• Nenhum resultado encontrado

Lingua, texto, diacronía

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Lingua, texto, diacronía"

Copied!
402
0
0

Texto

(1)

ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA

Lingua, texto,

diacronía.

Estudos de

lingüística

histórica

Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

9

9

Lingua, texto,

diacronía

Estudos de lingüística

histórica

Leticia Eirín García

Xoán López V

iñas

(editores)

(2)

ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA

Lingua, texto,

diacronía.

Estudos de

lingüística

histórica

Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

(3)

Secretario: Xoán López Viñas (Universidade da Coruña) Edita: Área de Filoloxías Galega e Portuguesa

Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística

Depósito Legal: C 2238-2014 ISBN: 978-84-9749-609-4

Distribúe: Consorcio Editorial Galego: [email protected] Deseño: Torné Asociados

(4)

Leticia Eirín García / Xoán López Viñas 5-7 Da lección manuscrita á lectura crítica:gramática histórica, constitutio e interpretatio textus

Mariña Arbor Aldea 9-31

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas ao campo sémico do aloxamento, nas cantigas de escarnio e maldizer

Xosé Bieito Arias Freixedo 33-58

A expresión da IRA nas cantigas de amor e de amigo

Mercedes Brea 59-96

Construções com ser, estar e jazer na história do português: notas em torno de inovação, persistência e obsolescência

Maria Teresa Brocardo 97-107

Poetics, Historical Grammar and Textual Criticism: Augua or Agua in Pero Meogo?

Rip Cohen 109-122

Corominas e a etimoloxía galega

Rosalía Cotelo García 123-141

O alógrafo sigmático do grafema <z> na documentación medieval galega

Pedro Dono López 143-159

O léxico do proceso amoroso nas cantigas de amor de Don Denis

Leticia Eirín García 161-175

Por volta de topónimos e textos afonsinos. A cantiga «Ansur Moniz, muit’ouve gran pesar» [B 482, V 65]

Manuel Ferreiro 177-196

Vós sodes mui fraqueliña molher. Sobre a sufixación apreciativa na poesía

trobadoresca profana

Xosé Ramón Freixeiro Mato 197-225

A alternancia h-/Ø entre “ortografía alfonsí” e “ortografía dionisina”

Pär Larson 227-238

Unha ferramenta para o estudo do léxico medieval: o GLOSSA

Xoán López Viñas 239-256

Traxectoria histórica dos resultados galegos do sufixo número-persoal latino -tĭs

Ramón Mariño Paz 257-290

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro 291-318

Caer/cair e similares. Alguns apontamentos filológico-linguísticos

José Luís Rodríguez 319-350

Aproximación aos pronomes demostrativos nos primordios da Idade Moderna

Xosé Manuel Sánchez Rei 351-368

Os primeiros escritos em galego-português: revisão e balanço

(5)
(6)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Aínda que a lingüística histórica nace ligada a análises contrastivas entre linguas nos inicios do século xix, hoxe en día esta disciplina abranxe unha serie de materias

que axudan a comprender o fenómeno da historia dunha lingua en xeral, e da mudanza lingüística en particular. Así, para alén de examinar o devir lingüístico nos planos gráfico-fónico, morfosintáctico e léxico-semántico, os estudos de lingüística histórica precisan de se apoiar nunha correcta edición dos textos en que se garde unha escrupulosa fidelidade á realidade lingüística.

Nese sentido, Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica recolle dezasete artigos que pretenden revisar e pór ao día os últimos avances a respecto da lingüística histórica galega e portuguesa, quer sobre a gramática, quer sobre o léxico ou quer sobre a fixación textual. Estes traballos son debidos a especialistas pertencentes ás tres universidades galegas, mais non unicamente, xa que tamén se inclúen contributos de importantes investigadores e investigadoras procedentes de Portugal (Universidade Nova de Lisboa), Italia (Istituto Opera del Vocabolario Italiano) ou dos Estados Unidos (The Johns Hopkins University).

En primeiro lugar, unha serie dos artigos que compoñen esta monografía versan sobre gramática histórica galega e portuguesa. Por unha banda, a clase pronominal é tratada por Xosé Manuel Sánchez Rei, que realiza unha “Aproximación aos pronomes demostrativos nos primordios da Idade Moderna”, a se basear non só en testemuños literarios mais tamén en obras gramaticais portuguesas e españolas. Por outra banda, as mudanzas morfolóxicas que afectan a categoría verbal son tratadas nos contributos de José Luís Rodríguez, de Ramón Mariño Paz e de Teresa Brocardo.

No traballo titulado “Caer/cair e similares. Alguns apontamentos filológico-linguísticos” o profesor Rodríguez examina a incorporación dos verbos da terceira conxugación latina nas clases verbais do portugués e do español, particularmente no período posmedieval. Neste percurso filolóxico-lingüístico preséntase a existencia da alternancia en verbos do tipo caer/cair, trager/trair e similares, para finalmente indicar cales foron as escollas portuguesas e galegas privilexiadas na norma. Por súa parte, en “Traxectoria histórica dos resultados galegos do sufixo número-persoal latino -tĭs” Mariño Paz céntrase na variación diacrónica que sufriu en

(7)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

galego este morfema derivativo latino de P5 desde o galego medieval até o galego contemporáneo. Neste artigo o investigador da USC reflexiona sobre os resultados lingüísticos que ofrecen tanto os textos primarios como os datos presentes nas gramáticas, nas propostas normativas e na tradición literaria. Finalmente, Teresa Brocardo describe as “Construções com ser, estar e jazer na história do português: notas em torno de inovação, persistência e obsolescência”, adoptando a perspectiva da gramaticalización, o cal lle permite encadrar de forma articulada as diferentes manifestacións da mudanza lingüística como son os procesos de innovación dunha solución, a continuación desta ou o seu desuso.

Outro grupo de artigos céntrase no léxico, nomeadamente referido aos aspectos semánticos dos xéneros poéticos amorosos e escarniños. Así, Mercedes Brea analiza “A expresión da IRA nas cantigas de amor e de amigo”, estabelecendo os macrolemas occitanos, franceses, italianos e galego-portugueses e centrándose nomeadamente nestes últimos que fan referencia propiamente á categoría emocional da ‘ira’ como

rancura, sanha, ira etc. En segundo lugar, Leticia Eirín García, no artigo “O léxico

do proceso amoroso nas cantigas de amor de Don Denis”, aborda as formas e os recursos retóricos a elas asociados de que se serve o rei portugués Don Denis para a expresión das fases do namoramento. Fronte ao xénero amoroso, Bieito Arias Freixedo céntrase nas “Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas ao campo sémico do aloxamento, nas cantigas de escarnio e maldizer”, en que achega unha serie de notas lexicais sobre o vocabulario erótico presente nas cantigas medievais do xénero satírico.

Pola súa banda, en “Vós sodes mui fraqueliña molher. Sobre a sufixación apreciativa na poesía trobadoresca profana”, o profesor Freixeiro Mato realiza unha cala nos sufixos apreciativos rexistrados nestes textos, nos cales se constata unha baixa presenza de uso. Por outra parte, no seu contributo “Corominas e a etimoloxía galega”, Rosalía Cotelo refire as fontes galegas no Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico, en que se reúnen autores como Sarmiento ou Castelao. E finalmente, Xoán López Viñas presenta “Unha ferramenta para o estudo do léxico medieval: o GLOSSA” (Glosario

da poesía medieval profana galego-portuguesa), que constitúe un óptimo recurso online para o estudo do léxico por parte do persoal investigador.

Para completarmos a panorámica que este volume ofrece, temos de facer referencia a outros oito contributos centrados principalmente en cuestións metodolóxicas e histórico-editoriais de textos medievais. Así, Mariña Arbor Aldea, no seu traballo “Da lección manuscrita á lectura crítica: gramática histórica, constitutio e interpretatio

textus”, parte de dous exemplos tomados da tradición italiana e francesa para, a

seguir, estudar varios casos da poesía profana galego-portuguesa, coa finalidade de demostrar que a edición rigorosa dos textos medievais pasa necesariamente pola análise e coñecemento profundo da lingua deses textos.

(8)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Por súa parte, Pär Larson e Pedro Dono ocúpanse de dous aspectos máis específicos referidos, respectivamente, aos textos poéticos e documentais. Larson explora a norma da alternancia <h->/ø no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, no Cancioneiro

da Biblioteca Vaticana e mais no Pergamiño Sharrer, xunto coa posibilidade de que

exista unha relación entre este fenómeno e outras características gráficas da época, demostrando, de por parte, a utilidade desa norma na crítica textual. Pedro Dono, no seu contributo titulado “O alógrafo sigmático do grafema <z> na documentación medieval galega”, achégase ao tratamento ecdótico que debe ser aplicado ás realizacións deste grafema no ámbito da documentación notarial.

