• Nenhum resultado encontrado

Aspectos demográficos de Lucus Augusti: segunda mostra Autor(es):

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Aspectos demográficos de Lucus Augusti: segunda mostra Autor(es):"

Copied!
7
0
0

Texto

(1)

A navegação consulta e descarregamento dos títulos inseridos nas Bibliotecas Digitais UC Digitalis, UC Pombalina e UC Impactum, pressupõem a aceitação plena e sem reservas dos Termos e Condições de Uso destas Bibliotecas Digitais, disponíveis em https://digitalis.uc.pt/pt-pt/termos.

Conforme exposto nos referidos Termos e Condições de Uso, o descarregamento de títulos de acesso restrito requer uma licença válida de autorização devendo o utilizador aceder ao(s) documento(s) a partir de um endereço de IP da instituição detentora da supramencionada licença.

Ao utilizador é apenas permitido o descarregamento para uso pessoal, pelo que o emprego do(s) título(s) descarregado(s) para outro fim, designadamente comercial, carece de autorização do respetivo autor ou editor da obra.

Na medida em que todas as obras da UC Digitalis se encontram protegidas pelo Código do Direito de Autor e Direitos Conexos e demais legislação aplicável, toda a cópia, parcial ou total, deste documento, nos casos em que é legalmente admitida, deverá conter ou fazer-se acompanhar por este aviso.

Aspectos demográficos de Lucus Augusti: segunda mostra Autor(es): Arias Vilas, Felipe

Publicado por: Imprensa da Universidade de Coimbra URL

persistente: http://hdl.handle.net/10316.2/45781

DOI: https://dx.doi.org/10.14195/1647-8657_16_2 Accessed : 29-Oct-2022 00:49:45

digitalis.uc.pt impactum.uc.pt

(2)
(3)

ASPECTOS DEMOGRAFICOS DE LUCUS AUGUSTI.

SEGUNDA MOSTRA (*)

Pesia que Lucus Augusti é moi coñecido como lugar de hábitat román polo feito de ter sido capital de «conventus» xurí- dico e por conservar restos de carácter monumental (aumentado i espallado recentemente co gallo das obras de limpeza e restaura­

ción), coma o recinto amurallado completo de época baixo impe­

rial, ou outros restos non menos intresantes coma o mosaico da rúa de Batitales, etc., soio derradeiramente encetóu a despertar intrés todo o referente á sociedade, economía i evolución «integral»

do Lugo román. Non se trata, (como se ten feito moitas veces), de botarmos loubanza sobre loubanza e achádego sobre achádego, pretendendo que éstes sexan sempre meliores e mais antigos cos da cidade ou da bisbarra veciña.

Neste novo orde de cousas, temos encetado o estudo dos aspectos demográficos do Lugo román. Pra elo, noutro lugar (x), recolhamos as vintecinco inscripcións funerarias reutilizadas na

(*) Este traballo constituía a segunda parte dun intento de tirar algunhas conclusions sobor da demografia antiga de Lugo, encetado nas Jor­

nadas de Metodologia aplicada de las Ciencias históricas celebradas en Abril de 1973 en Santiago de Galicia. O momento oportuno da súa presentación no III Congresso Arqueológico Nacional do Porto (Novembro 1973) xa se pode considerar «caducado». Noustante, o traballo, pequeno, ainda pode ter certo intrés pra o tema da demografia romana, anque a metodoloxía e os innumerabéis problemas que ésta plantexa, son decote moi discutidos. Pre­

ferimos conservar íntegro o testo orixinal tal como foi escrito en 1973, e uni­

camente actualizamos algúns detalles e citas bibliográficas (N. do A.).

P ) F. Ar i a s Vi l a s, «Aportación al estudio demográfico del Lugo romano», I Jornadas de Metodologia aplicada de las Ciencias históricas, (San tiago de Compostela, Abril 1973), Santiago de Compostela 1975, I, p. 234 ss.

Pra tódolos aspectos da fortificación baixoimperial, IDEM, Las murallas romanas de Lugo, Studia Archaeologica 14, Santiago 1972.

1 3

(4)

34 FELIPE ARIAS VILAS

construcción do recinto serodio, co fin de chegarmos a algunhas conclusións provisionáis. Nembargantes, o ideal, e asín o sinalá­

bamos entón, era realizarmos unha segunda mostra cos epígrafes, tamén funerários, non achados na muralla co fin de confrontá­

remos ámbalas duas e peneirar, no posible, os resultados. Pro non se pode decir que o intento tivera ésito.

De primeiras, plantexábase un problema de principio:

a segunda mostra tiña que ser mais amplia no tempo, xa que non esistía pra ela un termo «ante quem» como o era o recinto (segunda mitado do s. m) prá primeira. Pro ademáis, somentes coñecemos hoxe catro ou cinco lápidas funerarias, da cidade de Lugo e arra- baldos mais cercanos, que non teñan sido reutilizadas como mate­

rial de construcción. Certamente que ésto se pode deber ao simple azar á hora dos achádegos, (hai abondancia de destruccións e reformas na historia do recinto), pro en todo caso podemos consi­

derólo, dalgún xeito, significativo (2). A esplicación deste forte desequilibrio pode atoparse cicáis no feito de que foran os campo­

santos e necrópolis a «canteira» de primeira man pra aproveitaren estes materiáis, en tódolos casos, graníticos (3).

