E, como ss’en dona quer assanhar, non vos dirá que tolher pod’a m
4.2. Sanha en cantigas de amigo
4.2.3. A amiga compórtase como “senhor” e experimenta ira simplemente porque ten todo o poder sobre el, xa que o amigo é o seu servidor, e con certa frecuencia
contra a propia vontade da dona, que nunca quixo ter amigo e que sofre un gran pesar (noutros casos, simple indiferenza) por esa decisión del, como se pode ver na cantiga de Gonçal’Eanes do Vinhal60, en que se xoga coa necesidade de gardarse do
“preyto” que supón un servizo amoroso (semella que a preocupa en particular que se chegue a saber; repárese na fiinda), pero tamén co tópico da morte por amor, que neste caso acabará afectando a ambos:
58 A estrofa III volve repetir, no verso previo ao refrán: “e, quand’el viu que mi lh’assanhava”. A dona sente compaixón (“doo”) do amigo e rógalle (estrofa II) que non chore máis, pero el non pode deixar de facelo e xúralle (estrofa III) que nunca pensara que a súa marcha lle podía ocasionar a ela “atan gran pesar”, porque, de ser así, tería preferido matarse.
59 Véxanse tamén algunhas das cantigas citadas anteriormente nas cales se fai referencia á mentira do amigo como causa (ou motivo coadxuvante) da ira feminina.
60 Ou na de Johan Airas, Non ei eu poder d’o meu amigo (63,41), en que a amiga se queixa de non ter poder para apartar dela o amigo; por moito que llo rogue, non logra o seu obxectivo, e “Sempre mi pesa con sa companha / porque ei medo de mi crecer prez / con el, com’outra vegada ja fez; / e pero lhi digu’en mui gran sanha / que se parta de mi tal ben querer, / tanto mi val come non lho dizer” (III; os dous últimos versos constitúen o refrán). Despois de lamentar o mal e o pesar que lle causa esa entrega do amigo, chama a atención esta última estrofa, que dá a entender que realmente teme que tal devoción acabe facéndolle “crecer prez” e aludindo a que tal cousa xa acontecera no pasado.
Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103
Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009
Quero-vos ora mui ben conselhar, ai meu amig’, assi me venha ben: se virdes que me vos quer’ assanhar, mia sanha nom tenhades em desdem,
ca, se non for, mui ben sei que será: se m’ assanhar, alguen se queixará.
Se m’ assanhar, non façades i al e sofred’ a sanha no coraçon, pois vos eu posso fazer ben e mal; de a sofrerdes faredes razon,
ca, se non for, mui ben sei que será: se m’ assanhar, alguen se queixará.
E, pois eu ei em vós tam gram poder e averei, enquant’ eu viva for, já non podedes per rem ben aver, se non fordes de sanha sofredor,
ca, se non for, mui ben sei que será: se m’ assanhar, alguen se queixará.
Johan Vasquiz de Talaveira, 81,18. avedes de mi vos eu assanhar,
por Deus, a quen m’assanharei, amig’, ou como viverei?
Vasco F. Praga de Sandin, 151,7, I61
Par Deus, amiga, quant’ eu receey do meu amigo todo m’ oj’ aven, ca receey de mi querer gram ben como m’ el quer, polo que vos direy: eu, poys fui nada, nunca ouv’ amor nen quij’ amigu’ en tal razon aver, e el filhou-m’ a força por senhor a meu pesar, e morrerá por én. E non sse pod’ alongar, eu o sei, dos que migo falan, nen encobrir, que lhis eu non fale en al, pera oyr en mi falar, e ja me lhi ensanhei, porque o fez, e nunca el mayor pesar oyo, mays non pod’ al fazer; mays esso pouco que el vyvo for farey-vo’ lh’ eu o que m’ el faz sentir.
61 Toda a composición mantén a mesma reflexión manifestada na pregunta que constitúe o refrán;
Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103
Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009
E sabe Deus o pesar que end’ ey, mays non sse pode de mui gram pesar guardar senon que x’ end’ el quer guardar, mays senpre m’ eu d’ atal preyto guardey o mays que pud’ e non ouv’ i sabor; mays el me mata porque quer morrer por mi de pran, e do que m’ é peyor non pod’ én ja o coraçon quitar. E á tan gram coyta de me veer, que lh’ averam este preyt’ a saber.
Gonçal’Eanes do Vinhal, 60,10.
Algúns casos son dignos de mención especial, como acontece con Assanheim’eu
muit’a meu amigo, de Fernan Rodriguez de Calheiros (47,3), en que o motivo do
enfado vén aclarado no refrán (“por que entendo ca mi quer ben / assanhome lhi por en”) e explicitado polo miúdo no corpo das estrofas (“por que mi faz el quanto lhi digo”, I, v. 2; “E, se m’outren faz ond’ei despeito, / a el m’assanh’ e faço dereito”, II, vv. 1-2), de modo especial na terceira e derradeira, que alude a que esa é unha “manha” propia da señora62: “E ja m’el sabe mui ben mha manha, / ca sobr’el deit’eu
toda mha sanha” (III, vv. 1-2)63.
Ou a burla de Johan Servando Diz meu amigo que lhi faça ben (77,8), construída sobre ese “fazer ben”, “mais non mi diz o ben que quer de min” (I, v. 2): como pode pretender o amigo que lle faga ben se non lle explica cal é o ben que dela espera? O refrán xoga coa vontade de llo conceder en caso de que puidese saber a que se refire (“mais, se soubess’eu qual ben el queria / aver de mi, assi lho guisaria”), e a fiinda alude a unha posible perda da paciencia e conseguinte anoxo: “Par San Servand’, assanharm’ei un dia, / se m’el non diz qual ben de min queria”.
4.2.4. O amigo arrábiase pola impotencia que sente ante a indiferenza –ou a