• Nenhum resultado encontrado

Conservatorio Profesional de Música de A Estrada. Departamento de Vento-Metal TROMPETA. PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE (segundo Decreto 203/2007)

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Conservatorio Profesional de Música de A Estrada. Departamento de Vento-Metal TROMPETA. PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE (segundo Decreto 203/2007)"

Copied!
59
0
0

Texto

(1)

Música de A Estrada

Departamento de Vento-Metal

TROMPETA

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE

(segundo Decreto 203/2007)

G. Elemental e G. Profesional

Curso 2016/17

Victor Vilariño

(2)
(3)

Programación de Trompeta 3 Prof. Victor Vilariño            

ÍNDICE

GRAO ELEMENTAL... 4 INTRODUCIÓN ... 4 OBXECTIVOS ... 6 CONTIDOS ... 6

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN NO GRAO ELEMENTAL……… 7

1º CURSO, G. ELEMENTAL ... 8 2º CURSO, G. ELEMENTAL ... 11 3º CURSO, G. ELEMENTAL ... 14 4º CURSO, G. ELEMENTAL ... 17 GRAO PROFESIONAL... 21 INTRODUCIÓN ... 21 OBXECTIVOS ... 22 CONTIDOS ... 22

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN NO GRAO PROFESIONAL………23

1º CURSO, G. PROFESIONAL ... 24 2º CURSO, G. PROFESIONAL ... 27 3º CURSO, G. PROFESIONAL ... 33 4º CURSO, G. PROFESIONAL ... 36 5º CURSO, G. PROFESIONAL ... 40 6º CURSO, G. PROFESIONAL ... 44 NOTAS Á PROGRAMACIÓN... 48 EVALUACIÓN Y CALIFICACIÓN...50 ATENCIÓN Á DIVERSIDADE...54 TEMAS TRANSVERSAIS...56

TRATAMENTO DAS TIC...57

(4)

GRAO ELEMENTAL

INTRODUCIÓN

A necesidade de asegurar unha formación musical que proporcione o nivel de expresión artística propio duns estudos especializados, que teñen como meta o exercicio profesional e que, por iso están destinados a aqueles alumnos que posúan aptitudes específicas e vontade para dedicarse a eles, demanda un Currículo que non se limite ao dominio puramente práctico das diferentes técnicas instrumentais e coñecementos académicos vinculados ao ensino tradicional, senón que inclúa outros aspectos inherentes ao feito musical como fenómeno tanto histórico-cultural como estético ou psicolóxico que permitan un desenvolvemento máis acorde co carácter humanista que esixe a formación integral do músico.

Este achegamento máis profundo ao feito musical persegue un equilibrio entre o coñecemento teórico, o desenvolvemento das destrezas instrumentais e a compresión dos principios estéticos que determinan o fenómeno artístico-musical, quedando reflectidos tanto na ordenación académica do Grado Elemental como nos contidos curriculares das diferentes especialidades instrumentais e asignaturas que configuran cada curso, iniciándose dito equilibrio desde o comezo dos estudos de música.

Así, no Grado Elemental, o Currículo que se regula na Orde de 28 de Agosto de 1992, B.O.E. de 9 de Setembro, completa os ensinos mínimos establecidos no Real Decreto 756/1992, de 26 de Xuño, cunha dobre atención á práctica musical de conxunto, í.e á clase colectiva dentro dos contidos do ensino instrumental, para contribuír, entre outros aspectos relacionados, co desenvolvemento das capacidades de socialización do alumno, para espertar o interese cara un repertorio máis amplo que o que lle brinda o estudo do seu propio instrumento e servir de preparación para unha participación ulterior en agrupacións orquestrais e camerísticas.

Cabe destacar, en relación cos contidos das especialidades instrumentais, unha característica común: A necesidade de conxugar, desde o inicio do proceso de ensino e aprendizaxe, a comprensión e a expresión, o coñecemento e a realización. Este proceso complexo de educación artística debe ter presente que os contidos esenciais na formación dun músico que se expresa a través dun instrumento están presentes, case na súa totalidade, desde o inicio dos estudos, e que o seu desenvolvemento realízase non tanto pola adquisición de novos elementos como pola profundización permanente nos mesmos.

Os catro cursos que compoñen o Grado Elemental configuran unha etapa de suma importancia para o desenvolvemento do futuro instrumentista, xa que ao longo deste período deben quedar sentadas as bases dunha técnica correcta e eficaz e, o que é aínda máis importante, duns conceptos musicais que cristalicen, mediante o tempo necesario para a maduración de todo iso, nunha auténtica conciencia de intérprete.

A tarefa do futuro intérprete consiste polo tanto en, primeiro, aprender a ler correctamente a partitura; segundo, penetrar despois a través da lectura, no sentido dos escrito para poder apreciar o seu valor estético; e, terceiro, desenvolver ao propio tempo, a destreza necesaria no manexo dun instrumento para que a execución dese texto musical adquira a súa plena dimensión de mensaxe expresivamente significativo.

(5)

Programación de Trompeta 5 Prof. Victor Vilariño Unha concepción pedagóxica moderna ha de partir dunha premisa básica: A vocación musical dun neno pode, en numerosísimos casos non estar aínda claramente definida, o cal esixe de xeito imperativa que a suma de coñecementos teóricos que han de inculcárselle e as inevitables horas de práctica ás que se verá sometido séxanlle presentadas de xeito tan atractivo e estimulante como sexa posible, para que el/ela se sinta verdadeiramente interesado/a na tarefa que se lle propón, e dese xeito a súa posible incipiente vocación se vexa reforzada.

A evolución intelectual e emocional á idade en que se realizan os estudos de

Grado Elemental - oito a doce anos, aproximadamente- é moi acelerada; iso implica que as formulacións pedagóxicas, tanto no plano xeral da didáctica como no máis concreto e subxectivo da relación persoal entre Profesor e alumno han de adecuarse constantemente a esa realidade cambiante que é a personalidade deste último, aproveitar ao máximo a gran receptividade que é característica da idade infantil, favorecer o desenvolvemento dos súas dotes innatas, estimular a maduración da súa afectividade e, simultaneamente, poñer ao seu alcance os medios que lle permitan exercitar a súa crecente capacidade de abstracción.

Nótese que cando un alumno/a inicia os estudios musicais xa ven impregnado/a da música que inevitablemente lle rodea e posúe polo tanto unha idea intuitiva. É no grado elemental cando o alumno/a debe coñecer os medios para poder expresarse neste novo linguaxe.

Xunto ao adestramento no manexo dos recursos do instrumento elixido, é necesario encamiñar a conciencia do alumno cara a unha comprensión máis profunda do fenómeno musical e das esixencias que suscita a súa interpretación, e para iso hai que comezar a facerlle observar os elementos sintácticos sobre os que repousa toda estrutura musical, ata nas súas manifestacións máis simples, e que a interpretación, en todos os seus aspectos, expresivos ou morfolóxicos está funcionalmente ligada a esa estrutura sintáctica. Esta elemental “gramática” musical non é senón a aplicación concreta ao repertorio de obras que compoñen o programa que o alumno debe realizar dos coñecementos teóricos adquiridos noutras

disciplinas- linguaxe musical, fundamentalmente -coñecementos que haberán de ser ampliados e profundados no Grado Profesional mediante o estudo das materias correspondentes.

Nesta dirección cabe sinalar, que é case imprescindible que o instrumentista aprenda a valorar a importancia que a memoria ten na súa formación como intérprete. A memoria pódenselle asignar dúas características, unha que só está sabido aquilo que se pode recordar en todo momento, constituíndo un excelente auxiliar no estudio, polo que supón un aforro de tempo e permite desentenderse da partitura nun certo momento, para desta forma centrar a atención nos problemas técnicos e na expresividade. Por outra parte a memoria xoga un papel importante na comprensión unitaria, global dunha obra,

xa que permite reconstruíla coherencia e a unidade.

Para alcanzar estes obxectivos, o instrumentista debe chegar a desenvolver as capacidades específicas que o permitan alcanzar o máximo dominio das posibilidades de todo orde que lle brinda o instrumento da súa elección e é máis importante que o alumnado saiba o que está facendo en cada caso e non que faga o que sabe, eludindo deste xeito o perigo de que ditas capacidades queden reducidas a unha mera exercitación ximnástica.

