• Nenhum resultado encontrado

UNIDADE A literatura galego portuguesa medieval. A literatura galego portuguesa medieval A lírica medieval galegoportuguesa

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "UNIDADE A literatura galego portuguesa medieval. A literatura galego portuguesa medieval A lírica medieval galegoportuguesa"

Copied!
13
0
0

Texto

(1)

UNIDADE 4

A literatura galego portuguesa medieval

Cantigas de amigo Cantigas de escarnio e maldicir

A lírica medieval galego-portuguesa

Cantigas de amor Os xéneros menores

1. A literatura galego portuguesa medieval

Enténdese por literatura galega aquela que foi creada na nosa lingua entre finais do século XII e mediados do XIV..

- Evolución histórica

A evolución histórica da literatura galega é “descontinua”, debido á perda de poder político e do prestixio cultural e lingüístico no paso da Idade Media á Moderna (séculos XV e XVI). Na historia da nosa literatura aprécianse dous períodos: o medieval e o contemporáneo. Entre eles esténdese un período de 3 séculos no que o galego carece na práctica de cultivo literario, os denominados Séculos Escuros.

- Contexto da literatura galega medieval

A Idade Media esténdese entre os séculos V e XV e divídese en dous períodos: a Alta Idade Media (s.V - mediados do século XI) e a Baixa Idade Media (mediados do s. XI – finais do XV).

a) A Alta Idade Media

Existe unha economía de subsistencia (predominantemente agrícola), pérdese a unidade política e administrativa (que representara o Imperio Romano) e hai constantes guerras e invasións que orixinan un clima de inseguridade.

Esta situación propicia o nacemento do “feudalismo”, un sistema no que unha nobreza terratenente protexe aos pequenos propietarios. Este sistema consolídase entre os séculos VIII e IX.

A cultura localízase nos mosteiros. Os monxes recollen os coñecementos da época e copian textos.

b) A Baixa Idade Media

Aínda que a maior parte da poboación seguía vivindo no campo, aparece unha nova clase social, a burguesía, que se adica á produción artesanal e comercial, grazas ao emerxer da vida urbana.

En Galicia comeza unha estapa de esplendor, coincidindo coa denominada “Era Compostelá” (ss. XII e XIII), na cal Galicia exerce un predominio político sobre outros territorios do occidente peninsular.

Temos tres grupos sociais:

● A nobreza, con grandes propiedades, que goza de privilexios e participa na guerra. ● O clero, tamén privilexiado, e que posúe a cultura e atende á vida espiritual.

(2)

● O campesiñado (maioría da poboación), que realiza o traballo do campo e paga rendas.

Debido á relixiosidade que imperaba, fúndanse nesta etapa numerosos mosteiros (Oseira, Sobrado, etc.) e Santiago convértese nun dos centros de peregrinación máis importantes de Occidente.

No que respecta á economía, durante os séculos XI – XIII, increméntase a produción agraria, polo que se produce un incremento da poboación, que durante o século XIV se verá cortado por unha serie de grandes calamidades: a fame, a guerra dos Cen Anos e a peste negra.

Se nos centramos na cultura, esta florece durante a Baixa Idade Media, en que nacen as primeiras escolas e universidades. No sur de Francia (a Provenza) déronse unhas condicións económicas, sociais e políticas favorables para que nos castelos se instalasen pequenos centros de cultura, que deron como resultado a aparición da lírica provenzal, que tiña como tema principal o amor segundo as regras de “cortesía”.

En literatura cultívase a épica en Castela, Alemaña e Francia, a novela en Francia e a lírica (alemá, provenzal e galego-portuguesa).

2. A lírica medieval galego-portuguesa

Comprende as composicións poéticas escritas en galego-portugués entre finais do século XII e mediados do XIV. Está formada por 1680 textos de lírica profana e 420 textos de lírica relixiosa.

Estes textos, aínda que escritos, están destinados ao canto e transmítense de forma oral polos

xograres, porque a maioría da poboación é analfabeta.

As primeiras composicións, as cantigas de amigo, son autóctonas porque conteñen elementos de tipo popular e tradicional.

Posteriormente os nosos trobadores entran en contacto cos poetas provenzais a través do Camiño de Santiago e comezan a facer cantigas de amor, por influxo destes.

