• Nenhum resultado encontrado

EDICIÓN DE SON CON AUDACITY

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "EDICIÓN DE SON CON AUDACITY"

Copied!
27
0
0

Texto

(1)

EDICIÓN DE SON CON AUDACITY

Estándares de aprendizaxe do tema

OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE

AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE  c  f  g  h  i  m  ñ  o B3.6. Edición e montaxe de materiais audiovisuais a partir de fontes diversas. Captura de imaxe, de audio e de vídeo, e conversión a outros formatos.  B3.2. Elaborar contidos de imaxe, audio e vídeo, e desenvolver capacidades para integralos en diversas producións.  TICB3.2.2. Emprega dispositivos de captura de imaxe, audio e vídeo, edita a información mediante software específico e crea novos materiais en diversos formatos. CD CMCCT. CCL CAA CSIEE

Presta atención ao estándard indicado, é un indicativo do que debes saber facer. 1.INTRODUCIÓN

Audacity é un programa libre desenvolvido por un grupo de voluntarios e distribuído baixo a Licenza Pública Xeral de GNU- e de código aberto. Permite acceder ao seu código fonte de forma que outros poidan analizalo e melloralo.

Audacity ten por finalidade a edición e procesamento de sons. É un programa potente co que podemos: - Gravar locucións usando un micrófono.

- Dixitalizar gravacións de cintas de casette, discos de vinilo, ou minidisc.

- Importar e exportar arquivos WAV, AIFF, AU, Ogg Vorbis e MP3 (para exportar a MP3 necesita a instalación de LAME).

- Editar sons permitindo realizar as tarefas básicas de cortar, pegar e empalmar sons. - Mesturar pistas con diferentes frecuencias de muestreo ou formatos.

- Aplicar diferentes efectos ao son (eco, cambio da velocidade ou o ton, eliminar ruídos de fondo, ...) INSTALACIÓN

Para instalar o programa, en primeiro lugar visitaremos a páxina web de Audacity http://audacity.sourceforge.net/ . dende aquí podemos descargar e instalar o programa Audacity e Lame, necesario para exportar arquivos MP3.

Descrición dalgunhas funcionalidades do programa: 1. 1. Gravar

Audacity pode gravar sons en directo, usando un micrófono ou un mesturador, ou ben dixitalizar gravacións de cintas de: casette, discos de vinilo, ou minidisc. Con algunhas tarxetas de son pode ata capturar «fluxos de son».

Gravar dun micrófono, a liña de entrada ou outras fontes.

Copiar encima de pistas existentes para crear grabacións multipista.

Gravar ata 16 canles á vez (require hardware multi-canle).

(2)

1. 2. Importar e exportar

Importa arquivos de son, e permite editalos e combinalos con outros arquivos ou novas gravacións. Exporta as gravacións en varios formatos de son.

 Importa e exporta arquivos WAV, AIFF, AU, e Ogg Vorbis.

 Importa son en formato MPEG (incluíndo arquivos MP2 e MP3) con libmad.  Exporta MP3s co codificador opcional LAME.

 Crea arquivos WAV ou AIFF para almacenalos en CD de son.  Importa e exporta todos os formatos soportados por libsndfile.

 Abre arquivos de son «crus» (sen cabeceiros mediante o comando «Importar Raw»).

Nota: Audacity non traballa cos formatos WMA (específico de Windows) , AAC (específico de Apple), ou o resto dos formatos de arquivo propietarios ou restrinxidos.

1. 3. Edición

Edición sinxela mediante cortar, copiar, pegar e borrar.

 Utiliza ilimitados niveis de desfacer (e refacer) para volver a calquera estado anterior.  Edición rápida de arquivos grandes.

 Edita e mestura un número ilimitado de pistas.

 Utiliza a ferramenta de debuxo para alterar as mostras individuais.  Disolve o son suavemente coa ferramenta «envolvente».

1.4. Efectos

 Cambia o ton sen alterar o tempo e viceversa.

 Elimina ruídos estáticos, silbidos, tarareos ou outros ruídos de fondo constantes.  Altera as frecuencias coa ecualización, filtros FFT e amplificar os baixos.

 Axusta os volumes co compresor, amplificar e normalizar os efectos.  Outros efectos incluídos:

Eco: A finalidade do efecto consiste en repeticións sucesivas da frase, atenuando progresivamente o volume do son. É de utilidade para enfatizar frases de despedida na distancia ou reproducións de eco en situacións nas que se supón que se está na natureza. O procedemento é o habitual: selección da frase ou palabra e aplicación. Os parámetros que interveñen son:

- O tempo de atraso: mídese en segundos e é a diferenza entre un eco e outro.

