• Nenhum resultado encontrado

Cuestionario de autoavaliación

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Cuestionario de autoavaliación"

Copied!
5
0
0

Texto

(1)

Cualificación profesional.

Código.

Nivel.

Cuestionario de autoavaliación

Elaborar e aplicar uñas artificiais.

Unidade de competencia.

Nivel.

2

UC0358_2

Cualificacións profesionais e títulos de formación profesional asociados á unidade de competencia.

Código.

Título de formación profesional.

Código.

Nivel.

Estética e beleza

MIMP01

Grao medio

Coidados estéticos de mans e pés

IMP121_2

2

Conteste a este cuestionario de xeito sincero. A información recollida nel ten carácter reservado, ao estar

protexida polo disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter

persoal.

O seu resultado servirá soamente de axuda, orientando en que medida posúe a competencia profesional da

unidade de competencia.

Non se preocupe, con independencia do resultado desta autoavaliación, vostede ten dereito a participar no

procedemento de avaliación, sempre que cumpra os requisitos da convocatoria.

A persoa candidata

O asesor ou a asesora

Sinatura: nome, apelidos e DNI

Sinatura: nome, apelidos e DNI

, de de 201

Cada actividade profesional principal (APP) componse de varias actividades profesionais secundarias (APS).

Lea atentamente cada APP e a continuación as súas APS. En cada APS marque cunha cruz o indicador de autoavaliación

que considere máis axustado ao seu grao de dominio das APS. Eses indicadores son os seguintes:

1. Non o sei facer.

2. Pódoo facer con axuda.

3. Pódoo facer sen precisar axuda.

4. Pódoo facer sen precisar axuda, e mesmo podería formar outro traballador ou traballadora.

Instrucións para cubrir o cuestionario.

(2)

Seleccionar o material, os utensilios, os aparellos e os produtos

cosméticos, preparando a zona de traballo para a elaboración e a

aplicación de técnicas de uñas artificiais, seguindo a normativa sobre

seguridade e hixiene aplicable.

APP1

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS1.1 Seleccionar os utensilios e os aparellos en función da técnica que se realice, aplicando os procedementos de limpeza, desinfección e/ou esterilización, en función do material co que estean fabricados, e comprobar que se atopen en condicións de uso.

APS1.2 Organizar a zona de traballo coa moblaxe, os utensilios, os aparellos e os cosméticos específicos para a técnica que se vaia realizar, comprobar que estean en condicións de uso e, en caso contrario, substituílos e/ou reparalos.

APS1.3 Seleccionar os produtos cosméticos en función das técnicas de aplicación de uñas artificiais, e comprobar que dean resposta ás demandas e ás características das uñas do/da cliente/a. APS1.4 Comprobar os cosméticos para a elaboración de uñas artificiais, verificando que conserven

as súas propiedades físicas e organolépticas, e ordenalos para facilitar o seu uso.

APS1.5 Seleccionar o material dun só uso individual, para a protección do/da cliente/a e en función da técnica que se vaia aplicar.

APS1.6 Comprobar a iluminación e a ventilación da zona de traballo, garantindo que sexan as indicadas para o desenvolvemento do servizo.

APS1.7 Comprobar a lámpada catalizadora, o torno e as fresas, verificando o seu funcionamento, aplicando os procedementos de limpeza e desinfección antes de cada servizo.

Acomodar o/a cliente/a para seleccionar as técnicas de elaboración e

aplicación de uñas artificiais indicadas a cada caso, observando as

características das uñas e en condicións de seguridade e hixiene.

APP2

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS2.1 Acomodar o/a cliente/a coidando a súa hixiene postural, en función da técnica de uñas

artificiais que se vaia realizar.

APS2.2 Utilizar os elementos de protección para a aplicación de técnicas de uñas artificiais, para a prevención de riscos asociados e en función da técnica de elaboración.