Estas dúas maneiras de trobar coexisten e incluso se mesturan. - Etapas da lírica galego-portuguesa:

a) Etapa primitiva (ss. XII e principios do XIII): Escola galego-portuguesa, da que temos a cantiga máis antiga conservada: “Ora faz ost´o senhor de Navarra…” de Joan Soares de Paiva e Período Alfonsino (1240-128)

b) Etapa de esplendor ou idade de ouro (1280-1354): Período dionisíaco.

c) Etapa de decadencia (fins s. XIV- s. XV): Escola galego-castelá e Escola castelá-portuguesa.

a) A lírica profana:

A lírica galego-portuguesa comeza con creacións autóctonas de tipo popular, pero pronto se verá influenciada pola lírica provenzal, cando os nosos trobadores imitan composicións inspiradas no amor cortés.

- A tradición manuscrista.

(3)

Os textos transmitíronse a través dos códices. Os principais son:

a) Cancioneiro da Ajuda (finais do s. XIII). Está incompleto e non ten os nomes dos autores, a notación musical e carece dalgunhas miniaturas. Contén 310 cantigas de amor e atópase na Biblioteca do Pazo Real da Ajuda en Lisboa.

b) Cancioneiro da Biblioteca Nacional, tamén chamado Colocci-Brancuti (comezos do século XVI). É o máis completo, contén as 1205 cantigas do Cancioneiro da Vaticana e 442 máis. Atópase na Biblioteca Nacional de Lisboa.

c) Cancioneiro da Vaticana (comezos do século XVI). Contén 1205 cantigas.

d) Cancioneiro de Berkeley (finais do século XVI e comezos do XVII). É unha copia do Cancioneiro da Vaticana e atópase na universidade americana que leva este nome.

Outros códices son:

a) Pergamiño Vindel (finais do século XIII ou comezos do s. XIV). Contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax xunto coa súa música.

b) Pergamiño Sharrer (finais do século XIII ou comezos do s. XIV). Contén sete cantigas de amor, xunto coa súa música, do rei D. Dinís.

c) Távola Colocciana. É un catálogo de autores realizado por Ángelo Colocci, correspondente a un códice perdido.

d) Cinco Lais de Bretanha. Son tres folios numerados que se atopan na Biblioteca Apostólica Vaticana.

e) Tenzón entre Afonso Sanches e Vasco Martíns de Resende (século XVII). Atópanse dúas copias, unha na Biblioteca Nacional de Madrid e outro na de Porto.

- Autores e intérpretes:

a) Os trobadores: Eran señores da nobreza que compoñían as cantigas que interpretaban os xograres. Algúns compoñían como medio de vida e outros por pracer ou para atacar aos seus inimigos.

b) Os xograres: Interpretaban as composicións dos trobadores, aínda que algún chegou a compoñer as súas propias cantigas. Non eran nobres e cobraban pola súa interpretación. c) O segrel: Poeta que compón cantigas agardando algún beneficio.

d) O menestrel: Eran os que acompañaban os xograres na súa interpretación con música. e) As soldadeiras: Acompañaban os xograres con bailes e cantos. A máis coñecida da nosa

literatura é María Peres, alcumada A Balteira.

- Versificación (importante para o comentario das cantigas)

a) As cantigas poden ser de dous tipos:

De refrán: levan uns versos que se repiten ao final de cada estrofa (cobra) De mestría: non levan refrán.

b) O cómputo silábico (número de sílabas) realízase ata a última sílaba tónica do verso. c) A rima pode ser asonante (só riman as vogais a partir da última vogal acentuada) ou

consonante (riman vogais e consoantes).

d) Se o verso remata en sílaba aguda, a rima é macho; se remata en sílaba grave, a rima é

femia.

e) Ao lado do número de sílabas escríbese en cada verso a rima, con letras minúsculas por orde.

(4)

Se vistes meu amigo, 6a E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b

(Martín Codax)

f) Paralelismo: Consiste na repetición case literal dun verso dunha estrofa noutra estrofa.

Ondas do mar de Vigo, 6a Se vistes meu amigo, 6a E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b Ondas do mar levado, 6c Se vistes meu amado, 6c E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b

(Martín Codax)

g) Leixaprén: Consiste en repetir o segundo verso da primeira estrofa como primeiro da terceira, o segundo da segunda como primeiro da cuarta, etc. Se hai leixaprén, o paralelismo é perfecto, se non hai leixaprén o paralelismo é imperfecto.

Ondas do mar de Vigo, 6a Se vistes meu amigo, 6a E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b Ondas do mar levado, 6c Se vistes meu amado, 6c E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b Se vistes meu amigo, 6a o por que eu sospiro. 6a E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b Se vistes meu amado, 6c o por que hei gran coidado. 6c E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b

(Martín Codax)

h) Fiinda: De un a catro versos que aparecen ao final da cantiga e que son como a conclusión da mesma.