O profesor José António Souto Cabo desenvolve no seu estudo unha revisión sobre algunhas cuestións críticas relativas á identificación dos primeiros documentos romances da nosa área lingüística, chegando a estabelecer como resultado un elenco de escritos galego-portugueses anteriores ao ano 1256 que se inician co Pacto entre

Gomes Pais e Ramiro Pais, datado a comezos de 1175. Pola súa banda, Ricardo

Pichel Gotérrez e Xavier Varela Barreiro realizan un percurso por tres proxectos de investigación centrados na transcrición e edición de fontes documentais e obras literarias antigas: o Corpus de Textos Antigos de Galiza (COTAGAL), Libros,

memoria e arquivos. Cartularios monásticos do noroeste peninsular (séculos XII-XIII) (LEMA) e Dixitalización e Edición selectiva do fondo medieval do Arquivo de San Paio de Antealtares (DEASPA).

Xa no ámbito da poesía trobadoresca profana temos o estudo “Por volta de topónimos e textos afonsinos. A cantiga «Ansur Moniz, muit’ouve gran pesar”, debido ao profesor Manuel Ferreiro, no cal realiza precisamente unha análise de diversos topónimos problemáticos desde o punto de vista da edición que aparecen nas cantigas satíricas de Afonso X. Por último, Rip Cohen, baseándose no cancioneiro de Pero Meogo, examina as edicións previas e cuestiónase sobre a forma correcta de unha voz atestada en dous dos textos do trobador: augua ou agua?

En síntese, como se pode apreciar, esta Monografía 9 da Revista Galega de Filoloxía, titulada Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica e inspirada nun encontro científico entre investigadores do ámbito da lingüística histórica e da crítica textual galego-portuguesa, presenta os últimos avances nestes campos, e pretende suscitar o interese e a reflexión sobre os temas tratados, procurando tamén a continuidade na colaboración entre os especialistas na diacronía lingüística e na edición de textos medievais no ámbito galego-portugués.

A Coruña, decembro de 2014

(9)
(10)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Mariña Arbor Aldea

Universidade de Santiago de Compostela

sa voz manselinha fremoso dizendo / cantigas d'amigo sa voz manselinha fremoso cantando / cantigas d'amigo Estevan Coelho (Cohen 2003: 207)

A meu avó, que me arrulou na doce lingua nai

1.

En todo traballo de edición dun texto poético reviste un papel decisivo o coñecemento detallado dos manuscritos que envían a peza considerada, o manexo fluído dos principios métricos que definen a tradición en que esta se enmarca e o dominio, nas vertentes gráfico-fonética, morfolóxica, léxica e sintáctica, da lingua do autor e da época en que aquela se elaborou. Como tivemos ocasión de mostrar noutra sede, na edición da lírica profana galego-portuguesa non sempre se valoraron oportunamente os dous primeiros elementos citados, con graves repercusións no establecemento crítico do texto: pensemos, así, nos datos que emanan das notas que se conteñen nas marxes do Cancioneiro da Ajuda, que foron moi parcialmente consideradas polos estudosos, aínda que revisten evidente valor ecdótico (Arbor Aldea 2009), ou nas consecuencias que nas diversas propostas editoriais ten a aplicación imprecisa e flutuante da denominada res metrica (Arbor Aldea 2008, 2012a, 2012b, 2012c). Idéntica consideración se pode facer a propósito do criterio lingüístico.

1 Os datos expostos neste traballo, que foi escrito durante a estadía de investigación que desenvolvemos, entre os meses de marzo e maio deste ano, na Università di Roma La Sapienza (Italia), son froito parcial dos estudos que nos ocupan no marco dos proxectos de investigación La lírica gallego-portuguesa en

la corte de Alfonso X. Autores y textos II (FFI-2011-25899) e El debate metaliterario en la lírica románica medieval (FFI2011-26785), que reciben o apoio económico do Ministerio de Economía y

(11)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Non por acaso, o dominio da gramática e da lingua en que está escrito un texto maniféstase como esencial durante todo o proceso de edición, imbricándose neste principio o conxunto de criterios que definen as fases de selectio e emendatio: lectio

difficilior, conformatio textus, usus scribendi e res metrica, pois todos “pueden

reducirse al usus scribendi, si entendemos el término desde la perspectiva más amplia de la retórica clásica, es decir, de la inventio, la dispositio y la elocutio de un autor y de su tiempo” (Blecua 2001 [1983]: 124). Así, toda lectio difficilior deberá considerar o contexto, que, á súa vez, dependerá do pensamento do autor, do seu estilo e da súa lingua, variando a métrica en cada época e en cada poeta (Blecua 2001 [1983]: 124). Ademais, os usos estilísticos e lingüísticos deberán filtrar a lección establecida a partir do stemma, dado que este, como elemento orientativo que é, “no deberá aplicarse mecánicamente en ningún caso sin pasar por el tamiz de la crítica cada locus”, o que na práctica significa que cada lección seleccionada tomando como referencia a árbore xenealóxica en que se plasman as relacións que se establecen entre os manuscritos debe ser corroborada polo usus scribendi, entendido este non só como o estilo do autor, senón como a lingua de quen produce o texto e da propia época en que este se escribe (Blecua 2001 [1983]: 125).

2.

Ilustrativas da importancia capital que reviste o dominio da lingua na práctica ecdótica son as correccións realizadas polos estudosos da lingua a edicións de obras que forman parte do canon medieval de literaturas como a italiana, a occitana ou a francesa, que contan con tradicións críticas moi consolidadas. Referiremos aquí, e só a título de exemplo, dous casos, tomados, respectivamente, dos dominios italiano e francés.

2.1.

No italiano actual, aos encontros de preposición e artigo determinado corresponde regularmente unha forma con lateral xeminada <ll>: di + la = della, a + lo = allo,

in + la = nella, da + le = dalle... (coa salvidade, ben coñecida, da suma do enlace co

artigo definido plural gli ~ i: degli, agli, dei, ai...), que sería o resultado do encontro da correspondente preposición e das formas latinas illa(m), illu(m) (e demais

formas do paradigma). A solución para o encontro destes elementos en latín vulgar debeu ser unha lateral longa, despois simplificada en todos os contextos, excepto ante vogal tónica. Así o demostran as grafías máis antigas presentes nos documentos non literarios toscanos (séculos XII-XIII), que documentan, en liñas xerais, unha líquida lateral breve tanto en posición preconsonántica (dela ~ de la: dela donna) como, en posición prevocálica, ante vogal átona (del’amore). Só ante vogal tónica

(12)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

restaría inmutable a longa etimolóxica (dell’asino), aínda que posteriormente, e como consecuencia da analoxía, todas as simples acabarían alongándose (vide

infra). Resultado desta evolución e da representación da lateral simple mediante <l>

en formas escritas separadas do tipo de la, ne lo é a pervivencia desta grafía como grafía literaria, sobre todo poética, que se mantivo ata a época moderna –así, en autores como Carducci, Pascoli ou D’Annunzio, que a emprega tamén na prosa–, aínda que tales contraccións ofrezan articulación longa.

Da práctica de conxugar mentalmente a grafía de la (e similares) coa articulación ['del:a] (e similares) deriva o convencemento do grande dantista G. Gorni relativo a que as grafías con líquida lateral simple representaban a actual pronuncia moderna, con consoante longa. Partindo deste principio, na súa edición crítica da Vita nova (1996) rexeita os contributos de E. G. Parodi, que xa en pleno século XIX sinalara casos da Commedia en que se documentan as preposicións articuladas ne la e ne

lo en rima con vela ~ cela e cielo ~ candelo (Purg. XVII 55 e Par. XI 13) –é

dicir, grafías que remitirían a unha articulación simple da lateral–, considerando tales formas como unha “artificiosa eccezione” ou “licenza di rima” e imprimíndoas con consoante dobre, ao presupor para elas unha articulación longa, como a que caracteriza a lingua moderna (Gorni 1996: 291).

