• Nenhum resultado encontrado

4. A ATMOSFERA. 1º ESO: Tema 4

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "4. A ATMOSFERA. 1º ESO: Tema 4"

Copied!
45
0
0

Texto

(1)

1º ESO:

Tem

a 4

4. A ATMOSFERA

(2)

1º E SO : Te m a 4

Antes de comezar...

• Destas gráficas, cal corresponde á composición da atmosfera?

• Que estrutura presenta a atmosfera?

• En que capa ocorren os fenómenos meteorolóxicos?

• Que contaminantes emitimos á atmosfera?

• Que consecuencias teñen estes contaminantes?

(3)

1º E SO : Te m a 4

A Atmosfera: composición

COMPOSICIÓN: Principalmente nitróxeno e osíxeno.

Tamén contén dióxido de carbono, vapor de auga, ozono e outros gases en moi pequenas proporcións.

Contén partículas sólidas en suspensión: po e cinzas das combustións e en erupcións volcánicas, grans de pole e cristais de sal.

3

A atmosfera é unha capa gasosa que envolve a Terra. Permanece unida a ela debido á forza da gravidade. Os gases que a compoñen constitúen o aire.

(4)

1º E SO : Te m a 4

A Atmosfera: estrutura

N a a t m o s f e r a t e r r e s t r e

diferéncianse varias capas que están situadas a distinta altitude. Cada unha delas caracterízase por ter diferente temperatura e

concentración de gases.

4 1. TROPOSFERA: Capa máis próxima á

superficie. A altitude é maior no Ecuador (16km) e máis baixa nos Polos (10km). A temperatura diminúe coa altura. Nela prodúcense os fenómenos meteorolóxicos: nubes, vento...

(5)

1º E SO : Te m a 4

A Atmosfera: estrutura

5 2. ESTRATOSFERA: Vai dende a troposfera

ata os 50km sobre a superficie da Terra. Nela sitúase a capa de ozono, que filtra e absorbe as radiacións ultravioletas perigosas para a vida e regula a calor do planeta. Voan os avións supersónicos.

3. MESOSFERA: Capa intermedia que vai

dende a estratosfera ata os 80km. Só contén o 0,1% do aire da atmosfera e a temperatura baixa ata os

(6)

1º E SO : Te m a 4

A Atmosfera: estrutura

6 4. TERMOSFERA OU IONOSFERA: Vai dende a

parte final da mesosfera ata os 500km. As

partículas están ionizadas (ións) debido á

radiación solar. Nela ocorren as auroras. As ondas emitidas polos transmisores reflicten cara a superficie (comunicación por radio).

5. EXOSFERA: Capa máis externa da

atmosfera. Vai dende os 500km ata os 2000-10000km. Apenas contén gases. Os

satélites meteorolóxicos orbitan arredor da

Terra nesta capa.

(7)

1º E SO : Te m a 4

Actividades

Actividade 1. Fíxate na seguinte

imaxe. Describe como varía a temperatura nas diferentes capas da atmosfera. É correcto dicir que a temperatura diminúe a medida que aumenta a altitude? Por que?

Actividade 2. Ata que altura

chegan as emisións de radio? A que capa corresponde?

(8)

1º E SO : Te m a 4

Actividades

Actividade 1. Páxina 91. Analiza criticamente.

8 A fazaña estratosférica de Baumgartner

O paracaidista austríaco saltou desde 39000 metros de altura e convértese no primeiro home en romper a barreira do son sen propulsión. O austríaco Felix Baumgartner bateu o domingo a marca de salto desde máis altura xamais realizado, o da maior altura lograda cun globo tripulado e o da maior velocidade en caída libre. Nunha xesta estratosférica, seguida por millóns de persoas en televisión e na Internet, Baumgartner rebentou unha marca vixente desde 1960. Ademais, alcanzou unha velocidade de 1341,9 quilómetros por hora, segundo a organización (1,24 veces a velocidade do son). Iso converteríao no primeiro home en superar, sen propulsión, a velocidade do son a esa altura. Custoulle máis de 2 horas e media ascender á estratosfera. Fíxoo nunha cápsula presurizada colgada dun globo estratosférico [...]. Logo abriu o zapón da cápsula e saltou ao baleiro. Tardou nove minutos en volver á superficie terrestre- o último tramo, con paracaídas despregado.

