• Nenhum resultado encontrado

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "I. DISPOSICIÓNS XERAIS"

Copied!
7
0
0

Texto

(1)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

Corrección de erros.-Decreto 148/2004, do 7 de xullo, polo que se regula a con-cesión de préstamos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para financiar porxectos en materia de inno-vación tecnolóxica.

Advertido erro no devandito decreto publicado no DOG nº 135, do mércores, 14 de xullo de 2004, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 10.091, no sumario onde di: «Decreto 148/2004,...»; debe dicir: «Decreto 154/2004».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

Decreto 155/2004, do 25 de xuño, polo que se modifica o Decreto 35/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan as sub-vencións aos arrendatarios no marco do programa Bolsa de Vivenda en Aluguer do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

No marco das actuacións autonómicas en materia de vivenda, e co obxectivo de fomentar o aluguer, a Xunta de Galicia aprobou o Decreto 35/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan as subvencións aos arrendatarios dentro do programa Bolsa de Vivenda en Aluguer.

Este decreto, publicado no DOG do 17 de febreiro de 2004, permitía subvencionar aos colectivos de baixos ingresos que formalizasen un contrato de arrendamento dentro do programa Bolsa de Vivenda en Aluguer. A Xunta de Galicia, sensibilizada polo fenómeno social da violencia de xénero e á vista das medidas preventivas que leva parellas, que implican na maioría dos casos unha necesidade de vivenda para as vítimas, incorpora agora unha nova medida de axuda a este colectivo subvencionándolles o aluguer sen exixir o cumprimento duns ingresos mínimos para poder acceder ao programa, existindo unicamente o límite máximo, común a todos os bene-ficiarios, de 3,5 veces o salario mínimo interpro-fesional (SMI). Para iso, deberán acreditar os seus ingresos así como a súa especial situación de víctima de violencia de xénero, sendo compatibles estas sub-vencións ao aluguer coas demais axudas que per-ciban doutras administracións públicas.

En segundo lugar, a través desta modificación, a Xunta de Galicia trata de incentivar e facilitar aínda máis o acceso á vivenda polos colectivos economi-camente máis desfavorecidos, tomando como único e exclusivo requisito o dos ingresos, establecéndose necesaria a obtención de 0,7 veces o SMI para poder

beneficiarse das axudas ao aluguer, en termos brutos, como mínimo, e ata 3,5 veces o SMI como máximo, cando anteriormente era necesaria a obtención duns ingresos netos ponderados comprendidos entre unha vez e 2,5 veces o SMI. Polo tanto, rebáixase o importe dos ingresos mínimos requiridos a 0,7 veces o SMI e increméntase o límite máximo a 3,5 veces o SMI, co obxecto de harmonizar o límite de ingresos co establecido nas axudas autonómicas á vivenda.

En virtude do anterior, e por proposta do con-selleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Modifícase o artigo 1 do Decreto 35/2004, que queda redactado nos seguintes termos: «A presente disposición ten por obxecto promo-cionar e incentivar, mediante subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva, o aluguer de vivendas preferentemente nas sete gran-des cidagran-des galegas coas súas áreas de influencia. Deste modo téntase facilitar o acceso a unha vivenda aos sectores da poboación con ingresos brutos com-prendidos entre 0,7 e 3,5 veces o SMI. Aquelas per-soas que acrediten seren vítimas da violencia de xénero no terán que xustificar ingresos mínimos». Artigo 2º.-Modifícase o requisito segundo do artigo 4, que quedará redactado nos seguintes termos: «A renda máxima do aluguer mensual non poderá ser superior a 450 euros, con carácter xeral, agás as excepcións que xustificadamente se prevexan, aplicadas con carácter restrictivo».

Artigo 3º.-Modifícase o parágrafo 1º do artigo 6, que queda redactado nos seguintes termos:

«Poderán ser beneficiarios destas axudas as uni-dades convivenciais que formalicen un contrato de arrendamento dun aluguer subvencionable cuxos ingresos brutos anuais se atopen entre 0,7 e 3,5 veces o SMI. Aquelas persoas que acrediten seren vítimas de violencia de xénero non terán que xus-tificar ingresos mínimos».

Artigo 4º.-Modifícase o artigo 7 nos seguintes termos:

«A Comunidade Autónoma de Galicia, con cargo aos orzamentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo e dentro das dispoñibilidades orzamentarias que poidan consignarse en cada exercicio económico, que se cuantificarán nas respectivas ordes anuais, poderá subvencionar a renda de aluguer nos seguin-tes termos:

Os inquilinos asumirán, en todo caso, a parte da renda de aluguer que represente o 20% dos ingresos ponderados da unidade convivencial.