- O factor de decaemento: a súa medida oscila entre 0 (non hai eco) e 1 (igual volume). O habitual é que o decamento do volume sexa ao 0.5

Fade In /Fade Out: Consiste no aumento progresivo do volume a partir da marca de inicio (Fade in) ou o seu contrario, que é a diminución progresiva ou desvaecemento do volume (Fade out). Son moi utilizados en multimedias para:

- Dar a entrada suavemente a pezas musicais de fondo ou ben desvaecer o son cando na peza musical achégase un silencio que queda complementado con narración oral. En definitiva trátase de evitar cambios bruscos.

(3)

contrario, o alonxamento de voces que se distancian. O procedemento a seguir para a súa aplicación é o habitual, consistente en seleccionar sucesivamente as zonas do audio onde queremos aplicar os efectos. Na aplicación dos efectos, non aparece ningún cadro de diálogo, o que nos obriga a facer diferentes ensaios e audicións ata quedar satisfeitos do resultado obtido. Eliminación de ruído: Trátase dun efecto de moita utilidade para eliminar os ruídos que xera o feito de gravar nunhas condicións que non son as óptimas. É ideal para eliminar ruído de ambiente , como ventiladores, ruído de fondo de discos de vinilo ou zumbidos. Non é de moita eficacia ao tratar de eliminar música de ambiente. Trátase dun efecto aplicable a todas as gravacións para optimizar o seu acabado final. Existen dous problemas frecuentes que distorsionan a calidade: o ruído e o efecto click.

- Eliminar o ruído: Audacity esixe poder recoñecer previamente o ruído para tratar de eliminalo despois.

- Eliminar o efecto click: esíxenos establecer o limiar e o pico de anchura máxima, a partir dos cales queda eliminado.

Amplificar o son: O efecto amplificar ten como finalidade aumentar o volume dunha palabra, expresión ou parte dunha narración coa fin de enfatizar o seu protagonismo expresivo por razóns do guión. O procedemento consiste en seleccionar a palabra ou frase que desexamos amplificar e aplicar o efecto en Menú >Efecto >Amplificar.

- Movemos o potenciómetro horizontalmente ata conseguir os decibelios desexados.

- Previsualizamos os resultados e se non distorsiona e o resultado é satisfactorio, >Aceptamos. Wahwah: Este efecto pretende que a audición circule alternativamente polos altofalantes esquerdo e dereito ao axustar automáticamente a fase da canle esquerda e dereito nunha grabación estéreo, de forma tal que a palabra parece pasar dun falante a outro. Utilízase un oscilador de baixa frecuencia (LFO) para controlar o movemento do filtro a través do espectro de frecuencia (non recomendamos que sexa excesivamente rápido).

1. 5. Calidade de son

 Grava e edita mostras de 16-bit, 24-bit e 32-bit (en punto flotante).  Grava ata un máximo de 96 KHz.

 As frecuencias de muestreo e formatos son convertidos mediante un proceso de alta calidade.

 Mestura pistas con diferentes frecuencias de muestreo ou formatos e Audacity converteraos automáticamente en tempo real.

1. 6. Complementos

• Engade novos efectos cos complementos LADSPA.

• Audacity inclúe algúns complementos de exemplo escritos por Steve Harris. • Carga complementos VST para Windows e Mac, co opcional Activador VST. • Escribe novos efectos coa linguaxe de programación Nyquist incluído.

(4)

1. 7. Análise

• Modo espectrógrafo para visualizar frecuencias.

• Comando «Debuxar espectro» para obter unha análise detallada das frencuencias. 1.8. Libre e multi-plataforma

 Cunha Licenza Pública Xeral de GNU (GNU GPL). Comando «Debuxar espectro» para obter unha análise detallada das frencuencias.

 Corre baixo Mac OS X, Windows e GNU/Linux. 2. INSTALAR O PROGRAMA

Antes de aprender a usar Audacity, debemos instalalo. Para iso, facemos dobre clic sobre o arquivo instalador do programa, audacity-win.exe. Isto instalará Audacity con todo o que é necesario para traballar con el.

De forma predeterminada, o programa queda instalado na seguinte ruta do noso ordenador: C:/Arquivos de programa/Audacity

3. A PANTALLA DE AUDACITY

Unha das vantaxes de Audacity é a súa facilidade de uso, de forma sinxela podemos acceder ás diferentes funcionalidades que presenta. Ao iniciar o programa visualízase o mesmo coas diferentes zonas que nos ofrecen ferramentas para a edición de son.

(5)

Barra de niveis de Intensidade

Mostra graficamente o nivel de intensidade da pista activa, tanto a de reprodución como de gravación.

Barra de mestura

Permite establecer o nivel de volume de saída -altofalantes- e entrada. O dispositivo de entrada pode ser seleccionado nunha lista desplegable.