(6)

OBXECTIVOS

O ensino de instrumentos de vento metal no grado elemental terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos as seguintes capacidades:

a) Adoptar unha posición corporal que permita respirar con naturalidade e que favoreza a correcta colocación do instrumento e á coordinación de ambas mans. b) Controlar o aire mediante a respiración diafragmática e os músculos que forman

a embocadura de maneira que posibilite unha correcta emisión, afinación, articulación e flexibilidade no son.

c) Saber utilizar con precisión os reflexos necesarios para corrixir de forma automática a afinación das notas e a calidade do son.

d) Coñecer as características e posibilidades sonoras do instrumento, sabendo utilizalas dentro das esixencias do nivel, tanto na interpretación individual como na de conxunto.

e) Demostrar unha sensibilidade auditiva que permita o control permanente da afinación e o perfeccionamento continuo da calidade sonora.

f) Interpretar un repertorio básico integrado por obras representativas de diferentes estilos, dunha dificultade acorde con este nivel.

CONTIDOS

Práctica de relaxación e respiración para o desenvolvemento da capacidade pulmonar. Fortalecemento dos músculos faciais. Estudios coa boquilla. Desenvolvemento da autoaudición para obter unha boa calidade do son. Controlar en cada momento a emisión do son. Manter unha boa postura cara a mellor dixitación. Práctica das distintas articulacións. Desenvolvemento da flexibilidade dos labios coa práctica de intervalos ligados e con posición fixas. Adestramento progresivo da memoria. Adquisición dun bo hábito e método de estudio. Lectura á vista de obras sinxelas. Comprensión das estruturas musicais nos seus distintos niveis (motivo, tema, período, frases e seccións). Traballo de diferentes escalas. Estudio de diferentes obras onde se vexan aplicados os conceptos previamente traballados e estudados. Práctica de conxunto.

(7)

Programación de Trompeta 7 Prof. Victor Vilariño

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN NO GRAO ELEMENTAL

Valorarase.

- Posición corporal e do instrumento.

- Control da respiración - Embocadura - Son - Ritmo - Calidade da interpretación 9-10:

- Gran calidade na interpretación, con fluidez e seguridade técnica, ó tempo que se mantén unha boa embocadura, con especial control da respeiración, do ritmo e un son ben formado.

7-8:

- Interpretación realizada con seguridade. Embocadura formada. Bo control da respiración e do ritmo con presenza dun son estable e continuado.

5-6:

- Interpretación correcta. Embocadura estable. Ritmo e son continuado.

4:

- Interpretación insegura. Fallos no ritmo e na producción do son. Falta evidente de preparación das pezas.

2-3:

- Interpretación fallida. Grandes dificultades no ritmo e na producción do son. Falta evidente de preparación das pezas.

1:

(8)

1º CURSO, G. ELEMENTAL

Obxectivos:

O ensino da trompeta no 1º curso de grado elemental terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos as capacidades seguintes:

 Saber apreciar o esencial no dominio do propio corpo para o posterior desenvolvemento da técnica instrumental.

 Adquirir a capacidade de percepción interna que lles permita diferenciar entre a relaxación muscular e o esforzo indispensable que esixe a interpretación instrumental.

 Coñecer e valorar a importancia da respiración abdómino-diafragmática aplicada ao ámbito corporal do alumno.

 Iniciar aos alumnos no control necesario dos músculos que forman a embocadura que posibilite unha correcta emisión, afinación, articulación e flexibilidade do son tanto na interpretación individual como de conxunto.

 Buscar o equilibrio entre a relaxación muscular e o ánimo indispensable que esixe a interpretación instrumental tendo en conta que o corpo funciona como un todo cuxo eixe é a columna vertebral.

 Tomar conciencia da importancia na consecución dun son estable e centrado en case toda a extensión do instrumento.

 Relacionar os coñecementos musicais propios deste nivel coas características da escritura e literatura do instrumento da propia especialidade.

 Introducir ao alumno no emprego dos intervalos, articulacións, ataques e ritmos.  Iniciar ao alumno na corrección, seguindo os seus propios reflexos da afinación

das notas e a calidade de son.

 Iniciar aos alumnos no desenvolvemento da capacidade de interpretar en público e coa necesaria seguridade en si mesmos, que lles permita vivir a música como medio de comunicación.

 Iniciar ao alumno na práctica musical en grupo e o hábito de escoitar outros instrumentos e de adaptarse harmonicamente a un conxunto.

 Tomar conciencia da sensibilidade musical e estética que permita comprender, interpretar e gozar a música.

 Iniciar e desenvolver a habilidade de lectura a primeira vista que lles permita participar en conxunto e ter acceso a un repertorio máis amplo.

 Iniciar ao alumno na capacidade de improvisación e creación, tanto rítmica como melódica, como medio de maior liberdade de expresión e de organización da linguaxe musical.

 Introducir ao alumno nas bases para desenvolver a capacidade de interpretar os estudos e obras do repertorio de memoria, co fin de adquirir unha maior concentración na interpretación.

(9)

Programación de Trompeta 9 Prof. Victor Vilariño

Contidos:

Práctica da relaxación e respiración para o desenvolvemento da capacidade pulmonar. Fortalecemento dos músculos faciais. Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa indispensable para a obtención dunha boa calidade de son. Estudos de emisión do son. Principios básicos da dixitación. Práctica das distintas articulacións. Estudo da afinación. Traballo da dinámica. Traballo dos diferentes intervalos. Estudo das diferentes escalas maiores e menores. Desenvolvemento da flexibilidade dos beizos, coa práctica de intervalos ligados e con posicións fixas. Estudos da boquilla. Utilización de instrumentos afines, que por tamaño faciliten a posterior aprendizaxe da trompeta (cornetín ou corneta de pistóns). Adestramento permanente e progresivo da memoria. Adquisición de hábitos de estudos correctos e eficaces. Lectura a primeira vista de obras ou fragmentos sinxelos. Iniciación á comprensión das estruturas musicais nos seus distintos niveis – motivos, temas, períodos, frases, seccións, etc.- para chegar a través diso a unha interpretación consciente e non meramente intuitiva. Selección progresiva en canto ao grado de dificultade de exercicios, estudos e obras do repertorio que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do alumnado. Práctica de conxunto.

Recursos (1º CURSO, G. ELEMENTAL)

A trompeta (vol. 1 A ) Andrés/Alberola Aprende tocando a trompeta Peter Wastall

Melodías fundamentais C. Collins

Temporalización dos Contidos

 Primeira Avaliación:

A trompeta (vol. 1 A ) do 1 ao 3. Aprende tocando a trompeta do 1 ao 5. Melodías fundamentais unha melodía.  Segunda Avaliación:

A trompeta (vol. 1 A ) do 4 ao 6. Aprende tocando a trompeta do 6 ao 10. Melodías fundamentais unha melodía. Escala de Do M, unha oitava.

 Terceira Avaliación:

A trompeta (vol. 1 A ) do 7 ao 8. Aprende tocando a trompeta do 11 ao 14. Melodías fundamentais unha melodía. Escala cromática en ámbito dunha oitava.

Obxectivos Mínimos:

 Adquirir unha posición correcta do instrumento e do instrumentista.

 Adquirir os fundamentos dunha boa técnica respiratoria, embocadura e emisión.  Escala de Do M en ámbito dunha oitava.

(10)

Criterios de Avaliación:

a) Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión. Este criterio pretende constatar a capacidade do alumno para desenvolverse con certo grado de autonomía na lectura dun texto.

b) Memorizar e interpretar textos musicais empregando a medida, afinación, articulación e fraseo adecuado ao seu contido. Este criterio pretende comprobar, a través da memoria, a correcta aplicación dos coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical.

c) Interpretar obras de acordo cos criterios do estilo correspondente. Con isto preténdese comprobar a capacidade de alumno para empregar o “tempo”, a articulación e a dinámica como elementos básicos da interpretación. d) Mostrar nos estudos e obras a capacidade de aprendizaxe progresiva individual.