(9)

1º E SO : Te m a 4

• Vídeo co salto de Baumgartner: https:// www.youtube.com/watch?v=FHtvDA0W34I

• ¿Por qué a cápsula na que ascendeu debía estar presurizada?

• Cres que este tipo de iniciativas achegan datos científicos ou constitúen un mero espectáculo? Fai unha

(10)

1º E SO : Te m a 4

Os fenómenos atmosféricos

A. As nubes e as precipitacións

As nubes fórmanse cando se condensa o vapor de auga da atmosfera.

• É necesario que existan partículas sólidas (po, cinzas,

m i c r o o r g a n i s m o s ) , d e n o m i n a d a s n ú c l e o s d e condensación, sobre as que se condense o vapor de auga.

• Cando o peso das gotas é tal que o aire non é capaz de elevalas, caen por gravidade e prodúcense precipitacións que poden ser de chuvia, neve ou sarabia.

(11)

1º E SO : Te m a 4

En mares cálidos coma o Caribe e o golfo de México,

orixínanse tormentas tropicais e furacáns cando se

condensa gran cantidade de vapor de auga do mar.

• Estes fenómenos provocan un número elevado de vítimas

a causa dos fortes ventos e das chuvias torrenciais.

11

(12)

1º E SO : Te m a 4 12

Vídeo huracán Irma no Caribe:

https://www.youtube.com/ watch?v=gBA76TEU9EA

(13)

1º E SO : Te m a 4 13 • https://www.nytimes.com/es/2017/08/30/por-que-el-huracan-harvey-ha-sido-tan-devastador/

(14)

1º E SO : Te m a 4 B. Os satélites meteorolóxicos

Os satélites meteorolóxicos orbitan constantemente a Terra e envían ininterrompidamente imaxes de toda a superficie terrestre.

• Os datos das condicións da atmosfera de áreas moi extensas, permiten confeccionar mapas meteorolóxicos e predicir o tempo atmosférico.

(15)

1º E SO : Te m a 4

A gota fría provoca inundacións

• A gota fría é un fenómeno meteorolóxico que ten lugar

nas zonas costeiras do Mediterráneo.

Nos meses de setembro e outubro, ao estar a auga do

mar máis quente, é frecuente que se produzan chuvias e tormentas intensas, aínda que de pouca duración e

moi rápidas e que afectan a unha zona pouco extensa.

15

Así evoluciona a gota fría:

(16)

16

A gota fría provoca inundacións

• Producen graves inundacións e grandes desastres.

(17)

1º E SO : Te m a 4

Actividades

17

Analizamos unha imaxe: Nesta fotografía de AEMET móstrase a temperatura do mar nos a finais de agosto

deste ano.

• En que rexión española a

auga está máis quente? Que temperatura ten?

• Que ocorrerá en outono

c o n e s t a a u g a a o evaporarse e subir a atmosfera?

• Que fenómeno provocará?

(18)

1º E SO : Te m a 4

A importancia da atmosfera

A atmosfera e os seres vivos. Recordamos!!

A atmosfera permite que exista vida na superficie terrestre porque… Usa as seguintes palabras clave:

• FILTRO

• RESPIRACIÓN E FOTOSÍNTESE

18

• TEMPERATURA DÍA-NOITE

(19)

1º E SO : Te m a 4

A importancia da atmosfera

A atmosfera e os seres vivos. Recordamos!!