APS2.3 Observar as características das uñas das mans e/ou nos pés do/da cliente/a, para decidir se é posible a aplicación da técnica demandada, e xustificar a proposta en caso negativo. APS2.4 Observar as uñas e o bordo periungular das mans e/ou dos pés, detectando as posibles

alteracións na súa cor e/ou na súa consistencia, para derivar o/a cliente/a, en caso de que presente algunha alteración patolóxica, a tratamento médico.

APS2.5 Pospor a aplicación da técnica de uñas artificiais, se se detectan alteracións non patolóxicas, e propor outras alternativas ata que estas desaparezan.

APS2.6 Reflectir na ficha técnica os datos obtidos sobre o estado das uñas, as necesidades e as demandas do/da cliente/a, a técnica elixida e outros datos de interese, para o seu seguimento e a súa consulta en posteriores servizos, cumprindo a normativa sobre protección de datos persoais aplicable.

Seleccionar as láminas, as puntas artificiais ou os tips que se adapten

ao tamaño e á forma de cada uña, para alongar a lámina ungular e/ou dar

soporte á aplicación de produtos específicos de uñas artificiais,

preparándoas en función da técnica.

APP3

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS3.1 Seleccionar a lonxitude e a curvatura das próteses, en función do estudo da morfoloxía das uñas e das mans, para as adaptar ás necesidades do/da cliente/a.

APS3.2 Seleccionar as láminas ou as puntas e os tips atendendo ao seu tamaño, á curvatura, á forma, á cor e aos materiais que os constitúen, de acordo coa técnica de uñas artificiais seleccionada e coas características das uñas do/da cliente/a.

APS3.3 Anotar na ficha técnica do/da cliente/a o número que corresponda ao tamaño dos moldes ou tips seleccionados, relacionando o que corresponda a cada dedo e en ambas as mans, e proceder a ordenalos para a súa colocación.

APS3.4 Adaptar os moldes ou os tips á anchura e á lonxitude da uña natural, cortando e limando os seus bordos.

APS3.5 Colocar os moldes ou tips utilizando o adhesivo específico e recomendado por fábrica, aplicándoo só no sitio seleccionado para que non chegue á zona de cutícula ou repregamento periungular.

APS3.6 Conseguir a transparencia do tip, pondo sobre a zona de unión entre o tip e a lámina ungular o produto específico para rebaixar o chanzo e limando coa lima da gramaxe requirida ata lograr que este non se note.

(3)

Seleccionar as láminas, as puntas artificiais ou os tips que se adapten

ao tamaño e á forma de cada uña, para alongar a lámina ungular e/ou dar

soporte á aplicación de produtos específicos de uñas artificiais,

preparándoas en función da técnica.

APP3

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS3.7 Finalizar o tip como técnica de alongamento da uña para o seu esmaltado ou a súa decoración, aplicando unha base de esmalte e, transcorrido o tempo de secado, maquillando as uñas coa técnica e o produto seleccionados.

APS3.8 Matear o tip como soporte a outra técnica, limando toda a súa superficie para facilitar o agarre do produto de uñas artificiais seleccionado.

Elaborar uñas artificiais adaptadas ás características e ás demandas

do/da cliente, sobre tips de plástico ou sobre patróns, para conseguir un

aumento da lonxitude da uña natural, seguindo as especificacións

técnicas facilitadas por fábrica, en condicións de seguridade e hixiene, e

cumprindo a normativa sobre prevención de riscos laborais e ambientais

aplicable.

APP4

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS4.1 Elixir o sistema para a elaboración de uñas artificiais, en función das características das uñas naturais e do gusto do/da cliente/a, e seleccionar os cosméticos e os utensilios indicados. APS4.2 Preparar a uña natural e a cutícula desinfectando a superficie da lámina e a zona inferior ao

bordo libre, utilizando os cosméticos e as técnicas previas específicas para o sistema de uñas artificiais elixido.