Senhor fremosa, des aquel día que vos eu vi primeiro, des entón

nunca dormí com'ante dormía nen ar fui led'e vedes porque non: cuidand'en vós e non en outra ren

e desejando sempr'o vosso ben. E sabe Deus e Santa María que non am'eu tant'al eno coraçón

quant'amo vós, nen ar podería, e se morrer, por én farei razón cuidand'en vós, e non en outra ren

(5)

e desejando sempr'o vosso ben. E ant'eu ja a morte querría ca viver com'eu viv'ha gran sazón,

e mia morte melhor mi sería ca viver máis, assí Deus mi perdón, cuidando en vós, e non en outra ren

e desejando sempr'o vosso ben. Ca vós sodes mia coita e meu ben e por vós hei quanta coita mi ven.

(Pero de Armea) i) Dobre: repetición dunha palabra ou grupo de palabras en posicións simétricas dunha

estrofa.

Muitos me veem preguntar senhor, que lhis diga eu quen est'a dona que quero ben e con pavor de vos pesar non lhis ouso dizer per ren senhor, que vos eu quero ben

j) Mordobre: Repetición, en posicións simétricas, dun lexema. Mais sol non poss'eu enganar

meu coraçon, que m'enganou, por quanto me fez desejar a quen me nunca desajou

k) Segunda a distribución das rimas as cobras poden ser:

a. Unisonantes: repetien as mesmas rimas en todas as estrofas. b. Singulares: teñen rimas diferentes en cada estrofa.

c. Dobras: repítense as mesmas rimas cada dúas estrofas.

d. Alternas: repítense as mesmas rimas nas estrofas pares e impares.

3. Cantigas de amigo

Son composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas (coita) de amor que esta dirixe ao seu “amigo” ou amante.

A palabra “amigo” aparece sempre nos primeiros versos da cantiga.

A protagonista da cantiga de amigo é sempre unha “doncela” que vive unha relación amorosa co seu “amigo”; esta relación pode xurdir de tres posibilidades fundamentais:

 A perspectiva do amor feliz ou satisfeito.  A perspectiva do amor infeliz ou insatisfeito.

 As dificultades, obstáculos ou prohibicións con respecto á relación. Diante da relación amorosa, hai unha ampla posibilidade de estados emocionais da namorada. Ademais da amiga e o amigo, aparecen outros coprotagonistas, como poden ser:

● A nai, que pode actuar como un impedimento para o encontro amoroso ou ben pode ser unha confidente da filla.

(6)

● A paisaxe onde acontece a acción narrativa da cantiga, que ás veces ten unha forte carga simbólica, chegando incluso a ser interrogada pola amiga.

Tendo en conta a temática, hai tres tipos das cantigas de amigo: ● Mariñas ou barcarolas: cando hai referencias ao mar, barcos… ● Bailadas: atopamos referencias ao baile.

● Cantigas de romaría: relaciónase coas romarías, cando a acción ten lugar arredor dunha ermida, santuario…

● Albas ou alboradas: fan referencia ao amencer.

Os campos sémicos principais da cantiga de amigo son:

● Panexírico: a protagonista canta a súa beleza ou as dotes poéticas do seu amigo. ● Amor correspondido e amor insatisfeito: depende do estado da relación amorosa.

● Prohibición: vén dada pola imposibilidade da relación amorsa, ben pola figura da nai, ben porque o amigo ten que servir o rei ou pola acción das frozas da natureza.

Tendo en conta as voces que aparecen na cantiga diferenciamos:

● Cantigas monologadas: teñen unha voz poética, a da amiga, que pode ter ou non interlocutor. ● Cantigas dialogadas: a moza entra en conversa co amigo, cunha amiga ou coa nai.

4. Cantigas de amor

A característica máis importante das cantigas de amor é que nelas a voz narrativa é sempre a dun home que expresa os seus sentimentos diante da dama da que está namorado, a sennor /

senhor.

A protagonista é a dama, que nunca se perfila como alguén real, senón coma un ser abstracto do que coñecemos que é sempre fermosa, tanto física como espiritualmente.

Diante dunha muller así, o namorado non pode amosar máis que absoluta submisión cara á súa amada. Trátase dun amor do que non pode fuxir.