A atmosfera permite que exista vida na superficie terrestre porque…

É unha capa que filtra os raios solares prexudiciais para os seres vivos: os raios X, gamma e ultravioleta.

Contén gases que son necesarios para a vida, coma o osíxeno para respirar e o dióxido de carbono para a fotosíntese.

19

• Retén a calor durante a

n o i t e : r e g u l a a

temperatura.

Nela ocorren os fenómenos

m e t e o r o l ó x i c o s :

c o n d e n s a c i ó n e

precipitación da auga, vento: motor do ciclo da

(20)

1º E SO : Te m a 4

As repercusións negativas da actividade humana

A actividade humana está a producir cambios na

atmosfera prexudiciais para todos os seres vivos. Un

exemplo é a destrución da capa do ozono.

A capa de ozono O3 (3 átomos de osíxeno) está situada na

estratosfera e intercepta o 90 % da radiación ultravioleta solar e desta forma protexe a biosfera.

(21)

1º E SO : Te m a 4

Os compostos químicos con cloro, coñecidos como CFC, utilizados durante moitos anos en refrixeradores,

conxeladores, sistemas de aire acondicionado, sprays...

destrúen o ozono: reducen a capa de ozono →

burato

da capa de ozono:

máis preocupante na Antártida:

21

• Ao destruírse a capa de

o z o n o , a s r a d i a c i ó n s

nocivas chegan á Terra e danan aos seres vivos:

cancro de pel, dano en colleitas, plancto mariño...

(22)

1º E SO : Te m a 4

Evolución do burato da capa de Ozono

En 1987 asinouse un acordo internacional, o Protocolo

de Montreal, co fin de reducir as emisións de CFC; en

2010 prohibíronse totalmente.

(23)

1º E SO : Te m a 4 23

Destrucción capa ozono https://

www.youtube.com/watch?v=MI39l5X610E

(24)

24

http://www.lavanguardia.com/natural/20170628/423742743459/ destruccion-capa-ozono-diclorometano.html

(25)

1º E SO : Te m a 4

Actividades

Analizamos unhas gráficas sobre o burato de ozono.

a) Que ocorre cos niveis de CFCs na atmosfera? Cando

comezan a diminuír? Por que? Que ocorrerá cos niveis de Ozono?

b) Que ocorre coa superficie do burato do ozono entre 1980

e 1990? Por que ocorreu iso? Que ocorreu co burato nos últimos anos? Por que? Que pensas que ocorrerá no 2030?

25

GRÁFICA A

(26)

1º E SO : Te m a 4

A Contaminación Atmosférica

Que é a contaminación atmosférica?

Prodúcese contaminación atmosférica no aire cando se

emite á atmosfera algún tipo de materia ou formas de

enerxía que impliquen risco, dano ou molestia grave para os seres vivos, ou teñan consecuencias ambientais.

26 Tipos de contaminantes Naturais: emitidos p o r p r o c e s o s naturais Incendios forestais, erupcións volcánicas tormentas eléctricas Artificiais: emitidos polo ser humano

U s o d e c o m b u s t i b l e s fósiles (petróleo, carbón, gas natural), industria ( m i n e r í a ) , c u l t i v o s (arrozais: metano) Principais contaminantes Partículas en suspensión: fumes, cinzas, grans de polen, microorganismos G a s e s: d i ó x i d o d e c a r b o n o , ó x i d o s d e nitróxeno, óxidos de x o f r e , c o m p o s t o s haloxenados (CFCs) INCENDIO?

(27)

1º E SO : Te m a 4

Como nos afecta a contaminación

atmosférica?

As partículas en suspensión no aire, coma o pole, producen problemas respiratorios e

alérxicos.

Os gases, como os compostos de nitróxeno e

de xofre poden causarnos irritacións nos ollos.

Os contaminantes da atmosfera caen ao solo e á auga dos ríos e lagos e alteran a súa

composición, orixinando a morte de

numerosas especies vexetais e animais.

