• Nenhum resultado encontrado

PAU 2010 CIE CIAS DA TERRA E AMBIE TAIS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "PAU 2010 CIE CIAS DA TERRA E AMBIE TAIS"

Copied!
6
0
0

Texto

(1)

B B

Instrucións: o alumno/a deberá elixir unha das dúas opcións (A e B) das que se compón a proba.

OPCIÓ A

1. Contesta ás seguintes cuestións relacionadas coa ATMOSFERA. Valoración: 3 puntos (1 punto/cuestión).

1.1. Razoa como afectan as condicións anticiclónicas e as borrascas na dispersión dos

contaminantes.

BORRASCA: a baixa presión facilita a dispersión de contaminación local porque nelas hai:

 converxencia en superficie e ascenso de masas de aire ou convección con diverxencia en altura  dispersión contaminantes.

 precipitacións  lavado contaminantes cara á superficie.

ANTICICLÓN: a alta presión dificulta a dispersión de contaminación local porque non hai movementos ascendentes de aire que permanece estancado (subsidencia).

1.2. ¿En que capa da atmosfera se orixinan os fenómenos meteorolóxicos? ¿Por que?

Na troposfera, chamada capa do clima. Contén a maior parte da masa total da atmosfera e practicamente todo o vapor de auga. A temperatura nesta capa experimenta unha gran variación e vai diminuíndo desde os 15ºC de media na superficie ata os -60ºC . Dáse nela unha circulación do aire na que predomina o desprazamento vertical. É por iso polo que na troposfera se produce a maior parte dos fenómenos meteorolóxicos.

1.3. ¿Por que no hemisferio norte as masas de aire nas borrascas xiran en sentido antihorario?

Pola forza de Coriolis, que é unha consecuencia do movemento de rotación terrestre e do seu sentido antihorario (oeste-este). Os ventos que circulan desde os anticiclóns ás borrascas, seguindo o gradiente de presión en sentido radial, son desviados pola forza de Coriolis á dereita no hemisferio norte e a esquerda no hemisferio sur. A traxectoria resultante da lugar a un xiro en sentido horario nos anticiclóns e antihorario nas borrascas do hemisferio norte (ó revés no hemisferio sur).

2. Os datos da seguinte táboa foron obtidos experimentalmente nun bosque tropical húmido de montaña. Contesta ás cuestións que se presentan. Valoración: 3 puntos (1 puntos / cuestión).

(BIOMASA = 11 322 g C m-2) ESTRATOS DA VEXETACIÓ Índice foliar (m2  m-2) P. BRUTA (1) (g C / m2  12 h) RESPIRACIÓN (g C m-2 día-1)

Árbores elevadas, dominantes 2,06 4,35 1,29

Árbores pequenas/arbustos/epífitas 4,25 9,95 5,17

Vexetación herbácea, rebentos 1,03 2,34 2,54

(1) día soleado

Organismos do solo (descompoñedores) - - 5,48

2.1. Calcula a produción primaria neta.

A produción primaria é a do conxunto da vexetación:

Produción primaria bruta  4,35 + 9,95 + 2,34 = 16,64 g C m-2 día-1 (PPB) Respiración dos produtores  1,29 +5,17 + 2,54 = 9,0 g C m-2 día-1 (R

p)

PPN = PPB – Rp

Produción primaria neta  16,64 g C m-2

día-1 - 9,0 g C m-2 día-1 = 7,64 g C m-2 día-1 2.2. Calcula a porcentaxe de gasto respiratorio da vexetación.

(A respiración realízase a partir de biomoléculas sintetizadas na fotosíntese, que se cuantifican mediante o parámetro produción bruta, polo tanto) o gasto respiratorio referímolo a esta PPB  % gasto respiratorio = R/PPB × 100

(2)

2.3. Calcula a taxa de renovación media do primeiro nivel trófico.

(O primeiro nivel trófico é o dos produtores, é dicir, o correspondente á vexetación. Como o dato de biomasa non está fraccionado por estratos de vexetación, só podemos calcular a taxa de renovación para o conxunto da vexetación. O resultado será un valor medio para o conxunto da vexetación)

Taxa de renovación = Produción primaria neta / Biomasa

7,64 g C m-2 día-1 / 11 322 g C m-2 = 0,00067 día-1  0,067 % diario  0,067 × 365 = 24,5% anual

3. Cos termos que se presentan a continuación débense construír catro frases nas que se integren só tres destes en cada unha delas.

