• Nenhum resultado encontrado

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos"

Copied!
14
0
0

Texto

(1)
(2)
(3)

PARO REXISTRADO

Principais cifras do paro rexistrado

O pasado mes de febreiro pechou con 235.268 persoas desempregadas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego en Galicia, das cales o 53,73 % son mulleres. Do total de persoas desempregadas, 33.193 tiñan menos de 30 anos e representaban o 14,11 % do paro rexistrado.

Esta é a distribución do paro rexistrado por sectores: 151.908 persoas desempregadas nos servizos (65 % do desemprego), 27.894 na industria (12 %), 28.055 na construción (outro 12 %), 18.487 no colectivo sen emprego anterior (8 %) e, por ultimo, 8.924 na agricultura e pesca (4 %).

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade

16.967 67.232 42.206 40.287 52.350 16.226 0 10.000 20.000 30.000 40.000 50.000 60.000 70.000 80.000

Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos Homes Mulleres

Paro rexistrado por sector e sexo

25.402 95.678 12.415 6.508 14.651 56.230 6.072 2.416 13.243 2.653 0 20.000 40.000 60.000 80.000 100.000 120.000 Agricultura pesca

Industria Construción Servizos Sen emprego

anterior

Homes Mulleres

(4)

A distribución do paro rexistrado por sexos é bastante desemellante. O peso do paro feminino é maior ca o do masculino nos servizos (nese sector están o 76 % das desem-pregadas, porcentaxe que baixa ata o 52 % nos homes) e no colectivo sen emprego anterior (o 10 % das desempregadas fronte ao 6 % dos desempregados). Nos restantes sectores, eles teñen máis peso no desemprego: o 13 % están na industria fronte ao 10 % das mulleres, o 23 % están na construción fronte ao 2 % das mulleres e o restante 6 % están encadrado na agricultura e na pesca fronte ao 2 % das mulleres.

Atendendo ao tempo de busca de emprego, o 46 % das persoas desempregadas leva-ban doce meses ou máis nesa procura. En cifras absolutas, sumaleva-ban 107.685, das cales 73.577 levaban en paro máis de 24 meses.

Por nivel de formación, o colectivo máis numeroso confórmano as persoas que teñen menos estudos: 156.451 desempregados e desempregadas con certificado de escolari-dade ou titulación de ensino obrigatorio que representan o 66 % do paro rexistrado. No seguinte gráfico desagrégase o paro rexistrado por nivel de formación (non está reflectido o paro rexistrado de «outras titulacións», pero nesa categoría están enca-dradas 151 persoas).

Paro rexistrado por tempo de busca de emprego

98.170 29.413 34.108 73.577 0 20.000 40.000 60.000 80.000 100.000 120.000

Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

Paro rexistrado por nivel de formación

96.185 60.266 35.427 18.764 24.475 0 20.000 40.000 60.000 80.000 100.000 120.000 Ata certificado de escolaridade Titulación ensinanza obrigatoria Formación profesional B.U:P/Bacharelato superior/C.O.U Titulación superior

(5)

Por provincias, na de Pontevedra había 94.155 persoas en paro (40 % do total), 91.039 na Coruña (39 %), 26.313 en Ourense (11 %) e, por último, 23.761 en Lugo (10 %).

Ata aquí recóllense as principais cifras de paro rexistrado pero, realmente, o colectivo de demandantes de emprego chegaba ata as 295.912 persoas o pasado mes de fe-breiro. Como se sabe, do paro rexistrado quedan excluídas, entre outras, as persoas beneficiarias de prestacións por desemprego que participan en traballos de colabora-ción social, as que compatibilizan a percepcolabora-ción de prestacolabora-cións por desemprego parcial cun emprego a tempo parcial, as que teñen reducida a súa xornada laboral por un ex-pediente de regulación de emprego ou as que demandan un emprego mellor.

Evolución mensual e anual do paro rexistrado

En Galicia, o pasado mes de febreiro había 1.179 persoas paradas menos inscritas nas oficinas dos servizos públicos de emprego ca no mes anterior. Na media estatal, o paro rexistrado subiu un 0,05 % (expresado en cifras absolutas, son 2.231 persoas paradas máis).

Non obstante, a baixada do paro rexistrado en Galicia só se notou nos homes (1.269 parados menos fronte a 90 paradas máis) e nas persoas de 25 ou máis anos (1.464 per-soas paradas menos nesa franxa de idade fronte a 285 parados máis menores de 25 anos).

