• Nenhum resultado encontrado

Tfno.: / Estrada de Cerdedelo Nº 41 Laza (32620 Ourense) -1- mail:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Tfno.: / Estrada de Cerdedelo Nº 41 Laza (32620 Ourense) -1- mail:"

Copied!
12
0
0

Texto

(1)

Tfno.:647767275 / Estrada de Cerdedelo Nº 41 – Laza (32620 Ourense) -1

1

1----

1

www.unitega.net – mail: unitega@gmail.com

E X E M P L A R G R A T U IT O

Lembra: “A caza que practicas co teu can

non é un deporte”

CONTIDOS DESTE BOLETÍN:

 ORDE DE MEDIO RURAL POLA QUE SE DETERMINAN AS ÉPOCAS

HÁBILES DE CAZA NA TEMPADA 2010-2011

 O DOG PUBLICA AS AXUDAS PARA CONSERVACIÓN DE RECURSOS

NATURAIS E FOMENTO DA SUSTENTABILIDADE NOS ESPAZOS PROTEXIDOS

 MEDIO RURAL REDUCIU O TEMPO DE RESOLUCIÓN E PAGO AOS

GANDEIROS DOS EXPEDIENTES RELATIVOS A ATAQUES DE LOBOS

 INFORMACION PUBLICA: SEGREGACION DE PREDIOS NO TECOR

DE MELIDE / SEGREGACION DE PREDIOS PRIVADOS DO TECOR OU-10.239

Xullo 2010

ORDE DE MEDIO RURAL POLA QUE SE DETERMINAN AS ÉPOCAS HÁBILES DE CAZA NA TEMPADA 2010-2011

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 30/06/2010 publicou a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2010-2011. Esta norma de vedas regula, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, de caza de Galicia, os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma durante a tempada 2010-2011,

considerada esta coma o período comprendido entre o 1 de agosto de 2010 e o 31 de xullo do ano 2011. Segundo o establecido por esta Orde, e unha vez oídos os comités provinciais e o Comité Galego de Caza, o período hábil para exercer a caza, válido con alcance xeral, será o comprendido entre os días 17 de outubro de 2010 e 6 de xaneiro de 2011, ambos inclusive. Os días da semana nos que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor, e veñen detallados na propia Orde.

Novidades

Entre as novidades introducidas este ano na normativa, salienta a de que as repoboacións requirirán autorización previa do Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural da provincia. Ademais, autorízase o adestramento de cans (sen petición previa) entre o 2 de setembro e o 16 de outubro de 2010, os xoves, sábados, domingos e festivos.

Caza por danos

En relación coa caza por danos, establécese que, no caso do lobo, poderanse autorizar esperas, ganchos ou montarías salvo nos meses de cría. No que atinxe ao xabaril, e co fin de reducir os danos producidos por esta especie, poderanse autorizar esperas, ganchos ou montarías. Os titulares dun Tecor tamén poderán solicitar a adopción destas medidas de control nas zonas de adestramento permanente para cans e zonas de reserva que teñan autorizadas.

(2)

Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia

Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia –––– UNITEGA UNITEGA UNITEGA UNITEGA

Tfno.:647767275 / Estrada de Cerdedelo Nº 41 – Laza (32620 Ourense) Páxina web: www.unitega.net - Email: unitega@gmail.com

-2-No que se refire ao raposo, poderase autorizar,

por parte dos servizos de Conservación da Natureza, a realización de ganchos nas zonas de adestramento permanente para cans e nas zonas de reserva que teñan aprobadas os Tecor.

Réximes especiais por especies

Arcea: poderase prolongar o período hábil de caza para esta especie ata o día 6 de febreiro de 2011; a cota de captura é de 3 exemplares por cazador e día.

Charrela, pato cullerete, rula turca, gaivota escura, pomba brava, pomba zura e gralla cereixeira: queda prohibida a súa caza. Lebre: do 17 de outubro ao 5 de decembro de 2010.

Raposo: poderanse autorizar ganchos para a caza do raposo desde o 29 de agosto de 2010 ata o comezo da tempada regular, e dende o 7 de xaneiro ata o 6 de febreiro do 2011, os xoves, sábados, domingos e festivos.

Paspallás: entre o 21 de agosto e o 12 de setembro de 2010, os sábados e domingos nos Tecor da antiga lagoa de Antela.

Pombo torcaz: xunto co paspallás, nos Tecor da antiga lagoa de Antela.

Tordos: prolóngase o período hábil de caza para estas especies ata o día 30 de xaneiro de 2011, na superficie dos Tecor incluída nos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, O Rosal e Tui, todos eles en Pontevedra.

