• Nenhum resultado encontrado

4º ESO - TEMA 2.pdf

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2019

Share "4º ESO - TEMA 2.pdf"

Copied!
16
0
0

Texto

(1)

4º ESO - FILOSOFÍA

Tema 2

A identidade do ser humano

1

Introducción

Contenidos

1. Identidade e personalidade 1.1. A identidade

1.2. A personalidade

2. Facultades psicolóxicas da persona 2.1. Intelixencia

2.2. Atención e memoria 2.3. Aprendizaxe

3. Realización persoal 3.1. Motivación 3.2. Afectividade

3.3. A persoa como proxecto

Escola de filosofía

1. Comprender desde a memoria 2. O ánimo e o desánimo

(2)

Introdución

Que tal me levo comigo mesmo?

A adolescencia é unha época de grandes decisións. E para tomalas ben convén coñecerse, saber con que recursos se conta e descubrir o mellor modo de orientar a nosa vida para conseguirmos ser felices.

A psicoloxía estuda como funcionan os nosos sentimentos, as nosas motivacións, a nosa personalidade, a nosa intelixencia e o modo en que aprendemos, e tamén o modo en que nos relacionamos con nós mesmos e cos demais. Axúdanos a superar problemas que poden afectarnos moi profundamente. O seu obxectivo é coidar o equilibrio e a saúde das persoas.

Para podermos decidir que orientación damos á nosa vida é preciso coñecernos a nós mesmos. Pasasamoss a vida falando, comentando todo o que nos pasa, xulgando aos demais e a nós, animándonos ou desanimándonos.

(3)

Contido

1. Identidade e personalidade

1.1. A identidade

A identidade individual e social

Todos os homes e mulleres pertencemos a unha mesma especie o “homo sapiens”, e como pertencentes a a mesma especie compartimos unha serie de características físicas. Como seres humanos somos tamén individuos únicos que pertencen a un grupo humano en particular. Por unha banda, somos seres únicos e irrepetibles pero, por outro, somos seres que forman parte de unha colectividad.

Aristóteles definiu ao home como un “zoon politikon”, un animal social. Esta definición expresa esa dobre realidade humana de a que falabamos antes, agora en relación con a identidade: individuo e sociedade constitúen, respectivamente, a identidade persoal e a identidade social, o que Aristóteles chamaba nosa segunda natureza.

A nosa identidade persoal vén determinada por a nosa maneira de ser e a nosa aparencia, que inclúe comportamentos, crenzas e actitudes. É a conciencia continua dun mesmo como individuo separado do mundo externo e persistente no tempo (pasado e futuro), en termos de unha continuidade espazo-temporal. A identidade social vén determinada pola sociedade na que vivimos, é a conciencia dun mesmo como individuo pertencente a unha colectividade ou grupo humano: etnia, relixión, territorio, país ou nación, cultura. Veremos esto polo miúdo no apartado Dimensións da identidade.

O desenvolvemento da identidade

Jean- Paul Sartre dicía que o home é elección, e na medida que elixe, vai tomando decisións, vai facéndose, vai dotándose de unha identidade. Polo tanto, a identidade é dinámica e non estática, cambia con as experiencias de a vida.

A adquisición e o desenvolvemento de a identidade é un proceso de interacción cos outros dentro de unha comunidade cultural, algo que ten lugar durante toda a vida. É unha fase de socialización familiar e cultural que consiste no emprego simultáneo da reflexión e a observación, proceso que ocorre na mente dos individuos durante o seu crecemento. Esta fase consiste en que o individuo fórmase unha idea de si mesmo, ou autoimaxen, producida polo xuízo de si mesmo e polo que os demais teñen del, comparándose cos modelos ou tipos máis relevantes da sociedade. A identidade é, pois, un proceso de crecemento persoal e cambio social que leva a adquirir un sentido de pertenza. En resumo, é o concepto que temos de nós mesmos como persoas cunha personalidade definida.

Dimensións da identidade

A identidade é un elemento importante na construción da personalidade. As persoas non estamos soas. Inevitablemente temos que referirnos a un grupo do que formamos parte. A miúdo adoita dicirse de alguén que "pertence a un grupo". Isto non é certo: non pertencer ninguén, porque somos libres. Habería que dicir máis ben "somos parte dun grupo".

(4)

identidades forma parte da nosa personalidade.

A identidade é o sentimento de formar parte dun grupo, xa sexa relixioso, nacional, cultural etc., e é unha parte importante da nosa personalidade.

Imos distinguir catro dimensións na nosa identidade:

Identidade sexual. Sexualmente somos machos ou femias. Pero culturalmente, en cada momento histórico, existiu un modelo de ser home e un modelo de ser muller. O noso comportamento social adoita estar orientado por modelos, como xa vimos.

Cales foron estes modelos no pasado? Nas sociedades patriarcais tradicionais, os papeis estaban moi definidos. O home era o xefe da familia, a única autoridade, quen debía protexer a familia e achegar os dios económicos. O posto da muller era o fogar e o coidado dos fillos. Estaba baixo a autoridade do marido. Este modelo era discriminatorio para a muller e, por iso, era inxusto.