Porén, como poucos anos despois demostraría A. Castellani, a razón asistía os exemplos sinalados por Parodi. Castellani, analizando a difusión de <l> simple e dupla nos encontros de preposición e artigo no italiano antigo, formulou a lei a que antes aludimos, e que afecta directamente á dexeminación da lateral anteprotónica nestas contraccións: “l scempia davanti a parola cominciante per consonante, come in dela casa, e davanti a parola cominciante per vocale atona, come in del’amico, mentre davanti a vocale tonica rimane intatta, dalle origini fino a oggi, la -ll- dell’articolo derivante da ille, come in dell’oro” (Castellani 2002: 10). Non por

acaso, e como confirmaron –de forma independente o un do outro– P. Larson (2002: 522-524) e L. Petrucci (2003: 99-105) en dous traballos posteriores, da validez das conclusións a que chega Castellani ofrecen probas granadas tanto os textos de carácter documental –que aplican a miúdo o principio “con quasi matematica esattezza” (Castellani 2002: 11)– como os de natureza literaria –as canzoni e os sonetos do poeta, e contemporáneo do autor da Commedia, bautizado por Contini como “Amico di Dante”, os Documenti d’Amore de Francesco da Barberino (1314), a anónima narración en verso coñecida como L’Intelligenza (ca. 1300) ou a crónica florentina de Paolino Pieri (ca. 1305), entre outros–.

A “lei da dexeminación de l anteprotónica” estaba, pois, aínda plenamente vixente na xeración a que pertencía Dante (1265-1321), documentándose a extensión da consoante longa só en textos de autores nados a partir de 1280, primeiro ante vogal átona e, despois, en posición anteconsonántica. Xa en pleno século XIV, Boccaccio

(13)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

(1313-1375) e Petrarca (1304-1374) –que, por tradición poética, aínda emprega maioritariamente a grafía simple nos seus Rerum vulgarium fragmenta– coñecerán só a pronuncia “moderna”, con lateral xeminada nas diferentes posicións; non obstante, tal pronuncia non era aínda a de Dante e non era, por tanto, aplicable á súa Vita nova, como a Gorni lle suxeriu a súa sensibilidade de lector condicionado “dalla certezza ortografica e tipografica” (Petrucci 2003: 88).

2.2.

A segunda mostra ilustrativa dos contributos que o estudo lingüístico achega á crítica do texto procede do ámbito francés e coloca no centro do debate un traballo que, en palabras de G. Contini (1986b [1970]: 69), abriu un “capitolo di storia” na disciplina: a edición da Vie de saint Alexis publicada por G. Paris en 1872 (editio

maior, con aparato crítico) e 1903 (editio minor, desprovista del). En dous ensaios

publicados en 1968 e 1970 e recollidos despois no seu Breviario di ecdotica (1986), Contini, discutindo o stemma codicum do Alexis á luz dos achados de diversa índole producidos con posterioridade á saída do prelo da edición de Paris, comenta un paso do texto francés que xa merecera unha emenda de A. Tobler (1872). O fragmento en causa, que lle permite a Contini definir o concepto de “difracción” –un concepto procedente do ámbito da óptica que el acuña distinguindo entre difracción in

praesentia e difracción in absentia e que acabará por constituírse nun dos piares da

crítica textual2–, é este:

Plainons ensemble le dol de nostre ami,

Tu del seinor, jo l’ ferai por mon fil (Paris 1872: 146, 31d-e).

Para o segundo verso deste paso, en que a nai de Alexis consola a esposa que este abandonara para asumir a vida de santidade, cinco dos manuscritos que envían a obra ofrecen as leccións:

tu de tun seinur, jo·l frai pur mun filz L tu pur tun sire e je pur mun chier filz A tu por tun seignor, je·l ferai por mun fiz P

tu tun seignur... P2

l’une son fil et l’autre son ami S 3.

2 Véxase Contini (1986a [1968], 1986b [1970]). Unha síntese do concepto, en que se traza a súa historia e se recollen diversos exemplos, encóntrase en Avalle (1970: 59-63; 1978: 56-60).

3 Así explica Contini a varia lectio: “se L e P si accontentano dell’ipermetro seignor, A non ha ritegno a rimediare prosodicamente col solecismo del nominativo sire per l’obliquo [seinur], P2, vicinissimo

a P e quindi postulante il suo tipo, sopprime, ugualmente con soddisfazione della metrica ma non del contesto semantico, il primo por (ton seignor dipenderebbe, rompendo la simmetria, da plaignons?),

(14)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Fronte a esta “particolare configurazione della tradizione manoscritta” (Beggiato 1993: 153), corrupta no seu conxunto, e á lectura de Paris, que introducía unha forma articulada del acompañando o substantivo, Tobler decántase por unha corrección que substitúe a forma seinur polo sinónimo monosilábico per, ‘compañeiro’, ‘parella’, proposta que Paris acolle na súa editio minor: Tu por ton per, jol ferai por

mon fil (1933 [1903]: 6, XXXIe / v. 155), e que Contini considera lectio difficilior

e, en canto tal, responsable da varia lectio ou, usando a terminoloxía continiana, difracción in absentia:

poiché sire/seignor è la forma più ovvia per ‘marito’ (specialmente in senso giuridico), essa può aver surrogato ovunque un concorrente più ‘difficile’ perpetuatosi fino ai piani più bassi della tradizione. Quella proposta dal Tobler è infatti una lectio difficilior, tanto più meritoria in quanto altrimenti il testo documenta per col valore di ‘socialmente uguale’, non di ‘coniuge’ o ‘amoroso compagno’; e s’intenda che la rarità appartiene al per maschile, non al femminile che in quest’accezione è, dal Roland in giù, banalissimo e formulare (1986a [1968]: 100-101).

Non obstante, como sinalaron L. Lazzerini (1997) e F. Beggiato (1993), per non só non é difficilior4, senón que é, tal e como anticipara Avalle (1978: 57), forma

testemuñada como voz masculina no período, e non só: o vocábulo remite, ademais, a un topos literario, o da tortorelle, que constitúe un emblema, xa na literatura clásica –desde Aristóteles a Plinio o Vello pasando por Catulo–, pero sobre todo entre os autores cristiáns –Ambrosio, Aponio, Eugenio de Toledo–, da fidelidade entre os esposos: per é, así, forma case obrigada no contexto, pois, poucos versos antes, a esposa de Alexis lamentaba ante a súa sogra ter que vivir, xustamente, como unha rula, abandonada polo seu esposo: ““Dame, dist ele, jo ai fait si grant perte! / Ore vivrai en guise de tortrele: / Quant n’ai ton fil, ensembl’ od tei voil estre”” (Paris 1872: 146, 30c-e), retomando o texto latino da Vita, como ben sinalou Beggiato: “Sponsa vero ejus dixit ad socrum suam: non egrediar de domo tua, sed similabor me turturi, quae omnino alteri non copulatur, dum ejus socius captus fuerit” (1993: 155)5.

il rimaneggiamento S infine, movente pure da un tipo prossimo a P, non trova di meglio che ripetere incongruamente ami dal verso precedente (la borghese correzione [mari] del Paris è praticata sul testimone artificiosamento isolato dal complesso della tradizione)” (1986a [1968]: 100).

4 “Possibile che tanti copisti di media intelligenza, trovandosi di fronte un per abitualmente usato nel senso di ‘coniuge’ (femminile), non abbiano avuto quel minimo scatto d’ingegno che, estendendo l’accezione al maschile, avrebbe consentito di salvare senso, metrica e grammatica? Possibile che tutti, per incomprensione d’un esiguo metaplasmo semantico (ammettiamo, per ora, che lo percepissero come tale), abbiano preferito lambiccare rifacimenti e solecismi?” (Lazzerini 1997: 13).

5 Unha nutrida exemplificación do uso de per cos valores de ‘cónxuxe, compañeiro’ en textos datados entre os séculos XII e XIV ofrécese en Beggiato (1993: 157-161).

(15)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Se, máis ca tratarse dunha lectio difficilior, per ‘compañeiro’ é termo atestado en francés antigo, a causa que provocou a innovación nos diferentes manuscritos, e, en definitiva, a difracción, debeu ser outra, neste caso o asíndeto. Como demostrou a propia Lazzerini, nun dos testemuños que copiaron o Alexis, talvez no propio arquetipo, debeuse engadir unha copulativa: tu por ton per e jo·l ferai

por mon fil, que convertía en hipérmetro o segundo hemistiquio, “non il verso;

che, una volta aggregata la congiunzione, come atona soprannumeraria davanti a cesura, al monosillabo per, torna perfettamente regolare”, e que daría lugar a un tu por ton pere, jo·l ferai por mon fil (Lazzerini 1997: 15), cunha lección pere ‘pai’ que inmediatamente sería corrixida por un copista en seignor, en canto, “come ha sottolineato Contini”, “è la forma più ovvia per ‘marito’” (Lazzerini 1997: 16)6.