APS4.3 Realizar a técnica de elaboración de uñas artificiais sobre tips, seleccionando as láminas ou puntas, atendendo ao seu tamaño, á súa curvatura, á súa forma, á súa color e aos materiais que os constitúen e que mellor se adaptan á uña natural do/da cliente/a, seguindo o procedemento: pegar os moldes ou tips e a lámina ungular, comprobando que estean adaptados e que non presenten bolsas de aire, para lle dar transparencia ao tip; matear o tip para maior adhesión do produto, eliminando cunha brocha ou un cepillo específico os restos de refugo producidos pola limadura, garantindo que non tocarán a uña nin o/a cliente/a nin o/a profesional, e aplicando un cosmético desengraxante á parte da lámina ungular que queda sen tip; aplicar o produto específico con axuda dun pincel, seguindo as instrucións de fábrica respecto ao número de capas e utilizando a continuación métodos para aumentar a resistencia da prótese (lámpadas de UV, LED, ou produtos cosméticos catalizadores); manter os pinceles limpos e humedecidos con produtos específicos durante o desenvolvemento da técnica, para evitar o seu deterioro; limar a uña artificial unha vez endurecida, seguindo as indicacións dofabricante e utilizando limas ou pulidores, para suavizar toda a

superficie,eliminando o exceso de produto; efectuar o maquillado cun cosmético protector con secado en lámpada UV, para resaltar a técnica elixida, finalizando coa aplicación dun cosmético hidronutritivo, sobre a zona periungueal para reducir o efecto dos produtos para uñas artificiais.

APS4.4 Realizar a técnica de elaboración de uñas artificiais sobre molde, colocando o patrón de forma aliñada coa uña natural e por baixo do bordo libre, para o axustar sen deixar bolsas de aire, adaptándoo á curvatura e á forma da uña, seguindo o procedemento: mesturar os produtos específicos no momento da súa aplicación, utilizando un pincel para depositar a mestura sobre a uña natural e o molde, onde a uña se esculpe, dando unha forma natural e respectando a curvatura C, en función da forma da uña natural e a de cada dedo, evitando a zona próxima ao suco periungular; puír a uña esculpida para eliminar o exceso de produto e proporcionar a forma indicada, utilizando o torno e os diferentes tipos de fresa, seleccionados en función do grosor das prótese e dos produtos que a compoñen, ou ben utilizando limas e pulidores de diferente grosor ou gramaxe; acondicionar a uña artificial e a zona periungueal para o maquillado,eliminando os restos do limado para que o resultado obtido sexa o dunha uña natural maquillada; aplicar os cosméticos hidronutritivos, na zona periungueal para reducir o efecto dos produtos específicos de uñas artificiais.

APS4.5 Avaliar o servizo prestado de elaboración de uñas artificiais, para garantir o grao de satisfacción do/da cliente/a, realizando preguntas tipo e observación directa, así como propor, en caso de desviacións, as medidas correctoras que melloren o servizo prestado, e deixar constancia na ficha técnica.

APS4.6 Retirar os materiais dun só uso aos contedores correspondentes, para a súa eliminación de acordo coas súas características, respectando a normativa ambiental e sobre eliminación selectiva de residuos.

Realizar técnicas de maquillaxe de uñas artificiais de xeito manual ou

con aerógrafo, utilizando deseños de fantasía para decorar as uñas de

mans e pés, en función das demandas e das necesidades do/da cliente/a.

APP5

Indicadores de autoavaliación

(4)

Realizar técnicas de maquillaxe de uñas artificiais de xeito manual ou

con aerógrafo, utilizando deseños de fantasía para decorar as uñas de

mans e pés, en función das demandas e das necesidades do/da cliente/a.

APP5

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS5.1 Preparar o aerógrafo, os produtos ou os materiais decorativos, cosméticos e utensilios para a

maquillaxe de uñas, e comprobar o seu estado de conservación e de utilización. APS5.2 Amosarlle ao/á cliente/a o mostrario de deseños de uñas de fantasía, para a súa elección,

informalo/a sobre os métodos de realización e asesoralo/a sobre os modelos indicados ás súas necesidades.