Este criterio pretende verificar que o alumno é capaz de aplicar no seu estudo as indicacións do profesor e, con elas, desenvolver unha autonomía progresiva de traballo que lle permita valorar correctamente o seu rendemento.

e) Interpretar en público como solista e de memoria obras representativas do seu nivel no instrumento, con seguridade e control. Aquí trátase de comprobar a capacidade de memoria e autocontrol e o dominio da obra estudada. Así mesmo preténdese estimular o interese polo estudo e fomentar as capacidades de equilibrio persoal que lle permitan enfrontarse con naturalidade ante un público.

f) Actuar como membro dun grupo e manifestar a capacidade de tocar, ao mesmo tempo que escoita e adáptase ao resto dos compañeiros. Este criterio presta atención á capacidade do alumno para adaptar a afinación, a precisión rítmica, dinámica, etc., á dos seus compañeiros nun traballo común.

Metodoloxía

A metodoloxía do ensino musical e en particular a dos instrumentos musicais require un tratamento especial segundo o tema que se aborde en cada momento, o perfil psicolóxico de cada alumno e as características específicas do grupo. De todos os xeitos, podemos dar uns trazos xerais sobre a metodoloxía, que soamente nos poden servir de forma orientativa:

 ensino do instrumento é individualizada no seu maior parte, aínda que inclúe clases colectivas.

 estilo de ensino é recíproco, é dicir que o profesor dá coñecementos ao alumno, pero este tamén investiga e pregunta achega das súas inquietudes, sacando as súas propias conclusións.

 A comunicación que se establece nas clases é oral (polas explicacións do profesor), Kinestésica ou propioceptiva (pola información que se transmite dos movementos corporais), táctil (en situacións de relaxación de ombreiros ou control da respiración diafragmática) e acústica (que se realiza no intercambio de sons entre alumno e profesor).

 Os medios que podemos utilizar nas clases de trompeta poden ser auditivos (discos, gravacións), escritos (partituras, textos), audiovisuais (vídeos, retroproxectores, fotografías) e materiais (tubos, pelotas, aparellos de respiración, etc...)

(11)

Programación de Trompeta 11 Prof. Victor Vilariño

2º CURSO, G. ELEMENTAL

Obxectivos:

O ensino da trompeta no 2º curso de grado elemental terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos as capacidades seguintes:

 Buscar o equilibrio entre a relaxación muscular e o ánimo indispensable que esixe a interpretación instrumental tendo en conta que o corpo funciona como un todo cuxo eixe é a columna vertebral.

 Desenvolver a capacidade de percepción interna que lles permita diferenciar entre a relaxación muscular e o esforzo indispensable que esixe a interpretación instrumental.

 Adquirir un control suficiente da columna de aire mediante a técnica de respiración abdomino-diafragmática.

 Desenvolver o control necesario dos músculos que forman a embocadura que posibilite unha correcta emisión, afinación, articulación e flexibilidade do son tanto na interpretación individual como de conxunto.

 Ampliar o ámbito de escala do instrumento e buscar un equilibrio do son nos diferentes rexistros.

 Conseguir flexibilidade nos intervalos, articulacións, ataques e ritmos.

 Desenvolver a corrección, seguindo os seus propios reflexos, da afinación das notas e a calidade do son.

 Relacionar e aprender os coñecementos musicais propios deste nivel coas características da escritura e literatura do instrumento da propia especialidade.  Desenvolver a práctica musical en grupo e o hábito de escoitar outros

instrumentos e de adaptarse harmonicamente a un conxunto.

 Desenvolver a sensibilidade musical e estética que permita comprender, interpretar e gozar a música.

 Desenvolver a capacidade de interpretar en público e coa necesaria seguridade en si mesmos, que lles permita vivir a música como medio de comunicación.  Establecer a habilidade de lectura a primeira vista que lles permita participar nun

conxunto e ter acceso a un repertorio máis amplo.

 Desenvolver a capacidade de improvisación e creación, tanto rítmica, harmónica como melódica, como medio de maior liberdade de expresión e de organización da linguaxe musical.

 Desenvolver as bases para desenvolver a capacidade de interpretar os estudos e obras do repertorio de memoria, co fin de adquirir unha maior concentración na interpretación.

(12)

Contidos:

Práctica da relaxación e respiración para o desenvolvemento da capacidade pulmonar. Fortalecemento dos músculos faciais. Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa indispensable para a obtención dunha boa calidade de son. Estudos de emisión do son. Principios

básicos da dixitación. Práctica das distintas articulacións. Estudo da afinación. Traballo da dinámica. Traballo dos diferentes intervalos. Estudo das diferentes escalas maiores e menores. Desenvolvemento da flexibilidade dos beizos, coa práctica de intervalos ligados e con posicións fixas. Estudos da boquilla. Utilización de instrumentos afines, que por tamaño faciliten a posterior aprendizaxe da trompeta (cornetín ou corneta de pistóns). Adestramento permanente e progresivo da memoria. Adquisición de hábitos de estudos correctos e eficaces. Lectura a primeira vista de obras ou fragmentos sinxelos. Iniciación á comprensión das estruturas musicais nos seus distintos niveis - motivos, temas, períodos, frases, seccións, etc.- para chegar a través diso a unha interpretación consciente e non meramente intuitiva. Selección progresiva en canto ao grado de

dificultade de exercicios, estudos e obras do repertorio que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do alumno. Inicio do estudo da improvisación partindo da relación pregunta-resposta. Práctica de conxunto.

Recursos (2º CURSO, G. ELEMENTAL)

A trompeta (vol.1b) Andrés/Alberola Aprende tocando a Trompeta Peter Wastall Embouchure Builder L. Little J. B. Arban (primeiros estudos)

Temporalización dos Contidos:

 Primeira Avaliación:

A trompeta (vol.1b) Andrés/Alberola do 1 ao 3. Aprende tocando a Trompeta Peter Wastall do 15 ao 18. Embouchure Builder L. Little ex. 5 e 6.

J. B. Arban (primeiros estudos) 2 ex. da páx 13 e 14. Escala de Fa Maior

Unha obra.  Segunda Avaliación:

A trompeta (vol.1b) Andrés/Alberola do 4 ao 6. Aprende tocando a Trompeta Peter Wastall do 19 ao 22. Embouchure Builder L. Little ex. 7 e 8. J. B. Arban (primeiros estudos) 2 ex. Páx. 17 e 18. Escalas de Sol Maior

Unha peza de concerto libre da trompeta 1b ou de Aprende tocando a trompeta.  Terceira Avaliación:

A trompeta (vol.1b) Andrés/Alberola e 8. Aprende tocando a Trompeta Peter Wastall e 24. Embouchure Builder L. Little ex. 9 e 10 J. B. Arban (primeiros estudos) 2 ex. páx 18 e 19. Escalas de re e mi menor.

(13)

Programación de Trompeta 13 Prof. Victor Vilariño

Obxectivos Mínimos:

 Mellorar a técnica respiratoria, a embocadura, a emisión, como base dá a técnica de estudo para a interpretación individual e de grupo, mediante o traballo programado para o curso.

 Completar a programación proposta para o curso.

Criterios de Avaliación:

a) Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión. Este criterio pretende constatar a capacidade do alumno para desenvolverse con certo grado de autonomía na lectura dun texto.

b) Memorizar e interpretar textos musicais empregando a medida, afinación, articulación e fraseo adecuado ao seu contido. Este criterio pretende comprobar, a través da memoria, a correcta aplicación dos coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical.

c) Interpretar obras de acordo cos criterios do estilo correspondente. Con isto preténdese comprobar a capacidade de alumno para empregar o “tempo”, a articulación e a dinámica como elementos básicos da interpretación. d) Mostrar nos estudos e obras a capacidade de aprendizaxe progresiva individual.

Este criterio pretende verificar que o alumno é capaz de aplicar no seu estudo as indicacións do profesor e, con elas, desenvolver unha autonomía progresiva de traballo que lle permita valorar correctamente o seu rendemento.

e) Interpretar en público como solista e de memoria obras representativas do seu nivel no instrumento, con seguridade e control. Aquí trátase de comprobar a capacidade de memoria e autocontrol e o dominio da obra estudada. Así mesmo preténdese estimular o interese polo estudo e fomentar as capacidades de equilibrio persoal que lle permitan enfrontarse con naturalidade ante un público.

f) Actuar como membro dun grupo e manifestar a capacidade de tocar, ao mesmo tempo que escoita e adáptase ao resto dos compañeiros. Este criterio presta atención á capacidade do alumno para adaptar a afinación, a precisión rítmica, dinámica, eta., á dos seus compañeiros nun traballo común.

