4º ESO - FILOSOFÍA
Tema 1a
A orixe vital da filosofía
1
Introducción
Contenidos
1. O pensamento como punto de partida 2. O pensamento, os problemas e os saberes 3. Como pensa a filosofía?
4. O pensamento antes da filosofía 5. Utilidade da filosofía
Escola de filosofía
1. Ler, reconstruír interpretar
2. Intelixencia emocional e amizade
1. Introdución
Unha
vida
intelixente
e
nobre
Todos estamos chamados a unha vida intelixente e nobre. Non somos tan miserables, tan egoístas, tan sometidos ás modas, tan adictos ao consumo, como moita xente se empeña en afirmar. Non somos simples consumidores. Somos creadores. Necesitamos pasalo ben, sen dúbida, pero tamén necesitamos sentimos dignos, libres capaces de facer cousas valiosas. Esta materia é unha invitación a esa vida verdadeiramente humana. A filosofía consiste, precisamente, en vivir intelixentemente. E isto esixe unha explicación.
A intelixencia é o noso gran recurso. Permítenos enfrontarnos cos problemas, inventar cousas novas, tomar decisións adecuadas e poñelas en práctica con resolución. Por iso é importante saber utilizaI a ben. O noso modo de vivir -afectiva, laboral e politicamente- vai depender de como usemos a nosa intelixencia. Hai intelixencias triunfantes e intelixencias fracasadas.
O importante é aprender a utilizala ben. Coa intelixencia ocorre o mesmo que ocorre no xogo das cartas. A cada un de nós -na vida e no xogo- repártensenos unhas cartas que non podemos elixir: cartas xenéticas, sociais, económicas, nun caso; naipes no outro. En ambos os casos suceden cousas parecidas: hai cartas boas e malas, e é mellor ter cartas boas ca malas, pero non triunfa quen ten as mellores cartas, senón quen sabe xogar mellor coas que ten. De ensinar a usar da mellor maneira posible a propia intelixencia ocúpase a educación enteira, pero, de forma especial, a filosofía. Por iso debería considerarse a filosofía como un servizo público. Necesitámola todos.
A nosa intelixencia non se parece á dos animais. Eles fan as mesmas cousas durante miles de anos. Os humanos, en cambio, inventamos sen parar; por iso a nosa intelixencia é unha intelixencia creadora. O filósofo é un explorador incansable, que non se limita a mirar, senón que reflexiona sobre o que ve, e que fai moitas preguntas a si mesmo. Pensa sobre todo iso, e aspira a vivir de acordo co que pensa.
Por iso estudamos filosofía na adolescencia, cando cada un de nós ten ou tivo que facerse cargo da súa propia vida. Durante a infancia, asimilamos crenzas, valores, prexuízos, verdades que agora temos que avaliar para incorporalas definitivamente á nosa vida ou para rexeitalas. Esa é a misión da filosofía: comprender, avaliar, actuar racionalmente. Só cando algo é pensado en primeira persoa, criticamente, sen limitarse a repetir o que nos dixeron, pasa a ser definitivamente noso.
Ter ideas claras, dirixir ben a nosa vida, comprender o mundo non é fácil. Para conseguilo, necesitamos aprender moitas cousas e, sobre todo, necesitamos aprender a pensar.
O adolescente debe facer unha filosofía de adolescente, porque é o seu propio mundo o que ten que aclarar. Todos estamos na mesma realidade, pero cada un vive no seu propio mundo. E é ese mundo o que debemos aclarar co pensamento. Haberá sen dúbida algún que non queira pensar, pero con isto o que está facendo é negarse a ver as cousas con claridade, a vivir reflexivamente. Non llo aconsellamos.
A filosofía é un pensamento rigoroso que ten como meta coñecer a verdade e dirixir ben a conduta. Para conseguilo, convén aprender a pensar ben, saber o que outros pensaron acerca da vida e do seu mundo, manexar con soltura as palabras e os conceptos, pescudar como podemos saber se unha cousa é verdadeira ou falsa. Temos que saber se o noso mundo, o que cada un pensa e sente, é verdadeiro, se podo xustificalo ante outros ou ante min mesmo. Isto obríganos a someter a proba as nosas opinións, para ver se soportan a crítica. Polo contrario, podo acabar construíndo a miña vida sobre un cimento cuxa seguridade descoñezo, e iso é un perigo.
