• Nenhum resultado encontrado

con autismo, déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e trastorno obsesivo compulsivo (TOC).

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "con autismo, déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e trastorno obsesivo compulsivo (TOC)."

Copied!
9
0
0

Texto

(1)

BASES DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL TEMPORAL VENCELLADO AO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

para a diagnose xenética en nenos e adolescentes con autismo, déficit de

atención e hiperactividade (TDAH) e trastorno obsesivo compulsivo (TOC)

FINANCIADO

POLA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE AO ABEIRO DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA, FUNDACIÓN DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO A CORUÑA E A FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE.

A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX), en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos seus Estatutos e pola Lei 10/96, de 5 de novembro, fai pública a convocatoria de selección dun posto de traballo con carácter temporal e de conformidade coas seguintes bases.

BASES DA CONVOCATORIA

1.- OBXECTO DO PROCESO.

O obxecto desta convocatoria é a cobertura con carácter TEMPORAL dun posto de traballo da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dacordo co disposto na Lei 10/1996 de 5 de novembro de actuacións de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

A praza que se cubrirá neste proceso selectivo desenvolverá os labores necesarios para a realización do proxecto de investigación para a diagnose xenética en nenos e adolescentes con autismo, déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e trastorno obsesivo compulsivo (TOC).

GRUPO DENOMINACIÓN CATEGORÍA CONVOCAPRAZAS

DAS REQUISITOS POSTO DE TRABALLO

Tipo contrato e duración

A INVESTIGADOR PERSOAL 1 Licenciado/a en Bioloxía

⌧ Apoio á investigación. Contrato de duración determinada aprox. ata 28/02/2014 POR OBRA E SERVIZO asociado a proxecto de investigación

O contrato a celebrar co aspirante seleccionado axustarase ao disposto no Real Decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo e ao disposto no artigo 17.1.a) da Lei 13/1986, do 14 de abril, de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica.

2. REQUISITOS DE ADMISIÓN

(2)

1.- Requisitos:

a. Ter nacionalidade española.

Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

Ser nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais asinados pola Unión Europea e ratificado por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Calquera que sexa a súa nacionalidade, tamén poderán participar os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes.

Ter residencia legal en España, non caso de tratarse de estranxeiros non incluídos nos apartados anteriores.

b. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa no momento de presentación da solicitude.

c. Estar en posesión da titulación requirida para poder optar ao posto.

d. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

f. Aportar toda a documentación esixida para o posto dentro do prazo establecido. Ao se presentaren a este proceso, asúmese que os candidatos coñecen e aceptan as bases da convocatoria.

3. LUGARES DE INFORMACIÓN E RECOLLIDA DE SOLICITUDES

(3)

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

Hospital Clínico Universitario, Edificio consultas planta menos 2 15706 SANTIAGO

Tfno. 981 95 14 91 – Fax 981 95 14 73

O horario para tódalas fases do proceso (inicio e remate dos diferentes prazos) así como para información será de 09:00 a 14:00 h., de luns a venres.

Tódolos actos do proceso selectivo publicaranse tanto na web do Servizo Galego de Saúde (Emprego Público / Outros Procesos Selectivos) coma no taboleiro de anuncios da Fundación.

4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a contar desde o día seguinte ao da súa publicación na intranet do Servizo Galego de Saúde e en páxinas web de asociacións e/ou organismos especializados.