Tamén alteran os materiais cos que están construídos os edificios producindo o

(28)

1º E SO : Te m a 4

Unha das consecuencias: a chuvia ácida

28 * Os gases emitidos interaccionan co vapor de auga da atmosfera e coa

radiación solar, producindo uns compostos novos ácidos que se disolven na auga de chuvia.

(29)

1º E SO : Te m a 4 29

A chuvia ácida é unha contaminación transfronteiriza:

o lugar onde se produce a emisión é diferente ao lugar onde ocorre a chuvia ácida.

Vento:

transporte de contaminantes

(30)

1º E SO : Te m a 4

EFECTOS DA CHUVIA ÁCIDA

A chuvia ácida ao caer sobre a terra orixina:

A caída das follas e a diminución da fotosíntese.

Acidifica os solos e a auga de ríos e lagos e provoca a morte dos organismos vivos.

A corrosión de materiais: mal de pedra

(31)

1º E SO : Te m a 4

Actividades

• Noruega é un exemplo de país verde: ten moi

poucas industrias contaminantes e aposta polas e n e r x í a s v e r d e s r e n o v a b l e s e n o n contaminantes.

• Porén en moitos lagos e ríos do país, moitas

especies de peixes, incluíndo o salmón do Atlántico e troita marrón, desapareceron. Estas especies son moi sensibles á acidez da auga.

• A medición do pH (medida da acidez) da auga

dos lagos móstrase no mapa:

31

(32)

1º E SO : Te m a 4

Pregunta: Tendo en conta os datos do problema e o

aprendido nesta clase sobre a contaminación atmosférica, formula unha hipótese sobre a causa da morte dos salmóns no río Tovdal en Noruega.

Información adicional: mapa de Europa

(33)

1º E SO : Te m a 4 Mapa de centrais t é r m i c a s e n Alemaña (2014). C a r b ó n n e g r o ( a n t r a c i t a ) e lignito. 33

(34)

1º E SO : Te m a 4

Actividades

• E x p l i c a q u e l l e ocorreu á fachada desta catedral? Como se denomina este efecto? Indica algunha medida para evitar este problema.

(35)

1º E SO : Te m a 4

O Efecto invernadoiro

• O efecto invernadoiro é un fenómeno natural debido á existencia de

gases de efecto invernadoiro.

Unha parte da radiación solar que nos chega non atravesa a

atmosfera, é reflectida e volve ao espazo.

• Outra parte de radiación chega ao solo e quéntao.

• O solo emite calor: os gases de efecto invernadoiro impiden que

parte da calor que emite o solo se perda durante a noite: volve á superficie da Terra e así as diferenzas de temperatura diúrna e

nocturna non son moi acusadas.

• Outra parte da calor emitida polo sola sae ao espazo exterior.

(36)

1º E SO : Te m a 4

Os gases do efecto invernadoiro

Os principais gases de efecto invernadoiro son:

Dióxido de carbono: o seu aumento está relacionado coa

queima de combustibles fósiles (industria, automóbiles, calefacción...) ou a deforestación.

Metano: a súa concentración elevouse debido ao incremento

de gando vacún ou ao aumento do cultivo de arroz.

Óxido nitroso: aumentou polo uso de fertilizantes, a queima

de combustibles fósiles.

(37)

1º E SO : Te m a 3

Efecto invernadoiro


vs.


Aumento do Efecto invernadoiro

• O efecto invernadoiro é moi

importante para a vida na Terra. Se

non existise, a temperatura media do noso planeta sería de –18 °C, cando, na actualidade, é de 15 °C.

• Nos últimos anos estase a producir un aumento da emisión de gases de efecto invernadoiro.

(38)

1º E SO : Te m a 3

Efecto invernadoiro


vs.


Aumento do Efecto invernadoiro

38

Ao aumentar os gases de efecto invernadoiro, aumenta a calor que queda

retida na Terra (sae menos ao espazo exterior).

