4º ESO - FILOSOFÍA
Tema 1b
A orixe histórico da filosofía
1
Introducción
Contenidos
1. Carácter biográfico e sistemático da filosofía 2. A orixe histórica da filosofía
3. A filosofía en Oriente e en Occidente 4. As preguntas da filosofía
Escola de filosofía 1. A comprensión 2. Ser adolescente
Introdución
O desexo
de
coñecer,
de
superarse
Ao nacer un ser humano aparece no universo un grande impulso a progresar, a desenvolverse, a coñecer. É admirable a présa por crecer que ten un neno, a súa curiosidade, o seu afán por ser cada vez máis autónomo. Móveno desexos moi parecidos aos que empurraron á humanidade, por exemplo, explorar e preguntar. Todos estamos movidos por desexos que xorden do fondo do noso ser. Uns son moi pequenos, e podemos satisfacelos con facilidade. Pero por debaixo deles, actúan grandes e inesgotables anhelos, necesidades básicas que se manifestan de moitas maneiras. Resumímolas todas dicindo que, ante todo, desexamos ser felices, pero convén analizar mellor o que queremos dicir con esta palabra se queremos aclararnos. Chamamos "felicidade" á harmoniosa satisfacción dos nosos grandes desexos, que son, polo menos, tres:
- Gozar. Necesitamos o benestar. "O ser humano non pode vivir sen algún tipo de pracer", dixo San Tomé de Aquino.
- Relacionarnos ben cos demais. Somos seres sociais e necesitamos comunicación, amor. "O home é un animal político", explicou Aristóteles.
- Ampliar as nosas posibilidades de coñecer, de actuar, de crear. Necesitamos progresar. "Crear é o destino da especie humana", escribiu Henri Bergson.
En todas as sociedades se inventaron linguaxes, fixose arte, cantouse e bailouse, buscouse unha explicación do mundo. Posiblemente, a máis antiga explicación dérona as relixións. Non se descubriu ningunha cultura, por moi primitiva que fose, sen relixión. Proporcionan unha visión do mundo compartida polos seus fieis, axudan a controlar o comportamento, fomentan a unión social e proporcionan seguridade e esperanza. Todas as actividades -a caza, os cultivos, a maternidade, as leis- eran interpretadas relixiosamente. Pouco a pouco, algúns temas e actividades foron independizándose. a ciencia, o dereito, a medicina, a arte, a filosofía, a política.
A filosofía é unha manifestación dese desexo de coñecer. No fondo, contén a pretensión da natureza humana de ser máis, de superarse a si mesma. A realidade está esperando que encontremos nela posibilidades novas, mellores, máis belas, xustas, humanas. Iso sentírono os filósofos de moitas maneiras.
A historia da filosofía, que pode parecer aburrida se se le como un resumo das cousas que dixeron os filósofos, vólvese tan interesante como unha novela se se le como a historia dun desexo inesgotable e imperioso de explorar, de coñecer, de refacer o mundo. Hai unha gran diversidade de opinións, pero cunha meta común.
Descartes, escribiu: "Non hai parvada que non fora defendida algunha vez por algún filósofo". Tal vez sexa así. Pero o que non pode faltar nun filósofo é o afán por encontrar a verdade, por saber onde está o ben. Son exploradores que intentan descubrir misterios e unhas veces conségueno e outras non. Pero incluso cando chegan a calexas sen saída, ensínanos aos demais que por aí non debemos intentar avanzar.
Os científicos, os artistas, os personaxes relixiosos, intentárono tamén á súa maneira, pero os filósofos elixiron un método moi preciso. Queren descubrir o gran destino da intelixencia, facer novas preguntas sobre o que coñecen as ciencias, sobre os avances da técnica, sobre as relixións, a política, sobre as creacións humanas en xeral.
Contido
1. Carácter biográfico e sistemático da filosofía
As preguntas da filosofía
Necesitamos aclarar o noso mundo persoal, saber o que é verdade e mentira, o que é bo e malo. Isto é o que chamamos filosofía autobiográfica A partir da nosa situación concreta, do noso mundo, facémonos preguntas que son:
• Vitais, porque arredor delas se constituíu a vida humana
• De carácter universal; non se coñece ningunha cultura que non se preocupase por
estas cuestións, aínda que se respondan de formas moi distintas.