Pistas de audio

Permiten visualizar as ondas de son. Son fiestras independentes que poden eliminarse,

mesturarse, silenciarse, etc. Na zona superior a regra horizontal mostra o tempo, polo que nos permite coñecer a duración dos sons da pista. Desde o seu menú podemos modificar a forma da onda:

a) Forma de onda. A regra vertical representa a intensidade do son, nun rango de 1 a -1..

b) Forma de onda (Db). A regra vertical representa a amplitude de son en decibelios. Asígnase o valor 0 á máxima intensidade e valores negativos ás intensidades menores

(6)

c) Espectro. A regra vertical representa a escala de frecuencias. As cores máis cálidas indican maioramplitud de frecuencia dos armónicos.

d) Ton. Representa o ton armónico fundamental en cada instante.

O menú das pistas de audio permite establecer a modalidade da canle de audio:

1. Mono. Pista composta por unha única canle, polo que escoitamos o mesmo polos altofalantes. 2. Canle esquerda. Pista composta por unha única canle que se escoitará polo altofalante esquerdo. 3. Canle dereita. Pista composta por unha única canle que se escoitará polo altofalante dereito. 4. Facer pista estéreo. Combina dúas pistas compostas por unha única canle, de forma que a superior será a canle esquerda e a inferior a dereita. Unha vez convertido en estéreo as accións de edición afectan ás dúas canles.

5. Dividir pista estéreo. Converte as dúas canles dunha pista estéreo en dúas canles independentes, que permiten unha edición diferencial.

(7)

4. GRAVAR SONS

Para gravar unha locución ou dixitalizar un son. Deberemos en primeiro lugar, comprobar que está seleccionado a canle de entrada que imos utilizar na barra de mestura e axustar o volume do micrófono. Posteriormente, pulsar sobre Gravar, dicir a locución con claridade e deter ao finalizar a gravación.

Comproba que a gravación foi realizada correctamente. Se é necesario podemos utilizar os botóns de edición (cortar, copiar, pegar,...) para mellorar a gravación. Unha vez esta sexa correcta podemos exportar o arquivo a formato WAV

5. CAMBIAR O FORMATO DUN ARQUIVO DE SON

Mediante Audacity podemos exportar arquivos de son a tres formatos WAV, MP3 e Ogg Vorbis (OGG). Unicamente debemos abrir o arquivo de son e seleccionar exportar como ...

6. GRAVAR UNHA LOCUCIÓN SOBRE UN ARQUIVO DE SON.

Se dispoñemos dun arquivo de música e desexamos sobreimpresionar unha locución, podemos seguir o seguinte procedemento.

1. Abrir o arquivo de música WAV. (Consulta a aula virtual para descargar música libre de dereitos de autor)

(8)

2. Gravar a locución. Veremos que se crea unha pista mono co contido da locución gravada.

3. Axustar o volume das dúas pistas para a mestura. Para axustar o volume das pistas podemos: a) Utilizar de a barra de ferramentas da pista á liña de volume, coa fin de que a locución se oia claramente sobre a música.

b) Situar unha envolvente de modo que a música que queiramos escoitar sen locución teña maior amplitude, e a que desexamos de fondo da locución menor amplitude, deste xeito escoitarase nun volume máis baixo e permitirá escoitar a locución.

Para crear a envolvente debemos seleccionar as pistas do música de fondo e da gravación realizada e utilizar a icona sinalada na seguinte imaxe

Unha vez feita a selección trátase de ir creando puntos nas pistas e baixando a intensidade de son da música de fondo cando se recita o poema e subindo a intensidade da música cando no recitado hai silencios.

(9)

Exemplo de creación de envolvente

4. Mesturar as dúas pistas. Para iso: 1º seleccionar as dúas pistas e 2º Pistas>Mesturar e Xerar

5. Exportar o son nun formato reproducible nun equipo de música, teléfono móbil, etc. (Véxase o seguinte apartado)

Exportar como arquivo MP3

- Mentras non estea rematado podes gardalo como proxecto de Audacity para poder abrilo e continuar editándoo. Cando remates o traballo podes exportar o resultado final seguindo a secuencia Ficheiro>Exportar son, seleccionando en Tipo o formato de arquivo desexado, neste caso mp3. No botón Opcións podemos configurar as características do arquivo mp3, tal e como se explica na práctica 2 máis adiante.

(10)

3. PRÁCTICAS

PRÁCTICA 1. GRAVAR A NOSA VOZ RECITANDO UN PEQUENO POEMA 1. É necesario ter instalado un micrófono e telo listo para gravar.

2. Abrimos o programa Audacity. Vemos unha serie de botóns na parte superior, similares aos de calquera reprodutor ou gravadora:

3. Antes de gravar, é necesario que determinemos a calidade de son que desexamos obter (se queremos que se escoite moi ben, o que xerará un arquivo máis grande, ou si podemos perder algo de calidade obtendo un arquivo máis pequeno).