Como consecuencia diso, prodúcese un quecemento global da superficie do planeta que está a orixinar o cambio climático.

(39)

1º E SO : Te m a 3

Efectos do quecemento global

• Retroceso do xeo dos glaciares.

• Aumento do nivel do mar.

• Perda de biodiversidade: animais e plantas.

• Aumento da sequía e da superficie dos desertos.

39

(40)

1º E SO : Te m a 3

Medidas a adoptar para loitar contra o cambio climático

O Protocolo de Kyoto: En 1997 asinouse

en Kyoto un acordo internacional no que m o i t o s g o b e r n o s d o s p a í s e s industrializados se comprometeron a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

40 Se forades políticos/as,

q u e o b x e c t i v o s

marcariades en Kioto para r e d u c i r o c a m b i o climático?

(41)

1º E SO : Te m a 3

Medidas a adoptar

Algunhas medidas adoptadas son:

• Fomentar as enerxías renovables non contaminantes.

• Reducir o uso de combustibles fósiles.

• Desenvolver tecnoloxías de baixa emisión de gases de efecto invernadoiro.

• Potenciar o uso do transporte público, e dos vehículos híbridos e eléctricos.

• Frear a deforestación fomentando a repoboación forestal.

(42)

1º E SO : Te m a 3 42

(43)

1º E SO : Te m a 3

Actividades

Analizamos un mapa. Como variou a temperatura nos

últimos anos con respecto ao século pasado? En onde aumentou máis? Que consecuencias ten isto?

(44)

1º E SO : Te m a 3

Actividades

Analizamos unha gráfica. Describe como variou o nivel

de dióxido de carbono no século XIX.

• De que actividades procede o dióxido de carbono

emitido á atmosfera?

• Indica as medidas adoptadas para diminuír as emisións

destes gases de efecto invernadoiro e así frear o

(45)

45

Ciencia e Sociedade

• Vimos neste tema as características da atmosfera e a súa importancia para a vida, algúns fenómenos meteorolóxicos, problemas ambientais debido á contaminación: choiva ácida, burato na capa de ozono, cambio climático… así como medidas para evitalos. Busca na rede algunha noticia actual relacionada con esta unidade (CD) e fai un comentario sobre a mesma e as implicacións para a sociedade (CSC).

• 1. Indica o título da noticia, a data e o xornal onde a atopaches. • 2. Fai un resumo da noticia.

• 3. Fai unha valoración: comentario cos beneficios e contras, implicacións que ten para a sociedade, explica porque a elixiches…

Referências

Documentos relacionados

responsabilizam por todo e qualquer dano ou conseqüência causada pelo uso ou manuseio do produto que não esteja de acordo com as informações desta ficha e as instruções de

Entre 2022 e 2025 o impacto desfavorável do saldo primário inverte-se, contribuindo para o decréscimo do rácio (em -0,6 p.p. em média) continua a refletir a referida

O presente artigo apresentará a fase informacional do projeto de melhoramento da cobertura para tanques graneleiro de colheitadeira, onde foram realizadas seis etapas da

Em relação à quantidade dos termos pares ao se descrever o deslocamento transversal, não apresentou influência, apenas um termo par já é suficiente para descrever de

Do monólogo interior nesse movimento narrativo, portanto, conclui-se que o estudo do discurso religioso na literatura de William Faulkner pode nos dizer muito não

Como garantia da execução total e fiel das obrigações previstas no contrato, a CONTRATADA apresentará, no ato da assinatura deste ajuste, uma das modalidades de

NO(A)EC - Concentração máxima que não éobservado ne- nhum efeito (adverso); NO(A)EL - Nivel máximo que não é observado nenhum efeito (adverso); NOELR - Taxa de

Mestrado Europeu de Estudos e Desenvolvimento em Ciências Sociais e Educacionais - área de especialização de Perspetivas Europeias sobre a Inclusão Social (Faculdade de Psicologia