Corzo: Do 29 de agosto e ata o 16 de outubro de 2010, gancho, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos para machos adultos e desde o 26 de setembro ata o 16 de outubro (e ademais o 23 de outubro de 2010),

femias adultas en descaste. Desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de 2011 na modalidade de axexo calquera día da semana.

Xabaril: desde o 29 de agosto de 2010 ata o 30 de xaneiro de 2011, nas modalidades de

gancho ou montaría, xoves, sábados, domingos e festivos.

Cervo, gamo e muflón: modalidade de axexo unicamente, desde o 12 de setembro ata o 10 de outubro de 2010, sobre machos adultos e femias adultas en descaste e desde o 9 de outubro de 2010 ata o 20 de febreiro de 2011 nas modalidades de gancho, montaría e axexo, os xoves, sábados, domingos e festivos, nos terreos cinexéticos de réxime especial. Cabra montesa e Lobo: queda en xeral prohibida a súa caza en Galicia.

18/06/2010 O DOG PUBLICA AS AXUDAS PARA CONSERVACIÓN DE RECURSOS NATURAIS E FOMENTO DA

SUSTENTABILIDADE NOS ESPAZOS PROTEXIDOS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de xuño

de 2010 publicou unha Orde da Consellería do

Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais na nosa Comunidade Autónoma. Ademais,

procédese a convocatoria destas axudas para os anos 2010 e 2011.

Poderán ser beneficiarios os propietarios de terreos situados nalgunha das parroquias total ou parcialmente incluídas nun parque natural. Tamén os titulares de explotacións agrarias ou gandeiras que estean dentro dun espazo protexido; as comunidades de montes veciñais do parque; as empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúa o espazo protexido ou os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro do parque.

Entre as actividades subvencionables atópanse a mellora da paisaxe agraria; a limpeza e restauración de camiños; a sinalización; a

(3)

Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia

Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia –––– UNITEGA UNITEGA UNITEGA UNITEGA

Tfno.:647767275 / Estrada de Cerdedelo Nº 41 – Laza (32620 Ourense) Páxina web: www.unitega.net - Email: unitega@gmail.com

-3-creación e mellora de infraestruturas de uso

público e de acollida ao visitantes; a

preservación de hábitats e vexetación de ribeira; a conservación das poboacións de especies protexidas; a loita contra a erosión ou as accións e actividades de educación ambiental. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta Orde no DOG.

Financiamento

As axudas reguladas nesta Orde financiaranse con cargos a fondos propios da Xunta e tamén con cargo ao Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013, cun cofinanciamento do fondo Feader. A dotación inicial para as anualidades de 2010 e 2011 é de 630.000 euros para cada un dos exercicios orzamentarios. Estas cantidades poderán incrementarse en función das dispoñibilidades.

9/06/2010 MEDIO RURAL REDUCIU O TEMPO DE RESOLUCIÓN E PAGO AOS GANDEIROS DOS EXPEDIENTES RELATIVOS A

ATAQUES DE LOBOS

A Consellería de Medio Rural reduciu os tempos de resolución e pago dos expedientes derivados de ataque de lobos ao gando na provincia lucense. Así o confirman os técnicos da Delegación Territorial, que destacan o traballo realizado pola comisión do lobo durante o último ano, reuníndose en ocasións ata dúas veces ao mes para pór ao día os procedementos.

A asiduidade das xuntanzas permitiu acurtar os tempos entre a incoación do expediente e a súa elevación á comisión para a pertinente

valoración, que agora é practicamente

inmediato cando antes acumulaba retrasos de ata dous meses.

Actualmente o período total de tramitación, dende que a Xunta ten coñecemento do ataque ata que se resolve o expediente, é dunha media de tres meses. O expediente incóase a

instancias do propio afectado e previa

inspección por parte dos técnicos autorizados. Posteriormente é avaliado pola comisión do lobo, da que forman parte técnicos de Medio Rural e representantes de asociacións agrarias, entre outros. Finalmente, o procedemento é remitido aos servizos centrais da consellería para que proceda a formalizar os pagos.

Liña específica

A Xunta mantén aberta unha liña específica de axudas a favor dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos polos danos ocasionados no seu gando. A convocatoria destas axudas para 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 9 de decembro de 2009 e comprende os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro do pasado ano ata o 30 de setembro deste 2010.

Destas axudas poden beneficiarse tódolos gandeiros galegos afectados, pero se

establecen unhas áreas específicas (chamadas zonas 1) nas que estatisticamente se rexistra un maior censo de lobos e máis casos de ataques, e nas que estas axudas poden incrementarse ata un 30%. Así mesmo, con carácter anual a Consellería do Medio Rural publica tamén unha orde de axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando.