2. Contidos
1. O pensamento como punto de partida
Que é pensar
Unha das cousas que a nosa intelixencia fai constantemente é pensar. Por iso utilizamos tanto esa palabra. Dicimos "Só penso en ti"; "Tes que pensar antes de actuar"; "Estiven pensando no que me dixeches" Case sempre pensamos con palabras, coma se estivésemos falándonos a nós mesmos. Pero tamén podemos pensar sen elas, pasando dunha imaxe a outra como cando facemos un exercicio físico.
Pensamos en cousas moi diversas, pero o filósofo, no canto de pasar sobre ese feito sen darlle importancia, fíxase nel e comeza a facerse preguntas. Que é pensar? Para que pensamos? Por que hai persoas que pensan mellor ca outras? Que podo facer para pensar mellor? Comecemos pola primeira pregunta Que significa a palabra "pensar"? Pensar é operar mentalmente con informacións para conseguir unha meta, de acordo con regras, métodos e criterios adecuados.
Elementos
necesarios
para
o
pensamento
Para pensar, polo tanto, son necesarios catro elementos:
• Información: son os datos ou coñecementos que debemos manexar e que han de estar conservados na memoria, ou nalgún instrumento auxiliar da memoria, como son os libros, as notas ou os ordenadores Por exemplo, para pensar sobre fútbol hai que saber como se xoga, os regulamentos, lembrar as xogadas de bos futbolistas etc. Para pensar sobre matemáticas, haberá que coñecer unha serie de nocións que é un número, unha integral. un polinomio etc. Un avión non pode voar sen combustible, e unha Intelixencia non pode voar sen información, que é o seu peculiar combustible Non hai que aprender por aprender. Hai que aprender para pensar. E hai que pensar para actuar.
• Operacións: son as actividades mentais que realizamos coa información comparar, relacionar, descompoñer, compoñer, multiplicar, sacar integrais, buscar parecidos, deducir, imaxinar etc.
• Regras, métodos e criterios:
-
Regra é a norma ou pauta que debe levarse a cabo para realizar un razoamento correcto. Cada tipo de pensamento ten as súas regras para facelo ben. As regras para escribir poesía son distintas ás regras para facer ciencia. Se digo "dentes de perlas e labios de rubí" estou establecendo un enlace metafórico, válido en poesía, pero prohibido en ciencia.-
Método é o procedemento ou conxunto de regras para alcanzar un coñecemento ou realizar un proxecto.caprichosamente. Non se utiliza o mesmo criterio para escribir unha carta de amor que para escribir un traballo de Ciencias Sociais. Cando confundimos os criterios provocamos erros ou inxustizas.
• Meta: é o obxectivo que se quere alcanzar. Necesitamos saber o que queremos conseguir. As operacións que facemos coas palabras, por exemplo, non serán as mesmas se o noso propósito é contar un chiste ou explicar unha demostración.
Pensar
e
discorrer
Pensar non é un luxo, senón unha necesidade. Queiramos ou non, estamos sempre captando información, relacionándoa, dunha maneira automática. En ocasións, facémolo mecanicamente se imos andando por un monte, eliximos o camiño, calculamos a distancia antes de dar un salto, evitamos unha rama. Noutras situacións, pensamos voluntariamente nalgún asunto. O pensamento é a ferramenta que temos para resolver o problema de alcanzar unha meta.
Nacemos coa capacidade de pensar, pero podemos desenvolvela máis ou menos. A intelixencia humana é perfectible, pode mellorar, ampliarse ou, pola contra, debilitarse. Sobre todo, pode usarse ben ou mal. Hai moitas formas de pensar, pero a máis poderosa, a que nos caracteriza como especie, utiliza a linguaxe. Pensamos con palabras, discorrendo, elaborando discursos.
Un discurso é todo o que resulta da actividade de discorrer, de expoñer con palabras o que pensamos. Non podemos saber o que pensamos sobre unha cousa ata que non o digamos, a nós mesmos ou a outra persoa. As palabras permítennos decatamos do que cremos ou do que sentimos (doc 1).