Os termos non poderán repetirse. As frases poderán construírse empregando outros termos que non figuren na lista, pero nunca se empregarán máis de tres dos que se propoñen; haberá, por tanto, tres que non serán utilizados.

Valoración: 1 punto (0,25 puntos / frase ben construída).

Acción humana – ivel trófico – Fósforo – Deposición – Encoros – Regulación – Factor limitador – Desertificación – Chuvia ácida – Produción primaria – Solos – Ríos – SO2 – Hábitat – Inversión térmica.

O fósforo é o principal factor limitador da produción primaria.

A chuvia ácida prodúcese como consecuencia da deposición húmida de SO2 e NOx da atmosfera que ao oxidarse forman ácido

sulfúrico e ácido nítrico.

Unha das finalidades dos encoros é a regulación do caudal dos ríos (e controlar as súas crecidas). O proceso de desertificación consiste na degradación dos solos pola acción humana.

4. Define brevemente os conceptos que se indican a continuación. Valoración: 2 puntos (0,4 puntos / definición). Afloramento oceánico – Taxa de renovación – Horizonte dun solo – Especie estenoica – Sucesión ecolóxica. Afloramento oceánico –

Tipo de corrente ou circulación vertical que consiste nun ascenso de auga profunda cara á superficie oceánica, xerado pola acción de ventos constantes ou pola existencia dunha zona de diverxencia. Son zonas nas que a auga que se move é substituída por auga profunda fría; dan lugar a unha boa mestura de auga na vertical, o que supón a eliminación da posible estratificación previa ou da termoclina. Nestas zonas a auga que aflora ao vir de profundidades onde non chega a luz solar é fría e rica en nutrientes (as augas superficiais son moi pobres en nutrientes), por iso son moi ricas en pesca. Na superficie fórmase, grazas á enerxía solar, unha gran cantidade de fitoplancto capaz de manter unha comunidade animal moi numerosa. Estas zonas teñen notable incidencia na produción biolóxica pola achega de nitratos e fosfatos do fondo. Permiten a incorporación ás redes tróficas mariñas de nitratos e fosfatos que doutro xeito estarían inutilizados polo seu depósito nos sedimentos mariños.

Taxa de renovación –

Ou produtividade neta, é a relación que existe entre a produción neta e a biomasa, unha das eficiencias que se pode calcular nun ecosistema ou nun nivel trófico. Representa a velocidade coa que se renova a biomasa, e o seu valor é: Pn/B × 100 (%) ¨(é dicir, leva a mesma unidade de tempo coa que estaba calculada a produción, por exemplo 8% anual ou 0,2% diario)”.

(Exemplos: A produtividade é moi elevada no plancto: as súas poboacións renóvanse con moita rapidez xa que manteñen unha biomasa pequena cunha alta taxa de reprodución; na vexetación terrestre é máis baixa, especialmente nas especies que acumulan moita biomasa en forma de madeira.)

Horizonte dun solo –

É cada unha das capas superpostas, mais o menos horizontais, nas que se encontra estruturado un solo e que se diferencian entre si pola súa composición, textura , propiedades etc. ( os horizontes só son horizontais en superficies sen pendente).

A ordenación vertical de todos os horizontes dun solo, dende a superficie ata a roca nai sen alterar, chámase perfil do solo. Nos solos evolucionados, de arriba a abaixo, pódense distinguir tres horizontes:

Horizonte A.- (de lavado o eluviación).- O máis superficial; nel enraízase a vexetación herbácea. A súa cor é escura pola abundancia de materia orgánica descomposta (humus), pobre en minerais solubles, xa que a auga da chuvia os disolve e os leva para abaixo. Ás veces pódense observar tres subniveis A0 (rico en humus bruto), A1 (rico en humus elaborado) e A3

(predomina a materia mineral sobre o humus)

Horizonte B.-(de precipitación o iluvial) Presenta tons claros, escaseza de materia orgánica e abundancia de sales minerais que precipitan procedentes do horizonte A: carbonatos (cotras), sustancias coloidais, óxidos e hidróxidos metálicos etc.

Horizonte C.- Constituído pola rocha nai en proceso de meteorización (fragmentada mecanicamente e con una meteorización química incipiente). É un horizonte de tránsito cara á rocha nai sen alterar (horizonte D)

(3)

Especie estenoica –

Especie que non tolera ou soporta amplas variacións nos factores ambientais con respecto aos valores óptimos. Normalmente, refírese a algún factor en particular, pois un organismo pode ter un rango de tolerancia alto para un factor e estreito para outros. Neste caso consérvase o prefixo “esteno-” diante do nome do factor en cuestión: estenotermo (temperatura), estenohalino (salinidade), estenófago (alimentación).