• Atemporais, xa que son hoxe tan candentes e actuais como hai séculos.
• Abertas, porque o coñecemento ñlosótico, como o científico, é un coñecemento en
progreso, sen terminar.
A historia da filosofía
A historia da filosofía cóntanos a historia dos filósofos, de como formularon esas preguntas e de como as contestaron. Os filósofos explicáronos as súas ideas sobre a realidade. O seu modo de xulgar as ideas dos demais filósofos. Ao estudar as súas obras, aprendemos a pensar, recibimos enfoques e argumentos novos, maneiras innovadoras de analizar as dificultades. Por iso, coñecer as obras deses filósofos é importante para darnos conta da complexidade do real, do difícil que pode resultar comprendelo e da enerxía con que se empeñaron en aclarar a súa propia vida e o seu propio mundo, de tal maneira que o seu traballo servise tamén aos demais. Ler aos grandes filósofos ensínanos a pensar
A filosofía como sistema
Pero hai que dar un paso máis A filosofía non se contenta con ser autobiografía É un modo reflexivo e racional de enfrontarse coa propia vida e co mundo. Ten que definir e argumentar con validez universal.
Hai moitos autores que pensan que a filosofía ensina a pensar, pero que non dá ningunha solución definitiva. Pero non é así. Non todas as solucións propostas aos problemas teñen o mesmo valor. Unhas son mellores -rnáis verdadeiras, mellor corroboradas- que outras. E convén coñecelas, porque as ideas filosóficas inflúen na nosa maneira de pensamos a nós mesmos, de interpretar a ciencia e a relixión, de ordenar os asuntos humanos, de afirmar ou negar valores éticos.
Unha parte importante da historia da humanidade estivo determinada por ideas filosóficas ou relixiosas. Para coñecer o progreso da filosofía, é importante expoñer de maneira sistemática, é dicir, organizada, aquelas solucións filosóficas que despois de sometelas a crítica nos parecen as mellor fundamentadas Para adquirir a competencia
filosófica necesaria para a vida, é necesario estudar a filosofía como exposición
2. A orixe histórica da filosofía
O nacemento da reflexión filosófica
É posible que os seres humanos se fixesen preguntas filosóficas ao longo de toda a historia, pero podemos sinalar o momento en que apareceu a filosofía como unha forma nova e revolucionaria de vivir e de coñecer a realidade.
En que data concreta ocorre este acontecemento?, en que lugar ou lugares?, que representa esta orixe para a historia da humanidade?
As datas que se barallan son os séculos VII e VI a. C, a través de documentos que testemuñan a existencia tanto do termo "filosofía", como do significado etimolóxico deste 'amor á sabedoría', 'busca da verdade'.
Unha orixe que foi simultánea en diversas culturas, ainda que adoita crerse que aparece unicamente en Grecia. En realidade, estas primeiras manifestacións históricas da filosofía producíronse tanto na India e na China, en canto a culturas orientais, como en Grecia en Occidente. (doc. 1)
Os aspectos comúns desta orixe
Os aspectos comúns a estas primeiras manifestacións históricas da reflexión filosófica son:
• Unha mesma época histórica. Entre os
séculos VII e VI a C. viviron algunhas figuras máis importantes da primeira reflexión
filosófica en Oriente e Occidente Sirvancomo exemplo Confucio, que viviu na China entre
551-479 a. C.; Gautama Buda, "o iluminado", que viviu arredor dos anos 563-483 a. C. na India; ou Tales de Mileto, que viviu cara aos anos 625-546 a. C. e a quen se considera o primeiro filósofo grego, pertencente ao grupo dos presocráticos.Foi unha época marcada polo desenvolvemento técnico e a consolidación económica e cultural destas civilizacións, que facilitaron a reflexión e a busca de solucións novas.
• Unha mesma actitude vital, de busca. O
desexo de saber, para explicar e dar sentido á vida humana na súa dobre vertente, xa fose arredor da realidade cósmica (a orixe e
natureza do universo), ou ben en relación á convivencia e organización social.
• Partindo das interpretacións relixiosas e míticas, inténtase buscar unha explicación
máis completa. Unha explicación que radicaba no ser humano e as súascapacidades.
DOC. 1
Unha coincidencia no tempo
O p e n s a m e n t o f i l o s ó f i c o x u rd i u
simultaneamente -no século VI a. C. - en
tres zonas distintas e distantes do noso
planeta: na India, na China e en Grecia.