Pensar non é estar dándolle voltas a unha cousa, como cando estamos preocupados ou atemorizados. Nin repetir de memoria o que aprendemos. É unha actividade produtiva, creadora, que nos permite conseguir uns obxectivos. Como veremos, hai pensamentos prácticos (que se dirixen a facer cousas) e pensamentos teóricos (que se propoñen coñecer as cousas). Para ampliar a nosa capacidade de pensar, debemos exercitamos nalgunhas operacións:
• Expresar. No uso da intelixencia podemos distinguir dous momentos. En primeiro lugar, o momento receptivo da intelixencia, presente en todas as actividades en que se recibe información, como ver, escoitar, ler, sentir. Aprender, por exemplo, é unha actividade receptiva. Pero hai un segundo momento activo, produtivo, creador, expresivo, que é o máis importante. Non aprendemos só polo gusto de aprender, senón para vivir, para actuar, para comunicamos
• Describir. Ás veces o pensamento pretende contar como son as cousas ou os sucesos. Hai artes descritivas -como a novela- e ciencias descritivas -como algunha rama da zooloxía ou da xeografía-, e un modo de ñlosotar moi interesante -a fenomenoloxía- que tamén quere describir, filosoficamente, a realidade. A descrición debe ser obxectiva, exacta e completa. Se quero describirlle a un médico o que me pasa debo cumprir estes tres requisitos; de non ser así. non poderá diagnosticar a enfermidade.
• Explicar. Significa sacar fóra, expoñer, poñer á luz o que está oculto, aclarar. Cando queremos explicar algo necesitamos indicar as causas, as razóns ou, se se trata dun comportamento, os fins que se pretendían alcanzar Explicar é necesario para comprender. Cando alguén di "Non me explico como puiden facelo", o que quere dicir é que non pode indicamos nin a causa nin o fin do que fixo. Explicar o que sucede é unha das funcións do pensamento.
• Xustificar. O que se di, o que se describe, o que se explica necesita ser xustificado, é dicir, deben darse as razóns polas que se di iso e non outra cousa É o que pretende facer a "razón"
Pensar racionalmente significa poder dar xustificacións, probas, argumentos do que se está dicindo, que poidan ser comprendidos, comprobados e aceptados por outras persoas.
2. O pensamento, os problemas e os saberes
Os
problemas
e
as
preguntas
A vida, coas súas necesidades e aspiracións, preséntanos continuamente problemas que resolver. Hai problemas infantís, problemas adolescentes, problemas de adultos e problemas de anciáns. Ninguén se libra deles. Isto é un feito. O que caracteriza a filosofía é que non se limita a recoñecelos, senón que fai preguntas sobre eles. Que é un problema? Cantos tipos de problemas hai? Como podo solucionalos? Como sei que os resolvín ben?. Problema significa etimoloxicamente “o que caeu en medio do noso camiño e nos Impide avanzar”. É un obstáculo que se opón aos nosos intereses ou proxectos En cada problema hai un coñecemento e unha ignorancia: sabemos onde queremos chegar, pero non sabemos como facelo.
Doc. 1
O pensamento
O pensamento non é simplemente expresado polas palabras: cobra existencia grazas a elas. (Lev Vigotstky)
Poderiamos dicir que o pensamento é, en esencia, a actividade de operar con signos (Ludwig Wittgenstein)
Preguntar é unha das características máis propias da intelixencia humana Con frecuencia, formulamos os problemas en forma de preguntas.
Os animais tamén teñen problemas -fuxir, salvarse, cazar-. pero resólvenos mediante a acción, aproveitando os mecanismos instintivos cos que nacen En cambio, os humanos facémonos preguntas que formulan e concretan o problema, facilitando así a súa resolución mediante o pensamento
Unha pregunta é:
-
Un modo de pedir información aos demais.-
Un modo de orientar a nosa busca de información. Por iso facemos preguntas sobre a realidade Por que se forman as nubes? Quen fixo o mundo? Que lle pasa á miña moto, que non arranca? Tamén nos facemos preguntas a nós mesmos, e deste xeito buscamos información na nosa memoria, ou intentamos conseguila mediante o pensamento Que fixen onte? Que podo facer para que ese mozo se fixe en min?As preguntas son esenciais para que a intelixencia e o coñecemento progresen. Por iso, todos os nenos espontaneamente fan moitas preguntas. E tamén as fan os grandes sábios que, ademais, se esforzan en contestalas. Podemos definir o ser humano como o ser que se fai continuamente preguntas.