3.

Se nas literaturas apenas citadas a análise lingüística e a crítica do texto contan con longas tradicións, que se nutren reciprocamente, tal circunstancia non se verifica no dominio galego-portugués. Non por acaso, neste ámbito os estudos lingüísticos e, en particular, os relativos á lingua das cantigas son manifestamente pobres, a diferenza do que sucede coa práctica ecdótica, que encontrou na denominada “escola italiana” o seu maior impulso e, talvez tamén, o seu maior obstáculo. Así, pode afirmarse que os filólogos que, desde E. Monaci, fixeron emerxer a lírica dos trobadores, ocupándose das súas múltiples vertentes, xeraron unha impresión que poderiamos definir como de “tout fait”, sen que tal “tout fait” se aunase cunha investigación rigorosa sobre a lingua dos textos, circunstancia que, en boa medida, lastrou as súas propostas críticas.

Sinalaremos a este respecto, e como botón de mostra, un caso que nos permite remitir a un estudo de P. Larson (2014), que enlaza co que este autor publica neste mesmo volume. Na cantiga de Pedr’Amigo de Sevilha Moytos s’enfi[n]gem que

han guaanhado (116,19)7, G. Marroni (1968: 293-294) imprime deste modo os

6 A proposta de Tobler pasou á crítica posterior. Véxase, así, Perugi: “tu pur tun [per], jol f<e>rai pur mun filz” (2000: 172, 31e / v. 155).

7 A numeración e incipit das cantigas, así como os nomes dos trobadores que se citan nestas páxinas, están tomados, salvo nos casos en que partimos da nosa propia edición, de Brea (1996). O corpus lírico galego-portugués, actualizado, está dispoñible así mesmo en MedDB, Base de datos da Lírica Profana

Galego-Portuguesa, que pode consultarse en http://www.cirp.es, portal en que está tamén aloxada a Bibliografía de referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED). As cantigas, cos seus elementos

paratextuais, poden consultase ademais en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas. fcsh.unl.pt, aínda que, para certos puntos, o texto crítico debe manexarse con cautela.

(16)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

versos de peche das tres cobras que articulan –xunto a unha fiinda que non rexistra o contexto– a composición:

ca jur’a Deus que nunca mi deu ren

se non huun peyd’, o qual foy sen seu grado (vv. 6-7). deu-m’hu[n] gra[n] peydo / e foy-lh’y depoys mal, hu ss’acordou que mh’o dado avya (vv. 13-14). deu-m’hun gran peyd’e deu-mh’o en tal som, como quer s’ende moy mal log’achasse (vv. 20-21).

Nos versos 13 e 20 desta edición, o artigo indefinido, iniciado por <h>, está precedido por un pronome átono con vogal final elidida, tal como sinala o apóstrofo; porén, esta lectura, tal e como mostra a infracción á norma definida por Larson no artigo antes citado, é froito dunha segmentación errónea do texto manuscrito, en tanto en canto os segmentos denmhu / denmhū (B 1593) e deumhu (V 1126) deben lerse deu-mh’ũ (deu-mi un), con <mh> = [mj], ao igual ca os versos 11: nu(n)ca mho daria BV (nunca mi-o daria), e 20: deumho BV (deu-mi-o) (cfr. Larson 2014: 466-467).

Nas últimas décadas, non obstante, o desenvolvemento dos estudos de gramática histórica e o coñecemento progresivo da lingua dos trobadores, tamén por integración e comparación co ámbito que lle é natural, a Romania, propiciaron unha mellora substancial na correcta valoración do texto manuscrito das cantigas e na súa interpretación, evitando en moitos casos a emendatio de segmentos que se mostran escuros, pero que, como revelaron as análises lingüísticas, son absolutamente correctos e, polo tanto, boas leccións en todo dignas de figurar nas propostas críticas. Tal afirmación demóstrana exemplos como os que se refiren nas páxinas que seguen.

3.1.

Obxecto de consideración e debate por parte da crítica foron, desde os primeiros estudos dedicados á lírica profana galego-portuguesa, as formas derivadas de étimos latinos acabados en -anu(m), -ana(m), como avelana ou irmana, as voces

pertencentes á familia léxica das apenas citadas (avelanal) e os vocábulos que, como arena, amena ou granado, entre outros, se representan nos cancioneiros con consoante nasal conservada. Consideradas por C. Michaëlis como “termos archaïcos que já haviam desapparecido da linguagem normal”, como “hispanismos ou castelhanismos que muito cedo haviam invadido os fallares da Galliza do Norte”

(17)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

(1990 [1904], II: 926, 927; cfr. tamén 157-158), estas formas con consoante nasal conservada foron anuladas de modo maioritario por Nunes na súa edición das

cantigas de amigo (1973 [1926-1928]) e reivindicadas por Lapa no seu comentario

a esta magna obra (1965 [1929]: 11-19), así como polos editores que se ocuparon, individualmente, dos trobadores en que se documentan tales resultados. Sirvan como exemplo de canto se acaba de sinalar a composición de Fernand’Esquio Vayamos,

irmana, vayamos dormir (38,8)8:

B 1298, f. 272v, col. b.

V 902, f. 141’v, col. b. Vaiamos, irmãa, vaiamos dormir

[en] nas ribas do lago, u eu andar vi

a las aves meu amigo.

Vaiamos, irmãa, vaiamos folgar [en] nas ribas do lago, u eu vi andar

a las aves meu amigo (Nunes 1973 [1926-1928], II: 453, DVI, vv. 1-6).

8 Nas citas que aquí se ofrecen marcamos o refrán en cursiva, aínda que este aparece normalmente con sangría nas edicións de referencia. No que atinxe a estas, tomamos como punto de partida as asinadas por Michaëlis (1990 [1904]), Nunes (1973 [1926-1928]), Lapa (1995 [1965]) e Cohen (2003), ademais das particulares de cada autor, deixando á marxe as de Braga (1878) e a dos Machado (1949-1964), filoloxicamente superadas. En casos coma o de Mendinho, manexaremos un número limitado de traballos, que, en calquera caso, son significativos pola súa contribución ao argumento considerado.

(18)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Vayamos, irmana, vayamos dormir nas rrybas do lago, hu eu andar vy

a las aves, meu amigo.

Vaiamos, hirmana, vaiamos folgar nas rribas do lago, hu eu vi andar

a las aves, meu amigo (Toriello 1976: 107, VI, vv. 1-6).

Vaiamos, irmana, vaiamos dormir nas ribas do lago u eu andar vi

a las aves meu amigo

Vaiamos, irmana, vaiamos folgar nas ribas do lago u eu vi andar

a las aves meu amigo (Cohen 2003: 530, vv. 1-6).

ou a peza de Airas Nunez Bailemos nós ja todas tres, ai amigas (14,5), construída sobre o poema de Johan Zorro Baylemos agora, por Deus, ay velidas (83,1; cfr. Tavani 1992 [1963]: 113-114, 50-519):

B 879, f. 186r, col. b.

V 462, f. 73’v, col. a.

9 A peza de Zorro non documenta as formas irmanas, louçanas e avelanas, só avelaneiras e granadas, con lección manuscrita auelaneyras granadas –común a B 1158bis e a V 761 para ambos os dous versos–, que, como tal, foi editada por Nunes (1973 [1926-1928], II: 353-354, CCCXC), Cunha (1999 [1949]: 249, IX) ou Cohen (2003: 395). Reproducimos a segunda estrofa, que rexistra ambas as dúas voces, na edición de Nunes: “Bailemos agora, por Deus, ai loadas, / so aquestas avelaneiras granadas / e quem fôr loada como nós, loadas, / se amigo amar, / so aquestas avelaneiras granadas /

(19)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Bailemos nós já todas tres, ai irmãas, so aqueste ramo d’estas avelãas e quen fôr louçãa, como nós, louçãas

se amig’amar,

so aqueste ramo d’estas avelãas

verrá bailar (Nunes 1973 [1926-1928], II: 235, CCLVIII, vv. 7-12).

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas, so aqueste ramo d’estas avelanas, e que for louçana como nós, louçanas,

se amigo amar,

so aqueste ramo d’estas avelanas

verrá bailar (Tavani 1992 [1963]: 112, VII, vv. 7-12).

