• Nenhum resultado encontrado

De Pernambuco, Brasil, unha icona da música nordestina, que levou o tropicalismo máis lonxe que ninguén, ALCEU VALENÇA.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "De Pernambuco, Brasil, unha icona da música nordestina, que levou o tropicalismo máis lonxe que ninguén, ALCEU VALENÇA."

Copied!
13
0
0

Texto

(1)
(2)

Alceu Valença

Cantos na Maré é unha oportunidade para ampliar horizontes. Xa o dixo Manuel María, o autor ao que se lle renderá homenaxe nas Letras Galegas do ano que vén: o idioma é a chave coa que abrimos o mundo. A nosa chave para abrir as portas doutras latitudes é o galego­portugués. A lingua, a fala é o noso modo de estar no mundo, de pensar, falar, amar e entender a música como convivencia, festa e intercambio. Quen veña a Pontevedra, a cidade das pontes, descubrirá a vitalidade e forza do noso idioma cos seus distintos sotaques e ritmos. Saberá que a música segue a ser unha ferramenta moi valiosa para a comunicación, para expresarse sen complexos, sen fronteiras e coa esperanza de conectarnos máis e mellor. O festival pretende crear un entorno fértil para o coñecemento, a amizade e a irmandade, un espazo para estreitar lazos e enriquecérmonos mutuamente. Nesta edición achegaranse cantautoras, cantautores e artistas de referencia destes territorios e faremos da creación propia o centro de Cantos na Maré. De Pernambuco, Brasil, unha icona da música nordestina, que levou o tropicalismo máis lonxe que ninguén, ALCEU VALENÇA. Desde Lisboa, un dos piares do rock portugués, JORGE PALMA, que marcou toda unha xeración de músicos e se converteu nun autor de culto. De Guinea Bissau, KARYNA GOMES, a máis recente revelación da música africana da lusofonía, que co seu disco de estrea, producido polo director musical de Cantos na Maré, Paulo Borges, acadou un grande éxito de crítica e público. Vainos sorprender ademais unha creadora orixinal e única, a tamén brasileira THAÏS MORELL, que nos trae as súas cancións afastadas de clixés. Ademais é unha guitarrista e frautista excepcional. E desde Galicia chegan as Baladas da Galiza Imaxinaria de UXÍA & NARF. Nós abrimos co galego as portas das casas do mundo, pero os músicos do mundo tamén veñen coa súa propia chave a abrir a casa da lingua que lles ofrecemos aquí. Cantos na Maré 2016 será unha nova ocasión para gozar dun encontro coa música dos países lusófonos e saborear a súa variedade e riqueza. É tamén, desde o seu nacemento, a festa da lingua que nos une.

Uxía

CNM 2016

(3)

Alceu Valença

Cinco décadas electrizando a música nordestina

O brasileiro Alceu Valença sempre foi un transgresor. Érao cando se subiu por primeira vez a un escenario con só 4 anos e continúa a selo agora con 69, cando segue ensanchando os marcos dos ritmos nordestinos con respectuosa irreverencia. O maracatu, o frevo, os caboclinhos, o baião ou a toada son algúns dos ritmos do seu Pernambuco natal que el reinventou pasándoos polo son eléctrico do pop e o rock, sen que perdesen nin unha miga da forza da música de raíz popular. Valença colaborou con outros grandes como Geraldo Azevedo, Luis Gonzaga, Arto Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas de música ao vivo e grandiosas gravacións trazou unha carreira coherente que arrastra a varias xeracións, tocando aínda os oídos e os pés dos máis novos. Pandeiros, pífanos e rabecas confúndense coa guitarra e o baixo eléctrico para dar como resultado unha obra única, unha música tan nordestina como universal.  www.facebook.com/alceuvalencaoficial

(4)

