• Nenhum resultado encontrado

Ordenanza xeral de limpeza e ornato público do concello de oroso. (B.O.P. Nº 161)

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Ordenanza xeral de limpeza e ornato público do concello de oroso. (B.O.P. Nº 161)"

Copied!
30
0
0

Texto

(1)

Ordenanza xeral de limpeza e ornato público

do concello de oroso. (B.O.P. Nº 161)

O Concello de Oroso dedica unha parte importante do seu orzamento, o 9,0% á limpeza, recollida de basuras e tratamento de residuos. Se ben o nivel de limpeza alcanzado pode calificarse de satisfactorio, a súa superación esixe un compromiso de todos, cidadáns e Concello, basado no principio de que " é mellor ensuciar menos que limpar máis".

A presente Ordenanza pretende ser a base dese compromiso entre cidadáns e Concello, que no fondo non será máis que unha aposta dos veciños polo seu Concello.

Este compromiso reúne dereitos e deberes para ambas partes:

- Fixa unhas normas mínimas de comportamento dos cidadáns nos aspectos hixiénicos, que deben ser cumpridas por esixencias da convivencia. Estas normas non só fixan sancións senón que tamén se coñecen dereitos que se poderían resumir no dereito de desfrutar dun medio ambiente adecuado, recollido na Constitución.

- Ó mesmo tempo establece deberes para o Concello quen ten a obriga de dotar ó Concello dos medios materiais necesarios para que sexa posible aplicar as previsións da ordenanza ó mesmo tempo que exerce o control de garante do seu cumprimento e de defensa da saúde pública e do medio ambiente.

Hai que dicir que se ben a base dese compromiso estaría formada pola ordenanza, o seu desenrolo esixirá tanto actuacións de vixilancia e control, coma accións positivas, promovendo campañas de difusión e concienciación cidadá dirixidas a xerar comportamentos positivos entre os veciños dende a convicción de que deben xogar un papel activo no logro dun pobo mellor.

Da ordenanza pode resaltarse que non se limita ó concepto máis reducido de limpeza urbana, senón que intenta abarcar tódolos aspectos de competencia municipal, que inciden na limpeza, en sentido amplo.

TÍDUO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS.

Artigo 1.

- A presente Ordenanza ten por obxecto establecer a regulación, dentro do ámbito de competencias do Concello de Oroso:

- A posta a disposición e recollida dos residuos sólidos urbanos.

-A limpeza da vía pública no referente ó uso polos cidadáns, e as accións necesarias para manter a limpeza nos lugares públicos e previr a sucidade nos mesmos, así coma das zonas verdes e recreativas.

(2)

- O uso do dominio público polos cidadáns, comprendendo a tenencia de animais domésticos, os regos de plantas, a limpeza de enseres, a publicidade estática e dinámica e cantas outras actividades poidan englobarse e afectar a hixiene urbana.

Artigo 2.

A Ordenanza dítase en virtude das competencias atribuídas ó Concello polo art. 25 e 26 da Lei 7/1.985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e a lexislación sectorial estatal e autonómica aplicable ó efecto, Lei 10/1.997, de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia e Lei 10/1.998, de Residuos Sólidos Urbanos e demais lexislación sectorial aplicable ó efecto.

Artigo 3.

Nos supostos non regulados na presente Ordenanza, pero que, polas súas características, puideran estar comprendidas no seu ámbito, aplicaranse por analoxía, ás normas da mesma que regulen outros cos que garden similitude e identidade de razón.

Artigo 4.

Son dereitos dos cidadáns ou usuarios:

-Esixir a prestación dos cidadáns deste Servizo Público.

-Utilizar, de acordo co disposto nesta Ordenanza, o devandito servizo.

-Ser informado, previa petición razoada, dirixir solicitudes, reclamacións e suxestións ó Concello, pola empresa xestora do servizo en relación coas cuestións que suscite a prestación do mesmo.

-Denunciar as anomalías e infraccións que coñezan debendo informarlles das actuacións practicadas.

Son deberes dos cidadáns e usuarios:

- Evitar e previr ós atentados á hixiene urbana.

- Cumprir as prescricións previstas nesta Ordenanza e nas normas complementarias que lles atribúe esta Ordenanza, realicen os Órganos de xestión do servizo.

- Abonar as taxas e exaccións municipais previstas nas Ordenanzas Fiscais coma contrapartida á prestación de servizos.

(3)

- Abonar os gastos ocasionados polas execucións subsidiarias que o Concello se vexa obrigado a realizar no seu nome.

- Abonar as multas, que por infracción á Ordenanza, se lles impoñan.

- A poñer a disposición da empresa concesionaria os residuos sólidos urbanos que produzan ou posúan, na forma e condicións que se establezan no presente Regulamento.

TIDÚO II.- DA LIMPEZA DA VÍA PÚBLICA.

Art. 5.

1.- Para os efectos da limpeza considérase vía pública: as avenidas, paseos, rúas, prazas, beirarrúas, travesías, camiños, xardíns, zonas verdes, zonas terrosas e demais bens de uso público municipal destinados directamente ó uso común xeral dos cidadáns.

2.- Para os efectos de limpeza, os ríos tamén terán a consideración de vía pública.

Artigo 6.

1.- Queda prohibido tirar e abandonar na vía pública toda clase de produtos de estado sólido, líquido ou gasoso. Os residuos sólidos de pequeno tamaño como papeis, envoltorios e similares, deberán depositarse nas papeleiras instaladas para tal efecto ou depósitos do lixo do servizo público de limpeza.

2.- Prohíbese igualmente botar cigarros puros, pavas de cigarros ou outras materias acesas nas papeleiras. En todo caso deberán depositarse unha vez apagadas.

3.- Non se permite sacudir roupas e alfombras sobre a vía pública, nin tampouco dende balcóns e terrazas fóra do horario establecido nesta ordenanza. En todo caso, esta operación farase de xeito que non cause danos nin molestias a persoas e cousas.

Artigo 7.

1.- Corresponde ós particulares a limpeza das pasaxes particulares, dos patios interiores de bloque, dos solares de propiedade privada, das galerías comerciais e similares. No caso de copropiedade dos devanditos elementos, a responsabilidade da limpeza corresponderá á comunidade de propietarios.

2.- O Concello exercerá o control e inspección do estado de limpeza dos elementos obxecto do apartado anterior, e poderá obrigar coactivamente a limpalos á persoa

(4)

responsable, de acordo coas instrucións que para tal efecto emitan os servizos municipais.

3.- Os restos da limpeza correspondentes ós particulares, non poderán, en ningún caso, abandonarse na rúa, senón que deberán recollerse en recipientes homologados ou entregarse no servizo de recollida do lixo. Se polo seu peso e volume non fose posible depositalos nos colectores habilitados para a recollida de residuos sólidos urbanos, avisarase ó Concello para que se indiquen as instrucións pertinentes.