Cal é o modelo actual do home e da muller? Na actualidade, nos países desenvolvidos, homes e mulleres son iguais ante a lei, teoricamente poden traballar nas mesmas cousas, reciben a mesma educación, e deben ter os mesmos dereitos e oportunidades, aínda que de feito non sempre é así.

O importante é que mulleres e homes teñan a autonomía e os recursos suficientes para viviren a súa masculinidade ou a súa feminidade. Nisto, coma en todo, o marco que limita as opcións é o marco ético, é os dereitos humanos.

Unha parte importante da identidade corresponde á orientación sexual. Chámase "heterosexual" a aquela persoa que se sente atraída por persoas doutro sexo. E chámase "homosexual" á persoa que se sente atraída por persoas do mesmo sexo.

A homosexualidade foi severamente castigada durante gran parte da historia. E na actualidade, a lexislación dalgúns países segue condenándoa. Con todo, temos a obriga ética de respectar a diqnidade de todas as persoas, reflectida na Constitución e as leis españolas, que prohiben toda forma de discriminación por razón de sexo ou de orientación sexual.

Identidade relixiosa. A relixión é una dimensión moi importante na vida de moitas persoas. Un dos dereitos humanos fundamentais protexe a liberdade de conciencia, é dicir, afirma que cada persoa pode ter a relixión que desexe.

E

spaña ten unha Constitución laica, o que significa que Ion hai unha relixión oficial do Estado, aínda que tradicional e culturalmente a relixión católica foi a maioritaria.

A

índa que no pasado se produciron distintos conflitos por diferenzas de identidade relixiosa, neste asunto, coma en todos os conflitos humanos, o noso proxecto ético común propón a solución adecuada: as relixións deben respectarse entre si e todos os cidadáns -sexan creentes ou non o sexan- deben respectar as crenzas e os ritos de todas as relixións, sempre que estas non vaian en contra dos dereitos humanos.

Identidade nacional. Sentírmonos identificados cunha tradición, cunha linguaxe, cunha cultura, e formamos parte dunha comunidade nacional, cultural ou lingüística. A nosa identidade nacional é o sentimento de formarmos parte desta comunidade nacional.

(5)

como finalidade seren instrumentos políticos para a realización do proxecto ético común, do gran proxecto humano.

Identidade humana. Como membros da humanidade, como seres humanos, temos unha ntidade de orde superior: a identidade humana. Cada vez que apelamos aos dereitos humanos estamos recoñecendo a nosa cidadanía universal. Desta participación derivan os nosos dereitos, e non ao revés. Non temos dereitos por sermos homes ou mulleres, cristiáns ou musulmáns, vascos ou casteláns, senón por sermos persoas.

A d

ignidade do ser humano é o fundamento de todos os dereitos. Todos os demais dereitos teñen que acomodarse a estes dereitos fundamentais.

1.2. A personalidade

No proceso de dotarnos dunha identidade persoal e social desenvolvemos a nosa personalidade. Pero, que é a personalidade?, e como se constitúe?. Vexamos este dous aspectos.

Que é a personalidade?

A personalidade é o modo estable que ten unha persoa de pensar, sentir e comportarse.

Moitas das cousas que pensamos dos nosos amigos e amigas ou de nós mesmos teñen que ver coa personalidade: así, dicimos de alguén que é optimista, pesimista, introvertido, extravertido, tímido, nervioso, tranquilo, activo, pasivo, estable ou cambiante.

Pero neste contexto xurde unha cuestión: p

odemos elixir a nosa personalidade?, nacemos con ela?, podemos modificar rasgos da nosa personalidade? Para contestar a estas preguntas debemos aclarar que

a

personalidade ten tres niveis, que convén distinguir:

Personalidade recibida. Os nenos non nacen iguais. Diferéncianse en sexo, en capacidades mentais e en temperamento. O temperamento é o modo de reaccionar innato que ten o neno. Pode ser tranquilo ou nervioso, activo ou retraído, sociable ou inhibido. Representa a herencia biolóxica insertada nos nosos xenes.

O

temperamento representa a base constitucional da personalidade. Este temperamento pódese matizar ou pulir, pero non é plenamente modificable. Os nenos nerviosos poden tranquilizarse, os que sexan lentos en aprender poden adquirir maior rapidez, e os tímidos poden volverse máis sociables; todas estas variacións ou superacións son introducidas pola educación,por iso é moi importante nos primeiros anos.

Personalidade aprendida. A partir da personalidade recibida, comezamos a aprender cousas que van configurando o noso carácter, é dicir, o conxunto das nosas calidades persoais ou hábitos do noso comportamento adquirido na educación.

(6)

O carácter é unha segunda natureza, dicían os filósofos antigos, porque é un conxunto de hábitos que fomos adquirindo no proceso da educación, aínda que se poden cambiar.