Neste caso, a terminación xenérico “-oico” refírese ao conxunto do hábitat (polo que os organismos estenoicos seleccionarían vivir en hábitats nos que a maioría dos parámetros abióticos teñan tendencia á constancia).

Sucesión ecolóxica –

Son os cambios de calidade e cantidade producidos nos ecosistemas ó longo do tempo. É un proceso dinámico resultante das interaccións entre os factores bióticos e abióticos no tempo, que dá lugar á formación dun ecosistema complexo e estable. En toda sucesión os primeiros colonizadores son especies estrategos da r, mentres que a medida que se achega ao concepto teórico de clímax substitúenos estrategos da K. A medida que transcorren as sucesións, pódense apreciar unha serie de cambios nos ecosistemas, aumentando a diversidade e a estabilidade.

5. Sinala como verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes frases. As respostas erróneas puntuarán negativamente. Non será válido

responder na folla do exame. Valoración: 1 punto (0,1 puntos / acerto).

5.1. Os mecanismos de realimentación positiva son estabilizadores...F 5.2. Os seres vivos non modificaron as características químicas da atmosfera até a aparición dos organismos multicelulares

eucariotas (plantas e animais).

5.3. A biomasa é a cantidade en peso de materia orgánica de calquera nivel trófico ou de calquera ecosistema...V 5.4 Comensalismo é unha relación que se dá entre individuos que comparten un mesmo recurso alimenticio, establecéndose

competencia entre eles...F

5.5. A enerxía solar, eólica e mareomotriz considéranse recursos enerxéticos renovables...V 5.6. O consumismo aumenta o nivel de vida dunha poboación, mais non a súa calidade de vida. ...V 5.7. Impacto ambiental é a diferenza entre o medio tal e como evolucionaría sen intervención humana e o medio alterado por unha

determinada acción do home...V

5.8. Canto maior sexa a cantidade de osíxeno disolto na auga, mellor será a súa calidade...V 5.9. As especies eurioicas respecto á salinidade (eurihalinas) son capaces de colonizar medios que rexistran oscilacións elevadas de

salinidade...V

(4)

OPCIÓ B

1. Contesta ás seguintes cuestións relacionadas coa HIDROSFERA. Valoración: 3 puntos (1 puntos / cuestión). 1.1. ¿Que repercusión ten o fenómeno de El Niño sobre a pesca no Pacífico? Razoa a resposta.

A existencia do conxunto de características ambientais coñecidas por El Niño provocan unha diminución do volume de pesca dispoñible, debido a un descenso da produción 1aria e posteriormente da 2aria na rede trófica mariña, que ten lugar nas costas sudamericanas. A causa é a desaparición do afloramento que causa o ascenso de nitratos e fosfatos do fondo cara á superficie, como consecuencia da debilitación ou ausencia dos alisios, o que conduce a unha estratificación térmica da columna de auga, co establecemento dunha termoclina que impide a mestura vertical de auga e o ascenso da auga profunda.

1.2. Dadas as características litolóxicas da Galiza, ¿como esperamos que sexan os seus acuíferos?

Case o 95% dos materiais son rochas cristalinas –magmáticas ou metamórficas– moi impermeables debido á súa porosidade primaria case nula. A capacidade de formar acuíferos dependerá da porosidade secundaria, que ten unha incidencia moi desigual (por fractura e meteorización, a disolución limítase ás escasas zonas calcarias). En consecuencia os acuíferos son moi heteroxéneos con importantes variacións en pozos moi próximos, pero en xeral de escasa entidade. A alteración de rochas graníticas produce regolitos máis porosos que os de rochas básicas, que dan lugar a limos e arxilas máis impermeables.

As zonas sedimentarias tampouco forman grandes acuíferos, pois escasean materiais porosos axeitados con extensión e potencia importante.