O descenso do paro rexistrado dáse mormente entre as persoas que levan como má-ximo un mes procurando un posto de traballo: 7.429 parados e paradas menos nesa situación (–25,2 %), mentres que hai 6.685 persoas máis que levan entre un mes e me-nos ou igual a un ano en paro (+6,7 %). As persoas que levan no paro máis dun ano son 435 menos ca en xaneiro (–0,4 %).

Por sectores, o paro rexistrado baixa no primario (–3,2 %), na industria (–2,2 %) e na construción (–2,2 %). Pola contra, sobe nos servizos (+0,1 %) e, sobre todo, no colectivo

Paro rexistrado por sexo e provincia

48.812 12.253 14.084 51.256 42.899 12.229 11.508 42.227 0 10.000 20.000 30.000 40.000 50.000 60.000

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Homes Mulleres

(6)

sen emprego anterior (+1,6 %). Na seguinte gráfica aparece a variación mensual do paro rexistrado por sectores e en cifras absolutas.

No que atinxe ao nivel de formación, no mes de febreiro, o desemprego sobe entre as persoas con estudos de «BUP/bacharelato superior/COU» (34 persoas paradas máis, un

incremento do 0,18 %) e entre as que teñen titulación superior (16 máis, un 0,07 %). Pola contra, baixa nas restantes categorías analizadas.

No mes de febreiro de 2008 había 161.828 persoas desempregadas e oito anos despois esa cifra elevábase ata ás 235.268. Nese período, sumáronse ao desemprego 73.440 persoas (+45,4 %). En relación co mes de febreiro de 2015, hai 22.281 persoas menos en paro e desas o 60 % son homes.

Perfil das persoas desempregadas

A maioría das persoas desempregadas inscritas nas oficinas dos servizos públicos de emprego son mulleres: representaban o 53,7 % do paro rexistrado no mes de febreiro. Por grupos quinquenais de idade, hai máis paradas ca parados en todos os tramos de

Variación mensual do paro rexistrado por sectores

-297 -641 -630 102 287 -800 -600 -400 -200 0 200 400

Agricultura Industria Construción Servizos Sen emprego anterior

Evolución paro rexistrado. Febreiro 2008-2016

161.828 206.570 234.171 248.279 274.675 292.823 280.071 257.549 235.268 0 50.000 100.000 150.000 200.000 250.000 300.000 350.000 2008 /Feb reiro 2009 /Feb reiro 2010 /Feb reiro 2011 /Feb reiro 2012 /Feb reiro 2013 /Feb reiro 2014 /Feb reiro 2015 /Feb reiro 2016 /Feb reiro

(7)

idade, agás no de menores de 25 anos e no que vai dos 55 aos 59 anos, nos que acon-tece o contrario.

En concreto, o tramo con máis mulleres paradas é o de 35 a 39 anos (o 14,4 % das de-sempregadas están encadradas nese tramo) e neles é o de 55 a 59 anos (o 14,3 % dos desempregados están nesa franxa de idade).

O sector con máis paro é o dos servizos: atanguía o 64,6 % das persoas desempregadas o pasado mes de febreiro. Por sexos, a groso do paro neste sector é feminino (elas representan o 63 % do paro rexistrado nos servizos).

Nos servizos, a rama con máis paro rexistrado é o comercio cun 14,3 % de persoas en paro o pasado mes de febreiro, porcentaxe que sobe ata o 17 % no caso das mulleres. En consecuencia, a ocupación principal que suma máis paro é a dos servizos de restau-ración e comercio: encádranse nela o 17,6 % das persoas paradas.

Non obstante, atendendo á desagregación por rama de actividade e sexo, o maior nú-mero de mulleres paradas pertence ao comercio (21.494, o 17,0 % do total de desem-pregadas) e o de homes á construción (25.402, o 23,3 % do total de desempregados). En consecuencia, a ocupación máis demandada polas mulleres é a de vendedora en tendas e almacéns; no caso dos homes é a de peóns de construción de edificios.

Canto ao nivel formativo, o groso do paro concéntrase nos niveis máis baixos de for-mación. En febreiro de 2016 había 96.185 persoas en paro que tiñan certificado de escolaridade (o 40,9 %) e outras 60.266 con titulación de ensino obrigatorio.