Personalidade elixida. Aproveitando as posibilidades dos dous niveis anteriores, podemos decidir que facer coas nosas vidas, o tipo de proxecto que imos emprender, os obxectivos que nos imos marcar, os principios polos que nos imos guiar. Esta é a personalidade elixida, que é a nosa verdadeira personalidade. Neste caso intervén a vontade (o que máis adiente chamaremos a intelixencia executiva), que elixe libremente os valores polos que quere guiarse e conformar o comportamento. Os outros dous niveis non puidemos elixilos plenamente. Cando chegamos á adolescencia somos xa dun xeito determinado, pero podemos cambiar.

Para concluir, a base biolóxica do noso temperamento esta formado pola motivación e a afectividade (sentimentos e emocións); a base do carácter e a vontade é a intelixencia, a memoria e o aprendizaxe. Estos temos verémolos nos seguintes apartados.

A formación da personalidade

O uso axeitado da intelixencia nos permite dotarnos dun bo carácter no que se manifeste o control das emocións e sentimentos no obxectivos propostos. A vontade é a encargda de actuar sobre o temperamento para poder facer un uso intelixente da nosas emocións. Carácter, temperamento e vontade forman a estrutura da personalidade e axudan á contrucción da persoa dotada de identidade.

2. Facultades psicolóxicas da persoa

2.1. A intelixencia

A intelixencia sérvenos para coñecer a realidade, o funcionamento das cousas e as súas propiedades. Pero ten outra función esencial: inventar, pensar en cousas que poderían existir pero que aínda non existen. Permítenos descubrir, crear posibilidades, é dicir, indícanos que podemos facer cousas novas.

Cada un de nós ten recursos que pode utilizar para crear posibilidades. Ás veces, somos máis conscientes das nosas debilidades ca das nosas fortalezas. Facemos un retrato en negativo. E esta actitude

debilítanos aínda máis. Cando un se sente incapaz, pode acabar sendo incapaz. Por iso, necesitamos todos animar aos demais e sermos animados polos demais.

N o n s e t r a t a d e a f i r m a r continuamente "que ben o fas todo", porque ás veces non é verdade. Trátase de aplaudir ou aplaudirnos cando fagamos algo ben, e de dicirnos "podias facelo mellor" cando o facemos mal. Resulta moi

útil coñecerse a un mesmo. Para iso convén responderse catro preguntas:

- Cales son as miñas mellores calidades?

Intelixencia

(7)

- Cales son os meus peores defectos?

- Como podería aumentar as miñas calidades?

- Como podería diminuír os meus defectos?

A partir dos recursos que temos, podemos facer proxectos diferentes para a nosa vida. Podemos ser vagos e deixar que os demais decidan por nós, ou podemos esforzarnos en conseguir algo, emprender un plan que pague a pena, en resumo, decidir o noso proxecto de vida: "Quero ser isto e quero ser deste xeito". Se temos o proxecto de estudar medicina, empezaremos a descubrir posibilidades interesantes ou útiles para ese proxecto.

Por outra parte, a actitude ante o uso da intelixencia permite diferenciar as persoas segundo sexan estas máis ou menos proclives á reflexión e á análise.

Podemos así encontrar persoas ás que lles gusta pensar, que gozan investigando, que non se deixan convencer sen argumento, e que están seguras de que a razón é a mellor modo de resolver os problemas Mentres que hai outras persoas ás que non lles gusta pensar, que cren o que lles contan, que non lles interesa coñecer, e que non argumentan o que din, A estes últimos, Platón chamábaos "misólogos", os que odian o pensamento.

A capacidade de dirixir as nosas operaclons mentais -que é o propio da nosa intelixencia- transforma por completo o coñecemento perceptivo, facéndoo intelixente. Esta é a gran novidade que introduce a intelixencia humana permite dinxir as nosas operacións mentais mediante proxectos Inventados por nós.

Xa non nos deixamos levar só polos mecanismos Instintivos, como os animais, senón que eliximos a interpretación que imos dar aos estímulos, Ademais, recibimos información, aprendemos e formamos conceptos mediante a linguaxe, que se converte nunha parte esencial da nosa intelixencia.

2.2. Atención e memoria

A atención

A atención é unha das facultades mentais en que se ve con maior claridade a diferenza entre a intelixencia animal e a humana Calquera cerebro ten unha capacidade limitada de procesar información É moi difícil ler un libro mentres recitamos a táboa de multiplicar Recibimos moitos estímulos pero non podemos atender a todos.

Atención é a capacidade de seleccionar unha información que consideramos relevante para centrar a percepción nela, deixando os demais estímulos recibidos na penumbra.

Cando estamos moi concentrados en algo non nos damos conta do que sucede ou do que temos arredor. Por iso, Ortega dicía, en broma, que o "namoramento é unha enfermidade da atención" Non se pode pensar noutra cousa.