Jorge Palma

Un dos piares do rock portugués

Jorge Palma é unha desas persoas cun destino completamente marcado pola música. A súa carreira comezou como neno prodixio,  na mocidade transformouse nun icono do folk­rock e logo acabou converténdose en autor de culto e un dos piares da música rock portuguesa. Nacido en Lisboa en 1950, empezou en idade temperá a estudar piano. Con só 15 anos o seu interese mudou radicalmente, empapándose do rock da súa época. Actuou durante unha tempada coa banda Sindikato, xusto antes de emprender a súa carreira en solitario, fascinado polo bluegrass e o country americanos. Cando saíu á venda o seu terceiro disco, xa compartía escenario con músicos da talla de Bob Dylan, Paul Simon ou Leonard Cohen. Na segunda metade dos 80 acadou o período de maior popularidade coa gravación dos álbums “Asas e penas”, “O lado errado da noite”, “Quarto minguante” e “Bairro do Amor”, aínda hoxe os seus discos máis coñecidos e procurados polo gran público. Sen dúbida, o seu traballo marcou toda unha xeración de músicos en Portugal e mesmo chegou a integrar con algúns deles, como Rui Veloso, o grupo Rio Grande. www.jorgepalma.pt

(5)

Karyna Gomes

A nova sonoridade de Guinea Bissau

A musicalidade de Karyna Gomes ten raíces na súa Guinea Bissau natal, onde medrou escoitando a música tradicional do seu país, a música urbana local e ritmos de todo o mundo. Está influenciada tamén pola mestizaxe e a experiencia de ter vivido en tres continentes: África, América e Europa. Iniciou a súa carreira profesional en 2005 e axiña recibiu un convite para integrar o histórico e revolucionario grupo de Guinea Bissau Super Mama Djombo. Neste tempo ten compartido escenario con artistas de renome na escena musical lusófona como Tito Paris, Pricezito e Diva Barros. Agora vén de gravar o seu primeiro disco en solitario, producido polo director musical de Cantos na Maré, Paulo Borges. “Mindjer” é unha homenaxe a todas as mulleres do seu país pola súa forza, determinación e coraxe. É unha especie de xenealoxía musical que viaxa polos temas tradicionais de Guinea Bissau, fundidos coa sonoridade propia da cantora. www.facebook.com/karyna.gomes

(6)

Thaïs Morell

Música de cores e afastada de clixés

Thaïs Morell pertence a esa nova xeración de músicos brasileiros que percorreron o planeta de norte a sur e de leste a oeste, empapándose de culturas variadas e que agora son capaces de entrar con naturalidade en calquera estilo musical que se propoñan. Dende a súa Curitiba natal viaxou de París a Finlancia ou Ghana, ata asentar en terras valencianas. Cun directo impresionante, intenso e delicado, mestura a bossa­ nova cunha gran diversidade doutras músicas, destacando pola súa maneira de tocar a guitarra. Escoitala supón mergullarse nun mundo de cores cambiantes, que racha en poucos minutos con todos os convencionalismos da música brasileira. No seu xeito de facer nada é previsible. Cun carisma radiante e unha voz fascinante, a cantora e multiinstrumentista lanzou o seu primeiro disco en 2012, “Cancionera”, un universo de sons brasileiros con toques de jazz e folclore, afastados de clixés. Este ano brindounos a súa segunda aventura discográfica, “Amaralina”, unha xoia de múltiples sonoridades que reafirma o seu estilo sedutor e a súa propia personalidade musical. www.facebook.com/ThaisMorellMusic

(7)

Uxía & Narf

A Galiza imaxinaria en dúas voces imprescindibles

Uxía e Narf percorreron algúns dos camiños máis interesantes da música galega das últimas décadas. Agora unen os seus pasos para mesturar sons e afinidades, compartindo dúas bagaxes diferentes pero coherentes: un encontro con raíces no rock e na música tradicional, que se unen no gusto polas boas cancións. Uxía e Narf recueran algúns dos temas máis coñecidos do seu repertorio e creando outros novos xuntos. Uxía, directora artística de Cantos na Maré, comparte este proxecto con Narf, compositor e cantor de longo recorrido, parte do cal está ligado ao entorno do mundo lusófono. Gústalle definirse como “cancionista” e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade. Editou os discos “Nas tardes escuras”; “Aló irmao” con Manecas Costa; “Tótem” e “Directo en Compostela”. Está na orixe de proxectos como a Sala Nasa, a Psicofónica de Conxo e Os Kinindiola e compartiu disco e xira con Jabier Muguruza e Miquel Gil. En solitario, a dúo, en trío ou con banda, o seu directo viaxou de Brasil á India, pasando por Polonia, Buenos Aires, Londres, Nepal ou Mozambique.  baladas.gal

(8)

Uxía (Directora artística)

