• Nenhum resultado encontrado

Cuestionario de autoavaliación

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Cuestionario de autoavaliación"

Copied!
5
0
0

Texto

(1)

Cualificación profesional.

Código.

Nivel.

Cuestionario de autoavaliación

Executar solados con pezas ríxidas.

Unidade de competencia.

Nivel.

2

UC1943_2

Cualificacións profesionais e títulos de formación profesional asociados á unidade de competencia.

Código.

Título de formación profesional.

Código.

Nivel.

Obras de interior, decoración e rehabilitación

MEOC02

Grao medio

Construción

MEOC01

Grao medio

Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción

EOC590_2

2

Conteste a este cuestionario de xeito sincero. A información recollida nel ten carácter reservado, ao estar

protexida polo disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter

persoal.

O seu resultado servirá soamente de axuda, orientando en que medida posúe a competencia profesional da

unidade de competencia.

Non se preocupe, con independencia do resultado desta autoavaliación, vostede ten dereito a participar no

procedemento de avaliación, sempre que cumpra os requisitos da convocatoria.

A persoa candidata

O asesor ou a asesora

Sinatura: nome, apelidos e DNI

Sinatura: nome, apelidos e DNI

, de de 201

(2)

Cada actividade profesional principal (APP) componse de varias actividades profesionais secundarias (APS).

Lea atentamente cada APP e a continuación as súas APS. En cada APS marque cunha cruz o indicador de autoavaliación

que considere máis axustado ao seu grao de dominio das APS. Eses indicadores son os seguintes:

1. Non o sei facer.

2. Pódoo facer con axuda.

3. Pódoo facer sen precisar axuda.

4. Pódoo facer sen precisar axuda, e mesmo podería formar outro traballador ou traballadora.

Instrucións para cubrir o cuestionario.

Preparar os equipamentos de traballo, os EPI e os medios de protección

colectiva para a execución de solados con pezas ríxidas.

APP1

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS1.1 Obter información específica para preparar os equipamentos de traballo, os EPI e os medios

de protección colectiva cos que se executarán os solados con pezas ríxidas.

APS1.2 Escoller os equipamentos de traballo (ferramentas, cortadoras, utensilios e medios auxiliares) para cada actividade concreta e revisar o seu estado de conservación.

APS1.3 Escoller os EPI para cada actividade concreta e revisar o seu estado de conservación. APS1.4 Aplicar operacións de montaxe e mantemento dos medios de protección colectiva propios das

faenas de solados con pezas ríxidas, baixo a dirección e a supervisión de persoal superior ou responsable.

APS1.5 Aplicar operacións de mantemento de fin de xornada aos equipamentos de traballo e aos EPI utilizados, consonte as instrucións recibidas e as recomendacións de fábrica.

Preparar os materiais para a execución de solados con pezas ríxidas,

escolléndoos, dándolles forma e refugando os residuos.

APP2

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS2.1 Obter información específica dos materiais e dos produtos para preparar e colocar, tales

como compoñentes, dosificación ou procedementos de elaboración.

APS2.2 Transportar e abastecer as baldosas e pezas especiais de revestimento, así como adhesivos, illamentos, imprimacións, material de impermeabilización e restantes produtos, de acordo coas instrucións de fábrica, e revisar o seu estado de conservación.

APS2.3 Comprobar a calidade, a integridade e a uniformidade das baldosas, interpretando os códigos da súa etiquetaxe e contrastando que se corresponda co solicitado e coa funcionalidade requirida segundo a súa colocación e, en particular, a súa resistencia á escorregadura, e, en caso contrario, consultar a necesidade da súa devolución.

APS2.4 Elaborar paneis en seco para controlar as variacións de aspecto entre pezas do mesmo revestimento (tons de cor, texturas, motivos decorativos, etc.), detectando faltas de homoxeneidade, e valorar a necesidade de mestura das pezas antes da súa colocación ou de tomalas do panel en eco previamente compensado, ou de fixar as direccións de colocación en función da propia direccionalidade de texturas e decoracións das pezas.