Artigo 8.

Corresponderá á Administración municipal, ben por xestión directa ou por concesión do servizo, a limpeza da calzada, beirarrúas, bordos, paseos, gabias das árbores, zonas terrosas, papeleiras, rótulos de identificación das vías públicas e restantes elementos do mobiliario urbano de responsabilidade municipal, sen prexuízo das modificacións do servizo que en circunstancias especiais determine a Alcaldía. Non obstante, no caso de urbanizacións que teñan constituídas entidades de conservación ou de carácter privado, corresponderalles as mesmas o mantemento destas zonas.

Artigo 9.

En caso de estacionamentos prolongados, e co fin de posibilitar as labores de limpeza, os vehículos deberán estacionarse de tal modo que, entre eles e a beirarrúa quede unha distancia suficiente para a limpeza da calzada.

Artigo 10.

A limpeza dos elementos destinados ó servizo do cidadán, situados na vía pública, pero que non estean baixo a responsabilidade municipal, corresponderá efectuala ós titulares administrativos dos respectivos servizos.

CAPÍTULO I.- Da sucidade da vía pública a consecuencia de obras e e actividades diversas.

Artigo 11.

1.-Tódalas actividades que poidan ocasionar sucidade na vía pública, calquera que sexa o lugar no que se desenvolva, e sen prexuízo das licencias ou autorizacións que en cada caso sexan procedentes, esixen dos seus titulares a obriga de adopta-las medidas necesarias para evitar dita sucidade na vía pública, así como a de limpa-la parte dela e

(5)

dos seus elementos estruturais que se visen afectados, e a de retira-los materiais resultantes.

2.- A autoridade municipal poderá esixir en todo momento a adopción de medidas preventivas adecuadas, e das accións de limpeza correspondentes, tendo en conta o disposto no apartado anterior.

Artigo 12.

1.-Co fin de previla sucidade, as persoas que realicen obras ou derrubas na vía pública ou zonas anexas, deberán proceder a protección desta mediante a instalación de valados ou elementos adecuados de xeito que se evite a diseminación de terras, cascallos ou calquera outro resto de material de obra fóra da estrita zona afectada polos traballos.

2.- En especial, as superficies inmediatas de foxos, canalizacións e conexións realizadas na vía pública, deberán manterse limpas e exentas de toda clase de materiais residuais. As terras extraídas deberán protexerse, en todo caso, segundo determina o apartado anterior.

3.- A carga e descarga de materiais de obra e produtos de derruba, deberá realizarse mediante tubos ou canalizacións de características axeitadas para impedir que se ensucie a vía pública, e que se causen danos ás persoas e ás cousas.

Artigo 13.

Cando se trate de edificios de construción, a obriga de limpa-la vía pública no ámbito material establecido no artigo 12 corresponderá ó contratista.

Artigo 14.

1.- Prohíbese o abandono e deposición directamente na vía pública de calquera material residual ou o seu vertido, no caso de residuos líquidos, en gabias, pozos de rexistro e sumidoiros. Os residuos depositaranse, en todo caso, na vía pública mediante elementos de contención homologados pola Administración competente.

2.- A utilización de depósitos de lixo para obras será sempre preceptiva cando os materiais de extracción ou recollida excedan do volume de 1m3, excepto as obras de urbanización na vía pública ou de realización de foxos e canalizacións.

3.- Os depósitos de lixo para obras deberán retirarse da vía pública nos supostos de rematar a concesión da licenza de obra, en calquera momento, a requirimento dos axentes da autoridade municipal e en canto estean cheos para proceder o seu baleirado e en todo caso dentro das corenta e oito horas seguintes á terminación dos traballos.

(6)

CAPÍTULO II.- Da limpeza e mantemento dos elementos e partes exteriores dos inmobles e de solares.

Artigo 15.

1.- Os propietarios dos inmobles ou, subsidiaramente, os titulares terán a obriga de mantelos nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

Artigo 16.

1.- Os propietarios de edificios, fincas, vivendas e establecementos terán a obriga de manter limpas as fachadas, os rótulos de enumeración das rúas, as medianeras descubertas, as entradas, escaleiras de acceso, e, en xeral, tódalas partes dos inmobles que sexan visibles dende a vía pública.

2.- En todo o que se refire o número 1 precedente, os propietarios deberán proceder os traballos de mantemento e limpeza, cando por motivos de ornato público sexa necesario e o ordene a Autoridade municipal, previo informe dos servizos municipais competentes.

3.- Os propietarios tamén terán a obriga de manter limpas as chimeneas, depósitos, patios, patios de luces, conducións de auga e gas, desaugues, pararraios, antenas de televisión e calquera outra instalación complementaria dos inmobles.

4.- Os propietarios de fincas terán a obriga de mantelas nas debidas condicións de sanidade e salubridade pública e procederán asímesmo a poda de árbores para que estes non invadan o espazo de dominio público

5.- O Concello nos supostos recollidos nos apartados precedentes e previo trámite de audiencia os interesados, lles requirirá para que, no prazo que se lles sinale, realicen as obras ou operacións necesarias.

6.- O incumprimento do ordeado determinará, que pola falta de limpeza e decoro nos elementos ou partes exteriores do inmoble e das fincas, incoarase expediente sancionador con imposición de multa, de conformidade co previsto na lexislación urbanística vixente.

Artigo 17.

1.- O horario autorizado para a limpeza de escaparates, tendas, postos de venta será dende as sete ás once da mañá, e dende as dezanove e vinte e dúas horas.

(7)

2.- O Alcalde poderá autorizar, en casos excepcionais, modificacións nos horarios establecidos no número 1 do presente artigo.

CAPÍTULO III.- Da limpeza do Concello respecto o uso común e privativo e manifestacións públicas na rúa.

Artigo 18.

1.- A sucidade da vía pública producida a consecuencia do uso común e privativo será responsabilidade dos seus titulares.

2.- Os titulares de establecementos, sexan fixos ou non, tais como bares, cafés, quioscos, postos de venta e similares, terán a obriga de manter nas debidas condicións de limpeza tanto as propias instalacións coma o espazo urbano sometido a súa influencia.

3.- O Concello poderá esixir os titulares expresados no número 2 anterior, a colocación de elementos homologados para a contención dos residuos producidos polo consumo nos seus establecementos, correspondéndolles, asímesmo, o mantemento e limpeza de ditos elementos.

Artigo 19.

1.- Os organizadores dun acto público na rúa serán responsables da sucidade derivada da celebración de tal acto na mesma.

2.- A efectos da limpeza do Concello, os organizadores terán a obriga de informar o Concello do lugar, recorrido e horario do acto público a celebrar. O Concello lles poderá esixir a constitución dunha fianza en metálico polo importe dos servizos subsidiarios de limpeza, que previsiblemente, lles puidera corresponder efectuar a consecuencia da sucidade que se derivase da celebración do devandito acto.