Podemos distinguir entre dous tipos de atención:

(8)

Atención voluntaria. Este modo de atender é exclusivamente humano, e permítenos poñer atención no que queiramos Xa non somos dependentes do estímulo máis forte, senón que podemos seleccionar o estímulo que desexamos. Aínda que non me interese o que di o profesor, podo seguir atendendo na clase. Esta é a atención intelixente.

A memoria

Memoria é a capacidade de adquirir unha información ou unha habilidade, conservala, recuperala ou utilizala.

Os científicos distinguen varios tipos de memoria:

Memoria icónica. Os órganos dos sentidos manteñen o estímulo recibido, unha vez desaparecido este, durante un brevisimo espazo de tempo, para que o cerebro poida extraer a Información

Memoria a curto prazo. Mediante esta memoria, mantense unha pequena cantidade de información durante un curto período de tempo, moitas veces por repetición da devandita intorrnación

.

Por exemplo, podemos manter na memoria un número de teléfono mentres estamos marcando, pero esquecémolo inmediatamente despois

Memoria a longo prazo. É a que mantén durante moito tempo as informacións ou as habilidades aprendidas Adoita dividirse en tres grandes seccións:

- Memoria semántica é a que conserva a información referente a conceptos.

- Memoria anecdótica é a que garda os recordos dos feitos concretos da nosa vida.

- Memoria procedemental é a que mantén os hábitos adquiridos, as formas de actuar.

(9)

2.3. Aprendizaxe

Un individuo aprende cando é capaz de conservar a información recibida ou as operacións realizadas.

As principais características da aprendizaxe humana, que convén coñecer para deste xeito mellorala, son:

Aprendemos mellor cando podemos dar un significado á información. A memoria conserva con moita dificultade a información que non comprende, e que non pode unificar.

Por exemplo, resulta custoso recordar a seguinte serie de palabras "mollada I coches I e I ían I estrada I moi I a I amodo I osl estaba", pero en cambio resulta moi sinxelo recordar: 'A estrada estaba mollada e os coches ían moi amodo". A frase preséntanos un significado único, mentres que as palabras inconexas preséntannos dez significados diferentes. Por iso, memorizar sen comprender é sempre máis complicado e adoita resultar inútil.

Aprendemos asimilando a información nova á información xa coñecida. Percibimos as cousas, comprendemos a información, a partir do que xa coñecemos. Así aproveitamos o coñecido. Se estamos estudando os golfiños, ao integralos no grupo dos mamíferos podemos aproveitar o que xa sabemos sobre eles.

Aprender é unha operación activa. A aprendizaxe voluntaria é activa. É certo que tamén recordamos cousas sen pretendelo, incluso algunhas que nos gustaría esquecer e non podemos. Pero para aprender activamente, recordamos mellor o que organizamos, o que repetimos e o que integramos en unidades máis amplas.

-

Organizamos a información cando facemos un esquema, seguimos con orde os pasos dunha argumentación e ordenamos as informacións.

-

A repetición fixa os coñecementos e as habilidades O adestramento dun tenista, por exemplo, consiste en repetir moitas veces as xogadas. Por iso, repasar unha lección, aínda que sexa a moita velocidade, mellora extraordinariamente a aprendizaxe.

-

Integramos nun bloque máis amplo cando situamos a información nova dentro da que xa coñecemos, como vimos no punto anterior.

A memoria sempre resume a información. A memoria non pode reter toda a información que recibe, polo que só retén un resumo ou esquema da mesma. Ninguén recorda unha película completa, con todos os seus detalles.

O problema consiste en que non sabemos se a memoria vai facer correctamente ese resumo Por iso convén que sexamos nós os que dirixamos, proporcionemos ou vixiemos os resumos que fai a memoria, cando se trate de algo importante.

As actividades aprendidas pódense volver "automáticas". Trátase dun procedemento moi eficaz. Adquirir hábitos -é dicir, comportamentos que se autornanzan- é unha das maneiras máis intelixentes de construír a propia memoria e, a través dela, a propia intelixencia.

(10)

3. Realización persoal

3.1. A motivación

Que é a motivación?

Que nos fai comportar nos dunha maneira ou outra? Por que as persoas fan unhas cousas ben e outras non? Que fai que certas cousas gústennos máis que outras? As razóns que nos levan a a acción para a realización dos nosos obxectivos ou metas é o que en psicoloxía estúdase como Ia motivación.

A motivación responde a unha necesidade ou carencia, unha deficiencia física ou psicosocial de os individuos. Cando temos fame poñémonos en acción para buscar comida e satisfacer Ia necesidade para comer, e cando nos propoñemos un obxectivo iniciamos unha serie de condutas para conseguilo. Así, por exemplo, para ser un deportista de elite temos que adestrar duro, ou para chegar a ser un gran científico temos que estudar moito.

A motivación é Ia forza ou estímulo interno que nos impulsa a actuar de unha maneira determinada para satisfacer unha necesidade ou obter ou conseguir un obxectivo ou logro. Hai dous tipos de necesidades:

Primarias: son innatas, pertencen á nosa natureza animal, como durmir, comer, respirar, etc.