APS2.5 Comprobar as características dimensionais das pezas de calidade menor, detectando desviacións (perpendicularidade, lonxitude, anchura, rectitude de arestas e achandamento) por riba das tolerancias, en particular para certo tipo de aparellos, e valorar a necesidade da súa substitución ou, no caso da pedra natural ou artificial, o seu tratamento en taller. APS2.6 Escoller o material de agarre consonte a composición e as condicións do soporte, o material

de revestimento e as condicións ambientais, comprobando a traballabilidade do que lle sirvan e o seu tempo de utilización, e confirmando que a súa dosificación sexa a adecuada (por resistencia, retracción, etc.).

APS2.7 Escoller o material de rexuntado consonte o material de revestimento, a abertura de xunta e as condicións ambientais, comprobando a traballabilidade do que lle sirvan e confirmando o seu tempo de utilización.

APS2.8 Evacuar os residuos dos produtos utilizados e os xerados durante a limpeza dos equipamentos, depositándoos nos contedores indicados para cada tipo.

Comprobar a preparación dos soportes para a execución de solados con

pezas ríxidas.

APP3

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS3.1 Comprobar que as condicións do soporte (madureza, estabilidade, limpeza, saneamento,

cohesión, regularización, etc.) permitan iniciar a posta en obra, detectar a necesidade de as corrixir e propor os tratamentos correspondentes.

APS3.2 Comprobar que se instalaran as capas de protección da membrana antes de acometer o solado de cubricións planas transitables, para evitar danala durante os traballos.

(3)

Comprobar a preparación dos soportes para a execución de solados con

pezas ríxidas.

APP3

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS3.3 Comprobar o achandamento, a horizontalidade e o nivel dos paramentos e outros elementos

soporte, verificando que se poida instalar o espesor total das capas do pavimento sen superar a cota final establecida, e detectando a necesidade de os corrixir mediante pastas ou morteiros autonivelantes ou recrecidos.

APS3.4 Comprobar a lonxitude e a anchura das estancias rectangulares, detectando paramentos con desviacións de paralelismo ou perpendicularidade entre si.

APS3.5 Comprobar que se executaran as preinstalacións e que a súa colocación sexa a correcta, detectando os casos en que falten ou se executaran fóra de sitio ou sobresaíndo en superficie.

APS3.6 Comprobar a colocación e os niveis de equipamento e de moblaxe fixa (nomeadamente pratos de ducha, bañeiras e cabinas de hidromasaxe ou saunas), e detectar a necesidade de reinstalalas.

APS3.7 Preparar as xuntas de movemento existentes (estruturais e de retracción das soleiras), limpándoas e enchéndoas, en caso necesario, cos materiais especificados.

APS3.8 Comprobar que as capas de illamento e as membranas impermeabilizantes que, de ser o caso, constitúan o soporte, se instalaran recubrindo completamente o soporte e con continuidade.

APS3.9 Comprobar a humidade do soporte en caso de que o seu grao de humidade permita a técnica prevista de solado.

APS3.10 Obter confirmación de que as condicións meteorolóxicas existentes e previstas durante o secado posterior permiten a posta en obra das distintas capas.

Facer a implantación de solados con pezas ríxidas, de acordo coas

dimensións e as condicións do soporte, establecendo o aparello, os

paramentos de arranque e a situación dos cortes e das xuntas

intermedias, seguindo as instrucións do/da superior ou do/da cliente.

APP4

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS4.1 Obter información específica para a implantación dos solados, realizando a medición do soporte, e, de ser o caso, elaborar un esbozo deste.

APS4.2 Determinar os criterios de implantación (direccións de colocación, aparellos, situación de cortes, etc.) consultando o persoal superior ou o/a cliente/a, ou establecéndoos de acordo cos principios xerais (óptimo aproveitamento do material e do rendemento de colocación, redución operacións de corte, evitación o uso de tiras estreitas ou pequenos triángulos en cartabón, uso simetrías e, no posible, situación os cortes onde vaian quedar ocultos). APS4.3 Elaborar esbozos de implantación usando unha escala axeitada e considerando as

irregularidades do soporte e a situación das xuntas estruturais ou da soleira, definindo arranques, cortes, trades e distribución de pezas, e a situación das xuntas intermedias. APS4.4 Facer a implantación de solados usando equipamentos manuais e instrumentos de

implantación, de acordo cos espazos dispoñibles e cos criterios de implantación establecidos ou, de ser o caso, co esbozo de implantación elaborado, tirando cordeis, marcando liñas ou realizando ringleiras de referencia.