APS5.3 Adaptar o deseño ao tamaño de cada uña, gardando simetría entre as dúas mans.

APS5.4 Pegar os accesorios de decoración na uña por medio de adhesivos especiais e coa axuda de pinzas, pauciños de laranxeira ou outros utensilios, para os colocar con precisión, cumprindo a normativa de seguridade e hixiene aplicable

APS5.5 Aplicar os produtos fixadores con brillo e de secado rápido, segundo a súa forma de presentación (spray, laca, líquido, etc.) e seguindo as indicacións de fábrica, para aumentar a adherencia e a duración da maquillaxe de fantasía.

APS5.6 Aplicar o aceite nutritivo sobre a cutícula e o bordo periungular para reparar a pel, contrarrestando o efecto agresivo do produto químico.

APS5.7 Avaliar o grao de satisfacción do/da cliente/a respecto ao servizo prestado, realizando preguntas tipo e por observación directa, así como propor, en caso desviación, as medidas correctoras que permitan mellorar os servizos prestados, e deixar constancia na ficha técnica.

Realizar procedementos de maquillaxe e decoración de uñas artificiais,

empregando as técnicas de encapsulaxe e de tridimensionalidade con

diferentes deseños, para harmonizar coa maquillaxe e o estilo do/da

cliente/a, segundo bosquexo previo, cumprindo as normas de

prevención de riscos persoais e ambientais aplicables.

APP6

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS6.1 Seleccionar os utensilios e os produtos especiais para a aplicación das técnicas decorativas, e preparalos de xeito ordenado no posto de traballo, en función do bosquexo de deseño e das características das mans, as uñas, o estilo e os gustos do/da cliente/a.

APS6.2 Amosarlle ao/á cliente/a o mostrario de deseños de uñas de fantasía, para a súa elección, e informalo/a sobre os métodos de decoración e o seu mantemento.

APS6.3 Adaptar o deseño elixido ao tamaño de cada uña, realizando pequenas modificacións e gardando simetría entre as dúas mans.

APS6.4 Realizar a técnica de encapsulaxe, esculpindo a uña artificial e integrando a decoración, en función do bosquexo elixido e do estilo do/da cliente/a, seguindo o procedemento: seleccionar o accesorio decorativo, elixindo entre glitter, flores secas, brillantes, purpurina, etc., en función das demandas do/da cliente/a; seleccionar o molde ou tip en función da forma das uñas (ovalada, cadrada, stiletto, etc.) e do estilo do/da cliente/a; e colocar os accesorios entre unha capa e outra de produto escultor, aplicando, para finalizar, un produto selador con secado en lámpada UV, LED, etc.

APS6.5 Realizar a maquillaxe tridimensional para decorar unha uña artificial xa esculpida, seleccionando a técnica de flores, animais, etc., en función do bosquexo elixido e do estilo do/da cliente/a, e informar da fraxilidade deste traballo.

APS6.6 Avaliar os resultados do servizo, para garantir a satisfacción do/da cliente/a e, no caso de desviacións, propor medidas correctoras que melloren o servizo.

Efectuar o mantemento e a restauración das uñas artificiais para

prolongar a súa duración, mantendo a calidade do produto, segundo o

protocolo establecido pola técnica empregada e en condicións de

seguridade e hixiene.

APP7

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS7.1 Acomodar o/a cliente/a na posición anatómica indicada en función da zona que se vaia tratar. APS7.2 Preparar o material, seleccionando os produtos e os utensilios da técnica aplicada na

primeira realización.

APS7.3 Desmaquillar as uñas, utilizando un esmalte sen acetona e toalliñas de celulosa, para que non dane a uña artificial.

APS7.4 Valorar o aspecto estético das uñas para decidir o protocolo de mantemento que se vaia seguir, asegurando que non presente alteracións patolóxicas nin non patolóxicas na lámina ungular e no bordo periungular.

