• Nenhum resultado encontrado

EL REINO DE LOS CIELOS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "EL REINO DE LOS CIELOS"

Copied!
5
0
0

Texto

(1)

EL REINO DE LOS CIELOS

FICHA TÉCNICA

-Título orixinal: Kingdom of Heaven -Nacionalidade: Reino Unido

-Director: Ridley Scott -Guión: William Monahan

-Música Harry Gregson-Williams -Fotografía: John Mathieson -Ano de produción: 2005 -Duración: 144 min.

-Intérpretes principais: Orlando Bloom (Balian), Eva Green (princesa Sibylla), Jeremy Irons (Tiberias), Liam Neeson (Godofredo de Ibelin), David Thewlis (Reinaldo de Chatillon), Marton Csokas (Guy de Lisignan), Ghassm Massoud (Saladino).

SÍNTESE DO ARGUMENTO

A acción da película sitúase entre 1184 en Francia e 1187 en Xerusalén, entre a II e a III Cruzada. O director mestura personaxes e feitos reais con outros imaxinarios para tratar de lograr o ambiente da realidade histórica.

Godofredo de Ibelin, un cabaleiro respectado polo rei de Xerusalén e comprometido co mantemento da paz en Terra Santa, regresa a Francia para buscar a seu fillo ilexítimo Balian, que vive como ferreiro e que acaba de perder a seu fillo e a súa muller. Animado por seu pai, emprende con el camiño a Xerusalén e á súa morte herda as terras e o título de cabaleiro en Xerusalén. Nesta cidade vívese un período de paz, pero as ambicións dos señores que dominan o territorio provoca que antepoñan as súas ambicións persoais ao interese común da Cruzada. O rei de Xerusalén, Balduino IV o leproso, está a piques de falecer e o seu trono é obxecto de disputa. Polo contrario, os musulmáns está unidos baixo o mando de Saladino. Na batalla de Hattin de 1187, os cristiáns foron derrotados, pero as xestións de Balian ante Saladino evitaron as matanzas e os saqueos e aos cristiáns se lles permitiu peregrinar á igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén. O rei de Inglaterra, Ricardo corazón de león, un dos participantes destacados da III Cruzada organizada para tratar de recuperar o dominio cristián de Xerusalén, invita a Balian a participar na expedición, pero este prefire permanecer na súa casa de Francia.

CUESTIONARIO DE TRABALLO AS CRUZADAS

*As Cruzadas foron expedicións militares organizadas pola cristiandade de Europa occidental para expulsar aos musulmáns dos Santos Lugares (zona de Palestina onde viviu Cristo). Tras a I Cruzada os europeos estableceron catro Estados (Estados Latinos de Oriente) cunha organización de tipo feudal que mantivo a paz durante un tempo pero que acabou por desencadear a desunión e o enfrontamento entre os reis que antepoñían os seus intereses políticos e económicos persoais ao interese común da Cruzada.

(2)

-Como calificarías a visión que o director dá sobre os reis cristiáns? Presenta un panorama de exaltación das Cruzadas ou crítica cos principais protagonistas? Razoa a resposta.

*A película recrea unha das batallas máis destacadas dese período das Cruzadas, a de Hattin de 1187. -Cal foi o resultado da batalla?

-Como se comportou Saladino cos cristiáns?

-Que tipo de armas persoais entregaban os dous exércitos? E para a defensa e o ataque de Xerusalén? Que elementos identificaban aos dous exércitos?

OS PERSONAXES PRINCIPAIS

*Balian de Ibelin. Na realidade, foi un dos cabaleiros destacados das Cruzadas e actuou como negociador entre cristiáns e musulmáns en varias ocasións.

-Que razóns levan a Balian a seguir a seu pai nas Cruzadas?

-Cal é a actitude de Balian no filme con respecto ao enfrontamento cos musulmáns?

-Que papel desempeñou na batalla de Hattin?

-Analiza e comenta estas dúas frases pronunciadas por Balian. Cres que se corresponden co pensamento que se supón que deberían ter os cruzados?

1. Ante a necesidade de queimar os corpos dos mortos cristiáns na batalla e a protesta do sacerdote que cre que así non poderán resucitar, Balian di: Deus o comprenderá e se non é que non é Deus e entón non temos de que preocuparnos.

2. Mentres os cristiáns se preparan para resistir en Xerusalén o ataque de Saladino, reflexiona Balian: Os santos lugares, sepultados uns sobre os outros, cal é o máis sagrado? O muro, a mesquita, o sepulcro? Quen ten máis dereito? Ninguén ten máis dereito. Todos temos o mesmo dereito.

-Balian de Ibelin estivo casado con María Comnena, viúva do rei Amalarico I e realmente non tivo ningunha relación sentimental con Sibylla, a esposa de Guy de Lusignan. Podes indicar algunha razón pola que o director introduce este erro histórico?

(3)

*Godofredo de Ibelin, pai de Balian.

-Que título tiña? Onde tiña as súas posesións e sobre cantos homes exercía o seu poder?

-Con que tipo de armas adestra a seu fillo?

-Que postura defende nas relacións entre cristiáns e. musulmáns en Terra Santa?

-Matar a un infiel (musulmán neste caso) non é un asasinato, é o camiño do ceo. Pode resumir esta frase o espírito dos cruzados?

*Balduino IV o leproso(1160-1185). Foi un dos cinco reis de Xerusalén, da familia dos condes de Flandres. Tivo a Balian e ao seu pai como estreitos colaboradores. -Cal é a actitude deste rei con respecto aos musulmáns?