O IGVS subvencionará a fondo perdido a diferenza entre este custo asumido polo inquilino e a renda

(2)

No137

LVenres, 16 de xullo de 2004 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 10.207

máxima de aluguer subvencionable. Considérase renda máxima de aluguer subvencionable a seguinte: -Para unidades convivenciais con ingresos pon-derados de ata 1,5 veces o SMI: a que represente o 50% dos ingresos ponderados da unidade.

-Para unidades convivenciais con ingresos pon-derados comprendidos entre 1,5 e 2,5 veces o SMI: a que represente o 40% dos ingresos ponderados da unidade.

-Para unidades convivenciais con ingresos pon-derados comprendidos entre 2,5 e 3,5 veces o SMI: a que represente o 30% dos ingresos ponderados da unidade».

No caso de que a renda de aluguer da vivenda supere a renda máxima de aluguer subvencionable, será o inquilino o que teña que asumir o exceso. A subvención concederase por doce meses, pro-ducindo efectos desde a data da sinatura do contrato de arrendamento.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obten-ción concorrente de subvenobten-cións ou axudas outor-gadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, exceptuado este último caso para as vítimas de vio-lencia de xénero.

No caso de contratos superiores a un ano ou de prórrogas dos contratos de aluguer, o beneficiario deberá achegar, nos dez primeiros días do mes ante-rior ao vencemento de cada anualidade do contrato, a documentación pertinente para que lle sexan revi-sadas as condicións de outorgamento da subvención para a seguinte anualidade. Para o caso de que o beneficiario non reúna os requisitos establecidos, non se concederá a subvención.

Seguirá tendo dereito á subvención o beneficiario que, tendo cumpridas as condicións no momento ini-cial, presente no momento da revisión uns ingresos inferiores a 0,7 veces o SMI, quedando establecida a subvención nas contías aprobadas inicialmente.». Artigo 5º.-Modifícase o artigo 8.2º nos seguintes termos:

«Por ingresos, a contía, en número de veces o SMI, do importe dos ingresos brutos ou íntegros que figure na correspondente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, no seu defecto, do importe que apareza no certificado de rendas facilitado pola Axencia Tributaria ou, se é o caso, o que figure como tal no certificado de retencións do empregador ou calquera outra documentación que os acredite».

Engádese ao artigo 8.3º un derradeiro parágrafo co seguinte texto:

«Non se aplicará a ponderación de ingresos cando a súa aplicación supoña a exclusión do solicitante por non acadar os ingresos mínimos».

Artigo 6º.-No artigo 9, modifícase a alínea b) e engádese unha nova alínea f) nos seguintes termos: «b) Copia compulsada do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio inmediatamente anterior ao momento da solicitude, e certificado das rendas expedido nos termos do Real decreto 1190/2000, do 23 de xuño, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. De non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF, copia de notificación-liquidación emitida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria para os que presentaron o modelo de solicitude de devolución 104-105, e certificado acreditativo do nivel de ren-das do correspondente exercicio expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria. Nos demais casos, declaración responsable de todos os ingresos obtidos e certificado acreditativo do nivel de rendas do correspondente exercicio expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria que corresponda, xuntando, ademais, os seguintes docu-mentos: declaración das circunstancias familiares, certificado das retribucións e retencións da empresa ou empresas en que estivese de alta no dito exercicio e, de ser o caso, certificado de pensións ou pres-tacións periódicas, certificado do INEM e certifi-cados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario ou, de ser o caso, calquera outra documentación que permita acreditar os ingresos obtidos.

f) No caso de vítimas de violencia de xénero, copia da orde de protección».

Artigo 7º.-O artigo 20 queda modificado nos seguintes termos:

«A presente subvención resulta incompatible con calquera outra axuda destinada ao aluguer de viven-da agás no caso de vítimas de violencia de xénero».

Disposición adicional

Modifícanse os anexos I, II e III de solicitude do Decreto 35/2004, do 6 de febreiro.

Disposición transitoria

Aplicaranse os novos coeficientes do artigo 3 ás subvencións concedidas á data de entrada en vigor deste decreto, procedendo, se é o caso, ás modi-ficacións pertinentes.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, vinte e cinco de xuño de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne Presidente Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

(3)
(4)

No137

(5)
(6)

No137

(7)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

Resolución do 15 de xuño de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de

Gali-cia, da ampliación do artigo 14º do

con-venio colectivo da empresa Eulen, S.A. (servizo de mantemento do Hospital do Meixoeiro).