(5)

Efectuar o mantemento e a restauración das uñas artificiais para

prolongar a súa duración, mantendo a calidade do produto, segundo o

protocolo establecido pola técnica empregada e en condicións de

seguridade e hixiene.

APP7

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS7.5 Efectuar a técnica de mantemento para encher ou selar a zona de crecemento da uña e reparar a parte que estea desprendida, seguindo o procedemento establecido: eliminar os restos de produto desprendidos da lámina ungular utilizando os utensilios requiridos para cada técnica, deixando só a parte adherida á lámina ungular; preparar a parte de uña visible, seguindo o mesmo protocolo que o elixido na sesión de traballo anterior; aplicar a técnica de recheo co mesmo produto utilizado na sesión anterior, deixando a uña homoxénea e coa mesma forma elixida; eliminar as desproporcións canto á forma ou cambios de cor do produto, puíndo a uña artificial con lima de gramaxe específica ou utilizando o torno con diferentes fresas; e aplicar os cosméticos hidronutritivos na zona periungular reducindo o efecto dos produtos para uñas artificiais.

APS7.6 Avaliar o grao de satisfacción do/da cliente/a respecto ao servizo realizado e, no caso de desviacións, propor as medidas correctoras que permitan mellorar o resultado, deixando constancia na ficha técnica.

Identificar as alteracións nas uñas e na zona periungular producidas por

sensibilidade ou alerxia ao produto de uñas artificiais utilizado, e

seleccionar a técnica indicada para a retirada do servizo, en condicións

de seguridade e hixiene

APP8

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS8.1 Acomodar o/a cliente/a na posición ergonómica indicada en función da zona que se vaia a tratar.

APS8.2 Identificar as alteracións ou as alerxias que supoñan unha contraindicación relativa ou absoluta, para adaptar o protocolo de retirada ou eliminación das uñas artificiais, recollendo todos os datos na ficha técnica e procedendo segundo o caso: retirar o produto de uñas artificiais utilizando o torno se as alteracións afectan o pregamento periungular (inflamación e/ou sarabullo) e sen tocar a zona; e eliminar o produto de uñas artificiais utilizando o líquido removedor indicado, cando a alteración afecte a lámina ungular (sensación de

desprendemento da uña ou fungos, etc.).

APS8.3 Aplicar os cosméticos hidronutritivos na zona periungular reducindo a alteración producida polas uñas artificiais, se o permite a alteración.

APS8.4 Comunicar os coidados que debe seguir o/a cliente/a para a recuperación da zona danada, e, de ser o caso, derivalo/a a tratamento médico ou doutro/a profesional especialista.

Referências

Documentos relacionados

nesta nossa modesta obra O sonho e os sonhos analisa- mos o sono e sua importância para o corpo e sobretudo para a alma que, nas horas de repouso da matéria, liberta-se parcialmente

A placa EXPRECIUM-II possui duas entradas de linhas telefônicas, uma entrada para uma bateria externa de 12 Volt DC e uma saída paralela para uma impressora escrava da placa, para

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

O objetivo do curso foi oportunizar aos participantes, um contato direto com as plantas nativas do Cerrado para identificação de espécies com potencial

3.3 o Município tem caminhão da coleta seletiva, sendo orientado a providenciar a contratação direta da associação para o recolhimento dos resíduos recicláveis,

O valor da reputação dos pseudônimos é igual a 0,8 devido aos fal- sos positivos do mecanismo auxiliar, que acabam por fazer com que a reputação mesmo dos usuários que enviam

que guiam a reabilitação neuropsicológica, sendo alguns deles: o terapeuta precisa conhecer a experiência subjetiva do paciente em relação a sua patologia; o quadro

Em Entre Douro e Minho e no Algarve a superfície total das explorações agrícolas ocupa cerca de 1/3 da área geográfica das regiões, sendo que a Beira Litoral é a