Nos dous séculos anteriores, produciuse un
desenvolvemento espectacular da
especulación e a reflexión, que abriu as
vías polas que as tres grandes tradicións
filosóficas (a india, a chinesa e a
occidental) haberían de discorrer durante os
dous mil anos seguintes. O simultáneo desta
tripla explosión intelectual non deixou de
sorprender comentaristas e historiadores.
MOSTERÍN, Jesús: India. Historia do pensamento.
Por iso, a orixe histórica da filosofía é denominada xenericamente como o "paso do
mito ao logos", se ben esta superación da tradición e dos mitos foi máis radical na
cultura grega, o que marcaría unha diferenza importante entre estas primeiras manifestacións da filosofia (doc. 2).
3. A filosofía en Oriente e en Occidente
Aínda que aceptemos unha orixe común, no entanto, a filosofía oriental e a occidental seguiron camiños diversos, porque os seus centros de Interese foron distintos desde o principio
A cultura grega dirixiu os seus esforzos a buscar unha explicación racional á orixe do universo. Isto ocorreu cara ao século VI a. C, e os seus protagonistas foron os "físicos" gregos, chamados así porque intentaban explicar a orixe do universo (physis, en grego) Desta dirección da filosofía xurdirá co tempo a Ciencia.
O pensamento oriental
A filosofía oriental, no entanto, mantívose máis ligada á relixión e á espiritualidade, apegada á tradición e á comprensión da natureza humana.
• Confucio foi un dos expoñentes máis destacados da filosofía
chinesa. A esencia das súas ensinanzas diríxese cara á definición da boa conduta na vida, o mellor goberno do Estado, o coidado da tradición, o estudo e a meditación.
• O budismo na India, aínda que é recoñecido xeralmente como
unha das grandes relixións, pode considerarse tamén como unha filosofía da espiritualidade, porque cifra no poder do espírito a solución de todos os problemas e aspiracións da humanidade.
En conclusión, a filosofía oriental dirixiu os seus pasos cara á comprensión da natureza humana, centrándose na experiencia espiritual Mentres que a filosofía occidental foi máis racionalista, universal e cientificista, baseada na experiencia sensible.
DOC. 2
O nacemento da racionalidade
Nesa época constitúense as categorías fundamentais coas cales aínda pensamos e inícianse as
relixións mundiais das cales aínda viven os homes. En todos os sentidos, ponse o pé no universal [ .. .]. Comezaba o combate contra o mito desde o lado da racionalidade e da
experiencia iluminada pola razón (o logos contra o mito).
JASPERS, Karl Orixe e meta da Historia.
• Oue quere dicir "ponse o pé no universal"?
A filosofía occidental
O que diferenza a filosofía occidental da oriental é a distinta idea que en Occidente se ten de "sofía", da sabedoría que se busca. Para os orientais, é unha experiencia de salvación. O que quere o filósofo hindú ou budista é unirse co Absoluto. En cambio, para os occidentais, a sabedoría é coñecemento racional, argumentado.
A filosofía occidental separouse das orientais. Pasou do mitoao logos. Da experiencia espiritual como base do razoamento á experiencia sensible como base da argumentación. E isto sucedeu en Grecia.A cultura occidental despregouse arredor desta herdanza (doc 3). A filosofía e a cultura da Antigüidade grega caracterizáronse por:
• A defensa do espírito de liberdade, como conciencia do suxeito humano e da súa
autonomía e diferenza con respecto ao mundo exterior.
• A arte grega, que imprimiu este mesmo sentido a todas as súas creacións. Mentres a
arte oriental é harmónica e tradicional, a grega é persoal e orixinal.
• Na política, buscaron formas de goberno que vinculasen o cidadán nas decisións
políticas. Abandonábase así a forma de convivencia gregaria, por sometemento, máis frecuente nos pobos orientais. O ser humano era capaz de trazar o seu propio destino, con plena participación na configuración do Estado (polis). Os gregos foron os inventores
da democracia.
• O coñecemento científico foi para os gregos algo universal, mentres que os
coñecementos dos orientais reducíanse a receitas prácticas aplicables a certos feitos particulares, pero sen dar razón das súas causas. Este esforzo non utilitarista por coñecer as últimas causas das cousas. as razóns máis profundas e universais da realidade, fai que se considere aos gregos os iniciadores do pensamento filosófico.