Normalmente é unha relación imposible, trátase dun amor non correspondido; como consecuencia disto, o namorado perde o sono, o apetito, mesmo pode chegar á loucura ou á morte por amor.

A dama pode manifestar diversas actitudes respecto do namorado, indo desde a indiferenza, a revancha ata chegar a amosarse vingativa e negarlle ao namorado o dereito de falarlle ou mirala. A consecuencia directa desa relación é a coita de amor, o sentimento de dor profunda que sofre o namorado ao non poder acadar o amor da súa amada.

Nas cantigas de amor o/a interlocutor/a da voz poética pode ser: a dama (senhor), un auditorio indeterminado, uns amigos, Deus o o Amor.

Os principais campos sémicos que podemos distinguir son: ● Loanza da dama: eloxio da súa beleza física ou moral. ● O amor do poeta.

● A reserva da dama, que se concreta no segredo que debe presidir a relación, a prohibición de vela ou falarlle imposto por ella, o rexeitamento, despreocupación ou indiferenza polo namorado.

● A coita de amor: maniféstase en diferentes graos de sufirmento.

5. Cantigas de escarnio e maldicir

(7)

A cantiga satírica galego-portuguesa tivo a súa orixe nunha antiga poesía autóctona de tradición oral, xunto coa influencia do sirventés provenzal.

Nestas cantigas amosábanse acontecementos máis ou menos escandalosos da época; con isto reflectían a moralidade dominante na época, mesmo coas contradicións desta.

O que pretendían os trobadores con estas cantigas era producir o riso dos oíntes.

Segundo a Arte de Trovar que aparece no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, existe unha diferenza entre as cantigas de escarnio e as cantigas de maldicir.

As cantigas de escarnio son aquelas que utilizan palabras con dobre sentido, ironía, sen chamarlles ás cousas polo seu nome.

As cantigas de maldicir empregan unha linguaxe directa e explícita na que non hai lugar para as dúbidas ou os dobres sentidos.

Segundo os temas que empregan, podemos distinguir:

Sátira social: burlas de vicios, costumes, defectos físicos; sátiras contra os nobres ou

contra os relixiosos.

Sátira relacionada co sexo: cantigas referidas aos órganos sexuais, sátiras de soldadeiras, cornudos…

Sátira xograresca: críticas que se dirixen mutuamente trobadores e xograres, nos que se denuncia a falta de talento, a vida licenciosa, etc.

Sátira política: contra determinados feitos históricos, como a crítica a algúns alcaldes

que na guerra se pasaron dun bando a outro; ou cantigas nas que se amosa a covardía dalgúns vasalos de Afonso X na guerra de Granada contra os árabes.

Sátira moral: tratan sobre a corrupción, a desaparición das antigas virtudes, o abuso dos poderosos, a mentira…

Sátira literaria: burlas doutros tipos de poesías.

6. Os xéneros menores

Ademais dos tres grandes xéneros (amigo, amor e satírico), existe un conxunto de composicións dotadas de autonomía e identidade propias, son os chamados xéneros menores.

TENZÓN: é un poema dialogado no que dous autores se satirizan recíprocamente ou sosteñen

opinión opostas sobre un tema.

CANTIGA DE SEGUIR: composición na cal se parte doutro poema orixinal ao que se imita.

PRANTO: expresa a dor pola perda ou desgraza dunha persoa de clase social alta e eloxia as súas

virturdes.

PASTORELA: poema dialogado no que se desenvolve o encontro entre un cabaleiro trovador e

unha pastora. O modelo que segue é o seguinte:

● Un cabaleiro atopa unha fermosa pastora mentres camiña ou cabalga polo campo.

● Seducido e namorado repentinamente dela, solicítalle os seus amores. ● Prodúcese un diálogo entre a pastora e o cabaleiro.

● A pastora acepta, ou non, as propostas deste.

LAIS: fan referencia á Materia de Bretaña, é dicir, ao mundo do rei Arturo e os seus cabaleiros.

ACTIVIDADE RESOLTA

Ondas do mar de Vigo, 6a Se vistes meu amigo, 6a

(8)

E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b Ondas do mar levado, 6c Se vistes meu amado, 6c E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b Se vistes meu amigo, 6a o por que eu sospiro. 6a E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b Se vistes meu amado, 6c o por que hei gran coidado. 6c E, ai Deus!, se verrá cedo. 7b

(Martín Codax)

1.- Tipo de cantiga que é e por que:

É unha cantiga de amigo porque está posta en boca dunha muller e aparece a palabra “amigo”.