Executar solados mediante as técnicas de "a punta de paleta" e "ao

tendido", con baldosas cerámicas e de pedra natural ou artificial, e

empregando como material de agarre morteiros de cemento ou mixtos

de cemento e cal.

APP5

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS5.1 Obter información específica para executar os solados a punta de paleta e ao tendido, relativa a implantación, materiais, procedementos, medidas de prevención, etc.

APS5.2 Estender a capa de desolidarización prevista, á base de árido solto ou consolidado en forma de morteiro pobre en cemento, etc.

APS5.3 Colocar miras ou pegóns que sirvan de referencia para o nivel final previsto do solado. APS5.4 Colocar as pezas do pavimento segundo a técnica ao tendido, sobre unha capa de nivelación

consonte a implantación e o nivel establecidos, e creando unha ponte de unión esparexendo con cemento, dispondo as pezas usando, en caso necesario, separadores e axustando a separación das xuntas.

APS5.5 Colocar as pezas do pavimento segundo a técnica a punta de paleta, de acordo coa implantación e o nivel establecidos, dispondo unha torta de morteiro sobre a superficie de colocación co material suficiente para que tras premer se cubra completamente o dorso da peza e alcance o nivel previsto, dispondo, en caso necesario, separadores e axustando a separación das xuntas.

(4)

Executar solados mediante as técnicas de "a punta de paleta" e "ao

tendido", con baldosas cerámicas e de pedra natural ou artificial, e

empregando como material de agarre morteiros de cemento ou mixtos

de cemento e cal.

APP5

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4

APS5.7 Colocar as pezas especiais (para marcos ou outros adornos) de acordo coa implantación e o nivel establecidos.

APS5.8 Comprobar, conforme avanza a colocación, a rectitude, o paralelismo e a escuadría das xuntas rectas, así como o achandamento e a nivelación do pavimento.

Executar solados en capa fina e media, empregando adhesivos para o

agarre das baldosas cerámicas e non cerámicas, e dos paneis de

mosaico premontado.

APP6

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS6.1 Obter información específica para executar os solados en capa fina e media, relativa a

implantación, materiais, procedementos, medidas de prevención, etc.

APS6.2 Aplicar, nos casos que resulte de aplicación (pezas de gran formato e colocación en capa fina, e soportes de baixa adherencia como os illamentos), unha capa de contacto reforzada con malla de fibra de vidro.

APS6.3 Dispor o adhesivo sobre o soporte, uniformemente co espesor previsto, empregando trollas dentadas e evitando aplicalos por puntos ou pegóns.

APS6.4 Dispor o adhesivo sobre o dorso das pezas nos casos en que resulte de aplicación a técnica do dobre colado, como pezas de gran formato ou solicitacións exixentes.

APS6.5 Colocar miras ou pegóns que sirvan de referencia para o nivel final previsto do solado. APS6.6 Colocar as pezas do pavimento de acordo coa implantación establecida, premendo e

refregando ata obter o esmagamento dos sucos do colado, dispondo, en caso necesario, separadores e axustando a separación das xuntas.

APS6.7 Resolver a colocación en torno a ocos, axustándose a liñas de referencia e evitando rodealos APS6.8 Colocar as pezas especiais (para marcos ou outros adornos) de acordo coa implantación e o

nivel establecidos.

APS6.9 Comprobar, conforme avanza a colocación, a rectitude, o paralelismo e a escuadría das xuntas rectas, así como o achandamento e a nivelación do pavimento.

Revestir escaleiras e colocar rodapés de diferentes materiais cerámicos

e non cerámicos empregando morteiros, pastas e adhesivos.