Secundarias: son aprendidas e pertencen á nosa natureza social. EI home inventa as súas propias necesidades.

As motivacións animais e humanas son moi diferentes aínda que as segundas proceden das animais, xa que unha vez constituídas independízanse e adquiren unha autonomía funcional (é dicir, guíanse por normas universais aceptadas por un mesmo e non son impostas desde fora). As motivacións humanas son altamente complexas. Unha vez satisfeitas as necesidades primarias, o home inventa outras novas, superfIuas, pero que adquiren gran importancia na contorna social. As motivacións teñen as seguintes características:

• Son persistentes e fortes ata conseguir o logro.

• Están orientadas a satisfacer unha necesidade ou a a consecución de un logro.

• Teñen unha organización xerárquica. Unha vez satisfeitas as necesidades de un nivel, orixínanse necesidades de un nivel superior.

• Poden ser conscientes ou inconscientes. Ás veces non sabemos por que actua¬ mos como o facemos.

• Os motivos" poden ser intrínsecos, orixinados polas necesidades, caren¬ cias ou desexos do propio suxeito; ou extrínsecos, orixinados por un estímulo externo ao suxeito, como a presión da contorna social ou familiar.

Que é a frustración

A frustración é o estado emocional de natureza desagradable resultante cando non se cumpren as expectativas xeradas ante un logro ou meta. Os desexos, intencións ou impulsos moitas veces son bloqueados ou interceptados por barreiras que impiden satisfacelos. Hai tres tipos de impedimentos que poden intervir na frustración:

(11)

• Deficiencias: son carencias do individuo que sente que lle son debidas, que llas arrebataron de maneira inxusta.

• Conflitos: xorden cando motivos diversos interferen entre si, como, por exemplo, o desexo de aprobar un exame con nota, que implica quedarse na casa a estudar, e o desexo de saír con os amigos para consolidar unha amizade recente.

3.2. Afectividade

Oué son as emocións?

En relación ao que experimentamos como dor ou pracer xorde todo un mundo de fenómenos

de natureza distinta a a intelectual ou cognitiva, que a filosofía chamou tradicionalmente

o mundo da afectividade. Na afectividade atopábanse mesturados a sensación, as emocións,

as paixóns, os sentimientos, os motivos e os afectos. Aínda que na linguaxe familiar e coloquial

tendemos moitas veces a usar esas palabras de maneira indistinta, como cando dicimos que

sentimos amor, que temos unha sensación amorosa, ou que o amor nos emociona. Con

todo, para psicoloxía, son cousas distintas. Antonio Damasio distingue entre:

Sensación

: impresión que causa algo nos nosos sentidos (agradable ou desa¬ gradable,

pracer ou dor).

Emoción

: accións ou movementos visibles para os demais (prodúcense na cara, na voz,

etc.). È a parte pública do proceso afectivo. Son intensas e pasaxeiras. Preceden ao

sentimento.

Sentimento

: experiencias conscientes en as que o suxeito se atopa implicado e solicitado. Son

estables e duradeiras. Os sentimentos son privados, invisibles, propios de a mente.

Como vemos, segundo Damasio, a confusión vén porque tanto a sensación como a

emoción e o sentimento poden ter un mesmo orixe. Como exemplo encontramos o medo,

que nos orixina unha sensación que pasa a ser emoción, sentimento e, finalmente, unha paixón

con efectos claramente visibles e que pode chegar a provocar respostas descontroladas. Para

Darnasio, as emocións son mecanismos que usa o cerebro para avaliar o ambiente interior

e o que rodea ao organismo co fin de responder en consecuencia e de maneira adaptativa.

Cantas emocións hai?

É moi difícil responder a esta pregunta, pois o ser humano desenvolveu ao longo da

Historia unha psique moi complexa na que se van creando, modificando e dando forma as

distintas maneiras que ten de sentir ou de ser afectado. De todos xeitos o psicólogo Paul

Ekman (nado no 1934) fixo moitos estudos sobre as expresións das emocións humanas e

descubríu a existencia de emocións universais, a pesar de que algunhas poden ser subxectivas e

de qeu a súa expresión esta influida por factores culturais. Na actualidade acéptase que hai seis

emocións básicas, con sus correpondentes expresións, comúns ao ser humano. Paul Ekman sinala

as seguintes:

(12)

sangue retírase do rostro e diríxese cara ás pernas, favoreciendo a fuxida. O corpo

pode paralizarse, correr ou predisponerse para a acción por o aumento de a actividade

hormonal.

• A

tristeza:

está relacionada con a perda ou o fracaso ante unha meta valiosa para o

individuo. Podémola experimentar cando perdemos a un ser querido ou ante un

suspenso. Tamén cando a perda ou o fracaso é sufrido por outra persoa, grazas a a nosa

capacidade empática. A pena, o pesimismo, a melancolía ou a soidade son outras

emocións relacionadas. Fisiolóxicamente, a tristeza provoca unha diminución de a enerxía e

do entusiasmo polas actividades vitais. Esta emoción permítenos chorar unha perda e

elaborar o seu duelo.