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas, so aqueste ramo destas avelanas, e quen for louçana, como nós, louçanas,

se amigo amar,

so aqueste ramo destas avelanas

verrá bailar (Cohen 2003: 317, vv. 7-12).

A estas vacilacións críticas deu cumprida resposta unha lúcida análise condu-cida por M. Ferreiro sobre o conxunto do corpus lírico galego-portugués para as voces avelana (e familia léxica), fontana, irmana, louçana, manhana, mano e sano, en que se demostra que estas “son practicamente as únicas formas uti-lizadas na cantiga de amigo, sempre con coincidencia de todos os manuscritos (B, V e N), fronte aos restantes xéneros, en que aparecen as formas esperadas, con desaparición de -n- e a conseguinte nasalidade” (2008: 90). Esta consta-tación, que se referenda co uso, sempre nas cantigas de amigo, de vocábulos como amena, arena, sonar, venia, pino ou granada ~ Granada, permite inter-pretar de modo coherente estas voces, que foron etiquetadas como “arcaísmos fonéticos”, “mozarabismos” ou “latinismos gráficos”, en canto responderían a un “uso consciente (e coherente) por parte dalgúns trobadores que utilizan estas formas antigas como un trazo máis de decoración arcaizante de teor es-tilístico (ornatus retórico) no xénero máis autóctono do noso trobadorismo” (Ferreiro 2008: 93)10.

10 En sede de emendatio, estes resultados ofrecen, ademais, alternativas a variantes manuscritas como

mão (por mano), presente no texto do xa citado Fernand’Esquio (v. 8), susceptibles de ser consideradas

erróneas, como apuntou o propio Ferreiro (cfr. 2008: 90, nota 35). A valoración destas voces como arcaísmos caracterizantes da cantiga de amigo veríase reforzada pola presenza de termos con lateral intervocálica conservada “en casos e formas que historicamente xa tiñan perdido tal consoante”, como

(20)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

3.2. Sedia, seria

Cuestión interesante, en canto non resolta e que reviste particular interese pola singularidade que a caracteriza, é a que afecta ás formas manuscritas sedia, que rexistra dúas únicas ocorrencias no corpus, e seria, apenas documentada en dúas cantigas co aparente valor de copretérito de indicativo. Sedia, en concreto, é lección común idéntica aos dous relatores que copian a peza de Estevan Coelho Sedia la

fremosa seu sirgo torcendo (29,1):

B 720, f. 157r, col. b.

V 321, f. 52’v, col. a.

Sedia la fremosa seu sirgo torcendo

Sedia la fremosa seu sirgo lavrando (Nunes 1973 [1926-1928], II: 141, CLV,

vv. 1, 4)11.

é o caso do vocábulo salido e das formas lo(s)/la(s) do artigo ou do pronome tras vogal, en contracción co enlace a (al) e no resultado aglutinado coa preposición derivada da forma latina sŭb (sub-illum >

*sob’lo > so-lo). Para este argumento remitimos a Ferreiro (2008: 93-94 [a cita está tomada da p. 93] e 2013).

11 Idéntica lectura para os versos obxecto de comentario ofrécese en Morabito (1987: 15) e Cohen (2003: 207).

(21)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Non obstante a lección concordante dos relatores, a forma sedia da cantiga de Coelho foi cuestionada por R. Álvarez e H. Monteagudo, considerando –malia recoñecer o seu carácter arcaico– que “non se pode descartar que este probable hápax deba ser explicado como un erro de lectura, presumiblemente dos copistas italianos ás ordes de A. Colocci, a partir dunha variante gráfica sehia, con <h> antihiático” (1998: 49). Porén, a este respecto debe precisarse que, aínda valorando unha posible confusión de <d> por <h> (Monaci 1875: XXVI non rexistra ningún caso de tal erro), unha variante *sehia non está documentada como tal nas fontes dispoñibles (así, no

TMILG). Por outra parte, o feito de que a lección sedia apareza dúas veces en cada

un dos manuscritos que envían a cantiga de Coelho e de que tal forma encontre confirmación noutros documentos, como no Debate de Elena y Maria, texto leonés do século XIII citado polos propios Álvarez / Monteagudo (1998: 48, nota 4): “Elena, do sedia, / cato contra Maria” (Menéndez Pidal 1976: 129, vv. 195-196), móstrase como un argumento esencial a favor da lección manuscrita. Parece, así, que debemos considerar sedia como forma plenamente válida, en simetría, dado que conserva un elemento intervocálico que cae no correspondente resultado regular, con voces como louçana ou salido, a que antes nos referimos, e que debe inserirse, como xa sinalou Ferreiro, dentro da serie de vocábulos arcaizantes que caracterizan a cantiga de amigo12.

Seria, pola súa parte, rexístrase nos apógrafos italianos no incipit de dous textos ben

coñecidos e non menos estudados: a célebre cantiga de amigo de Mendinho (98,1) e a non menos famosa gesta de maldizer de don Afonso Lopez de Baian (6,9). Estas son as leccións que recollen os manuscritos e as propostas que para eses versos ofrecen os editores das pezas consideradas:

B 852, f. 179r, col. b.

12 “Tamén se pode apuntar algún outro caso de claro arcaísmo, sempre en cantigas de amigo, que continúa a marcar a decoración [arcaizante] de que falamos, cal é o uso de sedia (cf. siia) na cantiga 735 [B720, V321], vv. 1, 4, a que se lle pode acrecentar dous casos dubidosos ou discutíbeis (<seria> BV) nas cantigas 848 (v. 1) e 1489 (v. 1)” (Ferreiro 2008: 94). A estas voces arcaizantes aínda lles engade o estudoso algunha outra: “A aparição e consciente utilização de formas com estas consoantes já desaparecidas [-n-, -l-] antes do nascimento da poesia trovadoresca galego-portuguesa deve ser considerado como ornatus retórico e posta em relação com a utilização doutras formas arcaicas, como

sedia (cf. o normal siia), eno (face ao geral no), etc., formas especialmente utilizadas no género mais

representativo e autóctone da poesia trovadoresca galego-portuguesa, a cantiga de amigo” (Ferreiro 2013: 19).

(22)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

V 438, f. 70’r, col. a. Sedia-m’eu na ermida de San Simion (Michaëlis 1990 [1904], II: 889). Sedia-m’eu na ermida de San Simion (Nunes 1973 [1926-1928], II: 229, CCLII).

Sedia-m’eu na ermida de San Simión (Tavani 1991 [1986]: 136).

Seiam’eu na ermida de San Simion (Fernández Guiadanes et alii 1998: 63). Seía m’eu na ermida de San Simhon (Cohen 2003: 311).

B 1470, f. 307v, col. a.

V 1080, f. 176’r, col. a.

Sedia-xi don Belpelho en ũa sa maison (Michaëlis 1924: 23). Sedia-xi Don Belpelho en ũa sa maison (Lapa 1995 [1965]: 55, 57). Sedia-xi Dom Belpelho em ũa sa maison (Lopes 2002: 108, 75). Seiaxi Don Belpelho en ũa sa maison (Lorenzo Gradín 2008: 173, VIII).

A forma seria, común a ambos os textos e a ambos os relatores, foi amplamente contestada polos estudosos e eliminada da inmensa maioría de propostas críticas

(23)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

que no curso dos anos se ofreceron tanto para a cantiga de Mendinho como para a do señor Baian. Tamén neste caso Álvarez e Monteagudo, no seu detido e xa citado traballo, rexeitaron, para a peza de Mendinho, ademais da emenda sedia, proposta por C. Michaëlis á luz do poema de Coelho (1990 [1904], II: 889)13, a lección

manuscrita seria, arrastrando con esta a que os códices envían para a sátira de Afonso Lopez de Baian. Así, tras propor e descartar como posibles lecturas para o texto manuscrito Sería meu na ermida de San Simión –que debería entenderse como ‘[El] ía ser meu na ermida de San Simión, e [= ‘pero’] cercáronme as ondas...’–14

e ser ía·m’eu ‘eu ía estar, eu propúñame estar’15, os estudosos optan por reescribir

como seia·m’eu a lección de BV (Álvarez / Monteagudo 1998: 62), dado que “os

seria que ofrecen os apógrafos italianos tanto na cantiga de Meendiño como na

de Afonso Lopez deben ser corrixidos para formas de copretérito” (Álvarez / Monteagudo 1998: 61).