O
pensamento
nos
distintos
saberes
Respondemos as preguntas mediante o pensamento. Pensar permítenos coñecer. E coñecer permítenos actuar intelixentemente. Todas as materias que estudamos pretenden ensinamos a pensar nun campo determinado. As matemáticas a pensar sobre números, relacións, operacións A lingua e literatura a pensar sobre a linguaxe e coa linguaxe A ética a pensar sobre o mellor modo de comportamos
Non se trata de que só aprendamos datos e contidos, senón a pensar sobre eses datos. Así todo resulta máis interesante .
O IMPORTANTE É O RESULTADO?
O que vemos representado nun mapa é o resultado das viaxes dos exploradores. Ao velo colgado na parede, esquecémonos das aventuras, riscos, triunfos, fracasos, emocións que experimentaron todos os que fixeron eses descubrimentos.
Se alguén nos dixese que o máis importante do fútbol é o resultado, e que coñecendo o resultado sabemos o necesario, pensariamos que se equivoca, que o principal é o xogo, e o máis divertido é xogar.
Polo tanto, o importante non é memorizar o contido dunha materia, senón investigar, pensar, discorrer, demostrar teoremas. No caso da filosofía, é especialmente claro. Filosofar é unha actividade, unha actitude, a enerxía da intelixencia reflexiva despregándose
A filosofía reflexiona sobre todo o que a intelixencia humana fai, sobre todo o que coñece, sobre o que sentimos, sobre o que facemos. Cada materia ensina o seu contido, pero a filosofía estuda que é a ciencia, como pensan os matemáticos, como saben os científicos que unha teoría é verdadeira, por que debemos estudai as. A filosofía é un coñecemento de segundo nivel. É como se nos subísemos a unha torre para ver mellor toda a paisaxe Por iso, desde a filosofía podemos preguntamos por todas as demais materias .
Diferenzas
no
pensamento
Todas as materias son modos de pensar, e, polo tanto, teñen os catro compoñentes do pensamento que sinalamos. Diferéncianse en que manexan distintas informacións, fan diferentes preguntas e teñen distintos criterios para saber se conseguiron resolvelas.
• Información. Cada materia manexa un tipo de información. A historia, os datos do pasado A ética, os valores e o comportamento humano. O inglés, a lingua inglesa. • Metas. Cada saber, ten uns obxectivos, pretende responder preguntas concretas. A
historia quere pescudar o que sucedeu no pasado. A física quere descubrir as leis da natureza. A linguaxe interésase polas funcións comunicativas, as estruturas gramaticais e sintácticas, o modo de expresarse con rigor e beleza.
• Regras. métodos, criterios. Cambian tamén segundo as materias. Cada unha ten o seu criterio.Para a arte é a beleza, a ética ten como criterio a bondade, as ciencias teñen como criterio a verdade, a técnica ten como criterio a utilidade. En todas elas, o pensamento que queira argumentar ben debe seguir as regras da lóxica, que é a ciencia do pensar correctamente.
• Operacións mentais. Mentres que a información, as metas, os métodos que utilizamos ao pensar cambian dunhas materias a outras, as operacións que realizamos ao pensar son comúns, aínda que ás veces non o parezan. Precisamente por selo podemos utilizar a mesma intelixencia para pensar en cousas tan distintas. Ocorre o mesmo na vida práctica. É importante coñecer estas semellanzas para que non nos asusten as diferenzas.
3. Como se pensa en filosofía?
Que é a filosofía
Quen non ten unha actitude filosófica desenvolve pouco a súa intelixencia e a súa liberdade. Poriso, Sócrates, un dosprimeiros filósofos gregos, dicía "Unha vida sen filosofía non é unha vida humana”.
Elementos
do
pensamento
filosófico
Como en todas as formas de pensamento, na filosofía pódense analizar os catro elementos:
• Información. A filosofía interésase pola propia intelixencia, polas súas capacidades e límites, pola realidade enteira. Non ten un campo determinado, como o resto das materias. Necesita coñecelas para poder seguir adiante.