Para iso, imos ao menú Editar > Preferencias. A fiestra emerxente contén varias solapas. Pulsamos sobre a pestana Calidade. O primeiro valor que atopamos, Frecuencia de muestreo predeterminado, é o máis importante, xa que é a calidade con que imos recoller o arquivo. En xeral, deberiamos gravar coa mellor calidade posible, xa que sempre poderemos gardar o arquivo con calidade algo inferior.

(11)

De todos os xeitos, podemos decidir entre as seguintes opcións máis importantes: - 11025Hz : son de calidade inferior pero que consegue arquivos de pouco tamaño. Aconsellable para gravacións onde non sexa imprescindible a calidade do son, senón só escoitar o gravado.

- 16000Hz: son de calidade algo mellor, aínda que nalgúns arquivos non se escoita diferenza co anterior; neses casos, é preferible sempre un arquivo máis pequeno (polo que elixiremos a opción anterior). - 22050Hz: son de calidade normal. Aconsellable para calquera gravación, en xeral. - 44100Hz: son de alta calidade. Aconsellable para aplicacións multimedia, onde é importante a calidade do son, así como naquelas gravacións nas que se teña especial interese (a costa dun grande tamaño). Para salvar as preferencias, pulsamos no botón Aceptar.

4. Agora podemos gravar a nosa voz (despois de ter practicado o recitado unhas cantas veces). Para iso, pulsamos sobre o botón de gravar (circulo vermello) e comezamos a recitar. Cando terminemos de falar (e non antes) pulsamos sobre o botón parar. Tamén é bo lembrar que, unha vez terminemos de dicir o que queremos gravar, NON debemos dicir nada, nin facer ruídos antes de pulsar o botón parar, pois poden quedar “colas de son” que non desexamos.

5. Só nos queda gardar o arquivo

gravado, antes de pensar sequera en

editalo (para mellorar algúns aspectos

do mesmo) xa que, doutro xeito,

poderiamos perder a nosa gravación e

teríamos que volver empezar. Audacity

ten o seu tipo de arquivo

predeterminado (é dicir, que só pode

ler Audacity) e para poder usalo fora

do programa non serve só con gardar,

senón que é necesario exportarlo.

Para iso, pulsamos no menú Ficheiro

>Exportar son.

IMPORTANTE: Garda o traballo como proxecto de Audacity co nome Práctica 1.nome.apelido

Na fiestra emerxente, pediranos que introduzamos un nome para este arquivo e que elixamos o cartafol onde imos gardalo (semellante ao necesario para gardar calquera arquivo en Windows).

(12)

PRÁCTICA 2. Exportar un arquivo grabado como MP3

Unha forma de gañar espazo, é dicir, de reducir o tamaño do arquivo, é gardalo en formato .mp3, que é un arquivo .wav comprimido.

Para iso, en primeiro lugar, debemos instalar, se non o fixemos xa, un plugin (un complemento do programa) que permitirá este tipo de exportación, codificando o arquivo que queremos gardar.

1. Buscaremos o arquivo LAME_ENC.dll, en primeiro lugar, no cartafol c:/Arquivos de programa/ Audacity/Plug-ins. Se non está alí, significa que non está instalado. 2. En Audacity, imos ao menú Editar> Preferencias. Seleccionamos Bibliotecas.

3. Na parte superior desta fiestra, está a sección Biblioteca de exportación a MP3. Facemos clic no botón Atopar.

Apareceranos a seguinte ventá na que podemos examinar a carpeta onde se atopa o arquivo lame_enc.dll ou descargalo.

(13)

4. Pulsamos sobre o botón Descargar no caso de que non estea instalado e accedemos a unha páxina sobre Audacity en inglés que nos permite descargar o arquivo.

5. Unha vez descargado o arquivo en formato .exe ou en formato .zip seguimos as instrucións da páxina e instalamos o arquivo executable .exe ou descomprimimos o arquivo .zip. Se instalamos Lame for Audacity a través do executable crea un cartafol na seguinte ruta C:\Program Files (x86)\Lame For Audacity. Dentro dese cartafol atoparemos o arquivo lame_enc.dll que debemos localizar tal e como se amosa na seguinte ventá emerxente.

Se este método non funciona debemos probar descomprimindo o arquivo zip e copiar o arquivo lame_enc.dll do cartafol descomprimido en C:\Program Files (x86)\Audacity\Plug-Ins.

6. Unha vez atopado o arquivo lame_enc.dll no cartafol Plug-Ins de Audacity facemos clic en Aceptar, tal e como se amosa na ventá superior .

Agora xa podemos exportar en formato mp3.

Algo aconsellable é engadir etiquetas ao noso arquivo, que mostrarán información referente ao mesmo. Trátase das etiquetas IDE3. Isto é especialmente útil cando se trata de arquivos extraídos de CDs, onde se pode incluír información a cerca do autor, cantante, nome do álbum ao que pertence, nome da canción, ano de edición, etc. Tamén é útil se desexamos recordar certa información relacionada co noso arquivo gravado. Máis tarde, non será necesario abrir e escoitar o arquivo: simplemente pasando o punteiro do ratón pola icona do arquivo no Explorador de Windows, mostrarase a etiqueta coa información gardada aquí.