Polo tempo de duración de demanda, o maior número de parados/as sitúase en tra-mos opostos. En febreiro de 2016, 98.170 persoas levaban no desemprego menos de seis meses, é dicir, xuntan o 41,7 % do paro rexistrado; e a seguir están ás 73.577 que xa están en paro de moi longa duración (31,3 % do paro rexistrado). No seguinte cadro reflíctese que colectivos soportan o maior volume de desemprego e cales son as ocu-pacións máis demandadas por sexo.

COLECTIVOS CO MAIOR VOLUME DE DESEMPREGO E OCUPACIÓNS MÁIS DEMANDADAS POR SEXOS

Paro rexistrado Febreiro 2016 Febreiro 2015

Sexo Muller: 53,7 % Muller: 52,6 %

Grupo de idade Entre 35 e 39 anos: 13,3% Entre 35 e 39 anos: 14,1%

Sector económico Servizos: 64,6 % Servizos: 62,6 %

Actividade económica Comercio: 14,3 % Comercio: 14,3 %

Principal ocupación Restauración e comercio: 17,6 % Restauración e comercio: 17,0 %

Estudos rematados Ata certificado escolaridade: 40,9 % Ata certificado escolaridade: 40,7%

Duración da demanda Menos de seis meses: 41,7 % Menos de seis meses: 40,2 %

Ocupación máis demanda

Mulleres Vendedoras en tendas e almacéns Vendedoras en tendas e almacéns

Homes Peóns da construción de edificios Peóns da construción de edificios

Na seguinte táboa desagrégase o paro rexistrado no mes de febreiro de 2016 por sexo, idade, sector económico e polo tempo de busca de emprego. Faise unha comparación, en cifras absolutas e relativas, co mes de xaneiro de 2016 e co de febreiro de 2015.

(8)

PARO REXISTRADO POR SEXO, IDADE, SECTOR ECONÓMICO E TEMPO DE BUSCA DE EMPREGO

Variacións

Mes anterior Interanual

Datos absolutos mes actual

Absoluta Relativa Absoluta Relativa Sexo Homes 108.863 –1.269 –1,15 % –13.341 –10,92 % Mulleres 126.405 90 0,07 % –8.940 –6,61 % Ambos os sexos 235.268 –1.179 –0,50 % –22.281 –8,65 % Idade Menores de 30 anos 33.193 260 0,79 % –5.122 –13,37 % De 30 a 44 anos 88.075 –950 –1,07 % –12.485 –12,42 % Maiores de 44 anos 114.000 –489 –0,43 % –4.674 –3,94 % Sectores Agricultura 8.924 –297 –3,22 % –579 –6,09 % Industria 27.894 –641 –2,25 % –5.417 –16,26 % Construción 28.055 –630 –2,20 % –5.108 –15,40 % Servizos 151.908 102 0,07 % –9.387 –5,82 %

Sen emprego anterior 18.487 287 1,58 % –1.790 –8,83 %

Tempo busca emprego

Menos de 6 meses 98.170 –1.934 –1,93 % –5.333 –5,15 %

De 6 a 12 meses 29.413 1.013 3,57 % –3.050 –9,40 %

De 12 a 24 meses 34.108 4 0,01 % –5.934 –14,82 %

Máis de 24 meses 73.577 –262 –0,35 % –7.964 –9,77 %

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

A afiliación media á seguridade social en Galicia subiu en 4.654 persoas no mes de fe-breiro. En proporción, este mes medrou algo máis en Galicia ca na media estatal: 0,50 % fronte ao 0,37 %.

En Galicia creouse emprego no réxime xeral (+0,64 %) e no do mar (+1,76 %), mentres que no de autónomos se perderon 183 afiliacións (–0,08 %).

Daquela, no mes de febreiro a cifra de afiliacións á seguridade social chegou ás 935.536 persoas (482.762 homes e 452.773 mulleres). A distribución por réximes é a seguinte: 699.144 afiliacións no xeral (case o 75 % do total), 215.644 autónomos e au-tónomas (o 23 %) e, por último, 20.749 afiliacións no réxime do mar (o 2 %).

Na comparación anual, a afiliación media a seguridade social segue avanzando máis lenta en Galicia que no conxunto do estado: 1,93 % fronte ao 2,97 %. Na nosa comuni-dade hai 17.691 persoas máis afiliadas á seguricomuni-dade social que hai un ano pero o aumento só se notou no réxime xeral (+2,65 %) e no do mar (+1,66 %). Pola contra, pérdense 671 afiliacións no réxime de autónomos (–0,31 %).