Os aspirantes deberán entregar, nas oficinas da Fundación ou en calquera Rexistro Oficial ou mediante correo postal certificado, a seguinte documentación:

a. Solicitude asinada en modelo oficial e folla de autobaremo. Anexo II e III.

b. Fotocopia do DNI ou pasaporte. Os estranxeiros deberán acreditar documentalmente as circunstancias establecidas no punto 2.1.a.

c. Xustificante de ter aboadas as taxas e/ou aquela que sexa necesaria para xustificar a exención de pagamento das taxas; así, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, se esixe para o suposto de discapacidade, un certificado de minusvalidez; no suposto de familia numerosa, un certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar no que conste dito carácter; e no caso dos demandantes de emprego, certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que o/a aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos 6 meses antes á data da publicación das bases deste proceso selectivo no que solicita a súa participación e non está a percibir a prestación ou subsidio por desemprego.

d. Copia compulsada da títulación esixida ou xustificante da súa solicitude aboando os correspondentes dereitos para a súa obtención.

e. Copia compulsada das bolsas, contratos de traballo e/ou certificados de servizos prestados (con indicación expresa do servizo, unidade, da categoría profesional e

(4)

f. Toda a documentación en idioma distinto do castelán ou galego, deberá ir acompañada de traducción oficial.

5. COMISIÓN DE SELECCIÓN

Co gallo da selección queda constituída unha Comisión de Selección, que terá por obxecto garantir e supervisar o desenvolvemento axeitado do proceso en todas as súas fases. A Comisión de Selección axustarase ao disposto no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Todos os membros teñen un nivel académico igual ou superior ao posto ofertado.

A Comisión será paritaria, nos termos establecidos no artigo 36 da lei 7/2004 galega de igualdade - modificado pola disposición adicional primeira la lei 2/2007 do traballo en igualdade- e está composta (quórum necesario) por:

- 1 Director da FPGMX, que actuará como presidente e ostentará o voto de calidade para o caso de empate.

- 2 investigadores principais da FPGMX. 6. DOCUMENTACIÓN E RECLAMACIÓNS

Os aspirantes quedan vencellados aos datos que fixeron constar na súa solicitude. O enderezo que figura na mesma considerarase o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do candidato, tanto os erros na consignación del, como a non comunicación de cambios de enderezo.

Disporase de dous prazos de reclamacións:

1. Reclamacións á Listaxe de Admitidos/Excluídos e de puntuación provisional dos méritos alegados e desglosados: 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación da devandita listaxe provisional.

2. Reclamacións á listaxe de puntuacións provisionais da fase do concurso: 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación da devandita listaxe provisional.

3. Reclamacións á resolución do proceso (concurso + entrevista co detalle da puntuación): 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación da listaxe provisional coas puntuacións acadadas por cada aspirante.

Todas as reclamacións que se realicen durante o proceso de selección deberán ser remitidas polo interesado á Comisión mediante o seu rexistro nas instalacións da FPGMX.

(5)

Tramitadas todas as reclamacións, procederase á publicación da listaxe definitiva do proceso. Para este efecto a estimación das reclamacións entenderanse implícitas nesta publicación.

7. ETAPAS DO PROCESO DE SELECCIÓN O proceso selectivo ten dúas fases:

1. A primeira fase consiste na valoración dos méritos dos candidatos segundo o baremo oficial publicado como Anexo I. A puntuación máxima da fase de baremación será de 9 puntos.

Rematada esta fase, publicarase a relación provisional de candidatos coas súas puntuacións de méritos.

2. A segunda fase consiste na realización pola Comisión de Selección dunha entrevista persoal dos aspirantes que superaran a fase anterior e cunha duración aproximada de 15 minutos. A entrevista versará sobre o área de traballo correspondente ao posto ao que opta o candidato. A puntuación máxima da fase de entrevista será de 1 punto. Só serán convocados a esta fase os aspirantes coa máxima puntuación na primeira fase ou aqueles cunha puntuación inferior en menos de 1 punto á máxima puntuación acadada na primeira fase.

Os aspirantes serán convocados a través de correo postal certificado ou calquera outro medio polo que queda constancia da recepción da preceptiva comunicación, sinalando o lugar e data das entrevistas.

Rematada esta segunda fase, publicarase a relación total de candidatos coas súas puntuacións.