• A

ira:

prodúcese ante un dano, un trato inxusto ou unha ofensa. Ocasiona dor e un

desexo de resarcimento. Esta emoción asóciase con a furia, a indignación, a rabia ou o

resentimento. Fisiolóxicamente, aumentan o fluxo sanguíneo cara ás mans, o ritmo

cardíaco e o nivel de adrenalina en sangue, o que facilita a realización de actividades de

maior enerxía e forza.

• A

alegría:

relaciónase con o achegamento e a consecución de unha meta valiosa para a

persoa, ou con a desaparición de algo negativo que a afectaba. Asóciase con a felicidade, a

tranquilidade, a diversión, a satisfación ou a euforia. Fisiolóxicamente, actívase un centro

cerebral que inhibe os sentimentos negativos. Aumenta a enerxía dispoñible e

predominan a tranquilidade e o entusiasmo para conseguir obxectivos.

• O

noxo:

é a resposta emocional cando estamos, por exemplo, ante algo en mal estado;

sentímolo cando observamos o mofo de algún alimento en mal estado. Relaciónase con a

repugnancia. A expresión facial do noxo comunica a os demais a mensaxe de que algo

resulta repulsivo.

• A

sorpresa

: é unha resposta emocional breve que sucede como resultado de un evento

inesperado. A sorpresa non é positiva ou negativa, depende de o contido de o que

provoca a reacción. Fisiolóxicamente, o arqueo das cellas aumenta o campo visual para

obter máis información sobre o acontecemento inesperado.

3.3. A persoa como proxecto

A vontade e a dirección do comportamento

Os desexos, as motivacións, desencadean e dirixen o comportamento dos animais. Tamén neste aspecto a intelixencia humana transforma esta capacidade animal. Guíase por motivacións intelixentes. Tradicionalmente, a esta capacidade executiva (é dicir, directora da acción) chamóuselle “vontade".

Podemos definir a

vontade ou intelixencia executiva como a capacidade que ten a intelixencia de dirixir o seu propio comportamento.

Grazas a ela somos libres. A vontade é un conxunto de catro habilidades, que imos aprendendo ao longo da infancia e a adolescencia, son as seguintes:

Capacidade de deter os impulsos. As persoas impulsivas son incapaces de controlar os seus desexos. A súa motivación non é intelixente.

(13)

Proxectar e decidir. Eliximos e decidimos a nosa acción futura.

Soportar o esforzo para realizar a acción. Do contrario. abandonaremos os nosos propósitos sen realizalo.

A

capacidade

de

proxectar

A Intelixencia -mediante o que chamamos a vontade, é dicir, o eu executivo, que planifica e decide- pode dirixir e controlar as actividades mentais e, mediante elas, os comportamentos físicos. Podo levantarme ou quedar sentado, escribir ou coller un libro. Podo actuar impulsivamente, sen decidir o que fago, pero tamén podo moverme intelixentemente, é dicir, sendo dono dos meus actos. Nese caso, xa que logo, diríxoos mediante un proxecto. Un proxecto é unha anticipación do futuro, mediante a cal planeamos e diriximos a nosa acción.

Proxectos

de

vida

Este proceso de proxecto-execución-control-correción (se é necesario)-fin dáse non só nos movementos corporais, senón en toda a nosa vida mental. A intelixencia humana está dirixida por proxectos. É o proxecto o que proporciona as metas á nosa actividade.

Mediante os proxectos, eliximos o que queremos ser. O noso temperamento e carácter suxírennos cousas, producen ocorrencias, desexos, fantasías, ideas, pero ao elixir un proxecto convertémolo en algo noso, e, mediante el, decidiremos entre todas as nosas posibilidades.

(14)

3. Escola de filosofía

1. Comprender desde a memoria

Unha memoria intelixente. como vimos. sabe facer bos esquemas das experiencias que ten. Todos temos uns modelos de como funcionan as cousas. que nos permiten sacar conclusións ou completar

información que falta. Vexamos un exemplo: "Carlos entrou nun restaurante. O camareiro tróuxolle a

carta. Carlos comeu e marchou. O camareiro saíu correndo detrás del. moi enfadado. coa conta na man" Entendemos perfectamente esta historia. porque temos na cabeza un guión de como se fan as

cousas nun restaurante: éntrase. pídese a carta para elixir. cómese e págase. No exemplo. o cliente marchara sen pagar. o que produciu o enfado do camareiro. que saíu na súa persecución.

Ao ler filosofia. imos aprendendo guións ou modelos de actuar ou de pensar que logo imos

aplicar automaticamente para deste xeito comprender.