Artigo 20.

A efectos da presente Ordenanza entenderase:

1.- Por rótulos, os anuncios fixos ou móbiles realizados mediante pintura, baldosas e outros materiais destinados a conferirles unha larga duración.

2.- Por carteis, os anuncios -impresos ou pintados- sobre papel ou outro material de escasa consistencia; sendo de formato reducido e distribución manual, os carteis terán a consideración de octavillas.

(8)

3.- Por pancartas, os anuncios publicitarios de gran tamaño situados ocasionalmente na vía pública por un período non superior a quince días coincidindo coa celebración dun acto público.

4.- Pintadas, as inscricións manuais realizadas na vía pública sobre os muros ou paredes do Concello, sobre as beirarrúas e calzadas ou sobre calquera dos seus elementos estruturais.

5.- Por opúsculos e folletos diversos, os fragmentos de papel ou material análogo entregado os cidadáns de calquera manifestación pública ou privada.

6.- Terán a condición de rótulos, os carteis que debido as súas condicións de colocación ou protección estean destinados a ter unha duración superior a quince días.

Artigo 21.

A colocación e pegado de carteis e pancartas, a distribución de octavillas e calquera outra actividade publicitaria das reguladas no presente Título, está suxeita a autorización municipal da Alcaldía.

Artigo 22.

1.- A concesión de autorización para a colocación e distribución de rótulos e demais elementos publicitarios definidos no Artigo 20, levará implícta a obrigación para o responsable de limpar os espazos da vía pública que se ensuciasen, e de retirar dentro do prazo autorizado tódolos elementos publicitarios que se utilizasen e os seus correspondentes accesorios.

2.- Os rótulos situados en fachadas de edificios incluídos nos catálogos de Patrimonio Histórico Artístico, ademais de requirir autorización municipal, deberán ser de material e construción acorde coa fachada e o entorno.

3.- Para a colocación ou distribución na vía pública dos elementos publicitarios sinalados no artigo 20 precedente, o Concello poderá esixir a constitución de fianza en metálico pola contía correspondente os costos previsibles de retirar da vía pública os elementos que puideran causar sucidade.

4.- En todo caso, o beneficiario da autorización estará obrigado ó mantemento dos elementos publicitarios en condicións hixiénicas, estéticas e de seguridade. Os rótulos, carteis, pancartas e pintadas respectarán a estética dos soportes en que se ubiquen.

CAPÍTULO IV.- Colocación de carteis e pancartas na vía pública

(9)

1.- Prohíbese a colocación e pegado de carteis e adhesivos, con excepción dos casos expresamente autorizados pola Autoridade Municipal.

2.- Prohíbese toda clase de actividade publicitaria das reguladas nas presentes Ordenanzas nos edificios cualificados como histórico artístico, e nos incluídos no Catálogo do Patrimonio Histórico e Artístico do Concello. Exceptuaranse as pancartas e rótulos que fagan referencia as actividades que terán lugar no edificio, colocados pola iniciativa das persoas responsables de ditas actividades.

3.- Prohíbese a colocación de carteis e pancartas en bens afectos a un servizo público municipal, tales como marquesiñas, báculos alumeados e contedores, os promotores e beneficiarios desta publicidade responderán desta prohibición, o incumprimento da mesma dará lugar a imposición da sancións pertinente, así como a obriga do publicitario de proceder a retirada destes carteis e pancartas e a limpeza da parte ensuciada.

Artigo 24.

1.- A colocación de carteis e adhesivos nos paneis, columnas ou soportes publicitarios municipais precisará da correspondente autorización municipal.

2.- Queda prohibido desgarrar, arrancar e/o tirar a vía pública carteis, anuncios e pancartas.

Artigo 25.

1.- A colocación das pancartas na vía pública soamente se autorizará nos seguintes supostos:

a) en período de eleccións políticas.

b) en período de festas populares e tradicionais dos distintos núcleos.

c) en situacións expresamente autorizadas pola Alcaldía.

2.- A Alcaldía regulará en cada caso as condicións en que poderán utilizarse os paneis, columnas e soportes publicitarios municipais e a tramitación necesaria para solicitar a correspondente autorización.

3.- As pancartas soamente poderán conter a propaganda de tipo político ou de tipo popular obxecto da correspondente solicitude de autorización, sen incluírningunha outra clase de publicidade que ocupe máis do quince por cento da súa superficie.

4.- A solicitude de autorización para a colocación das pancartas deberá contemplar:

(10)

b) os lugares onde se pretende instalar.

c) o compromiso do responsable de reparar os danos causados na vía pública ou nos seus elementos estruturais, e de indemnizar os danos e prexuízos que se puideran ocasionar coma consecuencia da colocación da pancarta.

d) xustificante de subscrición de póliza de seguro de responsabilidade civil ilimitada, que cubra os riscos que se puideran derivar da súa instalación.

Artigo 26.

1.- As pancartas deberán ser retiradas tan pronto como caducara o prazo o que foron autorizadas. De non facelo así, serán retiradas polos servizos municipais, imputándose os responsables os costos correspondentes o servizo prestado, sen prexuízo da imposición da sanción correspondente.

2.- A colocación das pancartas na vía pública sen autorización, dará lugar a imposición de sancións ós responsables pola Autoridade Municipal.

CAPÍTULO V.- Das pintadas

Artigo 27.

1.- Prohíbese toda clase de pintadas na vía pública, tanto sobre os seus elementos estruturais, calzadas, beirarrúas e mobiliario urbano, como sobre os muros e paredes exteriores do Concello.

2.- Serán excepcións en relación co disposto no número 1 anterior, as pinturas murais de carácter artístico sobre as vallas dos solares, para as que será preciso a previa autorización do seu propietario.

CAPÍTULO VI.- Da distribución de panfletos

Artigo 28.

1.- Prohíbese esparcir e tirar toda clase de panfletos e materiais similares. Exceptuaranse as situacións que en sentido contrario autorice a Alcaldía.

(11)

3.- Os servizos municipais procederán a limpar a parte ou espazo que se vira afectada pola distribución ou dispersión de panfletos, imputando os responsables o costo correspondente dos servizos prestados, sen prexuízo da imposición das sancións que correspondera.

CAPÍTULO VII.- Sobre o mobiliario urbano.

Artigo 29.

O mobiliario urbano existente nos parques, xardíns, zonas verdes e vías públicas, no que se encontran comprendidos os bancos, xogos infantís, papeleiras, fontes, sinalización e elementos decorativos tales como farolas e estatuas, deberán manterse no máis axeitado e estético estado de limpeza e conservación.