2.- Dentro do xénero ao que pertence, pola súa temática, poderiamos encadrala nalgún tipo? Di cal e por que:

Mariña ou barcarola, porque fai referencia ao mar.

3.- Medida dos versos.

Son versos de 6 sílabas (no segundo verso da 4ª estrofa ou cobra faise unha sinalefa – xúntanse dúas sílabas nunha - para que dea o mesmo número de sílabas en todos os versos: “que hei”)

4.- Tipo de rima. Por que?

Rima consonante en todas as estrofas (riman vogais e consoantes) menos na 4ª estrofa que ten rima asonante (só riman as vogais)

Rima femia porque a última palabra é grave.

5.- Hai paralelismo? De que tipo?

Ten paralelismo perfecto porque ten leixaprén (o segundo verso da 1ª estrofa é o mesmo que o 1º verso da 3ª estrofa e o segundo verso da 2ª estrofa é o 1º da 4ª estrofa)

6.- No caso de haber leixaprén, cal sería o 1º verso da seguinte estrofa, se a houber?

“o por que eu sospiro”

7.- Hai “fiinda”? Por que?

Non, non hai “fiinda” porque non hai de 1 a 4 versos finais que conclúan a cantiga.

8.- Personaxes que aparecen na cantiga.

A rapaza namorada e o mar de Vigo.

(9)

Unha rapaza pregúntalle ás ondas do mar de Vigo se viron o seu amado, polo que ela suspira e polo que está preocupada. E pregúntase se virá axiña.

PRÁCTICA

Faga un comentario de texto, seguindo as preguntas da actividade resolta para cada unha das seguintes cantigas.

Vi eu, madr´, andar Un tal home sei eu, ai ben talhada, as barcas eno mar que por vós ten a sa norte chegada. E móirome d´amor. Veede quen é e seed´en nembrada:

eu, mia dona. Vi eu, madr´, andar

as barcas eno ler Un tal home sei eu que preto sente E móirome d´amor. de si morte chegada certamente.

Veede quen é e vénhavos en mente:

As barcas eno mar eu, mia dona.

e fuilas aguardar

E móirome d´amor. Un tal home sei eu, aquest´oíde, que por vós morr´e volo en partide. As barcas eno ler Veede quen é, non xe vos obride:

e fuilas atender eu, mia dona.

E móirome d´amor.

(D. Denís de Portugal) (Nuno Fernández Torneol)

Ai, dona fea, fóstevos queixar Dona fea, se Deus mi pardón,

que vos nunca louv´en o meu cantar; en meu trovar, pero muito trobei; mais ora quero fazer un cantar mais ora ja un bon cantar farei

en que vos loarei todavía; en que vos loarei todavía; e vedes como vos quero loar: e diréivos como vos loarei: dona fea, velha e sandía! dona fea, velha e sandía! Dona fea, se Deus mi pardón,

pois havedes a tan gran coraçón que vos eu loe, en esta razón vos quero ja loar todavía;

e vedes qual será a loaçón: (Johán García de Guilhade)

(10)

ANEXO: CANTIGAS MEDIEVAIS

CANTIGAS DE AMOR

A

A dona que eu am’ e tenho por senhor

amostrade-mh-a, Deus, se vos em prazer for,

se non dade-mh-a morte.

A que tenh’eu por lume d’estes olhos meus

e por que choran sempr’ , amostrade-mh-a Deus,

se non dade-mh-a morte.

Essa que vós fezestes melhor parecer

de quantas sey, ay Deus!, fazede-mh-a veer,

se non dade-mh-a morte.

Ai, Deus! qui mh-a fezestes mays ca mim amar,

mostrade-mh-a u possa com ela falar,

se nom dade-mi-a morte.

Senhor, en tan grave día

vos vi que non podería

máis; e por Santa María,

que vos fex tan mesurada,

doede-vos algún día

de mí, senhor ben talhada.

Pois sempre ha en vós mesura

e todo ben e cordura,

que Deus fez en vós feitura

qual non fez en molher nada,

doede-vos por mesura

de min, senhor ben talhada.

E por Deus, senhor, tomade

mesura por gran bondade

que vós el deu, e catade

qual vida vivo coitada,

e algún doo tomade

(11)

CANTIGAS DE AMIGO

Sedia-m’eu na ermida de San Simion E cercaron-mi as ondas, que grandes son: Eu atendend’o meu amigo.

Estando na ermida ant’o altar,

E cercaron-mi as ondas grandes do mar: Eu atendend’o meu amigo.