Principais etapas históricas da filosofía occidental
Os grandes períodos nos que se adoita dividir a historia da filosofía occidental non son absolutamente precisos, xa que o pensamento filosófico non seguiu unha evolución linear. Pódense destacar as seguintes etapas:
• A filosofía grega. Abarca desde o século VII a. C
ata o III d. C, pero a súa Influencia prolongouse ata os nosos días, debido sobre todo ao pensamento e as escolas de Sócrates, Platón e
Aristóteles (séculos V-IV a.C.). A principal
característica da filosofía grega é o esforzo da
razón humana por explicar todos os fenómenos
cósmicos e humanos mediante análise e argumentos racionais sen acudir a explicacións
decarácter mítico ou relixioso.
• O pensamento cristián medieval. Dominou en Occidente desde o século IV ata o
Aquino (c. 1225-1274). A característica principal deste período foi a subordinación do
pensamento filosófico á teoloxía, poñendo toda a cultura humana ao servizo do cristianismo e da Igrexa.
• A filosofía moderna. Inaugurouse coa revolución científica no século XVI e afirmouse
con René Descartes no século XVII. Céntrase, sobre todo, na reflexión sobre o
coñecemento e sobre o ser humano A revolución científica, que propiciou a
aparición da filosofía moderna, fol un dos impulsos renovadores máis importantes da historia cultural de Occidente e de toda a humanidade.
Outro dos movementos filosóficos máis Importantes en Europa foi a Ilustración (século XVIII). Algúns dos filósofos ilustrados que máis contribuíron á evolución filosófica de Occidente foron David Hume, Jean-Jacques Rousseau e Immanuel Kant, que situaron o esforzo da razón humana dentro dos límites do empirismo e do racionalismo.
• A filosofía contemporánea. Estivo marcada polo auxe e o desenvolvemento do
coñecemento científico Nalgúns momentos, a ciencia experimental pretendeu
converterse no único coñecemento posible sobre a realidade As relacións entre a filosofía e a ciencia volvéronse difíciles
Xurdiron correntes moi dispares, unhas a prol do modelo científico do coñecemento (o positivismo e en neopositivismo), e outras que, sen negalo, afirman que o modelo científico resulta insuficiente para entender a complexidade da realidade humana, como por exemplo o vitalismo, a fenomenoloxía, o existencialismo, o raciovitalismo, o personalismo etc .
• Na actualidade, a idea máis defendida é que existen distintos modos de coñecemento e
que todos son necesarios Admítese a existencia de distintos tipos de saber O científico ten uns criterios e métodos propios e ocúpase dun tipo de realidade sobre a que poden aplicarse (a realidade empírica) Pero a realidade humana non se limita ao empírico e natural; ten dimensións que superan estes límites marcados para a
ciencia. A intelixencia humana caracterízase porque crea a súa propia realidade, os
seus propios proxectos. Para entendelos e tamén para deseñalos, necesita contarcoa filosofía.
DOC. 3
O primeiro pobo que de verdade filosofa é o pobo grego. Outros pobos anteriores tiveron cultura, tiveron relixión, tiveron sabedoría, pero non tiveron filosofía.
Enchéronnos a cabeza das filosofías orientais, da filosofía india, da filosofía chinesa.
Esas non son filosofías. Son concepcións xeralmente vagas sobre o universo e a vida. Son
relixións, son sapiencia popular máis ou menos xenial, máis ou menos desenvolvida: pero
filosofía non hai na historia da cultura humana, do pensamento humano, ata os gregos.
Os gregos foron os inventores diso que se chama filosofía. Os descubridores da razón, os
que pretenderon que coa razón, con pensamento racional, se pode achar o que as cousas son,
se pode descubrir o último fondo das cousas.
GARCÍA MORENTE, Manuel:Fundamentos de filosofía. • Por que di o texto que outros pobos non tiveron filosofia? Estas de acordo?
