• Nenhum resultado encontrado

LETRAS GALEGAS Uxío Novoneyra

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "LETRAS GALEGAS Uxío Novoneyra"

Copied!
18
0
0

Texto

(1)
(2)
(3)

LETRAS GALEGAS 2010

Uxío

(4)

U

xío Novoneyra nace en Parada de Moreda, no corazón da Serra do Courel, o 19 de xaneiro de 1930.

En 1945 transládase a Lugo para estudar o bacharelato onde coñece ao seu compañeiro de xeración Manuel María.

En 1947 a autora noiesa María Mariño marcha a vivir ao Courel, con quen Uxío establecerá unha gran amizade que deixará unha profunda pegada na obra de ambos os dous.

(5)

D

e 1949 a 1951 está en Madrid. Acode como ouvinte ás clases de Filosofía e Letras e comeza a escribir en castelán. Inicia tamén a súa actividade de “decidor” de poesía.

No ano 1952 regresa a Galicia e fai o servizo militar en Santiago de Compostela. Coincide de novo co seu amigo Manuel María e entra en contacto con figuras como o ensaísta e ideólogo Ramón Piñeiro, o pintor Carlos Maside e o patriarca don Ramón Otero Pedrayo. Todos eles terán gran influencia na futura obra de Uxío Novoneyra.

(6)

D

e 1953 a 1962 permanece no Courel debendo gardar repouso debido a unha pleuresía. Este tempo de soidade, reflexión e profunda relación coa terra marcará xa para sempre o seu carácter.

Escribe o libro Os eidos (Galaxia, Vigo, 1955). A obra, escrita entre 1952 e 1954, está dedicada a Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Este último é o autor do prólogo.

(7)

V

olve a Madrid no ano 1962 onde permanecerá ata 1966. Traballa na radio e na televisión, asiste ás tertulias

do café Gijón e relaciónase cos membros do grupo Brais

Pinto: Reimundo Patiño, Ramón Lourenzo, Xosé Fernández Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Escribe Elegías de Madrid, que xunto con Primera verdad

y tiempo con nombres e Elegías del Caurel conforman o

libro editado en Madrid en versión bilingüe Elegías del

(8)

E

n 1966 retorna ao Courel. Morre o seu pai e logo a súa nai. En 1973 casa con Elba Rei con quen terá tres fillos.

Cos poemas do ciclo courelao posteriores á publicación do primeiro libro, escritos entre 1954 e 1957, xunto con outros máis recentes e de marcado signo político, publica Os eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado con debuxos de Laxeiro e dedicado á memoria dos seus pais e de María Mariño.

(9)

O

s eidos 2 leva o suxestivo subtítulo Libro de

olladas. Está organizado en seis partes, catro relativas

ao ciclo de os eidos: Serra aberta, Follas de cantigas,

Diario de enfermo e Don do silencio, e dúas de nome

cívico: Letanía de Galicia e outros poemas e O Laxeiro

(10)

E

n 1979 publica Poemas caligráficos. Na obra aparecen conxugadas as dimensións política e gráfico-visual. O limiar Signos

no vento, signos no tempo é de Reimundo Patiño. Contén citas de

Luís Seoane e un debuxo de Patiño. Tamén un álbum fotográfico de Novoneyra no Courel e con Elba.

O libro divídise en dúas partes: Vietnam canto e Poemas caligráficos. Uxío Novoneyra e Elba Rei.

(11)

N

o ano 1985, Edicións Xerais publica unha recompilación ampliada de Os eidos. Libro do Courel que inclúe unha escolma de comentarios críticos, un glosario, un poema caligráfico, tres retratos seus, ilustracións diversas e ata unha partitura musical. Afincado definitivamente en Santiago de Compostela, exerce a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega dende 1982 ata a súa morte en 1999.

(12)

N

a segunda metade da década dos oitenta comeza unha reagrupación temática da súa obra: Muller pra

lonxe (1986) recolle os seus poemas eróticos e

amorosos. Do Courel a Compostela (1988) recolle as composicións de temática política, acompañadas dunha escolma de textos críticos de varios autores, fotografías, etc. Tamén unha versión bilingüe galego-éuscaro da serie courelá, Bazterrak/Os eidos I e II.

(13)

N

os anos noventa dá a coñecer dúas publicacións de literatura infantil, O cubil do xabarín e Gorgorín e Cabezón, dous contos de aventuras protagonizados por rapaces e rapazas e ambientada no Courel.