Artigo 30.

a) Bancos:

Non se permite o uso inadecuado dos bancos, ou todo acto que prexudique ou deteriore a súa conservación e, en particular, arrancar aqueles que estean fixos, trasladar a unha distancia superior a dous metros os que no estean fixados ao chan, agrupa-los de forma desordenada, realizar inscricións ou pinturas. As persoas encargadas do coidado dos nenos deberán evitar que estes nos seus xogos depositen sobre os bancos area, auga, barro eu calquera elemento que poida ensuciar, manchar os usuarios dos mesmos.

b) Xogos infantís:

A súa utilización realizarase por nenos con idades comprendidas nos carteis anunciadores que a tal efecto establécense, prohibíndose a súa utilización polos adultos ou por menores que non estean comprendidos na idade que indíquese expresamente en cada sector ou xogo.

c) Papeleiras:

Os desperdicios ou papeis deberán depositarse nas papeleiras destinadas a tal fin. Queda prohibida toda manipulación de papeleiras (movelas, incendialas, volcalas, arrancalas), facer inscricións ou adherir pegatinas nas mesmas, así coma outros actos que deterioren a súa estética ou entorpezan o seu uso normal.

d) Fontes e ríos dos lavadoiros públicos:

Queda prohibido realizar calquera manipulación nos tubos ou elementos das fontes, que non sexan as propias da súa utilización normal. Queda expresamente prohibido o lavado e reparación de vehículos. Trala utilización do río de lavar débense retirar todos aqueles desperdicios producidos pola actividade e depositalos nos contedores do Servizo Municipal de lixo.

(12)

TIDÚO III.- DA RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.

CAPÍTULO I. Concepto.

Artigo 31.

Considéranse residuos sólidos urbanos, os materiais residuais seguintes:

a) Os desfeitos de alimentación e do consumo doméstico producido polos cidadáns nas súas vivendas, incluídos envases, vidros, plásticos, papel, madeiras, enseres e obxectos inútiles procedentes da normal actividade doméstica.

b) As cinzas da calefacción doméstica.

c) Os residuos procedentes de pequenas obras domiciliarias.

d) Os envoltorios, envases, embalaxes e outros residuos sólidos producidos nos locais comerciais.

e) Os materiais residuais producidos por actividades de servizos, comerciais e industriais, sempre que poidan asimilarse a desfeitos domiciliarios.

f) Os residuos producidos polo consumo en bares, restaurantes e demais establecementos que expendan produtos alimentarios cociñados ou nos que se realicen consumicións de calquera clase. Asímesmo, os producidos en supermercados, autoservicios e establecementos similares.

g) Os residuos producidos en residencias, hoteis, hospitais, clínicas, colexios e outros establecementos públicos ou abertos ó público.

Artigo 32.

Quedan excluídos dos servizos municipais de recollida de residuos urbanos, os seguintes materiais residuais:

a) Os materiais de rechazo, subprodutos, cinzas, escorias e calquera outro residuos producidos en fábricas, talleres, almacéns e instalacións de tratamento de lixo.

b) As cinzas producidas nas instalacións de calefacción central dos edificios, con independencia do seu destino.

(13)

d) Os deperdicios e esterco producidos polos matadoiros, laboratorios, cuarteis, parques urbanos e demais establecementos similares públicos ou privados.

e) Os residuos procedentes de redes de sumidoiros, colectores, emisarios ou depuradoras de augas residuais.

f) Calquera outro material residual que en función do seu contido ou forma de presentación poida cualificarse coma tóxico ou perigoso, ou requira condicións especiais de manipulación.

g) Calquera outra clase de material residual asimilable os sinalados nos números precedentes, e en todo caso os que en circunstancias especiais determine a Alcaldía.

CAPÍTULO II.- Das basuras domiciliarias e de residuos que se xeren por actividades comerciais e de servizos.

Artigo 33.

1.- Os usuarios están obrigados a depositar o lixo en bolsas de plástico, dificilmente desgarrables e con gramaxe superior a vinte gramos por metro cadrado.

Os establecementos de comestibles e similares poderán depositar os cartóns en contedores debidamente troceados e dobrados.

Non se autoriza o depósito de lixo a granel ou en cubos, paquetes, caixas e similares.

SÍ como consecuencia dunha deficiente presentación do lixo, se produciran vertidos, o usuario causante será responsable da sucidade ocasionada.

2.- Para a súa entrega ós servizos de recollida, os elementos que conteñan lixo deberán estar perfectamente cerrados de modo que non se produzan vertidos.

3.- Prohíbese o depósito de lixo que conteña residuos líquidos ou susceptibles de licuarse.

Artigo 34.

Prohíbese o abandono de lixo. Os usuarios están obrigados a deposítalos dentro dos contedores instalados ó efecto con arranxo ós horarios establecidos, e nos lugares sinalados.

Os infractores están obrigados a retirar o lixo abandonado e a limpar a área que se ensuciara, con independencia das sancións que correspondan.

(14)

Artigo 35.

Non se permite a manipulación de basuras na vía pública.

Artigo 36.

1.- Só se utilizará o contedor para os residuos autorizados. Non se depositarán obxectos metálicos tales como estufas, termos, etc, que poidan avariar o sistema mecánico dos vehículos e materiais en combustión.

2.- As bolsas depositaranse sempre nos contedores, cumprindo as seguintes normas:

a) Aproveitar a súa capacidade, rompendo e pregando no posible, caixas e obxectos voluminosos.

b) Cerrar a tapa unha vez utilizado.

3.- Os servizos da empresa concesionaria procederán o mantemento e limpeza dos contedores.

Artigo 37.

1.- O Concello de Oroso, determinará o número, volume e ubicación dos contedores.

2.- O Concello de Oroso, cando existan circunstancias especiais, poderá esixir a ubicación dos recipientes para a recollida no interior dos inmobles e locais de negocio.

3.- Na colocación de contedores na vía pública, terase en conta as lóxicas indicacións que poidan recibirse de particulares, comerciantes e asociacións, non podendo trasladarse a posición dos mesmos.

4.- Os servizos competentes do Concello, cando existan circunstancias especiais, poderán establecer bados e reservas de espazo para a manipulación dos contedores.

5.- Os vehículos estacionados non poderán interferir as operacións de carga e descarga dos contedores.

Artigo 38.

1.- Nas zonas, locais, industrias ou establecementos onde se asignen contedores para uso exclusivo da actividade, o número das unidades a empregar será fixado polo Concello de Oroso.

(15)

2.- Cando sexa necesario, os servizos da empresa procederán á renovación de contedores por deterioro ou outra razón, podéndose imputar o cargo correspondente ó usuario cando queden inutilizados pola súa causa.

3.- Os usuarios que dispoñan de contedores de uso exclusivo retornable, colocáranos na beirarrúa o máis cerca posible do bordillo para que sexan recollidos e, unha vez baleirados, retiraranos da vía pública aténdose ós horarios establecidos no apartado correspondente.

Artigo 39.