Establecer un modelo

Antoine de Saint-Exupéry, o autor de O principiño, foi un aviador aventureiro, e varias das súas novelas narran historias de aviadores. En Terra de homes conta a historia dun dos seus compañeiros, Guillaumet, que desapareceu mentres sobrevoaba os Andes. Unha semana despois da desaparición, cando todos o daban por morto, Guillaumet apareceu, en mal estado, pero vivo. Saint-Exupéry foino ver ao hospital:

Foi un bonito encontro, todos choramos, abrazámoste, estabas vivo, resucitado, autor do teu propio milagre. Foi entón cando expresaches, e esa foi a túa primeira frase intelixible, un admirable orgullo humano: "O que eu fixen, xúrocho, non o faría ningún animal”.

SAlNT- EXUPÉRY, Antoine de: Terra de homes

O texto parece sinxelo, polo menos superficialmente. Podemos reconstruir na imaxinación a escena. Pero se somos lectores activos, temos que preguntarnos: Por que di Guillaumet que ningún animal faría o que fixo el? Saint-Exupéry cóntao. O avión estrelouse no alto dunha montaña, durante unha tormenta de neve. Guillaumet puido saír da carlinga, e comezou a atravesar a montaña, sen cordas, sen viveres.

Ti resistías as tentacións. "Na neve -dixéchesme-, pérdese todo instinto de conservación. Despois de dous, tres, catro días de marcha, o único que se desexa é durmir. Eu desexábao, pero diciome. «Se a miña muller cre que estou vivo, estará segura de que estou camiñando. Os

meus camaradas tamén cren que estou camiñando. Teñen confianza en min; e sería un porco

se non camiñase». O que salva é dar un paso. Un paso máis. E sempre o mesmo paso o que

se repite “.

Saint-Exupèry conclúe:

"O que fixen, xúrocho, non o faría ningún animal". Esta frase, a máis nobre que escoitei. Esta frase que sitúa o home, que o honra, que restablece as verdadeiras xerarquías, volviame á memoria.

Actividade

(15)

Un modelo de comprensión

A historia de Saint-Exupéry proporciónanos un modelo: "Superar os impulsos físicos polo desexo de realizar valores afectivos ou ideais ennobrece a natureza humana”.

Nelson Mandela foi encarcerado pola súa protesta contra a disctiminacior; que sufrían os cidadáns negros. Permaneceu preso durante vinte anos. A súa saída, chegou a ser presidente do seu país e, no canto de aproveitar o seu poder para vingarse, emprendeu unha campaña de reconciliación. Esta é, daquela, a razón da súa grandeza .

Actividade

2. Que é o que fai grande a Mandela?

Aplicar o modelo: nobreza e dificultade

É irritante a dexeneración sufrida no vocabulario usual por unha palabra tan inspiradora como

"nobreza ". Porque ao significar para moitos "nobreza de sangue ", hereditaria, convértese nunha calidade estática e pasiva, que se recibe e transmite como unha cousa inerte.

Para min, nobreza é sinónimo de vida esforzada, posta sempre a superarse a si mesma, a

transcender do que xa é a cara ao que se propón como deber e esixencia. Desta maneira, a vida

nobre queda contraposta á vida vulgar ou inerte [. . .]. Conforme un avanza pola existencia vai un

fartándose de advertir que a maior parte dos homes -e das mulleres- son incapaces doutro esforzo

que o estritamente imposto como reacción a unha necesidade externa. Polo tanto, quedan máis

illados e como monumental izados na nosa experiencia os poucos seres que coñecemos capaces dun

esforzo espontáneo e luxoso. Son os homes selectos, os nobres, os únicos activos e non

reactivos, para quen vivir é unha perpetua tensión, un incesante adestramento.

ORTEGA Y GASSET, José: A rebelión das masas.

Os filósofos medievais definían a valentía como a capacidade para realizar o difícil, o "arduo ". San Boaventura definiuno como o grande, excelente e elevado. Para Tomé de Aquino, o arduo é "o

que supera as facultades animais, que son facultades do fácil". Fantástica idea! Seguindo a

Aristóteles, os escolásticos consideran que enfrontarse co difícil era propio da "magnanimidade ", a que definían como "a razoable capacidade de emprender cousas altas ". O animal e o covarde

seguen sempre a lóxica da facilidade, que é á que todos nos sentimos tentados. Vladimir

Jankélévitch -un penetrante analizador dos sentimentos humanos- di nun dos seus libros: "O medo

é, como a mentira, unha tentación da facilidade ''. Eu engadiría: O mesmo ocorre coa preguiza.

MARINA, José Antonio: Anatomía do medo.

Actividade

3. Que esquema común hai nos textos de Saint-Exupéry, Ortega. Tomé de Aquino e Jankélévitch? Que palabras usan para definir o devandito esquema?

4. Relé o texto de Saint-Exupéry. É Guillaumet un valente? É un nobre. no sentido que dá Ortega a esta palabra? Razoa a túa resposta.