13 “Seria, não me parece popular. – O parallelismo da estrophe 2ª exige o verbo seder, forma gallego-castelhana do português seer. Cfr. CV 321: Sedia a fremosa, seu fuso torcendo” (1990 [1904], II: 889, nota 1). Ante este argumento, Álvarez e Monteagudo indican: “a variante conservadora seder suposta por dona Carolina, simplemente non se atopa documentada en textos romances do centro e o occidente da península” (1998: 47), nos tempos de pospretérito e futuro. Diferente sería a cuestión para o presente e o copretérito, aínda que, como vimos, e para o caso específico do galego-portugués, a única forma sedia conservada no corpus é considerada por ambos os lingüistas como un erro de copia. Por outra parte, os autores citados contestan a corrección de C. Michaëlis, que, en función do paralelismo, lle atribuira a ser o valor de ‘estar sentado, sentar’, en canto “o significado ‘sentar/estar sentado’ se podía expresar co verbo seer (ou con assentar-se, este sempre pronominal), pero non con

seer-se”, concluíndo que “se dona Carolina emendou para sedia·m(e) eu matinando no significado

‘estaba eu sentada’ e xustificou así a reposición dun hipotético <d>, simplemente estaba enganada; de maneira que ou esta lectura se xustifica doutra maneira ou hai que rexeitala sen máis. Por parte, do punto de vista paleográfico, non parece doado confundir un <r> cun <d> e, ademais, facelo en dúas ocasións: na que nos ocupa e noutra das tres (aparentes) ocorrencias de sedia no corpus poético medieval (sed’a-xi don Belpelho)” (1998: 51; para a revisión, punto por punto, da hipótese de Michaëlis por parte de Álvarez / Monteagudo véxanse as pp. 46-52 do estudo apenas referido). 14 “A interpretación neste senso non nos parece defendible. En primeiro lugar, por razóns ‘internas’: a

relación expresada por ser + posesivo, ata onde puidemos documentala, non aparece nunca cunha determinación circunstancial coma a da cantiga de Meendiño. Érase ou non se era de alguén, pero non nunha ocasión concreta. En segundo lugar, por razón ‘externas’: efectivamente, aínda nunha concepción flexible do paralelismo, o estando do segundo dístico esixe unha forma verbal localizadora no primeiro verso, e exclúe unha expresión tan diferente como ‘ser meu’” (Álvarez / Monteagudo 1998: 54; a argumentación completa sobre a lectura sinalada ocupa as páxinas 52-54 do seu ensaio).

15 “Contra a lectura ser ía·m’eu e a interpretación ‘eu ía estar, eu propúñame estar’ álzanse argumentos gramaticais irremontables. En primeiro lugar, se se trata dunha perífrase invertida, o esperado sería que atopasemos ser-m’ía eu, co pronome situado despois do infinitivo e antes do verbo auxiliar, xa que non se dan as condicións para a próclise a todo o conxunto (...). Nestas inversións, o pronome nunca segue ó verbo auxiliar: que me ser ía, serme ía, *ser íame. Se se trata de sería-m’eu, por tanto dun pospretérito do verbo, sería esperable a mesóclise (ser-m’-ía), se ben neste caso a gramática da lingua medieval non se mostra tan rotunda coma na interpretación anterior (...). Pero ademais, e isto é definitivo, a rapaza que fala estivo de feito na illa, estaba alí realmente cando ocorreron os feitos relatados, de maneira que non tería sentido que utilizase unha forma verbal que expresa irrealidade, sexa esta a perífrase con ir ou o pospretérito de seer” (Álvarez / Monteagudo 1998: 54-55).

(24)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

A pesar da documentada exposición dos autores citados para o argumento en causa, e perante a concordancia dos testemuños manuscritos, cabe preguntarse se a análise do corpus obxecto de estudo e a visita a outros concomitantes poden ofrecernos algún dato que contribúa á interpretación deste locus escuro, pero que pode ter plena validez textual.

Como posible hipótese de traballo poderíase apuntar que seria talvez puidese ser forma dialectal por sedia, aínda que o rotacismo de -d- non está testemuñado en galego, a diferenza do que acontece noutras áreas da Romania, como a italiana, por exemplo; así mesmo, cabería valorar a posibilidade –como ben apuntan a corrección de Michaëlis (en modo implícito), que foi seguida por Nunes16, e as

interpretacións de Álvarez / Monteagudo e, sobre todo, a de Fernández Guiadanes

et alii17– de que nos encontremos ante un condicional “anómalo”, isto é, que a

lección manuscrita seria responda a un intercambio de tempos verbais: así, e dado que para o período hipotético na lingua dos trobadores son equivalentes –e ambas as dúas están ben testemuñadas– a construción prótase / subxuntivo copretérito

→ apódose / pospretérito ou ben prótase / subxuntivo copretérito → apódose /

copretérito de indicativo, non resultaría estraño que esta dupla posibilidade se estendese a outros contextos: así, a forma do pospretérito seria podería ter desprazado a xa obsoleta forma de copretérito sedia, en proceso de substitución por seía, siía e sía.

No que respecta, por outra parte, ao uso pronominal do verbo, podería ser útil confrontar as dúas formas galego-portuguesas con construcións similares na lingua escrita máis común no momento en que producen os trobadores. Deberíamos, así, traer a colación o se / sibi pleonástico do latín tardío e medieval, que foi

obxecto dun estudo fundamental de M. Cennamo (1999). En efecto, durante o século III d.C., o pronome reflexivo sibi parece substituír o sintagma per se –que acaba por equivaler ao sintagma preposicional ex se ‘por si mesmo’– incluso nos usos canónicos, denotando a falta da causa externa, tanto cando expresa a espontánea manifestación dun proceso como cando indica que o suxeito ten un forte control sobre a actividade verbal. Esta lectura de sibi, que equivale a ‘por si’, documéntase en particular con verbos intransitivos que denotan cambio de estado,

16 Véxase, non obstante, o comentario que lle dedica o filólogo portugués á forma en causa: “A lição dos apógrafos seria, que, com a erudita mencionada [Michaëlis], interpretei sedia, poderá estar também por seiia, em vez de seia, que depois se reduziu a sia” (Nunes 1973 [1926-1928], III: 223). 17 “Poderíase pensar, en ámbolos dous casos [versos de Mendinho e Baian], nunha neutralización do

valor temporal de condicional da forma seria e no seu funcionamento cun valor de imperfecto, pero debe terse en conta que, mentres a situación inversa si é frecuente, esta limítase a situacións modais de irrealidade, sobre todo en oracións condicionais (...). Sen embargo, nun contexto como o da cantiga de Meendinho, no que o esperable é un imperfecto expositivo ou narrativo, sen matices modais engadidos, non é posible a substitución de “estaba” por “sería”” (Fernández Guiadanes et alii 1998: 67-68).

(25)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

cambio de lugar ou, e no que aquí nos interesa, verbos de estado: “sedebam mihi super lactucam” (Gregorio Magno, Diálogos, 1,4) (Cennamo 1999: 121-123). Ao exemplo de san Gregorio Magno citado por Cennamo podemos engadir aínda outros dous, máis próximos no tempo a Mendinho e procedentes, respectivamente, de Bernardo de Claraval (Vita S. Malachiae, cap. 1,5: “Sedebat sibi iuvenculus secus pedes Imarii”) e de Cesario de Heisterbach (Dialogus miraculorum, dist. VIII, cap. V: “In decima tamen lectione sedebat sibi [scil. monachus], vigilans tamen, sed clausis oculis...”). Polo tanto, as formas seria-me e seria-xi poderían equivaler a sedebam mihi ‘estaba eu por min mesma’ e sedebat sibi ‘estaba por si, pola súa conta’18.

Con independencia da luz que estas hipóteses poidan traer á forma obxecto de análise, faise neste caso necesario afirmar que os nosos coñecementos sobre a lingua dos trobadores en xeral e sobre a xeografía dialectal do medievo en particular son o suficientemente limitados e incertos como para nos permitir condenar determinadas formas documentadas –neste caso, ademais, de modo repetido e sen contraexemplos– nos códices. Máis prudente sería conservalas no texto crítico e anotalas de modo oportuno, referindo a súa dificultade e os límites que, como filólogos e editores, con frecuencia temos perante a realidade manuscrita. Como escribiu C. Di Girolamo, sería conveniente partir do principio “di non pretendere di saperne di più degli antichi (degli autori, ma anche dei copisti), salvo che non si abbia la provata certezza dell’errore” (2001: 19), pois non sempre o escuro e difícil é erro, senón o froito da incomprensión que para nós supoñen aínda os “manidos” textos trobadorescos.

4.