O Concello de Oroso fará pública a programación de días, horarios e medios prevista para a prestación dos servizos de recollida. O Concello poderá introducir as modificacións que, con motivos de interese público, teña por convintes, e os servizos municipais divulgarán coa suficiente antelación, os cambios no horario, forma ou frecuencia e prestación do servizo, a excepción das disposicións ditadas pola Alcaldía en caso de emerxencia.

Artigo 40.

1.-Non poderá depositarse o lixo por parte dos usuarios, antes das 20,00 horas.

2.- Prohíbese colocar bolsas nos contedores fora do horario establecido.

Artigo 41.

1.-Unha vez depositado o lixo dentro dos contedores adquirirá o carácter de propiedade municipal.

2.- Prohíbese seleccionar e retirar para o seu aproveitamento calquera clase de material residual depositado nos contedores.

CAPÍTULO III.- Do uso de instalacións fixas para basuras.

Artigo 42.

Prohíbese a evacuación de residuos sólidos e líquidos ( aceites, graxas, pinturas, disolventes, medicamentos, etc...) pola rede de sumidoiro.

(16)

1.- A instalación de incineradores domésticos, clínicos ou industriais de residuos, esixirá autorización previa outorgada polos servizos municipais correspondentes.

2.- Non se autoriza o libramento ós servizos de recollida domiciliaria, de lixo previamente tratadas mediante instalacións destinadas a aumentar a súa densidade se os interesados non obtiveran antes autorización outorgada polos servizos municipais.

Artigo 44.

1.-Tódolos edificios de vivendas, locais industriais e demais establecementos poderán dispoñer dun espazo pechado de dimensións regulamentarias para a acumulación e almacenamento do lixo producido diariamente.

2.- O Concello establecerá nas ordenanzas fiscais correspondentes beneficios económicos nos prezos públicos por prestación do servizo de recollida para aqueles edificios ou locais que dispoñan de sistema de almacenamento de lixo.

3.- A acumulación de lixo farase mediante o uso de elementos de contención estancos e perfectamente pechados.

4.- As características de construción e condicións técnicas que deberán cumprir estesespazos serán, a falla de norma técnica municipal específica, as que se fixen na normativa tecnolóxica oficial correspondente.

5.- Tanto o espazo como os contedores destinados a acumulación de residuos deberán manterse en perfectas condicións de hixiene e limpeza.

Artigo 45.

1.- Os condutos de uso colectivo para evacuación de lixo, instalados ou a instalar nos edificios de vivendas, deberán cumprir, en ausencia de norma técnica municipal específica, a normativa tecnolóxica oficial correspondente.

2.- Prohíbese votar por condutos colectivos de evacuación de lixos, materiais residuais sen protexer, así como verter residuos en forma líquida. O libramento do lixo farase en todo caso coidando do mantemento físico e hixiénico destas conducións.

Artigo 46.

1.- O Concello poderá obrigar a centralizar o depósito de residuos sólidos urbanos ou asimilables producidos en urbanizacións, centros comerciais, industriais, e centros de gran produción en áreas específicas para tal fin.

(17)

3.- No caso de que así se prevea polo Concello, e independentemente do que posteriormente se estableza a efectos de recollida selectiva de residuos, deberán diferenciarse os contedores segundo os tipos de depósitos: orgánicos, vidro, papel, plásticos, metálicos, pilas e calquera outro tipo que se determine.

4.- Deberá contar cun espazo reservado para útiles de limpeza, toma de auga da instalación comunitaria e espazo para enseres e outros residuos voluminosos.

5.- Os propietarios da urbanización ou centro serán responsables do mantemento do recinto e do seu equipamento en adecuadas condicións de estética, hixiene e limpeza.

6.- Cando así sexan requiridos, os responsables das urbanizacións e dos centros de produción de RSU, deberán presentar plano detallado e acotado do recinto de recepción de residuos e aprobación do Concello. A efectos de deseño e elaboración poderán recabar a asesoría técnica dos servizos externos do Concello.

7.- O Concello poderá establecer recintos destas características e de uso público ubicadas en zonas de alto tránsito parroquial ou interparroquial, anexas a zonas de uso público ou en puntos que polas súas características se consideren de especial interese.

Artigo 47.

1.- As escorias e cinzas dos xeneradores de calor de carácter comunitario poderán ser retirados polo Concello a petición dos interesados, os que lles pasará o correspondente cargo.

2.- Non se aceptará a recollida de escorias de edificios se as mesmas non se depositan en recipientes homologados polo Concello, e se estas non se enfriaran previamente.

TIDUO IV.- DA RECOLLIDA, TRANSPORTE E VERQUIDO DE TERRAS E ESCOMBROS.

Artigo 48.

1.- O presente Título regulará, en todo caso, as seguintes operacións:

a) O libramento, carga, transporte, acumulación e vertido dos materiais residuais sólidos cualificados como terras e escombros.

b) A instalación na vía pública de contedores para obras destinados a recollida e transporte de terras e escombros.

2.- As disposicións deste Título non rexerá para as terras e outros materiais asimilables cando sexan destinados a venta ou subministro para traballos de obra nova. Si serán

(18)

aplicables tódalas prescricións que establece a presente Ordenanza en canto a prevencións e corrección da sucidade na vía pública producida a consecuencia da carga, descarga e transporte dos citados materiais.

Artigo 49.

1.- Ós efectos desta Ordenanza, terán a consideración de escombros:

a) Restos de terra, enseres e materiais similares utilizados en construción.

b) Residuos de actividades de construción, derribo e en xeral tódolos sobrantes de obras.

c) Calquera material residual asimilable ós anteriores.

Artigo 50.

A intervención municipal en materia de terras e escombros terá por obxecto evitar que, a consecuencia das actividades expresadas se produzan:

1.- O vertido incontrolado de ditos materiais ou efectuado en forma inadecuada.

2.- O vertido en lugares non autorizados.

3.- A ocupación indebida de terreos ou bens de dominio público.

4.- O deterioro dos pavimentos e restantes elementos estruturais do Concello.

5.- A sucidade da vía pública e demais superficie do termo municipal de Oroso.

Artigo 51.

1.- Prohíbese ós produtores ou posuidores de escombros ou restos de obra o vertido incontrolado ou en lugares non autorizados, a ocupación indebida da vía pública, o deterioro de pavimentos e restantes elementos estruturais da cidade.

2.- O vertido de terra e escombros en terreos de propiedade particular deberá contar con autorización do propietario e do Concello, que non concederá a mesma, cando se produzan alteracións sustancias da topografía, do medio ambiente, da hixiene, do ornato público ou se produzan danos a terceiros.

Artigo 52.

(19)

a) Producir escombros.

b) Transportar terras e escombros pola cidade.

c) Descargar os devanditos materiais nos vertedoiros.

Artigo 53.