4. As preguntas da filosofía
Apuntabamos antes que a Filosofía naceu en Grecia como un saber buscado e que hoxe día segue a manter, en certo modo, ese alento de modestia, pois sabe que as súas conclusións non poden presentar a mesma seguridade ca as da Ciencia. Pero a busca do saber en Filosofía presenta tamén un certo aire de audacia, porque sabe que a súa capacidade de preguntar non vai quedar nunca plenamente satisfeita polas respostas acadadas. Tense afirmado neste sentido, con acerto, que a tarefa do filósofo se parece á do explorador, pola súa audacia e inseguridade, mentres que a do científico se asemella á do conquistador, pola súa seguridade e prudencia. (doc. 4)
Visto así, debemos concluír, pois, que en Filosofía as preguntas, ata certo punto, son máis importantes ca as respostas. Ou polo menos, que as preguntas se manteñen vivas e firmes ao longo do tempo, aínda que as respostas poidan esmorecer co paso dos séculos. De aí que un dos máis grandes filósofos da historia, o ilustrado do século XVIII E. Kant resumise a tarefa da Filosofía, precisamente, en tres grandes preguntas que, á súa vez se sintetizarían nunha soa. A saber: que podemos coñecer?, que debemos facer?, que podo
esperar?, que en definitiva se resumen nunha única cuestión, que é o sera humano? Pois
ben, este é o fío condutor que nos está a guiar tamén a nós.
Que podemos coñecer?
Como podemos estar seguros do que coñecemos? Cales son os límites do coñecemento? A filosofía parte do asombro e do desexo de explicar e coñecer o que nos rodea.
Isto é posible debido á natureza reflexiva do ser humano, o que lle permite estrañarse, darse conta de que hai algo alleo a si mesmo que non comprende e que necesita e quere coñecer. Como xurdiu o universo? de onde provén?, cales son as súas leis explicativas? pódese chegar a coñecer todo canto hai nel ou ten algún límite o coñecemento?.
Estas foron e seguen sendo algunhas das preocupacións principais da humanidade Na súa resposta, afanáronse primeiro os filósofos e despois os científicos:
• O científico ideando un método que lle sirva para encontrar a verdade das cousas e fenómenos reais, tanto sobre a súa orixe como sobre as leis que as explican.
• O filósofo investigando se ese coñecemento obtido é realmente toda a verdade, ou se
hai "realidades humanas" que se escapan ao coñecemento científico.
A realidade humana é moi ampla e ten numerosas facetas; por iso a filosofía non para onde chega a ciencia co seu método e quere coñecer máis, quere atopar un sentido
completo á súa existencia. Investiga sobre os límites do seu coñecemento e da verdade,
Como debo comportarme?
Como vivir cos demais? Que é a felicidade e como alcanzala? Ademais da preocupación por desentrañar a natureza do mundo que o rodea, ao ser humano tamén o preocupa que facer coa súa vida, cara a onde dirixir a súa conduta, como comportarse cos demais e
consigo mesmo.
Isto é posible porque se descobre como un ser que pode e ten que elixir a súa
conduta. Se a súa conduta estivese prefixada de antemán, como é o caso da conduta
instintlva dos animais, non podería formularse que facer con ela, cara a onde dirixi Ia. Por iso, só un ser libre, no sentido de que carece dunha conduta instintiva prefixada, necesita formular a súa conduta, porque ten que dirixila, irremedlablemente, nunha ou noutra dirección.
O ser humano descobre na súa propia conduta un motivo de reflexión novo. Descobre que ten unha conduta deliberativa, que pode dirixila, controlala, organizala, xulgala. E necesita criterios, pautas, normas, valores, para facelo. Diso ocúpase a moral. que tipifica os comportamentos deliberativos como bos ou malos, xustos ou inxustos, en
virtude duns criterios e valores comunmente aceptados.
Por se era pouco saber dirixir a conduta a título individual, ademais, temos que vivir xuntos, construímos sociedades cada vez máis complexas. Debemos pensar e decidir como nos organizamos social e politicamente. A filosofía ocupouse, desde a súa orixe, da organización social e política, buscando criterios racionais para decidir que normas e que valores son os máis adecuados para dirixir a nosa conduta, nunha dirección que nos encamiñe a vivir mellor, con nós mesmos e cos demais.
Este camiño que culmina no recoñecemento da dignidade de todos, require moitos compromisos, cambios e acordos, que hai que levar á práctica Por iso, esta parte da filosofía se denomina tamén "filosofía práctica", porque reflexiona sobre as posibilidades da súa acción para cambiar a realidade, para dirixila nunha dirección ou outra, para
axudamos a encontrar a felicidade.