Vista a acta de ampliación do artigo 14º do con-venio colectivo da empresa Eulen, S.A. (servizo man-temento do Hospital do Meixoeiro), con nº de código 3602191, que tivo entrada no rexistro único do edi-ficio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 7-6-2004, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 3-6-2004. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de fun-cións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbi-traxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario

Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de xuño de 2004.

Joaquín Macías Sánchez Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Acordo de engadir ao convenio colectivo do servizo de mantemento do Hospital do Meixoeiro para anos 2003, 2004, 2005 e 2006.

Sobre xubilación parcial. Asistentes:

En representación da empresa: José Félix Valderrey de la Huerga. José Luis Navia Vega.

Rubén Giudici Nieto.

En representación dos traballadores do comité de empresa da provincia de Pontevedra:

José Sánchez Bastos. Ángeles Lobato Pintos. Rubén Framiñan Díaz. Jorge Álvarez González. José Antonio Prol Lijó. Óscar Ferreiro Vázquez. Mª José Freire Varela. Isabel Márquez Rodríguez. Dolores Troncoso Padín. Ramón Vilas Acuña.

Carmen Segurana Bedrina. Ases.

En Vigo, xoves 3 de xuño de 2004, nos locais da empresa Eulen, S.A., nesta cidade, reúnense todos os sinalados, na condición que se indica coa fina-lidade de engadir no artigo 14º a xubilación parcial, texto adxunto como convenio colectivo para os anos 2003, 2004, 2005 e 2006.

Ambas as partes, de común acordo, coñecida a negociación realizada entre a representación da empresa e a representación dos traballadores do pro-pio centro de traballo Hospital do Meixoeiro.

Acordan: aprobar o texto adxunto como engadido ao artigo 14º para o persoal do servicio de man-temento do Hospital do Meixoeiro para os anos 2003, 2004, 2005 e 2006. Ambos inclusive, asinado co dito motivo o referido texto.

Solicitar o rexistro do dito texto no SMAC e a súa publicación no BOP para o cal facultan a cal-quera dos asinantes.

E non habendo máis asuntos que tratar, asinan esta acta, en proba de conformidade, a totalidade dos asistentes, no lugar e data arriba indicados.

Xubilación parcial

1. Ao abeiro do artigo 166.2º da Lei de Seguridade Social e do artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores, recoñécese aos traballadores e traballadoras o derei-to subxectivo de solicitaren da empresa a xubilación parcial e a redución da xornada no límite máximo legalmente previsto do 85% cando se xunten os requisitos legalmente establecidos e, en especial, o da idade, que non poderá ser inferior aos 60 anos. 2. A solicitude deberase remitir á empresa cunha antelación mínima de tres meses á data prevista de xubilación parcial. A empresa estudará a solicitude de boa fe, coa vista posta nun acordo coa parte soli-citante e, en todo caso, responderá nun prazo máximo de trinta días. Nos casos de discrepancia entre as partes, remitirase a cuestión á comisión paritaria, que resolverá no ámbito das súas funcións e no prazo máximo de trinta días.

3. Dada a particularidade da actividade da empre-sa e as súas prestacións de servizos a entidades públicas o que implica que poida haber cambios de titularidade na adxudicación do servizo que se contrata, e tendo en conta que opera a subrogación empresarial, a empresa entrante ten a obriga de

Referências

Documentos relacionados

Os valores da taxa de bocados diurnos e noturnos não apresentaram diferenças para todas categorias, o que sugere, que independente da categoria animal os bovinos aumentam o tempo

quando os riscos de distorção relevante são baixos (zona com baixo risco de controle e baixo risco inerente), os riscos de detecção podem ser au­ mentados, ou seja, o

Independentemente da espécie, utilizar h medida em apenas cinco árvores de cada classe de dap por parcela, é um sistema de amostragem adequado para se caracterizar a

z O principal obstáculo para o setor são os baixos preços de minério, que podem levar a mais ações de rating negativas em 2015 caso permaneçam nos níveis atuais.. z As

O uso de concentrado de proteína de soja (CPS) nos sucedâneos, previne os problemas digestivos causados pelo farelo de soja, porém continua apresentando taxas

MARCELÃO TOMOU UM CAFÉ E PREPARAVA-SE PARA IR À PRAIA, QUANDO CECÉU SURGIU NA SALA, AINDA SONOLENTO.!. ENCAROU MARCELÃO,

Para isto, foi feito um estudo de refinamento de malha consistente, que permite quantificar a incerteza dos resultados por meio da técnica da extrapolação de Richardson, e foram

aula 6785 iOS Android Delphi curso II - implementando Quiz perguntas aleatorias Random aula 6786 iOS Android Delphi curso II - Ajustes no App Quiz perguntas aleatorias Random aula