Metodoloxía

A metodoloxía do ensino musical e en particular a dos instrumentos musicais require un tratamento especial segundo o tema que se aborde en cada momento, o perfil psicolóxico de cada alumno e as características específicas do grupo. De todos os xeitos, podemos dar uns trazos xerais sobre a metodoloxía, que soamente nos poden servir de forma orientativa:

 ensino do instrumento é individualizada no seu maior parte, aínda que inclúe clases colectivas.

 estilo de ensino é recíproco, é dicir que o profesor dá coñecementos ao alumno, pero este tamén investiga e pregunta achega das súas inquietudes, sacando as súas propias conclusións.

 A comunicación que se establece nas clases é oral (polas explicacións do profesor), Kinestésica ou propioceptiva (pola información que se transmite dos movementos corporais), táctil (en situacións de relaxación de ombreiros ou control da respiración diafragmática) e acústica (que se realiza no intercambio de sons entre alumno e profesor).

 Os medios que podemos utilizar nas clases de trompeta poden ser auditivos (discos, gravacións), escritos (partituras, textos), audiovisuais (vídeos, retroproxectores, fotografías) e materiais (tubos, pelotas, aparellos de respiración, etc...)

(14)

3º CURSO, G. ELEMENTAL

Obxectivos:

O ensino da trompeta no 3º curso de grado elemental terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos as capacidades seguintes:

 Utilizar con eficacia e rendemento a columna de aire mediante a técnica de respiración abdómino-diafragmática como medio para posibilitar un son estable e centrado en toda a extensión do instrumento.

 Aplicar o control necesario dos músculos que forman a embocadura para permitir unha correcta emisión, afinación, articulación e flexibilidade do son tanto na interpretación individual como de conxunto.

 Coñecer e comezar a utilizar os diferentes matices para dar cor e expresión á interpretación musical.

 Desenvolver unha sensibilidade auditiva que permita o control permanente da afinación e o perfeccionamento continuo da calidade sonora.

 Aplicar os coñecementos musicais propios deste nivel ás características da escritura e literatura do instrumento da propia especialidade.

 Iniciar ao alumno na agónica e a dinámica para o enriquecemento da partitura musical.

 Recoñecer o fraseo musical dunha obra ou fragmento e relacionalo coas respiracións musicais, establecendo ao mesmo tempo as normas básicas que rexen a sintaxes musical.

 Coñecer as características e posibilidades sonoras do instrumento e utilizalas, dentro das esixencias do nivel, tanto na interpretación individual como de conxunto.

 Desenvolver a habilidade de lectura a primeira vista que lles permita participar nun conxunto instrumental e ter acceso a un repertorio máis amplo segundo a esixencia do nivel.

 Utilizar a improvisación e a creación, tanto rítmica como melódica e harmónica, como medio de maior liberdade de expresión e de organización da linguaxe musical.

 Establecer a capacidade de interpretar os estudos e obras do repertorio de memoria co fin de adquirir unha maior concentración na interpretación.

 Aprender a tocar con acompañamento de piano e/ou doutros instrumentos harmónicos sabendo situarse como solista no contexto da obra musical que se interpreta.

 Desenvolver a práctica musical en grupo e o hábito de escoitar a outros instrumentos e de adaptarse harmonicamente a un conxunto.

 Coñecer os xestos básicos que permitan a interpretación coordinada dunha obra sen director.

 Interpretar música a través dun conxunto instrumental, interesándose por adquirir un dominio progresivo das técnicas específicas que a sustentan.

 Prepararse para a interpretación en público coa necesaria seguridade en si mesmos, que lles permita vivir a música como medio de comunicación.

 Interpretar un repertorio básico integrado por obras de diferentes épocas e estilos, dunha dificultade acorde con este nivel.

(15)

Programación de Trompeta 15 Prof. Victor Vilariño

Contidos:

Práctica da relaxación e respiración para o desenvolvemento da capacidade pulmonar. Fortalecemento dos músculos faciais. Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa indispensable para a obtención dunha boa calidade de son. Estudos de emisión do son. Principios básicos da dixitación. Práctica das distintas articulacións. Estudo da afinación. Traballo da dinámica. Traballo dos diferentes intervalos. Estudo das diferentes escalas maiores e menores. Desenvolvemento da flexibilidade dos beizos, coa práctica de intervalos ligados e con posicións fixas. Estudos da boquilla. Utilización de instrumentos afines, que por tamaño faciliten a posterior aprendizaxe da trompeta (cornetín ou corneta de pistóns). Adestramento permanente e progresivo da memoria. Adquisición de hábitos de estudos correctos e eficaces. Lectura a primeira vista de obras ou fragmentos sinxelos. Iniciación á comprensión das estruturas musicais nos seus distintos niveis - motivos, temas, períodos, frases, seccións, etc.- para chegar a través diso a unha interpretación consciente e non meramente intuitiva. Selección progresiva en canto ao grado de dificultade de exercicios, estudos e obras do repertorio que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do alumno. Inicio do estudo da improvisación partindo da relación pregunta-resposta. Práctica de conxunto.

Recursos: (3º CURSO, G. ELEMENTAL)

A trompeta vol 2 Andrés/Alberola Embouchure builder L. Little

Método completo J. B. Arban

Andante et allegro cómodo E. Baudrier Berceuse O. Bohme Gaminerie G. Friboulet

Temporalización dos Contidos:

 Primeira Avaliación:

A trompeta vol 2 1 e 2. Embouchure builder 11 e 12.

Método Arban ex. 2 e 3 páx 23, ex. 13 páx 26 e ex. 19 páx 28. Escala da Sib Maior e sol menor.

Unha obra  Segunda Avaliación:

A trompeta vol 2 3 ao 5. Embouchure builder 13 e 14.

Método Arban ex. 8 e 9 páx 24, ex. 15 páx 26, ex. 30 páx 33. Escala Re Maior e si menor.

Unha peza de concerto da trompeta vol 2.  Terceira Avaliación:

A trompeta vol 2 6 e 7 Embouchure builder 15 e 16.

Método Arban ex.10 páx24, ej.12 p.25, ex.17 p. 27,ex. 18 .p 28. Repaso de escalas maiores e menores ata dúas alteracións.

(16)

Obxectivos Mínimos:

 Mellorar a técnica respiratoria, a embocadura, a emisión, como base dá a técnica de estudo para a interpretación individual e de grupo, mediante o traballo programado para ou curso.

 Completar a programación proposta para o curso.

Criterios de Avaliación:

a) Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión. Este criterio pretende constatar a capacidade do alumno para desenvolverse con certo grado de autonomía na lectura dun texto.

b) Memorizar e interpretar textos musicais empregando a medida, afinación, articulación e fraseo adecuado ao seu contido. Este criterio pretende comprobar, a través da memoria, a correcta aplicación dos coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical.

c) Interpretar obras de acordo cos criterios do estilo correspondente. Con isto preténdese comprobar a capacidade de alumno para empregar o “tempo”, a articulación e a dinámica como elementos básicos da interpretación. d) Mostrar nos estudos e obras a capacidade de aprendizaxe progresiva individual.

Este criterio pretende verificar que o alumno é capaz de aplicar no seu estudo as indicacións do profesor e, con elas, desenvolver unha autonomía progresiva de traballo que lle permita valorar correctamente o seu rendemento.

e) Interpretar en público como solista e de memoria obras representativas do seu nivel no instrumento, con seguridade e control. Aquí trátase de comprobar a capacidade de memoria e autocontrol e o dominio da obra estudada. Así mesmo preténdese estimular o interese polo estudo e fomentar as capacidades de equilibrio persoal que lle permitan enfrontarse con naturalidade ante un público.

f) Actuar como membro dun grupo e manifestar a capacidade de tocar, ao mesmo tempo que escoita e adáptase ao resto dos compañeiros. Este criterio presta atención á capacidade do alumno para adaptar a afinación, a precisión rítmica, dinámica, etc., á dos seus compañeiros nun traballo común.