O Concello tratará de prover de lugares para o vertido de escombros e así mesmo fomentará o seu vertido naqueles lugares que conveña o interese público, de modo que se posibilite a recuperación de espazos. Tódolos lugares de vertidos de escombros deberán estar legalmente autorizados.

Os usuarios do vertedoiro de escombros serán responsables de deixar a zona de vertidos perfectamente limpa e nivelada, de acordo coas instrucións emanadas do Concello.

Artigo 54.

Os produtores ou posuidores de escombros poderán desprenderse deles polos seguintes métodos:

- Asumir directamente a súa recollida e transporte a vertedoiro autorizado.

- Contratar con terceiros debidamente autorizados.

En obras con produción de residuos superiores a un metro cúbico deberanse utilizar "contedores para obras", ata o momento do seu traslado ó lugar autorizados. Denomínanse coma tal, aqueles recipientes normalizados, deseñados para ser cargados ou descargados sobre vehículos de transporte especial e destinados á recollida de materiais residuais.

Os produtores ou posuidores de escombros que os entreguen a terceiros para a súa recollida e transporte, responderán solidariamente con aquel de calquera dano que poida producirse pola súa incorrecta manipulación ou tratamento.

Artigo 55.

1.- A actividade de aluguer e uso de contedores para obras está suxeita a autorización municipal.

2.- Os contedores para obras soamente poderán ser usados polos titulares da autorización. Ningunha persoa pode efectuar vertidos de clase algunha no contedor, salvo autorización do titular.

(20)

Artigo 56.

1.- Os contedores para obras serán metálicos, cunha capacidade máxima de vinte e cinco metros cúbicos.

2.- Disporán dos elementos precisos para a súa situación na vía pública, así coma para o seu manexo polos vehículos destinados a súa recollida.

3.- Deben ter no seu exterior de maneira visible o nome, razón social e teléfono da empresa propietaria.

4.- Deberán estar numerados, coas cifras gravadas para garantir a súa permanencia, independentemente, poderán ter a numeración pintada no exterior.

5.- Deberán ser pintados de cores que destaquen a súa viabilidade. Asímesmo deberán cumprir os requisitos en canto a sinalización óptica prevista na Lei de Seguridade Vial e normativa de desenrolo.

Artigo 57.

1.- A instalación e retirada de contedores para obras realizarase sen causar molestias ós cidadáns.

2.- Os contedores de obras deberán utilizarse de modo que o seu contido non se verta ou non poida ser esparcido polo vento. A carga de materiais non excederá o nivel do límite superior, encontrándose durante o transporte, en todo momento, cuberta por lona ou similar para evitar a súa caída sobre a vía pública. Non se autoriza a colocación de suplementos adicionais para aumentar a súa capacidade.

3.- O titular da licenza será responsable dos danos causados ó pavimento da vía pública, debendo comunicarllos inmediatamente ós servizos municipais.

Igualmente será responsable dos danos producidos en propiedades públicas ou privadas.

Artigo 58.

1.- Os contedores situaranse, se fora posible, no interior da zona pechada de obras, e, noutro caso de existir na zona ou carril de aparcamento, ou nas beirarrúas das vías públicas cando estas teñan dous ou mais metros da anchura. De non ser así, deberá solicitarse aprobación da situación proposta.

2.- En todo caso deberán observarse na súa colocación as prescricións seguintes:

a) Situaranse preferentemente diante da obra a que serven ou tan cerca como sexa posible.

(21)

b) Deberán situarse de modo que non impidan a visibilidade dos vehículos, especialmente nos cruces, respetando as distancias fixadas para estacionamentos polo Código de Circulación.

c) Non poderán situarse nos pasos de peatóns nin diante deles, así coma nos bados nin nas reservas de estacionamento e parada, excepto cando estas reservas foran solicitadas para a mesma obra; tampouco poderán situarse nas zonas de prohibición de estacionamento.

d) En ningún caso poderán ser colocados total ou parcialmente sobre as tapas de acceso dos servizos públicos, sobre as bocas de incendios, alcorques dos árbores nin, en xeral, sobre ningún elemento urbanístico, cunha utilización que puidera dificultar en circunstancias normais ou en caso de emerxencia.

e) Tampouco poderán situarse sobre as beirarrúas cunha anchura tal que, deducido o espazo ocupado polas vallas, no seu caso, non permita unha zona de libre paseo dun metro como mínimo unha vez colocado o contedor.

3.- Serán colocados en todo caso de tal modo co seu lado máis longo este situado en sentido paralelo a liña de bordo.

4.- Cando os contedores estean situados na calzada deberán colocarse a 0,20 m. da beirarrúa, de modo que non impidan que as augas superficiais alcancen e discorran polo escorredor ata o embornal máis próximo, debendo protexerse cada contedor como mínimo por tres conos de tráfico colocados na vía pública en liña oblicua polo lado do contedor máis próximo o da circulación.

5.- Os contedores deberán estar sinalizados de acordo co Código de Circulación ou calquera outra normativa que lle sexa de aplicación, sendo o seu propietario, ou a súa empresa aseguradora, responsable de calquera sinistro na vía pública.

Artigo 59.

Cando os contedores deban permanecer na rúa durante a noite, deberán levar incorporadas sinais reflectantes ou luminosas para facelos identificábeis.

Artigo 60.

Queda prohibido depositar nos contedores de obras:

a) Residuos que conteñan materiais inflamables, explosivos, perigosos ou susceptibles de putrefacción e toda clase de restos que causen molestias ós usuarios da vía pública.

b) Mobles, enseres, trastos vellos e materiais similares.

(22)

Artigo 61.

1.- Os contedores para obras serán retirados da vía pública:

a) En canto estean cheos e sempre no mesmo día no que se produza o seu cheo.

b) En calquera momento, a requirimento dos axentes da Autoridade Municipal.

c) Ó expirar a licenza de obras.

2.- En todo caso, os contedores de obras deberán retirarse coma máximo ós cinco días da finalización da obra.

TIDUO V.- DOS SERVICIOS ESPECIAIS DE RECOLLIDA DE RESIDUOS.

Artigo 62.- Definicións.

Ós efectos da presente Ordenanza enténdese por:

1. Punto Limpo: son instalacións onde se efectúa a recepción transitoria, recollida, clasificación e acumulación de certos tipos de residuos sólidos urbanos. Os Puntos Limpos, constitúen, polo tanto, un sistema de recollida selectiva.

2. Residuos reciclables: aqueles materiais que poden ser reutilizados ou reciclados coma materia prima, para que mediante un proceso, obtéñase un produto distinto ou igual ó orixinal.

3. Provedor: persoa natural e xurídica que fai entrega dos residuos reciclables no Punto Limpo.

Artigo 63.- Obxectivos.