(14)

Para engadir unha etiqueta a un arquivo mp3, imos ao menú Ficheiro > Editar metadatos. Na fiestra emerxente, introducimos a información que desexamos gardar co arquivo.

Outra cousa que é importante a ter en conta é o grado de compresión que desexamos para o noso arquivo mp3 resultante. Esta é a diferenza entre que o noso arquivo teña mellor ou peor calidade. 1. Para iso, ímonos novamente ao menú Ficheiro > Exportar son . Ao realizar a acción anterior aparece a seguinte ventá na cal debemos ter seleccionado o formato mp3 en Tipo.

(15)

2. Ao facer click en Opcións aparece a ventá “Indicar opcións MP3”. Seleccionaremos unha das opcions que nos ofrecen.

Novamente, isto dependerá da calidade de son e o tamaño de arquivo resultante que desexemos, polo que habemos de valorar cal será a función do noso arquivo, para decidirnos por unha maior calidade e maior tamaño de arquivo, ou unha menor calidade e menor tamaño de arquivo. Unha boa opción, que estaría no punto medio, sería seleccionar a opción 128, que sería o éstándar e que está seleccionada de forma predeterminada polo programa. Gardalo cunha compresión menor de 112 supoñería moi mala calidade. Se se quere unha calidade semellante á que aprecia o oído nunha reprodución dun CD de audio, pódese elixir a compresión 256. En realidade calquera opción entre 112 e 256 sería aconsellable, pero debemos comprobar sempre que a perda de calidade non é apreciable polo oído.

Para unha aplicación multimedia, aconséllase usar a compresión 256, o que manterá todo o posible a calidade coa que se gravou o arquivo. Garda o arquivo exportado como Práctica.nome.apelido.

PRÁCTICA 3. Editar un arquivo

PREVIAS

Aplica as características de configuración desde Edición>Preferencias. Neste apartado modificaremos as opcións de Calidade :

(16)

Calidade. Opta por 11025 Hz. No caso de que sexan voces humanas, bastaría unha frecuencia entre 8000 e 11025 Hz. Porén, se imos gravar conxuntos de sons máis complexos (música, por exemplo), deberiamos utilizar os 44100 Hz.

Co micrófono conectado, realiza unha proba de audio. Pulsa o botón vermello para gravar e fala. Cando consideres que tes suficiente material, activa o botón de parada.

Na pantalla aparecerá unha liña azul que representa a onda do son gravado, onde se diferencian claramente os instantes en que falaches e os silencios. Para escoitar a gravación, pulsa a tecla de reprodución, así como se queres adiantar ou atrasar os fragmentos da mesma. Comprobamos que o noso micrófono está aceso e que funcionan os altofalantes ou auriculares do noso ordenador.

Edición

Para comezar coa edición dun arquivo, imos usar un fragmento de son que temos que ter gravado previamente co nome “PROBA” Podemos usar o seguinte texto para nosa grabación:

«Esta é unha gravación de son. O obxectivo deste arquivo é aprender a editalo usando o programa Audacity. ¡Comezamos a traballar!... Xa está.».

1. Antes de editar o arquivo gravado, temos que gardalo como proxecto no formato de Audacity. Cando acabemos de editalo seguindo as instrucións desta práctica será preciso exportalo como WAW para poder escoitalo nun CD. Non esquezas gardar o proxecto no formato de Audacity (extensión do arquivo .aup) cada vez que modificas o o arquivo. Non gardalo proxecto pode supoñer a perda de información dunha sesión de clase.

O arquivo mostrarase no área de traballo.

O debuxo que se xerou mostra o patrón de son da nosa gravación. Este patrón é como un gráfico espazo-temporal das nosas palabras. Está composto de “bolas” ou “triángulos” máis ou menos grandes e alongados, con “espazos” ou “liñas” no medio. Cada “bola” pode ser unha palabra, ou ata unha ou varias sílabas. Cada espazo é unha pausa na nosa locución, e será máis ou menos amplo, en función do tempo empregado en cada pausa. Por exemplo, o espazo entre palabras pode ser moi pequeno, ou ás veces inexistente, se unimos o final dunha palabra co principio doutra... Pero estas pausas son as que nos indicarán onde comeza ou termina unha parte da gravación.

Seleccionar un fragmento

Imos aprender a seleccionar un fragmento da nosa gravación. Para iso usaremos a ferramenta “Selección”, que está xusto debaixo da barra de menú:

Esta ferramenta está seleccionada sempre de forma predeterminada. Vemos que se levamos o punteiro dentro do patrón do son, a frecha convértese na mesma liña que mostra a icona desta ferramenta. 1. Facemos clic nun punto calquera do patrón de son. Vemos que nese punto insérese unha liña.