2. O ánimo e o desánimo

Hai sentimentos moi básicos, que nos Informan sobre o noso estado xeral. Un ten especial importancia: sentímonos animados ou desanimados. Ás veces non nos interesa nada, pasamos de todo, non hai ningunha cousa que nos saque da apatía O ánimo e o desánimo interesaron moito aos filósofos e aos psicólogos Cando unha persoa está desanimada, sente daquela que non pode facer nada. Nin sente enerxía interior, nin tampouco encontra fóra nada que lle pareza valioso. Para analizar os propios sentimentos, que é un dos obxectivos da "intelixencia emocionai", recorremos á introspección, é dicir, a capacidade de reflexionar e analizar a propia conciencia.

Definicións

(16)

Animo significa un foco de enerxía interior en canto o suxeito se move no mundo. Existe algo

creador no ánimo, algo que empuxa e conforma. Este polo activo do ánimo áchase en íntima

conexión coa voz "vitalidade".

LÓPEZ- IBOR, Juan José: As neuroses como enfermidades do ánimo.

O ánimo e a vitalidade están relacionados coa alegría e a actividade. Por iso, cando falamos de "estado de ánimo", referímonos a como estamos respecto destes sentimentos: vitalidade, enerxía, alegría, actividade.

A acidia [o desánimoJ é unha tristeza molesta, que de tal maneira deprime o ánimo do home, que nada do que fai lle agrada. Leva a certo tedio no obrar, á ociosidade e á somnolencia.

TOMÉ DEAQUINO: Suma teolóxica .

Actividade

1. Define "ánimo" e "desánimo" coa información dos textos anteriores.

Tipos de desánimo:

• O desánimo como resposta a unha situación que nos desborda ou que non entendemos. É unha manifestación do estrés ou ansiedade.

• O desánimo aprendido Despois de varios fracasos, reais ou imaxinados, unha persoa convéncese da súa incapacidade para enfrontarse coa realidade, e acaba refuxiándose nunha pasividade desilusionada. A idea errónea de que nada se pode cambiar reduce a súa actividade. Esta actitude acaba converténdose nun hábito, co que se fai máis poderosa.

• Os encantos da tristeza. Moitas veces a tristeza é confortable porque con esa escusa podemos non facer nada, sen sentirnos culpables. Aos poetas románticos encantáballes a "melancolía". que, segundo Víctor Hugo, é "a dita de ser desgraciado”.

O desánimo e a moral

Irrítame este vocábulo:"moral". Irrítame porque no seu uso e abuso tradicionais enténdese por

moral non sei ben que engadido de ornamento posto á vida e ser dun home ou un pobo. Por iso

eu prefiro que o lector o entenda polo que significa, non na contraposición moral-inmoral, senón

no sentido que adquire cando de alguén se di que está "desmoralizado ". Entón advírtese que a

moral non é unha pe10rmance suplementaria e luxosa que o home engade ao seu ser para obter

un premio, senón que é o ser mesmo do home cando está no seu propio marco e vital eficiencia.

Un home des moralizado é simplemente un home que non está en posesión de si mesmo, que está

fóra da súa radical autenticidade e por iso non vive a súa vida, e por iso non crea nin fecunda nin infla o seu destino.

ORTEGA y GASSET, José: "Porque escribín O home á defensiva?".

O quefacer ético consiste nun adestramento vital grazas ao cal podemos ir encontrándonos en

forma. Da mesma maneira que o deporte require adestramento, desenvolver determinadas

capacidades e habilidades día tras día, o "estar en plena forma" humana, o estar altos de moral,

require exercicio. E ter a moral alta non significa ter un obxecto entre as mans, senón adquirir

mediante actividade a actitude necesaria, a predisposición adecuada para enfrontar os retos vitais

con altura humana.

CORTINA, Adela: Ética civil e relixión.

Actividade

Referências

Documentos relacionados

Se o examinando montar a figura corretamente dentro do limite de tempo, não aplicar a segunda tentativa, passar para a primeira tentativa do item 6. Se o examinando montar a

Sob as condições climáticas encontradas no experimento, os animais estudados tiveram seus parâmetros fisiológicos alterados devido à exposição ao sol, e os animais das

A Tabela 3 apresenta os resultados de resistência ao impacto Izod e as caracterizações térmicas apresentadas em função dos ensaios de HDT, temperatura Vicat e a taxa de queima do

Aparentemente é possível afirmar que a chegada do PT à Presidência da República, e consequente conquista do maior cofre público do país, além da perda de posições

Diante do exposto, este projeto objetivou fortalecer a agricultura familiar junto aos produtores de assentamentos rurais do município de Bananeiras utilizando a

Em estudo de Silva e Rech (2011), concluíram que mesmo em intensidades submáximas, exercícios do treinamento de força proporcionam elevação da FC, PAS, PAD e

Os resultados deste estudo permitem afirmar melhora significativa na qualidade funcional dos pacientes, por meio da sua auto avaliação após a aplicação de toxina

Dica: Use um arquivo de dados exclusivo para seu bloco de controle PID (N9:0, por exemplo). Isso evita reutilização acidental dos endereços do bloco de controle PID por