* Tiberias, conselleiro do rei Balduino IV.

-Que defende Tiberias fronte aos que desexan enfrontarse a Saladino?

-Analiza e comenta estas dúas frases que pronuncia Tiberias. Como no caso de Balian, cres que se corresponden co pensamento que se supón que debería un cruzado? Cres que o director da película

insiste nestas ideas para presentar unha visión moi crítica das Cruzadas ou para achegarse a auténtica realidade destas loitas?

1. Prefiro vivir cos homes a matalos. No nome da fe vin a miles de fanáticos de todas as relixións cometer atrocidades. A santidade está nos bos actos, no valor de protexer a quen non pode defenderse. O que decidades facer cada día faraos unha boa persoa ou non.

(4)

2. Primeiro crin que loitabamos por Deus. Logo comprendín que loitabamos por riquezas e por terra e sentín vergonza.

*Reynaldo de Chatillon. Cruzado violento que non comparte a posición de Balian nin de Balduino. -Con que trazos presenta o director a este personaxe?

-Por que desexa enfrontarse aos musulmáns?

*Saladino I (1138-1193)., fundador da dinastía ayyubí, foi un dos grandes conquistadores da época tratando de establecer a unidade do mundo musulmán baseada no establecemento da ortodoxia sunní e tomou case todo o reino de Xerusalén. Este feito foi o inicio da III Cruzada.

-Tendo en conta que cando os cristiáns entraron en Xeruselán en 1097 mataron a todos, tanto musulmáns como xudeus, como se comportou Saladino cos cristiáns tras vencelos na batalla de Hattin?

OS ESCENARIOS

*Francia. A película iníciase e remata no reino dos francos (actual Francia) presentando a Balian como ferreiro, antes e despois de participar nas loitas dos cruzados.

-Como eran as vivendas das xentes da aldea de Balian? E as vestimentas? Que tipo de vida levarían?

*Mesina. Un dos portos desde os que se embarcaban os cruzados para chegar a Terra Santa. -Onde está situado este porto?

-Consulta un mapa das rutas dos cruzados e indica outros puntos de partida das expedicións dos cruzados.

*Krak. Reciben este nome as fortalezas construídas polos cruzados na zona de Siria. As máis famosas foron Krak dos Cabaleiros, Monreal e Moab.

(5)

-Os camiños d peregrinación a Terra Santa estaban defendidos por castelos e fortalezas que, na maioría dos casos, estaban baixo o control das ordes militares dos templarios e dos hospitalarios. Busca información sobre estas ordes e os seu papel nas Cruzadas.

*Xerusalén, a cidade santa por excelencia, pois nela coinciden lugares de culto para as tres grandes relixións monoteístas: cristianismo, islam e xudaísmo.

-Que sensación dá a película sobre esta cidade? -Como estaba protexida?

-Por que loitaban por conquistala os musulmáns? -A película remata cunha frase: Despois de case mil anos, a paz no Reino dos Ceos segue sendo esquiva. Por que? Son as mesmas comunidades relixiosas que as da época das Cruzadas as que se enfrontan na actualidade no territorio de Terra Santa?

A LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA

-O cine é unha arte e, como tal, pode ser valorado deste varios puntos de vista propios da arte cinematográfica, con independencia do tema tratado. Valora ti aspectos como a ambientación, o vestiario, a interpretación dos actores, os escenarios, a música, o ritmo da narración, as escenas máis destacadas…

VALORACIÓN GLOBAL PERSOAL

-Valora a película no seu conxunto desde o teu punto de vista persoal. -Que escena destacarías? Por que?

Na valoración no traballo terase en conta: a calidade e a exposición dos contidos (1 punto) e a presentación da información (0,5 puntos). Para comprobar a eficacia e utilidade da elaboración do traballo, o día do exame poderías ter que responder a unhas breves cuestións formuladas especificamente sobre algún dos aspectos que figuran nel. Lembra que o prazo de entrega do traballo son as 24 horas do día anterior ao exame se o envías por e-mail ou no momento do exame se o entregas en papel.

Referências

Documentos relacionados

Verificou-se a ocorrência de nove famílias e onze gêneros, todas pertencentes à ordem Filicales, sendo observadas as famílias Polypodiaceae e Pteridaceae, com dois gêneros cada, e

O município de São João da Barra, na região Norte do Estado do Rio de Janeiro, Brasil, passa atualmente por um processo de apropriação do seu espaço por um ator que, seja pelo

A apixaba- na reduziu o risco de AVE e embolismo sistêmico em mais de 50%: houve 51 eventos entre os pacientes do grupo apixabana versus 113 no grupo do AAS

De qualquer modo, espero que os fu- turos responsáveis governativos perce- bam, de uma vez por todas, que todas as soluções para os problemas da Justi- ça passam por auscultar com

Associação de sintomas osteomusculares, por região anatômica e sexo, referidos por trabalhadores de uma indústria metalúrgica, nos últimos doze meses, nos últimos sete dias e

Por fim, dada as previstas asserções, o presente artigo conclui a nulidade da Língua Esperanto como proposta de embate ao imperialismo americano, conquanto, o

Dada a plausibilidade prima facie da Prioridade do Conhecimento Definicional, parece que não se poderia reconhecer instâncias de F- dade ou fatos essenciais acerca

Our contributions are: a set of guidelines that provide meaning to the different modelling elements of SysML used during the design of systems; the individual formal semantics for