E cercaron-mi as ondas, que grandes son, Non ei i barqueiro, nen remador:

Eu atendend’o meu amigo.

E cercaron-mi as ondas do alto mar, Non ei i barqueiro, nen sei remar: Eu atendend’o meu amigo. Non ei i barqueiro, nen remador, Morrerei fremosa non mar maior: Eu atendend’o meu amigo.

Non ei i barqueiro, nen sei remar, Morrerei fremosa no alto mar: Eu atendend’o meu amigo.

Ai flores, ai flores do verde pino, se sabedes novas do meu amigo?

ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo, se sabedes novas do meu amado?

ai Deus, e u é ?

Se sabedes novas do meu amigo, aquel que mentiu do que pôs conmigo?

ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amado, aquel que mentiu do que mi á jurado?

ai Deus, e u é?

Vós me preguntades polo voss’amigo? e eu ben vos digo que é san’e vivo;

ai Deus, e u é?

Vós me preguntades polo voss’amado? e eu ben vos digo que é viv’e sano;

ai Deus, e u é?

E eu ben vos digo que é san’e vivo, e será vosc’ant’o prazo saido;

ai Deus, e u é?

E eu ben vos digo que é viv’e sano, e será vosc’ant’o prazo passado;

(12)

Ondas do mar de Vigo, se uistes meu amigo. E ay Deus, se uerrá cedo. Ondas do mar leuado, se vistes meu amado. E ay Deus, se uerrá cedo. Se uistes meu amigo, o por que eu sospiro. E ay Deus, se uerrá cedo. Se uistes meu amado, por que ei gran coidado. E ay Deus, se uerrá cedo

Levad’, amigo, que dormides as manhâas frias;

todalas aves do mundo d’amor dizian; leda m’and’eu.

Levad’, amigo, que dormide’-las frias manhâas;

todalas aves do mundo d’amor cantavan; leda m’and’eu.

Todalas aves do mundo d’amor dizian; do meu amor e do voss’en ment’avian;

leda m’and’eu.

Todalas aves do mundo d’amor cantavan; do meu amor e do voss’i enmentavan;

leda m’and’eu.

Do meu amor e do voss’en ment’avian; vós lhi tolhestes os ramos en que siian;

leda m’and’eu.

Do meu amor e do voss’i enmentavan; vós lhi tolhestes os ramos en que pousavan;

leda m’and’eu.

Vos lhi tolhestes os ramos en que siian e lhis secastes as fontes en que bebían;

leda m’and’eu.

Vos lhi tilhestes os ramos en que pousavan e lhis secastes as fontes u se bañaban;

leda m’and’eu.

(13)

CANTIGAS DE ESCARNIO

Foi um dia Lopo jograr a casa duü infançon cantar, e mandou-lhe ele por don dar três couces na garganta, e foi-lhe escasso, a meu cuidar, segundo como el canta

Escasso foi o infançon en seus couces partir' enton, ca non deu a Lopo enton mais de três na garganta, e mais merece o jograron, segundo como el canta

Referências

Documentos relacionados

Expediente | Apresentação | Mudar é preciso | Entrevista | Alexis Couto de Brito entrevista Juan Carlos Ferré Olivé | Artigos | Presunções e Direito Penal | Maria

As empresas que se basearão no estudo de caso é a Distribuidora Titanium SA, localizada na cidade de Canoas-RS, criada no ano de 2002, com 21 associados, garantindo a

Colégio Santa Cruz - Ensino Médio - Profª Beth Albert Einstein (1879 - 1955).. - Maior físico teórico de todos

4.1.1 NÚMERO DE INDISPONIBILIDADES/INCIDENTES Durante o ano de 2006, a Região Autónoma dos Açores foi afectada por 2085 indisponibilidades do fornecimento de energia eléctrica

Apoia o pedido do Conselho dos Direitos do Homem da ONU ao Alto-Comissariado da ONU para os Direitos Humanos visando o envio urgente de uma missão ao Iraque, para investigar

(2019) Pretendemos continuar a estudar esses dados com a coordenação de área de matemática da Secretaria Municipal de Educação e, estender a pesquisa aos estudantes do Ensino Médio

Intime-se a reclamada para entregar, diretamente à autora, no prazo de cinco dias do trânsito em julgado desta decisão, sob pena de multa diária de R$50,00, limitada ao valor

A análise e comparação das quatro estatísticas Tracking Signal (TSB, TSB’, TST e TST’), via simulação, para determinadas faixas de valores de  e  (usados no