• Nenhum resultado encontrado

A terra estruturase nunha serie de capas de distinto grosor e materiais.:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "A terra estruturase nunha serie de capas de distinto grosor e materiais.:"

Copied!
5
0
0

Texto

(1)

TEMA 2. O RELEVO TERRESTRE 2. 1. A ESTRUTURA DA TERRA

A terra estruturase nunha serie de capas de distinto grosor e materiais.:

A codia e a parte superior do manto forman a litosfera. A terra está envolta ademais por outras capas como son: a

hidrosfera, integrada por todas as augas do planeta; a atmosfera ou envoltura gasosa formada principalmente por osíxeno.

A capa da terra onde habitan todos os seres vivos, e a biosfera, está formada pola litosfera, a hidrosfera e a atmosfera.

A litosfera

Está dividida en grandes fragmentos, chamados placas tectónicas,que se desprazan sobre o manto. Estes desprazamentos adoitan ir acompañados de

erupcións volcánicas e terremotos. Estes son os responsables da formación de montañas, e a continua creación e destrución da codia. A codia créase no lugar onde se separan as placas (diverxencia),aquí e onde se producen as fracturas, por onde sae o magma para o exterior.

A codia destrúese onde chocan as placas,

(converxencia).Como consecuencia da colisión, unha capa introdúcese debaixo da outra(subdución), e os seus materiais incorpóranse ao manto. Ao tempo fórmase unha foxa mariña e orixínanse illas volcánicas e cordilleiras.

O núcleo, formado sobre todo por ferro O manto, composto por unha capa inferior de materiais parcialmente fundidos(magma) e unha capa superior sólida.

A codia, constituída por rochas sólidas e solo.

(2)

2.2 A SUPERFICIE TERRESTRE: CONTINENTES E OCÉANOS

Nalgúns lugares da terra, a codia mergúllase baixo as augas dos océanos e mares, noutras elévase por riba do nivel do mar, formando continentes e illas:

Continentes son grandes extensións de terras emerxidas rodeadas por océanos e mares. Illas son porcións de terras emerxidas,rodeadas de auga, de menor tamaño que os continentes. Arquipélagos son o conxunto de illas

A orixe dos continentes, encóntrase na fragmentación dun único bloque

continental denominado Panxea, que se fragmentou hai uns 200 millóns de anos.

Os seis continentes da terra , ordenados de maior a menor extensión son:Asia, América, Africa, a Antártida, Europa e Oceanía.

Os océanos son grandes masas de auga salgada que cobren as depresións da codia terrestre. Os mares son porcións de océanos, próximos ás costas.

A orixe dos océanos esta relacionada coa formación da terra e o seu posterior arrefriamento, este arrefriamento provocou a condensación do vapor de auga da atmosfera ocasionando intensas

precipitacións que se depositaron nas zonas deprimidas da codia terrestre.Os océanos máis importantes son:Pacífico, Atlántico, Índico, Glaciar ártico e Glaciar antártico.

(3)

2.2 O RELEVO. FORMACIÓN E MODIFICACIÓN

O relevo terrestre é o conxunto de formas que se dan na codia terrestre: elevacións, afundimentos, pendentes, chairas. Estas foron formándose ao longo de millóns de anos e sufriron modificacións causadas pola erosión, transporte e sedimentación de materiais.

O relevo formouse pola acción de forzas ou axentes, tanto internos como externos. Os axentes internos:

A oroxénese, é o proceso de formación das montañas, ocorre onde chocan duas placas, deformándose e elevándose os sedimentos.

Os terremotos ou sismos, son bruscas sacudidas da codia terrestre. Orixínanse polo choque de dúas placas ou cando unha rocha é sometida a grandes tensións.

Os volcáns, son fendas da codia terrestre, por onde saen ao exterior o magma e os gases procedentes do interior da Terra.

Os axentes externos:

A erosión. A atmosfera rompe as rochas a través dos cambios de temperatura. O vento desgasta as rochas, as descompón, transporta e sedimenta.

A auga disolve algúns compoñentes das rochas, os transporta e sedimenta.

Os seres vivos tamén transforman o relevo, rompendo as rochas coas súas raíces e o seu movemento. Os seres humanos transfórmano de forma máis rápida e duradeira a través das súas actividades.

2.3. AS FORMAS DO RELEVO O RELEVO CONTINENTAL

Chairas : áreas planas ou suavemente onduladas de menos de 200 m de altitude. Mesetas: chairas elevadas de máis de 200 m de altitude. Si se atopan entre cadeas

montañosas a unha gran altitude, tamén reciben o nome de altiplanos. Exemplos: Meseta

Central Española, Meseta do Tíbet, Altiplano boliviano.