Á vista das reclamacións presentadas, e realizadas cando proceda as oportunas correccións, serán publicadas as listaxes definitivas de aspirantes, coa puntuación total acadada.

Realizarase a contratación temporal do/a aspirante que acade maior puntuación no proceso, establecendo como substitutos ao candidato/a seguinte por orde de puntuación na lista. No caso de empate na puntuación total, contratarase o/a candidato/a con maior puntuación no apartado de experiencia. De persistir o empate, o seguinte criterio será o de maior puntuación no apartado de formación. Se segue manténdose o empate, o criterio a adoptar será o do/a candidato de maior idade e, no derradeiro extremo, pódese acudir a orde alfabética iniciándose pola letra establecida no sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de Selección do Persoal da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 95/91, do 20 de marzo) e que para o ano 2013 corresponde á letra X.

(6)

A notificación realizarase de xeito que quede constancia formal da súa recepción e se o/s seleccionado/s non responde/n ao chamamento no prazo de tres días, a Fundación entenderá que rexeita a contratación, e procederase o chamamento do/a seguinte candidato/a.

Ao remate do proceso selectivo poderase confeccionar listaxe por orde de puntuación para contratacións temporais posteriores a efectos da substitución da persoa seleccionada, sempre que os candidatos non manifesten expresamente a súa negativa, e en tanto esta Fundación non se adapte á Lei 16/2010 do 17 de decembro e non se modifique o Decreto 37/2006 de 2 de marzo. A vixencia da listaxe será de 18 meses. 8.-LIQUIDACIÓN DE TAXAS

Os candidatos interesados en presentarse ao proceso de selección deberán xuntar á súa solicitude o xustificante de ter ingresado na conta do BANCO SANTANDER CENTRAL HISPANO 0049 2584 90 2214181947, o importe correspondente á categoría á que se presenta.

O importe a liquidar para a participación neste proceso de selección é o que se relaciona de seguido:

Titulado/a superior 40,74 €

Estarán exentos do abono das taxas, amais dos candidatos/as que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, os membros de familias numerosas de categoría especial, que no caso de seren categoría xeral terán unha bonificación do 50%.

Asemade contarán coa bonificación do 50% as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos seis meses antes á data da publicación da convocatoria deste proceso de selección e non estean a percibir a prestación ou subsidio por desemprego.

(7)

ANEXO I

BAREMO DE MÉRITOS

Os méritos a valorar, que se computarán ata a data inmediatamente anterior á da publicación do anuncio da presente convocatoria, son os que se relacionan de seguido.

A) EXPERIENCIA

CONCEPTO PUNTOS

Actividades de carácter científico relacionadas con xenética 0,05/mes TOTAL (máximo 3 puntos)

B) FORMACIÓN

CONCEPTO PUNTOS

Diploma de estudos avanzados (ou equivalente) relacionado con

xenética 0,5

Másters relacionados con xenética 0,5/máster

Título de doutor nunha disciplina biomédica 1

Cursos/seminarios de programación ou informática 0,25/curso ≥ 10 horas 1/curso ≥ 30 horas 1,5/curso ≥ 60 horas Cursos/seminarios de análise de datos xenéticos ou

bioinformática

0,25/curso ≥ 10 horas 1/curso ≥ 30 horas 1,5/curso ≥ 60 horas

Dominio de inglés (nivel B2 de EOI ou equivalente) 0,5

TOTAL (máximo 3 puntos)

c) OUTROS MÉRITOS

CONCEPTO PUNTOS

Publicacións en xenética psiquiátrica no primeiro cuartil de

impacto da súa área (ISI web of Science) nos últimos cinco anos 0,25/publicación Publicacións en xenética como primeiro autor na primeira

mitade de impacto da súa área (ISI web of Science) nas que se empreguen programas informáticos de análise de datos

xenéticos nos últimos cinco anos 0,25/publicación

(8)

ANEXO II

MODELO DE INSTANCIA PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO PROCESO SELECTIVO CON CARÁCTER TEMPORAL DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA

NOME ………. APELIDO 1 ……….. APELIDO 2 ………. DNI (prégase sinalar a letra NIF) ………..