A voz para o encontro das culturas atlánticas

Ademais de ser unha das voces máis populares da nosa lingua, Uxía é produtora e ten promovido infinidade de iniciativas musicais e culturais, entre elas o Cantos na Maré. Desde o seu debut con “Foliada de Marzo” en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes. Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, emprende logo un camiño en solitario co disco “Entre cidades”. Catro anos despois publica “Estou vivindo no ceo”, moi valorado pola crítica. En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha (Sudán) e María Salgado (Castela) e o guitarrista Cuchús Pimentel “La sal de la vida”, un traballo marcado pola diversidade cultural. Xa en 2000 sae “Danza das areas”, con composicións propias e sons máis contemporáneos. Con “Eterno Navegar” percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos e con “Meu Canto”, lévanos a Brasil. Agora vén de presentar “Baladas da Galiza imaxinaria”,  xunto a Narf, e “Canta o cuco”, onde musica a Manuel María xunto a Magín Blanco. Ademais, promoveu a creación de grupos como as Malvela ou Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas do talle de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César.  uxia.net

(9)

Paulo Borges (director musical)

Un dos principais coñecedores da música lusófona

Paulo Borges é director musical de Cantos na Maré desde a segunda

edición do certame. Este feito e a súa experiencia como músico e produtor

en traballos discográficos de diferentes artistas de Galicia e Portugal, fan de

Borges un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran

as músicas lusófonas.

Natural das illas Azores, é autor de bandas sonoras para teatro e televisión.

Forma parte da banda Coro dos Tribunais e participou en discos de Zeca

Medeiros, Nancy Vieira, Rui Veloso, Xosé Manuel Budiño, a Señora

Carmen e Uxía. Agora vén de producir o primeiro disco de Karyna Gomes,

"Mindjer".

(10)

Paulo Borges (director musical)

CANTOS NA MARÉ naceu en 2003 coa intención de render unha homenaxe ao mar como lugar de encontro de artistas, letristas, músicos, poetas e escritor@s g aleg@s, unidos polos sentimentos e valores culturais do universo g alegoportugués. Logo das primeiras edicións celebradas no exterior, o éxito acadado resultou determinante de cara á continuidade do proxecto e do formato experimentado. Finalmente, O Pazo da Cultura e o mes de xaneiro conformarían o lugar e as datas actuais, con Uxía na dirección artística e Paulo Borges na dirección musical. No ano 2006 vería a luz o primeiro CD do espectáculo, correspondente á gravación en directo da primeira edición. Esta cuarta edición marcaría un punto de inflexión, ao pasar dun espectáculo a un conxunto de actividades, primeira achega ás posibilidades e potencialidades como catalizador futuro, e punto de intercambio artístico e profesional entre os países da lusofonía cara o escenario global. No ano 2008 celebrouse o Cantos na Maré Rede, un foro interactivo desenvolvido como un primeiro paso cara á materialización dunha rede de cooperación entre os axentes, os artistas e o público da música da lusofonía. No ano 2009, ademais da edición celebrada en Pontevedra en decembro, ten lugar un feito extraordinario: a celebración da primeira edición de Cantos na Maré en Brasil, na cidade de Fortaleza, que supuxo un paso decisivo cara á súa expansión internacional. Paseniñamente foi chegando o décimo aniversario, que celebramos no ano 2013 cun cartel trazado dunha á outra beira do Atlántico: o pai do rock portugués Rui Veloso, os ritmos afrobrasileiros de Chico César, o embaixador mundial da timbila mozambicana Cheny Wa Gune e a voz galega do momento, Sés. A última edición, a de 2014, deseñouse como peche do ano rosaliano, centrada en artistas galegos, da Península, Cabo Verde e Brasil, que teñen musicado aos seus poetas de referencia. Todas estas experiencias consolidaron o seu formato e estrutura e a súa intención de medrar e proxectarse como un referente musical internacional. O intercambio, denominador común de todo o esquema de actividades, fai del un proxecto intercultural con grandes posibilidades de expansión.