(9)

En Galicia non chegamos ao millón de afiliacións na seguridade social: hai 10.733 me-nos que hai catro ame-nos (–1,13 %) e 141.177 meme-nos que hai oito ame-nos (–13,1 %).

O paro rexistrado e a afiliación á seguridade social non evolucionan de xeito acorde. Un dato o exemplifica: en comparación co mes de febreiro de 2012, hai 39.407 persoas menos que constan como paradas nas oficinas do servizo público de emprego pero ese descenso non se notou na creación de emprego. É máis, nese período pérdense 10.733 afiliacións á seguridade social. Entre as causas disto están a emigración e a retirada do mercado laboral das persoas que non atoparon oportunidades e abandonaron a busca. Na seguinte táboa recóllese a afiliación media á seguridade social no mes de febreiro de 2016, desagregada por réximes. Ademais, compárase coas cifras de xaneiro de 2016 e coas de febreiro de 2015.

Afiliación á seguridade social. Desde febreiro 2015.

963.196 930.883 946.122 949.130 951.206 923.061 943.930 957.879 935.536 957.472 937.338 929.458 917.845 890.000 900.000 910.000 920.000 930.000 940.000 950.000 960.000 970.000 2015 /Feb reiro 2015 /Ma rzo 2015 /Ab ril 2015 /Ma io 2015 /Xu ño 2015 /Xu llo 2015 /Ag osto 2015 /Se tem bro 2015 /Out ubro 2015 /Nov em bro 2015 /Dec em bro 2016 /Xa neiro 2016 /Feb reiro

Afiliación media á seguridade social. Febreiro 2008-2016

1.033.484 1.006.339 982.352 946.269 909.290 902.990 917.845 935.536 1.076.713 800.000 850.000 900.000 950.000 1.000.000 1.050.000 1.100.000 2008 /Feb reiro 2009 /Feb reiro 2010 /Feb reiro 2011 /Feb reiro 2012 /Feb reiro 2013 /Feb reiro 2014 /Feb reiro 2015 /Feb reiro 2016 /Feb reiro

(10)

AFILIACIÓN MEDIA Á SEGURIDADE SOCIAL POR RÉXIMES

Variacións

Mes anterior Interanual

Datos absolutos

mes actual Absoluta Relativa Absoluta Relativa Réximes

Xeral (agás agrario e fogar) 666.692 4.157 0,63 % 17.660 2,72 %

Agrario 4.868 144 3,05 % 321 7,06 % Fogar 27.584 177 0,65 % 43 0,16 % Autónomos 215.644 –183 –0,08 % –671 –0,31 % Mar 20.749 359 1,76 % 338 1,66 % Total 935.536 4.654 0,50 % 17.691 1,93 %

CONTRATOS REXISTRADOS

No mes de febreiro rexistráronse 61.614 contratos; deles, 55.733 foron temporais (o 90,46 %). Na distribución por grupos de idade, esa porcentaxe sobe ata o 93,55 % entre as persoas menores de 25 anos.

CONTRATOS TEMPORAIS SOBRE O TOTAL POR GRUPOS DE IDADE

Modalidade <25 anos De 25 a 44 anos >= 45 anos Total

Indefinido 523 3.802 1.556 5.881

Temporal 7.583 35.664 12.486 55.733

Total 8.106 39.466 14.042 61.614

(Temporal/Total)*100 93,55 % 90,37 % 88,92 % 90,46 %

Do total de contratos rexistrados en febreiro, 32.505 foron para homes (o 52,76 %) e 29.109 para mulleres. Nelas, o 90,58 % dos contratos rexistrados foron temporais e no caso dos homes esa porcentaxe foi algo máis baixa, o 90,34 %.

A repartición dos contratos rexistrados por sectores é a seguinte: 45.621 nos servizos (un 90,77 % deles temporais), 10.089 na industria (o 92,23 % temporais), 4.003 na construción (o 87,81 % temporais) e, por último, 1.901 na agricultura (79,06 % temporais).

Segundo se reflicte no seguinte cadro, no mes de febreiro rexistráronse 1.074 contra-tos menos ca en xaneiro (1.394 temporais menos fronte a 320 indefinidos máis). Na comparación anual, formalizáronse 7.177 contratos temporais máis e 745 indefinidos máis; en proporción, medrou un pouco máis a contratación temporal ca a indefinida: 14,78 % e 14,51 %, respectivamente.