1.3. Explica un parámetro que permita determinar a cantidade de materia orgánica na auga.

A demanda biolóxica de osíxeno (DBO) é o parámetro que se manexa para ter unha medida da materia orgánica biodegradable; é unha medida da cantidade de O2 que os microorganismos necesitan para oxidar a materia orgánica. Este proceso de oxidación é lento

e os compostos orgánicos sinxelos (glicosa) oxídanse case completamente en cinco días, mentres que os complexos só se degradan nun 40% no mesmo período de tempo. Existen diferentes formas de determinar este parámetro, pero a máis frecuente é a que se refire ó período de incubación de cinco días, a DBO5, é dicir, cantidade de O2 que os organismos necesitan para degradar a materia

orgánica, nun volume de auga, durante cinco días e a unha tª de 20ºC. A reacción lévase a cabo na escuridade. Uns valores elevados de DBO5 indican unha alta concentración de materia orgánica biodegradable.

2. Observa o esquema e contesta ás actividades que se propoñen a continuación. Valoración: 3 puntos (1 puntos / cuestión):

2.1. Nomea os procesos sinalados coas letras A, B, C e D. A: fotosíntese / difusión nos océanos

B: respiración

C: combustión de biomasa en incendios D: combustión de combustibles fósiles

2.2. ¿Que destino ten o CO2 retirado da atmosfera no proceso A? (considerando diferentes escalas temporais)

CO2 fixado na fotosíntese: - maioría retorna á atmosfera (respiración ecosistema)

- parte retido temporalmente (materia orgánica solos e sedimentos oceánicos) - pequena fracción retido a longo prazo (combustibles fósiles)

CO2 disolto tras difusión, en equilibrio químico:

- forma carbonato calcio, en esqueletos  sedimentación e acumulación no fondo  rochas calcarias - (a curto prazo) despraza o equilibrio  acidificación das augas

(5)

2.3. ¿Que influencia tería o proceso C – incendio– no A?

A influencia dos incendios sobre a fotosíntese.

Por unha banda aumentarían as emisións de CO2 á atmosfera de forma considerable, xa que os incendios son os responsables do 20% das emisións de este gas, e por outra producirían unha redución da masa arborada, o cal impediría a reabsorción do CO2 pola vexetación e mais a realización da fotosíntese.

3. Cos termos que se presentan a continuación débense construír catro frases nas que se integren só tres destes en cada unha delas.

Os termos non poderán repetirse. As frases poderán construírse empregando outros termos que non figuren na lista, pero nunca se empregarán máis de tres dos que se propoñen; haberá, por tanto, tres que non serán utilizados. Valoración: 1 punto (0,25 puntos / frase ben construída). Borrasca – Fósforo – Deposición – Especie – Regulación – Factor limitador – Inestabilidade –

Deforestación – Eurioica – Impacto – Ríos – Biosfera – Atmosfera – Tolerancia – Acuáticos.

O fósforo é o principal factor limitador nos ecosistemas acuáticos. A presenza dunha borrasca implica inestabilidade na atmosfera.

Unha especie eurioica presenta un intervalo de tolerancia amplo en relación a algún factor ambiental. A deforestación constitúe un impacto importante na biosfera.

4. Define brevemente os conceptos que se indican a continuación. Valoración: 2 puntos (0,4 puntos / definición).

Illa de Calor - Biogás – Gota fría – Potencial biótico - Biótopo.

Illa de calor –

Condición na que a temperatura atmosférica nas zonas urbanas é superior á da periferia. Isto débese a: Emisións de calor por combustións (vehículos, calefaccións).

Modificacións na dinámica atmosférica: diminución do albedo (absorción de radiación polos pavimentos, tellados e fachadas), redución do vento.

(Estas modificacións poden ir acompañadas de incrementos da precipitación que roldan o 25%. A diferenza de temperatura é máis importante de noite, cando se emite a calor acumulada nos materiais de construción. En ocasións determina fenómenos peculiares de circulación de aire entre o centro e a periferia que poden dificultar a dispersión de contaminantes.

Biogás –

Produto gasoso, combustible, constituído por metano e CO2 . Orixínase pola dixestión anaerobia dos residuos sólidos e é recollido mediante a inserción de tubos nos vertedoiros controlados. Tamén se pode obter biogás a partir de residuos gandeiros, residuos industriais orgánicos e dos lodos das EDAR.Ten os mesmos usos que o gas natural.