ENDEREZO

(a efectos de notificacións)

TELÉFONOS DE CONTACTO

Mediante esta instancia, solicito a inclusión da miña candidatura no proceso de selección e autorizo á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica á publicación dos resultados nos que consten os meus datos persoais, segundo o establecido nas bases da convocatoria.

1. Sinale o posto ao que desexe presentarse (sinale cun X)

POSTO REFª

INVESTIGADOR/A BIÓLOGO-F.JOVE

2. Documentación aportada para o proceso (sinale cun X) xuntamente a esta instancia:

□ FOTOCOPIA DO DNI OU PASAPORTE □ XUSTIFICANTE DE TER ABOADO AS TAXAS. □ FOLLA DE AUTOBAREMO.

□ COPIA DO CURRÍCULUM VITAE.

□ COPIA COMPULSADA DA TITULACIÓN OFICIAL ESIXIDA. □ COPIA COMPULSADA DOUTRAS TITULACIÓNS OFICIAIS.

□ COPIA COMPULSADA DE BOLSAS, CONTRATOS DE TRABALLO E/OU DOS CERTIFICADOS DE SERVIZOS PRESTADOS.

COPIA COMPULSADA OU ORIXINAL DA VIDA LABORAL ACTUALIZADA. COPIA DE PUBLICACIÓNS.

OUTRAS XUSTIFICACIÓNS.

Asdo. ………..

- Para poder ser admitida a candidatura é imprescindible a entrega deste modelo asinado xunto coa documentación que o candidato desexe achegar.

- As instancias dirixiranse á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Hospital Clínico Universitario, Edificio Consultas planta menos 2 (15706 SANTIAGO), en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A/A: FUNDACIÓN P.GALEGA M.XENÓMICA

Tfno.1: Tfno.2: Tfno.3:

ESPAZO RESERVADO PARA O REXISTRO NA FPGMX

(9)

ANEXO III

FOLLA DE AUTOBAREMO

A) EXPERIENCIA

INSTITUCION ACTIVIDADE MESES PUNTOS

B) FORMACIÓN

CONCEPTO TÍTULO DURACIÓNa PUNTOS

aNo caso de cursos/seminarios, indíquese duración en horas.

c) OUTROS MÉRITOS Publicación (xornal, nº, pax, ano)

Título categoría ISI,

orde do xornala PUNTOS

aIndíquese o nome da categoría ISI web of knowledge á que pertence o xornal, así como a súa orde sobre o total dos xornais da categoría.

Engádanse tantas páxinas como se precisen

A persoa que asina DECLARA que son certos os datos consignados, e comprométese a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Referências

Documentos relacionados

Segundos os dados analisados, os artigos sobre Contabilidade e Mercado de Capital, Educação e Pesquisa Contábil, Contabilidade Gerencial e Contabilidade Socioambiental

nesta nossa modesta obra O sonho e os sonhos analisa- mos o sono e sua importância para o corpo e sobretudo para a alma que, nas horas de repouso da matéria, liberta-se parcialmente

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

3.3 o Município tem caminhão da coleta seletiva, sendo orientado a providenciar a contratação direta da associação para o recolhimento dos resíduos recicláveis,

Apesar do glicerol ter, também, efeito tóxico sobre a célula, ele tem sido o crioprotetor mais utilizado em protocolos de congelação do sêmen suíno (TONIOLLI

A motivação para o desenvolvimento deste trabalho, referente à exposição ocupacional do frentista ao benzeno, decorreu da percepção de que os postos de

São por demais conhecidas as dificuldades de se incorporar a Amazônia à dinâmica de desenvolvimento nacional, ora por culpa do modelo estabelecido, ora pela falta de tecnologia ou