Que podo esperar?
Que podo esperar? é unha pregunta polo destino e sentido da vida humana. Como tal traspasa claramente a liña de demarcación da Ciencia, pois ningunha resposta que se lle dea a esta pregunta pode ser demostrada nin contrastada dun xeito empírico e rigoroso. En consecuencia, dicimos que é un interrogante meta-físico, pois Metafísica foi o nome que se lle deu a un campo de saber que, dende a Antigüidade, pretendeu ir 'máis alá' (iso é o que significa metá en grego) de toda experiencia posible, e polo tanto, máis alá da Ciencia. Non obstante, e pese a iso, a pregunta polo sentido xorde e reaparece constantemente en nós como unha necesidade inevitable na tarefa de orientar a propia vida.
pois o «sen-sentido» (o absurdo), máis alá de ser unha opción teórica, non parece servir como fundamento para orientar unha vida humana coherente. Pero a pregunta polo sentido global da vida humana e da realidade enteira fragméntase en novos interrogantes arredor de: a existencia de Deus, a morte e o desexo de supervivencia, e a capacidade humana de transformar a realidade; isto é, a presenza da liberdade fronte a un destino ineludible.
• A problemática sobre a existencia de Deus xorde no contexto de busca dun sentido global e definitivo ao universo enteiro. En efecto, o suxeito humano, que se esforza en dar sentido ás súas accións e aos fenómenos máis inmediatos do seu contorno, experimenta a súa finitude e vese abismado e desbordado cando trata de mirar o universo enteiro. Sobrecollido e fascinado experimenta, entón, un temor reverencial que o invita a afirmar a existencia dun poder absoluto e transcenden te. Esta experiencia é, sen dúbida, a que deu orixe ás relixións que na maioría dos casos do noso contorno cultural acabaron personalizando ese poder na imaxe dun Deus todopoderoso. A Filosofía tradicional abordou este tema, mesmo desenvolvendo unha parcela especial denominada Teodicea (ou Teoloxía Natural), pero fracasou sempre no intento de «demostrar» a existencia de Deus, pois a creza en Deus é en definitiva unha cuestión de fe e non de razóns. Actualmente, a Fenomenoloxía e a Filosofía das relixións analizan a experiencia relixiosa e as súas diferentes tematizacións nas relixións existentes.
• A morte, sempre presente no noso horizonte vital, suscita de novo o problema do sentido da vida enteira, que se sabe temporalmente finita. A dificultade de asumir ese final inevitable xera desexos dunha vida ulterior onde todas as limitacións, frustracións e fracasos fosen compensados, invitando á afirmación da inmortalidade. Tamén aquí a Filosofía tradicional se debateu, para concluír finalmente que a razón ha de deterse ante o descoñecido e que só a fe pode afirmar a inmortalidade.
• A pregunta polo sentido da vida enfróntanos tamén directamente coa pregunta polas nosas posibilidades de dirixir a propia vida e de transformar a realidade. Pois a liberdade humana é un dos enigmas máis importantes e recorrentes que acosan o pensamento racional. Expresado dun xeito sinxelo este enigma podería formularse así: como é posible que exista a liberdade humana no interior dun mundo natural determinado todo el por leis físicas inexorables?.
Que é o ser humano?
Kant afirma: que esta pregunta sintetiza todas as anteriores. Só porque hai un ser vivo ao que chamamos "ser humano", capaz de facerse preguntas sobre a orixe e explicación do mundo, puido xurdir co tempo unha resposta denominada filosofía Se non aparecese hai miles de anos este ser estraño e extraordinario ao mesmo tempo, carecería de sentido preguntamos acerca do coñecemento, da arte, da relixión, da morai. simplemente porque sen el serían impensables.
A filosofía ocupouse desde a súa orixe do estudo da natureza humana; entendeu ao home como un ser biolóxico máis, suxeito ás mesmas leis naturais, pero con características propias e exclusivas, como a racionalidade, a liberdade, a sociabilidade, a arte, a linguaxe.
filosofía ofrécenos diversas teorías ou concepcións sobre o ser humano e a súa humanidade.
Coñecelas permítenos comprender a súa historia e a súa posible evolución, non só biolóxica, senón cultural, social e política Pero sobre todo ha de conducimos a coñecemos mellor nós mesmos, a nosa individualidade propia e o noso destino común como seres humanos.