Gota fría –

Fenómeno meteorolóxico local que pode orixinar precipitacións excepcionalmente intensas durante unhas horas ou días (o Instituto Nacional de Meteoroloxía desaconsella esta terminoloxía por confusa; recomenda o acrónimo DANA para depresión illada en niveis altos). A súa formación precisa dunha masa de aire frío polar en altura (un estrangulamento da corrente de chorro), unha inestabilidade (baixas presións) en superficie, unha elevada temperatura e situación anticiclónica durante un tempo previo máis ou menos longo, especialmente na superficie mariña. O vapor de auga de orixe mariña ascende e condénsase formando unha masa de nubes de tipo tormentoso (cúmulo-nimbo) que desencadea a precipitación. Esta situación é común na Península, na área mediterránea, especialmente en outono.

Tecnicamente a gota fría é en realidade unha DANA, e non necesariamente está ligada á evolución descrita conducente a precipitacións intensas. Do mesmo modo, non son gotas frías todas as precipitacións catastróficas producidas en outono na área mediterránea ou na cornixa cantábrica.

Potencial biótico –

Máxima capacidade reprodutora dunha especie nun medio non limitado; desígnase por r

r =∆N/N∆t N: número de individuos; t: intervalo tempo; ∆: variación

O potencial biótico é máis alto nas especies que comezan a colonización dun medio, denominadas estrategos da r, debido tanto á inestabilidade ambiental do medio, como á ausencia de densas relacións interespecíficas, en particular a competencia e a maior dispoñibilidade de recursos. Nas fases de maior madurez das sucesións o potencial biótico das especies presentes, denominadas estrategos da K, é comparativamente máis baixo, consecuencia das mellores capacidades que presentan en relación coa supervivencia na competición, á orixe biolóxica dos nutrientes inorgánicos e ao control por retroalimentación que se exerce neste tipo de situación.

Biótopo -

Dentro dun ecosistema o biótopo é o espazo físico que ocupa a biocenose. Os principais compoñentes do biótopo son o medio e os factores ambientais (conxunto de condicións físicas e químicas como temperatura, humidade, luz, salinidade etc.)

(6)

5. Sinala como verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes frases. As respostas erróneas puntuarán negativamente. Non será válido

responder na folla do exame. Valoración: 1 punto (0,1 puntos / acerto).

5.1. O nutriente que máis frecuentemente actúa como factor limitador da produtividade primaria é o ferro...F 5.2. A enerxía solar, eólica e mareomotriz considéranse recursos enerxéticos renovables. ...V 5.3. Os combustibles fósiles representan a produción de ecosistemas do pasado que permanece almacenada na

litosfera...V

5.4. Comensalismo é unha relación que se dá entre individuos que comparten un mesmo recurso alimenticio, establecéndose

competencia entre eles... ...F

5.5. As normas antisísmicas na construción son medidas preventivas que inciden na exposición ao risco ...F 5.6. Canto maior sexa a severidade nun risco xeolóxico, menor será a súa probabilidade de ocorrencia ...F 5.7. Impacto ambiental é a diferenza entre o medio tal e como evolucionaría sen intervención humana e o medio alterado por unha

determinada acción do home...V

5.8. Canto maior sexa a cantidade de osíxeno disolto na auga, mellor será a súa calidade...V 5.9. A escala de Mercalli refírese ao factor de vulnerabilidade dun risco sísmico...V 5.10. A biomasa á a cantidade en peso de materia orgánica de calquera nivel trófico ou de calquera ecosistema...V

Referências

Documentos relacionados

O recurso à nação como narração enfatiza a insistência do poder político e a autoridade cultural naquilo que Derrida descreve “o excesso irredutível do sintático sobre

Engenharia de Cardápio. Segundo Rapp, o topo ou o canto superior direito da página 

Consoante à citação acima, destaca-se mais uma vez a contraposição de Pascal em relação ao racionalismo hegemônico no século XVII, pois, enquanto os filósofos implicados

1º Fica renovado o reconhecimento dos cursos superiores de graduação constantes da tabela do Anexo desta Portaria, ministrados pelas Instituições de Educação Superior citadas,

A persuasão comportamental foi exercida através do ensaísmo e do tratadismo de seus adeptos; temas como a relação entre ciências naturais e sociais, o papel da Tradição

Solução. João vai à praia se, e somente se, Marcelo joga basquete.. Negação de “Ou… Ou…” é “se, e

O modelo Booleano baseia-se na combinação de vários mapas binários, em cada posição x,y para produzir um mapa final, no qual a classe 1 indica áreas que

Em seu trabalho, Marina Murta e Nathalia Gonçalves evocam o nome de um dos mais polêmicos artistas do século XX, que participou do despontar da Arte Moderna e de todas as