Metodoloxía

A metodoloxía do ensino musical e en particular a dos instrumentos musicais require un tratamento especial segundo o tema que se aborde en cada momento, o perfil psicolóxico de cada alumno e as características específicas do grupo. De todos os xeitos, podemos dar uns trazos xerais sobre a metodoloxía, que soamente nos poden servir de forma orientativa:

 ensino do instrumento é individualizada no seu maior parte, aínda que inclúe clases colectivas.

 estilo de ensino é recíproco, é dicir que o profesor dá coñecementos ao alumno, pero este tamén investiga e pregunta achega das súas inquietudes, sacando as súas propias conclusións.

 A comunicación que se establece nas clases é oral (polas explicacións do profesor), Kinestésica ou propioceptiva (pola información que se transmite dos movementos corporais), táctil (en situacións de relaxación de ombreiros ou control da respiración diafragmática) e acústica (que se realiza no intercambio de sons entre alumno e profesor).

 Os medios que podemos utilizar nas clases de trompeta poden ser auditivos (discos, gravacións), escritos (partituras, textos), audiovisuais (vídeos, retroproxectores, fotografías) e materiais (tubos, pelotas, aparellos de respiración, etc...)

(17)

Programación de Trompeta 2015/16 17 Prof. Victor Vilariño

4º CURSO, G. ELEMENTAL

Obxectivos:

O ensino da trompeta no 4º curso de grado elemental terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos as capacidades seguintes:

 Ter un control suficiente da columna de aire mediante a técnica de respiración abdómino-diafragmática para posibilitar un son estable e centrado en toda a extensión do instrumento.

 Exercer o control necesario dos músculos que forman a embocadura que posibilite unha correcta emisión, afinación, articulación e flexibilidade do son tanto na interpretación individual como de conxunto.

 Tocar os diferentes matices para dar cor e expresión á interpretación musical.  Desenvolver unha sensibilidade auditiva que permita o control permanente da

afinación e o perfeccionamento continuo da calidade sonora.

 Aplicar os coñecementos musicais propios deste nivel ás características da escritura e literatura do instrumento da propia especialidade.

 Empregar a agógica e a dinámica para o enriquecemento da partitura musical.  Coñecer e tocar os adornos musicais máis comúns como medio para embelecer e

adornar con estilo interpretativo unha obra ou peza musical.

 Relacionar o fraseo musical dunha obra ou fragmento coas respiracións musicais, establecendo ao mesmo tempo as normas básicas que rexen a sintaxes musical.

 Aplicar as características e posibilidades sonoras do instrumento ás obras, e utilizalas, dentro das esixencias do nivel, tanto na interpretación individual como de conxunto.

 Desenvolver a habilidade de lectura a primeira vista cun nivel que permita a montaxe fluída das obras do repertorio acordes co nivel.

 Utilizar a improvisación e a creación, tanto rítmica como melódica e harmónica, como medio de maior liberdade de expresión e de organización da linguaxe musical.

 Interpretar estudos e obras do repertorio de memoria, co fin de adquirir unha maior concentración na interpretación.

 Tocar con acompañamento de piano e/ou doutros instrumentos harmónicos, sabendo situarse como solista no contexto da obra musical que se interpreta.  Estar familiarizado coa práctica en grupo e o hábito de escoitar a outros

instrumentos e de adaptarse harmonicamente a un conxunto.

 Realizar os xestos básicos que permitan a interpretación coordinada dunha obra sen director.

 Respectar as normas que esixe toda actuación en grupo: afinación previa, atención continua, valoración do traballo colectivo, etc., e responsabilizarse en todo momento coas mesmas.

 Coñecer as posibilidades profesionais de realizarse coa música, con verdadeira vocación e suficiente vontade que lles permita continuar cos estudos musicais no Grado Profesional.

 Valorar a práctica orquestral como un proceso de aprendizaxe imprescindible para o futuro exercicio profesional da música.

(18)

 Interpretar diante do público coa necesaria seguridade en si mesmos que lles permita vivir a música como medio de comunicación.

 Interpretar un repertorio básico integrado por obras de diferentes épocas e estilos, dunha dificultade acorde con este nivel.

Contidos:

Práctica da relaxación e respiración para o desenvolvemento da capacidade pulmonar. Fortalecemento dos músculos faciais. Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa indispensable para a obtención dunha boa calidade de son. Estudos de emisión do son. Principios básicos da dixitación. Práctica das distintas articulacións. Estudo da afinación. Traballo da dinámica. Traballo dos diferentes intervalos. Estudo das diferentes escalas maiores e menores. Desenvolvemento da flexibilidade dos beizos, coa práctica de intervalos ligados e con posicións fixas. Estudos da boquilla. Utilización de instrumentos afines, que por tamaño faciliten a posterior aprendizaxe da trompeta (cornetín ou corneta de pistóns). Adestramento permanente e progresivo da memoria. Adquisición de hábitos de estudos correctos e eficaces. Lectura a primeira vista de obras ou fragmentos sinxelos. Iniciación á comprensión das estruturas musicais nos seus distintos niveis - motivos, temas, períodos, frases, seccións, etc.- para chegar a través diso a unha interpretación consciente e non meramente intuitiva. Selección progresiva en canto ao grado de dificultade de exercicios, estudos e obras do repertorio que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do alumno. Inicio do estudo da improvisación partindo da relación pregunta-resposta. Práctica de conxunto.

Recursos: (4º CURSO, G. ELEMENTAL)

A trompeta vol 3 Andrés/Alberola Embouchure builder L. Little

Método completo J. B. Arban

Peza para Concurso L. Picavais Sonata en Fa A. Corelli Andante et Allegro moderato G. Rene Aria “Bist Du Bei Mir” J. S. Bach Lied E. Bozza

Temporalización dos Contidos:

 Primeira Avaliación:

A trompeta vol 3 Andrés/Alberola do 1 á 3. Embouchure builder L. Little 17 e 18.

Método completo J. L. Arban ex.1 e 3 páx 39, ex. 31 páx 48. páx 59 a 63. Escala Mib Maior – do menor

Unha obra.  Segunda Avaliación:

A trompeta vol 3 Andrés/Alberola do 4 á 6. Embouchure builder L. Little 19 e 20

Método completo J. L. Arban_ ex.2, 9 e10 p. 39-40, p. 63 a 67. Escalas La Maior – fa# menor.

(19)

Programación de Trompeta 19 Prof. Victor Vilariño  Terceira Avaliación:

A trompeta vol 3 Andrés/Alberola Unidade 7. Embouchure builder L. Little exer. 21 Método completo J. L. Arban ex. 36 páx 48. Repaso de escalas Maiores e menores ata tres alteracións

Unha obra.

Obxectivos Mínimos:

 Controlar a técnica respiratoria, embocadura, emisión e afinación.

 Dominar as escalas en diferentes alturas e articulacións, controlando a emisión e a afinación.

 Interpretar os textos musicais con medida, fraseo, articulación, afinación e sonoridade correctos.

 Completar a programación proposta para o curso

Criterios de Avaliación:

a) Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión. Este criterio pretende constatar a capacidade do alumno para desenvolverse con certo grado de autonomía na lectura dun texto.

b) Memorizar e interpretar textos musicais empregando a medida, afinación, articulación e fraseo adecuado ao seu contido. Este criterio pretende comprobar, a través da memoria, a correcta aplicación dos coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical.

c) Interpretar obras de acordo cos criterios do estilo correspondente. Con isto preténdese comprobar a capacidade de alumno para empregar o “tempo”, a articulación e a dinámica como elementos básicos da interpretación.

d) Mostrar nos estudos e obras a capacidade de aprendizaxe progresiva individual. Este criterio pretende verificar que o alumno é capaz de aplicar no seu estudo as indicacións do profesor e, con elas, desenvolver unha autonomía progresiva de traballo que lle permita valorar correctamente o seu rendemento.

e) Interpretar en público como solista e de memoria obras representativas do seu nivel no instrumento, con seguridade e control. Aquí trátase de comprobar a capacidade de memoria e autocontrol e o dominio da obra estudada. Así mesmo preténdese estimular o interese polo estudo e fomentar as capacidades de equilibrio persoal que lle permitan enfrontarse con naturalidade ante un público.

f) Actuar como membro dun grupo e manifestar a capacidade de tocar, ao mesmo tempo que escoita e adáptase ao resto dos compañeiros. Este criterio presta atención á capacidade do alumno para adaptar a afinación, a precisión rítmica, dinámica, etc., á dos seus compañeiros nun traballo común.