2. Agora, mentres pulsamos a tecla Mayús., imos facer clic novamente noutro punto do patrón sonoro, posterior á liña marcada.

(17)

Outra opción de seleccionar é facendo clic e, sen soltar, arrastrar o puntero ata o lugar que desexemos (que sería como ese segundo clic).

3. O espazo que se mostra sombreado, é o que seleccionamos. Podemos comprobalo, pulsando sobre o botón “Reproducir”.

Cortar unha cola de son

Escoitamos o son, en primeiro lugar. Cando gravamos, engadimos unha frase final: “Xa está” simulamos así esas colas de son que ás veces nos quedan cando gravamos, cando falamos algo antes de cortar a grabación. Unha “cola” tamén pode ser ese final “sen son”, co que termina a nosa gravación, que non engade máis que tamaño ao arquivo e, ás veces, cun siseo.

O que imos aprender a facer é cortar esta “cola de son” do final.

1. Escoitamos cuidadosamente o arquivo. Trala primeira audición, podemos seleccionar o fragmento concreto que desexamos reproducir para escoitalo con máis detenemento.

2. Dámosnos conta que, conforme se reproduce devandito fragmento, unha liña verde vai avanzando sobre o patrón do son. Esta liña é a que nos dá a clave de onde empeza a parte que desexamos cortar (xa que se trata dunha “cola”, a parte onde termina está... ao final do patrón).

3. Finalmente, seleccionamos só a parte que desexamos cortar, a parte que di “Xa está” Podemos probar varias veces, escoitando unha e outra vez o fragmento, e desprazando as liñas de selección, ata afinar o máis posible na parte a cortar. Canto máis precisos sexamos, menos se notará o “corte”.

Para desprazar as liñas de corte, colocamos o punteiro sobre unha delas, facemos clic e, sen soltar, arrastrámola. Se se trata da liña de corte de inicio, arrastrámola cara á dereita; se é a liña de corte final, arrastrámola cara á esquerda.

(18)

4. Seleccionamos a opción do menú Editar > Cortar (ou ben pulsamos o atallo de teclado Ctrl X).

A nosa gravación quedou así: «Esta é unha gravación de son. O obxectivo deste arquivo é aprender a editalo usando o programa Audacity. ¡Comezamos a traballar»».

Podes realizar as accións anteriores coas iconas da barra de ferramentas indicadas a continuación

Copiar e pegar un fragmento

Pode ser que nos resulte necesario engadir un fragmento (son ou palabra) á nosa gravación, ben desde outro arquivo, ben unha parte do arquivo que estamos editando. O proceso é sinxelo e practicamente idéntico en ambos casos.

Como práctica, engadiremos as palabras “Iniciando a actividade” (ao final da nosa gravación) e pegarémolas ao comezo do fragmento.

Para elo situamos a liña do tempo ao final da gravación de proba e gravamos as palabras iniciando a actividade. O resultado da gravación amósase na seguinte imaxe.

(19)

Para copiar e pegar o fragmento gravado 1. En primeiro lugar, seleccionamos as palabras.

2. Seleccionamos a opción do menú Editar > Copiar (ou ben usamos o atallo de teclado Ctrl C). 3. Facemos clic co punteiro no punto onde desexamos inserilas. Neste caso, ao comezo da gravación. 4. Nese punto, imos pegar o fragmento copiado. Para iso, seleccionamos a opción do menú Editar > Pegar (ou ben usamos o atallo de teclado Ctrl V). Agora temos dous fragmentos idénticos na nosa gravación.

A nosa grabación quedou así: «Iniciando a actividade. Esta é unha grabación de son. O obxectivo deste arquivo é aprender a editalo usando o programa Audacity. Iniciando a actividade».

Tamén podemos probar a facer isto:

Se queremos, podemos eliminar tamén as palabras finais, para que quede así: «Iniciando a actividade. Esta é unha gravaciónde son. O obxectivo deste arquivo é aprender a editalo usando o programa Audacity.».

Ou que tal isto? « Esta é unha grabación de son. O obxectivo deste arquivo é aprender a editalo usando o programa Audacity. ¡Iniciando a actividade!».

Eliminar unha palabra ou parte do arquivo

A nosa última práctica vai ser un pouco máis difícil. Consiste en modificar unha parte do noso arquivo gravado. Na gravación que temos: « Iniciando a actividade. Esta é unha gravación de son. O obxectivo deste arquivo é aprender a editalo usando o programa Audacity. ¡Iniciando a actividade!», agora desexamos eliminar esta parte: “ESTA É UNHA GRAVACIÓN DE SON”. Para que o resultado sexa bo, non debe notarse o corte, polo que hai que levar moito coidado na selección do fragmento a eliminar. A clave para esta eliminación está en seleccionar o fragmento cuidadosamente, mediante ensaio e erro. Pódese usar o botón Reproducir unha e outra vez, para estar seguro de que seleccionamos xustamente o que queremos eliminar.