• Metas. As dúas grandes metas da filosofía son o coñecemento e a felicidade. A verdade e o ben. Na súa marcha para conseguir eses obxectivos tan ambiciosos, foi descubrindo campos que se independizaron da filosofía, porque definiron as súas propias metas.
A física e as ciencias naturais ocúpanse do campo do coñecemento da natureza. A historia, dos sucesos humanos ocorridos no pasado A medicina, do benestar físico. A psicoloxía, do benestar mental.
Pero con estas materias non se esgota o desexo de coñecer e de alcanzar a felicidade que ten a intelixencia humana. A filosofía quere ir máis alá, é un saber explorador, de fronteira, que se enfronta cos problemas que as demais materias non saben responder A filosofía fai sempre unha pregunta máis, desde o seu nivel.
A psicoloxía e a medicina investigan como funcionan a mente e o corpo humanos, pero a filosofía pregúntase: os dereitos fúndanse na psicoloxía, na fisioloxía ou nalgunha outra cosa? Todas as ciencias pretenden coñecer a verdade, pero a filosofía pregúntase e como podo distinguir o verdadeiro do falso?.
• Operacións mentais. A filosofía utiliza as mesmas operacións mentais ca o resto das ciencias. É un pensar racional, que busca coñecer a realidade, xustificar os coñecementos, xustificar a acción.
• Regras, métodos e criterios. A filosofía ten como criterio a xustificación racional. Non lle Interesan as opinións persoais, as preferencias, os caprichos Quere fundamentar con datos e argumentos todo o que di. Aspira a conseguir un saber universalmente válido e valioso. Isto é o que caracteriza esencialmente á filosofía As súas regras e métodos adáptanse a esta necesidade de xustificación racional e universal.
A ETIMOLOXÍA
A etimoloxia da palabra filosofia dános información sobre a súa orixe e as súas metas.
A palabra "filosofia" está composta de dúas palabras gregas: filo, que significa 'amor', 'desexo', e sofía, que significa 'coñecemento', 'sabedoría'.
4. O pensamento antes da filosofía
Os humanos sempre e en todas as partes se fixeron preguntas filosóficas. Os nosos antepasados prehistóricos enterraban os cadáveres con certos rituais, o que nos fai pensar que tiñan algunhas crenzas acerca do alén. A maxia e o mito eran os modos que tiñan de resolver as grandes preguntas teóricas e prácticas
A filosofía aparece cando esas inquietudes sobre a realidade, as preguntas sobre a vida e a morte, se intentan responder mediante o pensamento racional, baseado en argumentos que pretenden ser válidos para calquera intelixencia. Aínda que non foi un cambio inmediato, supuxo, porén, unha especie de revolución cultural, é dicir, un cambio fundamental e rotundo na forma de pensar e explicar a realidade.
Entenderemos mellor o alcance do pensamento racional (filosófico), se o comparamos cos pensamentos ou explicacións anteriores á filosofía é dicir, co pensamento mitolóxico e coa maxia.
O
pensamento
mitolóxico
O mito pretendía explicar a realidade dun modo poético, sen pretender buscar as leis naturais, sen someter as súas ideas a un proceso de comprobación Nos mitos, os fenómenos naturais ocorren de forma arbitraria, debido en calquera caso á vontade dun ser superior; ou son interpretados comparándoos cos humanos. Os mitos son produtos da imaxinación e da tradición que van transmitíndose de xeración en xeración.
En cambio, o logos, é dicir, o pensamento racional-filosófico, considera que os fenómenos naturais ocorren porque teñen que suceder, é dicir, por necesidade, porque así o esixe a súa propia natureza, segundo unhas regras ou principios intemos que hai que intentar desentrañar. As explicacións propias do logos son produto do razoamento* e da investigación, e baséanse en argumentos* que intentan demostrar as súas afirmacións dunha forma lóxica e razoada, e que polo mesmo admiten discusión, ser contrastados etc. Hai mitos mOI fermosos, que iluminan aspectos profundos da realidade, como o fai a poesía, que nos fan comprender certas cousas, pero que deben ser prolongados por unha investigación racional.
A
permanencia
da
maxia
A maxia pretende dominar a natureza por procedementos sobrenaturais, sen aterse ás leis da natureza. Igual que o pensamento mítico, o pensamento máxico, que está moi relacionado co mítico, aparece na orixe de todas as culturas.