(11)

CONTRATOS FORMALIZADOS NO MES DE FEBREIRO 2016 Variacións

Mes anterior Interanual

Datos absolutos

mes actual Absoluta Relativa Absoluta Relativa Modalidade

Indefinido 5.881 320 5,75 % 745 14,51 %

Temporal 55.733 –1.394 –2,44 % 7.177 14,78 %

Total 61.614 –1.074 –1,71 % 7.922 14,75 %

Os datos de contratación acumulados nos dous primeiros meses de 2015 e 2016 se-gundo o tipo de contrato, o sexo e a xornada aparecen no seguinte cadro.

CONTRATOS ACUMULADOS ATA FEBREIRO.2015 E 2016

Contratos acumulados Ata febreiro de 2016 Ata febreiro de 2015 Tipo de contrato

Indefinido (bonificado/non bonificado) 7.218 7.208

Indefinido persoas con discapacidade 94 68

Convertidos en indefinidos 4.130 3.771

Contratos indefinidos 11.442 11.047

Obra ou servizo 43.723 41.673

Eventual circunstancias da produción 52.046 46.445

Interinidade 13.896 12.840

Temporal persoas con discapacidade 191 171

Remuda 146 139

Xubilación parcial 266 253

Substitución xubilación 64 anos 4 3

Prácticas 942 677 Formación 242 1.301 Outros contratos 1.404 1.564 Contratos temporais 112.860 105.066 Total contratos 124.302 116.113 Sexo Homes 64.753 61.332 Mulleres 59.549 54.781

Por tipo de xornada

Completa 79.658 74.615

Parcial 43.341 39.363

Fixos descontinuos 791 578

Como se reflicte no cadro, no primeiro bimestre de 2016 rexistráronse 124.302 contra-tos; deles, o 90,79 % foron temporais e arredor do 35 %, a xornada parcial.

A porcentaxe de contratos temporais sobre o total sobe lixeiramente no período anali-zado: 90,79 % ata febreiro de 2016 fronte ao 90,49 % no mesmo período do ano ante-rior. Polo tanto, no período analizado e en proporción, medra con máis forza a contrata-ción temporal ca a indefinida: 7,42 % fronte ao 3,58 %, respectivamente.

Por sexos, rexistráronse máis contratos para homes que para mulleres: o 52,09 % dos concertados ata febreiro de 2016 son para eles (esa porcentaxe, no mesmo período de

(12)

2015 estaba no 52,82 %). En comparación co primeiro bimestre de 2015, rexistráronse 3.421 contratos máis para homes (+5,58 %) e 4.768 para mulleres (+8,70 %).

Ata aquí utilizamos a estatística de contratos rexistrados do SEPE; agora, como infor-mación complementaria, tómanse como referencia os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística sobre contratos, pero considerando a residencia do traballador/a, independentemente de que o contrato se rexistre dentro da nosa comunidade autó-noma ou fóra dela. No seguinte cadro vese que o 32,4 % dos contratos iniciais tempo-rais rexistrados o pasado mes de febreiro tiñan unha duración inferior á semana: 18.557 dun total de 57.219 temporais. E cada vez fanse máis contratos de duración moi curta porque, en comparación co mes de febreiro de 2015, os de duración inferior a sete días incrementáronse case un 25 %.

CONTRATOS INICIAIS TEMPORAIS. FEBREIRO DE 2015 E DE 2016 Contratos iniciais Febreiro de 2016 Febreiro de 2015

Menos de 1 semana 18.557 14.861 De 1 semana a 1 mes 5.433 5.464 De 1 a 6 meses 10.180 8.613 De 6 meses a 1 ano 1.234 1.613 Máis de 1 ano 271 203 Indeterminado 21.544 19.169

Total contratos temporais 57.219 49.923

Contrato de emprendedores

O contrato de traballo por tempo indefinido de apoio aos emprendedores (artigo 4 da Lei 3/2012) destaca, entre outras, polas seguintes características: poderanse realizar ata que a taxa de desemprego se sitúe por debaixo do 15 %; é para empresas que te-ñan menos de 50 traballadores/as; concertarase por tempo indefinido e a xornada completa ou parcial e ten un período de proba dun ano.