Os obxectivos principais do Punto Limpo son os seguintes:

1.- Evitar o vertido incontrolado de residuos voluminosos que non poden ser eliminados a través dos servizos convencionais de recollida de lixo.

2.- Evitar o vertido de escombros e outros no medio natural e urbano do termo municipal de Oroso.

3.- Buscar a mellor solución para cada tipo de residuo co fin de conseguir a máxima valoración dos materiais e o mínimo custo na xestión global.

(23)

O Concello adquire a titularidade dos residuos entregados polo provedor, que destinará a súa eliminación, valoración ou reciclado.

Artigo 65.- Prestación do servizo.

Para o emprego do punto limpo hai que ter en conta tres aspectos:

1. Só se admiten residuos xerados por particulares.

2. Cada usuario só poderá facer unha entrega diaria de residuos.

3. Prohíbese a entrada de residuos de orixe industrial.

CAPÍTULO I.- Identificación de residuos e xestión.

Artigo 66.- Tipoloxía de residuos.

No Punto Limpo admítense os seguintes residuos:

-Restos metálicos do fogar.

-Electrodomésticos.

-Chatarra.

-Escombros de obras menores particulares.

-Madeira.

-Plásticos.

-Colchóns.

-Mobles e enseres.

Artigo 67.- Formas de presentación dos residuos.

Para a recollida dos residuos anteriormente mencionados, estes deberán entregarse de acordo as normas de presentación, as cales son:

No suposto de escombros, debido á natureza destes residuos, deberanse presentar en sacos ou bolsas de plástico cerrados de 25 quilos coma máximo.

(24)

Artigo 68.- Funcionamento e xestión.

1.- Para que o servizo que se presta no Punto Limpo sexa o correcto, é necesario que os usuarios aporten os residuos previamente separados e os depositen nos colectores específicos para cada fracción.

2.- Á entrada do recinto, un operario informa ós usuarios sobre a forma de realizar o depósito de cada un dos residuos e da localización dos diferentes colectores.

3.- En tódalas entregas será necesaria a presentación do D.N.I. do usuario ó encargado do Punto Limpo que o anotará nun documento para control interno. Todos os datos quedan, en todo caso, sometidos ás normas xerais de protección de datos persoais, sen que os mesmos poidan ser utilizados para outros fins que os propios do servizo.

4.- O usuario accederá á zona de acopio onde depositará os residuos no seu correspondente colector.

5.- Antes de que os colectores se encontren cheos de residuos, os operarios do Punto Limpo darán aviso ós xestores ou transportistas designados para a retirada e o traslado dos residuos ás diferentes instalacións de reciclaxe ou centros de eliminación.

6.- As instalacións do Punto Limpo deben permanecer en boas condicións de hixiene e salubridade pública. Para isto, os operarios deben controlar que o depósito de residuos se realice da forma correcta, evitando a caída de residuos fora dos colectores e retirando calquera material que dificulte o tránsito dos vehículos e o depósito dos residuos.

7.- O encargado do Punto Limpo poderá rexeitar aqueles residuos que cando pola súa natureza ou volume non poidan ser admitidos de acordo co presente regulamento.

Artigo 69.- Horario.

O Punto Limpo dispón do seguinte horario, venres de 12,30 a 14,00 horas e sábado de 12,00 a 13,30 horas. Calquera cambio nestes horarios será acordado polo Alcalde-Presidente, e comunicado mediante Bandos.

Artigo 70.- Prohibicións.

Prohíbense os seguintes aspectos:

1.- Entregar residuos no procedentes de domicilios particulares.

2.- Depositar calquera outro tipo de residuos de orixe domiciliaria que non se encontre establecida no Regulamento.

3.- Depositar mezclados os diferentes residuos.

(25)

5.- Ocultar residuos de carácter perigoso dentro de bolsas ou sacos.

6.- Abandonar residuos de calquera tipo na porta das instalacións, fóra do horario de funcionamento do Punto Limpo.

Artigo 71. Infraccións.

Calquera incumprimento das normas da presente Ordenanza considérase unha infracción que se tipificará de acordo coa natureza do acto en leves e graves.

1. Considéranse infraccións leves:

a) Entregar residuos non procedentes de domicilios particulares.

b) Depositar calquera outro tipo de residuos de orixe domiciliario que non se encontre establecido no presente Regulamento.

c) Depositar mezclados de diferentes residuos.

d) Depositar residuos fóra do colector específico.

2. Considéranse infraccións graves:

a) Ocultar e depositar residuos de carácter perigoso dentro de bolsas ou sacos.

b) Abandonar residuos de calquera tipo na porta das instalacións, fora do horario de funcionamento do Punto Limpo.

Artigo 72.- Sancións.

Os usuarios que efectúen infraccións leves estarán na obriga de restituir o dano cometido ou se lles prohibirá a entrega dos residuos.

Os usuarios que cometan infraccións graves sancionaranse de acordo á Ordenanza Reguladora da Xestión de Residuos Sólidos Urbanos, Limpeza Viaria e de Edificacións, en tanto que os devanditos actos considéranse vertidos incontrolados de residuos sólidos.

TÍTULO VI.- INFRACCIÓNS, SANCIÓNS E PROCEDEMENTO SANCIONADOR.

(26)

O presente Título ten por finalidade regular o réxime de infraccións e sancións, de conformidade co disposto na lexislación sectorial aplicable ó efecto, que atribúe os Concellos a facultade de regular infraccións e impoñer sancións en materia de medioambiente.

Artigo 74.

A vixilancia e control do cumprimento da presente Ordenanza corresponde ó Concello, a través dos servizos municipais competentes.

Artigo 75.

As infraccións ó establecido na presente Ordenanza clasifícanse en moi graves, graves e leves segundo o establecido na lexislación sectorial e xeral aplicable ó efecto, sen prexuízo, no seu caso das correspondentes responsabilidades civís e penais.

Considéranse infraccións moi graves:

a) Unha perturbación relevante da convivencia que afecte de maneira grave, inmediata e directa a salubridade ou ornato público.

b) O impedimento do uso do servizo público de recollida do lixo por outra ou outras persoas con dereito a súa utilización.

c) O impedimento ou a grave e relevante obstrución ó normal funcionamento do servizo público.

d) Os actos de deterioro grave e relevante de equipamentos, infraestruturas ou instalacións dun servizo público.

e) Os actos de deterioro grave e relevante de espazos públicos ou de calquera das súas instalacións ou elementos, sexan mobles ou inmobles, non derivados de alteracións da seguridade pública.

As demais infraccións que contraveñan as condutas regulamentadas nesta Ordenanza clasificaranse en graves e leves, de acordo cos seguintes criterios:

a) A intensidade da perturbación ocasionada na tranquilidade ou no pacífico exercicio dos dereitos doutras persoas ou actividades.

b) A intensidade da perturbación causada á salubridade ou ornato público.

c) A intensidade da perturbación ocasionada no uso dun servizo público ou dun espazo público por parte das persoas con dereito a utilizalos.