APP7

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS7.1 Obter información específica para revestir escaleiras e colocar rodapés, relativa a

implantación, materiais, procedementos, medidas de prevención, etc.

APS7.2 Colocar miras ou cordeis que sirvan de referencia para o nivel final previsto do revestimento para a colocación a punta de paleta.

APS7.3 Colocar as pezas das tabicas e pisas segundo a técnica a punta de paleta, de acordo coa implantación e o nivel establecidos, dispondo, en caso necesario, separadores e axustando a separación das xuntas, abordando a escaleira de arriba a abaixo, colocando as tabicas despois da mesa do chanzo inferior e, de ser o caso, da cantoneira.

APS7.4 Dispor o adhesivo sobre o soporte para a colocación en capa media e fina, uniformemente co espesor previsto, empregando trollas dentadas e evitando aplicalos por puntos ou pegóns. APS7.5 Colocar as pezas do revestimento das escaleiras en capa media e fina, de acordo coa

implantación establecida, dispondo, en caso necesario, separadores e axustando a separación das xuntas, abordando a escaleira de arriba a abaixo, colocando as tabicas despois da mesa do chanzo inferior e, de ser o caso, da cantoneira.

APS7.6 Colocar as pezas de rodapés de pavimentos e en escaleiras ou, de ser o caso, sobrezancas, por riba da xunta de movemento perimetral, sen contactar co material de recheo da xunta nin coas pezas do solado ou das pisas, alcanzando o nivel previsto, e, cando corresponda, facendo coincidir as súas xuntas coas das baldosas do solado.

APS7.7 Comprobar o achandamento e o achumbamento dos rodapés conforme avanza a colocación.

Executar tarefas de acabamento dos solados con pezas ríxidas e do

revestimento de escaleiras e rodapés, con anterioridade ou

posteriormente ao seu rexuntado, por si mesmo/a ou polo/a axudante.

APP8

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS8.1 Obter información específica das tarefas finais de acabamento e limpeza, relativa aos

produtos que se vaian usar, os procedementos, as medidas de prevención, etc. APS8.2 Regar os pavimentos executados pola técnica ao tendido, antes de botar a leitada,

controlando a cantidade de auga, sen producir encharcamento do leito de morteiro baixo as pezas de revestimento.

(5)

Executar tarefas de acabamento dos solados con pezas ríxidas e do

revestimento de escaleiras e rodapés, con anterioridade ou

posteriormente ao seu rexuntado, por si mesmo/a ou polo/a axudante.

APP8

Indicadores de autoavaliación

1 2 3 4 APS8.3 Limpar as xuntas entre pezas e a superficie das baldosas antes do endurecemento das

mesturas de agarre.

APS8.4 Selar cos produtos indicados as xuntas de movemento estruturais, as perimetrais e, de ser o caso, as propias do pavimento, asegurando a uniformidade de grosor do selante e a súa adherencia aos flancos das pezas.

Referências

Documentos relacionados

O primeiro passo para introduzir o MTT como procedimento para mudança do comportamento alimentar consiste no profissional psicoeducar o paciente a todo o processo,

nesta nossa modesta obra O sonho e os sonhos analisa- mos o sono e sua importância para o corpo e sobretudo para a alma que, nas horas de repouso da matéria, liberta-se parcialmente

A placa EXPRECIUM-II possui duas entradas de linhas telefônicas, uma entrada para uma bateria externa de 12 Volt DC e uma saída paralela para uma impressora escrava da placa, para

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

3.3 o Município tem caminhão da coleta seletiva, sendo orientado a providenciar a contratação direta da associação para o recolhimento dos resíduos recicláveis,

O valor da reputação dos pseudônimos é igual a 0,8 devido aos fal- sos positivos do mecanismo auxiliar, que acabam por fazer com que a reputação mesmo dos usuários que enviam

libras ou pedagogia com especialização e proficiência em libras 40h 3 Imediato 0821FLET03 FLET Curso de Letras - Língua e Literatura Portuguesa. Estudos literários

A tem á tica dos jornais mudou com o progresso social e é cada vez maior a variação de assuntos con- sumidos pelo homem, o que conduz também à especialização dos jor- nais,