O
proxecto ético común de construír un mundo xusto e solidario onde sexa posible a convivencia ha de partir destas reflexións sobre as dimensións biolóxicas e culturais do ser humano Este estudo forma parte do que se denomina "antropoloxía filosófica”.DOC. 4
As respostas da Ciencia cancelan a pregunta á que responden e permítennos preguntarnos cousas novas; as respostas da Filosofía e da Teoloxía abren e afondan aínda máis a pregunta á que se refiren, permítennos reformulala de novo ou máis complexamente pero non a cancelan nunca de todo: só nos axudan a convivir coa pregunta, a calmar en parte a nosa impaciencia ou a nosa angustia ante ela. Polo menos así ocorre cando a Filosofía e a Teoloxía escapan á tentación dogmática (...) Por iso a Ciencia progresa, mentres que a Filosofía e a Teoloxía -no mellor dos casos!- deben contentarse con afondar. Pero a Ciencia e a Relixión aseméllanse nun aspecto fundamental, en contraste coa Filosofía: as dúas primeiras prometen resultados, ferramentas e esconxuros para salvarnos dos males que nos afectan; a Filosofía, pola contra, só pode axudar a vivir con maior enteireza (...). Ciencia e Relixión resolven cada unha ao seu modo as
cousas; a Filosofía ao máis que chega é a curarnos do afán por resolver a toda custa o que quizais é irresoluble.
SAVATER, Fernando, A vida eterna
• Por que a Ciencia progresa e que nos promete, segundo o autor?
• Que pode ofrecemos a Filosofía, pola contra?
• Que teñen en común Filosofía e Teoloxía e en que se diferencian?
3. Escola de filosofía
1. A comprensión
Pensemos un pouco sobre a idea da "comprensión".
Alguén está contando un chiste, os demais rin ás gargalladas, pero ti non lle ves a graza. Non o entendiches. Na clase pode pasar o mesmo. O
profesor está explicando algo que para el parece estar moi claro, pero que os alumnos non acabamos de entender. Gustaríanos facelo, pero por máis que prestamos atención non o conseguimos. Podemos decidir: "imos atender", pero parece que non podemos decidir "imos entendelo á primeira".
A nosa intelixencia parece ir ao seu aire. De repente, zas! entendino, xa o teño. “Agora caio”, dicimos para describir esta impresión instantánea. O
que non entendía hai un instante, agora compréndoo. A palabra "com-prender" significa
captar todo dunha vez, prender todo xunto. Dar un significado único a cousas que antes estaban separadas. Reorganizar todas as pezas doutra maneira.
Vexamos os debuxos da esquerda. Que representan?. Imos centrarnos na imaxe superior (logo pola tua conta fai o mesmo co inferior); normalmente, o primeiro que se ve é unha cara dunha muller vella con nariz ganchudo, un pano na cabeza e un abrigo negro. Pero fixándose ben é posible ver unha muller nova, de perfil, cun veo que lle cae por detrás do pelo e abrigo de peles. Ao principio adóitase ver só unha das dúas figuras.De repente, cae na conta da existencia da outra. Que facemos para descubrir a segunda figura? Miramos o debuxo, fixámonos nunha liña que interpretamos como un nariz e unha boca, pero logo, o noso cerebro é capaz de velas como un queixo e un pescozo; comprendémolas doutro modo, e vemos finalmente outra figura.
Algo parecido sucede coa comprensión dunha demostración matemática ou dun texto. É necesario ler o texto con coidado, preguntándose o sentido de cada frase, de cada concepto Intentando poñer un exemplo do que di o texto. Mobilizando os nosos recordos. A iso se refire a segunda clave de lectura a comprensión hai que buscala.
Completar os ocos. TOLSTOI, Lev. O corvo e a pomba.