Metodoloxía

A metodoloxía do ensino musical e en particular a dos instrumentos musicais require un tratamento especial segundo o tema que se aborde en cada momento, o perfil psicolóxico de cada alumno e as características específicas do grupo. De todos os xeitos, podemos dar uns trazos xerais sobre a metodoloxía, que soamente nos poden servir de forma orientativa:

 ensino do instrumento é individualizada no seu maior parte, aínda que inclúe clases colectivas.

(20)

 estilo de ensino é recíproco, é dicir que o profesor dá coñecementos ao alumno, pero este tamén investiga e pregunta achega das súas inquietudes, sacando as súas propias conclusións.

 A comunicación que se establece nas clases é oral (polas explicacións do profesor), Kinestésica ou propioceptiva (pola información que se transmite dos movementos corporais), táctil (en situacións de relaxación de ombreiros ou control da respiración diafragmática) e acústica (que se realiza no intercambio de sons entre alumno e profesor).

 Os medios que podemos utilizar nas clases de trompeta poden ser auditivos (discos, gravacións), escritos (partituras, textos), audiovisuais (vídeos, retroproxectores, fotografías) e materiais (tubos, pelotas, aparellos de respiración, etc...)

O alumno ao finalizar o grado elemental debe:

a) Saber respirar correctamente para poder tocar a trompeta. b) Ter unha embocadura ben formada (máscara fisiolóxica). c) Saber coller a trompeta correctamente e con naturalidade. d) Dominar o picado, ligado (articulacións simples) e a dinámica. e) Buscar unha boa sonoridade e tesitura aceptable.

(21)

Programación de Trompeta 21 Prof. Victor Vilariño

GRAO PROFESIONAL

INTRODUCIÓN

O intérprete é o elemento clave entre o creador e o público, ó que vai destinado o produto artístico. O sistema gráfico musical presenta limitacións para representalo fenómeno musical. De aí que se defina o feito interpretativo como diverso, non só pola incapacidade da grafía senón pola especial maneira de ser da música, linguaxe expresiva por excelencia, linguaxe dos afectos, linguaxe das emocións, linguaxe da natureza. Aínda que o acercamento sexa só aproximado á verdadeira práctica musical é necesario aprender a ler correctamente a partitura, para poder despois encontrar o sentido do escrito e aprecialo seu valor estético. Ó mesmo tempo estarase a desenvolver a destreza

no manexo dun instrumento.

Para poder alcanzar os obxectivos nesta nova etapa profesional que constitúe o grado profesional débense traballar as capacidades específicas que lle oferta o seu instrumento, alcanzando o máximo dominio dos mesmos, é dicir desenrolar a “técnica

do instrumento”.

Debemos ter en conta que o traballo técnico debe estar sempre unido na mente do intérprete á realidade musical á que se trata de dar saída, evitando sempre o perigo de que o estudio quede reducido a unha mera exercitación física. Nesta dirección cabe sinalar que é case imprescindible que o instrumentista aprenda a valorar importancia que a memoria ten na súa formación como intérprete. Á memoria pódenselle asinar dúas características, unha que só está sabido aquilo que se pode recordar en todo momento constituíndo un excelente auxiliar no estudio, polo que supón un aforro de tempo e permite desentenderse da partitura un certo momento, para desta forma centrar a atención nos problemas técnicos e na expresividade. Por outra parte a memoria xoga un papel importante na comprensión unitaria e global dunha obra, xa que permite reconstruíla coherencia e a unidade.

Ó desenvolvemento da sensibilidade musical contribúen, o coñecemento cada vez máis amplo e profundo da literatura do seu instrumento, e os estudios doutras disciplinas teórico - prácticas así como os coñecementos históricos que permitan situar

ó alumno/a temporal e espacialmente.

Todas as posibles actividades complementarias neste grado profesional axudarán a unha mellor comprensión da música como linguaxe, ó mesmo tempo que apoian a asimilación de valores conscientemente. Cremos logo na formación interdisciplinar que debe recibir o intérprete, para deste xeito traballar mellor as facultades físicas e psíquicas así como a progresiva maduración artística.

(22)

OBXECTIVOS

O ensino de instrumentos de vento metal no grado profesional terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos as seguintes capacidades:

a) Dominar no seu conxunto a técnica e as posibilidades sonoras e expresivas do instrumento.

b) Utilizar con autonomía progresivamente maior os coñecementos musicais para solucionar cuestións relacionadas coa interpretación: dixitación, articulación, fraseo, etc.

c) Interpretar un repertorio que inclúa obras representativas das diversas épocas e estilos de dificultade adecuada a este nivel.

d) Práctica da música de conxunto en formacións camerísticas de diversa configuración e desempeñando papeis de solista con orquestra en obras de dificultade media, desenvolvendo así o sentido da interdependencia dos respectivos cometidos.

e) Adquirir e aplicar progresivamente ferramentas e competencias para o desenrolo da memoria.

f) Desenrolar a capacidade de lectura a primeira vista e aplicar con autonomía progresivamente maior os coñecementos musicais para a improvisación co instrumento.

g) Coñecer as diversas convencións interpretativas vixentes nos distintos períodos da historia da música instrumental, especialmente as referidas á escritura rítmica ou á ornamentación.

h) Coñecer a historia evolutiva da trompeta, conseguir homoxeneidade no son nos distintos rexistros, unha certa rapidez na execución de escalas, boa execución de grupetos, trinos e mordentes, e coñecemento dos estilos Barroco, Clásico e Romántico por medio de concertos e fragmentos orquestrais.

CONTIDOS

Desenvolvemento da velocidade en toda a extensión do instrumento. Estudo do rexistro agudo. Estudo dos ornamentos (trino, grupetos, apoiaturas, mordentes, etc.). Estudo da literatura solista do instrumento adecuada a este nivel. Profundar en todo o referente á articulación: estudo do dobre e triplo picado. Traballo de todos os elementos que interveñen no fraseo musical: liña melódica, cor e expresión, adecuándose aos diferentes estilos, con especial estudo nos tempos lentos. Perfeccionamento da igualdade sonora e tímbrica nos diferentes rexistros. Iniciación e interpretación da música contemporánea así como o coñecemento dos seus grafías e efectos. Estudo dos instrumentos afines (fliscorno, corneta e cornetín). Adestramento permanente e progresivo da memoria. Práctica da lectura a primeira vista. Audicións comparadas de grandes intérpretes para analizar de xeito crítico as características das diferentes versións. Práctica de conxunto.

(23)

Programación de Trompeta 23 Prof. Victor Vilariño

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN NO GRAO PROFESIONAL

Valorarase:

- Control da respiración.

- Embocadura, son e ritmo.

- Calidade da interpretación.

- Técnica instrumental (articulación, dixitación, escalas…).

- Dominio de obras de diferentes épocas e estilos.

- Interpretación ante o público.

9-10:

- Gran calidade na interpretación e perfecto dominio da respiración, técnica instrumental e producción do son.

7-8:

- Interpretación realizada con seguridade, gran dominio da respiración, técnica instrumentar e producción do son.

5-6:

- Interpretación correcta. Embocadura formada, técnica instrumental e formación do son correctas.

4:

- Interpretación insegura. Fallos na formación da embocadura e na producción do son. Falta evidente de preparación das pezas.

2-3:

- Interpretación fallida. Grandes dificultades na embocadura, técnica instrumental e producción do son. Falta evidente de preparación das pezas.

1:

(24)

1º CURSO, G. PROFESIONAL

Obxectivos:

O ensino da trompeta no 1º curso de grado profesional terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos as capacidades seguintes:

 Ampliar a práctica da respiración e a relaxación.

 Profundar a técnica ampliando recursos sonoros, tímbricos e rexistro no instrumento.

 Dominar a expresión amparándose nos recursos técnicos, facilitando así a interpretación dos distintos estilos.

 Ampliar e interiorizar de forma autónoma os coñecementos musicais para lograr unha correcta interpretación.

 Utilizar con corrección a dixitación a articulación, fraseo, etc., para unha correcta expresión musical.

 Asentar os tres alicerces básicos dentro do estudo da trompeta: emisión, sonoridade e afinación.