Das inscripcións a que facemos referencia agora, unha é seguro que non ten nada que ver co recinto (IRG II, n.° 43)(4), outra aparecéu perto da ponte sobre o rio Miño, claramente nos arrabaldos da cidade (IRG II, 71), outra sen noticia esacta sobor do seu lugar de achádego, pro cicáis de San Salvador de Parga (Guitiriz, Lugo) (IRG II, 49) (4bis), e, pra rematar, duas aparecidas en

(2) Sobor dos problemas da representatividade das inscripcións e o seu uso na demografía histórica, ved. derradeiramente, J. Ag u i l e l l a, F. Mo n­ t e s, M . A. Lo p e z Ce r d a y B . Pe r e i r a, «Aplicación de la inferencia estadís­

tica a las inscripciones epigráficas latinas para la determinación de su repre- sentatividad», tamén en I Jornadas de Metodologia... cit., I, p. 251 ss. con toda a bibliografía necesaria.

(3) Algo désto xa foi sinalado por I. A. Ri c h m o n d, «Five town-walls in Hispania Citerior», Journal of Roman Studies, XXI, 1931, p. 90.

(4) IR IIG = F. Va z q u e z Sa c o y M. Va z q u e z Se i j a s, Inscripciones Romanas de Galicia, II, Provincia de Lugo, Santiago de Compostela 1954.

Lápida funeraria referida a dous irmáns asesinados.

(4bis) Hoxe sabemos que esta lápida aparecéu na Porta Nova da muralla, e non se pode, pois, contar eiquí con ela (N. do A. posterior á redacción orixinal do artigo).

(5)

Aspectos Demográficos de Lucus Augusti 35

lugares moi cercanos (caseque ao pé) á muralla e que plantexan a dúbida de si foron ou non reutilizadas naquéla (5). De todas maneiras, non se alterarían moito, polo menos cualitativamente, as ideias espostas outras veces (véx. nota 1); polo contrario, habería que engadir unha unidade ao número de xente militar destinada en Lucus Augusti.

Pola pouquedá desta segunda mostra, parece superfluo facer listas e análises máis desmiuzados. Haberá que convenir en que a epigrafía funeraria de Lugo xa deu todo o que podía dar en canto á sua utilización pra nos aclarar algo encol da demografía da cidade en época romana. Haberá que pensar noutras fontes, moito menos seguras ainda, e se pode facer verbo désto unha breve recopilación daquelo co que contamos actualmente.

As inscripcións non funerarias oferecen moitos menos datos pra o seu uso na demografía antiga, pois soio algúns de carácter cualitativo poden ser útiles pra este fin(6). Ademáis, a variedade destes epígrafes fai máis complexos ainda os problemas de repre- sentatividade denantes citados. As fontes testuáis redúcense prácticamente ás liñas de Plinio sobor dos «capita libera» dalgúns conventos (entre eles o lucense), e varias veces se ten insistido ñas precaucións que se deben adoitar ao calculáremos a poboación absoluta de Lugo na época romana, e pensamos nun periodo de tempo que iría dende o 26/25 a.C. deica o primeiro decenio do s. v d.C.

Esisten ainda maiores atrancos e dificuldades, hoxendía, pra o cálculo da densidade da poboación: á anterior falla de dato sobor do elemento humán, hai que engadir o precario coñece- mento que hoxe temos da área urbana de Lugo. Na época altoim- perial a nosa ignorancia é case total a pesares dos trazados propos-

(6) Trátase de IRG II, n . ° 35 e dim derradeiro achádego: N. Ar e s Va z q u e z, «Epígrafe de un veterano forastero en Lugo», Boletín de la Comisión provincial de Monumentos de Lugo, IX, 1971-72, p. 3 ss.. Unha revisión da mesma en P. l e Ro u x e A . Tr a n o y, «Notes d’Epigraphie romaine de Galice», Cuadernos de Estudios Gallegos (Homaxe a D. Fermín Bouza Brey), XXVIII, 1973, p. 233 s.

(6) Por exemplo, cfr. G. Ga r c í a Me r i n o, Población y poblamiento en Hispania romana. El Conventus Cluniensist Valladolid 1975, por citarmos a aportación importante mais recente.

3

(6)

36 FELIPE ARIAS VILAS

tos pra o campamento augústeo (7); éste ten de se buscar, a falla doutras fontes, por dous medios fundamentalmente: por únha banda, a análise de planos antigos da cidade, coma o do séc. xvm esistente no Museo Provincial (8), pois é sobor deles e non sobor de planos urbanísticos actuales, onde poderemos atopar algún rastro. Por outro lado, a sistematización dos achádegos arqueo- lóxicos, epigráficos e numismáticos de toda erase en Lugo e o seu arrabaldo cercano, tanto os casuáis (tan abondosos) coma os que son resultado de escavacións estratigráficas, éstas nos dous derra­

deiros anos (9), co fin de delimitar as zonas arqueolóxicamente mais «fértiles» e tencionarmos reconstruir sobre elas o trazado do primeiro núcleo urbán, percurándoo, máis que nada, no que cha­

maríamos «Lugo vello».