(4)

Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia

Boletín da Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia –––– UNITEGA UNITEGA UNITEGA UNITEGA

Tfno.:647767275 / Estrada de Cerdedelo Nº 41 – Laza (32620 Ourense) Páxina web: www.unitega.net - Email: unitega@gmail.com

-4-30/6/2010 INFORMACION PUBLICA:

SEGREGACION DE PREDIOS NO TECOR DE MELIDE

Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural. Departamento Territorial da Coruña. Información pública. ANUNCIO. Por esta Xefatura Territorial e a instancia da Sociedade Cinexética de Boimorto, titular do tecor societario C-10.085 "Rebelión", con domicilio social a efectos de notificación na rúa de Cabañas, 12-4. °, 15009 A Coruña, instrúese expediente para a

SEGREGACION de 294,4472 ha do tecor societario "Melide", nas parroquias de Maceda e Orois, e incluílas mediante

AMPLIACION no tecor "Rebelión". Así mesmo a AMPLIACION de 327,0073 has de terreos en réxime cinexético común destas mesmas parroquias para incluílas no mesmo tecor societario "Rebelión". O que se fai público para xeral coñecemento, sinalándose o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren

afectadas examinen o expediente, que estará á súa disposición no Servizo de Conservación da Natureza, Edif. Adtvo. Monelos, 5.ª planta, praza Luis Seoane, s/n - A Coruña, e onde poderán ver as características da

SEGREGACION/AMPLIACION e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que puideran estimar convenientes ó respecto. A Coruña, 09 de xuño de 2010. O XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERIA DE MEDIO RURAL Asdo. Enrique L. de Salvador Sánchez. B.O.P. A CORUÑA DO 29 de junio de 2010 • Número 121 • Página 43

30/6/2010 INFORMACION PUBLICA:

SEGREGACION DE PREDIOS PRIVADOS DO TECOR OU-10.239

Servizo de Conservación da Natureza. Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Rural (Servizo de Conservación da

Natureza) dona Encarnación Fernández Nogueira presentou unha solicitude de

segregación de dous predios privados do tecor societario A Rúa, OU10.239, correspondentes ás parcelas catastrais 685 e 688 do polígono 17 do catastro do concello da Rúa, de 0,1520 e 0,0735 ha de extensión respectivamente, das que é titular.

Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza,

dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural (r/Paseo, 18 - 3º, 32003 Ourense).

Ourense, 25 de maio de 2010. O xefe territorial. Asdo.: Ricardo Ignacio Vecillas Rojo. D.O-P DE OURENSE DE 30/06/2010

Cazador: Queremos contar coa túa opinión. Podes porte en contacto connosco a través do correo electronico unitega@gmail.com

Se desexas formar parte de UNITEGA como socio/a, colaborador/a, ou integrar ao teu Tecor, achéganos os teus datos ou recorta este anaco e envíanolo ó noso enderezo: Nome do Tecor: ... Matrícula do Tecor: ... Nome: ... Apelidos: ... Enderezo: ... C.P. ...Poboación: ... Provincia ... Teléfono ... E-mail ... Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

(5)
(6)
(7)
(8)
(9)
(10)
(11)
(12)

Referências

Documentos relacionados

QUANDO TIVER BANHEIRA LIGADA À CAIXA SIFONADA É CONVENIENTE ADOTAR A SAÍDA DA CAIXA SIFONADA COM DIÂMTRO DE 75 mm, PARA EVITAR O TRANSBORDAMENTO DA ESPUMA FORMADA DENTRO DA

Frente ao exposto, este trabalho teve por objetivo avaliar discentes da disciplina de Matemática Discreta nos conteúdos de lógica formal, teoria dos conjuntos e

Segundos os dados analisados, os artigos sobre Contabilidade e Mercado de Capital, Educação e Pesquisa Contábil, Contabilidade Gerencial e Contabilidade Socioambiental

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de

E ele funciona como um elo entre o time e os torcedores, com calçada da fama, uma série de brincadeiras para crianças e até área para pegar autógrafos dos jogadores.. O local

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

O valor da reputação dos pseudônimos é igual a 0,8 devido aos fal- sos positivos do mecanismo auxiliar, que acabam por fazer com que a reputação mesmo dos usuários que enviam

A prova do ENADE/2011, aplicada aos estudantes da Área de Tecnologia em Redes de Computadores, com duração total de 4 horas, apresentou questões discursivas e de múltipla