Como funciona o proceso de comprenderun texto?LeamososeguintetextodeLevTolstoi, un grande escritor ruso do século XIX:
Un corvo oíu que daban moi ben de comer ás pombas, polo que se pintou de branco e voou cara
ao pombal. As pombas pensaron que era tamén unha pomba e recibírona ben. Porén, non puido
conterse e deu un grito como un corvo viaraz. Daquela, as pombas comprenderon que era un
corvo viaraz e botárono do pombal. Regresou cos seus, pero entón estes non o recoñeceron e
Analicemos a gran cantidade de cousas que tivemos que supoñer para entender este texto. Vexamos a primeira frase (entre parénteses van as cousas que supuxemos): un corvo viaraz oíu que daban moi ben de comer ás pombas (e quixo gozar coma elas). polo que se pintou de branco (os corvos son escuros e as pombas son brancas, e quería parecer unha pomba para que non o recoñecesen) e voou cara ao pombal ben como as pombas) .
Actividades:
1. Prosigue a análise das seguintes frases do texto, sinalando que cuestións se deron por supostas en cada unha delas.
2.
Que outras cousas se supuxeron, en xeral, para que o texto resulte comprensible?En calquera texto, hai moitas cousas que non están ditas e que o lector ten que supoñer. Ao ler, completamos o texto co que sabemos. Comprendemos a historia do corvo viaraz e a pomba porque, sen apenas darnos conta, aplicamos a corvos e pombas o que sabemos acerca dos humanos. É dicir, supuxemos correctamente que o autor estaba "humanizando" as aves que protagonizan o texto.
Polo tanto, un dos métodos para "buscar a comprensión" é completar os ocos que o texto ten, as suposicións implicitas.
Pensar ben. PASCAL, Blaise: Pensamentos.
Blaise Pascal foi un insigne pensador e matemático francés do século XVII, que escribíu sobre filosofía. Este é un dos seus textos máis famosos:
O home non é máis que unha cana, a máis fráxil de toda a natureza, pero é unha cana que
pensa. Non fai falta que o universo enteiro se arme para aniquilalo: un vapor, unha gota de auga, bastan para acabar con el. Pero, aínda no caso de que o universo o aniquilase, o home seguiría
sendo sempre moito máis grande ca aquilo que o mata, posto que sabe que el morre e a vantaxe
que o universo ten sobre el. O universo non coñece nada.
Toda a nosa dignidade radica, pois, no pensamento. É desde aí desde onde temos que elevamos e
non desde o espazo e o tempo, que non saberiamos encher.
Esforcémonos, pois, en pensar ben: velaquí o principio da moral.
Actividades:
3. Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións sobre este texto e razoa a túa resposta.
a. Pascal di que o universo é máis poderoso que o ser humano e por iso ten máis dignidade.
b. "O home é unha cana" é unha metáfora.
c. Pascal aplica esta metáfora ao ser humano porque ambos -canas e humanos- vivimos xunto aos ríos.
d. Sobrevivir é a principal norma moral para Pascal.
4. Explica o sentido da metáfora "o home é unha cana que pensa". Con que outras ideas ou palabras do seu texto se relaciona directamente?
5. Principio pode significar: 1. O comezo dunha cousa. 2. O fundamento de algo (os "principios das matemáticas", os "principios do dereito"). Que significado usa Pascal? Por que?
Comprender un aforismo. PASCAL, Blaise: Pensamentos.
Analicemos agora outro "Pensamento" de Pascal:
Hai quen fala ben e non escribe ben. Iso obedece a que o lugar, o
auditorio, estimúlaos e sacan do seu espírito máis do que atopan sen
esta calor.
Os textos curtos -aforismos, máximas, refráns- eliminan moita información, porque ao autor parécelle que poñela faría pesada a exposición, pero iso fai que ás veces resulten difíciles de comprender. Ampliemos o que di este texto de Pascal:
Hai quen fala ben e non escribe ben, é dicir, que cando teñen que explicar algo en público ocórrenselles máis cousas, esfórzanse máis, son máis brillantes que cando a soas no seu cuarto teñen que escribilo nun papel. A case todas as persoas ocórrenos o mesmo. Cando estamos falando con amigos ou
discutindo con alguén, as ideas véñenos con máis facilidade e rapidez .
Actividades
7. Cal é a razón que dá Pascal para xustificar a súa primeira frase?
8. Por que adoitan vir con máis facilidade e rapidez as ideas cando estamos conversando con amigos ou con outras persoas que cando temos que enfrontamos a un papel en branco onde escribir?
9. Busca un refrán e explica o que se dá por suposto e a idea fundamental que quere transmitir.
10. Escribe un aforismo ou frase que exprese unha idea similar á do "Pensamento" de Pascal e explica logo o que quere dicir.