Montañas: elevacións do terreo con forte pendente, que normalmente se presentan formando conxuntos de:

Serras: pequenos grupos de montañas, xeralmente pertencentes a un grupo maior, dun macizo ou unha cordilleira. Por exemplo, a Serra do Barbanza, Serra de Gredos, ...

Macizos , fomados por montañas vellas, desgastadas pola erosión, de formas redondeadas. P.ex.: Macizo galego, Apalaches,...

Cordilleiras , formadas por montañas novas e altas. P.ex: Alpes, Himalai, Pirineos,...

Depresións: zonas a menor altitude que as terras que a rodean. Normalmente están percorridas por ríos, sendo así vales fluviais ou concas hidrográficas . P.ex.: val do Ebro, conca do Amazonas, ...

(4)

O RELEVO COSTEIRO

A costa ou litoral é aquela zona das terras emerxidas que está en contacto co mar. Pode presentar moi diversas formas de relevo:

Praias: superficies planas á beira do mar recubertas de sedimentos ( normalmente area, pero poden ser pedras ) que proveñen da erosión das zonas costeiras.

Cantís: terreos rochosos e escarpados, con fortes pendentes.

Cabos: áreas da terra que penetran no mar en forma de lingua.

Golfos : son entrantes do mar na costa. Se son pequenos e ben resgardados, chámanse baías.

Penínsulas : extensións de terra rodeadas polo mar por todas partes menos por unha. Ás veces están unidas ao continente por unha estreita franxa chamada istmo.

Rías : vales fluviais inundados polo mar. Fiordes : vales glaciares inundados polo mar. O RELEVO SUBMARINO

Plataforma continental: suave pendente situada entre o bordo do continente ( a costa ) e os 200m de profundidade

Noiro continental: brusco chanzo entre a plataforma continental e o fondo mariño Chairas abisais: chairas situadas entre 4.000 - 5.000 m de profundidade. Estas están accidentadas por dorsais ou cordilleiras submarinas e por fosas oceánicas, profundas fendas nos fondos oceánicos. Poden ser moi profundas, como a de Challenger ( 11.033 m ) na fosa das Marianas ( Océano Pacífico )

ORELEVO DOS CONTINENTES EUROPA

O continente europeo ten unha superficie de 10.510.546 km2, atópase na súa maior parte ( excepto o extremo norte ) nas latitudes medias e só ten límites terrestres con Asia ao Leste ( Cáucaso, Urais, así coma os mares Negro e Caspio ). O resto está rodeada polo Océano Atlántico ( Oeste ) e Ártico ( Norte ), así como polo Mediterráneo ( Sur ), estando separado de África polo Estreito de Xibraltar.

Podemos dividir o relevo do continente es tres tipos de unidades:

Macizos ou montañas vellas : ao Norte ( Montes Escandinavos ), Centro ( Macizo Central Francés ) ou Leste ( Urais )

Chairas , dominadas pola Gran Chaira Central europea, desde a costa atlántica ata os Urais.

Cordilleiras novas , xurdidas polo choque coa placa africana. Son toda unha liña de cadeas montañosas novas e altas que se extenden polo sur do continente: Pireneos, Alpes, Apeninos, Alpes Dináricos, Balcáns , Cárpatos e Cáucaso.Nestas cordilleiras atópanse as dúas maiores cumbres: o Mont Blanc ( 4.807 m) nos Alpes e o Elbrus (5.642 m) no Cáucaso.

As illas máis destacadas son: Islandia, Gran Bretaña, Irlanda, Córsega, Sardeña, Chipre ou Malta. Ademais hai varios arquipélagos(conxunto de illas), como Azores, Madeira, Canarias e Baleares. Tamén podemos destacar as penínsulas : Escandinava, Iutlandia, Ibérica, Itálica e Balcánica. Os golfos máis extensos son os de Finlandia, Botnia, Bizkaia, León e Xénova.

(5)

Fontes: Ciencias Socias 1º ESO Anaya

Referências

Documentos relacionados

The maximum length of laser-perforated polyethylene pipes was estimated based on the criterion of acceptable flow rate variation of the irrigation subunit and, for zero-slope

O mecanismo de competição atribuído aos antagonistas como responsável pelo controle da doença faz com que meios que promovam restrições de elementos essenciais ao desenvolvimento

Assim, propusemos que o processo criado pelo PPC é um processo de natureza iterativa e que esta iteração veiculada pelo PPC, contrariamente ao que é proposto em Cunha (2006)

Figura A.164 – Custos de Exploração por metro cúbico de água faturada em função do número médio de trabalhadores para EG de gestão direta por grau de fiabilidade dos dados.

This chapter describes the design and validation of the thermal chamber and the heat insulator that prevents the overheating of the load cells implemented in the top of the creep

־ Uma relação de herança surge quando um objecto também é uma instância de uma outra classe mais geral (exemplo: “automóvel é um veículo”). ־ É sempre possível