A FIGURA DO FEITICEIRO
En todas as culturas con tradicións máxicas, estaba presente sempre a figura do feiticeiro, ao que se atribuía a capacidade de alterar a realidade mediante ritos, encantamentos, maldicións.
A xente cría que podía facer chover mediante certas danzas ou cancións; ou que era capaz de provocar a esterilidade das mulleres, ou facer morrer aos homes cos seus enca nta mentos.
A maxia é un modo de escravizar mediante o medo. O pensamento máxico non desapareceu nin sequera de Occidente: o ocultismo, o esoterismo, as pseudociencias, todas as formas de superstición son supervivencias dese pensamento primitivo. Iso é o que significa a palabra "superstición" supervivencia do pensamento máxico.
A filosofía interveu poderosamente en facer progresar á humanidade, ao mostrar que o pensamento racional é o que nos permite coñecer de maneira máis adecuada a realidade; e con iso ser libres. O pensamento racional é fonte de liberdade.
5. Utilidade da filosofía
As
súas
principais
funcións
Estes son os principais cometidos da filosofía:
• Ensina a pensar ben. Cada materia ensina a pensar dunha maneira determinada. A filosofía ocúpase do pensamento en xeral, das normas da lóxica, do modo de distinguir o verdadeiro do falso, da diferenza que hai entre o pensamento teórico -que busca coñecer- e o práctico -que busca facer cousas- .(doc. 2)
• Axuda a entender a realidade. Mentres que as demais materias se ocupan dunha parcela da realidade -a historia, a arte, a astronomía, a bioloxía etc -, a filosofía ocúpase da totalidade dos seres, das súas propiedades máis comúns, e das relacións que hai entre eles e o ser humano. Permítenos coñecemos a nós mesmos, como suxeitos da historia, como creadores da cultura. Busca a resposta ás preguntas que están máis alá do campo de cada unha das ciencias.
• Contribúe a clarificar e mellorar o propio mundo. A idea do "propio mundo" ten moita importancia en filosofía. Todos os alumnos dunha aula comparten a mesma realidade: están no mesmo lugar, as paredes son da mesma cor, é a mesma hora do día, verán ou invemo. E, con todo, cada un vive no seu propio mundo: sente as cousas dunha maneira, ten unha biografía distinta, intereses e experiencias diferentes. Desde que nace, o neno vai configurando o seu propio mundo, que pode estar cheo de prexuízos, ideas falsas, zonas confusas. A filosofía permite loitar contra os prexuízos Anímanos a adoptar unha actítude crítica ante as cousas, para impedir que nos enganen ou que nos enganemos.
Debemos intentar que o noso mundo persoal vaia sendo cada vez máis claro. En vez de encerramos nel, como fan os fanáticos, temos que entrar en relación cos demais, para saber en que teñen eles razón.
dicimos o que debemos tolerar e o que non debemos tolerar. A liberdade é unha conquista, e os filósofos intentaron sempre alcanzala. Por iso a filosofía é revolucionaria (doc. 3)
• Colabora na realizacíón do proxecto ético común de construír un mundo xusto e solidario. A filosofía non só debe coñecer a realidade, senón que debe axudar a cambiala. O gran proxecto da especie humana, o que guía a súa intelixencia, é a construción da "cidade perfecta", é dicir, dun mundo compartido en que todos poidamos convivir con xustiza, e en que esteamos en boas condicións para realizar o noso proxecto individual de felicidade.
Xa sabemos que disto se encarga a ética, que é unha parte da filosofía. Podemos dicir que a ética -é dicir, a teoría e práctica deste proxecto común- é a culminación da filosofía.
DOC. 2
Percibir doutro modo
Os filósofos non se distinguen do resto da xente en que perciban cousas distintas, senón en que as perciben doutro modo, é dicir, co ollo da mente e con reflexións ou atención, e comparándoas con outras.
Gottfried W. LEIBNIZ
Explica que quere dicir Leibniz con "percibir as cousas co ollo da mente"
DOC. 3
Un aumento da liberdade
A miña filosofía é ximnasia. A verdadeira filosofía paréceme que debe elevarse a unha "arte de
pensar" que sexa ao pensamento natural o que a ximnasia, a danza etc. son para o uso do
corpo. Todo adestramento, toda práctica repetida, produce un aumento da liberdade.