(27)

d) A intensidade da perturbación ocasionada no normal funcionamento dun servizo público.

e) A intensidade dos danos ocasionados ós equipamentos, infraestruturas, instalacións ou elementos do servizo público ou dun espazo público.

Artigo 76.

As infraccións a que se refire o artigo anterior sancionaranse en función do seguinte cadro:

a) As infraccións leves sancionaranse con multa de ata 300,00 Euros de acordo co seguinte detalle, referido ás cometidas dentro do ano natural:

Primeira sanción: 60,00 Euros.

Segunda sanción: 150,00 Euros.

Terceira sanción: 300,00 Euros.

b) As infraccións graves sancionaranse con multa de entre 300,01 Euros a 601,00 Euros e de acordo co seguinte detalle, referido ás cometidas dentro do ano natural:

Primeira sanción: 300,01 Euros.

Segunda sanción: 450,00 Euros.

Terceira sanción: 601,00 Euros.

c) As infraccións moi graves sancionaranse con multa de entre 1.000,00 Euros e 3.000,00 Euros e de acordo co seguinte detalle, referido ás cometidas dentro do ano natural:

Primeira sanción: 1.000,00 Euros.

Segunda sanción: 2.000,00 Euros.

Terceira sanción: 3.000,00 Euros.

Artigo 77.

1.- A graduación das sancións determinarase en función do dano ou risco ocasionado, a reincidencia , o beneficio obtido na comisión da infracción e das circunstancias agravantes e atenuantes.

(28)

2.-Considéranse circunstancias agravantes da responsabilidade administrativa na presente Ordenanza, as seguintes:

a) A existencia de intencionalidade.

b) A natureza dos prexuízos causados.

c) O risco dos danos a saúde das persoas e o medio natural.

d) A reincidencia por comisión no termo dun ano de máis dunha infracción da mesma natureza cando sexa declarado por sentencia firme.

e) A comisión de infraccións en espazos naturais protexidos.

3.- Terá a consideración de circunstancia atenuante da responsabilidade administrativa a adopción espontánea, por parte do autor da infracción de medidas correctoras con anterioridade á incoación do expediente sancionador.

Artigo 78.

Cando a contía da multa resulte inferior ó beneficio obtido na comisión da infracción, a sanción será aumentada ata o importe en que sexa beneficiado o infractor.

Artigo 79.

Se un mesmo feito estivera tipificado en máis dunha lexislación específica, aplicarase a disposición sancionadora en contía superior.

Artigo 80.

Cando non sexa posible determinar o grado de participación das distintas persoas que interviñeron na comisión da infracción, a responsabilidade será solidaria.

Artigo 81.

Sen prexuízo da delimitación das responsabilidade a que houbera lugar e conseguinte imposición de sancións, a comisión das infraccións administrativas tipificadas na presente Lei levará aparelladas, en canto procedan, as seguintes consecuencias, que non terán carácter sancionador:

(29)

2.- Reparación pola administración competente, e con cargo o infractor, dos danos que se puideran ocasionar, incluída a satisfacción de indemnizacións por danos e prexuízos.

3.- Adopción das medidas correctoras ou preventivas que sexan necesarias para evitar que se produzan ou se sigan producindo danos ambientais.

4.- Posta en marcha dos trámites necesarios para a anulación ou declaración de nulidade, no seu caso, das autorizacións otorgadas en contra dos preceptos desta Ordenanza.

Artigo 82.

1.- A imposición de sancións, así coma a esixencia de medidas restauradoras e indemnizacións polos danos causados, realizarase mediante a apertura de expediente sancionador no que será oído o presunto infractor.

2.- Da valoración de danos e prexuízos darase vista o presunto infractor, quen poderá esixir que se leve a cabo, a súa costa, unha taxación pericial contraditoria.

Artigo 83.

1.- A fin de conseguir a adopción de medidas preventivas ou correctoras e a restitución ambiental que proceda, poderanse impoñer multas coercitivas sucesivas de ata 300,00 Euros cada unha, que se aplicarán unha vez transcorrido o prazo outorgado para a adopción das medidas ordenadas.

2.- Asímesmo, poderase proceder á execución subsidiaria, con cargo ó infractor, das medidas que sexan necesarias para a restauración ambiental.

Artigo 84.

As cantidades adeudadas á Administración en concepto de multa ou para cubrir os custes de restauración ou reparación e as indemnizacións a que houbera lugar poderán esixirse por vía de apremio.

Artigo 85.

No suposto de que as infraccións puideran ser constitutivas de delito ou falta, a Administración dará conta ó Ministerio Fiscal, e absterase de proseguir o procedemento sancionador mentres a autoridade xudicial non se pronuncie. A sanción penal non excluirá a imposición de sanción administrativa nos casos en que non exista identidade de suxeitos, feitos e fundamentos. De non estimarse a existencia de delito ou falta, a

(30)

Administración poderá continuar o expediente sancionador, con base os feitos que o órgano xurisdicional competente considere probados.

Artigo 86.

As infracción e sancións administrativas en materia de prevención ambiental e calidade ambiental así coma ornato público, tipificadas na normativa vixente e na presente Lei, prescribirán: as moi graves no prazo de tres anos, as graves no de dous anos e as leves no de seis meses.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.- En todo o non establecido nesta ordenanza, serán de aplicación as normativas e disposicións promulgadas ó respecto pola Xunta de Galicia e lexislación do Estado.

Segunda.- Facúltase á Alcadía para ditar as normas técnicas ou regulamentarias necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta ordenanza.

Referências

Documentos relacionados

A máquina Fourdrinier veio a solucionar o problema de insuficiência de papel, mas ao mesmo tempo confirmou trapos como matéria prima insuficiente.... história moderna do

supervisionada – controle da placa bacteriana” nas atividades diárias dos escolares. 34) No Manual do Técnico de Educação em Saúde Bucal, os objetivos do Sesc

a) Projeto Escolar de Curto Prazo. Essa posição derivava, entre outros motivos, de uma crítica bastante pertinente à aprendizagem não significativa, de pura

8.1 Encerrada a fase de inscrições, a Secretaria Municipal de Saúde tornará pública a classificação dos candidatos que atenderam os requisitos, conforme ordem de

+351 213 018 42 www.calusofona.org com o apoio: ANAG Associação Nacional dos Agricultores da Guiné Bissau RECAGRO Rede Nacional de Coordenação das Câmaras de Agricultura e

Identifi- caram-se como factores de risco independentes para VFC: Tipo de família reconstruída, monoparental e outros (OR ajustado=4,68), Apgar familiar moderada e

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

O tratamento é indicado na presença de sintomas exacerbados de congestão pélvica, a existência de varizes dos membros inferiores de origem pélvica demonstrado pelo