Historia

(11)

Paulo Borges (director musical)

2003: Chico César (Brasil), Filipa Pais (Portugal), Manecas Costa (Guiné­Bissau), Astra Harris (Mozambique), Xabier Díaz (Galicia), Jon Luz (Cabo Verde) e Batuko Tabanka (Cavo Verde) 2004: Joâo Afonso (Portugal), Ana Firmino (Cabo Verde), Alberto Mvundi (Angola), María Joâo & Mario Laginha (Portugal), Kimi Diabate (Guiné­Bissau), Guadi Galego (Galicia), Zeca Medeiros (Açores­Portugal) eZezo Ribeiro & Vanessa Borhagian (Brasil) 2005: Tcheka (Cabo Verde), Renata Rosa (Brasil) e Fran Pérez (Galicia) 2006: Dulce Pontes (Portugal), Ugía Pedreira (Galicia), Luanda Cozetti (Brasil), Eneida Marta (Guiné­Bissau) e Amelia Muge (Mozambique) 2007: Paulo Flores (Angola), Mercedes Peón (Galicia), Ceumar (Brasil), Nancy Vieira (Cabo Verde) e JP Simoes (Portugal) 2008: Waldemar Bastos (Angola), Xabier Díaz (Galicia), Sérgio Godinho (Portugal), Paulinho Moska (Brasil) e Sara Tavares (Cabo Verde) 2009: Tito París (Cabo Verde), Fred Martins (Brasil) e Raquel Tavares (Portugal) 2010: Lenine (Brasil), Guadi Galego (Galicia), António Zambujo (Port) e Aline Frazâo (Angola) 2012: Carlos do Carmo (Portugal), Mayra Andrade (Cabo Verde), Xoán Curiel (Galicia) e Socorro Lira (Brasil) 2013: Rui Veloso (Portugal), Chico César (Brasil), Cheny Wa Gune (Mozambique) e Sés (Galicia) 2014: Amancio Prada (O Bierzo), Vítor Ramil (Brasil), Gabrielas Mendes (Cabo Verde), Luiz Caracol (Portugal) e Budiño (Galicia)

Edicións anteriores

(12)

Paulo Borges (director musical)

Cantos na Maré é un proxecto producido e impulsado por Nordesía

Produccións, unha empresa pioneira no sector cultural galego. Naceu en

1996 e dende aquela traballa nos ámbitos da distribución musical e a

creación, xestión e produción dalgúns dos proxectos culturais e artísticos

máis notables das últimas décadas en Galicia.

Profesionalización, especialización, eficiencia, innovación e

internacionalización son as claves que guían o traballo de Nordesía. En 17

anos de traxectoria participou na creación, conceptualización, deseño ou

produción de máis de 3.000 eventos, programacións e proxectos, como

Cantos na Maré, o festival de jazz Imaxinasons, o ciclo Sons da

diversidade, a Festa dos Mundos, o ciclo Con Voz Propia, Ao Pé da Letra,

o programa As Nosas Músicas, Compostela Festival, o ciclo universitario

Tribos Ibéricas, o espectáculo MundoLois, The Galician Connection

Festival, Womex (The World Music Expo)...

Nordesía apostou sempre por conectarse co mundo, asistindo ás principais

feiras, encontros e foros internacionais de música, establecendo alianzas

con empresas, profesionais e institucións de diferentes países e territorios,

e levando a música galega polo mundo, facendo posible as xiras

internacionais por máis de 22 países dos principais artistas galegos.

www.nordesia.com

(13)

Referências

Documentos relacionados

Comissão aprova direito a duas pausas diárias para trabalhadora alimentar filho A Comissão de Trabalho, de Administração e Serviço Público da Câmara dos Deputados aprovou proposta

O candidato que necessitar de condições especiais para realização das provas deverá encaminhar, por meio de correspondência com AR (Aviso de Recebimento) ou Sedex, até o

Neste contexto, este relatório visa apresentar proposta de novos ajustes na grade horária, a serem iniciados no dia 05/11/2020, de modo a ajustar a oferta de

Contactores 4 Resumo Série 100-C Interface Módulo temporizador pneumático Retenção mecânica Encravamento mecânicos Módulo de protecção Contactor de potência

A Tabela 1 apresenta em número índice de cada uma das variáveis utilizadas no estudo para o período entre 1992 e 2007: produto, Y, produtividade total dos fatores, PTF, estoque de

a) Os componentes do kit foram testados como unidade. Não misturar componentes de kits de lotes diferentes ou com outros kits do mesmo fabricante. b) Todos os reagentes devem

Dentre os 33 indivíduos analisados, os tipos florais encontravam-se distribuídos, na população, em morfos: femininos (15%), ou seja, as inflorescências apresentaram apenas

As condições ambientais do solo impostas pela cobertura vegetal nos dois diferentes sistemas de produção de erva-mate podem ter relação direta com a diversidade de grupos