 Abordar obras representativas das diferentes épocas e estilos.

 Practicar a música de conxunto, en distintas formacións, abarcando desde o repertorio de solista ao de instrumentista nos diferentes grupos.

 Estudar as principais características dos distintos períodos históricos, así como as grafías e ornamentacións.

 Practicar a lectura a primeira vista. E Iniciar o estudo da improvisación.  Interpretar en público obras acordes co nivel.

 Iniciar o estudo do transporte.

Contidos:

Práctica dos principais exercicios de respiración e relaxación. Estudo da boquilla. Estudo das notas pedais. Estudo da velocidade en toda a extensión do instrumento. Estudo do rexistro agudo. Estudo da expresión, prestando interese aos distintos estilos, a favor da interpretación. Estudo de exercicios específicos de emisión. Estudo de exercicios específicos de picado simple, así como dobre e triplo. Estudo de exercicios específicos de afinación. Estudo de exercicios específicos de sonoridade. Estudo da posición fixa, chegando a conseguir trinos no rexistro agudo. Aplicación dos exercicios anteriores nos específicos de expresividade. Práctica dos diferentes estilos por medio de obras e exercicios. Estudo dos exercicios de transporte. Práctica nas diferentes formacións. Estudo dos diferentes modelos de escalas para aplicalas á interpretación dos diferentes estilos. Estudo dos solos de orquestra. Estudo dos trazos característicos (articulación, fraseo, ornamentación, etc.) de cada estilo. Dominio da lectura a primeira vista. Recoñecemento dos símbolos, grafías e cifrados para a interpretación da música contemporánea e o jazz. Iniciación e interpretación da música contemporánea e o jazz. Inicio do estudo da improvisación tomando como base patróns rítmico-melódicos básicos. Adestramento permanente e progresivo da memoria. Estudo

de instrumentos afines (corneta, cornetín, fliscorno). Audicións comparadas de grandes intérpretes para analizar de xeito crítico as características das diferentes versións.

(25)

Programación de Trompeta 25 Prof. Victor Vilariño

Recursos: (1º CURSO, G. PROFESIONAL)

Lyrical studies G. Concone Practical studies R. Getchell Technical studies H. L. Clarke Método completo J. B. Arban

Follas de outono S. Brotons Andante et allegro moderato R. Gaudron Piéce de concours II J. M. Defaye Sonata en Sib J. B. Loeillet Jesús que ma jole demeure J. S. Bach Intermezzo J. Feld Eolo o rei dos ventos Ferrer Ferrán Invocation R. Starter

Temporalización dos Contidos:

 Primeira Avaliación:

Lyrical studies. G. Concone estudos do 1 ao 5.

Practical studie. R. Getchell vol 2 estudos da primeira metade Technical studies. H. L. Clarke ex. 1 ao 25.

Método completo. J. B. Arban ex. 13 páx 41, ex. 37 páx 49, ex. 1 e 2 páx 155 e ex.1 e 2 páx 175.

Escala Lab Maior – fa menor Unha obra.

 Segunda Avaliación:

Lyrical studies. G. Concone estudos desde o 6 ao 11. Practical studies. R. Getchell vol 2 estudos da primeira metade. Technical studies. H. L. Clarke páx 8 e 9 exer ata 4 alteracións. Método completo. J. B. Arban ex. 14 páx 41, ex. 40 páx 49, ex. 3 e

10 páx 155, 157, ex. 3 e 5 páx 175. Escala Mi Maior – do# menor

Unha obra.  Terceira Avaliación:

Lyrical studies. G. Concone estudos desde o 12 ao 16. Practical studies. R. Getchell vol 2 estudos da primeira metade. Technical studies. H. L. Clarke páx 8 e 9.

Método completo .J. B. Arban ex. 15 páx 41, ex. 42 páx 49, ex. 11 e 16 páx 157 e 159, ex. 6 e 14 páx 176 ,177.

Repaso de escalas Maiores e menores ata catro alteracións Unha obra.

Obxectivos Mínimos:

 Controlar a técnica respiratoria, embocadura, emisión e afinación.

 Dominar as escalas en diferentes alturas e articulacións, controlando a emisión e a afinación.

 Interpretar os textos musicais con medida, fraseo, articulación, afinación e sonoridade correctos.

 Completar a programación proposta para o curso.  Memorizar unha obra ou un estudo.

(26)

Criterios de Avaliación:

a) Utilizar o esforzo muscular e a respiración adecuados ás esixencias de a execución instrumental. Con este criterio preténdese avaliar o dominio da coordinación motriz e o equilibrio entre os indispensables esforzos musculares que require a execución instrumental e o grado de relaxación necesaria para evitar crispacións que conduzan a unha perda de control na execución.

b) Demostrar o dominio na execución de estudos e obras sen desligar os aspectos técnicos dos musicais. Este criterio avalía a capacidade de interrelacionar os coñecementos técnicos e teóricos necesarios para alcanzar unha interpretación adecuada.

c) Demostrar sensibilidade auditiva en a afinación e no uso das posibilidades sonoras do instrumento. Mediante este criterio preténdese avaliar o coñecemento das características e do funcionamento mecánico da trompa e a utilización das súas posibilidades.

d) Interpretar obras das distintas épocas como solista e en grupo. Trátase de avaliar o coñecemento que o alumno posúe do repertorio da trompa e das súas obras mais representativas, así como o grado de sensibilidade e imaxinación para aplicar os criterios estéticos correspondentes.

e) Interpretar de memoria obras do repertorio solista de acordo cos criterios do estilo correspondente. Mediante este criterio valórase o

dominio e a comprensión que o alumno posúe das obras, así como a capacidade de concentración sobre o resultado sonoro das mesmas.

f) Demostrar a autonomía necesaria para abordar a interpretación dentro das marxes de flexibilidade que permita o texto musical. Este criterio avalía o concepto persoal estilístico e a liberdade de interpretación dentro do respecto ao texto.

g) Mostrar autonomía progresivamente maior na resolución de problemas técnicos e interpretativos. Con este criterio quérese comprobar o desenvolvemento que o alumno alcanzou en canto aos hábitos de estudo e a capacidade de autocrítica. h) Presentar en público un programa adecuado ao seu nivel,

demostrando capacidade comunicativa e calidade artística. Mediante este criterio preténdese avaliar a capacidade de autocontrol e grado de madurez da súa personalidade artística.

*Con estes criterios de avaliación, trátase de buscar unha depurada interpretación, na que xa se resolveron os problemas técnicos e sábese distinguir os diferentes estilos. Valorarase moito a calidade do son, o dominio da afinación, resistencia e seguridade do instrumento.

Metodoloxía

A metodoloxía do ensino musical e en particular a dos instrumentos musicais require un tratamento especial segundo o tema que se aborde en cada momento, o perfil psicolóxico de cada alumno e as características específicas do grupo. De todos os xeitos, podemos dar uns trazos xerais sobre a metodoloxía, que soamente nos poden servir de forma orientativa:

 ensino do instrumento é individualizada no seu maior parte, aínda que inclúe clases colectivas.

(27)

Programación de Trompeta 27 Prof. Victor Vilariño  estilo de ensino é recíproco, é dicir que o profesor dá coñecementos ao alumno,

pero este tamén investiga e pregunta achega das súas inquietudes, sacando as súas propias conclusións.

 A comunicación que se establece nas clases é oral (polas explicacións do profesor), Kinestésica ou propioceptiva (pola información que se transmite dos movementos corporais), táctil (en situacións de relaxación de ombreiros ou control da respiración diafragmática) e acústica (que se realiza no intercambio de sons entre alumno e profesor).

 Os medios que podemos utilizar nas clases de trompeta poden ser auditivos (discos, gravacións), escritos (partituras, textos), audiovisuais (vídeos, retroproxectores, fotografías) e materiais (tubos, pelotas, aparellos de respiración, etc...)

(28)

2º CURSO, G. PROFESIONAL

Obxectivos:

O ensino da trompeta no 2º curso de grado profesional terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos as capacidades seguintes:

 Ampliar a técnica, mostrando autonomía no uso dos recursos sonoros, tímbricos, e traballar na ampliación do rexistro do instrumento.

 Apoiar o traballo da expresión, cun maior dominio dos recursos técnicos que facilite a interpretación dos diferentes estilos.