Se, unha vez cortado, se nota demasiado o corte, podemos recorrer á opción do menú Editar > Des-facer, para eliminar a última acción realizada (o corte) e devolver o arquivo á súa situación inicial... e volvelo a intentar.

(20)

Resultado final unha vez eliminado o fragmento “Esta é unha gravación de son”

Outras opcións importantes:

Recortar ( Icona) : Elimina todo o que non se seleccionou nun arquivo de son.

Silencio (icona xerar silencio: Elimina o fragmento seleccionado nun arquivo, e substitúeo cun silencio absoluto.

(21)

PRÁCTICA 4. Engadir efectos a un arquivo Efecto Amplificar

Pode ser que, durante a nosa gravación, unha parte quede a un volume menor que o resto de grávación, ou que desexemos amplificar todo o fragmento, para que se escoite mellor.

Na nosa práctica, imos editar a palabra “AUDACITY” no noso fragmento sonoro.

1. Seleccionamos cuidadosamente a palabra. Para iso podemos utilizar a icona da barra de ferramentas zoom e ampliar a zona na que se atopa a palabra Audacity.

2. Seleccionamos a opción do menú Efecto > Amplificar. Podemos usar os valores que se ofrecen de forma predeterminada.

3. Se pulsamos sobre o botón Vista Previa, comprobaremos se a palabra ten o volume desexado. Se non é así, podemos arrastrar o potenciómetro cara a dereita e esquerda, para subir ou baixar o volume. É importante ter en conta que o fragmento amplificado nunca debe distorsionar. Se todo é correcto, pulsamos sobre o botón Aceptar.

(22)

4. Unha vez amplificado, o patrón de son móstrase así:

Efecto Redución de ruído

En ocasións, o que gravamos pode conter certo ruído de fondo, ben debido ao ambiente, ben ruídos producidos polo micrófono ou o ordenador (especialmente, cando o micrófono non é moi bo). Por iso, pódenos resultar moi útil eliminar o ruído para obter unha gravación o máis limpa e nítida posible.

Audacity dispón dunha opción que permite a eliminación do ruído. En realidade, o que fai o programa é eliminar determinadas frecuencias, nas que se atopa o ruído... Pero ao eliminar esas frecuencias, xunto ao ruído está eliminando partes da gravación que comparten esas frecuencias. Xa que logo, usar este efecto debe realizarse con precaución. Dependendo das frecuencias onde se atope o ruído, o resultado, tras aplicar este efecto, pode ser un fragmento limpo e nítido ou ben un fragmento cun son algo metalizado. Somos nós os que habemos de valorar se o resultado nos compensa ou non.

Para eliminar o ruído dun fragmento, en primeiro lugar habemos de seleccionar a parte onde detectemos que hai ruído (ou onde máis ruído hai).

A continuación, pulsamos sobre o menú Efecto e eliximos a opción Redución de ruído... Apareceranos unha fiestra emerxente, que nos indicará dous pasos para realizar este efecto.

(23)

1. No paso 1, imos obter o perfil do ruído que hai na parte que seleccionamos. Dese modo, o programa saberá que debe filtrar (se seleccionásemos TODO o arquivo, non sabería ben que é ruído e que é grabación correcta).

Entón, pulsaremos sobre o botón Obter perfil de ruído. O programa pechará entón, automáticamente, esta fiestra, permitíndonos pasar ao paso 2.

2. Neste paso 2, en primeiro lugar imos seleccionar todo o fragmento de onde queremos eliminar o ruído (neste caso, todo o audio que gravamos): Volvemos ir ao menú Efecto > Eliminación de ruído...

Na parte inferior da fiestra emerxente atopamos un potenciómetro con dous valores, Menos e Máis. Polo xeral, podemos comezar no valor Menos e comprobar se isto elimina o ruído do noso arquivo. Para iso, arrastramos o potenciómetro cara á esquerda e, a continuación, pulsamos sobre o botón Previsualiza-ción. Se o que escoitamos nos convence, entón pulsamos sobre o botón Eliminar ruído. O programa eliminará a frecuencia de ruído de todo o arquivo.

Se, pola contra, na comprobación (previsualización) non queda eliminado o ruído todo o que desexamos, podemos desprazar o potenciómetro un pouco cara á dereita e volver facer a comprobación, ata que deamos co valor correcto en que o ruído elimínase sen que se altere demasiado o audio da nosa grabación.

NOTA: Ao aumentar o valor do potenciómetro, o programa vai engadindo cada vez máis frecuencias a eliminar do noso arquivo, o que pode orixinar que o resultado sexa un audio demasiado metalizado.

(24)

Efecto Fade Out (Desvaecer)

Ás veces, especialmente cando fixemos un corte ao final da grabación, queda ben que o final non sexa moi rotundo, senón que teña un efecto de desvaecemento. Para practicar isto, imos engadir este efecto ao final da palabra ?AUDACITY? que amplificamos anteriormente.