A sintaxe mostra, así mesmo, unha vertente de traballo esencial para o filólogo, dada a complexidade que revisten os textos medievais. Non obstante, esta apenas si foi explorada polos estudosos que se ocuparon da lírica galego-portuguesa, unha circunstancia que redunda en frecuentes emendas da lección manuscrita que

18 A consulta do TMILG, s.v., documenta un seria (por ‘estaba’), neste caso en plural, nun texto galego, se ben máis tardío: “Et eu, Joahn [sic] Domingues, notario del Rey en viveiro, puge meu signal por mandado do dito sennor Obispo et dos alcaldes et juiz et dos hommes boos que seryan en conçello enna iglesia de Santa Maria” [Viveiro 1419] (E. Cal Pardo (1991): “De Viveiro en la Edad Media”, Estudios

Mindonienses 7, 11-226, en concreto, n. 37, p. 117). Non obstante, na magna edición do mesmo

autor publicada en 1999, Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo.

Transcrición íntegra dos documentos, o texto lese así: “Et eu Juan Domingez notario del rey en Viueiro

/ puge y meu signal por mandado do dito sennor obispo et dos / alcaldes et juiz et dos homes boos que syan en conçello enna iglesia / de santa Maria”, con cambio na edición do texto e desaparición, por tanto, da forma en causa (cfr. Cal Pardo 1999: 391).

(26)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

obeceden, xustamente, á falta de datos sobre este aspecto da poesía dos trobadores. Un bo exemplo de canto se sinala constitúeo un paso da peza de Afonso Sanchez

Pero eu dixe mia senhor (9,8), en que os editores substituíron a construción lexítima conveer d[e] por conveer que (cfr. Arbor Aldea 2001: 140, 3). Porén, como ilustra

este caso e como demostrou Di Girolamo (2001) nun artigo dedicado á interpretación do verso que abre a celebre canción “Pir meu cori allegrari”, composta por Stefano Protonotaro –único poema da Scuola siciliana conservado na súa forma lingüística orixinaria–, non sempre a lección manuscrita debe ser corrixida, encontrando pleno sentido ao inserirse no contexto lingüístico e literario adecuado. Dous pasos clarificadores ao respecto localízanse nas requintadas cantigas do Almirante do mar dos reis de Castela Alfonso X e Sancho IV, Pai Gomez Charinho.

4.1.

Charinho ofrece, na súa notabilísima cantiga sobre a imposibilidade do trobar

Que mui de grad’eu querria fazer (114,18), unha construción que suscita interese

desde o punto de vista lingüístico e que é susceptible de ser considerada á luz da tradición románica:

Mas como pod’achar bõa razon ome coitado que perdeu o sén com’eu perdi? E, quando falo, ren ja non sei que me digo nen que non, e con gran mal non pod’ome trobar,

e prazer non ei senon en chorar (Arbor Aldea-Ferreiro, en preparación, vv. 15-21).

O verbo pronominalizado en dependencia de non saber, de que se recolle outro exemplo na peza do propio trobador Oi eu sempre, mia sennor, dizer (114,12, vv. 17-18: “non / creo que sabe que x’é desejar”), explícase considerando o fenómeno –que parece panrománico– que provoca que un verbo se converta en pronominal “nelle interrogative e dubitative dipendenti da non sapere ed espressioni equivalenti”

(Brambilla Ageno 1964: 149). A construción, que sobrevive fosilizada no galego moderno (“non sei que me faga”, “non sei que me diga”), está ben documentada, ademais de en italiano, en francés, en castelán e en occitano antigos, como ilustra, para este última lingua, o famoso incipit di Raimbaut d’Aurenga Escotatz, mas no

say que s’es (BdT 389.28, v. 1)19. Os rexistros non faltan, tampouco, na lírica

galego-19 Véxase Lipton (galego-1960-galego-1961: 113), que indica, a propósito das obras de Chrétien de Troyes: “In reality, the whole explanation hinges on the occurrence of the verb form in a clause following and depending on negative savoir. The causes of the pronominalization are mechanical; they are to be found not in the content of the verb which is pronominal but in surroundings which impose the use of se. Not only intransitive, but also transitive, verbs are susceptible”.

(27)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

portuguesa, aínda que algúns deles foron considerados polos estudosos como un (improbable) dativo ético (cfr. Michaëlis 1990 [1920], I: 95, s.v. xe).

Nesta última poesía, a construción localízase en Airas Nunez (14,1, v. 20: “que

non sabedes quen me sõo eu”), Gil Perez Conde (56,7, v. 9: “mais non sei eu que mi farei”, cun paso similar no v. 14), Johan Soarez Somesso (78,16, v. 23: “E mia

senhor non sabe qual / x’é esta coita qu(e) eu levei”), Johan Soarez Coelho (79,19, v. 17: “ca non sei se me vus ar veerei”; 79,16, vv. 3-4: “ou non sabia que x’era trobar / ou sabia como vos trobei eu”), Johan Vasquiz de Talaveira (81,13, v. 9: “non

sei se x’é meu pecado, se seu”), Martin Soarez (97,3, v. 27: “ca eles non saben que xi en fazer”), Pero da Ponte (120,21, vv. 8-9: “ca non sabedes que x’á de seer / de

vós”), Pero Garcia Burgalês (125,41, vv. 19-20: “(...) non sei / que me faço, nen que digo...”), Vasco Fernandez Praga de Sandin (151,27, vv. 20-21: “(...) sol non sei / que me dig’ [ou faça] que-quer”) ou Vasco Gil (152,6, v. 1: “Non soube que x’era

pesar”; 152,9, v. 13: “Non sey que x’est ou que pode seer”), trobadores adscritos a

períodos diferentes da tradición lírica do occidente ibérico.

4.2.

Outro exemplo significativo da sintaxe do almirante, indicativo do carácter culto e da complexidade da súa obra, localízase na estrofa conclusiva da súa peza De quantas

cousas eno mundo son (114,6). Este é o fragmento susceptible de provocar algunha

perplexidade de carácter hermenéutico:

[E e]stas mannas, segundo meu sén, que o mar á, á el-rei, e por én se semellan, quen o ben entender

(Arbor Aldea-Ferreiro, en preparación, vv. 29-31).

No sintagma sinalado, o pronome quen podería considerarse como un calco semántico do uso latino (arcaico e tardío) de qui co valor de si quis ‘se un / se algún’20, uso presente en todas as linguas románicas antigas e que lle confire pleno

sentido ao texto. Non faltan exemplos na langue d’oïl –téñase presente o proverbio “Tout vient à point qui sait attendre”, banalizado en francés moderno como “Tout vient à point à qui sait attendre”–, en italiano –como este de Guido delle Colonne: “Ben è gran senno, chi lo pote fare, / saver celare” (Amor, che lungiamente m’ài

menato, PSs 4.4, v. 50)–, ou en occitano, lingua en que se documenta este paso

de Guillem de Peitieu: “Del vers vos dic que mais ne vau, / qui be l’enten...”

20 Väänänen (1974: §371) cita este exemplo de Gregorio de Tours: “Ego non parvam censeo gratiam, qui hoc meruit”.

(28)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

(Pos vezem, BdT 183.11, vv. 37-38), que se corresponde exactamente, na súa parte final, co sintagma empregado por Charinho21. Tamén se rexistra algún caso máis na

lírica profana galego-portuguesa, como en Estevan da Guarda (30,19, vv. 13-14: “e, Martin Gil, quen no vir, / parece mui laid’, a feito”) ou Airas Perez Vuitoron (16,1, v. 10: “poren diz [o arcebispo] que non é torto quen faz traiçon [e] mente”), que confirman o valor apuntado e a interpretación correcta dos versos de Charinho.

5.

Análise codicolóxica dos manuscritos, edicións críticas de todos os xéneros e autores, métrica, estudos hermenéuticos,... son moitas as vías de abordaxe da lírica galego-portuguesa que ofreceron e ofrecen froitos que poden considerarse xa maduros, cando non definitivos. Porén, neste campo de estudo deben abordarse aínda tarefas fundamentais, entre elas a preparación de edicións paleográficas dixitalizadas de todos os relatores, a análise do comportamento dos amanuenses en relación coas pezas copiadas, o estudo rigoroso das variantes que ofrecen os manuscritos e dos poemas afectados por unha transmisión particularmente precaria e, sobre todo, a análise lingüística exhaustiva das cantigas, que só poderá redundar en proveitosas achegas para a crítica do texto. A lingua d’oïl e a lingua dos trobadors contan, da man de Au. Roncaglia (1965, 1971), con estudos introdutorios propios desde hai ben case cinco décadas. Pensemos que unha “Lingua dos trobadores” será tamén, en breve, unha realidade. Porque non sempre “quanto piace al mondo è breve sogno” (Petrarca, Canzoniere, I, v. 14).