VALÉRY, Paul: Cadernos.
3. Escola de filosofía
1. Ler, reconstruir e interpretar
Para poder facer a nosa propia filosofía, é necesario coñecer o que dixeron outros filósofos. Lelos é o único camiño. Ás veces pode resultar difícil. Pero o importante é aproveitar o que din para aprender a pensar pola nosa conta. Esta sección ten un dobre obxectivo aprender a ler textos de filosofía e aprender a ler filosoficamente calquera texto: é dicir, comprender o que di e avaliar se o que di é verdade.
Hai textos fáciles, difíciles e moi difíciles. Cada un debe intentar saltar o máis alto posible, é dicir, chegar a ler os máis complicados Para iso fai falta adestrarse. O adestramento fainos progresar, saber que podemos mellorar, confiar na nosa intelixencia proporciónanos unha gran seguridade.
A primeira clave para aprender a ler filosofía di ler non é recibir información, senón construíla. Ler non é pasar os ollos polas letras e esperar que se faga a luz dentro de nós. O que hai nun texto é só un conxunto de indicacións ou de pistas para que reconstruamos o que o escritor quixo transmitir. Un texto parécese máis ao plano do tesouro, que nos proporciona unha serie de indicacións para que o atopemos En frases moi sinxelas non temos que buscar nada. Pero en textos máis complicados temos que reconstruír o que nos di o autor. Por iso, ler ou escoitar son operacións moi activas.
Para comprender un texto, temos que interpretar o que di, completando a información que nos dá coa información que xa sabemos. Por exemplo Que quere dicir a frase "É o dez"? Interpretarémola de maneira diferente se estamos nunha parada do autobús, nun partido de fútbol ou nun bingo. Para poder descifrar as pistas hai que ler amodo, incluso varias veces.
Servirse da propia intelixencia. KANT, Immanuel. Que é
Ilustración?
A minoría de idade significa a incapacidade de servirse da súa propia intelixencia sen a guía do outro. Un mesmo é culpable desta minoría de idade cando a causa dela non reside na carencia de intelixencia, senón na falta de decisión e valor para servirse por si mesmo dela sen a guía do outro. Atrévete a pensar!, velaquí o lema da Ilustración.
1. A covardía é causa da minoría de idade?
2. A minoría de idade dun neno é culpable?
3. Está dicindo Kant que atreverse a pensar é demostración de minoría de
idade?
Atreverse a camiñar. BRECHT, Bertold: Poemas e cancións.
Este texto é algo máis difícil, porque é simbólico. Un símbolo é algo que está en representación doutra cousa. Nestes casos, hai que traballar máis para descifrar a mensaxe. A historia que conta o texto é simbólica, porque o que di serve para explicar outra cousa, e para comprendela hai que saber imaxinar esa segunda historia ou buscar algún caso parecido. Estes contos ou parábolas tiveron sempre grande utilidade pedagóxica. O comentario podería empezar dicindo: "Este texto conta a historia dun tollido que foi ao médico, pero en realidade quere dicir ... ". Durante sete anos non puiden dar un paso. Cando fun ao gran médico, preguntoume. "Por que levas muletas?". E eu dixenue. "Porque estou tolleito".
"Non é estraño", díxome. "Proba a camiñar. Son eses trastes os que che impiden andar. Anda, atreveie. arrástrate a catro patas!".
Rindo coma un monstro, quitoume as miñas fermosas muletas, rompeunas nas miñas costas e, sen deixar de rir, tirounas ao lume.
Agora estou curado. Ando. Curoume unha gargallada. Tan só ás veces, cando vexo unhas muletas, camiño algo peor por unhas horas.
4. O autor está recomendando que non se utilicen muletas?
5. Di algo similar ou o contrario ao texto anterior de Kant?
6. Que simboliza a idea de "andar con muletas"? É metáfora de "pensar con independencia”?Razoa
a túa resposta.