1. Seleccionamos cuidadosamente a palabra ou fragmento sobre o que aplicaremos o efecto. No noso exemplo, seleccionamos só unha parte da palabra, xa que desexamos que se desvaeza só o final. 2. Seleccionamos a opción do menú Efecto > Fade Out (Desvaecer).

Outros efectos

Podemos probar outros efectos, tales como: Cambiar ton

Eco

Paulstreech Wahwah Delay

Recorda que estes efectos podemos aplicalos sobre todo o arquivo (seleccionándoo todo) ou só sobre un fragmento do noso arquivo (seleccionando devandito fragmento). Podemos probar cada efecto de ambos modos, para comparar o resultado.

PROXECTO FINAL

Práctica 5: Poesía musicada/Rap musicado

Tarefa 1: Elección da poesía ou RAP e da música de fondo.

Elixe un poema ou estrofa de Rap que che guste. No caso de que non te decidas por unha poesía/rap concretos terás que compoñel@.

Unha vez elixida a poesía e as estrofas de Rap debes seleccionar unha música libre de dereitos de autor que utilizarás como fondo para mesturar coa gravación da poesía ou do RAP. A música debe estar preferentemente en formato mp3 ou WAV. IMPORTANTE: Na aula virtual tes información sobre como descargargar música libre de dereitos de autor/a

(25)

Título da poesía/rap: Autor/a:

Tema musical de fondo: Autor/a:

Tarefa 2: Gravación da poesía/rap

Apertura do fondo musical con Audacity. Abrir con Audacity o arquivo de música que vas utilizar como fondo. No seguinte exemplo utilízase o tema libre de dereitos de autor B_Somber_Ballads como fondo musical para recitar unha poesía.

Gravación da poesía/rap. Nunha aula en silencio e cun micrófono acoplado ao equipo informático debes gravar a poesía/rap. Antes de facelo practiva varias veces o recitado. Unha vez que esteas preparado e co programa Audacity co arquivo de fondo aberto inicia a gravación da poesía/rap. Garda o proxecto co formato de Audacity.

(26)

Unha vez remata a gravación comproba o resultado reproducíndoa. No caso de que non esteas conforme co resultado repítea, en caso afirmativo garda o proxecto como práctica5.nome.apelido

Tarefa 3: Edición do proxecto

Abre o proxecto gardado anteriormente e comeza co proceso de edición. Para elo crea unha envolvente na zona do arquivo de fondo que sexa compatible co recitado da poesía, ou do rap. Sigue os pasos indicados no apartado “6. GRAVAR UNHA LOCUCIÓN SOBRE UN ARQUIVO DE SON” da páxina 7 exportación como mp3.

Eliminar fragmento de música sobrante

Selección do fragmento a eliminar

Con Editar > Eliminar eliminamos o fragmento de música que non nos interese.

Nota: Podemos aplicar a ferramenta “desprazamento do tempo” para desprazar a pista de gravación do poema/rap sobre a pista musical no momento que nos interese.

(27)

Engadir efectos: Esvaecer o final da música de fondo, etc. Mesturar as pistas: Pistas> Mesturar e xerar

Tarefa 4: Exportar o traballo en formato mp3 ou WAV. Véxase a páxina 14. Garda o arquivo exportado no formato de son elixido como práctica 5.nome.apelido.

Referências

Documentos relacionados

• Apresentações / Ações de sensibilização para colaboradores das empresas associadas sobre boas práticas de Responsabilidade Social Corporativa em Portugal;.

O cargo de Auxiliar Local, de nível superior, a ser provido pelo concurso, refere-se ao exercício da função de Assistente Técnico de Comércio Exterior - (AST), por tempo determinado

arrendado a construçao no respectivo quintal de uma arrecadaçao e de dois anexos, com utilizaçao de tábuas de madeira, folhas de zinco na cobertura e folhas de plastico no solo;

Sistemas de Informação nas Instituições Hospitalares: a busca por Tendências Tecnológicas de Gestão na Área da Saúde.. In: XXVI Encontro da Associação Nacional

A maior influência da qualidade de vida e do bem-estar desses idosos diz respeito ao domínio físico, pois nessa instituição os idosos movem-se livremente e têm capacidade

SINF0037 Gestão da Informação SINF0071 Sistemas Operacionais SINF0018 Sistemas Operacionais SINF0053 Banco de Dados I SINF0027 Banco de Dados SINF0054 Banco de Dados II

I have the honour to state that, in accordance with arrangements between the Shell International Petroleum Company Limited (acting on its own behalf and also on behalf of

A prova do ENADE/2011, aplicada aos estudantes da Área de Tecnologia em Redes de Computadores, com duração total de 4 horas, apresentou questões discursivas e de múltipla