En 1994 publícase a súa última entrega poética individual, Poemas

da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras.

En 1995 publícase o poemario de temática compostelá e autoría colectiva Camelio xaponés, que reúne en edición bilingüe galego-nipona versos de Ayako Sugitani e de Novoneyra.

(14)

E

n 1997 publica unha nova entrega de literatura infantil, Ilda, o lobo,

o corzo e o xabarín. No 1997, dúas entregas poéticas, Betanzos:

Poema dos Caneiros e Estampas, e Onde só queda alguén pra

aguantar dos nomes. En 1998, o libro de conversas con Emilio Araúxo

Dos soños teimosos. En 1999, ano do seu falecemento, o libro

póstumo Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas que recolle diversas mostras poéticas.

(15)

Letanía de Galicia

GALICIA digo eu / un di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastra os que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza libre pra servir libre pra servir libre pra non ser libre pra non ser libre pra morrer libre pra morrer libre pra fuxir libre pra fuxir GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña

GALICIA viva inda

recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda

recóllote da HISTORIA estás borosa recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa

pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa

sabemos que o home pode ser outra cousa

(16)

VIETNAM CANTO (fragmento)

CUMES CUMES CUMES CUMES COM´ESTES ECOEN UNHA VEZ POR CADA MORTE

VIETNAMMMMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMMMMMMMM

Metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa está E calaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar Hastr´o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSA

un morto dous mortos

tres / trinta mortos

trescentos / tres mil mortos

OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos

tódalas os que se volven ceros 00000000000000000000000 baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á maquina

difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón do monzón na lua do TEIT

dá vergonza vivir

dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA cándo remata un pobo?

un pobo nace sempre

no remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca seino por vós

pobo como o meu GALICIA pequeniña Sola cousa de todos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos

mortos caindo polos teletipos

luas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

(17)

Terras outas e solas

¡TERRAS outas e soas! ¡Ucedo e ucedo!

¡Serras longas mouras! ¡Fontiñas outas

Eu son esta cor de soidá... penedos

carrozos escuros

¡Ancares soñados co lonxe! Fragas agros soutos e devesas!

¡Penas de Marco de Medio Mundo en ¡Labregos e pastoras

[ringuileira do Candelo ás Moás! que solo vistes

¡Cimo da Devesa! istes tesos i estes vales!

¡Alto da Lucenza

Formigueiros Montouto Pía-Páxaro Aturula a curuxa e canta o cuco

Tesos cumes do Courel! ¡Pobso pobres medindo o tempo quedo que se para no cor e

Ardidos de tristura mouros de queimados! [tornándose

contra un vén cravarse no sitio onde máis se

¡Lor ruxindo polo val pecho! [sinte...

(18)

Do Courel a Compostela

Os que así nos tein

só tein noso os nosos nomes no censo,

que astra a nosa suor sen alento se perde na terra. GALICIA, ¿será a miña xeración quen te salve?

¿Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas? ¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!

Referências

Documentos relacionados

O tratamento com FMA compreendeu além da teste- munha (T), que não recebeu inoculação, dois outros: mis- tura de espécies (M) com oito espécies nativas previa- mente

DE MARINGA - DR.ª MARIA SATIE MURATA- GINEC... KEITI FERNANDO SHIRASU

- Aspectos epistemológicos e sociais do conhecimento matemático escolar: (i) A epistemologia da matemática na Educação Matemática: produção e sistematização da matemática;

Calcule o valor da gorjeta (10%) e o quanto cada pessoa de um grupo deve pagar (divis˜ ao equalit´ aria).S˜ ao dados o valor total da conta do restaurante e o n´ umero de pessoas

A Mundo Reader garante-lhe que, durante o período de Garantia, a Mundo Reader ou outra empresa prestadora de serviços autorizada pela Mundo Reader irá dar solução, de forma gratuita

( ) A estrutura atômica melhor aceita, atual- mente, baseia-se na teoria quântica, na qual os elétrons, nos átomos, podem assumir apenas al- guns níveis de energia discretos, mas

Para uma análise mais detalhada do privilégio dado ao retrato memorial nos monumentos funerários brasileiros, selecionamos para o presente texto o monumento da

Dessa forma, Cunha & Guerra (2000:338) consideram a possibilidade de recuperação de áreas degradadas mediante a elaboração de diagnósticos da