saúde a medio e longo prazo.

Pasa algo por merendar pan

con crema de chocolate?

A resposta a esta pregunta, que es-coitan moi a miúdo os e as dietistas-nutricionistas, precisa formular dúas novas preguntas: con que asiduidade se toma esta merenda? e como é o resto de hábitos dietéticos e de exer-cicio físico? Das respostas dependerá o enfoque axeitado a esta cuestión. Nada sucederá por consumir un día por semana unha merenda rica en calorías, graxas e azucres (é o que achegan as cremas de chocolate), so-bre todo se quen a toma realiza moito exercicio físico. Por desgraza, non é a norma: a gran maioría dos nenos e dos adultos españois son moi seden-tarios (España é un dos países máis sedentarios de Europa).

Outra merenda moi habitual son os zumes. De novo, unha inxestión ha-bitual de zumes non é recomendable. O consumo actual de zumes (casei-ros ou industriais) vai en aumento. Non é certo que os efectos dos zu-mes de froita (zu-mesmo acabados de espremer) sexan equiparables aos da froita fresca. Isto ten que ver coa rapidez coa que entran os azucres dos zumes de froita no noso corpo, feito que incrementa o risco de pa-decer exceso de peso a longo prazo. Canta máis froita fresca inxerimos, menor é o risco de sufrir de obesida-de, pero tamén son menores as po-sibilidades de padecer enfermidades crónicas no futuro.

Merendas saudables

Unha dieta saudable parece que está sustentada no consumo cotián duns poucos ingredientes: froitas, hortali-zas, froitos secos, cereais integrais e legumes. Non obstante, existen moitas combinacións posibles, tantas coma culturas. En todo caso, debido a que os nosos nenos toman demasiada enerxía e cantidades elevadas de proteínas, graxas, sal e azucre. A continuación, enuméranse algunhas suxestións pa-ra que a merenda sirva papa-ra achegar máis saúde á dieta:

Pan integral con tomate relado e cun chorriño de aceite de oliva. Bol de leite con muesli.

Unha cunca con froitos secos tos-tados, acompañados de anaquiños de mazá.

Macedonia con froita do tempo. Iogur natural con pasas.

Tortaleta con recheo de humus (pu-ré de garavanzos).

Minipizzas caseiras (elaboradas con fariña integral), con hortalizas e queixo fresco.

Tortas caseiras (con fariña integral e sen azucre) recheas de anaqui-ños de aguacate maduro.

Anaquiños de queixo fresco con media uva picada cun escarvaden-tes en cada un deles.

Batata ou castañas ao forno.

(12)

afondo

Segundo a última enquisa de mobilidade do Ministerio de Fomento, cada neno de ata 14 anos desprázase unha media de tres veces ao día. A maioría desas viaxes son para ir ou vir do centro educativo e case sempre se desprazan camiñando. Os nenos forman un dos colec-tivos máis vulnerables dentro do espazo público. A súa baixa estatura e as súas reaccións ás veces imprevisibles aumentan o risco de que sufran un accidente. A súa visión e o seu nivel de audición tampouco están desenvolvidos completamente, polo que a súa percepción dos vehículos a motor que circulan é distinta á dos adultos.

Por todo iso, EROSKI CONSUMER quixo examinar o contorno dos colexios para observar se periga a seguridade dos nenos na entrada e na saída dos centros educativos. A finais de setembro, compro-bouse a seguridade e o tipo de infraestruturas da zona escolar que rodea a un total de 100 colexios situados en 10 cidades españo-las: A Coruña, Barcelona, Bilbao, Logroño, Madrid, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia e Vitoria.

Despois de realizar as comprobacións pertinentes, chegouse á conclu-sión de que a seguridade viaria do contorno dos colexios analizados só se pode valorar cun “aceptable”, xa que se observaron algunhas carencias destacables. Así, soamente en dúas de cada tres ocasións os accesos específicos para os alumnos estaban sinalizados claramente e nunha de cada tres ocasións non se atopou unha zona de espera segura antes de entrar no edificio. Ademais, no 55 % dos casos non había sinalización de limitación de velocidade e no 45 % nin sequera existía un sinal vertical de zona escolar ou frecuentada por menores. Por cidades, as zonas escolares mellor valoradas foron as analizadas na Coruña, Bilbao, Pamplona, San Sebastián e Vitoria, que obtiveron a cualificación de “ben”.

A AusenciA de sinAis de limitAción de

velocidAde, A fAltA de sinAlizAción en Accesos

específicos pArA o AlumnAdo e As retencións

de tráfico son As principAis cArenciAs

Seguridade viaria

nos colexios:

aceptable

AnAlizáronse As zonAs escolAres que rodeAn 100 centros educAtivos de 10 cidAdes

23 22

Referências

Documentos relacionados

Para saber como o amostrador Headspace 7697A da Agilent pode ajudar a alcançar os resultados esperados, visite www.agilent.com/chem/7697A Abund.. Nenhum outro software

As pontas de contato retas e retificadas em paralelo ajustam o micrômetro mais rápida e precisamente do que as pontas de contato esféricas encontradas em micrômetros disponíveis

Ainda quanto à exploração de recursos hídricos para fins de geração de energia elétrica, a Constituição assegura aos Estados, Distrito Federal, Municípios e órgãos

Contribuições/Originalidade: A identificação dos atributos que conferem qualidade ao projeto habitacional e das diretrizes de projeto que visam alcançá-los, são de fundamental

- os termos contratuais do ativo financeiro dão origem, em datas específicas, aos fluxos de caixa que são apenas pagamentos de principal e de juros sobre o valor principal em

a) Aplicação das provas objetivas. b) Divulgação dos gabaritos oficiais do Concurso Público. c) Listas de resultados do Concurso Público. Os recursos interpostos que não se

O pressuposto teórico à desconstrução da paisagem, no caso da cidade de Altinópolis, define que os exemplares para essa análise, quer sejam eles materiais e/ou imateriais,

Mecânica Coração Eucarístico Engenharia Mecânica Vaga 30 Comandos Hidráulicos e Pneumáticos Noite 06 2T+4P Engenharia Mecânica Contagem 01 Vaga para as três