 Interiorizar os coñecementos musicais a favor da interpretación.

 Dominar a dixitación, articulación, fraseo, buscando a calidade na interpretación dos estilos musicais.

 Traballar con autonomía os tres principais alicerces do estudo da trompeta: emisión, sonoridade e afinación.

 Estudar obras representativas das diferentes épocas, profundando nos trazos estilísticos.

 Practicar a música de conxunto, en distintas formacións, abarcando desde o repertorio solista, ao de instrumentista, nos diferentes grupos.

 Estudar as principais características dos distintos períodos históricos, así como os seus grafías e ornamentacións.

 Practicar a lectura a primeira vista. E Iniciar o estudo da improvisación.  Interpretar en público obras acordes co nivel

 Continuar o estudo do transporte

Contidos:

Práctica dos principais exercicios de respiración e relaxación. Estudo da boquilla. Estudo das notas pedais. Estudo da velocidade en toda a extensión do instrumento. Estudo do rexistro agudo.Estudo da expresión, prestando interese aos distintos estilos, a favor da interpretación. Estudo de exercicios específicos de emisión. Estudo de exercicios específicos de picado simple, así como dobre e triplo. Estudo de exercicios específicos de afinación. Estudo de exercicios específicos de sonoridade. Estudo da posición fixa, chegando a conseguir trinos no rexistro agudo. Aplicación dos exercicios anteriores nos específicos de expresividade. Práctica dos diferentes estilos por medio de obras e exercicios. Estudo dos exercicios de transporte. Práctica nas diferentes formacións. Estudo dos diferentes modelos de escalas para aplicalas á interpretación dos diferentes estilos. Estudo dos solos de orquestra. Estudo dos trazos característicos (articulación, fraseo, ornamentación, etc.) de cada estilo. Dominio da lectura a primeira vista. Recoñecemento dos símbolos, grafías e cifrados para a interpretación da música contemporánea e o jazz. Iniciación e interpretación da música contemporánea e o jazz. Inicio do estudo da improvisación tomando como base patróns rítmico-melódicos básicos. Adestramento permanente e progresivo da memoria. Estudo

de instrumentos afines (corneta, cornetín, fliscorno). Audicións comparadas de grandes intérpretes para analizar de xeito crítico as características das diferentes versións.

(29)

Programación de Trompeta 29 Prof. Victor Vilariño

Recursos: (2º CURSO, G. PROFESIONAL)

Lyrical studies G. Concone Practical studies R.

Getchell Technical studies H. L. Clarke Método complete J. B. Arban

Bach suite J. S. Bach Aria et scherzo A. Arutunian Badinage E. Bozza Sonata F. Veracini Andante et scherzo H. Busser Sonata M. Enmanuel Der libestraun T. Hoch Ode for trumpet A. Reed

Temporalización dos Contidos:

 Primeira Avaliación:

Lyrical studies. G. Concone estudos do 17 ao 21.

Practical studie. R. Getchell vol 2 estudos da segunda metade. Technical studies. H. L. Clarke ex. ata 3 alteracións páx 10 a 13. Método completo .J. B. Arban ex. 20 páx 43, ex. 43 páx 50, ex. ata

4 alteracións, páx 91 a 93, ex. 1 páx 111, ex. 18 e 20 páx 160, ex. 11 e 12 páx 177.

Escala de Reb Maior e sib menor Unha obra.

 Segunda Avaliación:

Lyrical studies. G. Concone estudos do 22 ao 27.

Practical studie. R. Getchell.vol 2 estudos da segunda metade. Technical studies. H. L. Clarke ex. 46 ao 64 páx 10 a 13..

Método completo .J. B. Arban ex. 21 páx 43, ex. 49 páx 51, páx 91 a 93, ex. 3 páx 112, ex. 24 e 25 páx 161, ex. 15 páx 178.

Escala de Si Maior e sol# menor Unha obra.

 Terceira Avaliación:

Lyrical studies. G. Concone estudos do 28 ao 32.

Practical studies. R. Getchell vol 2 3 estudos da segunda metade. Technical studies. H. L. Clarke ex. 65 páx 13.

Método complet. J. B. Arban ex. 22 páx 44, ex. 54 páx 51, páx 97, ex. 7 páx 113, páx 164, ex. 20 e 23 páx 179.

Repaso de escalas Maiores e menores ata cinco alteracións

(30)

Obxectivos Mínimos:

 Controlar a técnica respiratoria, embocadura, emisión e afinación.

 Dominar as escalas en diferentes alturas e articulacións, controlando a emisión e a afinación.

 Interpretar os textos musicais con medida, fraseo, articulación, afinación e sonoridade correctos.

 Completar a programación proposta para o curso.  Memorizar unha obra ou un estudo.

Criterios de avaliación:

a) Utilizar o esforzo muscular e a respiración adecuados ás esixencias de a execución instrumental. Con este criterio preténdese avaliar o dominio da coordinación motriz e o equilibrio entre os indispensables esforzos musculares que require a execución instrumental e o grado de relaxación necesaria para evitar crispacións que conduzan a unha perda de control na execución. b) Demostrar o dominio na execución de estudos e obras sen desligar os aspectos

técnicos dos musicais. Este criterio avalía a capacidade de interrelacionar os coñecementos técnicos e teóricos necesarios para alcanzar unha interpretación adecuada.

c) Demostrar sensibilidade auditiva en a afinación e no uso das posibilidades sonoras do instrumento. Mediante este criterio preténdese avaliar o coñecemento das características e do funcionamento mecánico da trompa e a utilización das súas posibilidades.

d) Interpretar obras das distintas épocas como solista e en grupo. Trátase de avaliar o coñecemento que o alumno posúe do repertorio da trompa e das súas obras

mais representativas, así como o grado de sensibilidade e imaxinación para aplicar os criterios estéticos correspondentes.

e) Interpretar de memoria obras do repertorio solista de acordo cos criterios do estilo correspondente. Mediante este criterio

valórase o dominio e a comprensión que o alumno posúe das obras, así como a capacidade de concentración sobre o resultado sonoro das mesmas.

f) Demostrar a autonomía necesaria para abordar a interpretación dentro das marxes de flexibilidade que permita o texto musical. Este criterio avalía o concepto persoal estilístico e a liberdade de interpretación dentro do respecto ao texto.

g) Mostrar autonomía progresivamente maior na resolución de problemas técnicos e interpretativos. Con este criterio quérese comprobar o desenvolvemento que o alumno alcanzou en canto aos hábitos de estudo e a capacidade de autocrítica. h) Presentar en público un programa adecuado ao seu nivel,

demostrando capacidade comunicativa e calidade artística. Mediante este criterio preténdese avaliar a capacidade de autocontrol e grado de madurez da súa personalidade artística.

*Con estes criterios de avaliación, trátase de buscar unha depurada interpretación, na que xa se resolveron os problemas técnicos e sábese distinguir os diferentes estilos. Valorarase moito a calidade do son, o dominio da afinación, resistencia e seguridade do instrumento.

Referências

Documentos relacionados

Com a investigação propusemo-nos conhecer o alcance real da tipologia dos conflitos, onde ocorrem com maior frequência, como é que os alunos resolvem esses conflitos, a

Este trabalho busca reconhecer as fragilidades e potencialidades do uso de produtos de sensoriamento remoto derivados do Satélite de Recursos Terrestres Sino-Brasileiro

5- Bruno não percebeu (verbo perceber, no Pretérito Perfeito do Indicativo) o que ela queria (verbo querer, no Pretérito Imperfeito do Indicativo) dizer e, por isso, fez

Combinaram encontrar-se às 21h

Quero ir com o avô Markus buscar a Boneca-Mais-Linda-do-Mundo, quero andar de trenó, comer maçãs assadas e pão escuro com geleia (17) de framboesa (18).... – Porque é tão

a) O polícia disse um palavrão, após ter saído da casa de Adrian. Corrige as falsas.. A mãe também está com gripe. “Quase que não consegui ficar calado quando vi que não

Classifica os verbos sublinhados na frase como transitivos ou intransitivos, transcrevendo- os para a coluna respetiva do quadro.. Frase: Escondi três livros na estante

Se você vai para o mundo da fantasia e não está consciente de que está lá, você está se alienando da realidade (fugindo da realidade), você não está no aqui e