Bibliografía

Álvarez, R. / Monteagudo, H. (1998): “¿Sedía·m’eu? A propósito do incipit da cantiga de Meendiño”, en Couceiro Pérez X. L. / Fontoira, L. (eds.), Día das Letras Galegas

1998. Martín Codax, Mendiño, Johán de Cangas, 45-64 (Santiago de Compostela:

Universidade de Santiago de Compostela).

Arbor Aldea, M. (2001): O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e estudio (Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela).

Arbor Aldea, M. (2008): “Metro, lírica profana galego-portuguesa e práctica ecdótica: consideracións á luz do Cancioneiro da Ajuda”, en Ferreiro, M. / Martínez Pereiro C. P. / Tato Fontaíña, L. (eds.), A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza, 9-38 (A Coruña: Baía Edicións).

(29)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Arbor Aldea, M. (2009): “Escribir nas marxes, completar o texto: as notas ós versos do

Cancioneiro da Ajuda”, en Brea, M. (coord.), Pola melhor dona de quantas fez nostro Senhor. Homenaxe á Profesora Giulia Lanciani, 49-72 (Santiago de Compostela:

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades-Xunta de Galicia). Arbor Aldea, M. (2012a): “A fronte a BV: res metrica e varia lectio (I)”, en Fernández

Rodríguez, N. / Fernández Ferreiro, M. (eds.), Literatura medieval y renacentista en

España: Líneas y pautas, 363-376 (Salamanca: La Semyr).

Arbor Aldea, M. (2012b): “A fronte a BV: res metrica e varia lectio (II)”, en Martínez Pérez, A. / Vaquero Escudero, A. L. (eds.), Estudios de literatura medieval. 25 años

de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval, 159-170 (Murcia: Universidad

de Murcia).

Arbor Aldea, M. (2012c): “Mais bisílabo? Notas á marxe do Cancioneiro da Ajuda”, en Lorenzo, P. / Marcenaro, S. (eds.), El texto medieval. De la edición a la interpretación, 159-194 (Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Anexo 68, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela).

Arbor Aldea, M. / Ferreiro, M. (2014): Cantigas de Pai Gomez Charinho (en preparación). Avalle, d’Arco S. (1970): Introduzione alla critica del testo (Torino: G. Giappichelli Editore). Avalle, d’Arco S. (1978): Principî di critica testuale (Padova: Editrice Antenore)

(seconda edizione riveduta e corretta).

Beggiato F. (1993): ““Tu por ton per”, Vie de Saint Alexis v. 155. Sulla congettura in regime di diffrazione”, en Guida, S. / Latella, F. (eds.), La Filologia romanza e i

codici. Atti del Convegno (Messina 19-22 Dicembre 1991), vol. 1, 153-162 (Messina:

Sicania).

BdT = Bibliographie der Troubadours von Alfred Pillet, ergänzt, weitergeführt und

herausgegeben von Henry Carstens (Halle: Niemeyer), 1933.

BiRMED = Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval: http://www.cirp.es.

Blecua, A. (2001) [1983]: Manual de crítica textual (Madrid: Castalia).

Braga, T. (1878): Cancioneiro Portuguez da Vaticana. Edição critica restituida sobre

o texto diplomatico de Halle, acompanhada de um glossario e de uma introducção sobre os trovadores e cancioneiros portuguezes (Lisboa: Imprensa Nacional).

Brambilla Ageno, F. (1964): Il verbo nell’italiano antico (Milano-Napoli: Ricciardi). Brea, M. (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das

cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica.

2 vols. (Santiago de Compostela: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro-Xunta de Galicia).

Cal Pardo, E. (1999): Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de

Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos (Santiago de Compostela:

(30)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103

Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt.

Castellani, A. (2002): “I più antichi ricordi del Primo libro di memorie dei frati di

Penitenza di Firenze, 1281-7 (date della mano α)”, en L’Accademia della Crusca per Giovanni Nencioni, 3-24 (Firenze: Le Lettere).

Cennamo, M. (1999): “Late Latin pleonastic reflexives and the unaccusative hypothesis”,

Transactions of the Philological Society 97,1, 103-150.

Cohen, R. (2003): 500 Cantigas d'amigo (Porto: Campo das Letras).

Contini, G. (1986a) [1968]: “Scavi alessiani”, en Breviario di ecdotica, 99-134 (Milano-Napoli: Riccardo Ricciardi Editore).

Contini, G. (1986b) [1970]: “La “Vita” francese “di Sant’Alessio” e l’arte di pubblicare i testi antichi”, en Breviario di ecdotica, 67-97 (Milano-Napoli: Riccardo Ricciardi Editore).

Cunha, C. Ferreira da (1999) [1949]: O cancioneiro de Joan Zorro. Aspectos lingüísticos,

texto crítico, glossário, en Gonçalves, E. (1999), Celso Cunha. Cancioneiros dos Trovadores do Mar, 161-296 (Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda).

Di Girolamo, C. (2001): “Pir meu cori allegrari”, Bollettino del Centro di studi filologici

e linguistici siciliani 19, 5-21.

Ferreiro, M. (2008): “Edición e historia da lingua: Sobre a representación da nasalidade no trobadorismo profano galego-portugués e as formas irmana e afíns”, en Ferreiro, M. / Martínez Pereiro, C. P. / Tato Fontaíña, L. (eds.), A edición da Poesía

Trobadoresca en Galiza, 77-96 (A Coruña: Baía Edicións).

Ferreiro, M. (2013): “Uma anomalia na língua trovadoresca galego-portuguesa: sobre os casos

de conservação de -l- intervocálico”, Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese

Lyric, 20 pp. Dispoñible en https://blogs.commons.georgetown.edu /cantigas/.

Gorni, G. (1996): Dante Alighieri. Vita Nova (Torino: Einaudi).

Fernández Guiadanes, A. / Magán Abelleira, F. / Rodiño Caramés, I. / Rodríguez Castaño, M. / Ron Fernández, X. X. / Vázquez Pacho, Mª. del C. (1998): Cantigas

do Mar de Vigo. Edición crítica das cantigas de Meendinho, Johan de Cangas e Martin Codax (Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación

en Humanidades-Xunta de Galicia).

Jensen, F. (1990): Old French and Comparative Gallo-Romance Syntax (Tübingen: Max Niemeyer).

Lapa, M. Rodrigues (1965) [1929]: “O texto das cantigas d'amigo”, en Miscelânea de

língua e literatura portuguêsa medieval, 9-50 (Rio de Janeiro: Instituto Nacional do

Livro-Ministério da Educação e Cultura).

Lapa, M. Rodrigues (1995) [1965]: Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros

medievais galego-portugueses (Vigo-Lisboa: Ir Indo Edicións-Edições João Sá da

Referências

Documentos relacionados

Os objetivos principais deste trabalho foram demonstrar a validade do E N E como mais um método para o diagnóstico das dificuldades do aprendizado, res- saltar a importância

O presente estudo adota uma abordagem empírico-analítica, na qual busca-se avaliar os indicadores das operadoras de saúde suplementar, a partir da modalidade em que atua. Para

14º DIA (26/08) | SÃO PETERSBURGO – MOSCOU Café da manhã no hotel e saída para visita ao Palácio de Inverno, antiga residência dos Czares da Rússia, onde atualmente

A literatura infantil é um recurso metodológico importante no auxílio à prática pedagógica, pois desenvolve o raciocínio e a sensibilidade dos educandos. 3) sugere que os

e) Fornecer material novo, mão de obra e ferramentas necessárias para instalação e execução dos serviços, ficando responsável pela sua guarda e transporte,

Quando retirar o inalador da sua caixa (bandeja selada), este estará na posição ‘fechado’. Não o abra até que esteja pronto para inalar a dose de medicamento. As instruções

DIAGNÓSTICO DO MUNICÍPIO DE NORDESTINA NORDESTINA Outubro/2005 BAHIA PROJETO CADASTRO DE FONTES DE ABASTECIMENTO POR ÁGUA SUBTERRÂNEA SECRETARIA DE ENERGIA SECRETARIA DE MINAS

Explique de maneira resumida como foi realizada a pesquisa, ou seja, que instrumentos foram utilizados para coletar os dados (questionários, entrevistas, gravações em