No mes de febreiro rexistráronse 505 contratos deste tipo: 288 para homes e 217 para mulleres. En comparación co mesmo período do ano anterior, son 118 contratos máis (+30,49 %). Contratos de emprendedores 392 387 442 464 475 497 521 355 471 473 501 358 407 505 0 100 200 300 400 500 600 Xan eiro 201 5 Febr eiro 201 5 Mar zo 2 015 Abr il 20 15 Mai o 20 15 Xuñ o 20 15 Xul lo 2 015 Ago sto 2015 Set em bro 2015 Out ubro 201 5 Nov embr o 20 15 Dec em bro 2015 Xan eiro 201 6 Febr eiro 201 6

(13)

CONCLUSIÓNS

— No mes de febreiro de 2008 había 161.828 persoas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego en Galicia; oito anos despois eran 235.268. Daquela, nese período, sumáronse ao paro 73.440 persoas (+45,38 %).

Das 235.268 persoas que constaban como paradas nas oficinas do SEPEo pasado mes defebreiro, o 54 % eran mulleres. As persoas menores de 30 anos en paro eran 33.193 e representaban o 14 % do paro rexistrado.

A baixada do paro rexistrado do mes de febreiro non chegou ás mulleres (90 paradas máis fronte a 1.269 parados menos ca en xaneiro deste ano) nin ás persoas menores de 25 anos (285 menores de 25 anos máis fronte a 1.464 menos de 25 ou máis anos). Os datos corroboran a fraxilidade da recuperación e a forte dependencia da economía de carácter estacional. Así pois, pasados os meses de verán e a campaña do Nadal, en febreiro volveu a subir o paro nos servizos e entre as persoas que buscan o seu pri-meiro emprego, sobre todo; tamén se resentiu a contratación temporal.

— Os contratos que se están rexistrando son moi precarios: o 90,79 % dos tramitados ata febreiro de 2016 eran temporais (no mesmo período de 2015, a porcentaxe era algo máis baixa, un 90,49 %) e ao redor do 35 %, a xornada parcial.

Contratos precarios, moi ligados á temporada e cunha duración moi curta. De feito, o 32,4 % dos contratos iniciais temporais rexistrados o pasado mes de febreiro tiñan unha duración inferior á semana.

— En febreiro de 2008 había 1.076.713 persoas afiliadas á seguridade social e oito anos despois estamos por debaixo do millón (935.536 afiliacións en febreiro de 2016). A afiliación á seguridade social avanza moi lenta e a súa evolución non garda relación co descenso do paro rexistrado. Un dato que o exemplifica: en comparación co mes de febreiro de 2012, hai 39.407 persoas menos que constan como paradas nas oficinas do servizo público de emprego pero ese descenso non se traduciu en creación de em-prego. É máis, nese período as afiliacións á seguridade social redúcense en 10.733. Entre as causas están a emigración e a retirada do mercado laboral das persoas desa-nimadas pola falta de oportunidades.

(14)

Referências

Documentos relacionados

A função de autocorrelação dependente do tempo obtida para vários valores de mostra o crossover de um regime de excitação de modo coletivo para um regime de modo central, à

São considerados custos e despesas ambientais, o valor dos insumos, mão- de-obra, amortização de equipamentos e instalações necessários ao processo de preservação, proteção

Considerando a existência (bastante plausível, senão generalizada, como visto introdutoriamente) de uma sequência temporal ou lógica entre as decisões a serem

Contas credor Banco c/Movimento Capital integralizado Imóveis Estoques de Materias Receita de Serviços Despesas Diversas Fornecedores Despesas Salários Custos de Materiais Títulos

Para evitar danos ao equipamento, não gire a antena abaixo da linha imaginária de 180° em relação à base do equipamento.. TP400 WirelessHART TM - Manual de Instrução, Operação

Os maiores coeficientes da razão área/perímetro são das edificações Kanimbambo (12,75) e Barão do Rio Branco (10,22) ou seja possuem uma maior área por unidade de

Visita da delegação da Comissão LIBE do PE ao Gabinete Europeu de Apoio em matéria de Asilo (GEAA) em La Valeta, Malta, de 29 a 30 de outubro de 2013 A visita da delegação da

Para Hobsbawm, o período que compreende a primeira e a segunda guerra, pode ser tratado como um bloco, chamado de “A Grande Guerra”.. Isto porque ambos os confl itos tiveram