En época baixoimperial, as murallas abranguen o presunto campamento orixinario, pro ademais é moi probable que deran cabida a espacios sen habitaren, cicais con vistas a daren acobillo e refuxio ás xentes do campo circundante nun intre de perigosa inseguridade. Asin o amosa a pouquedá de calquer tipo de achá­

degos na zona Este da cidade, por exemplo. Hay que ter ésto en conta pra non caermos no erro de calcular a poboación segundo o números de hectáreas intramuros (10) ou no de, de maior impor­

tancia ainda, de percurarmos por tódolos medios o «cardo» e o

«decumanus» entre varias portas do recinto amurallado.

(7) Aceptado comúnmente e a eito a partires de A. Sc h u l t e n, Cánta­

bros y astures y su guerra con Roma, Madrid 1943, p. 177. Un novo estado da custión en F . Ar i a s Vi l a s, «Acerca de l a topografía romana de Lucus Augusti», Symposium de Ciudades Augusteas, II, Zaragoza 1976, p. 63 ss. onde se desen­

rolan as ideias perxeñadas no traballo orixinal de 1973.

(8) Reproducido en Ar i a s, Las murallas..., cit., fig. 3.

(9) As memorias destes traballos foron remitidas no seu día à Comisaría General de Excavaciones Arqueológicas. O seu intrés consistiu en locali­

zarmos zonas que podemos considerar habitadas, polo menos en época baixo- -imperial, no ángulo Noroeste da cidade, (intramuros), anque a zona escavada non é estensa e ós poucos e será menos, pois, os planos de urbanización están a piques de esgotar as xa escasas zonas «escavables» de Lugo. Un resumo das memorias devanditas en Noticiario Arqueológico Hispánico, (Arqueología 5), no prelo.

(10) Asi se ten feito por J. C. Ru s s e l l, «Late Ancient and Medieval population», Transactions of the American Philosophical Society, 48, 3, 1958, p. 74.

(7)

Aspectos Demográficos de Lucus Augusti 37

Outra fonte de coñecimento pra algúns aspectos da poboa- ción de Lucus Augusti, sería a posibilidade de pescudar i estudar o referente aos enterramentos comúns (anepigráficos) en cistas de tella ou ladrillo ou lousa, co fin de termos algún número aprósi- mado e tirarmos unhas ideias xerales de carácter antropolóxico físico (u). Pro, de tódolos xeitos, estas análises soio serian unha parte, e cicáis non a maior delas, coa que haberla que contar á hora de tencionar unha visión clarificadora e de síntese.

Todos estes problemas que atinguen ao caso concreto lucense, teñen de se esplicar ademáis, en última instancia, dentro da marcha xeral da poboación e o poboamento en época romana. Os conceptos xerales sobor do crecemento natural na devandita época, as liñas dominantes ñas migracións e, dende logo, as coiunturas políticas, militares e socioeconómicas poden, (e deben en boa lóxica) clarexar moitos aspectos demoxeográficos que hoxe non acertamos a com­

prender por esquencermos o contesto e as liñas xerales de evolu­

ción do Occidente antigo.

Felipe Arias Vilas

(u) Pra escomenzar habería que contar provisoriamente con M. Vaz­

q u e z Se i j a s, «Enterramientos romanos», Boletín de la Comisión... de Lugo, cit. III, 1948, p. 194 ss. Véx. tamén Ar i a s, «Acerca de la topografía romana...», xa citado.

5

Referências

Documentos relacionados

Assim, propusemos que o processo criado pelo PPC é um processo de natureza iterativa e que esta iteração veiculada pelo PPC, contrariamente ao que é proposto em Cunha (2006)

Figura A.164 – Custos de Exploração por metro cúbico de água faturada em função do número médio de trabalhadores para EG de gestão direta por grau de fiabilidade dos dados.

Even for the usual Becker-D¨ oring equations with input of monomers, the long time behaviour of solutions is not completely understood, [12], and so it seemed advisable to start with

É possível estabelecer um elo de ligação e comparação entre o sangue periférico e a saliva, no que concerne a diferentes estados fisiológicos e patológicos

CSPCCO – COMISSÃO DE SEGURANÇA PÚBLICA E COMBATE AO CRIME ORGANIZADO Reunião destinada a discutir e votar as sugestões de emendas da Comissão ao PLN nº 20/17 (Lei

Foram desenvolvidas duas formulações, uma utilizando um adoçante natural (stévia) e outra utilizando um adoçante artificial (sucralose) e foram realizadas análises

5.2 Importante, então, salientar que a Egrégia Comissão Disciplinar, por maioria, considerou pela aplicação de penalidade disciplinar em desfavor do supramencionado Chefe