7. Que relaciónse podería establecer entre a actitude do protagonista desta historia e un consumidor
2. Intelixencia emocional e amizade
Buscar a,"edade e buscacar felicidade foron os dous grandes obxectivos dos filósolos. Isto levounos o meditar moito sobre os sentimentos. os desexos. o pracer a boodade, a dor, a maldade. É dicir, sobre o que máis nos importa o todos. Intentaban coñecer como funciona a alma humana e como debería vivirse.
Nos últimos anos, puxéronsese de moda os “asesoles filosóficos”, que pretenden axudar a resolver os ploblemas da vida mediante a filosofia. Un dos máis coñecidos, Lou Marinoff, escribiu un libro de grande éxito titulado Más Platón e menos Prozac (o Prozac é medicamento antidepresivo). Epicuro, un famoso filósofo grego, dicía: “Toda filosofía debe servir para curar algunha enfermidade da alma”. Pero referíase sobre todo, ás producidas polo erro, ou por algunha mala comprensión dos dexeso e sentimentos. Este tipo de filosofia é o antecedente do que agora se chama “intelixencia emocional”, que procura a educación dos sentimentos.
A intelixencia emocional
O estudo da intelixencia emocional ten cinco obxectivos:
1. Comprender os propios sentimentos. Moitas veces non sabemos o que sentimos; deixamos que
sentimentos confusos ou equivocados guíen a nosa acción.
2. Saber Como regulalos. Estar a mercé dos sentimentos pode causarnos moita infelicidade e provocar condutas incorrectas. Basta pensar na depresión, a tristeza, a furia, a envexa, no odio, a impaciencia, os celos. Desde que nacen, os nenos teñen que aprender a regular as súas emocións. É unha condición indispensable para ser libres.
3. Comprender os sentimentos alleos. Moitas persoas son incapaces de entender os demais. Non saben interpretar as súas mensaxes. Chámase "empatía" á capacidade de entender os sentimentos alleos e é unha capacidade indispensable para a convivencia.
4. Saber como manter boas relacións cos demais. Hai persoas que teñen habilidades sociais, que se levan ben cos demais, mentres que hai outras que provocan rexeitamento. Os problemas de interacción, de timidez ou de medos sociais condenan á soidade a moita xente.
5. Saber como animarse e motivarse a un mesmo. Non podemos estar esperando que nos anime ou nos
motive alguén desde fóra. Somos nós mesmos quen debemos facelo, e iso, ás veces, resulta difícil. De aí a importancia de desenvolver a intelixencia emocional.
2. Resume os cinco obxectivos da intelixencia emocional e pon un exemplo de cada un deles.
A amizade e o estudo dos sentimentos, ARISTÓTELES: Ética a Nicómaco.
Os filósofos, que sempre estiveron preocupados da felicidade, dan moita importancia ao estudo dos sentimentos. Platón escribiu sobre o amor e a valentía; Séneca sobre a furia e a tristeza; San Tomé de Aquino, Descartes, Spinoza, Hume, Adam Smith, Kant e outros moitos escribiron tratados sobre os sentimentos.
Aristóteles escribiu moito sobre a amizade na súa obra Ética a Nicómaco, onde di que a amizade é o máis necesario da vida. Considerou que era un tema filosófico de grande interese:
A amizade é o máis necesario para a vida. En efecto, sen amigos ninguén querena vivir, aínda que posuíse todos os demais bens. Ata nos ricos e nos que ocupan altos cargos e o
poder parece facerse sentir coa forza máxima esta necesidade de amigos.
2. Estás de acordo co que afirma Aristóteles? Por que?
Que é a amizade?
,
KANT: Metafísica dos costumes.Xa sabemos que para pensar ben hai que definir aquilo sobre o que se fala. A quen hamariamos amigo ou amiga? Un compañeiro a quen só vemos na clase, pero con uen apenas falamos, é un amigo? Pódense ter moitos amigos ou só un ou dous? .lquén con quen o pasamos moi ben ao sair, pero en quen non confiamos, é un amigo?
Se [un home] atopa alguén sensato, de quen non debe recear, senón que pode abrirse a el con toda confianza, alguén que ademais ten un modo de xulgar as cousas que coincide co seu, en tal caso pode desafogarse; non está totalmente só cos seus pensamentos, como nunha cárcere, senón que goza dunha Liberdade da que carece entre a xentío, en que ten que encerrarse en si mesmo.